TEXTO COMPLETO: para ter en conta o sacerdote

Documentos relacionados
Deus Pai en min e eu en vós. Póñome nas túas

No bautismo recibes a AUGA que. perfuma.

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

SAN AMARO. Capela no barrio de San Amaro Na parroquia de Santa María das Neves de Traspielas Na Unidade Pastoral d Os Cotos

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

Unha viaxe á lúa.

Double-click to enter title

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

Unidade Didáctica 3: Contamos a nosa historia

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

Nesta unidade imos imaxinar como seremos dentro duns anos. Para iso, imos aprender:

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

PIALE Integración en lingua portuguesa

DOMINGO I DE ADVENTO

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... OS NÚMEROS DECIMAIS ORDES DE UNIDADES DECIMAIS. CENMILÉSIMA 8 1 cm = MILLONÉSIMA 8 1 mm = OPERACIÓNS

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega

rodeira 5. QUÉROTE MOITO

As claves da. factura eléctrica

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

CXT 2018/2019 COMO EFECTUAR A TÚA PETICIÓN?

Club. Podes informarte de todo o que acontece na familia Bolechas no noso teléfono

Que é unha rede de ordendores?

RITUAL DO MATRIMONIO

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

Potencias e radicais

Co o r d en a çõ es Estaduais da TV Escola

COSTA DE DEXO E SERANTES

Catequista: Crianças: Festa do Acolhimento

3º ESO - MÚSICA - EXERCICIOS SETEMBRO

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

Transcrição:

TEXTO COMPLETO: para ter en conta o sacerdote ACOLLIDA Irmáns e irmás: Aínda queda, no noso recordo, o Bautismo de Xesús no Xordán. Aquel Neno que, sendo mozo, iniciou a súa misión como Fillo de Deus ao ser bautizado por Xoán Bautista. Hoxe de novo, Xoán, sinala a Xesús como aquel que nos vai a mostrar o camiño cara a Deus. Xesús é a Luz, o que quita o pecado do mundo. Nós queremos ser as súas testemuñas nesta época da historia, falando del, dándolle a coñecer aos demais. (Pódense facer carteis en forma de frecha que os leven nenos na procesión de entrada con estes ou parecidos textos: ESTE É, o Año de Deus, o que quita o pecado do mundo, o que sanda a humanidade, o que camiña diante, o que dá a vida ). No nome do Pai... O Señor Xesús, que é o Fillo de Deus feito home e que quita o pecado do mundo, sexa con todos vós. 2. PERDÓN Recoñecendo que Xesús é o enviado de Deus, o Ano que se ofrece por nós e que quita o pecado do mundo, recoñecémonos pecadores. Ti, que es o Deus da festa, da luz, da salvación. Señor, ten piedade. Ti, que nos coidas dándonos todo o que necesitamos para a vida. Cristo, ten piedade. Ti, que nos fas testemuñas da túa entrega e amizade. Señor, ten piedade. Deus todopoderoso teña misericordia de nós, perdoe os nosos pecados e concédanos vivir sempre en xustiza e en paz cos irmáns e con el, sendo as súas testemuñas ata a vida eterna. Amén. 3. PALABRA DE DEUS

As lecturas de hoxe poñen no centro a Xesús. Para Isaías el é o Servo, o que é a luz das nacións. Segundo san Paulo, tráenos paz e graza. No Evanxeo, unha vez máis Xoán Bautista, fainos unha fermosa presentación de quen é Xesús de Nazaré e da súa misión. Escoitemos con atención. 4. PETICIÓNS: Como comunidade reunida, expresemos as nosas necesidades a Deus, noso Pai. Fainos as túas testemuñas, Señor. / Año de Deus, ten piedade de nós. 1. Somos Igrexa. Para que nunca nos cansemos de presentar a Xesús como a salvación e o futuro da humanidade. Oremos. 2. Somos bautizados. Para que non esquezamos que, se somos bautizados, tense que notar nas nosas palabras e obras. Oremos. 3. Somos altofalantes de Deus. Para que nada nin ninguén apague a nosa voz. Para que sexamos valentes á hora de defender a nosa fe cristiá. Oremos. 4. Somos sinais que as persoas ven. Para que coa nosa forma de ser, os que nos rodean, poidan chegar a Xesús e vivir mellor a súa fe. Oremos. 5. Somos bondadosos. Para que nunca esquezamos ofrecer algo aos que máis o necesitan. Que, ademais, non esquezamos de facer o ben nas nosas familias e amigos. Oremos. 5. OFRENDAS UN AÑO: Xesús, ti es o Año de Deus que quitas o pecado do mundo. Grazas por vir a sandar a humanidade, por dar a vida por nós. - UN ALTOFALANTE OU MEGÁFONO: Xoán Bautista sinala a Xesús para que o sigan, se vaian con el, o coñezan e o amen. Que tamén nós, sexamos as túas testemuñas para que coas nosas palabras e obras levemos a outros cara a ti. - PAN E VIÑO: Finalmente co pan e o viño, pedímosche que nos fortalezas en cada eucaristía. Estamos débiles. Caémonos frecuentemente. Levántanos cando nos afastemos de ti.

