CIRCULAR INFORMATIVA CURSO No comezo dun novo curso escolar comunícase as familias do alumnado, o seguinte: 1.

Documentos relacionados
INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

PIALE Integración en lingua portuguesa

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

Planificación do curso escolar

PROXECTO IMPLANTACIÓN XORNADA ÚNICA

En consecuencia, esta Dirección Xeral dita as seguintes instrucións:

O CONTRATO DE TRABALLO

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

Asociación de Nais e Pais A Ferradura do C.E.I.P. Pío XII HORARIOS DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. ANPA A FERRADURA CURSO

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9746

Política e Obxectivos de Calidade

OFICINA DE CURSOS ABRIL 2015

INFORMACIÓN SOBRE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA PODER CELEBRAR FESTAS OU VERBENAS POPULARES

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE FACENDA E O CONCELLO DE SANTIAGO PARA O ACCESO PÚBLICO AO XARDÍN DO PAZO DE AMARANTE

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

REDE EUSUMO. información e comunicación

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

NORMATIVA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (Aprobada no Consello de Goberno do 23 de novembro de 2016)

rematan as clases fóra deste horario os alumnos e alumnas de bacharelato saen pola porta principal.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Convocatoria ordinaria de 2012

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

Escala técnica superior

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

ELECCIÓN DE HORARIO E ADSCRICIÓN FUNCIONAL DO PROFESORADO NOS CENTROS PÚBLICOS INTEGRADOS (CPI)

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

e, fai que se manteña a necesidade do informe do Servizo de hora de considerar a viabilidade técnica e económica modificación da xornada lectiva.

Asociación de Nais e Pais A Ferradura do C.E.I.P. Pío XII HORARIOS DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. ANPA A FERRADURA CURSO

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

CALENDARIO PARA O CICLO INTENSIVO DO PROGRAMA UNIVERSITARIO PARA MAIORES. CAMPUS DE PONTEVEDRA. CURSO

MAPA DE RECURSOS: Instalacións Portuarias

NORMATIVA INTERNA APLICABLE AO PROGRAMA ERASMUS DE MOBILIDADE ESTUDANTIL NAS TITULACIÓNS DA FFT NORMAS DE APLICACIÓN XERAL A TODAS AS TITULACIÓNS

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

BOLSA DE EMPREGO MUNICIPAL

Residencia de Estudantes. Normas Curso académico 2014 / 2015

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño

CEIP de VIÑAGRANDE - DEIRO

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

1. INTRODUCIÓN... páx DEFINICIÓN DO CENTRO... páx.4

Canle. Recomendocheunlibro. Concurso O ollo de vidro

FCT con Erasmus+ Curso

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

Obxectivos específicos curso (Informados positivamente polo Claustro en sesión ordinaria celebrada o día 27 de xuño de 2017)

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS DE XUVENTUDE CURSOS E OBRADOIROS QUE SE IMPARTEN NOS ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS DE XUVENTUDE

IV RUTA DA MERLUZA DE BURELA (XII RUTA BTT DE BURELA)

PLAN TIC IES Chapela (PE)

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III

ÍNDICE. 3.1 Redución das cantidades almacenadas 3.2 Separación dos produtos químicos en función da súa incompatibilidade

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Língua Portuguesa na Galiza

CONCELLO DE VILAR DE BARRIO (OURENSE) BASES III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONCELLO DE VILAR DE BARRIO 2018.

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

V I C E P R E S I D E N C I A

Transcrição:

