OS MELLORES REIS. Mari Luz (As Somozas)

Documentos relacionados
clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

Club. Podes informarte de todo o que acontece na familia Bolechas no noso teléfono

Unha viaxe á lúa.

POSIBLES IDEAS PARA UNHA HOMILÍA CON NENOS 12 novembro Non deixes que a Súa chamada sexa perdida, ten á man o CARGADOR da ORACIÓN.

TEXTO COMPLETO: para ter en conta o sacerdote

Double-click to enter title

Deus Pai en min e eu en vós. Póñome nas túas

GATIÑAS E GATIÑOS. Club

AS FRASES FEITAS NO REXISTRO COLOQUIAL

Eucaristía, punto de encontro cos irmáns e con Deus.

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

Decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles en Nadal

Nesta unidade imos deseñar e presentar unha campaña publicitaria. Para iso, imos aprender:

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... OS NÚMEROS DECIMAIS ORDES DE UNIDADES DECIMAIS. CENMILÉSIMA 8 1 cm = MILLONÉSIMA 8 1 mm = OPERACIÓNS

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO DE 2018

Nesta unidade imos imaxinar como seremos dentro duns anos. Para iso, imos aprender:

O NADAL SEMPRE ACTUAL. Xosé Antón Miguélez

9999 Afonso Becerra de Becerreá

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

SBN: O TEMPO NO XORNAL

Ola, eu son Xurxo, e ti? 3. Na casa dos avós 4. 0s ranchiños novos 5. A comer! 6. Como falan! 7. Canta bicharía! 8. Que modernos! 9.

Panxoliñas Manuel María

MISA CON NENOS 8 de abril del 2018 Domingo de Pascua-2º B. Evanxeo de Xoán 20,19-31: Tomé viu e creu; meu Señor e meu Deus.

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

I.E.S. CADERNO Nº 1 NOME:

A 180 completo: O testemuño persoal de Andy Esche, Fundador da MissingPets.com

Volver empezar. Nesta unidade imos inventar a biografía do candidato ideal para un posto de traballo. Para iso, imos repasar e aprender:

Matemática Financeira

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda

MISA CON NENOS 27 maio de Ordinario 9º Ciclo B Ev. de Mt. 8,16-29: Eu estarei convosco todos os días Mensaxe: Déixate acompañar por el

O envase churrusqueiro

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

DEIXADE ESCOITAR O PARTE. Manolo Regal Ledo

Cantiga de amigo. Dime ti, bosque sen perigo, viches o meu amigo? Oxalá pronto estea comigo.

rodeira 5. QUÉROTE MOITO

Libro 2: SAUDAR E DESPEDIRSE. Libro 4: PEDIR E CONCEDER FAVORES. Libro 5: PRESENTARSE E CONVERSAR. Libro 6: COLABORAR E COMPARTIR

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

Informe sobre o risco de pobreza e/ou exclusión social en Galicia

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

Potencias e radicais

PROBA B (ORAL) Modelo: C4O/2008-2/B

A GALIÑA AZUL de Carlos Casares

O meu nome é Skywalker. Agustín Fernández Paz

Proceso de facturación.

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

Refráns e ditos populares do Nadal

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º

textos de traballo e/ou apoio.

Gaita de Foles. 1 de 10 / Gaita de Foles e Palheta / D. Morais / Abril de /

RECOBROU O SORRISO O ELEUTERIO. Ramón Díaz Raña Xosé Manuel Carballo

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

05 Movémonos mellor?

a cada Pinga De choiva

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

PIALE Integración en lingua portuguesa

O supermercado. Xabier Campos. Tradución de X. M. Rivas

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Maio Nº Var. Int. 18/17

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

Razóns de peso Movidas Clara Gayo

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Homes Mulleres. Menores de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Xuño Nº Var. Int. 17/16

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

A Coresma: camiño cara á Pascua. Oración SUMARIO

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra.

Que hora é? Obxectivos desta unidade Pedir ou dar información sobre horarios Identificar obxectos Describir unha xornada habitual

ACTA DA XUNTANZA ORDINARIA DO CONSELLO PARROQUIAL DE VILAR DE INFESTA 2 DE OUTUBRO DE 2014

programas .py python nome.py

Que é unha rede de ordendores?

PROBLEMAS DE SELECTIVIDAD ( )

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

As claves da. factura eléctrica

NAVEGA CON RUMBO.

I.E.S. CADERNO Nº 4 NOME:

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Contratos Rexistrados:

CXT 2018/2019 COMO EFECTUAR A TÚA PETICIÓN?

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

deaula I - Nº 1 Outubro 2012

Os Números Reais. 1. Introdución. 2. Números racionais. Número irracionais

O PRONOME PERSOAL PRONOMES TÓNICOS PRONOMES ÁTONOS

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

XVI - XOCAS, XERENTE DO CO.MA.

