Instrución de manexo da rede de frío. Actualización xullo 2012

Documentos relacionados
PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

DOCUMENTACIÓN DUNHA EXPLOTACIÓN GANDEIRA MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE

Potencias e radicais

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

Residencia de Estudantes. Normas Curso académico 2014 / 2015

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

Que é unha rede de ordendores?

PROCEDEMENTO DE CONEXIÓN A SERVIDORES E EQUIPOS DA REDE DE DATOS INTERNA DA UDC

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso

Vacinación fronte ao pneumococo (estudo piloto) Instrución

PIALE Integración en lingua portuguesa

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9746

Máquinas Recreativas. Guía de usuario

As claves da. factura eléctrica

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

SEGURIDADE ALIMENTARIA MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

CONCURSO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS E CLUBS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS, ANO 2015 EXPEDIENTE DE SOLICITUDE

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Condicións legais do programa de puntos R Residencial OBXECTO

MANUAL PROGRAMA PEDIMENTOS UNIVERSIDADE DE VIGO PERFIL SOLICITANTE

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

Caderno de explotación produción integrada en kiwi. Caderno de explotación produción integrada en horta

05 Movémonos mellor?

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

1 3Cartilla de sa de infantil.

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

Servizo de Seguridade Alimentaria nas Producións Gandeiras (SERSEGAL)

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

BS402B - Novo ingreso/renovación de praza en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal da Xunta de Galicia.

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

Elabora: Instituto Galego das Cualificacións Edita: Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Dirección Xeral de Emprego e Formación

SISTEMA EXCRETOR IES ANXEL FOLE. 1º DE BAC

FICHA TÉCNICA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

Prevención fronte aos riscos no sector agroforestal. Corte en toradas coa motoserra

Acceso ao sistema universitario de Galicia PAU e Preinscrición Instrucións para os estudantes

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

SOLICITUDE DE USO DA SALA XIMNASIO/MUSCULACIÓN DO ESTADIO DE SAN LÁZARO Tempada 2016/2017

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

MAPA DE RECURSOS: Instalacións Portuarias

CIRCULAR (modificada a 20/04/2016)

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Anexo II. DECLARACIÓN DE BENS E DEREITOS i

AXUDA DE USO DO CALENDARIO DE AULA

manual básico de identidade corporativa

Guía Rápida Correo Web

Estatística de familias numerosas 2015 Operación estatística n.º

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

O BARCO DE VALDEORRAS

Regulamento de Prácticas en Empresa do Máster de Enerxía e Sustentabilidade

PRAZOS: Alumnado actual do centro

DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2016 Páx. 8431

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

ESTA REITORÍA RESOLVE

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Páxina 1 de 12

O Software Libre naspequenase Medianas Empresas de Galicia

PAU XUÑO 2014 MATEMÁTICAS II

CENTRO DE FARMACOVIXILANCIA DE GALICIA. Boletín de. farmacovixilancia REACCIÓNS ADVERSAS A MEDICAMENTOS EN PACIENTES XERIÁTRICOS

CORREDORES E SOCIEDADES DE CORREDORÍA DE SEGUROS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Proxecto de orde do de de 2015, pola que se regula a composición, organización e funcionamento dos consellos de saúde de área.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero

Nº DE POSTO DE TRABAJO POSTOS CUALIFICACIÓN PROFESIONAL

REDUCIR REUTILIZAR RECICLAR. Por unha xestión máis sostible do lixo e menos custosa SEPARAR PARA

Probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

SEA. Seguridade e medio ambiente

Artigo 1.- OBXECTO DO REGULAMENTO. Artigo 2.- TITULARIDADE E ADMINISTRACIÓN DA MARCA.

MANUAL DE IDENTIDADE CORPORATIVA DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

Nº 103 Mércores, 2 de xuño de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 9.915

OFICINA DE CURSOS ABRIL 2015

TÁBOAS DE VALORACIÓN DO RISCO CARDIOVASCULAR

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios. Vigo

COPA DE GALICIA DE CLUBES DE PISTA CUBERTA Pazo de deportes de Riazor, A Coruña, 7 de xaneiro 2017

PAU XUÑO 2016 ECONOMÍA DA EMPRESA

Plan Galego de Política Familiar

DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4565

Os Números Reais. 1. Introdución. 2. Números racionais. Número irracionais

INDICADORES SOBRE BANDA LARGA Enquisa ás empresas sobre a Sociedade da Información en Galicia

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Homes Mulleres. Menores de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

Gaita de Foles. 1 de 10 / Gaita de Foles e Palheta / D. Morais / Abril de /

Transcrição:

Instrución de manexo da rede de frío Actualización xullo 2012

Instrución de manexo da REDE DE FRÍO Actualización xullo 2012

Esta instrución pode ser consultada na páxina web da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública: http://dxsp.sergas.es (en: áreas de traballo / enfermidades transmisibles / vacinas / cadea de frío) INSTRUCIÓN ASUNTO Manexo da rede de frío. Actualización xullo 2012 ORIXE DIRECCIÓN XERAL DE INNOVACIÓN E XESTIÓN DA SAÚDE PÚBLICA DESTINATARIOS Puntos de vacinación do Programa Galego de Vacinacións (PGV) DATA 2 de xullo de 2012 ÍNDICE [3] Introdución [3] Recepción das vacinas no punto de vacinación [4] Almacenamento, uso e control das vacinas A neveira de vacinas A lectura das temperaturas Colocación e control das vacinas [7] Interrupción da cadea de frío [8] Residuos vacinais [9] Recomendacións básicas no manexo da rede de frío [11] Anexo I: Rexistro de notificación de ruptura da cadea de frío (para enviar por correo electrónico ou fax) [13] Anexo II: Recollida de vacinas para desbotar [15] Anexo III: Rexistro mensual de temperatura máxima e mínima D.L.: C 2709-2007

INTRODUCIÓN Considérase cadea de frío o conxunto de elementos e actividades necesarias para garantir a potencia inmunizante das vacinas desde que saen do laboratorio fabricante ata a súa administración á poboación. Para o axeitado control da cadea de frío é primordial designar unha persoa como responsable de vacinas en cada punto, que estea familiarizada con todos os aspectos relativos á loxística e á termoestabilidade das vacinas. RECEPCIÓN DAS VACINAS NO PUNTO DE VACINACIÓN z Será motivo de rexeitamento das vacinas a entrega destas sen acondicionar (sen bolsas ou paquetes con acumuladores de frío). As vacinas entregaranse nos puntos coa periodicidade establecida entre o centro e a xefatura territorial de Sanidade correspondente. O día habitual da entrega é o xoves (salvo situacións excepcionais: campañas, festivos ). z Cando as vacinas chegan ao centro, o responsable de vacinas levará a cabo a súa recepción e a inspección rápida destas para verificar que o pedido está conforme no que respecta ao número de doses e tipo de vacina solicitado. z As vacinas entregaranse nos centros, acondicionadas en paquetes ou bolsas isotérmicas, habitualmente sen indicador dado o curto período de tempo comprendido entre a preparación do envío nos almacéns e a entrega nos puntos de vacinación, o que permite garantir a súa termoestabilidade. z Unha vez realizada a recepción deberase selar e asinar con letra lexible o nome e apelidos da persoa que recibe o pedido, así como a hora de recepción deste no albará do transportista. z Inmediatamente, deberanse introducir as vacinas na neveira. z No caso de rexeitamento das vacinas, anotarase no albará do transportista o motivo do rexeitamento e comunicarase de maneira urxente calquera incidencia na entrega á xefatura territorial de Sanidade correspondente. Instrución de manexo da rede de frío (3

ALMACENAMENTO, USO E CONTROL DAS VACINAS A NEVEIRA DE VACINAS Esta neveira será de uso exclusivo para o almacenamento das vacinas. Non se deben gardar nela alimentos líquidos ou sólidos nin ningún outro produto que non sexan vacinas. O PGV distribúe neveiras para almacenamento das vacinas desde hai anos (nestes momentos son sen conxelador). Nas neveiras debe haber os seguintes elementos: z Botellas de auga, deben estar colocadas na parte inferior da neveira, para estabilizar a temperatura interna da neveira. z Termómetro de temperatura máxima e mínima, situado na parte central da neveira, separado das paredes. É imprescindible, de non existir ou ter problemas de funcionamento, contactar co PGV. Nas neveiras con conxelador, ademais: z Vixiar que haxa crióstatos ou acumuladores de frío, que deben estar colocados, sen amorear, no conxelador. z Evitar que se acumule xeo no conxelador (non máis de 1 cm). A LECTURA DAS TEMPERATURAS A temperatura correcta de almacenamento de calquera das vacinas debe estar comprendida entre +2 ºC e +8 ºC. A lectura débese facer polo menos dúas veces cada día, unha ao comezo da xornada laboral e outra ao finalizar esta (modelos dispoñibles no anexo III). Unha vez realizada a medición da temperatura, deberá ser rexistrada diariamente, co fin de garantir en todo momento o control desta e dispoñer de información precisa no caso de interrupción da cadea de frío. Existen diversos tipos de termómetros para o control da temperatura. O PGV está a distribuír, nestes momentos, termómetros de máxima e mínima ecolóxicos, sen mercurio. 4) Instrución de manexo da rede de frío

