rodeira 5. QUÉROTE MOITO

Documentos relacionados
clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

Double-click to enter title

Unha viaxe á lúa.

TEXTO COMPLETO: para ter en conta o sacerdote

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

POSIBLES IDEAS PARA UNHA HOMILÍA CON NENOS 12 novembro Non deixes que a Súa chamada sexa perdida, ten á man o CARGADOR da ORACIÓN.

Deus Pai en min e eu en vós. Póñome nas túas

AS FRASES FEITAS NO REXISTRO COLOQUIAL

Eucaristía, punto de encontro cos irmáns e con Deus.

Libro 2: SAUDAR E DESPEDIRSE. Libro 4: PEDIR E CONCEDER FAVORES. Libro 5: PRESENTARSE E CONVERSAR. Libro 6: COLABORAR E COMPARTIR

Volver empezar. Nesta unidade imos inventar a biografía do candidato ideal para un posto de traballo. Para iso, imos repasar e aprender:

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

MISA CON NENOS 27 maio de Ordinario 9º Ciclo B Ev. de Mt. 8,16-29: Eu estarei convosco todos os días Mensaxe: Déixate acompañar por el

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Celebración do perdón. Grazas, Señor. Un corazón necesitado de acollida. Saúdo

SBN: O TEMPO NO XORNAL

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Club. Podes informarte de todo o que acontece na familia Bolechas no noso teléfono

PROBA B (ORAL) Modelo: C4O/2008-2/B

OS MELLORES REIS. Mari Luz (As Somozas)

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º

Decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles en Nadal

A 180 completo: O testemuño persoal de Andy Esche, Fundador da MissingPets.com

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda

Proceso de facturación.

O envase churrusqueiro

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

MISA CON NENOS 8 de abril del 2018 Domingo de Pascua-2º B. Evanxeo de Xoán 20,19-31: Tomé viu e creu; meu Señor e meu Deus.

05 Movémonos mellor?

Nesta unidade imos imaxinar como seremos dentro duns anos. Para iso, imos aprender:

Nesta unidade imos deseñar e presentar unha campaña publicitaria. Para iso, imos aprender:

Potencias e radicais

NAVEGA CON RUMBO.

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

Descubriremos a confianza en Deus, que ama e coida de todos os seus fillos. Os cristiáns. confían. relaciónanse DEUS. ama e coida. oración.

Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra.

3º ESO - MÚSICA - EXERCICIOS SETEMBRO

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

Ola, eu son Xurxo, e ti? 3. Na casa dos avós 4. 0s ranchiños novos 5. A comer! 6. Como falan! 7. Canta bicharía! 8. Que modernos! 9.

DE RAMON PIÑEIRO. Caricatura de Ramón Piñeiro, realizada por Xabier Domínguez. Anagrama da Editorial Galaxia, BIOGRAFÍA RAMÓN PIÑEIRO

I.E.S. CADERNO Nº 1 NOME:

A Coresma: camiño cara á Pascua. Oración SUMARIO

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

MISA CON NENOS 14 de xaneiro de ORDINARIO 2º-B Evanxeo de Xoán 1,35-42: Viron onde vivía e quedaron con el.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

Cantiga de amigo. Dime ti, bosque sen perigo, viches o meu amigo? Oxalá pronto estea comigo.

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

TÉCNICAS DE ESTUDO LUGAR DE ESTUDO. Sempre o mesmo. Silencioso (nin radio, tv, etc). A mesa ordenada. Con boa iluminación. Con temperatura agradable.

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... OS NÚMEROS DECIMAIS ORDES DE UNIDADES DECIMAIS. CENMILÉSIMA 8 1 cm = MILLONÉSIMA 8 1 mm = OPERACIÓNS

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

GUIÓN A PAZ Nós hoxe imos desenvolver algunhas actividades, pero a paz é moito máis que un fermoso conto, de pombas e globos...

Unidade 1. Eu son Manuel María 3. Unidade 2. O contexto histórico 7. Unidade 3. A súa infancia 11. Unidade 4. A inmensidade da súa obra 16

O NADAL SEMPRE ACTUAL. Xosé Antón Miguélez

Língua Portuguesa na Galiza

Unidade Didáctica 3: Contamos a nosa historia

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

MISA CON NENOS 4-febreiro ºORDINARIO. Formato folleto

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

MISA CON NENOS 8 de outubro ORDINARIO 27º-A

ESCÓITAO!. Descarga a súa Palabra no teu corazón.

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

GATIÑAS E GATIÑOS. Club

e diferente ter un bo a camiñar.

