Panxoliñas Manuel María

Documentos relacionados
TEXTO COMPLETO: para ter en conta o sacerdote

Potencias e radicais

Deus Pai en min e eu en vós. Póñome nas túas

Cantiga de amigo. Dime ti, bosque sen perigo, viches o meu amigo? Oxalá pronto estea comigo.

Auto da costureira. Por MANUEL MARÍA

Refráns e ditos populares do Nadal

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

O NADAL SEMPRE ACTUAL. Xosé Antón Miguélez

Unidade 1. Eu son Manuel María 3. Unidade 2. O contexto histórico 7. Unidade 3. A súa infancia 11. Unidade 4. A inmensidade da súa obra 16

Gaita de Foles. 1 de 10 / Gaita de Foles e Palheta / D. Morais / Abril de /

GATIÑAS E GATIÑOS. Club

MÚSICAS DURMIDAS. Músicas durmidas. Músicas durmidas. Músicas durmidas. Músicas durmidas. Músicas durmidas JOSÉ ABEAL LÓPEZ* Debuxos: Alfredo Erias

POSIBLES IDEAS PARA UNHA HOMILÍA CON NENOS 12 novembro Non deixes que a Súa chamada sexa perdida, ten á man o CARGADOR da ORACIÓN.

OS MELLORES REIS. Mari Luz (As Somozas)

Unha viaxe á lúa.

1º e 2º de Primaria ACTIVIDADES MANUEL MARÍA, 1º E 2º PRIMARIA. LETRAS GALEGAS,

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

NEGREIRA OUT º CICLO MONÓLOGOS. venres. venres. venres. venres. Lois Pérez

En ADVENTO alédate... descarga a LUZ.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO DE 2018

PANXOLIÑAS. Recopilación para escoitar este nadal CRA DE OROSO 2017 PINGÜINADAL

Cantos de Nadal CANTOS DE NADAL

Double-click to enter title

Eucaristía, punto de encontro cos irmáns e con Deus.

MISA CON NENOS 27 maio de Ordinario 9º Ciclo B Ev. de Mt. 8,16-29: Eu estarei convosco todos os días Mensaxe: Déixate acompañar por el

MISA CON NENOS 24 de decembro º ADVENTOº-B Evanxeo de LUCAS 1, 26-38: Alédate, chea de graza, o Señor está contigo. Mensaxe: Busca a ESTRELA que

Eu Quero Apenas. (Marcus) Eu quero apenas olhar os campos. Eu quero apenas cantar meu canto. (Rogério) Eu só não quero cantar sozinho

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

AS FRASES FEITAS NO REXISTRO COLOQUIAL

MISA CON NENOS 6 de xaneiro de Nadal Epifanía - C Mateo 2, 1-12: caendo de xeonllos adorárono e ofrecéronlle agasallos: ouro, incenso e mirra.

FICHAS DO XOGO. (Adaptado do xogo Descubriendo al invasor da Comunidad de Madrid) Co apoio

MISA CON NENOS 8 de abril del 2018 Domingo de Pascua-2º B. Evanxeo de Xoán 20,19-31: Tomé viu e creu; meu Señor e meu Deus.

Informe sobre o risco de pobreza e/ou exclusión social en Galicia

O supermercado. Xabier Campos. Tradución de X. M. Rivas

FEDERICO GARCÍA LORCA

05 Movémonos mellor?

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º

e diferente ter un bo a camiñar.

A Coresma: camiño cara á Pascua. Oración SUMARIO

COSTA DE DEXO E SERANTES

SBN: O TEMPO NO XORNAL

Club. Podes informarte de todo o que acontece na familia Bolechas no noso teléfono

Matemática Financeira

Os Números Reais. 1. Introdución. 2. Números racionais. Número irracionais

9999 Afonso Becerra de Becerreá

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

A 180 completo: O testemuño persoal de Andy Esche, Fundador da MissingPets.com

Tantas cousas NON COMPARTIDAS Impediranme VERTE

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

Números decimais. Obxectivos. Antes de empezar. 1.Números decimais...páx. 44 Elementos dun número decimal Redondeo e truncamento dun decimal

VALENTÍN PAZ ANDRADE. 1º CICLO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS,

Enquisa sobre a percepción da violencia de xénero en Galicia

Nesta unidade imos deseñar e presentar unha campaña publicitaria. Para iso, imos aprender:

rodeira 5. QUÉROTE MOITO

textos de traballo e/ou apoio.

MISA CON NENOS 14 de xaneiro de ORDINARIO 2º-B Evanxeo de Xoán 1,35-42: Viron onde vivía e quedaron con el.

Que é unha rede de ordendores?

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda

OS INDICADORES DEMOGRÁFICOS

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

MAGOSTO TRES TEXTOS. MATERIAL DIDÁCTICO. Corrección de texto: Alejandra Campo Penín EQUIPO DINAMIZACIÓN LINGUA GALEGA CEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXO

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

O meu nome é Skywalker. Agustín Fernández Paz

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

Proceso de facturación.

