VARIACIÓN MENSUAL DO PARO REXISTRADO EN GALICIA. AGOSTO

Documentos relacionados
Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Homes Mulleres. Menores de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia O emprego en 2015: pouco, precario e sen dereitos Setembro de 2015

Elabora: Instituto Galego das Cualificacións Edita: Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Dirección Xeral de Emprego e Formación

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia Dous anos de reforma laboral: menos emprego, máis paro, máis pobreza Xuño de 2014

Estudo do mercado laboral. Galicia 2011

Estudo do mercado laboral Galicia 2015

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia As políticas de austeridade e a reforma laboral provocan un intolerable retroceso na igualdade Marzo de 2014

INFORME MULLER E MERCADO LABORAL EN GALIZA Natividade López Gromaz Gabinete Confederal de Economía

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

Informe da da situación. mocidade. no mercado de traballo galego

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

A poboación mundial 1. Cifras e distribución 2. Movemento natural 3. Contrastes demográficos 4. As migracións Carlos Díaz Diéguez - IES As Mariñas

Potencias e radicais

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

EDITA: Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Dirección Xeral de Formación e Colocación Instituto Galego das Cualificacións

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Indicadores sobre Banda Larga. Enquisa ás empresas sobre a Sociedade da Información en Galicia Ano 2012 Edición 2012

Informe VIH-sida en Galicia 2016

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

Informe VIH-sida en Galicia 2015

Edita: Xunta de Galicia Consellería de Traballo Dirección Xeral de Formación e Colocación Instituto Galego das Cualificacións

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

Informe VIH-sida e outras ITS en Galicia 2017

Consellería de Traballo e Benestar

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

ANÁLISE DA SINISTRALIDADE LABORAL POR ACCIDENTES DE TRÁFICO ANOS

A REPRESENTACIÓN DOS TRABALLADORES MENORES DE 30 ANOS NAS OCUPACIÓNS DO MERCADO LABORAL GALEGO

Plan Galego de Política Familiar

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

EDITA: Xunta de Galicia Consellería de Traballo Dirección Xeral de Formación e Colocación Instituto Galego das Cualificacións

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

Estatística de familias numerosas 2015 Operación estatística n.º

Xunta de Galicia. Inserción laboral da formación para o emprego EDITA: Esta obra distribúese cunha licenza CC-Atribución.CompartirIgual 4.

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Que é a... Responsabilidade Civil Xeral?

O Software Libre naspequenase Medianas Empresas de Galicia

CIRCULAR (modificada a 20/04/2016)

FICHA TÉCNICA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

As claves da. factura eléctrica

Que é unha rede de ordendores?

Esta actividade foi realizada cunha axuda económica de:

VII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes

ANÁLISE DAS CAUSAS DOS ACCIDENTES LABORAIS GRAVES E MORTAIS 2011

ANÁLISE DA SINISTRALIDADE LABORAL POR ACCIDENTES DE TRÁFICO ANO 2010

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

DOCUMENTACIÓN DUNHA EXPLOTACIÓN GANDEIRA MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE

PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL (con)trato feito!

Probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Estado da Sociedade da Información en Galicia Resumo executivo

Diagnóstico sobre a Sociedade da Información nas empresas de Galicia. Edición 2016

Segundo.- Derrogar a Resolución Reitoral da UDC do 8/09/2016. ANEXO I

SEA. Seguridade e medio ambiente

05 Movémonos mellor?

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Páxina 1 de 12

INFORME DA TUBERCULOSE EN GALICIA Características dos casos de tuberculose de Galicia no ano Evolución do período

Tema 13.- A poboación mundial.

ENQUISA SOBRE A POBOACIÓN OCUPADA NOS SECTORES DA PESCA E DA ACUICULTURA MARIÑA EN GALICIA OCUPESCA 2015 CONSELLERÍA DO MAR

Gaita de Foles. 1 de 10 / Gaita de Foles e Palheta / D. Morais / Abril de /

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

Os Números Reais. 1. Introdución. 2. Números racionais. Número irracionais

Convocatoria ordinaria de 2014

1.- Organización da Escola de Primavera:

O SOFTWARE LIBRE NAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS DE GALIZA

GUÍA TÉCNICA PARA A AVALIACIÓN E PREVENCIÓN DOS RISCOS NO TRABALLO A BORDO DOS BUQUES DE PESCA ESTADO ACTUAL DA IMPLANTACIÓN DA NORMATIVA

Unha viaxe á lúa.