AMA a DIOS sobre todas las COSAS.

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

Unha. de libro. investigación DE DOCE A DEZAOITO ANOS. Como facer un traballo orixinal, ben documentado e respectuoso cos dereitos de autor

ÍNDICE 1. XUSTIFICACIÓN 2. OBXECTIVOS 3. NECESIDADES DETECTADAS 4. ORGANIACIÓN DE: ESPAZOS TEMPOS MATERIAIS ACTIVIDADES 5. FUNCIONAMENTO 6.

deaula I - Nº 1 Outubro 2012

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

NEGREIRA OUT º CICLO MONÓLOGOS. venres. venres. venres. venres. Lois Pérez

Matemática Financeira

TEORÍA SINTÁCTICA 4º ESO

ÍNDICE. 3.1 Redución das cantidades almacenadas 3.2 Separación dos produtos químicos en función da súa incompatibilidade

Tantas cousas NON COMPARTIDAS Impediranme VERTE

textos de traballo e/ou apoio.

MISA CON NENOS 24 de decembro º ADVENTOº-B Evanxeo de LUCAS 1, 26-38: Alédate, chea de graza, o Señor está contigo. Mensaxe: Busca a ESTRELA que

DEIXADE ESCOITAR O PARTE. Manolo Regal Ledo

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO DE 2018

O LIBRO FAUSTINO REY ROMERO. UN EVANXEO BUFO

Que hora é? Obxectivos desta unidade Pedir ou dar información sobre horarios Identificar obxectos Describir unha xornada habitual

Potencias e raíces de números enteiros

A fábula dos ratos mensaxeiros. (Ou de como a bruxa Herminia aprendeu dunha pedra)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

SAN AMARO. Capela no barrio de San Amaro Na parroquia de Santa María das Neves de Traspielas Na Unidade Pastoral d Os Cotos

PROBLEMAS DE SELECTIVIDAD ( )

poboación xitana en paro

Perante o espello (Ante el espejo)

Panxoliñas Manuel María

MÚSICAS DURMIDAS. Músicas durmidas. Músicas durmidas. Músicas durmidas. Músicas durmidas. Músicas durmidas JOSÉ ABEAL LÓPEZ* Debuxos: Alfredo Erias

a cada Pinga De choiva

CAIXA TORRE (MATEMÁTICAS CON PAPEL)

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

9999 Afonso Becerra de Becerreá

Contos. Jacob e Wilhelm Grimm. Tradución de Lucía Castaño

PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE

Informe sobre o risco de pobreza e/ou exclusión social en Galicia

A GALIÑA AZUL de Carlos Casares

Transcrição:

5. QUÉROTE MOITO

Nome: Cand& lle di á túa familia e ao teu amigo que lle quere, ele séntense felice. U: 5 F: 7 UNIDADE 5: QUÉROTE MOITO CONTIDOS DA UNIDADE Conto: O papaventos. Actitudes que nos achegan a Deus: o perdón. A oración do Nosopai. Conto: A avoa de Nitta cóntalle algo importante. Relato bíblico: A historia do pai bo. Dimensión espiritual: Regálolles alegría aos demais. ACTIVIDADES DE MOTIVACIÓN Nomear xestos e accións que serven para expresar o seu cariño e o seu amor polos demais (por exemplo: dar un bico, dar unha aperta, coller da man, regalar un debuxo...). Dicir se Nitta e o seu amigo se mostran cariñosos ou enfadados. Pegar anacos de papel de cores ao redor dos nenos. Debuxar no dorso da ficha un elemento ou un símbolo (flor, labios, corazón...) que exprese o moito que lle quere ao seu mestre ou á súa mestra ou a algún membro da súa familia.

