CALENDARIO DE VACINACIÓN INFANTIL INSTRUCIÓN

Documentos relacionados
INTRODUCCIÓN. 4 - Procedemento para completar a vacinación dos nenos que a iniciaron segundo o calendario vixente ata o 1 de xullo de 2004

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

Novo calendario de vacinación infantil

1 3Cartilla de sa de infantil.

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

Vacinación fronte ao pneumococo (estudo piloto) Instrución

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

MANUAL DE USUARIO DE etrades

Instrución de manexo da rede de frío. Actualización xullo 2012

Potencias e radicais

CALENDÁRIO DE VACINAÇÃO DA REDE PÚBLICA DE SANTA CATARINA Última atualização em 05 de janeiro de 2016

Manual de cumprimentación da solicitude

CONSELLERÍADE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS Dirección Xeral de Saúde Pública DIRECCIÓN XERAL DE SAÚDE PÚBLICA

Proceso de facturación.

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

Requisitos para subir documentos ao

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

PROCEDEMENTO DE CONEXIÓN A SERVIDORES E EQUIPOS DA REDE DE DATOS INTERNA DA UDC

REDE EUSUMO. información e comunicación

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Máquinas Recreativas. Guía de usuario

OS INDICADORES DEMOGRÁFICOS

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

Vacinação em prematuros, crianças e adolescentes

CALENDÁRIO DE VACINAÇÃO CRIANÇA ATÉ 6 ANOS DE IDADE

RVUS. Referencial de Vacinas Unafisco Saúde. Referencial Exclusivo para Reembolso de Beneficiários PREMIUM

PREFEITURA MUNICIPAL DE SÃO PEDRO DA ALDEIA SECRETARIA MUNICIPAL DE SAÚDE. Criança

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

CALENDÁRIO DE VACINAÇÃO PARA O ESTADO DE SÃO PAULO

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

Imunizações Prof. Orlando A. Pereira FCM - Unifenas

Calendário de vacinação para o estado de São Paulo 2017

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

Catálogo de Vacinas. Laboratórios:

Calendário de vacinação para o estado de São Paulo 2016

ESTA PALESTRA NÃO PODERÁ SER REPRODUZIDA SEM A REFERÊNCIA DO AUTOR

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CALENDÁRIO VACINAL Superintendência de Vigilância em Saúde Gerência de Imunizações e Rede de Frio

PAU XUÑO 2014 MATEMÁTICAS II

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

INSTRUÇÃO NORMATIVA CALENDÁRIO NACIONAL DE VACINAÇÃO ADAPTAÇÃO: NÚCLEO DE IMUNIZAÇÕES/DVE/CEVS/SES

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

A orde das axudas do Plan Apícola 2018 será publicada no mes de marzo. A subvención repartirase nesta orde prioridade e coa porcentaxe máxima de:

Decreto lei RD 16/2012. Preguntas frecuentes

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

Calendário. ideal para Adolecentes

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

Ordenanzas fiscais Páxina 1

INSTRUÇÃO NORMATIVA CALENDÁRIO NACIONAL DE VACINAÇÃO ADAPTAÇÃO: NÚCLEO DE IMUNIZAÇÕES/DVE/CEVS/SES

Avaliação do Programa Regional de Vacinação a 31/12/2017

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

1. CAMPANHA DE MULTIVACINAÇÃO PARA ATUALIZAÇÃO DO ESQUEMA VACINAL DE CRIANÇA E ADOLESCENTE

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

Avaliação do Programa Regional de. Vacinação a 31/12/2017

SBP - Calendário ideal para a Criança SBP lança Calendário de Vacinação 2008

Portal de Directores de Centro de Gasto da USC

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

Avaliação do Programa Regional de. Vacinação a 31/12/2018

O CONTRATO DE TRABALLO

Que é unha rede de ordendores?