Orzamentos da Xunta de Galiza

DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx

CENTRO DE FARMACOVIXILANCIA DE GALICIA. Boletín de. farmacovixilancia REACCIÓNS ADVERSAS A MEDICAMENTOS EN PACIENTES XERIÁTRICOS

COPA DE GALICIA DE CLUBES DE PISTA CUBERTA Pazo de deportes de Riazor, A Coruña, 7 de xaneiro 2017

ESTUDO SOBRE O SECTOR DO ENVASADO E DISTRIBUCION DO LEITE EN GALICIA DENDE O PUNTO DE VISTA DA COMPETENCIA

INFORME DA TUBERCULOSE EN GALICIA Características dos casos de tuberculose de Galicia no ano Evolución do período

(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO: de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA

A Economía Galega Informe Resumo Executivo

PROCEDEMENTO DE CONEXIÓN A SERVIDORES E EQUIPOS DA REDE DE DATOS INTERNA DA UDC

4.3 PREFERENCIAS DAS EMPRESAS SOBRE OS DISTINTOS TIPOS DE POSGRAOS 4.5 NECESIDADES DE COÑECEMENTOS POR PARTE DAS EMPRESAS

perspectiva de xénero

DOCUMENTOS A PROBLEMÁTICA DA VIVENDA EN GALICIA

Educación Financeira. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria.

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

Coñecendo o cooperativismo na gandería

cooperativas de galicia cooperativas de galicia Informe de síntese 2010

Plan de Sistemas TIC na Administración de Xustiza en Galicia

GRAO EN ENXEÑARÍA AGRÍCOLA E AGROALIMENTARIA Informe de satisfacción de prácticas. Curso Contenido

Tema 1: A MEDIDA. Na Física e na Química, como ciencias experimentais que son, estamos constantemente medindo diferentes magnitudes.

Nome e apelidos:... materiais sólidos (ou no interior fundidos a altas temperaturas)

CONSELLERIA DE TRABALLO

Transcrição:

1

PARO REXISTRADO Evolución do paro rexistrado No mes de agosto constaban 193.045 persoas desempregadas nas oficinas do servizo público de emprego (SEPE), das cales 107.431 eran mulleres (o 56 % do paro rexistrado) e 85.614 homes. Dese total, 24.366 persoas tiñan menos de 30 anos e supuñan ao redor 12,6 % do paro rexistrado. Na nosa comunidade nese mes, na liña dos últimos catro anos, baixaron as inscricións nas oficinas do Servizo Público de Emprego (SEPE): 2.412 persoas menos en paro ca no mes anterior, que equivalen a unha redución do 1,23 %, porcentaxe similar á de anos anteriores. Pola contra, o paro rexistrado en España subiu un 0,39 % (14.435 persoas máis). VARIACIÓN MENSUAL DO PARO REXISTRADO EN GALICIA. AGOSTO 2012-2016 Ano Agosto Xullo Variación relativa 2012 257.267 260.198 1,13 % 2013 257.524 261.102 1,37 % 2014 236.939 240.279 1,39 % 2015 213.732 216.371 1,22 % 2016 193.045 195.457 1,23 % A baixada do paro rexistrado desde agosto de 2015 é de 20.687 persoas ( 9,68 %) ata quedar a cifra de desemprego en 193.045 persoas. Na comparación anual (ver a gráfica seguinte), o paro rexistrado sobre seguido en Galicia ata o ano 2013, cando se alcanza a cifra máis elevada con 257.524 parados e paradas. Desde aquela, mudou a tendencia pero aínda segue habendo 40.608 persoas máis en paro ca hai oito anos (+26,64 %). Evolución paro rexistrado. Agosto 2008-2016 300.000 250.000 200.000 195.241 211.532 224.582 257.267 257.524 236.939 213.732 193.045 150.000 152.437 100.000 50.000 0 2008/Agosto 2009/Agosto 2010/Agosto 2011/Agosto 2012/Agosto 2013/Agosto 2014/Agosto 2015/Agosto 2016/Agosto 3