INSTRUCIÓNS PARA A LECTURA DO TERMÓMETRO DE MÁXIMA E MÍNIMA Este termómetro consta de: a. Dúas columnas unidas entre si, que sinalan a temperatura actual, que será a mesma tanto na columna da dereita como na da esquerda (a columna esquerda lese invertida). b. Dous fiadores situados dentro das columnas. Calquera desprazamento destas testemuñas indicaranos que houbo cambios na temperatura da neveira. Para realizar unha nova lectura débese apertar o botón central de maneira que as testemuñas ou fiadores queden pegados ao líquido. MÍNIMA ºC MÁXIMA Lectura do termómetro: z Temperatura máxima: a parte inferior do fiador da columna dereita é a que nos indica esta temperatura. z Temperatura mínima: a parte inferior do fiador da columna esquerda é a que nos indica esta temperatura. Todo isto permitirá coñecer a temperatura máxima e mínima que acadou a neveira e facilitará a toma de decisión no caso de producirse unha ruptura na rede de frío de cara a aceptar ou rexeitar as vacinas afectadas. Nestes casos, deberá anotarse, ademais das temperaturas máxima e mínima, a temperatura da neveira no momento de detectarse o incidente. Instrución de manexo da rede de frío (5

COLOCACIÓN E CONTROL DAS VACINAS z Almacenar as vacinas máis termolábiles (as que se alteran máis facilmente pola calor, triple vírica, varicela) nas zonas máis frías da neveira, isto é, no estante superior. z Todas as vacinas se almacenarán evitando que toquen as paredes ou que se poidan conxelar. z Nunca se poñerán vacinas nos estantes da porta da neveira, a temperatura aquí non é estable. z Asegurar unha boa circulación de aire entre vacinas axuda a manter estable a temperatura. z Colocar as vacinas de maneira que as de uso máis frecuente e de caducidade máis curta resulten as máis accesibles. z Periodicamente, comprobar o stock existente co fin de asegurar a dispoñibilidade da vacina, evitando en todo momento os excesos de almacenaxe. O actual sistema de distribución permite que non sexa necesario acumular vacinas nos centros. z As vacinas non deben caducar nas neveiras, polo que hai que comprobar periodicamente, polo menos unha vez por trimestre, a súa data de caducidade. No caso excepcional de que, por algunha causa, unha vacina caducase no frigorífico, sacarase da neveira e procederase á súa eliminación segundo se especifica no apartado Residuos vacinais desta instrución (páxina 8). 6) Instrución de manexo da rede de frío

INTERRUPCIÓN DA CADEA DE FRÍO Todo incidente de interrupción da cadea de frío debe ser notificado inmediatamente, vía telefónica, urxente, á xefatura territorial de Sanidade correspondente. A Coruña: Tel: 981 155 822 / 082 261 / 082 264 - Fax: 981 155 725 corunavacinas.dlpc@sergas.es Lugo: Tel: 982 292 117 / 292 113 - Fax: 982 292 115 _DLL_VACINAS@sergas.es Ourense: Tel: 988 066 347 / 066 337 / 066 332 - Fax: 988 066 302 vacinas.sanidade.ourense@sergas.es Pontevedra: Tel: 986 885 826 / 885 824 / 885 185 - Fax: 986 885 802 vacinas.delegacion.pontevedra@sergas.es Pontevedra en Vigo: Tel: 986 817 232 / 817 233 / 817 724 - Fax: 986 817 627 vacinas.delegacion.pontevedra@sergas.es TOMARANSE AS SEGUINTES MEDIDAS: Comprobar e anotar a temperatura actual, así como as temperaturas máxima e mínima acadadas. Marcar e non utilizar as vacinas existentes nas neveiras implicadas ata recibir instrucións da xefatura territorial de Sanidade. Se é posible, pasar as vacinas marcadas a outra neveira que estea en correcto funcionamento. Cubrir sempre o formulario de notificación de ruptura da rede de frío (anexo I) e envialo de forma urxente, por correo electrónico ou fax, á xefatura correspondente, non esquecendo cubrir todos os campos necesarios para poder determinar a validez ou non das vacinas implicadas. Esperar instrucións da xefatura territorial de Sanidade sobre a validez das vacinas implicadas no incidente. Instrución de manexo da rede de frío (7

