PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA

Documentos relacionados
A cidade do Século XXI afronta diversos retos derivados dunha nova conciencia medioambiental e dunha nova concepción dos espazos urbanos.

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

05 Movémonos mellor?

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º

1.- Organización da Escola de Primavera:

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso

DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4565

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

Potencias e radicais

SEA. Seguridade e medio ambiente

Que é unha rede de ordendores?

MANUAL DO TRANSPORTE ESCOLAR

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Educación Financeira. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria.

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria

EXEMPLIFICACIÓN DIDÁCTICA PARA ALUMNOS CON DISCAPACIDADE VISUAL.- AREA: Coñecemento do Medio. CURSO: 3º de Educación Primaria.

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

Regulamento de Prácticas en Empresa do Máster de Enerxía e Sustentabilidade

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

Normativa específica para a simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e Grao en Dereito

Segundo.- Derrogar a Resolución Reitoral da UDC do 8/09/2016. ANEXO I

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Elabora: Instituto Galego das Cualificacións Edita: Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Dirección Xeral de Emprego e Formación

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III

PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN E O CONTROL DO ABSENTISMO ESCOLAR EN GALICIA

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Unidade 1. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PLAN LECTOR FOMENTO DE LECTURA

Código Centro Concello Ano académico IES Ricardo Mella Vigo SAN Sanidade EMSANO1 Técnico en emerxencias sanitarias Medio Libre

PAU XUÑO 2016 ECONOMÍA DA EMPRESA

II Plan de Igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo 2016/19

SOLICITUDE DE USO DA SALA XIMNASIO/MUSCULACIÓN DO ESTADIO DE SAN LÁZARO Tempada 2016/2017

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

A AVALIACIÓN. Mínimos esixibles

CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN. MÚSICA. Criterios de Avaliación de Música para os cursos de 2º e 3º de ESO.

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

Unidade 5. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

Que é a... Responsabilidade Civil Xeral?

Protocolo. Atención educativa domiciliaria

Proxecto Educativo. Conservatorio Profesional de Música. Santiago de Compostela

PROCESO SELECTIVO LISTA POSTO EDUCADOR/A EDUCADOR/A TITOR/A Primeiro exercicio (exame B)

da Linguaxe e Estudos Literarios Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre 6 OP 3 2c

NORMAS BÁSICAS DE CONVIVENCIA DE CENTRO

OLLO_cos ollos. unha visión saudable_ dende a Atención Primaria

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

ALUMNADO QUE PODE PRESENTARSE Á PROBA ESTRUTURA DA PROBA

Indicadores sobre Banda Larga. Enquisa ás empresas sobre a Sociedade da Información en Galicia Ano 2012 Edición 2012

SISTEMA DIÉDRICO I Intersección de planos e de recta con plano TEMA 8 INTERSECCIÓNS. Obxectivos e orientacións metodolóxicas. 1.

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN CIENCIAS DA NATUREZA. 3º E. Primaria

Programa para maiores

FILOSOFÍA MODERNA. O problema do método: a idea de substancia en Descartes e o problema da veracidade divina.

Nº DE POSTO DE TRABAJO POSTOS CUALIFICACIÓN PROFESIONAL

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

" Programación" Trompeta

FUNDACIÓN FEIRAS E EXPOSICIÓNS DE LUGO - PAZO DE FEIRAS E CONGRESOS DE LUGO - AVDA DOS DEPORTES S/N LUGO (tel) /

PROCEDEMENTO DE CONEXIÓN A SERVIDORES E EQUIPOS DA REDE DE DATOS INTERNA DA UDC

GUÍA PRÁCTICA DE SINALIZACIÓN.: RISCOS LABORAIS :.

CAIXA TORRE (MATEMÁTICAS CON PAPEL)

2.4. SANTIAGO DE COMPOSTELA. NODO DE CALIDADE URBANA Perfil urbano de Santiago

TITORIAL DA FERRAMENTA CROWDMAP PARA MAPEADO COLABORATIVO. Dereito ao hábitat

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

Formación Profesional Básica Novidades normativas. Xornada para orientadores Servizo de Ordenación e Formación Profesional

O Software Libre naspequenase Medianas Empresas de Galicia

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN MATEMÁTICAS. 1º E. Primaria

Probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

1. NORMAS XERAIS: CRITERIOS DE VALORACIÓN. 2. ESTIMACIÓN SIMPLIFICADA DOS PRESUPOSTOS DE EXECUCIÓN MATERIAL DA EDIFICACIÓN.

