Programación Piano

Documentos relacionados
Avaliación ordinaria trimestral e de xuño

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE PIANO

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

DEPARTAMENTO DE VENTO-METAL

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

" Programación" Trompeta

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

Modelo MD75PRO01. curso 2017/2018

CMUS Profesional de Viveiro

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

REDE DE CONSERVATORIOS DE MÚSICA E DANZA DE GALICIA

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

PROGRAMA OFICIAL DA MATERIA DE TROMBÓN

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

Anexo III. Modelo de programación de proba libre de módulos profesionais

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

En consecuencia, esta Dirección Xeral dita as seguintes instrucións:

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Guitarra

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Política e Obxectivos de Calidade

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Conxunto de Gaita

Planificación do curso escolar

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Trombón

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

1.- Organización da Escola de Primavera:

Programación de IDIOMAS APLICADOS AO CANTO

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

IES CANIDO INFORMACIÓN BÁSICA DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO PONTEAREAS

Conservatorio Profesional de Música de A Estrada. Departamento de Vento-Metal TROMPETA. PROGRAMACIÓN OFICIAL LOE (segundo Decreto 203/2007)

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS

EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física

O CONTRATO DE TRABALLO

Programación da materia de SAXOFÓN

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

GUITARRA. Conservatorio Profesional de Música de Vigo PROGRAMACIÓN OFICIAL LOE. (G. Elemental e G. Profesional) Departamento de Corda Pulsada

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

Programación da materia de SAXOFÓN

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Programación da materia de SAXOFÓN

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Violoncello

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

Programación de VIOLA

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

Conservatorio Profesional de Música de A Estrada. Departamento de Vento-Metal TROMBÓN. PROGRAMACIÓN OFICIAL LOE (segundo Decreto 203/2007)

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

CONSERVATORIOS E CENTROS AUTORIZADOS. Tipo de ensino Ensino regrado Ensino non regrado

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Conxunto de Percusión

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Conxunto de Vento- Metal

PROGRAMACIÓN VIOLONCELLO GRAO ELEMENTAL E GRAO PROFESIONAL

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

REDE EUSUMO. información e comunicación

PROGRAMA OFICIAL DA MATERIA DE VIOLA CURSO

NOME E APELIDOS /TEL/WEB TITORÍA X1, X2, X3, X6, X8, X9, X10, X11, X13, X21, X24, X25 3. OBXECTIVOS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Programación de Clarinete. Curso

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Música de Cámara de Percusión

PROGRAMA OFICIAL DA MATERIA DE CONTRABAIXO

Programación DIDÁCTICA REPENTIZACION E ACOMPAÑAMENTO Conservatorio Profesional de Música de Culleredo

REDE DE CONSERVATORIOS DE MÚSICA E DANZA DE GALICIA

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE GAITA

REDE DE CONSERVATORIOS DE MÚSICA E DANZA DE GALICIA

Educación Financeira. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria.

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

INTRODUCIÓN Á LITERATURA GALEGA 2

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

REPENTIZACIÓN E ACOMPAÑAMENTO (G. Profesional)

SAXOFÓN CONSERVATORIO PROFESIONAL DE CARBALLO

Conservatorio Profesional de Música de Carballo 1- INTRODUCCIÓN E FINALIDADE DA ENSINANZA PROFESIONAL DE MÚSICA NA MATERIA DE HARMONÍA.

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

Programación DIDÁCTICA CONXUNTO Conservatorio Profesional de Música de Culleredo

Conservatorio Profesional de Música de Carballo

P E Z A P E Z A. Galicia

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO PONTEAREAS

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA MÚSICA CURSO 2º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR DANIEL COSTA FERREIRO

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA Investigación e Tratamento da Información CURSO 1º / 2º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESORA María Loreto Albo García

Índice. Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. PROCEDEMENTO Matrícula. AC: xestión académica. AC- 02: xestión de alumnado

Non se vai predeterminar ningún libro de texto. O material didáctico deixarase por avaliacións, en carpetas, nos computadores da biblioteca.