1 CEIP San Francisco Xabier Ronda de Outeiro, 72 - Teléf. - Fax175968 15009 A CORUÑA CIRCULAR INFORMATIVA CURSO 2016-2017 No comezo dun novo curso escolar comunícase as familias do alumnado, o seguinte: 1.- Profesorado 5.- Libros de texto 2.- Calendario escolar 6.- Actividades extraescolares 3.- Instrucións xerais 7.- Comedor escolar 4.- Orientacións para o estudo 8.- Uso das instalacións do Centro PROFESORADO: 1.- EQUIPO DIRECTIVO: Director Don Emilio J. Veiga Río Horario de atención ás familias: Martes de 09 a 10, Xoves de 9:00 a 09:50 horas e venres de 9:00 a 10:30 h. Xefa de Estudios Dona Carmen Ramos Rodríguez Horario de atención ás familias: Luns de 13:00 a 13:50, mércores de 13:00 a 13:50, e venres de 13:00 a 13:50 Secretaria Dona. Inmaculada Quiñoy Pita A secretaría permanecerá aberta tódolos días de 12:10 a 13:30 horas Administrativo D. José A administración permanecerá aberta tódolos días de 09:15 a 13:45 2.- ORIENTADORA: Orientadora Mª Jesús Varela Louro Luns, mércores e venres de 9:00 a 09:50 horas 3.- PROFESORES TITORES: EDUCACIÓN INFANTIL: 4º A ( 3 anos A)... Purificación Arroyo García 4º B ( 3 anos B)... Beatriz Vázquez Pena 5º A ( 4 anos A)... Mª Eva Avecilla 5º B (4 anos B) Raquel Corcoba Martínez 6º A ( 5 anos A) Mª Luísa Vázquez Reboredo 6º B ( 5 anos B)... Zulima Martín del Río EDUCACIÓN PRIMARIA: 1ºA. Mónica Souto Vizoso 2ºA. Mª del Pilar Rama Martínez 3ºA. María Gallo Mosquera 3ºC. Mª Jesús Rodríguez Eirís 4ºA. Socorro Goday Buján 5ºA. Sonia Ramas Rey 6ºA. Mª del Carmen Álvarez 1ºB. Alba Arias Prado 2ºB. Noelia Conchado Castro 3ºB. Angel López Anca 4ºB. M. Mercedes García Díaz 5º B. Esther Nodar Freire 6º B. Antonio Piñeiro Dopico 4.- PROFESORES NON TITORES: Orientadora Mª JesúsVarela Louro

2 Inglés Manuel Figueirido e Cecilia Pérez Riestra E. Física Ramas Ramírez, Luís Miguel e Sonia Ramas Rey Relixión Mª Jesús Lagoa Area. Música Inmaculada Quiñoy Pedagoxía Terapéutica Victoria Diéguez e Raquel Cepeda Losada Audición e Linguaxe Laura Martínez Pan Apoio a E.Infantil Carmen Ramos e Rosario Costas PERSOAL NON DOCENTE: Conserxe: Maika. Coidadora: M. José e Virginia CALENDARIO ESCOLAR: Orde do 07 de xuño de 2016 O calendario lectivo para o alumnado abrangue desde o día 12 de setembro de 2016 ata o día 23 de xuño de 2017. Vacacións de Nadal: comezan o día 22 de decembro de 2016 ata o día 6 xaneiro de 2017 ( ambos os dous inclusive) Entroido: 27, 28, de febreiro e 1 de marzo de 2017. Semana Santa: do 10 ao 17 de abril de 2017 ( incluídos ambos) Día do Ensino (non lectivo): 31 de outubro de 2016. Día opcional non lectivo: Día 07 de outubro de 2016 e 08 de marzo 2017. Festividades locais Antes das vacacións do Nadal, de Semana Santa e do final de curso recibirán o Boletín Informativo no que se reflecte o rendemento escolar do seu fillo/a. INSTRUCIÓNS XERAIS: 1.-ATENCIÓN ÁS FAMILIAS: As visitas ordinarias dos pais/nais e titores legais do alumnado ao profesorado do Centro serán tódolos luns lectivos do curso de 16:00 a 17:00 Horas nas respectivas aulas titorías. Para evitar esperas innecesarias e acadar unha boa organización convén que soliciten previamente a visita ao titor/a a través do alumnado e co protocolo establecido. As reunións colectivas pendentes dos pais/nais co profesorado, para coordinar a acción educativa entre o Colexio e as familias, realizarase co seguinte calendario e iranse convocando progresivamente, dende as titorías. 3 anos 4 anos 5 anos 1º EP. 2º EP. 3º EP 4º EP 5º EP 6º EP Día 08/09 19/09 26/09 17/10 17/10 17/10 24/10 24/10 24/10 Hora 12:00 h 16:00 h 16:00 h 16:00 h 17:00 h 18:00 h 16:00 h 17:00 h 18:00 h 2.- ACCESOS AO CENTRO: Para facilitar as entradas e saídas do alumnado, prégase aos adultos acompañantes que se sitúen na parte traseira do pórche, deixando esta zona libre para que os nenos/as poidan formar as filas convenientemente. Á hora da saída esperarán ao alumnado no mesmo lugar. As familias que recollan alumnado de educación infantil deberán procurar que estes non ocupen a zona de saída do alumnado de 1º e 2º. Así o profesorado correspondente procederá a mellor entrega do seu alumnado. IMPORTANTE: Este curso, segundo a Orde de 06 de xuño de 2016, continuaremos a seguir mantendo o horario de entradas e saídas no centro que seguirá as seguintes pautas:

3 HORARIOS MAÑÁ: Apertura cancelas exteriores 08:50 h. Peche cancelas exteriores 14:10 h HORARIOS TARDE: Apertura cancelas exteriores 15:50 h. Peche cancelas exteriores 18:10 h A porta que, fóra de horarios de entrada ou saída, estará habilitada para calquera xestión será a cancela máis próxima ao portalón dos coches, a da rampla. A fin de evitar conflitos innecesarios prégase puntualidade nas entradas e saídas, tendo en conta que dita puntualidade consiste en chegar co tempo xusto nin antes nin despois. As portas do colexio, para a entrada ás aulas, ábrense ás 9:00 horas, despois desa hora deberá xustificarse debidamente o retraso; sendo motivo da posta en marcha do Protocolo de Absentismo a reiterada falta de puntualidade, segundo o ROF. No horario lectivo, de 9:00 a 14:00 horas, para non interromper as clases, prohíbese o acceso de pais/nais ás aulas e ás plantas superiores. Si é necesaria unha entrevista urxente co profesorado deberase solicitar a correspondente autorización a través do Equipo Directivo do Centro que arbitrará as medidas oportunas. Asemade estará prohibida a todo persoal alleo ao centro a subida ás aulas e ás plantas superiores en horario de tarde. Tan só estará permitida a subida para a realización dalgunha actividade extraescolar ou similar. Estas normas tamén serán de aplicación para o alumnado de tres anos, unha vez finalizado o período de adaptación ( mes de setembro). Os pais/nais non entrarán co seu vehículo particular no aparcamento e aqueles que acceden andando deben utilizar as portas pequenas do patio, nunca o portalón dos coches. Este é un punto de especial consideración e dependerá do bo facer de todos/as o evitar calquera mal maior. Se algún alumno/a precisa saír do centro en horario lectivo deberá facelo sempre acompañado dun adulto que se identificará e responsabilizará del. Seguirase o protocolo ao efecto polo que, para as recollidas neses horarios, diríxanse á Conserxería, e inténtese que sexa preferentemente en horarios de recreos. Aquel alumnado que teña que incorporarse ao centro despois das 09:00h debe facelo en compañía dun adulto e sempre a través de conserxería. Comunícase a toda a Comunidade Escolar a prohibición de fumar dentro do recinto escolar, Lei 42/2010, de 30 de decembro de 2010.Tamén se lembra a prohibición da entrada con animais, así como con bicicletas ou vehículos similares. Solicitamos a colaboración de todos/as ás familias para poder mantelos nas mellores condicións as zonas de axardinamento do centro que están para goce e satisfacción de todos/as, en xeral. 3.- COLABORACIÓN NOS RECREOS: Polo risco de que persoas estrañas, durante os recreos, poidan darlle ao alumnado produtos non desexados, tales como alimentos perigosos, larpeiradas e outros, ou se dirixan a dito alumnado de forma non correcta, e ante a imposibilidade de coñecer a tódolos parentes relacionados cos nenos/as, rogámoslles que non promovan o seu acercamento ó cerre do patio (algo que o alumnado non ten permitido e lle podería carrexar algún tipo de falta disciplinaria). En caso de que sexa necesario entregarlles algo ou darlles calquera recado urxente, fágano a través de Conserxería. O acceso pola entrada principal.

4 4.- ORIENTACIÓNS PARA O ESTUDO O Centro conta con Departamento de Orientación dirixido por Dona Mª Jesús Varela Louro, dende dito Departamento faise fincapé nos seguintes aspectos importantes a ter en conta no proceso de ensinanza-aprendizaxe: Débese estimular e favorecer o estudo e traballo persoal do alumnado, fomentando hábitos de traballo que supoñan unha dedicación temporal diaria segundo a idade e curso. É necesario programar axeitadamente o xogo e o tempo libre da nena e do neno, procurando que a hora de deitarse sexa a adecuada para un descanso completo e reparador. Convén interesarse polo seu traballo diario e seguir o seu proceso de desenvolvemento en estreita colaboración co profesorado titor. Deberase valorar obxectivamente a avaliación emitida sobre o seu rendemento, adoitando accións positivas en perfecta coordinación co profesorado. 5.- CUESTIÓNS DE CONVIVENCIA. É importante colaborar na organización do Centro, non permitindo que o alumnado traia ó Colexio útiles non escolares como reprodutores, xogos non didácticos, xoguetes, móbiles, etc que poidan distraer a súa atención. Especial coidado débese ter con obxectos punzantes ou perigosos que, en caso de ser descubertos, serán retidos no Centro ata que un adulto os reclame, ou sexa requirida a familia correspondente. É moi importante colaborar co profesorado na consecución, control e mantemento de hábitos de convivencia e respecto mutuo, tendo en conta que as normas establecidas son consecuencia dunha elaboración e estudo por parte do conxunto da Comunidade Educativa. A formación completa do alumnado require a súa integración progresiva na sociedade aprendendo as regras que lle permitan ó cabo dos anos, formar parte activa dela. Esta formación comeza na familia e continúa na escola, por iso é tan importante a colaboración e respecto entre ambas. Remárcase a publicación da Lei 4/2011 de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa e do D. 8/2015 que o desenvolve. Norma que dende a Comunidade Educativa do CEIP San Francisco Xabier recoñecemos como de especial interese o seu coñecemento. Recoméndase ás familias a revisión periódica da cabeza do alumnado en materia de pediculose (piollos e lendias) para evitar posibles contaxios. 6.- LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR: En canto ao tratamento que se faga dos libros (forrado, rotulado...) é preciso que sigan as instrucións que faciliten ao alumnado o profesorado. En canto ao material de aula, cada nivel solicitará aquilo que considere minimamente imprescindible para o mellor uso e aproveitamento nas aulas. As relacións dos mesmos se lles facilitará ao alumnado e estará exposto na páxina web do centro. En canto á entrega dos textos, facilitarase nos primeiros días que as familias os acheguen ás clases correspondentes. Lémbrase que este curso contunúase coa implantación do banco de libros dende o centro. Nestes primeiros días dende as titorías, responsables da xestión de libros nas súas aulas, facilitaranlle a todo o alumnado adxudicatario do banco de libros os textos que lles correspondan. Asemade farase entrega a todo o alumnado os textos nalgunhas materias das que o colexio dispón ao 100%. Coa entrega de textos as familias recibirán un documento de cesión e responsabilidade que deberá de firmar e devolver as/os titores. Dadas algunhas casuísticas detectadas nalgúns textos en canto a diversidade de edicións rógase que calquera que teña algunha dúbida ou consulta que facer se dirixa ao equipo directivo. Calquera outra información que precisen poden solicitala na conserxería do colexio ou na secretaría.

