PONTEJAZZ JAZZ POLA RÚA Mércores 20 ao sábado 23 de xullo de 13 a 14 h. e de 20 a 21 h. CHIVINJAZZ STREET BAND

Documentos relacionados
XXIV FESTIVAL INTERNACIONAL DE JAZZ E BLUES

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

Este proxecto musical nace en 2012 cando varios músicos e profesores de corda de Galiza, interesados na interpretación da música dos séculos XVII e

Jazz na Caixa 2ª ed Ciclo de concertos íntimos, com grandes músicos de Portugal e da Galiza, promete agradar os fans

Tiragem: Pág: 57. Cores: Cor. País: Portugal A22. Área: 9,71 x 12,99 cm². Period.: Semanal. Corte: 1 de 1. Âmbito: Interesse Geral.

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

Venham fazer parte destes Encontros!

David Kerr & Canastra Trio

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

III FESTIVAl JAZZ MARINHA GRANDE TEATRO STEPHENS. Organização

Potencias e radicais

NEGREIRA OUT º CICLO MONÓLOGOS. venres. venres. venres. venres. Lois Pérez

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

AGENDA MUSEU ANIMA MUSEU DO DOURO

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2016 OURENSE-CAPITAL

Double-click to enter title

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

II SEMANA DAS MÚSICAS DO AUDIOVISUAL 2017

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

«O Festival quere atraversar máis mares, deixarse alumear por máis lúas e espallarse a máis mundos.» Sinopse

7º Festival Blues de Londrina começa nesta quarta e segue até sábado

Advar Medeiros Quarteto. Apresenta SONS DE MINAS

OBRADOIROS RÍA DE MUROS-NOIA

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

SBN: O TEMPO NO XORNAL

Música de bandas. Luns, 13 de agosto h Concerto Man a Man Banda de Música de Pontevedra / Banda de Música de Salcedo Praza da Ferraría

MANUAL DE USUARIO DE etrades

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero

Troca do livro Lições de Língua Portuguesa e História 5º ano 5º A 5º B e C Semana de 8 a 12 de maio de terça-feira quinta-feira

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

Iº ENCONTRO NA LUSOFONIA-CANGAS-2008 CASA DA CULTURA DE CANGAS (Rodeira)

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

1ª parte 31 Maio, 1 e 2 Junho 2007

Horário actividades semana de 12 a 17 Setembro

Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra.

GALEGAS ACTOS. dedicado. Paraa alumnado. Venres 9 de maio. FANTÁSTICA co espectáculo. En caso de cheo. Martes 13 de maio. Contacontos en CONCELLERÍA

Un espectáculo cómico, poético e musical sobre a. a nosa lingua

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Contratos Rexistrados:

O CONTRATO DE TRABALLO

POIO. Directorio. Concello de Poio Praza do Mosteiro, Poio, Pontevedra

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Maio Nº Var. Int. 18/17

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

- Língua Portuguesa na Galiza

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

GATIÑAS E GATIÑOS. Club

Artur Menezes e em outras duas bandas: Blues Label e De blues em quando. Também em Fortaleza, participou do festival Petrúcio Maia de música com duas

TEATRO SANTA ISABEL RECIFE, PERNAMBUCO 2 E 3 DE AGOSTO, 2013 MOACIR SANTOS. Flores, Pernambuco, Pasadena, Califórnia, 2006

Dossier O líder da prensa en galego

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Outubro Nº Var. Int. 18/17

PIALE Integración en lingua portuguesa

Volver empezar. Nesta unidade imos inventar a biografía do candidato ideal para un posto de traballo. Para iso, imos repasar e aprender:

QUINTA 08 NOVEMBRO CCVF / GRANDE AUDITÓRIO / 21H30 AZIZA featuring Dave Holland, Chris Potter, Kevin Eubanks and Eric Harland

newsletter Uma revolução na ópera 156 JULHO AGOSTO 2014 NÚMERO

Qu a tro a zero Alegri a

Proceso de facturación.