Na seguinte táboa desagrégase o paro rexistrado no mes de agosto de 2016 por sexos, idade, sector económico e tempo de busca de emprego. Faise unha comparación, en cifras absolutas e relativas, co mes de xullo de 2016 e co de agosto de 2015. PARO REXISTRADO POR SEXO, IDADE, SECTOR ECONÓMICO E TEMPO DE BUSCA DE EMPREGO Datos absolutos mes actual Variacións Mes anterior Interanual Absoluta Relativa Absoluta Relativa Sexo Homes 85.614 2.129 2,43 % 11.137 11,51 % Mulleres 107.431 283 0,26 % 9.550 8,16 % Ambos os sexos 193.045 2.412 1,23 % 20.687 9,68 % Idade Menores de 30 anos 24.366 164 0,68 % 4.177 14,63 % De 30 a 44 anos 68.531 1.225 1,76 % 10.373 13,15 % Maiores de 44 anos 100.148 1.351 1,33 % 6.137 5,77 % Sectores Agricultura 6.822 212 3,01 % 463 6,36 % Industria 23.354 237 1,00 % 3.953 14,48 % Construción 21.733 838 3,71 % 4.737 17,90 % Servizos 124.324 1.043 0,83 % 9.747 7,27 % Sen emprego anterior 16.812 82 0,49 % 1.787 9,61 % Tempo busca emprego Menos de 6 meses 65.915 1.006 1,55 % 4.669 6,61 % De 6 a 12 meses 30.816 1.978 6,03 % 3.143 9,26 % De 12 a 24 meses 29.349 571 1,91 % 4.322 12,84 % Máis de 24 meses 66.965 869 1,28 % 8.553 11,33 % O máis destacable do cadro anterior é que o descenso do paro rexistrado é máis intenso nos homes ca nas mulleres, tanto na comparación mensual (2.129 parados menos fronte a 283 paradas menos) coma na anual ( 11.137 parados fronte a 9.550 paradas). E, por grandes grupos de idade, que no mes de agosto subiu o paro entre as persoas menores de 30 anos (164 máis). Por sectores de actividade, o paro rexistrado en Galicia baixa en todos eles tanto na comparación mensual coma na anual e, en proporción, o maior descenso rexístrao a construción. Canto aos servizos, hai que destacar que este mes baixou o desemprego (un 43 % de persoas que xa non constan como paradas estaban encadradas nese sector), mentres que na media do estado subiu. Polo tempo de busca de emprego, o paro rexistrado no último mes subiu entre as persoas que levan menos de seis meses na procura dun posto de traballo (1.006 máis en paro ca en xullo, que equivalen a un incremento do 1,55 %). Pola contra, baixou nos restantes tramos analizados. 4

