MONGELLI, Lênia Márcia (Org.). Fremosos cantares. Antologia da lírica medieval galego-portuguesa. São Paulo: Martins Fontes, 2009, 522 p.

Tamanho: px
Começar a partir da página:

Download "MONGELLI, Lênia Márcia (Org.). Fremosos cantares. Antologia da lírica medieval galego-portuguesa. São Paulo: Martins Fontes, 2009, 522 p."

Transcrição

1 MONGELLI, Lênia Márcia (Org.). Fremosos cantares. Antologia da lírica medieval galego-portuguesa. São Paulo: Martins Fontes, 2009, 522 p. Lydia Fontoira Suris Universidade de Santiago de Compostela A difusión da lírica medieval galego-portuguesa mediante antoloxías enlaza coa nosa máis antiga tradición, posto que os cancioneiros medievais son unha selección na orixe. Eses inicios que probablemente responderon, polo menos parcialmente, ao gusto do antólogo, marcaron para nós, quizais definitivamente, a realidade desa creación. Unha escolma xeral daquela poesía pode guiarnos polos camiños da preferencia persoal do antólogo, pero non debería presentar profundas diverxencias co conxunto orixinal. A beleza e a excelencia na construción do poema foron os criterios esenciais que guiaron á profesora da Universidade de São Paulo, Lênia Márcia Mongelli que a este lado do Atlántico exerce tamén o seu maxisterio a través da súa obra impresa - na preparación dunha interesante antoloxía das nosas cantigas medievais: Fremosos cantares. Antologia da lírica medieval galego-portuguesa. A profesora Mongelli acláranos: procurei que a parcela inevitável da subjectividade não se superpusesse ao que o homem medieval entendia por cantiga ben cuidada. Estamos, pois, ante unha obra de transmisión textual construída con criterios excelentes. A estrutura da antoloxía responde á norma clásica de ordenación por xéneros tal como se presentan nos cancioneiros medievais e, igual que neles, en cada sector os autores están ordenados cronoloxicamente, dentro das posibilidades que nos oferta o coñecemento. Ademais da selección de cantigas profanas, a obra ofrécenos tamén unha escolma das Cantigas de Santa María. As primeiras, tomadas, en xeral, do texto que ofrece a edición preparada no Centro de Investigación Ramón Piñeiro e coordinada por Mercedes Brea; as cantigas de Santa María, da edición que Walter Mettmann publicou na Editorial Castalia. En total seleccionáronse trinta cantigas de cada un dos tres grandes xéneros: amor, amigo, escarnho e mal dizer e trinta e unha cantigas de Santa María, pois estas, pola súa especial presentación, que comentaremos, necesitan un poema a maiores. Cada un dos textos vai acompañado dun comentario interpretativo. Soen ser precisos e, con 1

2 frecuencia, expresivos: A técnica da repetitio é bem adequada a esta espécie de estado catatônico do amador, páx. 42. Tamén se nos transmiten informacións relativas ás fontes manuscritas, edición utilizada, clasificación formal e métrica e axudas puntuais para a comprensión do texto. En ocasións engádese un apartado de observacións no que se recollen as variantes textuais doutras versións. A escolma vai precedida dunha longa e reflexiva introdución de vinte e cinco páxinas nas que Lênia Márcia Mongelli vai achegando ao lector ao mundo que foi capaz de crear esta fermosa e complexa poesía. Fálanos dos problemas para abrir o abano do interese pola poesía trobadoresca medieval na cultura brasileira que salvo especialistas tenden a considerala algo alleo a un país nacido moito despois da desaparición desta creación poética, algo propiciado tamén polas dificultades que crean as súas características formais e temáticas. Pregúntase pola lingua de expresión desta creación lírica. A importancia da música, as fontes manuscritas de transmisión, a Arte de Trobar do cancioneiro B, son algúns dos temas sobre os que se reflexiona. A caracterización do momento histórico, o feudalismo, o nacemento de Portugal, as cortes produtoras. Toda esta docta reflexión vai encamiñada a fornecer ao receptor da obra dunhas bases analíticas certas. Ese destinatario, o receptor específico desta obra é o alumno brasileiro, que ten unhas particulares circunstancias ambientais bibliográficas e históricas para introducirse neste campo do coñecemento. A finalidade é, pois, fornecelos dunha información que posibilite a verdadeira comprensión da etapa creadora e dos poemas seleccionados. A parte introdutoria complétase cunha Bibliografía Xeral na que se puxo interese selectivo e actualizador, estruturada en cinco apartados: fontes, antoloxías, edicións monográficas, obras de referencia e estudos. A obra, que se abrira cun breve e esclarecedor prefacio da apreciada medievalista Yara Frateschi Vieira, insire como colofón dous interesantes apartados: unha biografía dos corenta e oito trobadores e xograres antoloxizados, preparada por Márcio Ricardo Coelho Muniz, profesor na Universidade Federal da Bahia, especialista en teatro vicentino e poética medieval galego-portuguesa. Neste traballo establécese, á súa vez, a fixación da grafía dos nomes dos poetas que se emprega na antoloxía. Pecha o volume un glosario de termos e expresións na procura de facilitar a comprensión dos textos e que inclúe, así mesmo, os antropónimos e topónimos citados nas cantigas escolmadas. Este traballo realizouno o profesor da Universidade Federal do Espírito Santo, Paulo Roberto Sodré, especializado en literatura medieval galego-portuguesa e coñecido entre nós principalmente pola súa 2

