XXIV FESTIVAL INTERNACIONAL DE JAZZ E BLUES

Documentos relacionados
PONTEJAZZ JAZZ POLA RÚA Mércores 20 ao sábado 23 de xullo de 13 a 14 h. e de 20 a 21 h. CHIVINJAZZ STREET BAND

Un espectáculo cómico, poético e musical sobre a. a nosa lingua

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

QUINTA 08 NOVEMBRO CCVF / GRANDE AUDITÓRIO / 21H30 AZIZA featuring Dave Holland, Chris Potter, Kevin Eubanks and Eric Harland

III FESTIVAl JAZZ MARINHA GRANDE TEATRO STEPHENS. Organização

II SEMANA DAS MÚSICAS DO AUDIOVISUAL 2017

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

CALENDARIO PARA O CICLO INTENSIVO DO PROGRAMA UNIVERSITARIO PARA MAIORES. CAMPUS DE PONTEVEDRA. CURSO

GALEGAS ACTOS. dedicado. Paraa alumnado. Venres 9 de maio. FANTÁSTICA co espectáculo. En caso de cheo. Martes 13 de maio. Contacontos en CONCELLERÍA

Tiragem: Pág: 57. Cores: Cor. País: Portugal A22. Área: 9,71 x 12,99 cm². Period.: Semanal. Corte: 1 de 1. Âmbito: Interesse Geral.

NEGREIRA OUT º CICLO MONÓLOGOS. venres. venres. venres. venres. Lois Pérez

OBRADOIROS RÍA DE MUROS-NOIA

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

Temporada de Música 9.ª edição. Fadista Cristina Nóbrega Seg.ª-f.ª 28 Nov. 2016, 22h Salão Nobre do IST

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

CICLO DE CONFERÊNCIAS Auditório Dra. Maria Lutegarda

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2016 OURENSE-CAPITAL

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

PIALE Integración en lingua portuguesa

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

Jazz na Caixa 2ª ed Ciclo de concertos íntimos, com grandes músicos de Portugal e da Galiza, promete agradar os fans

7º Festival Blues de Londrina começa nesta quarta e segue até sábado

David Kerr & Canastra Trio

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

«O Festival quere atraversar máis mares, deixarse alumear por máis lúas e espallarse a máis mundos.» Sinopse

PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

- Língua Portuguesa na Galiza

imaxinasons dossier 1 3 º f e s t i v a l d e j a z z d e v i g o

POIO. Directorio. Concello de Poio Praza do Mosteiro, Poio, Pontevedra

TEATRO SANTA ISABEL RECIFE, PERNAMBUCO 2 E 3 DE AGOSTO, 2013 MOACIR SANTOS. Flores, Pernambuco, Pasadena, Califórnia, 2006

Troca do livro Lições de Língua Portuguesa e História 5º ano 5º A 5º B e C Semana de 8 a 12 de maio de terça-feira quinta-feira

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Contratos Rexistrados:

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

Gaita de Foles. 1 de 10 / Gaita de Foles e Palheta / D. Morais / Abril de /

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

AGENDA MUSEU ANIMA MUSEU DO DOURO

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

RELEASE SHOW DE CHICO MOURA E BANDA

MUSEU DO TRAJE, SÃO BRÁS DE ALPORTEL

ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS SETEMBRO 2017

Kenny Wheeler dirige Big Band. Concerto de Jazz 21h30 Grande Auditório Duração 1h30 12 Nov 04

Potencias e radicais

MEMORIA ANO 2013 SERVICIO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DA MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE ORDES

Dossier O líder da prensa en galego

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Outubro Nº Var. Int. 18/17

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Xuño Nº Var. Int. 17/16

Este proxecto musical nace en 2012 cando varios músicos e profesores de corda de Galiza, interesados na interpretación da música dos séculos XVII e

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

Dossier de presentación. Primeiro diario dixital en galego

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

SBN: O TEMPO NO XORNAL

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

CARREIRA CALVARIO 5+5

programa musical Novedades Carmiña The Blows Eladio y los Seres Queridos XOEL LÓPEZ IVÁN FERREIRO Triángulo de Amor Bizarro AMAIA MONTERO Despistaos

MÁSTER EN PROFESORADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL E ENSINANZAS DE IDIOMAS CURSO

Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra.