POIO. Directorio. Concello de Poio Praza do Mosteiro, Poio, Pontevedra

EDUCANDO PARA A SOSTIBILIDADE: XESTIÓN N DE RESIDUOS. CEIP de Viñas POIO

Xeometría analítica do plano

Perante o espello (Ante el espejo)

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

Celebración do perdón. Grazas, Señor. Un corazón necesitado de acollida. Saúdo

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Outubro Nº Var. Int. 18/17

OS INDICADORES DEMOGRÁFICOS

NEGREIRA OUT º CICLO MONÓLOGOS. venres. venres. venres. venres. Lois Pérez

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

Nesta unidade imos coñecer os compañeiros de clase e facerlles recomendacións para aprender mellor o galego. Para iso, imos aprender:

Transcrição:

OS MELLORES REIS Mari Luz (As Somozas)

PRIMEIRA ESCENA Os nenos sentados no patio. NENO 1.- Vides xogar á miña casa co que me trouxeron os reis? NENO 2.- Buah! A min si que me trouxeron cousas! Este ano meus pais fóronas mercar á Coruña. ÁNXEL.- Pois a min tráenmas hoxe os Reis. NENO 1.- Pero aínda cres nesas parvadas? NENO 2.- A min cómpranme todo meus pais, que non hai tales reis. JOSEIÑO.- Si que os hai! A min o ano pasado trouxéronme un coello pequeno. ÁNXEL.- Eu creo que si que existen, o que pasa é que ás veces acaban as cousas e déixannos outras. NENO 1.- Si ho E por iso che deixan un coelliño! Ha, ha! Iso é que seus pais non podían mercar algo mellor. UXÍA.- Non te rías de meu irmán. NENO 2.- Non rimos del muller! NENO 1.- Acordádesvos, o ano pasado, cando viñeron os da tele á escola, preguntáronnos o que nos trouxeran? ÁNXEL.- Si, o da tele quedou pasmado co coello. NENO 1.- Eses si que riron un pouco. Non credes? TODOS.-(Asenten) Son uns meticóns. UXÍA.- Nós temos que ir para a casa que se hai que deitar cedo, veña Joseíño, se non, non nos traen o xogo de montar. ÁNXEL.- Pedístelo para os dous, Uxía? UXÍA.- Si, porque este ano meu pai dixo que pedisemos pouco que había que repartir cos negriños de África. JOSEIÑO.- Eu vou romper o peto para mandarlles algo do meu. ÁNXEL.- (Pasándolle unha man pola cabeza). Iso está moi ben Joseíño... quen tivera un irmán coma ti. UXÍA.- Ala! Ata mañá. NENO 1.- Eu tamén marcho, xa que non queredes vir. NENO 2.- E eu, espérame Uxía que vou ver o coello outro pouco. SEGUNDA ESCENA Na cociña dunha casa. NAI.- Veña Ánxel, lava as mans que imos cear. ÁNXEL.- Buah! (Deixase caer nunha cadeira) NAI.- Que che pasa home? ÁNXEL.- É que algúns nenos din que os reis non existen, e todo iso. PAI.- E ti que cres fillo? ÁNXEL.- Eu non teño dúbida de que os hai, pero o que non entendo é que a uns lle traian moito e a outros tan pouco. PAI.- E por iso mentiches o ano pasado cando viñeron os da TV... ÁNXEL.- É que Joseíño dixera o do coello, e ríranse todos del. NAI.- Pero a Joseíño gustoulle ese coello, quérelle. Para el é máis importante ca ningún xoguete. A ver que argallada come na túa man, dórmeche no colo e faiche compaña.

ÁNXEL.- Xa o sei mamá, pero Joseíño é diferente aos demais nenos. AVÓ.- Come, que che vai enfriar. ÁNXEL.- E ti, que dis disto avó? AVÓ.- Pois ben, vouche contar unha cousa, cando eu era pequeno, na miña casa eramos moi pobres e non había ás veces nin para comer. Un Nadal, meu pai foi traballar ata de noite para poder regalarnos algo, mercounos uns zapatos a cada un. Os primeiros zapatos que tiven, eu sei que non foron os Reis en persoa, pero dalgún modo estiveron alí, no corazón do meu pai, no teu e no meu. ÁNXEL.- Si avó, pero, por que ós pobres non nos traen o mesmo ca aos ricos? Acaso somos menos ca eles? NAI.- Pero neno! É que non entendes o que che dixeron? Non foi o neno Xesús o neno máis pobre do mundo? Os reis en persoa foron levarlle agasallos. O verdadeiro sentido do día de Reis non é regalarnos cousas uns aos outros, se non dar o mellor de nós mesmos, o cariño, a compaña, as cousas son o de menos. PAI.- Faille caso aos maiores fillo, que saben do que che falan. AVÓ.- É certo, Ánxel a min dáme compaña, trátame ben e déixate de inventos. ÁNXEL.- (Levantase e dálle un bico a todos). Credes, que será tarde para facer outra carta? AVÓ.- Non che sei, se cadra non. ÁNXEL.- Pois, vou axiña pedir o que máis quero. PAI.- Papá, para que lle das ás ao neno? Ben sabes que este ano non lle mercamos nada, con todos os gastos que tivemos. NAI.- E os que van vir, que aínda non lle dixemos nada do novo irmán que vai ter. PAI.- Eu pensaba darlle algúns cartos, que mercara unha lambonada. Ademais xa non é ningún neniño para crer nesas cousas. TERCEIRA ESCENA Petan á porta NAI.- Quen será a estas horas? ENRIQUE.- Está o señor Pepe? NAI.- Avó, é Enrique. AVÓ.- Pasa Enriquiño, pasa. ENRIQUE.- Tráiolle o encargo da Coruña AVÓ.- Pero pasa e toma un café. ENRIQUE.- Agradézollo moito, pero teño présa. Pilar ten feita a cea, non vexades como se pon se chego tarde. AVÓ.- Chegaron os cartos? ENRIQUE.-Vaia, aínda me sobrou isto. AVÓ.- Pois, déixaos para tomar un vaso. ENRIQUE.-Ai, gracias señor Pepe, boas noites a todos (vaise). NAI.- Pero isto que é avó? AVÓ.- Vós non podiades mercalo, así que andei aforrando e merquei un detalliño, que para o neno é moi importante, aínda que non nolo pareza. PAI.- (Abrazando ao avó) Papá como é! AVÓ.- Lisca, lisca que vou para a cama.