3 obra Cantigas de madre galego-portuguesas, publicada pola Xunta de Galicia en Complétase a obra cun índice dos trobadores e das cantigas correspondentes. En cada un dos apartados da antoloxía, as cantigas escolmadas van precedidas dunha introdución na que se reflexiona sobre o xénero lírico correspondente e inclúe, así mesmo, unha bibliografía específica. Entre as cantigas de amor seleccionadas descubrimos poemas de grande intensidade dramática, que mesmo semellarían un verdadeiro desafogo persoal, como Senhor fremosa, poys me non queredes, de Martin Soarez. Outras de temática tan especial como Se eu podesse desamar, de Pero da Ponte, que foi analizada como mala cansó. Outras revisten unha especial forma, como a de Johan Garcia de Guilhade U m eu partí d u m eu partí, co espectacular dobre que inicia cada cobra. Tamén se selecciona o fermoso poema Senhor genta, de Johan Lobeira, que tantos comentarios suscitou pola súa relación co Amadís de Gaula. Outras temáticas extraordinarias, como a do casamento da amada, tamén están presentes: Senhor fremosa, oy eu dizer, do xograr Lourenço. Tamén se escolman cantigas con esquemas métricos singulares, como Des que eu vi, de Roí Fernandez de Santiago, e textos provenzalizantes por temática e rimas como Amor faz a min amar tal señor, de Airas Nunez, ou polo emprego intensivo das rimas derivadas artellando o poema, que só se emprega en tres ocasións na nosa lírica medieval: Cativo! mal conssellado!, de Martin Moxa. Remata a selección dos trinta textos coa delicada cantiga de Vidal Moyr, e faço dereyto. Ábrese a escolma de cantigas de amigo cunha de Bernal de Bonaval dialogada, Ay, fremosinha, se ben ajades!, que resulta dubidosa na súa adxudicación xenérica posto que a primeira voz é a dun interlocutor anónimo e, polo tanto, con posibilidades de ser masculina. Nese caso deberíamos definila como cantiga de amor. Pero ambientación, fraseoloxía e vocabulario son de amigo, e así se cataloga sempre, ademais de ser Bernal de Bonaval o representante paradigmático da máis tradicional estrutura da cantiga de amigo, como a presente. Porén esta cantiga tamén é extraordinaria polo seu esquema rimático non común e pola súa particular ambientación, pois nela se fala dunha vila, elemento alleo á cantiga de amigo, aínda que a acción se desenvolve lonxe dela. Interesantes cuestións de xénero que non é posible desenvolver aquí. No segundo poema seleccionado, Fremosas, a Deus grado, tan bon dia comigo!, Bernal de Bonaval tamén nos mostra o seu dominio dos elementos constituíntes do xénero ao ofrecernos unha composición de fasquía aparentemente 3

4 tradicional: paralelismo literal, leixa-pren, pero que se resolve en forma de mestría. Nuno Fernandez Torneol deléitanos a seguir coa súa coñecida composición Levad, amigo, que dormides as manhãas frias, tan comentada pola súa relación coa alba provenzal. Na cuarta composición muda o rexistro estético, abandonando os marcados elementos de repetición, agás o refrán, cunha cantiga do orixinal Johan Garcia de Guilhade, Cada que ven o meu amig aqui, na que se observa a reacción de desconfianza da muller ante os sentimentos expresados polo home na cantiga de amor. Na segunda deste autor temos a célebre comparación cos amantes Flores e Brancafrol. Do lábil Pero da Ponte selecciónase unha composición desenvolta mediante un diálogo no que a doncela recibe consellos da súa nai, que adopta unha actitude pouco ortodoxa no xénero, pois aconsella vinganza. E así ata un total de trinta cantigas, entre as que se inclúen catro pastorelas, circunstancia de xénero da que, desde logo, da fe a antóloga: a fermosa cantiga de cantigas de Airas Nunez, dúas das tres de Don Denis, e a de Johan Airas de Santiago. Nas cantigas de escarnio e maldizer selecciónanse textos ben pola orixinalidade dos seus esquemas métricos, como Con vossa graça, mia senhor, de Fernan Paez de Tamalancos; ben pola súa temática, recollendo posibilidades diversas: escarnios de amor, burlas contra soldadeiras, abadesas, médicos, colegas, infanzóns; escarnios literarios sobre a propia creación poética; o tema dos falsos cruzados; un pranto burlesco. Tamén se inclúen neste repertorio varias tenzóns que, como sabemos, pertencen tecnicamente a esoutro xénero, pero que tematicamente se integran nas de escarnio e maldizer; a marabillosa cantiga de desencanto de Afonso X Non me posso pagar tanto que tantos comentarios diversos ten suscitado; sátiras contra a cobardía dos guerreiros cristiáns na guerra de Granada; sátiras de temática moral; escarnios políticos; o tema da superstición. Tampouco elude a presentación dalgúns poemas obscenos. Completa a escolma unha selección de cantigas de Santa María nas que se pretende reproducir a estrutura decimal da obra orixinal en pequena escala: unha cantiga de loor seguida de cinco cantigas narrativas de milagre e mesmo facendo que vaian precedidas dun dos poemas-prólogo. Como remate sitúase a Petiçom, que funciona como epílogo, aínda que na obra alfonsina ficou finalmente algo desprazada. Tanto as cantigas narrativas seleccionadas como as de loor responden ás variacións estéticas da obra escolmada: de metros moi curtos composicións en versos de 4, 5 e 7 sílabas a medidas de grande formato: versos de 15 sílabas; monométricas e plurimétricas. Naturalmente dominan o zéxel e a forma de refrán, pero tamén hai presenza dalgún 4

5 rondeau e da mestría. Tamén se nos transmite a riqueza rímica da obra. Canto á temática destacamos a selección de milagres acaecidos ao propio Rei Sabio. Esperamos que esta obra coidada e completa, que atende a diversos puntos de interese para o lector, cumpla os obxectivos para os que se creou e teña tamén noutros lugares a difusión que se merece, a pesar das dificultades habituais de distribución do libro brasileiro, polo menos aquí, en Galicia. 5