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

CONCELLO DA MOI HOSPITALARIA VILA DE MONDARIZ BALNEARIO

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

NORMATIVA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (Aprobada no Consello de Goberno do 23 de novembro de 2016)

Plan de Sistemas TIC na Administración de Xustiza en Galicia

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

ESTRATEXIA GALEGA DE CONVIVENCIA ESCOLAR

#UN CONCELLO PARTICIPATIVO

Libro 2: SAUDAR E DESPEDIRSE. Libro 4: PEDIR E CONCEDER FAVORES. Libro 5: PRESENTARSE E CONVERSAR. Libro 6: COLABORAR E COMPARTIR

POSTOS BASE DO GRUPO II

IES RAMÓN CABANILLAS - CAMBADOS

Guía de actividades: Educación ambiental Educación para o consumo

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Transcrição:

PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA 2015-2016 Conscientes de que a educación é unha clave fundamental para promover unha boa seguridade viaria, o motor do programa proposto é facilitar aos nenos e nenas da nosa cidade estratexias e recursos de mobilidade segura, buscando que sexan usuarios das vías responsables e conscientes dos posibles perigos que existen no seu día a día, xa sexa como peóns, condutores de bicicletas ou pasaxeiros de vehículos. Con este proxecto queremos cubrir un espazo educativo transversal que se atopa lexislado na normativa educativa e diminuír o número de vítimas de accidentes de tráfico que se producen ao longo do ano. Entendemos que un dos mellores xeitos de erradicar esta lacra social é a través da educación, que promoverá unha cultura viaria dirixida á seguridade sostible tal como recolle o Plan estratéxico europeo en materia de seguridade viaria 2011-2020. O programa está deseñado con base nos seguintes obxectivos: Fomentar a educación viaria como actividade nos colexios. Dar a coñecer as normas básicas que atinxen aos menores como peóns e usuarios de vehículos. Crear hábitos en relación co uso diario que os nenos e nenas fan das vías públicas. Familiar o alumnado coas mensaxes que transmiten os sinais de tráfico, manexando cores e formas. Posibilitar que os menores se integren na súa contorna viaria como usuarios frecuentes. Inicialos/as no respecto polas normas no uso da bicicleta e potenciar futuras condutas positivas e de respecto cara ás normas de circulación na condución de ciclomotores por parte dos adolescentes, en especial no uso do casco. Promover que as normas e valores inculcados na aula non queden só alí senón que se integren no contexto diario, o que axudará a reforzar uns hábitos de comportamento seguros e respectuosos coa seguridade viaria. Asemade, queremos informar do programa ColeCamiños Camiños Escolares Seguros, que puxemos en marcha como experiencia piloto en colaboración co CEIP Pío XII. A nosa intención é darlle a esta iniciativa experimental a forza suficiente como para estendela ao resto de colexios de Compostela. Trátase dunha peza dun crebacabezas máis amplo de medidas que se dirixen cara a unha mobilidade segura e responsable. Para finalizar, gustaríanos acadar un compromiso cos colexios de Compostela en torno á seguridade viaria, tendo en conta que é unha cuestión que nos afecta a todos e todas,

escolares, pais e nais, familias, profesionais da educación, amizades e administracións públicas. Recordemos que todos formamos parte da seguridade viaria, porque todos circulamos polas vías públicas e ademais temos que ter presente que a mobilidade implica ao mesmo tempo liberdade e risco. Colaboremos a que a concienciación viaria dos pequenos da nosa cidade sexa máis responsable e máis segura. A seguir incluímos o esquema de contidos que seguiremos no Programa de educación viaria. EDUCACIÓN PRIMARIA 2º CICLO 4º CURSO 3º CICLO 6º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA Os contidos para esta etapa pretenden formar a futura veciñanza usuaria das vías, xa sexa a pé, como pasaxeiros e pasaxeiras ou como condutores/as de bicicletas. PROGRAMA: SON PASAXEIRO DE COCHES E AUTOBUSES Cuarto de educación primaria Coñecer a contorna inmediata - poboación, barrio, rúa...-, os elementos presentes nela así como as súas funcións e finalidades para adquirir hábitos de coidado e respecto cara a eles. Coñecer as normas de circulación peonil. Valorar a importancia que ten o respecto polas normas e sinales de tráfico e coñecer o seu significado. Adquirir unha progresiva autonomía na contorna próxima, sabendo orientarse e practicando condutas de prudencia e seguridade viaria. Localizar as diferentes partes dunha vía urbana e interurbana, segundo estean destinadas á circulación de peóns ou de vehículos, e adquirir hábitos de comportamento e prudencia no cruzamento de rúas e prazas en distintas situacións. Coñecer e facer uso do semáforo, como sinal principal para peóns no cruzamento de vías urbanas e interurbanas.