ENFERMAGEM IMUNIZAÇÃO. Calendário Vacinal Parte 5. Profª. Tatiane da Silva Campos

A partir dos 9 meses de idade

Vacinas. Tem na Previnna? Ao nascer 1 mês. 24 meses 4 anos. 18 meses 2 anos/ 12 meses. 15 meses. 5 meses. 4 meses. 8 meses. 3 meses. 6 meses.

PIALE Integración en lingua portuguesa

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

DOG Núm. 193 Venres, 7 de outubro de 2011 Páx DECRETO 189/2011, do 22 de setembro, de homologación sanitaria dos tratamentos

Avaliação do Programa Regional de Vacinação a 31/12/2016

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

LICENZAS Prezos aprobados na Asemblea Xeral da F.G.E. de 24 de setembro de 2011 Resumo de prezos Versión do documento: 19 de Xanerio de 2012

PLAN DE ESTUDOS DO 1 Ђы CURSO DO BACHAREL ATO LO E CURSO ACAD ЊБMICO

CXT 2018/2019 COMO EFECTUAR A TÚA PETICIÓN?

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

Convocatoria ordinaria de 2012

III Certame de Fotografía Comercial Parque Empresarial de O Milladoiro

San Caetano Santiago de Compostela

SETOR DE VACINAS HERMES PARDINI TREINAMENTO VACINAS EQUIPE CALL CENTER. Enfº Adalton Neto Enfª Ana Paula

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

ANEXO I PLANO DE AVALIAÇÃO REGIÃO CENTRO

Campaña de vacinación antigripal / antipneumocócica Instrución

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

SISTEMA EXCRETOR IES ANXEL FOLE. 1º DE BAC

SBN: O TEMPO NO XORNAL

Premio Literario - Nortear Joves Escritores / Mocidade Escritora Norte de Portugal - Galicia

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega

Transcrição:

CALENDARIO DE VACINACIÓN INFANTIL INSTRUCIÓN 15 de novembro de 2006

INSTRUCIÓN: 12/2006 ASUNTO: Instrucións sobre cambio de calendario. 15 de novembro de 2006 ORIXE: DIRECCIÓN XERAL DE SAÚDE PÚBLICA DIVISIÓN DE ASISTENCIA SANITARIA DESTINATARIOS: centros de atención primaria da rede pública / médicos xerais, pediatras, persoal de enfermaría, farmacéuticos de atención primaria / hospitais públicos / centros de especialidades / hospitais e centros médicos privados / centros penitenciarios / centros de menores e colexios-residencias / centros de atención a discapacitados / outro tipo de centros / delegacións provinciais de Sanidade / xerencias do Sergas

Introdución A Dirección Xeral de Saúde Pública acaba de finalizar o proceso de adquisición de vacinas destinadas ao Programa Galego de Vacinacións para o período 2006-08. O presente documento contén información sobre as vacinas adquiridas así como as modificacións no calendario de vacinación infantil: 1. Calendario de vacinación infantil (15 de novembro de 2006) 2. Administración cronolóxica das vacinas do calendario e produtos dispoñibles 3. Procedemento para completar a vacinación dos nenos que iniciaron pauta antes do 15 de novembro de 2006 4. Subministración das doses vacinais no momento do cambio do calendario 1]