11. A LITERATURA GALEGA MEDIEVAL (1)

11. A LITERATURA GALEGA MEDIEVAL (1) 11. A LITERATURA GALEGA MEDIEVAL (1) Contexto sociocultural A lírica medieval galego-portuguesa A cantiga de amigo Contexto sociocultural A sociedade medieval Durante os séculos XII e XIII Galicia vive

Leia mais

A literatura medieval

A literatura medieval A literatura medieval XÉNEROS LITERARIOS A cantiga de amor A cantiga de amigo As cantigas e escarnio e maldicir As cantigas de Santa María A prosa medieval Lírica profana: Lírica amorosa: Cantigas de amor

Leia mais

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO EXPOSICIÓN DE TEMAS º ESO O proxecto consiste en que o alunado da clase, por grupos, expoña unha unidade completa ou ben parte dunha unidade do programa. Para iso organizarán-se grupos dun mínimo de dous

Leia mais

Ensino Médio - Unidade Parque Atheneu Professor (a): Kellyda Martins de Carvalho Aluno (a): Série: 1ª Data: / / LISTA DE LITERATURA

Ensino Médio - Unidade Parque Atheneu Professor (a): Kellyda Martins de Carvalho Aluno (a): Série: 1ª Data: / / LISTA DE LITERATURA Ensino Médio - Unidade Parque Atheneu Professor (a): Kellyda Martins de Carvalho Aluno (a): Série: 1ª Data: / / 2016. LISTA DE LITERATURA Orientações: - A lista deverá ser respondida na própria folha impressa

Leia mais

Literatura galega medieval

Literatura galega medieval FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA Literatura galega medieval Henrique Monteagudo GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2016/2017 FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA

Leia mais

Prof. Eloy Gustavo. Aula 2 Trovadorismo

Prof. Eloy Gustavo. Aula 2 Trovadorismo Aula 2 Trovadorismo Escolas Literárias História da Literatura Um sistema de tendências artísticas, em vigor, na maioria das obras produzidas, numa determinada época histórica. Periodologia da Literatura

Leia mais

OS SÍMBOLOS POÉTICOS DAS CANTIGAS DE AMIGO LINGUA GALEGA E LITERATURA 3º ESO CPI AS REVOLTAS (CABANA DE BERGANTIÑOS) PROFESORA: ANA MARTÍNS

OS SÍMBOLOS POÉTICOS DAS CANTIGAS DE AMIGO LINGUA GALEGA E LITERATURA 3º ESO CPI AS REVOLTAS (CABANA DE BERGANTIÑOS) PROFESORA: ANA MARTÍNS OS SÍMBOLOS POÉTICOS DAS CANTIGAS DE AMIGO LINGUA GALEGA E LITERATURA 3º ESO CPI AS REVOLTAS (CABANA DE BERGANTIÑOS) PROFESORA: ANA MARTÍNS AS ÁRBORES Ambientan a paisaxe campestre dalgunhas cantigas de

Leia mais

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015 PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015 A) ALTA NO REXISTRO DE FACTURAS ELECTRÓNICAS DA XUNTA DE GALICIA SEF O primeiro que hai que facer é acceder ao SEF a través do seu enlace para

Leia mais

Revista de libros 343

Revista de libros 343 Revista de libros 343 Aproximacións ao estudo do Vocabulario trobadoresco, edición ao coidado de Mercedes Brea e Santiago López Martínez-Morás. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación

Leia mais

Potencias e radicais

Potencias e radicais Potencias e radicais Contidos 1. Radicais Potencias de expoñente fraccionario Radicais equivalentes Introducir e extraer factores Cálculo de raíces Reducir índice común Radicais semellantes. Propiedades

Leia mais

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade Elabora: División de Asistencia Sanitaria Colaboradores: Pablo Galego Feal Antonio García Quintáns Ana Mª Gutiérrez Molina Javier Abalo Piñeiro

Leia mais

O Software Libre naspequenase Medianas Empresas de Galicia

O Software Libre naspequenase Medianas Empresas de Galicia SI O Software Libre naspequenase Medianas Empresas de Galicia EDICIÓN 212. RESUMO EXECUTIVO 1 Í N D I C E I. Presentación II. Principais resultados II.1. Datos xerais II.2. Empresas que non usan Software

Leia mais

Gaita de Foles. 1 de 10 / Gaita de Foles e Palheta / D. Morais / Abril de /

Gaita de Foles. 1 de 10 / Gaita de Foles e Palheta / D. Morais / Abril de / Gaita de Foles A transcrição de música de guita de foles em notação musical põe problemas de difícil resolução, pela quase impossibilidade de anotar o que para alguns autores são «... faltas de entoação

Leia mais

Trovadorismo Trovadorismo

Trovadorismo Trovadorismo Trovadorismo Trovadorismo O Trovadorismo é a primeira manifestação literária da língua portuguesa. Seu surgimento ocorre no mesmo período em que Portugal começa a despontar como nação independente, no

Leia mais

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

Puntazo de Encontro speed-dating cultural Culturgal é un gran punto de encontro. Por iso, o Concello de Pontevedra quere ORGANIZAR espazos e momentos para atoparnos no Culturgal. Entendemos que é moi importante que empresas (novas ou non tanto),

Leia mais

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45663 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA RESOLUCIÓN conxunta do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral

Leia mais

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Homes Mulleres. Menores de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Homes Mulleres. Menores de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos 1 PARO REXISTRADO Principais cifras do paro rexistrado O pasado mes de febreiro pechou con 235.268 persoas desempregadas inscritas nas oficinas do servizo público de emprego en Galicia, das cales o 53,73

Leia mais

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia O emprego en 2015: pouco, precario e sen dereitos Setembro de 2015

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia O emprego en 2015: pouco, precario e sen dereitos Setembro de 2015 Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia O emprego en 2015: pouco, precario e sen dereitos Setembro de 2015 Elaboración: Secretaría de Emprego e Gabinete Económico ÍNDICE 1. Galicia crea menos emprego ca

