CONTIDOS Pregón da Caridade

Documentos relacionados
1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

GALEGAS ACTOS. dedicado. Paraa alumnado. Venres 9 de maio. FANTÁSTICA co espectáculo. En caso de cheo. Martes 13 de maio. Contacontos en CONCELLERÍA

MUSEO LISTE ETNOGRÁFICO DE VIGO PROGRAMACIÓN 2º TRIMESTRE 2017

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

PIALE Integración en lingua portuguesa

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

TEXTO COMPLETO: para ter en conta o sacerdote

Este proxecto musical nace en 2012 cando varios músicos e profesores de corda de Galiza, interesados na interpretación da música dos séculos XVII e

CALENDARIO PARA O CICLO INTENSIVO DO PROGRAMA UNIVERSITARIO PARA MAIORES. CAMPUS DE PONTEVEDRA. CURSO

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

III Certame de Fotografía Comercial Parque Empresarial de O Milladoiro

BENQUERENCIA TERRA - MAR

VOLUNTARIADO XACOBEO 2010

PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

BOLETÍN INFORMACIÓN CULTURAL DE LUGO

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º

A orde das axudas do Plan Apícola 2018 será publicada no mes de marzo. A subvención repartirase nesta orde prioridade e coa porcentaxe máxima de:

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2016 OURENSE-CAPITAL

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

PROGRAMACIÓN CULTURAL DO AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS.

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

A Coresma: camiño cara á Pascua. Oración SUMARIO

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

Dossier O líder da prensa en galego

12:15 h PROCESIÓN DA ENTRADA TRIUNFAL DE XESÚS EN XERUSALÉN

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

II MARATÓN FOTOGRÁFICO IMAXES DE INVERNO BASES DE PARTICIPACIÓN INTRODUCCIÓN

Deus Pai en min e eu en vós. Póñome nas túas

OBRADOIROS RÍA DE MUROS-NOIA

Proxecto Esmelle. Convivencia entre veciños voluntarios e persoas que realizan Traballos en Beneficio da Comunidade

05 Movémonos mellor?

INTRODUCIÓN Á LITERATURA GALEGA 2

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

No LIMIAR DAS ARTES Encrucillada de tradicións rupestres. Ciclo de Conferencias de Decembro 2017

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

CARREIRA CALVARIO 5+5

Potencias e radicais

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

OFICINA DE CURSOS ABRIL 2015

IX OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA Bases

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS SETEMBRO 2017

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

Canle. Recomendocheunlibro. Concurso O ollo de vidro

MÁSTER EN PROFESORADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL E ENSINANZAS DE IDIOMAS CURSO

Un país desde as táboas

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

V TRAIL DE VILATUXE 2017

III CIRCUITO CONCELLO DE VIGO DE ATLETISMO EN PISTA - SERIES MUNICIPAIS

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL LALÍN. Outros documentos, notificacións e informacións públicas

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

A Nosa Voz. exposición Catedral de Lugo. o esplendor da presenza parroquias de Lugo 50 anos de esplendor

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

2018/19 lança-nos vários desafios:

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

DIOCESE DE ANGRA Programa da visita da Imagem Peregrina à Ilha Terceira

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

CONCELLO DE VILAR DE BARRIO (OURENSE) BASES III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONCELLO DE VILAR DE BARRIO 2018.

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

ZONA SOCIOCULTURAL DAS FONTIÑAS PROGRAMA XERAL DE ACTIVIDADES

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

Eucaristía, punto de encontro cos irmáns e con Deus.

A GANDERÍA EXTENSIVA E A NOVA PAC

1.- Organización da Escola de Primavera:

PROXECTO IMPLANTACIÓN XORNADA ÚNICA

OS INDICADORES DEMOGRÁFICOS

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

Xestiona. o teu lecer OFERTA DE ACTIVIDADES DE LECER

CTO. GALEGO DE NATACIÓN ABSOLUTO OPEN E JÚNIOR DE VERÁN

O CONTRATO DE TRABALLO

SR. ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO.

OUTUBRO Data Dia Hora Local Âmbito 1 Segunda 2 Terça

CTO. GALEGO DE NATACIÓN ABSOLUTO DE INVERNO OPEN

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Contratos Rexistrados:

Mago: Roberto Lolo Teatro: Bicos con lingua Teatro: Pelos na lingua Concurso radiofónico: Sesión preparatoria English Week Soundpainting

Lote 3. Lote Rosario de cristal e cruz de metal. 2. Pulseira de ouro. 750 mm. e coral.