"Me sinto extremamente feliz e orgulhoso quando vejo uma banda tão jovem tocando o Blues tão bem." (B.B. King) release

Do violino erudito ao saxofone no jazz Jorge Reis, o rigor do bem tocar

Qu a tro a zero Alegri a

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Maio Nº Var. Int. 18/17

ORGANIZA PATROCINA INFORMACIÓN XERAL VENDA DE ENTRADAS

Venham fazer parte destes Encontros!

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

Artur Menezes e em outras duas bandas: Blues Label e De blues em quando. Também em Fortaleza, participou do festival Petrúcio Maia de música com duas

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de setembro as 10:00. Piscina Carballo Calero e Praia de Razo. Carballo.

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

Advar Medeiros Quarteto. Apresenta SONS DE MINAS

Berrobambán Teatro: BuhDossier. Berrobambán: Buh, unidade didáctica 1

DESPACHO Nº 18/2018 Acesso e ingresso ao curso de 1º ciclo em Música ano letivo 2018/2019

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

~ ESPAÇO (NEM TAO) MODERNO. Análise de Estilo - Steve Smith - Por Vlad Rocha

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Música de bandas. Luns, 13 de agosto h Concerto Man a Man Banda de Música de Pontevedra / Banda de Música de Salcedo Praza da Ferraría

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

João Tiago Magalhães

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

MAPA DE RECURSOS: Instalacións Portuarias

Unha viaxe á lúa.

Un país desde as táboas

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

A, B (Deberá completarse con todas as facturas correspondentes aos investimentos realizados no 2011), C, G, H, I

CONCELLO DE VILAR DE BARRIO (OURENSE) BASES III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONCELLO DE VILAR DE BARRIO 2018.

TEXTO COMPLETO: para ter en conta o sacerdote

INTRODUCIÓN Á LITERATURA GALEGA 2

Sunday Bloody Sunday U2 Por: TÇwxÜáÉÇ VÄx àéç eéwü zâxá

Transcrição:

ERA COMUNICACIÓN 2016 PONTEVEDRA XXIV FESTIVAL INTERNACIONAL DE JAZZ E BLUES Praza do TEUCRO 13/07 22.30 h SUMRRÁ Praza da FERRARÍA 15/07 22.30 h PONTEJAZZ BIG BAND Praza da FERRARÍA 17/07 22.30 h ANTONIO SÁNCHEZ & MIGRATION Praza do TEUCRO 14/07 22.30 h NAÍMA ACUÑA CUARTETO Praza da FERRARÍA 16/07 22.30 h KING SOLOMON HICKS Praza da FERRARÍA 18/07 22.30 h CÉCILE McLORIN SALVANT www.jazzpontevedra.com www.pontejazz.org

XXIV FESTIVAL INTERNACIONAL DE JAZZ E BLUES A relación de Pontevedra co jazz é intensa e duradeira. Desde xa hai vinte e catro anos, cada mes de xullo volve o Festival Internacional de Jazz e Blues, que, en certo modo, representa a culminación das actividades jazzísticas que se desenvolven na nosa cidade durante o ano. A zona monumental de Pontevedra vaise encher, unha vez máis, de boa música, con artistas de nivel internacional case sempre inéditos en Galicia, ás veces irrepetibles. E mantemos, como non, os nosos sinais de identidade: concertos gratuítos de jazz e de blues, prestando unha especial atención aos músicos galegos. www.jazzpontevedra.com www.pontejazz.org facebook: Festival Jazz Pontevedra Praza do Teucro 22.30 h entrada gratuíta 13/07 SUMRRÁ 14/07 NAÍMA ACUÑA CUARTETO Praza da Ferraría 22.30 h entrada gratuíta 15/07 PONTEJAZZ BIG BAND 16/07 KING SOLOMON HICKS 17/07 ANTONIO SÁNCHEZ & MIGRATION 18/07 CÉCILE McLORIN SALVANT

Praza do TEUCRO 13/07 22.30 h SUMRRÁ Sumrrá é a formación cunha das traxectorias máis sólidas e constantes da escena jazzística estatal, cunha gran proxección internacional, como certifican as súas xiras por festivais de Bolivia, Bulgaria ou Suráfrica. Sumrrá formouse no ano 2000 e ata hoxe deixaron atrás centos de concertos e cinco discos, dous deles en directo. Dende os seus inicios, Sumrrá cativou a crítica e público cun jazz inclasificable, melódico e moi aberto, destacando a orixinalidade das súas composicións, a calidade dos seus integrantes e a frescura dos seus directos. Sumrrá non entende de modas, de etiquetas, nin de estilos. Pasaron 16 anos, que en jazz é moito tempo, desta feliz reunión, e o trío continúa reinventándose e alimentándose dos proxectos paralelos dos seus compoñentes. Manuel Gutiérrez (piano), Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo) e L.A.R. Legido (batería).