POSIBLES MONICIÓNS ACOLLIDA Irmáns e irmás: Aínda queda, no noso recordo, o Bautismo de Xesús no Xordán. Aquel Neno que, sendo mozo, iniciou a súa misión como Fillo de Deus ao ser bautizado por Xoán Bautista. Hoxe de novo, Xoán, sinala a Xesús como aquel que nos vai a mostrar o camiño cara a Deus. Xesús é a Luz, o que quita o pecado do mundo. Nós queremos ser as súas testemuñas nesta época da historia, falando del, dándolle a coñecer aos demais. --- --- --- (Pódense facer carteis en forma de frecha que os leven nenos na procesión de entrada con estes ou parecidos textos: ESTE É, o Año de Deus, o que quita o pecado do mundo, o que sanda a humanidade, o que camiña diante, o que dá a vida ). --- --- --- Sacerdote: No nome do Pai... O Señor Xesús, que é o Fillo de Deus feito home e que quita o pecado do mundo, sexa con todos vós. ANTES DE PROCLAMAR A PALABRA DE DEUS As lecturas de hoxe poñen no centro a Xesús. Para Isaías el é o Servo, o que é a luz das nacións. Segundo san Paulo, tráenos paz e graza. No Evanxeo, unha vez máis Xoán Bautista, fainos unha fermosa presentación de quen é Xesús de Nazaré e da súa misión. Escoitemos con atención.

P E R D Ó N Sacerdote: Recoñecendo que Xesús é o enviado de Deus, o Ano que se ofrece por nós e que quita o pecado do mundo, recoñecémonos pecadores. Ti, que es o Deus da festa, da luz, da salvación. Señor, ten piedade. (Posibilidade de que isto o lea un neno) Ti, que nos coidas dándonos todo o que necesitamos para a vida. Cristo, ten piedade. (Posibilidade de que isto o lea un pai nai) Ti, que nos fas testemuñas da túa entrega e amizade. Señor, ten piedade. (Posibilidade de que isto o lea un catequista) Sacerdote: Deus todopoderoso teña misericordia de nós, perdoe os nosos pecados e concédanos vivir sempre en xustiza e en paz cos irmáns e con el, sendo as súas testemuñas ata a vida eterna. Amén.

- UN AÑO - PRESENTACIÓN DE OFRENDAS Xesús, ti es o Año de Deus que quitas o pecado do mundo. Grazas por vir a sandar a humanidade, por dar a vida por nós. - UN ALTOFALANTE OU MEGÁFONO Xoán Bautista sinala a Xesús para que o sigan, se vaian con el, o coñezan e o amen. Que tamén nós, sexamos as túas testemuñas para que coas nosas palabras e obras levemos a outros cara a ti. - PAN E VIÑO Finalmente co pan e o viño, pedímosche que nos fortalezas en cada eucaristía. Estamos débiles. Caémonos frecuentemente. Levántanos cando nos afastemos de ti.

P E T I C I Ó N S: (Sacerdote): Como comunidade reunida, expresemos as nosas necesidades a Deus, noso Pai. Fainos as túas testemuñas, Señor. 1.- Somos Igrexa. Para que nunca nos cansemos de presentar a Xesús como a salvación e o futuro da humanidade. Oremos. 2.- Somos bautizados. Para que non esquezamos que, se somos bautizados, tense que notar nas nosas palabras e obras. Oremos. 3.- Somos altofalantes de Deus. Para que nada nin ninguén apague a nosa voz. Para que sexamos valentes á hora de defender a nosa fe cristiá. Oremos. 4. Somos sinais que as persoas ven. Para que coa nosa forma de ser, os que nos rodean, poidan chegar a Xesús e vivir mellor a súa fe. Oremos. 5. Somos bondadosos. Para que nunca esquezamos ofrecer algo aos que máis o necesitan. Que, ademais, non esquezamos de facer o ben nas nosas familias e amigos. Oremos.