ÍNDICE. 3.1 Redución das cantidades almacenadas 3.2 Separación dos produtos químicos en función da súa incompatibilidade

CONSERVATORIOS E CENTROS AUTORIZADOS. Tipo de ensino Ensino regrado Ensino non regrado

Gaita de Foles. 1 de 10 / Gaita de Foles e Palheta / D. Morais / Abril de /

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE SANXENXO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. marzo 2010

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Ponteverán Info e inscricións: Oficina M. Inf. Xuvenil. Sor Lucía, 2, 3º. Tel

RELEASE SHOW DE CHICO MOURA E BANDA

Informe sobre o risco de pobreza e/ou exclusión social en Galicia

A, B (Deberá completarse con todas as facturas correspondentes aos investimentos realizados no 2011), C, G, H, I

REDE EUSUMO. información e comunicación

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Homes Mulleres. Menores de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de setembro as 10:00. Piscina Carballo Calero e Praia de Razo. Carballo.

CICLO DE CONFERÊNCIAS Auditório Dra. Maria Lutegarda

ORGANIZA PATROCINA INFORMACIÓN XERAL VENDA DE ENTRADAS

Berrobambán Teatro: BuhDossier. Berrobambán: Buh, unidade didáctica 1

JAZZ NA CAIXA ATC Junho 2018

É um desafio: o Município presenteia a cidade com alguns dos melhores nomes do Jazz nacional e internacional. A 15 e 16 de Julho, na Avenida Central,

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

Spring ON! Novas Tendências do Jazz Mai MECENAS CICLO RITO DA PRIMAVERA

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

poboación xitana en paro

OS INDICADORES DEMOGRÁFICOS

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

Logo após o fim do grupo The Police,

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

Transcrição:

PONTEJAZZ 2011 O Pontejazz preséntase outro ano máis cun programa moi atractivo que fai do XIX Festival Internacional de Jazz & Blues de Pontevedra o máis completo de todos os festivais deste estilo musical en Galiza. Queremos comezar salientando que as pontes tendidas nas pasadas edicións a diversos artistas da outra beira do océano Atlántico con concertos, clases maxistrais e gravacións de discos con músicos galegos este ano fortalécense achegándonos de volta a Nova Iorque cun concerto único en Europa do Philip Dizack Quartet. Todo isto sen deixar de lado os músicos galegos, xa que contaremos co pianista vigués residente en Nova Iorque do Yago Vázquez Quintet. En segundo lugar, o Pontejazz inclúe un Workshop con catro dos músicos máis sobresalientes do jazz neoiorquino como son Philip Dizack (trompeta), Taylor Eigsti (piano), Joe Sanders (contrabaixo) e Rodney Green (batería), que farán de Pontevedra o referente do perfeccionamento deste estilo musical. Todo este programa durará unha semana, e fará de Pontevedra unha universidade do jazz. En terceiro lugar, o Pontejazz asenta un ano máis a jam-session no Náutico e o jazz pola rúa con Chivinjazz, moi necesarios en calquera festival e que permitirán a todos os músicos participar do evento e aos viandantes poder gozar do jazz nas diferentes rúas peonís de Pontevedra. En resumo, presentamos un programa completo que fai de Pontevedra un ano máis, e xa van dezaoito, a capital galega do jazz. Mércores 20 de xullo ás 22:30 h. Praza do Teucro. PHILIP DIZACK QUARTET Philip Dizack: trompeta Taylor Eigsti: piano Joe Sanders: contrabaixo Rodney Green: batería Philip Dizack está considerado pola prestixiosa revista de jazz estadounidense DownBeat Magazine coma un dos 25 trompetistas do futuro. En 2007, Dizack compite como o semifinalista máis novo na Thelonious Monk Jazz Competition. Dous anos antes é o gañador máis novo do Carmine Caruso International Jazz Trumpet Competition, do National Trumpet Competition ou do John Coltrane Scholarship. No 2006 grava o seu primeiro traballo discográfico Beyond a Dream (Fresh Sound Records) e o DVD Live in Barcelona - Featuring Greg Tardy. Xoves 21 de xullo ás 22:30 h. Praza do Teucro. YAGO VÁZQUEZ QUINTET Yago Vázquez: piano Rosolino Marinello: saxo tenor Logan Richardson: saxo alto Juan Cañada: contrabaixo Max Gómez: batería O pianista vigués Yago Vázquez é o referente actual do jazz galego en Nova Iorque. Neste concerto presentaranos o seu primeiro traballo discográfico CHORALE (free code jazz records) gravado o pasado verán en Pontevedra con músicos como Logan Richardson, Aidam Carroll e Tommy Cranne. JAZZ POLA RÚA Mércores 20 ao sábado 23 de xullo de 13 a 14 h. e de 20 a 21 h. CHIVINJAZZ STREET BAND JAM-SESSION Mércores 20 ao sábado 23 de xullo a partir das 12 da noite no Náutico de Pontevedra (Av. Uruguay) PEDRO FREIJEIRO TRIO Pedro Freijeiro: guitarra, Antón Campos: contrabaixo, Emilio Atanes: batería PONTEJAZZ WORKSHOP Venres 15 ao martes 19 de xullo de 11 a 14 h. no antigo conservatorio (Afonso XIII) PHILIP DIZACK - TAYLOR EIGSTI - JOE SANDERS - RODNEY GREEN +info: www.pontejazz.org, pontejazz@pontejazz.org, ou no tel.+34 679 454 166