Leia mais

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL INTRODUCIÓN Finalidade A música é unha forma de linguaxe na que a función expresiva é unha das súas manifestacións fundamentais. Edgar Wilems di que a música favorece o impulso

Leia mais

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO SERVIZO INTEGRADO NO PROGRAMA BEN EMPREGADO páx. 0 O Programa de Fomento do Emprego e a Economía dos Sectores Estratéxicos da provincia

Leia mais

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_ : TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_24.11.2010 IMAGINA ATLANTICA: ESPAZO ATLÁNTICO, TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES ACCION WP3.1: Programa de Intercambio

Leia mais

Literatura Medieval. Trovadorismo (1189/1198)

Literatura Medieval. Trovadorismo (1189/1198) Literatura Medieval Trovadorismo (1189/1198) PAINEL HISTÓRICO E CULTURAL DA ÉPOCA Cristianismo Cruzadas rumo ao sul de Portugal Cruzadas rumo ao Oriente Luta contra os mouros Teocentrismo: poder

Leia mais

Os Números Reais. 1. Introdución. 2. Números racionais. Número irracionais

Os Números Reais. 1. Introdución. 2. Números racionais. Número irracionais Os Números Reais 1. Introdución 2. Números racionais. Números irracionais 2.1 Números racionais 2.2 Números irracionais 3. Os números reais. A recta Real 4. Aproximacións e erros 5. Notación Científica

Leia mais

Semana 4 Sexta Feira L.E. Períodos Literários. O Trovadorismo

Semana 4 Sexta Feira L.E. Períodos Literários. O Trovadorismo L.E. Semana 4 Sexta Feira Períodos Literários O Trovadorismo Idade média O sistema feudal Teocentrismo Língua portuguesa arcaica O Trovador Um poeta itinerante Artista de origem nobre Recitava sua poesia

Leia mais

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III REGIÃO NORTE GALICIA Camas por 1000 habitantes: número de camas de hospitais e de centros de saúde com internamento referido à população residente estimada para

Leia mais

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni Museo Interactivo da Historia de Lugo Omni Tempore Juan Pablo Mastroianni Juan Pablo Mastroianni Nacido en Buenos Aires, Arxentina (1957); residente na cidade de Lugo dende o ano 2002. Cursou estudos artísticos

Leia mais

SISTEMA DIÉDRICO I Intersección de planos e de recta con plano TEMA 8 INTERSECCIÓNS. Obxectivos e orientacións metodolóxicas. 1.

SISTEMA DIÉDRICO I Intersección de planos e de recta con plano TEMA 8 INTERSECCIÓNS. Obxectivos e orientacións metodolóxicas. 1. Obxectvos e orentacóns metodolóxcas SISTEMA DIÉDRICO I Interseccón de planos e de recta con plano TEMA 8 Como prmero problema do espazo que presenta a xeometría descrtva, o alumno obterá a nterseccón de

Leia mais

Que é unha rede de ordendores?

Que é unha rede de ordendores? Redes Tema 4 Que é unha rede de ordendores? Unha rede informática é o conxunto de ordenadores interconectados entre sí, o que permite compartir recursos e información entre eles, Entre as ventaxas do uso

Leia mais

Unidade Didáctica 3: Contamos a nosa historia

Unidade Didáctica 3: Contamos a nosa historia Unidade Didáctica 3: Contamos a nosa historia Chanzo 1: Pódese falar de calquera maneira? Tema: As variedades lingüísticas. o Variedades internas da lingua: Niveis Rexistros Variedades xeográficas Chanzo

Leia mais

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño 2. Lectura / ( 20 % ) 3.Interpretación 4.Público 5.Nivel global / ( 20 % ) MATERIA DE CONXUNTO DE GUITARRA, CURSOS 1º A 4º DO G.P. / CRITERIOS DE CORRECCIÓN: DENTRO DE CA ÁREA Avaliación ordinaria trimestral

Leia mais

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega CLG-N2-13 Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II Proba escrita Competencia lingüística: lingua galega Duración: sesenta minutos 1º apelido 2º apelido Nome Lugar do exame Data Obxectivo

Leia mais

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE 2 Potencias e raíces Lembra o fundamental Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES CONCEPTO DE POTENCIA EXPOÑENTE Calcula. a a a a a = a 5 { 5 VECES BASE Lese a elevado á quinta. 3 2 = 2 5 = 4 3 = 7 2 = PROPIEDADES

Leia mais

CIRCULAR (modificada a 20/04/2016)

CIRCULAR (modificada a 20/04/2016) Avda. de Glasgow, 13. Complexo Deportivo de Elviña. Teléfono: 981291683 Páxina Web: http://www.atletismogalego.org e http://www.carreirasgalegas.com CIRCULAR 33-2016 (modificada a 20/04/2016) - A todas

Leia mais

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS Requisitos de Titulación (Nivel mínimo de Titulación e Formación esixible): Técnico/a superior

Leia mais

Trovadorismo e Humanismo Literatura Portuguesa

Trovadorismo e Humanismo Literatura Portuguesa Trovadorismo e Humanismo Literatura Portuguesa Prof. Thiago Robson Aletro As Trovas Medievais Contexto histórico-cultural Idade Média (Séc XII) Feudalismo/vassalage m Nobreza Teocentrismo Cruzadas Galego-Português

Leia mais

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores (ORAL) Caderno dos examinadores C4-B-06 PARTE 1 (Texto escrito) A continuación, lea vostede o seguinte texto sobre deseñadores africanos. Tome as notas que precise. DESEÑADORES AFRICANOS NO MERCADO INTERNACIONAL

Leia mais

Lorenzo Grandín, Pilar / Marcenaro, Simone: Il canzoniere del trovatore Roi Queimado, Alessandria, Edizioni dell Orso, 2010, 350 pp.