Variación mensual do paro polo tempo de busca de emprego 1.500 1.000 1.006 500 0-500 -1.000-1.500-571 -869-2.000-2.500-1.978 Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses Por rama de actividade, en comparación co mes de xullo, os maiores descensos do paro rexistrado danse nas seguintes actividades: industria extractiva ( 4,90 %); administración pública e defensa; seguranza social obrigatoria ( 4,76 %); construción ( 3,71 %); agricultura, gandería, silvicultura e pesca ( 3,01 %) e actividades administrativas e servizos auxiliares ( 2,00 %). Pola contra, o paro rexistrado sobe nas seguintes ramas: actividades de organizacións e organismos extraterritorias (+18,37 %); educación (+4,37 %); actividades artísticas, recreativas e de entretemento (+4,16 %); fornecemento de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado (+2,97 %); información e comunicacións (+1,21 %); actividades sanitarias e de servizos sociais (+0,63 %) e na de actividades profesionais, científicas e técnicas (+0,39 %). No último mes, o desemprego baixa nas catro provincias galegas: 478 persoas paradas menos en Lugo ( 2,54 %), 459 menos en Ourense ( 2,09 %), 937 na Coruña ( 1,22 %) e 538 en Pontevedra ( 0,69 %). Ata aquí analízase a cifra de paro rexistrado pero, en realidade, o número de persoas que demandaban un emprego elevábase ata as 253.365 o pasado mes de agosto, das cales 193.045 se consideraban paradas, 28.443 ocupadas e 31.877 estaban noutras situacións de non dispoñibilidade que as exclúen do paro rexistrado. Perfil das persoas desempregadas Entre as persoas que constan como paradas nas oficinas do SEPE predomina o sexo feminino, que o pasado mes de agosto representaba o 56 % do paro rexistrado. Na distribución por grupos quinquenais de idade, elas son maioría en todos os tramos de idade, agás no de menores de 20 anos, no que ocorre o contrario. En concreto, o tramo con máis paro feminino é o de 40 a 44 anos (14.867 paradas, o 13,8 % de desempregadas) e neles é o de 55 a 59 anos (13.648 parados, o 15,9 % dos desempregados). 5

PARO REXISTRADO POR SEXO E GRUPOS QUINQUENAIS DE IDADE. AGOSTO DE 2016 Grupos de idade Total Homes Mulleres De 16 a 19 anos 1.726 1.039 687 De 20 a 24 anos 7.215 3.567 3.648 De 25 a 29 anos 15.425 6.745 8.680 De 30 a 34 anos 19.027 7.756 11.271 De 35 a 39 anos 24.297 9.561 14.736 De 40 a 44 anos 25.207 10.340 14.867 De 45 a 49 anos 25.882 11.448 14.434 De 50 a 54 anos 25.290 11.832 13.458 De 55 a 59 anos 27.795 13.648 14.147 De 60 a 64 anos 21.181 9.678 11.503 Total 193.045 85.614 107.431 A maioría das persoas paradas inscritas nas oficinas do SEPE proceden do sector dos servizos, eran o 64,4 % o pasado mes de agosto. A distribución do paro rexistrado por sexo e sector é bastante dispar. O peso do paro feminino é maior ca o do masculino nos servizos (o sector rexistra o 74,8 % das desempregadas e o 51,3 % nos homes) e no colectivo sen emprego anterior (o 10,5 % das desempregadas fronte ao 6,4 % dos desempregados). Nos restantes sectores, eles teñen máis peso no desemprego: o 13,9 % están na industria fronte ao 10,6 % das mulleres, o 22,7 % están na construción fronte ao 2,2 % das mulleres e o restante 5,7 % está encadrado na agricultura e na pesca fronte ao 1,8 % das mulleres. Por rama de actividade e sexo, o maior número de paradas pertence ao comercio (17.795, o 16,6 % do total de desempregadas) e o de homes á construción (19.412, o 22,7 % do total de desempregados). En consecuencia, por grupo de ocupación principal, o maior número de mulleres en paro encádrase nos servizos de restauración e comercio (27.508 mulleres que equivalen ao 25,6 % do total de paradas), mentres o grupo de ocupación con máis homes en paro é o de traballadores cualificados na construción, agás operadores de máquinas (16.530 parados, o 19,3 % do total). Canto á formación académica das persoas en paro, o groso do paro concéntrase nos niveis máis baixos de formación. En agosto de 2016 había 81.159 persoas en paro que tiñan certificado de escolaridade (o 42,0 %) e outras 47.745 con titulación de ensino obrigatorio (o 24,7 %). No seguinte gráfico desagrégase o paro rexistrado por nivel de formación (non se reflicte o paro rexistrado de «outras titulacións», pero nesa categoría están encadradas 112 persoas). 6