5 7.- ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: Promovidas, un ano máis, pola ANPA, sublíñase a importancia que, para unha formación integral do alumnado, teñen ditas actividades. Por isto o Colexio anima a tódolos pais/nais a participar nelas. Recibirán puntualmente circulares da asociación con información específica ó respecto. Asemade dita programación figurará na Programación Xeral do Centro 2016-2017. 8.- COMEDOR ESCOLAR: Reiniciouse, así mesmo, o funcionamento do comedor escolar xestionado pola ANPA do Colexio. Tanto no comedor como en Madrugadores. Tan só coa excepción do alumnado de tres anos ata que finalice o período de adaptación. As familias interesadas na utilización do referido servizo deberán dirixirse a dita entidade para maior información. 9.- USO DAS INSTALACIÓNS DO CENTRO: As instalacións exteriores, recinto escolar e pistas polideportivas, son só para uso dos nenos e nenas matriculados no Colexio. Ditas instalacións, fóra do horario lectivo, só poden ser utilizadas polo alumnado que participe nas actividades extraescolares que figuran no Plan Xeral Anual. Para unha utilización distinta das instalacións, ben sexan as exteriores ou as do propio edificio, será necesario solicitar a correspondente autorización segundo o establecido na Orde do 22 de xullo de 1997. Neste senso lémbrase que os xogos infantis que se atopan no patio son de uso exclusivo de alumnado ata os 6 anos (1º EP) 10.- BIBLIOTECA ESCOLAR Pensando sempre na seguridade do alumnado consideramos necesario facer unha serie de consideracións sobre o funcionamento da biblioteca en horario de tarde: Permanecerá aberta de 16.00 ás 18.00 horas, xestionada e controlada polo profesorado do centro. Poderá facer uso dela o alumnado do colexio, exclusivamente para lectura, consulta. Coa finalidade de garantir un bo uso da instalación levarase un rexistro diario de entrada na mesma (a hora tope de entrada serán ás 16.10 horas). O horario de entradas e saídas da biblioteca é: de 16.00h a 17.00h, de 17.00h a 18.00h ou de 16.00h a 18.00h. O alumnado que poida saír sen a compañía dun adulto da biblioteca deberá traer unha autorización asinada pola familia/titor/a legal. O alumnado que asista a actividades extraescolares do centro deberá seguir as normas que se acaban de expoñer, a excepción da hora tope de entrada que será inmediatamente despois da actividade realizada. Os pais e nais que desexen facer uso dos fondos da biblioteca deberán dirixirse ao profesorado responsable. En futuras comunicacións seguirase informando dos temas que vaian xurdindo. Tamén dicirlles que neste primeiro trimestre procederase a actualizar os contidos da páxina web do centro así como de información variada de interese para tódolos membros da comunidade educativa. Dirección: www.edu.xunta.es/centros/ceipsanfrancisco A CORUÑA, SETEMBRO DO 2016 SAÚDALLES ATENTAMENTE, A DIRECCIÓN DO CEIP SAN FRANCISCO XABIER