Lorenzo Grandín, Pilar / Marcenaro, Simone: Il canzoniere del trovatore Roi Queimado, Alessandria, Edizioni dell Orso, 2010, 350 pp. Lorenzo Grandín, Pilar / Marcenaro, Simone: Il canzoniere del trovatore Roi Queimado, Alessandria, Edizioni dell Orso, 2010, 350 pp. A desidia de que foron obxecto os nosos textos poéticos medievais durante

Leia mais

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DOG Núm. 187 Mércores, 1 de outubro de 2014 Páx. 42848 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de

Leia mais

Literatura na Idade Média

Literatura na Idade Média ORIGENS EUROPEIAS 1 Literatura na Idade Média >> Leia o texto a seguir para responder às questões de 1 a 5. Estes meus olhos nunca perderam, senhor, gran coita, mentr eu vivo for. E direi-vos, fremosa

Leia mais

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES 1 LAVAR OS DENTES 2 INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES Establecer unha correcta hixiene oral desde os primeiros anos é un investimento para toda a vida. Os problemas relacionados coa saúde bucodental,

Leia mais

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS Docencia da formación profesional para o emprego CARACTERÍSTICAS XERAIS Modalidade presencial Datas 15/09/2014 18/12/2014 Prácticas Xaneiro 2015 Horario 16:00 21:00 Lugar de impartición Duración Inscrición

Leia mais

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015 Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015 A Fundación SGAE presenta o seguinte programa de bolsas de formación para o ano 2014/2015: -Bolsas para a formación

Leia mais

TEMA 12 CANTIGAS DE BURLAS, XÉNEROS MENORES, CANTIGAS DE SANTA MARÍA E PROSA MEDIEVAL. 1.1.As cantigas de escarnho e as cantigas de maldizer

TEMA 12 CANTIGAS DE BURLAS, XÉNEROS MENORES, CANTIGAS DE SANTA MARÍA E PROSA MEDIEVAL. 1.1.As cantigas de escarnho e as cantigas de maldizer TEMA 12 CANTIGAS DE BURLAS, XÉNEROS MENORES, CANTIGAS DE SANTA MARÍA E PROSA MEDIEVAL I.CANTIGAS DE BURLAS 1.1.As cantigas de escarnho e as cantigas de maldizer -Terceiro xénero maior (xunto coas de amigo

Leia mais

COPA DE GALICIA DE CLUBES DE PISTA CUBERTA Pazo de deportes de Riazor, A Coruña, 7 de xaneiro 2017

COPA DE GALICIA DE CLUBES DE PISTA CUBERTA Pazo de deportes de Riazor, A Coruña, 7 de xaneiro 2017 Avda. de Glasgow, 13. Complexo Deportivo de Elviña. Teléfono: 981291683 Páxina Web: http://www.atletismogalego.org e http://www.carreirasgalegas.com CIRCULAR 77-2016 (MODIFICADA A 19/12/2016) - A todas

Leia mais

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Recursos de información Páxina web. http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ Perfil facebook https://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc

Leia mais

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE OBXECTIVOS: Formar persoas capaces de realizar actividades socioculturais e recreativas, tanto en tempo libre urbano como na natureza. As funcións

Leia mais

LÍNGUA PORTUGUESA ENSINO MÉDIO PROF. DENILSON SATURNINO 1 ANO PROF.ª JOYCE MARTINS

LÍNGUA PORTUGUESA ENSINO MÉDIO PROF. DENILSON SATURNINO 1 ANO PROF.ª JOYCE MARTINS LÍNGUA PORTUGUESA 1 ANO PROF.ª JOYCE MARTINS ENSINO MÉDIO PROF. DENILSON SATURNINO CONTEÚDOS E HABILIDADES Unidade I Tecnologia Corpo, movimento e linguagem na era da informação. 2 CONTEÚDOS E HABILIDADES

Leia mais

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo Instrución: 14/2007 Data: 1/06/2007 Asunto: Trámites administrativos de aseguramento a realizar nos centros de saúde Orixe: Dirección Xeral de Aseguramento e Planificación Sanitaria e Dirección Xeral de

Leia mais

Potencias e raíces de números enteiros

Potencias e raíces de números enteiros Potencias e raíces de números enteiros Obxectivos Nesta quincena aprenderás a: Expresar multiplicacións dun mesmo número en forma de potencia. Realizar operacións con potencias. Traballar con potencias

Leia mais

AS FRASES FEITAS NO REXISTRO COLOQUIAL

AS FRASES FEITAS NO REXISTRO COLOQUIAL AS FRASES FEITAS NO REXISTRO COLOQUIAL XUSTIFICACIÓN O alumnado utiliza o castelán como lingua do rexistro informal e o galego como lingua formal para a aprendizaxe de contidos. O traballo pretende que

Leia mais

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso clases sen fume información para os centros docentes curso 2016-2017 30 outubro Remate do prazo de inscrición Remisión ficha de inscrición (web o fax) 2novembro Comezo do compromiso de non fumar 11novembro

Leia mais

PAU XUÑO 2014 MATEMÁTICAS II

PAU XUÑO 2014 MATEMÁTICAS II PAU XUÑO 2014 Código: 26 MATEMÁTICAS II (O alumno/a debe responder só aos exercicios dunha das opcións. Puntuación máxima dos exercicios de cada opción: exercicio 1= 3 puntos, exercicio 2= 3 puntos, exercicio

Leia mais

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA INSTITUTO DE ENSINO SECUNDARIO "SAN CLEMENTE" C/. San Clemente, s/n. 15705 Santiago de Compostela Teléfonos 981 58 04 96-981 58 03 66 Fax 981 57 21 90 e-mail: ies.sanclemente@edu.xunta.es www.iessanclemente.net