Praza do TEUCRO 14/07 22.30 h NAÍMA ACUÑA CUARTETO A baterista Naíma Acuña, que a pesar da súa mocidade ten unha longa traxectoria profesional, é un dos novos talentos do jazz do noso país e vai en camiño de converterse nun dos principais referentes, avalada por grandes músicos pioneiros tanto a nivel nacional como internacional como Arturo Sandoval, Alex Acuña, Greg Osby... Formouse en escolas como a Guildhall School of Music and Drama de Londres, onde se licenciou aos 14 anos, e o Conservatorio Superior de Música da Coruña, o cal lle outorgou tamén a licenciatura na Especialidade de Jazz na que obtivo matrícula de honra. Tocou en numerosos proxectos, festivais e gravacións importantes tanto fóra como dentro do noso país ou en Madrid, Nova York, Londres, Bilbao, Barcelona, Valencia...; acompañando a jazzmen tan recoñecidos como Mulgrew Miller, Jean Toussaint, Scott Stroman, Eclectic Voices, Cennet Jönsson, Pierre Bousaguet, Cristian Escoudé, Nikki Iles, Roberto Somoza, Giulia Val, Pablo Castaño, John Taylor, Martin Hataway, Martin Speak, Daniel Bayliss, Gareth Fowler, Toby Boalch, Mark Hodgson, Chris Young, David Austin, Brian Traynor, Kenny Wheeler, Paco Charlín, Huw Warren, Don Rendell, Alex Dankworth e moitos máis. Pablo Castaño (saxo alto), Gareth Fowler (guitarra), Alex Salgueiro (órgano hammond) e Naíma Acuña (batería).

Praza da FERRARÍA 15/07 22.30 h PONTEJAZZ BIG BAND A Pontejazz Big Band é un proxecto do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, que reúne baixo a dirección musical de Jesús Santandreu aos grandes músicos galegos de jazz do momento con figuras internacionais como Dayna Stephens, Philip Dizack ou Kyle Poole. Conta xa cun disco editado e foi dirixida nestes dez anos por directores e arranxistas como: Carlos Azevedo, Francisco Blanco Latino, Bobby Martínez participando sempre os músicos galegos e internacionais máis representativos do jazz do momento. Nesta ocasión gozaremos coa música dun dos artistas referentes do jazz en Europa, Jesús Santandreu, un dos músicos máis importantes da xeración jazzística dos anos 1990. Iniciouse precozmente nesta música, pois desde os catorce anos forma parte da Jove Jazz Band, da que actualmente é director artístico. Colabora frecuentemente con Zé Eduardo, Perico Sambeat, Nelson Cascais co pianista galego Abe Rábade, etc. Na súa linguaxe hai elementos de Jerry Bergonzi, que foi profesor seu en Boston, Joe Henderson e John Coltrane entre outros, pero integrados nun estilo persoal, vehemente, harmónicamente rico e cun gran sentido do ritmo. Jesús Santandreu (Composición, arranxos e dirección), Rosolino Marinello (saxo alto), Pablo Castaño (saxo alto), Fernando Sánchez (saxo tenor), Dayna Stephens (saxo tenor), Toño Otero (saxo barítono), Manuel Paino (trompeta), Philip Dizack (trompeta), Adrián Lage (trompeta), David Lojo (trompeta), Jose Luis Miranda (trombón), Antonio Rodríguez (trombón), Richy Pedrares (trombón), Victor González (trombón baixo), Alberto Vilas (piano), Dani Font (guitarra), Pablo Patiño (contrabaixo) e Kyle Poole (batería).

Praza da FERRARÍA 16/07 22.30 h KING SOLOMON HICKS Nado e criado en Harlem (NY), Solomon Hicks, coñecido como "King Solomon" é unha das estrelas emerxentes no universo dos guitarristas norteamericanos de blues. Ten só vinte e un anos, e ademais de ser considerado un prodixioso instrumentista, tamén compón, canta e enche o escenario coa súa presenza, desenfadada, como corresponde á súa idade, pero tamén profunda e enraizada na tradición máis clásica do rythm&blues, do jazz, do blues e do rock and roll. A súa carreira foi dirixida por Jeff Levine, quen fora produtor e teclista de Joe Cocker. Compartiu escenario con nomes clásicos da escena musical estadounidense como Tony Bennett, Jon Hendricks ou Mike Stern. De Solomon Hicks díxose pola crítica especializada que será un dos grandes dos próximos anos, e foi comparado na súa forma de tocar jazz, nin máis nin menos que con George Benson. Na súa xira europea presenta o seu disco Carrying on the Torch of the Blues, acompañado de excelentes músicos, entre os que destaca o baixista, enxeñeiro de son e produtor, Kirk Yano, gañador de varios Grammys polos seus traballos con Mariah Carey ou Public Enemy. King Solomon Hicks (guitarra, voz), Russell Carter (batería), Judson Nielsen (Hammond B3) e Kirk Yano (baixo).