O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra chega á súa décimo novena edición, consagrado xa coma un referente da mellor música en directo de jazz e blues do noroeste da península. Novamente reunimos na Ferraría a intérpretes de jazz e de blues, cantantes e instrumentistas, que xunto cos concertos previos da Praza do Teucro, a tradicional actividade docente do Pontejazz, a música itinerante pola rúa, e as jam sessions para os máis noctámbulos, conforman o programa do que xa é unha das citas clásicas do verán pontevedrés, ineludible para os afeccionados ao xénero, de dentro e fóra de Galicia. Praza da Ferraría 22:30 h. Entrada gratuíta www.jazzpontevedra.com

22/07 RANDY SOULBOP FEATURING: BRECKER BILL EVANS RANDY BRECKER-BILL EVANS MEDESKI, MARTIN AND WOOD FORMACIÓN Randy Brecker: trompeta Bill Evans: saxos e teclado John Medeski: teclados Chris Wood: baixo Billy Martin: batería En 2003 o virtuoso da trompeta Randy Brecker e o saxofonista Bill Evans formaron Soulbop, unha experiencia musical única que combinaba elementos do funk, o jazz, o soul e o blues. O resultado foi unha banda de músicos estrela que podían tocar todos eses estilos e virtualmente calquera outro tipo de música ao máis alto nivel. En 2011 o grupo volve de novo á escena cunha moi especial colaboración coa aposta musical de Medeski, Martin & Wood. Este trío aglutina unha inclasificable mestura de jazz, funk, avant-noise e, en menor medida, outras correntes musicais. A liberdade aos teclados de John Medeski, as cargas de profundidade ao baixo de Chris Wood, e os ritmos bailables que á percusión marca Billy Martin, conxúganse nun só organismo que se move gracilmente entre as composicións ben definidas e as máis expansivas improvisacións. Cando Medeski se propón describir as sensibilidades musicais do trío, sempre utiliza dúas palabras: totalmente abertas... Este é o espírito da aventura musical que os tres perseguiron durante dúas décadas.

23/07 BOBBY RUSH BOBBY RUSH FORMACIÓN Bobby Rush: voz/harmonica Loretta Wilson: bailarina Shakila Waldington: bailarina Bruce Howard: batería James Lewis: teclados Arthur Alexander Cooper: baixo Dexter Allen: guitarra Empezou como cantante de blues estilo Chicago, pero pronto se abriu camiño cunha mestura de blues e soul provisto dun toque persoal diferenciador. En 1971 marcou un fito cun single titulado Chicken Heads que foi un éxito instantáneo. En 1996 e 1997 conseguiu o Real Blues Magazine Award como Mellor intérprete en Directo de Soul/Rythm&Blues. A todos estes recoñecementos sumouse que o seu traballo titulado Hoochie Mama tivera varias candidaturas aos premios Grammy do ano 2000. Gravou máis de vinte discos na súa xa moi longa carreira musical, e colaborou con algunhas das máis selectas figuras do blues e o soul, como por exemplo o histórico Elmore James, a quen empezou a acompañar nas súas actuacións sendo un adolescente e provisto dun bigote falso que o facía parecer maior de idade, xa que, doutro xeito, lle impedirían actuar nos clubs do Sur de Estados Unidos por onde se desprazaba a banda. Os seus directos están marcados por un destacado instinto vodevilesco. Sobre o escenario é un auténtico showman, pero ademais a súa destreza compoñendo soborda de enxeño, facendo as delicias dos afeccionados ao blues máis esixentes.