Paro rexistrado por nivel de formación. Agosto 2016. 90.100 80.100 81.159 70.100 60.100 50.100 47.745 40.100 30.100 20.100 26.760 15.197 22.072 10.100 100 Ata certificado de escolaridade Titulación ensinanza obrigatoria Formación profesional B.U:P/Bacharelato superior/c.o.u Titulación superior Polo tempo de duración de demanda, o maior número de parados/as encádrase no paro de moi longa duración: 66.965 persoas, o 34,7 % do paro rexistrado. Paro rexistrado por tempo de busca de emprego. Agosto 2016. 80.000 70.000 60.000 65.915 66.965 50.000 40.000 30.000 30.816 29.349 20.000 10.000 0 Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses No seguinte cadro aparecen os colectivos que soportan o maior volume de desemprego no mes de agosto de 2016 e no mesmo período do ano anterior. COLECTIVOS CO MAIOR VOLUME DE DESEMPREGO Paro rexistrado Agosto 2016 Agosto 2015 Sexo Muller: 55,7 % Muller: 54,7 % Grupo de idade Entre 55 e 59 anos: 14,4 % Entre 55 e 59 anos: 13,7 % Sector económico Servizos: 64,4 % Servizos: 62,7 % Actividade económica Comercio: 14,3 % Comercio: 14,5 % Grupo de ocupación Restauración e comercio: 17,4 % Restauración e comercio:17,1 % Estudos rematados Ata certificado escolaridade: 42,0 % Ata certificado escolaridade: 41,8 % Duración da demanda Menos de seis meses: 34,7 % Máis de dous anos: 35,3 % 7

AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL No mes de agosto de 2008 había 1.091.537 persoas afiliadas á seguridade social; oito anos máis tarde, só hai 979.105. Perdéronse, polo tanto, nese período, 112.432 afiliacións ( 10,3 %). Como se ve na seguinte gráfica, tomando como referencia os meses de agosto desde o ano 2008 ata o 2016, a afiliación á seguridade social en Galicia baixou seguido ata o ano 2013, cando se alcanzou a cifra máis baixa con 931.091. Desde aquela, mudou a tendencia e en agosto de 2016 sobe a ocupación por terceiro ano consecutivo ata quedar en 979.105. Afiliación media á seguridade social. Agosto 2008-2016 1.150.000 1.100.000 1.091.537 1.050.000 1.046.991 1.029.214 1.000.000 950.000 1.001.568 959.653 931.091 941.638 963.196 979.105 900.000 850.000 2008/Agosto 2009/Agosto 2010/Agosto 2011/Agosto 2012/Agosto 2013/Agosto 2014/Agosto 2015/Agosto 2016/Agosto En termos anuais, a afiliación á seguridade social avanza máis devagar na nosa comunidade ca na media estatal. Segundo o último dato dispoñible, a ocupación en Galicia medrou un 1,65 %, mentres que na media estatal subiu ata o 3,02 %. Galicia España Afiliacións Variación anual Afiliacións Variación anual Período Agosto 2013 931.091 16.327.687 Agosto 2014 941.638 1,13 % 16.649.521 1,97 % Agosto 2015 963.196 2,29 % 17.180.899 3,19 % Agosto 2016 979.105 1,65 % 17.699.995 3,02 % Doutra banda, é manifesta a desproporción entre a recuperación da ocupación e o descenso do desemprego. De feito (ver o seguinte cadro), o paro rexistrado baixa máis do que se incrementa a afiliación á seguridade social (en concreto, desde agosto de 2013 hai 64.479 persoas menos en paro fronte a 48.014 afiliacións máis); entre as causas desa diferenza están a emigración e a retirada do mercado laboral das persoas desanimadas pola falta de oportunidades. 8