Praza da FERRARÍA 17/07 22.30 h ANTONIO SÁNCHEZ & MIGRATION Antonio Sánchez está considerado como un dos baterías e compositores de jazz máis destacados da súa xeración. Empezou a tocar a batería con só cinco anos. Obtivo o título de piano no Conservatorio Nacional de México e posteriormente graduouse en estudos de jazz na "Berklee School of Music" de Boston. Ten colaborado con músicos de enorme sona, como Pat Metheny (con quen gravou oito discos, incluíndo tres galardoados cos Premios Grammy) Chick Corea, Charlie Haden, Gary Burton, Joshua Redman, Paquito D`Rivera, Dee Dee Bridgewater, Dianne Reeves ou Michael Brecker, entre outros. Ademais, liderou os seus propios proxectos desde o ano 2007, lanzando ao mercado catro álbums con composicións propias, que obtiveron magníficas críticas. No ano 2013 foi fichado por Alejandro González Iñárritu, para compoñer a banda sonora orixinal da película Birdman, a cal foi galardoada en 2016 co premio Grammy. En 2015 publicou The Meridian Suite co seu grupo habitual, Migration. Antonio Sánchez (batería), Seamus Blake (saxos), John Escreet (piano), Matt Brewer (baixo) e Thana Alexa (voz).

Praza da FERRARÍA 18/07 22.30 h CÉCILE McLORIN SALVANT Cécile McLorin Salvant é probablemente a maior sensación que xurdiu no ámbito do jazz na última década. Foi xa comparada coas mellores vocalistas da historia, con nomes de lenda como os de Ella Fitzgerald, Billie Holiday ou Bessie Smith. Os seus tres únicos álbums editados ata o momento (os dous últimos en solitario), WomanChild (2013) e For One to Love (2015), supuxeron un auténtico impacto no mundo do jazz. Polo primeiro destes títulos foi candidata ao Grammy como mellor vocalista de jazz en 2014, premio que obtivo este mesmo ano 2016 pola segunda das súas gravacións. Recentemente, rendeu a súa particular homenaxe a Bessie Smith, cantando na banda sonora do biopic sobre a lendaria cantante (titulado "Bessie"), producido pola HBO e protagonizado por Queen Latifah. Cécile McLorin Salvant é un compendio de talentos: compuxo a letra e a música de varias das cancións dos seus dous discos en solitario, súas son as ilustracións que aparecen neles, e é capaz de cantar en inglés, francés e español. A súa xira europea deste verán, ademais de Pontevedra, inclúe actuacións nos festivais de North Sea (Rotterdam), St. Moritz, Montreux e Vitoria, entre outros. Cécile McLorin Salvant (voz), Aaron Diehl (piano), Paul Sikivie (baixo) e Lawrence Leathers (batería).

JAZZ POLA RÚA Do mércores 13 ao luns 18 de xullo de 12.30 h-13.30 h e de 19.30 h-20.30 h CHIVINJAZZ PONTEJAZZ WORKSHOP Do mércores 13 ao domingo 17 de xullo de 11-14 h no antigo conservatorio (Afonso XIII, 7) DAYNA STEPHENS PHILIP DIZACK KYLE POOLE JAM SESSIONS A Gramola (Praza Méndez Núñez,1) Do mércores 13 ao luns 18 de xullo ás 24 h Mércores 13 de xullo DAVID PUIME TRÍO Xoves 14 de xullo PEDRO FREIJEIRO TRÍO Venres 15 de xullo JUYMA ESTÉVEZ TRÍO Sábado 16 de xullo VALENTÍN CAAMAÑO TRÍO Domingo 17 de xullo PABLO BELOSO TRÍO Luns 18 de xullo FELIPE BERMÚDEZ TRÍO

www.jazzpontevedra.com www.pontejazz.org