Recoñecer os distintos tipos de sinalización, establecendo a correspondencia entre elas e o seu significado. Observar e valorar o labor realizado pola Policía Local, as súas funcións e os medios cos que conta para realizalas. Coñecer os principais sinais que realizan os axentes, o seu significado e a importancia do seu cumprimento. Contidos 1. Coñecemento dos diferentes elementos que compoñen a contorna próxima ao menor, tanto no medio urbano como no interurbano: edificios, vías públicas, mobiliario urbano, sinais de tráfico.. - Elementos da vía pública, calzada, beirarrúa, bordo. - Os sinais de tráfico, tipos e significado. 2. Comportamento como peón independente dunha persoa maior. - Como debemos camiñar pola vía pública, urbana e interurbana. - Como debemos cruzar unha rúa. - Lugares para xogar seguros. 3. Comportamento como pasaxeiros dun vehículo particular e colectivo. - Como debemos subir ao vehículo. As paradas de autobús. - Onde debemos de sentar dentro do vehículo. - Como nos debemos de comportar como pasaxeiros. PROGRAMA: SON CONDUTOR DE BICICLETAS Sexto de educación primaria Programa de contidos do terceiro nivel no que o alumnado se clasifica como peón independente e usuario de ciclos. Aquí presentamos temas e problemas que xorden no tráfico. Os rapaces e rapazas son xa membros da comunidade viaria e usuarios das comunicacións. Esta iniciación á experiencia viaria realízase a través da bicicleta. Interiorizar os hábitos de comportamento necesario que posibiliten o respecto cara ás normas viarias.

Adquirir sentimento de responsabilidade entendendo que, como parte da sociedade que somos, entre todos e todas temos que colaborar en mellorala. Coñecer os diferentes elementos da paisaxe urbana e interurbana, así como as normas de circulación nelas e a utilidade e mellor localización. Relacionarse con persoas que desenvolven un traballo polo ben da colectividade e coñecer a súa forma de facelo. Interiorizar a importancia que ten respectar aqueles elementos urbanísticos que facilitan e regulan a nosa sociedade. Interpretar e executar correctamente a mensaxe de cada sinal. Circular debidamente pola vía pública. Aprender a sinalizar as manobras: parada, cambios de dirección e de sentido. Contidos 1. Coñecemento dos diferentes elementos que compoñen a contorna próxima ao menor tanto no medio urbano como no interurbano: edificios, vías públicas, mobiliario urbano, sinais de tráfico.. - Elementos da vía pública, calzada, beirarrúa, bordo... - Os sinais de tráfico, tipos e significado. 2.- Recordo dos comportamentos como peón independente dunha persoa maior. 3.- Recordo dos comportamentos como pasaxeiro dun vehículo particular e colectivo. 4.- Comportamento como condutor de bicicletas. - A bicicleta como medio de transporte. - Normas de circulación e prohibicións dos ciclistas. - Sinalización de manobras.

Metodoloxía e actividades A materia que se vai impartir nos cursos de primaria está estruturada en tres módulos, un teórico e dous de carácter práctico. Módulo 1 O contido da parte teórica desenvolverase con material da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña, da Fundación Mapfre e con material que desenvolveu o Departamento de Educación Viaria da Policía Local de Santiago de Compostela. Neste módulo, o alumnado, xunto co monitor, repasará os conceptos máis importantes relacionados coa seguridade viaria. Ao rematar a sesión entregarase material para traballar na casa (libro e actividades), con cuestións que de xeito voluntario poderán traer resoltas na seguinte sesión. Módulo 2 Sesión práctica na que se desenvolverá unha actividade destinada á comprensión e interiorización dos coñecementos adquiridos nas clases teóricas, axudando aos alumnos e alumnas a que perciban a necesidade das normas e do seu respecto, ademais de adquirir novas destrezas na condución de bicicletas. Ao finalizar o segundo módulo, faráselles entrega aos participantes dun diploma acreditativo de teren superado con éxito o curso de educación viaria 2015-2016. Nun futuro próximo este departamento ten a previsión de ofrecer formación viaria dirixida ao segundo curso de primaria co fin de abranguer os tres ciclos da educación primaria. Con respecto ao alumnado de sexto consultarase cos centros escolares a opción de substituír o módulo 2 (taller práctico na aula) por unha saída en bicicleta pola cidade, acompañada por monitores e con vixilancia policial, para visitar algún lugar ou centro relacionado coa seguridade viaria. Avaliación As persoas encargadas de conducir a actividade formativa observarán durante todo o seu desenvolvemento a evolución de cada neno/a, comprobando se comprendeu os conceptos máis importantes en relación cos seguintes obxectivos propostos. Recursos Os centros deberán dispoñer, para a realización da sesión teórica, dunha aula provista dunha pantalla con canón de proxección na que se poida conectar un ordenador portátil. Todo o material que se achegue como apoio da actividade será facilitado a través do Departamento de Educación e Seguridade Viaria da Policía Local de Santiago de Compostela.

Colexios interesados contactar co departamento de educación viaria do concello de Santiago de Compostela. Formas de contacto: e-mail: educacionvial@santiagodecomportela.org. Facebook: Educación viaria en Compostela Tfno: 981 54 23 23