O PAPAVENTOS

Nome: O papaventos A semana pasada Nitta fixo seis anos. O seu pai regaloulle un papaventos. Era amarelo e verde e tiña unha cola longuísima con lazos de moitas cores: azul, verde, vermello, amarelo, rosa, violeta... Ademais, era un papaventos único, porque o fixera o seu pai especialmente para ela, e iso dáballe moito valor. Ao día seguinte había moito vento. «Hoxe hei poder estrear o meu papaventos!», pensou Nitta. Nitta e mais o seu avó foron ao parque. O avó levantou o papaventos por riba da súa cabeza e, coa primeira ventada, soltouno. O papaventos comezou a subir e a subir ata que a corda quedou ben tirante. O papaventos quedou alí, no ceo, movendo a cola co vento. Sss sss sss!, sopraba o vento. Pero, de súpeto, un forte refacho fixo que o fío se tensase de máis e crag! rompeu, e deixou libre o fantástico papaventos. Ai, perdín o papaventos que me fixo o papá! dicía Nitta con lágrimas nos ollos. Acouga, Nitta, non chores dixo o seu avó. Habemos seguir o papaventos e tentaremos recuperalo. E así o fixeron. Seguiron o papaventos, que xa non voaba sobre o parque, senón sobre as rúas da cidade. Andaron un bo anaco mirando para o ceo, ata que por fin o vento deixou de soprar e o papaventos caeu de súpeto. Pero caeu sobre unha árbore, e non o daban baixado de alí. Nitta quedou calada e axiña empezou a chorar. Cando o seu pai chegou á casa, Nitta xa estaba na cama, pero aínda non adormecera. Papá, papá! berrou Nitta cando sentiu a porta. Teño que che contar unha cousiña! Que pasa, miña filla? Entre saloucos, Nitta contoulle ao seu pai como perdera o papaventos e pediulle perdón por romper algo que a el lle custara tanto esforzo. Non te preocupes, ruliña dixo o seu pai. Se fun quen de construír un papaventos, hei poder facer outro. Non me poño triste; ao contrario, alégrame que me contes o que che preocupa. Recorda: sempre podes contarmo todo, sexa bo ou malo. Fala comigo, eu sempre estarei disposto a te escoitar. Dous días despois, Nitta e mais o seu pai foron polo papaventos, que aínda estaba entre as pólas da árbore. Fixérono caer cun balón. Tiña a tea un pouco esgazada, pero o pai de Nitta puido amañala. A fin de semana seguinte, o pai e mais a filla estrearon de novo o papaventos. U: 5 F: 8 OBXECTIVOS Expresar os propios sentimentos. Descubrir a importancia das actitudes de perdón. Desenvolver a confianza nos membros da familia. Respectar e coidar as cousas do contorno. CONTIDOS A confianza na familia. Coidado e respecto polos regalos que nos fan. A reconciliación. ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE Escoitar o conto e responder as seguintes preguntas: Quen fixo o papaventos de Nitta? Con quen foi Nitta facer voar o papaventos? Que pasou co papaventos? Como se sentiu Nitta? Por que? Como reaccionou o seu pai ao saber que perderan o papaventos? Por que se puxo contento? Pegar lazos de cores ao longo da cola do papaventos (adhesivos U: 5 F: 8). Debuxar nubes no ceo. O mestre ou a mestra debuxará un papaventos nun papel corrido. Os alumnos, de xeito individual, debuxarán un adorno no papaventos, despois de contar algunha ocasión na que pediron perdón porque fixeron algo mal (por exemplo: un día rompín un cómic do meu irmán, pero pedinlle desculpas e el perdooume...).

Nome: U: 5 F: 9 OBXECTIVOS Desenvolver a actitude cristiá da reconciliación e do perdón. CONTIDOS Actitudes que nos achegan a Deus: o perdón. ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE Recordar como,no conto,nitta perde o papaventos e pídelle perdón por iso ao seu pai; este perdóaa e van xuntos buscar o papaventos. Dicir o que acontece na primeira viñeta e propoñer posibles solucións.debuxar follas no camiño que levará a Nitta e o seu amigo a se perdoar e a recuperar a súa amizade. Modelar un corazón con plastilina e regalarllo a algunha persoa á que se lle queira pedir perdón.

Nos& Pai que está no ce&: santificad& sexa & teu nome, veña & teu rein& e fágase a túa vontade aquí na terra coma n& ce&.

Nome: A avoa de Nitta cóntalle algo importante Hai xa un anaco que Nitta non ve a súa avoa. «Ha estar no seu cuarto», pensa Nitta. «Vouna ver!» Toc, toc..!, peta na porta. Avoa! Podo entrar? Por suposto, miña rula responde a avoa. Que fas? pregunta Nitta. Estou rezando un pouquiño contéstalle a súa avoa. A ti gústache falar coas persoas que queres, va que si? Pois aos amigos de Xesús tamén nos gusta falar con El. E daquela que lle dis? Cóntolle as miñas alegrías e as miñas preocupacións, doulle grazas por te ter e tamén rezo unha oración. Queres aprendela? Empeza así: «Noso Pai...». U: 5 F: 10 OBXECTIVOS Descubrir a oración como diálogo espontáneo con Deus. CONTIDOS Os amigos de Xesús falan con El. A oración do Nosopai. ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE Escoitar como o mestre ou a mestra explica a escena na que aparecen Nitta e a súa avoa. Dicir en que momentos e lugares fala coas persoas que quere e o que lles conta (por exemplo:falo co meu pai cando me acompaña á escola; falo coa miña nai un anaco antes de ir para a cama; aos meus amigos cóntolles o que me fai ilusión, o que me pasa...). Debuxar estreliñas ao redor da oración que a avoa lle ensina a Nitta e decoralas libremente (con cores, con purpurina, con papel brillante...). Recitar a oración do Nosopai. Noso Pai que estás no ceo: santificado sexa o teu nome, veña o teu reino e fágase a túa vontade aquí na terra coma no ceo. Dános hoxe o noso pan de cada día; perdoa as nosas ofensas, como tamén perdoamos nós a que nos ten ofendido; e non nos deixes caer na tentación, mais líbranos do mal.