Reservas dos principais grupos sanguíneos

Transcrição:

Delegación de Medios - Diocese de Lugo Boletín Electrónico de Información Diocesana Ano 6 nº 286 CONTIDOS Pregón da Caridade Xornada pro orantibus V Encontro Eucarístico Lucense Concerto organizado por Mans Unidas Últimos días dos mercados solidarios de Mans Unidas e Santiago A Nova Peregrinacións á Catedral de Lugo, a Santiago e a Fátima Colección Diplomática IV de Ventura Cañizares del Rey Presentado un novo número da revista Lvcensia Premiados no concurso Que agochas no Corpiño? Premiados no III Concurso de fotografía sobre Eucaristía e patrimonio relixioso Novenas a santa Rita e María Auxiliadora Fotos da semana Pregón da Caridade O mércores 25 de maio terá lugar ás 20h no Círculo das Artes de Lugo o Pregón da Caridade, con motivo da celebración do Corpus Christi, que será o domingo 29. O pregón estará a cargo de Myriam García Abrisqueta, conselleira de designación episcopal en Cáritas Española, ex presidenta de Mans Unidas. É un acto organizado por Cáritas Diocesana de Lugo.

Xornada Pro Orantibus O domingo 22 de maio celébrase a solemnidade da santísima Trindade e a Xornada Pro orantibus. É un día para valorar e agradecer a vida dos monxes e monxas, que se consagran enteiramente a Deus pola oración, o traballo, a penitencia e o silencio. Toda a Igrexa debe orar ao Señor por esta vocación tan especial e necesaria, espertando o interese vocacional pola vida consagrada contemplativa. O lema deste ano é: «Contemplade o Rostro da misericordia». Está en sintonía co Ano Santo da Misericordia, convocado polo papa Francisco para toda a Igrexa. V Encontro Eucarístico Lucense Do 26 de maio ao 5 de xuño haberá oración, música, literatura, fotografía, conferencias Xoves 26 maio En Antas de Ulla, ás 19:30 h: Adoración Eucarística dirixida polo Vicario para a Nova Evanxelización da Diocese de Ourense Francisco J. Prieto. Na Catedral ás 20h: Xoves Eucarístico. Eucaristía e procesión Venres 27 maio Na Catedral ás 20:45h primeiro concerto do III Festival Internacional de Órgano. Adoro te devote. Jean-Christophe Geiser (Suíza), órgano Sábado 28 maio 12:30 Concurso fotográfico e Certame literario: entrega de premios e inauguración da exposición fotográfica 20:00 na Catedral: Primeira novena na honra do Santísimo Sacramento. Ata o domingo 5 de xuño. Predicador: Luis Manuel Rodríguez, vicario de coordinación pastoral. Domingo 29 maio - CORPUS CHRISTI 11:00 Eucaristía e procesión, na praza de Santa María, Lugo [Programa completo]

Concerto organizado por Mans Unidas O vindeiro domingo día 22 de maio de 2016, ás oito da tarde, no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo, celebrarase un Concerto benéfico. Actuarán a Banda Municipal de Lugo, dirixida por Rosendo Ivorra Jover, e o Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Manuel Fernández Mosquera. As entradas poden adquirirse no local de Mans Unidas situado na rúa da Cruz, 1 B, 1º de 11 a 13 horas, teléfono 982 25 55 67; ou no propio Círculo das Artes desde unha hora antes do concerto. Todo o diñeiro recaudado cos 5 euros de donativo que custa cada unha, será destinado aos dous proxectos que a Delegación de Mans Unidas Lugo financia este ano en Honduras e Zambia. Últimos días dos mercados solidarios de Mans Unidas e Santiago A Nova O mercado solidario que mantén aberto Mans Unidas na rúa San Pedro (Lugo) estará aberto ata o martes 24 O grupo de persoas maiores da Parroquia de Santiago A Nova (Lugo) abriu o 7 de maio o Mercado solidario de manualidades e produtos ecolóxicos, que permanece aberto tamén esta semana. A recadación irá destinada aos pobres. O grupo de maiores da Nova aproveita esta ocasión para facer chegar a súa gratitude a cantas persoas veñen apoiando este fin solidario. A exposición e venda está situada na sancristía da parroquia, a carón de Correos na rúa San Pedro, de Lugo. Peregrinacións á Catedral de Lugo, a Fátima e Santiago O 21 de maio ás 12 h peregrinan á Catedral con motivo do Ano da Misericordia parroquias de Lalín e Silleda. De Silleda tamén irán a Lugo o día 25 para gañar o xubileo da misericordia o persoal docente e discente do Colexio María Inmaculada. A Delegación Diocesana do Apostolado Mundial de Fátima organiza unha peregrinación a Fátima entre os días 20 e 22 de maio. O venres día 20 sáese de diante da Mosqueira (na ronda da Muralla) ás sete da mañá e o regrésase a Lugo o domingo 22 ás 23h Máis información: Capela de San Roque de 19:30h a 20h ou no teléf. 982 812910.