Paro rexistrado Afiliación media á seguridade social Parados/as Variación anual Afiliacións Variación anual Período Agosto 2012 257.267 959.653 Agosto 2013 257.524 0,10 % 931.091 2,98 % Agosto 2014 236.939 7,99 % 941.638 1,13 % Agosto 2015 213.732 9,79 % 963.196 2,29 % Agosto 2016 193.045 9,68 % 979.105 1,65 % Na seguinte táboa recóllese a afiliación media á seguridade social no mes de agosto de 2016, desagregada por réximes. Ademais, compárase coas cifras de xullo de 2016 e coas de agosto de 2015. AFILIACIÓN MEDIA Á SEGURIDADE SOCIAL POR RÉXIMES Datos Variacións absolutos Mes anterior Interanual mes actual Absoluta Relativa Absoluta Relativa Réximes Xeral (agás agrario e fogar) 707.728 5.245 0,75 % 16.479 2,38 % Agrario 5.163 80 1,53 % 358 7,45 % Fogar 27.393 119 0,43 % 4 0,01 % Autónomos 217.242 79 0,04 % 1.202 0,55 % Mar 21.580 165 0,77 % 280 1,31 % Total 979.105 5.132 0,53 % 15.909 1,65 % No mes de agosto había 979.105 persoas afiliadas á seguridade social en Galicia. Son 5.132 máis ca en xullo (+0,53 %) e 15.909 máis ca en agosto de 2015 (+1,65 %). Este mes avanzou a afiliación en Galicia e na media estatal retrocedeu un 0,81 % pero, en termos anuais, como xa se dixo, a creación de emprego segue sendo máis lenta na nosa comunidade ca na media estatal (+1,65 % e +3,02 %, respectivamente). O incremento da afiliación non chegou a todos os réximes. Este mes pérdese afiliación no réxime agrario (80 menos), no do fogar (119 menos) e no de autónomos (79 menos) e, na comparación anual, hai 1.202 afiliacións menos no réxime de autónomos e 4 menos no do fogar. 9 CONTRATOS REXISTRADOS No mes de agosto rexistráronse 87.509 contratos, pero só houbo 5.132 afiliacións máis á seguridade social ca no mes de xullo. Isto dá idea da excesiva rotación no mercado laboral. É dicir, rexistráronse 17 contratos por cada nova afiliación. Un trazo definitorio da contratación é a elevada temporalidade. O 94,32 % dos contratos rexistrados no mes de agosto foron eventuais. Na distribución por grupos de idade,

a proporción máis elevada de contratos temporais sobre o total dáse nas persoas menores de 25 anos: 96,32 %. CONTRATOS TEMPORAIS SOBRE O TOTAL POR GRUPOS DE IDADE. AGOSTO 2016 Modalidade <25 anos De 25 a 44 anos >= 45 anos Total Indefinido 543 3.157 1.269 4.969 Temporal 14.206 49.122 19.212 82.540 Total 14.749 52.279 20.481 87.509 (Temporal/Total)*100 96,32 % 93,96 % 93,80 % 94,32 % No mes de agosto, o 54,39 % dos contratos rexistrados foron para homes. En proporción, eles tiveron algo máis de peso na contratación temporal: o 94,39 % nos homes fronte ao 94,24 % nas mulleres. CONTRATOS TEMPORAIS SOBRE O TOTAL POR SEXO. AGOSTO 2016 Modalidade Homes Mulleres Total Indefinido 2.669 2.300 4.969 Temporal 44.923 37.617 82.540 Total 47.592 39.917 87.509 (Temporal/Total)*100 94,39 % 94,24 % 94,32 % A distribución dos contratos rexistrados por sectores é a seguinte: 68.696 nos servizos (78,50 % do total de contratos), 12.296 na industria (14,05 % do total), 4.374 na construción (o 5,00 % do total) e 2.143 na agricultura (2,45 % do total). A proporción máis elevada de contratos temporais sobre o total dáse na industria: o 95,62 % dos rexistrados no sector. A seguir, están os servizos (cun 94,74 % de contratos temporais), a construción (co 89,46 %) e a agricultura (83,71 %). CONTRATOS TEMPORAIS SOBRE O TOTAL POR SECTORES. AGOSTO 2016 Modalidade Agricultura Industria Construción Servizos Indefinido 349 538 461 3.621 Temporal 1.794 11.758 3.913 65.075 Total 2.143 12.296 4.374 68.696 (Temporal/Total)*100 83,71 % 95,62 % 89,46 % 94,73 % Na seguinte táboa aparecen os contratos rexistrados no mes de agosto de 2016 por modalidades. Ademais, compáranse coas cifras de xullo de 2016 e coas de agosto de 2015. Modalidade CONTRATOS FORMALIZADOS NO MES DE AGOSTO 2016 Datos Variacións absolutos Mes anterior Interanual mes actual Absoluta Relativa Absoluta Relativa Indefinido 4.969 1.011 16,91 % 1.087 28,00 % Temporal 82.540 10.967 11,73 % 10.458 14,51 % Total 87.509 11.978 12,04 % 11.545 15,20 % 10