REDUOS VACINAIS As vacinas son residuos sanitarios do grupo III ou residuos sanitarios específicos ou de risco, que requiren medidas especiais de eliminación xa que poden representar un risco para a saúde. Deberanse desbotar de forma adecuada as vacinas dadas por non válidas. Todas as vacinas desbotadas deberán ser almacenadas fóra da neveira para a súa recollida e eliminación por parte do almacén distribuidor o derradeiro xoves de cada mes. Deberán ir acompañadas dun documento no cal se relacione o nome da vacina, número de doses, así como a causa do seu rexeitamento (anexo II). Esta instrución está dispoñible na páxina web da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública: http://dxsp.sergas.es en: áreas de traballo/ enfermidades transmisibles / vacinas / cadea de frío Manuel Varela Rey DIRECTOR XERAL DE INNOVACIÓN E XESTIÓN DA SAÚDE PÚBLICA Félix Rubial Bernárdez DIRECTOR DE ASTENCIA SANITARIA 8) Instrución de manexo da rede de frío

RECOMENDACIÓNS BÁCAS NO MANEXO DA REDE DE FRÍO Non atrasar as notificacións de calquera incidente na cadea de frío Non colocar vacinas na porta da neveira Non gardar alimentos, líquidos ou sólidos, nin ningún outro produto que non sexan vacinas, nin sequera na porta da neveira Non abrir innecesariamente a porta da neveira Non gardar vacinas caducadas na neveira Non botar as vacinas nas papeleiras, nin en contedores sanitarios existentes no centro (recollidas o último xoves de cada mes pola empresa distribuidora) NON DESENCHUFAR A NEVEIRA

ANEXO I REXISTRO DE NOTIFICACIÓN DE RUPTURA DA CADEA DE FRÍO Punto de vacinación:....................................................................................................................... Data e hora na que se detecta o incidente: Data Hora Temperaturas rexistradas: Actual Máx. Mín. Horas estimadas de exposición: Causa da ruptura: Fallo na subministración eléctrica [especificar: sobrecarga, tormenta, etc.]................................................. Avaría da neveira Porta aberta da neveira Desconexión accidental da neveira Outras causas [especificar].............................................................................................................. Vacinas afectadas: VACINA Nº DOSE Hexavalente LOTE VACINAS AFECTADAS POR RUPTURA ANTERIOR Pentavalente Meningococo C Triple vírica dtpa Pneumo conxugada Varicela VPH Td Hepatite B infantil Hepatite B adulto Outras [especificar] Persoa que comunica o incidente:..................................................................................................... Data e sinatura:.................................................................................................................................. REMITIR URXENTEMENTE, UNHA VEZ CUBERTO, Á XEFATURA TERRITORIAL DE SANIDADE CORRESPONDENTE IMPRIMIR formulario para enviar por fax XEFATURAS TERRITORIAIS DE SANIDADE A CORUÑA. Fax: 981 155 725. LUGO. Fax: 982 292 115. OURENSE. Fax: 988 066 302. PONTEVEDRA. Fax: 986 885 802. De Pontevedra en VIGO. Fax: 986 817 627

ANEXO II PROGRAMA GALEGO DE VACINACIÓNS RECOLLIDA DE VACINAS PARA DESBOTAR Esta folla debe acompañar sempre o paquete das vacinas a desbotar, e ten que ser entregado á empresa distribuidora DATOS IDENTIFICATIVOS Código do punto Denominación do punto Persoa que fai a entrega Data da entrega VACINA E MOTIVO POLO QUE SE DESBOTA MOTIVO VACINA Nº DOSES Ruptura da rede de frío Caducidade (Sinale cun x o motivo) IMPRIMIR Instrución de manexo da rede de frío (13

ANEXO III REXISTRO MENSUAL DE TEMPERATURA MÁXIMA E MÍNIMA Código do punto: Responsable: MES ANO DÍA ACTUAL NEVEIRA TEMPERATURA MÁXIMA MÍNIMA A temperatura da neveira debe estar entre + 2 º C e + 8 º C IMPRIMIR Instrución de manexo da rede de frío (15

ANEXO III Identificación da neveira TEMPERATURAS Gráfica mensual das temperaturas máximas e mínimas PUNTO DE VACINACIÓN MES ANO Anote neste espazo a temperatura acadada se esta supera os 8 ºC M/T 8 ºC 7 ºC 6 ºC 5 ºC 4 ºC 3 ºC 2 ºC 1 ºC 0 ºC -1 ºC -2 ºC -3 ºC M-Mañá T-Tarde M T M T M T M T M T M T M T M T M T M T M T M T M T M T M T M T M T M T M T M T M T M T M T M T M T M T M T M T M T M T M T 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 IMPRIMIR

Consellería de Sanidade Innovación e Xestión da Saúde Pública Instrución 19 D