Calendario de vacinación infantil 1. (15 de Novembro de 2006) O próximo día 15 de novembro de 2006, entrará en vigor unha actualización do calendario de vacinación infantil da Comunidade Autónoma de Galicia, destacándose varios cambios significativos respecto ás vacinas que se van administrar de xeito rutineiro: Engádese unha 3ª dose de vacina antimeningocócica C aos 18 meses de idade para todos aqueles nenos que vaian cumprindo esta idade a partir da data do cambio de calendario (nacidos a partir do 1 de maio de 2005). Substituirase a vacina pentavalente que se administraba aos 2 e 6 meses de idade pola vacina hexavalente que contén os mesmos antíxenos que a pentavalente, pero ademais inclúe a hepatite B na súa constitución. Dado que a vacinación universal fronte á hepatite B ao nacemento comezou no ano 1994, acádase, neste ano 2006, a cohorte de vacinados nese momento, polo que practicamente todos estes nenos deberían estar xa vacinados. Por esta circunstancia, elimínase do calendario a vacinación rutineira fronte á hepatite B aos 12 anos. De detectarse algún neno que chegada esta idade non estea vacinado fronte á hepatite B, deberá realizarse a súa inmunización con 3 doses de vacina, seguindo a pauta 0-1-6. Con estes cambios o Programa Galego de Vacinacións comprenderá, como ata o de agora, a prevención mediante inmunoprofilaxe activa das mesmas enfermidades e diminuirá o número de pinchazos. [2

Administración cronolóxica das vacinas 2. do calendario e produtos dispoñibles NEONATO Vacinación fronte á Hepatite B Nome comercial da vacina: ENGERIX-B 10 µg Administración: Inxección intramuscular na cara anterolateral externa da coxa. Esta primeira dose administraráselle ao neonato nas primeiras horas da súa vida no hospital ou maternidade. DOUS MESES Vacinación fronte á: Polio (IPV) Difteria-Tétano-Tose ferina acelular (DTPa) Haemophilus influenzae b (Hib) Hepatite B (HB) HEXAVALENTE MENINGOCOCO C Nomes comerciais: INFANRIX HEXA / NEISVAC-C Administración: Inxección intramuscular dunha dose de vacina INFANRIX Hexa na cara anterolateral externa dunha coxa e dunha dose de NEISVAC-C na outra coxa. Coa incorporación da vacina hexavalente aos 2 meses só será necesario a aplicación de dúas inxeccións ao neno e non de 3 inxeccións como ata o de agora. CATRO MESES Vacinación fronte á: Polio (IPV) Difteria-Tétano-Tose ferina acelular (DTPa) Haemophilus influenzae b (Hib) PENTAVALENTE MENINGOCOCO C Nomes comerciais: INFANRIX- IPV + Hib / NEISVAC-C Administración: Inxección intramuscular dunha dose de INFANRIX IPV+Hib na cara anterolateral externa dunha coxa e unha dose de NEISVAC-C na outra coxa 3]

SEIS MESES Vacinación fronte á: Polio (IPV) Difteria-Tétano-Tose ferina (DTPa) Haemophilus influenzae b (Hib) Hepatite B (Hep B) HEXAVALENTE Nome comercial: INFANRIX HEXA Administración: Inxección intramuscular dunha dose de vacina INFANRIX Hexa na cara anterolateral externa da coxa. Coa incorporación da vacina hexavalente aos 6 meses só será necesario a aplicación dunha inxección ao neno e non de 2 inxeccións como ata o de agora. QUINCE MESES Vacinación fronte á: Sarampelo Rubéola Parotidite TRIPLE VÍRICA Nome comercial: PRIORIX Administración: Inxección subcutánea na rexión externa do músculo deltoide. DEZAOITO MESES Vacinación fronte á: Polio (IPV) Difteria-Tétano-Tose ferina (DTPa) PENTAVALENTE Haemophilus influenzae b (Hib) MENINGOCOCO C Nomes comerciais: INFANRIX- IPV + Hib / NEISVAC-C Administración: Inxección intramuscular dunha dose de INFANRIX IPV+Hib na rexión externa do músculo deltoide dun brazo e unha dose de NEISVAC-C no deltoide do outro brazo. [4