(Quedan os pais sós) NAI.- Ánxel vaise poñer moi contento. PAI.- E mañá sen falta dicímoslle o do bebé. NAI.- Deus, xa custaba criar un, e agora xa vén outro. PAI.- (Dándolle un aloumiño) Veña muller que onde comen catro, comen cinco. CUARTA ESCENA (Mañá de Reis, almorzando na cociña) ÁNXEL.- (Entra na cociña todo alporizado) Papa! Mamá! Viñeron os reis? Viñeron os reis avó? PAI.- Si, deixáronchos aquí. ÁNXEL.- (Abre o paquete). Que ben, era a segunda cousa que máis quería! Fuches ti avó? AVÓ.- Non. ÁNXEL.- Sei que fuches ti avó, pero non importa, porque hoxe sei que hai uns reis, que están no noso corazón, quérote avó. PAI.- E isto? (Saca un pergameo) ÁNXEL.- (Ábreo e le) Vale por un irmán coma Joseíño. Deus! Estaba no certo! Onte rachei a primeira carta e escribín outra, pedindo isto. (Míranse todos estrañados). ÁNXEL.- Voullo contar aos meus amigos. (Vaise). NAI.- Fuches ti, avó? AVÓ.- Que me prendan se sabía algo disto. PAI.- Pois a min non me miredes. TODOS.- Deus! QUINTA ESCENA (Os nenos sentados no patio) NENO 1.- (Achéganse outros) Vindes ver despois o telescopio que me trouxo meu pai? NENO 2.- Hoxe non podemos, quedamos con Uxía e Joseíño para verlles os coellos que pariu a coella. ÁNXEL.- Vainos dar un a cada un. NENO 1.- Se meu pai me deixara ter un...! Cambiábacho polo telescopio. A ver para que quero eu ese cacharro. NENO 2.- Para ver de cerca as pernas da profe de mates. UXÍA.- Se queres un, dámoscho a ti tamén. Témolo na nosa casa, pero é teu, vale? E valo ver cando queiras. NENO 1.- Dádesmo de verdade? MESTRA.- Que, rapaces? Traedes moitas ganas de estudar? ÁNXEL.- Mirade, veñen os da tele. (Entra un xornalista e un cámara) NENO 1.- Este ano tócanos rirnos del. MESTRA.- Pero non terán outra cousa que facer?

XORNALISTA DA TV.- Estamos no patio da escola, para saber que lle trouxeron os reis este ano aos nenos galegos. A ver, este rapaz tan listo, a ti, que che trouxeron? NENO 1.- Un coello. XORNALISTA DA TV.- Un coello? Pero pedirías algo máis, supoño? Coma o disco da TV. A ver ti rapaz, que che trouxeron a ti? ÁNXEL.- Un irmán, máis un coello. XORNALISTA DA TV.- Vaia, vaia, como son estes rapaces, pero, é que ninguén pediu o disco da TV? MESTRA.- Pero terá pouca vergoña, preguntándolle iso aos nenos...? A cada un trouxéronlle o que puideron, e por riba facendo propaganda do seu disco. TV.- Desculpe señora. Rapaces, dicide que si e douvos un carameliños. TODOS.- Non! UXÍA.- Vostede riuse o ano pasado do meu irmán. TV.- (Dille ao cámara) Corta! Corta!! Que aquí son todos uns parvos. ÁNXEL.- (Colle o micro) A min o ano pasado só me trouxeran unha carteira, mentín para estar á altura dos demais. Este ano meu avó tróuxome un bo regalo, pero o mellor foi o que me ensinou. Nunca dubidou de que existiran os reis, agora eu tampouco. Os reis están no corazón da boa xente que cre neles. FIN