Leia mais

PAU XUÑO 2016 ECONOMÍA DA EMPRESA

PAU XUÑO 2016 ECONOMÍA DA EMPRESA XUÑO 2016 Instrucións: O alumno debe elixir UNHA das dúas opcións e responder todas as preguntas da opción elixida 1.1.- Que é unha Sociedade de Responsabilidade Limitada? 1.2.- Que se entende por segmentación

Leia mais

Segundo.- Derrogar a Resolución Reitoral da UDC do 8/09/2016. ANEXO I

Segundo.- Derrogar a Resolución Reitoral da UDC do 8/09/2016. ANEXO I RESOLUCIÓN REITORAL DO 16/10/2017 DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA POLA QUE SE ESTABLECEN AS ACTIVIDADES POLAS QUE SE RECOÑECEN CRÉDITOS NOS ESTUDOS DE GRAO, POLA PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES UNIVERSITARIAS CULTURAIS,

Leia mais

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

Enrédate con seguridade by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed "Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License. Puede hallar permisos más allá de

Leia mais

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DOG Núm. 189 Venres, 3 de outubro de 2014 Páx. 43190 IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA ANUNCIO do 19 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Centros

Leia mais

Tema 1: A MEDIDA. Na Física e na Química, como ciencias experimentais que son, estamos constantemente medindo diferentes magnitudes.

Tema 1: A MEDIDA. Na Física e na Química, como ciencias experimentais que son, estamos constantemente medindo diferentes magnitudes. Tema 1: A MEDIDA Na Física e na Química, como ciencias experimentais que son, estamos constantemente medindo diferentes magnitudes. Entendemos por medir unha magnitude, a comparación cun valor arbitrario

Leia mais

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS 1. Identificación da programación Centro educativo Centro Concello Ano académico 15015767 Politécnico de Santiago Santiago de Compostela 2016/2017 Ciclo formativo da familia profesional Familia profesional

Leia mais

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO? CONVOCATORIA XII EDICIÓN DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO Programa de voluntariado internacional para o persoal técnico da administración local galega Ano 2017 1. QUE SON AS VACACIÓNS CON TRABALLO? Vacacións

Leia mais

Vigo, Os autores dan permiso para distribuir esta obra de acordo cunha licencia Creative Commons Recoñecemento Non comercial (CC BY-NC)

Vigo, Os autores dan permiso para distribuir esta obra de acordo cunha licencia Creative Commons Recoñecemento Non comercial (CC BY-NC) Vigo, 2017 Os autores dan permiso para distribuir esta obra de acordo cunha licencia Creative Commons Recoñecemento Non comercial (CC BY-NC) BY NC Primeira parte Índice Introdución teórica 1.- O Pergamiño

Leia mais

UNHA APROXIMACIÓN AO MUNDO CLÁSICO:

UNHA APROXIMACIÓN AO MUNDO CLÁSICO: UNHA APROXIMACIÓN AO MUNDO CLÁSICO: Roma foi desde a súa fundación no ano 753 a.c. unha pequena cidade da Península Nos primeiros tempos, Roma foi gobernada por unha Monarquía, na que o.. tiña todos os

Leia mais

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA HISTORIA DA MÚSICA E DA DANZA CURSO 2º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESOR DANIEL COSTA FERREIRO

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA HISTORIA DA MÚSICA E DA DANZA CURSO 2º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESOR DANIEL COSTA FERREIRO MD75010303 Data: 23-09-2016 Rev.3 PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA HISTORIA DA MÚSICA E DA DANZA CURSO 2º BAC CURSO ACADÉMICO 2016-2017 PROFESOR DANIEL COSTA FERREIRO CONTIDOS E ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE ASOCIADOS.

Leia mais

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

2 Prestacións económicas da Seguridade Social 28 2 Prestacións económicas da Seguridade Social 2.1 Prestación económica por parto ou adopción múltiple Trátase dunha axuda económica, de pagamento único, cando o número de fillas ou fillos que nacen

Leia mais

1.- Organización da Escola de Primavera:

1.- Organización da Escola de Primavera: Curso: Escola de Primavera do CESG. Metodoloxías de acción e participación socioeducativas Lugar: Centro Cívico Municipal de Monelos da cidade de A Coruña Data: 9 e de maio de 6 Duración: horas lectivas

Leia mais

TROVADORISMO. Colégio Portinari Professora Anna Frascolla 2010

TROVADORISMO. Colégio Portinari Professora Anna Frascolla 2010 TROVADORISMO Colégio Portinari Professora Anna Frascolla 2010 Em meados do século XII, Portugal se constitui como um estado independente = início de sua história literária. http://lh6.google.com/c.alberto.vaz

Leia mais

MEMORIA DO LECTORADO DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS CURSO

MEMORIA DO LECTORADO DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS CURSO UNIVERSIDADE DO ALGARVE Departamento de Artes e Humanidades Centro de Estudos Galegos MEMORIA DO LECTORADO DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS CURSO 2014-2015 Lectora: Paula García Rumbo Co visto e

Leia mais

Escola Estadual Frederico J. Pedrera Neto

Escola Estadual Frederico J. Pedrera Neto Trovadorismo Escola Estadual Frederico J. Pedrera Neto Data 18/08/2016 professora(a); Mirleia Aluno(a); Marcos Vinicius Palmas - To Trovadorismo foi um movimento literário e poético que surgiu na Idade

Leia mais

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO 2012-13 PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º curso) Titora 1º curso: M. Rosario Rey Titora 2º: Esther Fernández O SAMAÍN Alumnado de primeiro e segundo preparando

Leia mais

Os obxectivos educativos

Os obxectivos educativos Os obxectivos educativos 1 Índice XENERALIDADES 3 1.1. Os obxectivos no proceso de ensino-aprendizaxe 3 1.2. A formulación dos obxectivos. 3 1.3. O obxectivo como meta e reto (obxectivos e competencias)