TRES ANOS Vacinación fronte á: Sarampelo Rubéola Parotidite TRIPLE VÍRICA Nome comercial: PRIORIX Administración: Inxección subcutánea na rexión externa do músculo deltoide. SEIS ANOS Vacina fronte á Difteria-Tétano-Tose ferina acelular (DTPa) Nome comercial: INFANRIX Administración: Inxección intramuscular na rexión externa do músculo deltoide. DOCE ANOS Vacina fronte á Varicela Nome comercial: VARIVAX Administración: Inxección subcutánea na rexión externa do músculo deltoide. Administrarase unha dose de VARIVAX. Se por calquera causa se retardase a vacinación ata os 13 ou máis anos deberán administrarse dúas doses de vacina separadas por un intervalo de 6 semanas. CATORCE ANOS Vacina fronte á: Tétano Difteria Td tipo adulto Nome comercial: DIFTAVAX Administración: Inxección intramuscular na rexión externa do músculo deltoide. 5]

NOVEMBRO 2006 CALENDARIO DE VACINACIÓN INFANTIL 0 meses 2 meses 4 meses 6 meses 15 meses 18 meses 3 anos 6 anos 12 anos 14 anos HEPATITE B ENGERIX-B 10 µg VACINA HEXAVALENTE DTPa, IPV, Hib, HB INFANRIX HEXA VACINA PENTAVALENTE DTPa, IPV, Hib INFANRIX IPV+Hib VACINA HEXAVALENTE DTPa, IPV, Hib, HB INFANRIX HEXA TRIPLE VÍRICA PRIORIX VACINA PENTAVALENTE DTPa, IPV, Hib INFANRIX IPV+Hib TRIPLE VÍRICA PRIORIX DTPa INFANRIX VARICELA VARIVAX Unha dose de vacina fronte á varicela, vía subcutánea. Só para preadolescentes sans sempre e cando non sufrisen a enfermidade e non foran previamente vacinados. TÉTANO/ DIFTERIA ADULTO (Td) DIFTAVAX MENINGOCOCO C NEISVAC-C MENINGOCOCO C NEISVAC-C MENINGOCOCO C NEISVAC-C

Procedemento para completar a vacinación 3. dos nenos que iniciaron pauta antes do 15 de novembro de 2006 Todos aqueles nenos que iniciaron a vacinación coa vacina pentavalente PENTAVAC do laboratorio Sanofi Pasteur MSD, deberán continuar coa mesma vacina PENTAVAC ata completar a serie primaria de vacinación (4 / 6 meses). Non se debe esquecer que estes nenos aos 6 meses deben recibir tamén a 3ª dose de hepatite B (ENGERIX B 10 µg ). A dose de recordo dos dezaoito meses destes nenos poderase realizar xa coa vacina pentavalente INFANRIX-IPV + Hib do laboratorio GSK. 7]

Subministración das doses vacinais no 4. momento do cambio do calendario A principios do mes de novembro distribuiranse as doses de vacina hexavalente do seguinte xeito: Os puntos de DISTRIBUCIÓN DIRECTA (puntos que habitualmente reciben as vacinas desde o laboratorio fabricante), recibirán una carga inicial de doses de vacina hexavalente desde o laboratorio sen necesidade de realizar unha solicitude previa. Os puntos cuxo abastecemento se realiza mediante as RUTAS TRIMESTRAIS desde a delegación provincial de Sanidade correspondente, recibirán as doses de vacina hexavalente nunha ruta extraordinaria, sen ter que facer solicitude previa. OS HOSPITAIS DA REDE PÚBLICA E RESTANTES PUNTOS DE VACINACIÓN solicitarán as doses de vacina hexavalente seguindo o procedemento habitual para o resto das vacinas.