Como se ve na táboa anterior, en agosto rexistráronse 11.978 contratos menos ca no mes anterior e, en proporción, a maior caída dáse na contratación indefinida: 1.011 contratos indefinidos menos ( 16,91 %) fronte a 10.967 temporais menos ( 11,73 %%). Na comparación anual, son 1.087 contratos indefinidos máis (+28,00 %) fronte a 10.458 temporais máis (+14,51 %). Os datos de contratación acumulados nos oito primeiros meses de 2015 e 2016 segundo o tipo de contrato, o sexo e a xornada aparecen no seguinte cadro. CONTRATOS ACUMULADOS ATA AGOSTO. 2015 E 2016 Contratos acumulados Ata agosto de 2016 Ata agosto de 2015 Tipo de contrato Indefinido (bonificado/non bonificado) 27.606 26.621 Indefinido persoas con discapacidade 395 344 Convertidos en indefinidos 18.442 15.876 Contratos indefinidos 46.443 42.841 Obra ou servizo 202.867 199.021 Eventual circunstancias da produción 285.975 248.812 Interinidade 62.089 59.227 Temporal persoas con discapacidade 870 741 Remuda 477 489 Xubilación parcial 973 911 Substitución xubilación 64 anos 14 9 Prácticas 4.257 3.351 Formación 1.299 7.587 Outros contratos 11.199 12.585 Contratos temporais 570.020 532.733 Total contratos 616.463 575.574 Sexo Homes 325.646 308.948 Mulleres 290.817 266.626 Por tipo de xornada Completa 386.436 361.105 Parcial 224.583 203.557 Fixos descontinuos 3.158 2.405 Segundo os datos do cadro, nos oito primeiros meses de 2016 rexistráronse 616.463 contratos, son 40.889 máis ca no mesmo período do ano anterior (+7,10 %). En proporción, avanzou máis a contratación indefinida que a temporal: 8,41 % fronte ao 7,00 %. Con todo, a porcentaxe de contratos temporais sobre o total apenas baixou no período analizado: o 92,47 % dos contratos rexistrados nos oito primeiros meses de 2016 eran temporais e no mesmo período do ano anterior esa porcentaxe estaba no 92,56 %. Canto ao tipo de xornada, e cos datos que podemos extraer da desagregación da contratación por tipo de xornada dispoñible na páxina do SEPE, máis do 36 % dos contratos que se rexistraron o pasado mes de agosto foron a xornada parcial. En proporción, 11

no período analizado, medrou máis a contratación a tempo parcial que a de xornada completa (10,33 % fronte ao 7,01 %). Por sexos, o 52,82 % dos contratos concertados ata agosto de 2016 son para homes (a porcentaxe estaba no mesmo período de 2015 no 53,68 %). Daquela, en comparación cos oito primeiros meses de 2015, o maior incremento da contratación dáse nas mulleres: 24.191 contratos máis para mulleres (+9,07 %) e 16.698 para homes (+5,40 %). Ata aquí utilizamos a estatística de contratos rexistrados do SEPE; agora, como información complementaria para coñecer a duración dos contratos temporais, tómanse como referencia os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística sobre contratación, pero considerando a residencia do traballador/a, independentemente de que o contrato se rexistre dentro da nosa comunidade autónoma ou fóra dela. CONTRATOS INICIAIS TEMPORAIS. AGOSTO DE 2015 E DE 2016 Contratos iniciais Agosto de 2016 Agosto de 2015 Menos de 1 semana 30.622 26.582 De 1 semana a 1 mes 12.164 10.346 De 1 a 6 meses 13.432 10.965 De 6 meses a 1 ano 1.046 1.385 Máis de 1 ano 195 168 Indeterminado 26.421 23.561 Total contratos temporais 83.880 73.007 Como pode verse no cadro anterior, o 36,5 % dos contratos iniciais temporais rexistrados o pasado mes de agosto tiñan unha duración inferior á semana (30.622 dun total de 83.880 temporais), porcentaxe que sobe ata o 53,3 % se o cálculo se fai sobre os contratos temporais de duración determinada. En comparación co mes de agosto de 2015, os contratos cuxa duración non chega a sete días incrementáronse un 15,2 %. No sentido oposto, os contratos cunha duración determinada de seis meses ou máis só supoñían un 1,48 % do total dos iniciais temporais (fronte ao 2,13 % en agosto de 2015). Contrato de emprendedores O contrato de traballo por tempo indefinido de apoio a emprendedores (artigo 4 da Lei 3/2012) destaca, entre outras, polas seguintes características: poderanse realizar ata que a taxa de desemprego se sitúe por debaixo do 15 %; é para empresas que teñan menos de 50 traballadores/as; concertarase por tempo indefinido e a xornada completa ou parcial e ten un período de proba dun ano. No mes de agosto rexistráronse 495 contratos de emprendedores, son 88 menos ca no mes anterior ( 15,1 %) e 140 máis ca no mes de agosto de 2015 (+39,4 %). 12