Leia mais

TÁBOAS DE VALORACIÓN DO RISCO CARDIOVASCULAR

TÁBOAS DE VALORACIÓN DO RISCO CARDIOVASCULAR TÁBOAS DE VALORACIÓN DO RISCO CARDIOVASCULAR Francisco Jesús Represas Carrera Enfermeiro especialista en Atención Familiar e Comunitaria ÍNDICE 1. Introdución Páx. 3 2. Táboa de Framingham Páx. 4 3. Táboa

Leia mais

CMUS Profesional de Viveiro

CMUS Profesional de Viveiro CMUS Profesional de Viveiro CONCELLO DE VIVEIRO PROGRAMACIÓN DE GAITA ÍNDICE 01. GRAO ELEMENTAL... 7 02. GAITA 1º CURSO G. E.... 7 02.1. OBXECTIVOS... 7 02.2. CONTIDOS... 7 02.3. CRITERIOS DE AVALIACIÓN...

Leia mais

Apêndice. Gladis Massini-Cagliari

Apêndice. Gladis Massini-Cagliari Apêndice Gladis Massini-Cagliari SciELO Books / SciELO Livros / SciELO Libros MASSINI-CAGLIARI, G. Apêndice. In: A música da fala dos trovadores: desvendando a pro-sódia medieval [online]. São Paulo: Editora

Leia mais

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

Ciencia que estuda o pasado da humanidade. Ciencia que estuda o pasado da humanidade. Clasifícanse FONTES HISTÓRICAS Son pegadas deixadas pola actividade do ser... a través do... Permítennos... os acontecementos e a forma de... Poden ser Restos

Leia mais

Estudo e edición de textos ata o século XVII

Estudo e edición de textos ata o século XVII FACULTADE DE FILOLOXÍA Estudo e edición de textos ata o século XVII Henrique Monteagudo GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2016/2017 FACULTADE DE FILOLOXÍA. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA AUTOR/A:

Leia mais

PRESENZA DA XEOMETRÍA NA NATUREZA E NO ARTE

PRESENZA DA XEOMETRÍA NA NATUREZA E NO ARTE UNIDADE DIDACTICA: PRESENZA DA XEOMETRÍA NA NATUREZA E NO ARTE CEP PLURILINGÜE IGREXA VALADARES EQUIPOS DE BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA (2012-2013) ACTIVIDADE Nº 1 QUE SABEMOS SOBRE A XEOMETRÍA?

Leia mais

Unidade 5. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

Unidade 5. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación Unidade 5 1. Presentación da unidade 2. Obxectivos didácticos 3. Contidos da unidade/criterios de avaliación/estándares de aprendizaxe avaliables 4. Selección

Leia mais

FERRAMENTAS PARA A BÚSQUEDA DE EMPREGO O CURRÍCULO

FERRAMENTAS PARA A BÚSQUEDA DE EMPREGO O CURRÍCULO FERRAMENTAS PARA A BÚSQUEDA DE EMPREGO O CURRÍCULO Continuando o camiño ó emprego, a continuación centrámonos nas pautas a seguir á hora de utilizar as ferramentas precisas para iniciar a búsqueda de emprego.

Leia mais

ARTE RENACENTISTA. ORIXE: italiana (Florencia e Roma) TEMPORALIZACIÓN: S.XV (Italia) e S.XVI CARACTERÍSTICAS XERAIS:

ARTE RENACENTISTA. ORIXE: italiana (Florencia e Roma) TEMPORALIZACIÓN: S.XV (Italia) e S.XVI CARACTERÍSTICAS XERAIS: ARTE RENACENTISTA ORIXE: italiana (Florencia e Roma) TEMPORALIZACIÓN: S.XV (Italia) e S.XVI CARACTERÍSTICAS XERAIS: Entusiasmo pola antigüidade, gusto polas formas clásicas (de Grecia e Roma) Culto á vida,

Leia mais

05 Movémonos mellor?

05 Movémonos mellor? Movémonos mellor? 05 05 01CAMIÑAS OU CONTAMINAS? A nosa protagonista, Inés Quecible, fai ao longo do día o seguinte percorrido: Pola mañá no coche co pai ata a casa dos avós; no coche da súa tía desde

Leia mais

CAIXA TORRE (MATEMÁTICAS CON PAPEL)

CAIXA TORRE (MATEMÁTICAS CON PAPEL) CAIXA TORRE (MATEMÁTICAS CON PAPEL) Covadonga Blanco. EUAT Universidade da Coruña Teresa Otero. IES Antón fraguas. Santiago de Compostela Alicia Pedreira. IES Monelos. A Coruña A papiroflexia ou origami

Leia mais

EDIÇÃO CRÍTICA DO CANCIONEIRO DE DOM DINIS José Pereira da Silva (UERJ)

EDIÇÃO CRÍTICA DO CANCIONEIRO DE DOM DINIS José Pereira da Silva (UERJ) EDIÇÃO CRÍTICA DO CANCIONEIRO DE DOM DINIS José Pereira da Silva (UERJ) LANG, Henry. Denis e estudos dispersos. Organização de Lênia Márcia Mongelli e Yara Frateschi Vieira. Niterói: Eduff, 2010, 632 p.

Leia mais

O Cancioneiro de Pero Meendiz da Fonseca

O Cancioneiro de Pero Meendiz da Fonseca O Cancioneiro de Pero Meendiz da Fonseca Edición crítica Laura Tato Fontaíña Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades Santiago de Compostela 2007 O Cancioneiro da Biblioteca Nacional reprodúcese

Leia mais

DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4565

DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4565 DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4565 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2015 pola que se convoca o Curso de eventos deportivos:

Leia mais

DOCUMENTACIÓN DUNHA EXPLOTACIÓN GANDEIRA MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE

DOCUMENTACIÓN DUNHA EXPLOTACIÓN GANDEIRA MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE DOCUMENTACIÓN DUNHA EXPLOTACIÓN GANDEIRA MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE 1.- O QUE VOSTEDE TEN QUE CUMPRIR En toda explotación gandeira deben estar presentes os seguintes documentos: 1.