DEIXADE ESCOITAR O PARTE. Manolo Regal Ledo

Decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles en Nadal

POIO. Directorio. Concello de Poio Praza do Mosteiro, Poio, Pontevedra

programas .py python nome.py

3º ESO - MÚSICA - EXERCICIOS SETEMBRO

Letras, Galegas Maria Marino

1- Benvidos unha mañá máis a PICOTEANDO un programa da TVG. Comezamos cun tema de máxima actualidade.

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

XOSÉ F. FILGUEIRA VALVERDE 3º e 4º

OS SÍMBOLOS POÉTICOS DAS CANTIGAS DE AMIGO LINGUA GALEGA E LITERATURA 3º ESO CPI AS REVOLTAS (CABANA DE BERGANTIÑOS) PROFESORA: ANA MARTÍNS

O envase churrusqueiro

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... OS NÚMEROS DECIMAIS ORDES DE UNIDADES DECIMAIS. CENMILÉSIMA 8 1 cm = MILLONÉSIMA 8 1 mm = OPERACIÓNS

Xeometría analítica do plano

I.E.S. CADERNO Nº 1 NOME:

PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE

ROSALÍA DE CASTRO aniversario do seu pasamento

BENQUERENCIA TERRA - MAR

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

A GANDERÍA EXTENSIVA E A NOVA PAC

XVI - XOCAS, XERENTE DO CO.MA.

A orde das axudas do Plan Apícola 2018 será publicada no mes de marzo. A subvención repartirase nesta orde prioridade e coa porcentaxe máxima de:

O FUTURO DAS MULLERES NA POLÍTICA

Volver empezar. Nesta unidade imos inventar a biografía do candidato ideal para un posto de traballo. Para iso, imos repasar e aprender:

Múltiplos e divisores

Ola, eu son Xurxo, e ti? 3. Na casa dos avós 4. 0s ranchiños novos 5. A comer! 6. Como falan! 7. Canta bicharía! 8. Que modernos! 9.

TEORÍA SINTÁCTICA 4º ESO

Acercándonos. á POESÍA de CELSO EMILIO FERREIRO

CEN MIRADAS. Letra: Sonia Lebedynski Música: Sonia Lebedynski / Sérgio Tannus Arranxos: Sérgio Tannus / Sonia Lebedynski

Nome e apelidos:... materiais sólidos (ou no interior fundidos a altas temperaturas)

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

ADIVIÑAS Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

PIALE Integración en lingua portuguesa

As claves da. factura eléctrica

Transcrição:

Panxoliñas Manuel María Esta ducia de panxoliñas é unha selección das que Manuel María escribiu fundamentalmente nos anos cincuenta e comezos dos sesenta e que utilizaba frecuentemente para felicitar as festas do Nadal ás súas amizades.

Verbas para o tempo do Nadal Agora é o tempo do Nadal. Agora é o tempo de poñer en pé o noso amor e procurar a Estrela que nos alume sempre o corazón. Agora é o tempo do Nadal. O tempo da neve e máis o da canción. Agora é o tempo de acender para sempre o noso amor!

Panxoliñas do Advento 1 Este ar non ten asubío. Tampouco ten aloumiño: só un vento cheo de frío que se pousa no camiño. Está a chegar o Nadal: o seu vento milagreiro ten de cantar no Portal e de acender o luceiro. 2 N a follaxe dun carballo naceu un vento ventiño: ten sinxeleza de orballo e chíos de paxariño...! Nas claridades do día brilla o gozo do mencer. Anda moi leda María porque Xesús vai nacer!

Panxoliña das campanas de Belén Campanas tocade! Toca campaíña que naceu Xesús da Virxe María! Campanas: tocade! Hai festa en Belén! Naceu o Neno polo noso ben! Tocade campanas! A fala lixeira: rode voso son pola terra enteira! Tocade, tocade e tocade ben! Tocade, tocade! Bailade tamén! O Deus verdadeiro! O Neno Xesús...! Arrolos de pomba! Cabelos de lus! Toca campaíña! Toca campanón! O Neniño Deus no meu corazón!

Panxoliña da Noiteboa Esta noite é Noiteboa! Naceu Xesús no Portal! Ao lonxe o vento que zoa nas follas do carballal! Naceu Xesús de María como raio brillador! San Xosé, como sorría! E na Virxe, canto amor! Entraba a luz do luceiro por un burato do teito. O noso Deus verdadeiro só tiña pallas por leito! Era un coitelo o resío! A noite xeada estaba! Anque era doente o frío o Neno Deus non choraba!