Contratos de emprendedores 700 600 500 400 300 200 100 0 392 387 Xaneiro 2015 Febreiro 2015 442 464 475 497 521 355 471 473 501 Dos 495 contratos deste tipo que se rexistraron no mes de agosto, 268 son para homes (o 54 % do total) e 227 para mulleres. Por grupos de idade, 161 contratos foron para menores de 30 anos (o 33 % do total), 300 para persoas de entre 30 e 54 anos (o 61 % do total) e os restantes 34 contratos, para persoas con 55 ou máis anos (o 7 % do total de contratos). 358 407 Marzo 2015 Abril 2015 Maio 2015 Xuño 2015 Xullo 2015 Agosto 2015 Setembro 2015 Outubro 2015 Novembro 2015 Decembro 2015 Xaneiro 2016 Febreiro 2016 505 577 566 551 639 583 495 Marzo 2016 Abril 2016 Maio 2016 Xuño 2016 Xullo 2016 Agsoto 2016 CONCLUSIÓNS Segundo os rexistros das oficinas do servizo público de emprego (SEPE), o pasado mes de agosto había na nosa comunidade 253.365 persoas que demandaban un emprego, das cales 193.045 eran consideradas paradas. Un dato moi preocupante é que o 35 % das persoas paradas levaban dous ou máis anos na procura dun posto de traballo. O paro rexistrado no mes de agosto subiu un 0,39 % en España, mentres que en Galicia baixou un 1,23 % (2.412 persoas paradas menos ca no mes de xullo). A evolución foi dispar, pero o descenso en Galicia tampouco é algo excepcional porque segue a liña dos últimos catro anos e, polo tanto, era previsible. En termos anuais, o paro rexistrando baixa no mes de agosto por terceiro ano consecutivo pero aínda segue habendo 40.608 persoas máis en paro en Galicia ca hai oito anos (+26,64 %). A afiliación á seguridade social aumentou en Galicia tanto na comparación mensual (5.132 afiliación máis ca no mes de xullo) coma na anual (15.909 afiliacións máis ca no mes de agosto de 2015) ata quedar a cifra de ocupación nas 979.105 persoas. A recuperación da ocupación vai moi devagar porque en Galicia estamos por debaixo do millón de afiliacións fronte ás 1.001.568 persoas afiliadas que había no mes de agosto de 2011 e lonxe das 1.091.537 que había hai oito anos. 13

No mes de agosto rexistráronse 87.509 contratos pero só houbo 5.132 afiliacións máis á seguridade social ca no mes de xullo, o que dá idea da excesiva rotación no mercado laboral. Excesiva rotación e unha contratación marcada pola precariedade: do total de contratos rexistrados nos oito primeiros meses do ano (616.463), o 92,47 % eran de carácter eventual e aproximadamente o 36 % eran a xornada parcial. 14

15