Leia mais

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS Os Organismos Autónomos aparecen recollidos no artigo 11 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia que os define coma entes institucionais de dereito

Leia mais

Un espectáculo cómico, poético e musical sobre a. a nosa lingua

Un espectáculo cómico, poético e musical sobre a. a nosa lingua Un espectáculo cómico, poético e musical sobre a a nosa lingua O espectáculo A Lingua na boca é un espectáculo cómico, poético e musical sobre a lingua, sobre as linguas, sobre a nosa lingua. Dicía Castelao:

Leia mais

4 POESIA TRADICIONAL PORTUGUESA

4 POESIA TRADICIONAL PORTUGUESA 4 POESIA TRADICIONAL PORTUGUESA Ttovadoresca, Palaciana e Camoniana Esteia Pinto'Ribeiro Lamas Luís Ricardo Pereira 6 3 Qi i O W < Coordenação científico-pedagógica Esteia Pinto Ribeiro Lamas Fernando

Leia mais

CONCURSO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS E CLUBS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS, ANO 2015 EXPEDIENTE DE SOLICITUDE

CONCURSO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS E CLUBS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS, ANO 2015 EXPEDIENTE DE SOLICITUDE CONCURSO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS E CLUBS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS, ANO 2015 EXPEDIENTE DE SOLICITUDE DATOS DA ENTIDADE Denominación social Enderezo social:

Leia mais

Indicadores sobre Banda Larga. Enquisa ás empresas sobre a Sociedade da Información en Galicia Ano 2012 Edición 2012

Indicadores sobre Banda Larga. Enquisa ás empresas sobre a Sociedade da Información en Galicia Ano 2012 Edición 2012 SI SI Indicadores sobre Banda Larga Enquisa ás empresas sobre a Sociedade da Información en Galicia Ano 2012 Edición 2012 . Edita: Xunta de Galicia Presidencia Axencia para a Modernización Tecnolóxica

Leia mais

As fiindas nas cantigas de amor do Cancioneiro da Ajuda

As fiindas nas cantigas de amor do Cancioneiro da Ajuda FACULTADE DE FILOLOXÍA GRAO EN GALEGO E PORTUGUÉS: ESTUDOS LINGÜÍSTICOS E LITERARIOS As fiindas nas cantigas de amor do Cancioneiro da Ajuda Laura de las Mercedes Buján Sánchez Xullo, 2015 ÍNDICE 1. Introdución...

Leia mais

Unidade 1. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

Unidade 1. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación Unidade 1 1. Presentación da unidade 2. Obxectivos didácticos 3. Contidos da unidade/criterios de avaliación/estándares de aprendizaxe avaliables 4. Selección

Leia mais

Deus Pai en min e eu en vós. Póñome nas túas

Deus Pai en min e eu en vós. Póñome nas túas MISA CON NENOS 14 de maio de 2017 - PASCUA 5-A Xoán 14, 1-12: Eu son o camiño e a verdade e a vida. Mensaxe: Deus Pai en min e eu en vós. Póñome nas túas mans, MÓVEME! Deus Pai en min e eu en vós. Póñome

Leia mais

Raúl Cesar Gouveia Fernandes

Raúl Cesar Gouveia Fernandes Floema - Ano V, n. 5, p. 181-192, jul./dez. 2009 GUTIÉRREZ GARCÍA, Santiago Amor e Burlas na Lírica Trobadoresca: Un estudo das cantigas paródicas galegoportuguesas A Coruña: Ediciós do Castro, 2006, 261

Leia mais

CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN. MÚSICA. Criterios de Avaliación de Música para os cursos de 2º e 3º de ESO.

CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN. MÚSICA. Criterios de Avaliación de Música para os cursos de 2º e 3º de ESO. CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN. MÚSICA CURSOS 2º-3º ESO Criterios de Avaliación de Música para os cursos de 2º e 3º de ESO. Segundo o decreto 133/2007, do 5 de Xullo (DOG do 13 Xullo de 2007),

Leia mais

V TRAIL DE VILATUXE 2017

V TRAIL DE VILATUXE 2017 V TRAIL DE VILATUXE 2017 Un ano mais a organización do Trail de Vilatuxe convoca a corredores e afeccionados a participar e desfrutar dunha xornada festiva para o deporte de montaña. Este ano como novidade

Leia mais

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DOG Núm. 188 Venres, 30 de setembro de 2011 Páx. 28969 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da

Leia mais

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS En definición do artigo 11 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia os organismos autónomos son entes institucionais de dereito público, dotados

Leia mais

que receberam e às possibilidades de seu aproveitamento para os estudos linguísticos e literários.

que receberam e às possibilidades de seu aproveitamento para os estudos linguísticos e literários. Apresentação Este e-book, Fontes e edições, que ora apresentamos, é o terceiro livro da Série Estudos Medievais, série oficial de obras publicadas pelo Grupo de Trabalho de Estudos Medievais (GTEM) da

Leia mais

Língua Portuguesa 8º Ano Teste de Avaliação Escrita nº 2

Língua Portuguesa 8º Ano Teste de Avaliação Escrita nº 2 Ministério da Educação Marinha Grande 1º Período 2008/2009 Língua Portuguesa 8º Ano Teste de Avaliação Escrita nº 2 Nome: N.º: Turma: B Data: 11 / 12 / 2008 Classificação: % - A Professora: O Enc. de Educ.:

Leia mais