A HISTORIA DO PAI BO

Nome: A historia do pai bo Era unha vez un pai que tiña dous fillos. O fillo maior axudaba moito na casa, pero o máis pequeno dixo: Dáme a miña parte dos cartos, agora. Quero pasalo ben. O seu pai púxose moi triste. Pero deulle os cartos. O rapaz marchou da casa e foise lonxe. O tempo de xolda durou pouco: axiña gastou os cartos. O rapaz atopou un traballo: o de coidador de porcos. Pasaba tanta fame que sería capaz de papar a encaldada dos porcos. Era moi desgraciado. A miña vida é unha miseria pensou. Por que non volvo á casa? Alí non se pasa fame. Direille a meu pai que me perdoe por gastarlle os cartos. Non merezo que me trate coma un fillo. Pero ao mellor déixame traballar con el. E volveu á casa. O pai agardaba cada día a chegada do seu fillo. E agora alí estaba, baixando polo camiño. Saíu a correr ao camiño. Síntoo, papá. Síntoo moito dixo o rapaz. Non merezo ser da túa familia. O seu pai deulle unha aperta e un bico. Vai buscarlle roupa ao rapaz berrou. Vísteo, imos celebrar unha festa. O meu fillo volveu á casa e estou moi feliz. Pensei que o perdera, e hoxe atopeino. A túa primeira Biblia. Editorial Rodeira U: 5 F: 11 OBXECTIVOS Coñecer e interpretar o relato bíblico «A historia do pai bo». Descubrir a Deus como un Pai Bo que coida das súas criaturas. CONTIDOS O relato bíblico «A historia do pai bo». Deus é un Pai Bo que coida das súas criaturas. ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE Escoitar o relato bíblico «A historia do pai bo» e responder as seguintes preguntas: Por que marchou da casa o fillo menor? Que lle pasou? Por que decidiu volver á casa? Como o recibiu o seu pai? Alegrouse de ver de novo o seu fillo? Debuxar a escena do pai bo e do seu fillo abrazados, contentos e felices. Completar, de forma oral, frases que resumen a parábola lida. Por exemplo: O fillo menor pediulle. ao seu pai e marchou da casa. Gastou os cartos e buscou. para gañar a vida. Ao final decidiu volver á.. O seu pai recibiuno cunha. e cun.. Por parellas,xogar a dramatizar as diversas maneiras nas que o pai bo recibiu o seu fillo menor (por exemplo: cunha aperta, cun bico, dando saltos de alegría, cunha festa de benvida, dicíndollelo aos seus veciños...).

Tristura Alegría Dor Med&

Nome: U: 5 F: 12 DIMENSIÓN ESPIRITUAL: Regálolles alegría aos demais. CONTIDOS Accións e actitudes coas que lles podemos causar alegría ou tristura aos demais. ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE 15 REFLEXIONO Que podo facer para lles regalar a miña alegría aos demais? Escoitar como o mestre ou a mestra explica que as nosas accións producen efectos nos demais.por exemplo: se lle damos un susto a alguén, terá medo; pero se lle damos unha boa noticia, sentirá alegría. PENSO EN SILENCIO Coa audición como fondo (CD: track 15), reflexionar e pintar de cor vermella o marco da cara que mellor expresa como se sente o alumno ou a alumna cando un amigo ou unha amiga o empurra, cando o insulta ou o ignora. Despois, colorear de verde o marco da cara que representa o seu estado de ánimo cando un amigo ou unha amiga lle pide perdón e el perdóao. COMPARTO A MIÑA EXPERIENCIA Debuxarse a si mesmo realizando algunha acción que cause alegría e regalarlle o debuxo a algún compañeiro ou compañeira da clase que queira animar.