Panxoliña da sorrisa da Virxe O día nacía, brillaba e sorría na doce sorrisa da Virxe María! Cantan a neve e o frío, o paxaro e máis o vento. Cantan o monte e o río o tempo do Nacemento! O día nacía, brillaba e sorría na doce sorrisa da Virxe María! Na terra canta o pastor e no ceo o anxeliño que naceu Noso Señor, que naceu Xesús Neniño! O día nacía, brillaba e sorría na doce sorrisa da Virxe María! Todo o mundo é a cantar! Todo o mundo canta ben, que non deixa de brillar a estreliña aló en Belén! Nacía outro día. Cantaba a campía. A Virxe María choraba e sorría!

Panxoliña dos galegos O Neno Deus é un neniño que namora soio o velo! Os seus ollos son de luz e de ouro fino o cabelo! -Non vedes fiar a Virxe tan caladiña e tristeira? -Imos levarlle, pastores, un año branco e manteiga! San Xosé é carpinteiro e xa non serra madeira. Anda a facer unha cruz dun pauíño de oliveira! Camiñade, galeguiños, camiñade ata Belén...! Xa naceu o Rei do Ceo e quen lle cante non ten!

Panxoliña do poeta -O camiño está só. A noite sen luz. -Alumando a noite o Neno Xesús...! -O río vai cheo. A noite pon medo. Nin unha estreliña relumbra no ceo. Ningunha estreliña e ningún luceiro arden aquecendo o fondo do peito! Vanse apagar estes meus anceios! Os degaros meus! -Ergue os ollos. Mira brillar ao Luceiro...! O Neniño Deus! O Deus verdadeiro! -Ten luz o camiño. A noite sen medo! O Neno Xesús naceu no meu peito!

Panxoliña da pobreza de San Xosé San Xosé serra que serra. A Virxe fiando liño. San Xosé serra que serra e ollando ao seu Neniño. O Neniño non ten berce! O Neno chora co frío! San Xosé serra que serra! San Xosé chorando a fío! O Neniño non ten berce. A Virxe fiando liño. Pousa a roca: vai correndo arrolar ao seu Neniño...! San Xosé serra que serra. San Xosé é moi pobriño...! Non ten táboas pra facer un berce prao seu Neniño...!

Panxoliña da neve 1 A neve atopou o niño no corazón do Nadal. A neve atopou o niño nas follas do carballal. Nas follas do carballal a neve entrou amodiño, que quer cantar no Portal unha canción ao Neniño. 2 Querlle cantar ao Neniño a neve do carballal. E quer cantarlle amodiño con limpa voz de pardal A neve atopou o niño, milagre polo Nadal! Halle cantar ao Neniño a neve do carballal!

Panxoliña mariñeira -Aí está..! Non a vedes? Aí está pola ribeira. A Virxe cosendo redes! A Virxe é mariñeira...! San Xosé é carpinteiro e anda unha dorna a facer. Unha dorna de piñeiro para pescar ao mencer! O neno Deus, que belido! está na praia a brincar. Cando sexa home cumprido camiñará polo mar...!

Panxoliña labrega -Ouvean lobos na serra. O río baixa xeado. Non hai ferrado de terra que se atope desnevado! Non teñen pacido os gados. O corisco roe forte. Están xeados os prados e as ovelliñas na corte! -Ti olla ao ceo! Na altura unha estrela a relumbrar! Sinto en min unha dozura dentro da alma a medrar! -Hoxe naceu un Neniño! Naceu o Fillo de Deus! Heille de dar aloumiño e darlle os amores meus! Naceu pobriño, tan pobre!, ao frío como o centeo. Nin un só capizo cobre ao meu Reiciño do Ceo! Vede un milagre! No ar hai unha gran claridade e escóitanse anxos cantar: "Paz aos de boa vontade!" Están luceiros brillando! As estrelas alumean! O río baixa cantando e os lobos xa non ouvean!

Romance dos Reis Magos -Onde camiñas, pastor, con esa branca ovelliña? - Voulle levar ao Deus Neno a miña ofrenda cativa...! -Xa viñeron os Reis Magos a ofrendarlle ouro e mirra e a incensalo cun incenso que moi bo recendo tiña. -Eu non teño que lle dar máis que esa ovella cativa que o Neno Deus agradece co lirio dunha sorrisa...! -Viñeron os Reises Magos tripando moitos camiños e por onde eles pasaban ata a noite relucía. Eran mouros os criados que de paxes os servían, moi briosos os cabalos e lucida a comitiva. En grandes arcós de prata ricos presentes traguían. Aló, no alto do ceo, unha estrela estrelecida ás folerpiñas de neve co seu brillo derretía! San Xosé estaba ledo. Moito máis leda María. O Neno Deus, no barrelo, como un sol novo sorría. -Eu non teño que lle dar máis que esta ovella cativa que o Neno Deus agradece co lirio dunha sorrisa...! Entre a neve e o corisco o pastorciño camiña. E no fondo dos seus ollos unha estrela brilla, brilla: aquela que aos Reises Magos servira de norte e guía...!