Para o cálculo de necesidades das doses que se precisan haberá que ter en conta que cada neno para a súa vacinación vai necesitar: 2 doses de vacina combinada hexavalente - INFANRIX HEXA (DTPa-IPV-Hib-HB) aos 2 e 6 meses 2 doses de vacina combinada pentavalente - INFANRIX IPV+HIB (DTPa-IPV-Hib) aos 4 e 18 meses 3 doses de antimeningocócica C - NEISVAC-C aos 2, 4 e 18 meses doses de hepatite B monovalente ENGERIX-B 10 µg para a vacinación dos neonatos nos hospitais ou maternidades e para administrar aos 6 meses a nenos que iniciasen pauta antes do 15 de novembro do 2006. doses de pentavalente PENTAVAC para completar a primovacinación (4 / 6 meses) para os nenos que iniciasen pauta antes do 15 de novembro do 2006. As previsións de vacina triple vírica, DTP acelular dos 6 anos, varicela e vacina Td de adulto non variarán. Este documento pode ser consultado na páxina web da dirección xeral de Saúde Pública: http://dxsp.sergas.es 9]

ANEXO I

Presentación dos preparados vacinais HEPATITE B ENGERIX-B 10 µg ENGERIX-B 10 µg (Vacina Hepatite B infantil) Xiringa precargada con agulla intercambiable VACINA HEXAVALENTE DTPa,IPV,Hib,HB INFANRIX HEXA INFANRIX HEXA (Vacina hexavalente: DTPa, IPV, Hib, HB) Caixa que contén 10 xiringas precargadas cunha suspensión líquida (antíxenos DTPa, HB e IPV), 10 viais cunha pastilla de po liofilizado (antíxeno Hib), 10 agullas de 25 mm (cono azul) e 10 agullas de 16 mm (cono laranxa). A vacina débese reconstituír introducindo o contido da xiringa precargada no vial, axitando ata conseguir unha suspensión homoxénea e volvendo a cargar o contido do vial na xiringa. Utilizarase unha das agullas para a reconstitución da vacina e a outra para administrala (escoller para isto a que se considere máis adecuada a idade e corpulencia do neno de xeito que se asegure que a agulla penetre na masa muscular). MENINGOCOCO C NEISVAC-C NEISVAC-C (Vacina Meningococo C) Xiringa precargada sen agulla VACINA PENTAVALENTE DTPa,IPV,Hib INFANRIX IPV+Hib INFANRIX - IPV + Hib (Vacina pentavalente: DTPa, IPV, Hib) Caixa que contén 10 xiringas precargadas cunha suspensión líquida (antíxenos DTPa e IPV), 10 viais cunha pastilla de poliofilizado (antíxeno Hib), 10 agullas de 25 mm (cono azul) e 10 agullas de 16 mm (cono laranxa). A vacina débese reconstituír introducindo o contido da xiringa precargada no vial, axitando ata conseguir unha suspensión homoxénea e volvendo a cargar o contido do vial na xiringa. Utilizarase unha das agullas para a reconstitución da vacina e a outra para administrala (escoller para isto a que se considere máis adecuada a idade e corpulencia do neno de xeito que se asegure que a agulla penetre na masa muscular). 11]

TRIPLE VÍRICA PRIORIX PRIORIX (Vacina triple vírica) Caixa que contén 10 xiringas precargadas con disolvente, 10 viais con po para solución inxectable e 20 agullas de 16 mm (cono laranxa). A vacina débese reconstituír introducindo o contido da xiringa precargada no vial, axitando ata conseguir unha suspensión homoxénea e volvendo a cargar o contido do vial na xiringa. Utilizarase unha das agullas para a reconstitución da vacina e a outra para administrala. DTPa INFANRIX INFANRIX (Vacina DTPa) Xiringa precargada con agulla intercambiable VARICELA VARIVAX Unha dose de vacina fronte á varicela, vía subcutánea. Só para preadolescentes sans sempre e cando non sufrisen a enfermidade e non foran previamente vacinados. VARIVAX (Vacina Varicela) Xiringa precargada con agulla TÉTANO/ DIFTERIA ADULTO (Td) DIFTAVAX DIFTAVAX (Vacina Td tipo adulto) Xiringa precargada con agulla NOTA Para contar con información máis ampla sobre as novas vacinas que se van introducir no calendario, deberánse consultar as fichas técnicas dos propios produtos. [12

uqui IIIII cebra D.L.: C-2825-2006