O 28 de maio faise a 3ª etapa que organiza a Parroquia de A Milagrosa polo Camiño de Santiago (Ruta do Mar, Camiño dos Ingleses). No próximo mes, os sábados seguintes (4 e 11 de xuño) conclúe esta peregrinación, facendo, respectivamente as etapas Miño - A Costa e Sigüeiro Santiago de Compostela. Colección Diplomática IV de Ventura Cañizares del Rey Publicacións Diocese de Lugo vén de publicar Colección Diplomática IV (1138-1668) de Ventura Cañizares del Rey. A edición da obra corre a cargo de Manuel Rodríguez Sánchez, Óscar González Murado e María Luisa Doval García. Os textos recollidos neste volume son bulas papais e documentos reais. Entre eles destaca o documento de 1668 que fundamenta a razón de ser da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento na infraoitava de Corpus: Clemente IX, de acuerdo con el Rey Carlos II, impone una pensión de 200 ducados anuales sobre frutos y rentas del arzobispado de Compostela a favor de la Fábrica de la Catedral de Lugo Ventura Cañizares, párroco en Lalín e coengo en Lugo, deixou unha excelente colección manuscrita de centos de documentos transcritos. Presentado o n.º 52 da revista Lvcensia O 18 de maio na Aula Magna do Seminario presentouse do nº 52 da revista Lvcensia. O acto estivo presidido polo señor bispo D. Alfonso Carrasco Rouco. O profesor Miguel Leiva falou sobre os drons: usos, lexislación e informou sobre o Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas: que tipos de drons se fan (para vixilancia), quen os fai (INTA, Indra e Inaer), con canto diñeiro (máis de 100 millóns de euros) e os postos de traballo que se crearían (100 directos). Miguel Leiva tamén sinalou a problemática que hai arredor dos drons: os de tipo militar poden levar cabezas nucleares e en EEUU están preparando un dron que el mesmo decidiría cando disparar.

Charla sobre Don Elías Valiña O vicario xeral da Diocese, Mario Vázquez Carballo, dará unha charla no local da asociación La Unión (r/ Matías López, Sarria), o día 19 de maio ás oito da tarde sobre a figura de Don Elías Valiña e o Camiño de Santiago. A charla está organizada pola Unión e polo Seminario de Estudos Sarriaos Francisco Vázquez Saco como parte dos actos en memoria de Don Elías Valiña. Estes actos reanudaránse despois do verán con novas charlas e a colocación dunha placa en honra do cura do Cebreiro. Novenas en honra de santa Rita e María Auxiliadora Na igrexa do convento das Agustinas (praza de Santo Domingo, Lugo) iníciase o día 14 a novena en honra a Santa Rita de Casia. Pola mañá os actos litúrxicos comezan ás 10h e pola tarde ás 18:40h (Rosario, Novena e Misa). O día 22 hai tres misas pola mañá ás 9, 10 e 11h (esta última, Misa Solemne) e pola tarde co horario habitual. Predica Mons. Indalecio Gñomez Entre os días 15 e 24 de maio, na parroquia de San Francisco Xavier (Lugo) celébrase a novena de María Auxiliadora. Cada día, haberá unha Eucaristía que se ofrecerá por cada un dos grupos da familia salesiana. Premiados no concurso Que agochas no Corpiño? O premio ao mellor contado: Eu agocho un sentimento, unha ilusión e unha esperanza, que unida á miña fe, dáme alivio para a miña alma. Síntome aliviada e feliz cando me estou achegando ó Santuario. Eu agocho a imaxe do meu pai que foi quen me trouxo por primeira vez; esta emoción encóntroa só aquí, a carón da Virxe do Corpiño. Eu agocho un sentimento, unha ilusión e unha esperanza, que unida á miña fe, dáme alivio para a miña alma. Isabel Ver os outros textos premiados: Anduriña (o máis emotivo dos romeiros) e Familia numerosa (o máis emotivo dos veciños).

Premiados no III Concurso de fotografía sobre Eucaristía e patrimonio relixioso O 18 de maio, o xurado do III Concurso de Fotografía Eucaristía e Patrimonio Relixiosos en Lugo acordaron por unanimidade conceder os seguintes premios: Este concurso, está organizado dentro dos actos do V Encontro Eucarístico Lucense que comezará o vindeiro xoves, día 26 de maio e que pretende resaltar o valor da Eucaristía en Lugo, a cidade do Sacramento. 1. Apartado Patrimonio Relixioso - Primeiro premio, dotado con setecentos cincuenta euros e trofeo, á fotografía Puerta de herrería de Óscar Abelleira Ferreirós. - Segundo premio e trofeo dotado con catrocentos euros á fotografía Coro de Peperei. 2. Apartado Eucaristía en Lugo. - Primeiro premio, dotado con setecentos cincuenta euros e trofeo, á fotografía A luz de Cristo de Ana Criado Sánchez. - Segundo premio, dotado con catrocentos euros e trofeo, á fotografía Eucaristía en branco e negro de Alejandro Buján Lorenzo. Os premios entregaranse o día 28 de maio ás 12.30 h no salón de actos do Seminario diocesano de Lugo. As fotografías premiadas, así como unha selección de todas as recibidas, expoñeranse durante un mes neste centro. Este concurso convocado polo Centro Eucarístico Lucense pretende ser unha invitación aos artistas, profesionais ou afeccionados á fotografía, a fixarse no rico patrimonio cristián e eucarístico da nosa terra. Os organizadores agradecen a gran acolleita prestada a esta iniciativa.

Fotos da semana Xubileo de asociacións, movementos e confrarías (15 de maio) Xubileo de parroquias do Val de Lemos (17 de maio)