24/07 JOSÉ JAMES JOSÉ JAMES Nacido e criado en Minneapolis, José James creceu escoitando a Prince, oriúndo desa mesma cidade, pero tamén hip-hop e Modern jazz. Pronto descubriu a súa paixón por estes dous estilos de música e tamén a súa creatividade como compositor. Xa moi novo empezou a actuar por toda a cidade, cantando tanto standards de jazz como composicións orixinais súas, e versionando os traballos de John Coltrane co seu cuarteto. O seu disco For all we Know foi galardoado co Edison Award e o L Academie du Jazz Grand Prix, en ambos os casos como mellor disco de jazz vocal do ano 2010. Este disco gravouse ao longo dun só día nos Galaxy Studios de Bélxica e é un álbum de standards de jazz a dúo co pianista Jef Neve. Con el encheu ás máis afamadas salas de concertos como a Olympia ou o Royal Festival Hall e participou en importantes citas do jazz internacional como o Umbria Jazz Festival ou o Cotton Club de Toquio. FORMACIÓN Jose James: voz Grant Windsor: piano e teclados Richard Spaven: batería Chris Smith: baixoía

25/07 STEFANO DI BATTISTA STEFANO DI BATTISTA FORMACIÓN Stefano Di Battista: saxo Franck Agulhon: batería Francesco Puglisi: baixo Fabio Zeppetella: guitarra Roberto Tarenzi: piano Nacido en Roma en 1969, comezou a tocar o saxofón á idade de 13 anos. Por esa época o son de Art Pepper fíxolle non só descubrir o jazz, senón que lle espertou por este estilo de música unha paixón que xa nunca perdería. En 1997, gravou para o prestixioso selo Blue Note o seu primeiro disco como líder, un disco que levou como título Volare e que foi nomeado aos premios Victoire de la Musique dese mesmo ano. Para Stefano di Battista a música é algo moi aberto, e o seu álbum Trouble Shootin é unha boa mostra diso. Neste traballo alterna períodos e estilos, desde o frenzied bebop aos relaxados ritmos da Bossa Nova, e do Jazz Rock psicodélico á sensualidade das orquestras ellingtonianas, utilizando tanto o saxo alto como o soprano. Este álbum foi gravado nun só día en París, e foi producido por Michael Cuscuna, un dos mellores produtores do selo Blue Note. Ao longo dos anos, Stefano di Battista cultivou e perfeccionou o extraordinario virtuosismo e xenerosidade nas interpretacións que o fixeron destacar como un dos máis coñecidos músicos na escena internacional da última década. No seu último proxecto, Woman s land (2011), rende tributo a varias mulleres excepcionais cuxa existencia deixou unha pegada indeleble no tormentoso século XX.

PRAZA DO TEUCRO 22:30 H. Entrada gratuíta 20 / 07 PHILIP DIZACK QUARTET 21 / 07 YAGO VAZQUEZ QUINTET PONTEJAZZ WORKSHOP JAM SESSION JAZZ POLA RÚA PRAZA DA FERRARÍA 22:30 H. Entrada gratuíta 22 / 07 RANDY BRECKER-BILL EVANS SOULBOP FEATURING: MEDESKI, MARTIN AND WOOD 23 / 07 BOBBY RUSH 24 / 07 JOSÉ JAMES 25 / 07 STEFANO DI BATTISTA www.jazzpontevedra.com www.pontejazz.org

ERA COMUNICACIÓN