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Iniciación ao Jazz

PROGRAMA OFICIAL DA MATERIA DE

Transcrição:

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa REDE DE CONSERVATORIOS DE MÚSICA E DANZA DE GALICIA Modelo MD75PRO01 Programación Piano 2017-2018 Páxina 1! de! 68

Índice 1. Introdución.3 2. Metodoloxía 3 3. Atención á diversidade.4 4. Temas transversais.4 5. Actividades culturais e de promoción das ensinanzas 5 6. Secuenciación do curso..5 1. Curso 1º Grao Elemental... 5 2. Curso 2º Grao Elemental 9 3. Curso 3º Grao Elemental..13 4. Curso 4º Grao Elemental..18 5. Curso 1º Grao Profesional 22 6. Curso 2º Grao Profesional 26 7. Curso 3º Grao Profesional 30 8. Curso 4º Grao Profesional 33 9. Curso 5º Grao Profesional 38 10. Curso 6º Grao Profesional 41 7. Procedementos de avaliación e seguimiento da programación didáctica 46 8. Procedementos para realizar a avaliación interna do departamento..46 9. ANEXOS 47 1. Probas de acceso 1º GP 47 2. Probas de acceso a outros cursos 48 3. Piano segundo instrumento 63 4. Criterios para obtención dos premios fin de grao profesional 67 Páxina 2! de! 68

1. Introdución A Lei Orgánica de educación 2/2006, do 3 de maio, establece no seu artigo 45 que as ensinanzas artísticas teñen como finalidade proporcionarlle ao alumnado unha formación artística de calidade e garantir a cualificación dos futuros profesionais da música, e no artigo 48 preceptúa que as ensinanzas elementais de música terán as características e a organización que as administracións educativas determinen. Ditas características veñen ditadas no posterior decreto de 27 de setembro. A finalidade do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de música é promover a autonomía do alumnado para que a súa capacidade de expresión musical adquira a calidade artística necesaria que permita acceder ao grao profesional. Así mesmo, a citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, no capítulo VI do título I, fixa as características básicas das ensinanzas profesionais de música, dentro das ensinanzas artísticas. A finalidade do grao profesional das ensinanzas de réxime especial de música é proporcionarlle ao alumnado unha formación artística de calidade e garantir a cualificación dos futuros profesionais. Neste marco, o Real decreto 1577/2006, do 22 de decembro, polo que se fixan os aspectos básicos do currículo das ensinanzas profesionais de música reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, estableceu os aspectos básicos do currículo das ensinanzas profesionais de música, desenvolvidos no posterior decreto de 27 de setembro. A presente programación da concreción a dito decreto a nivel de aula, e será o documento polo que se desenrolen os diversos parámetros do traballo de aula dos docentes deste centro. 2. Metodoloxía Co fin de potenciar no alumnado unha relación sa e directa coa música resulta importante coidar o aspecto metodolóxico, e dicir, a claridade e a limpeza do procedemento que se usa para guialo e para inducilo a se conectar coa música. A actividade musical deberá planearse, polo tanto, con coidado para que resulte rica e equilibrada. É importante que todo o que o neno practique no piano posúa unha indiscutible calidade. Trátase de traballar ordenadamente, gradualmente, procurando non saltar dificultades, comprendendo, explicando, establecendo relacións e integrando. Unha concepción pedagóxica moderna debe partir dunha premisa: a vocación musical dun cativo pode, en numerosísimos casos, quizá na maioría deles, non estar aínda claramente definida, o que esixe de maneira imperativa que a suma de coñecementos teóricos que se lle deben inculcar e as inevitables horas de práctica ás que se verá sometido ou sometida lle sexan presentadas do xeito mais atractivo e estimulante como sexa posible, para se sentiren cun verdadeiro interese na tarefa que se lles propón e, desa maneira, a súa posible incipiente vocación se vexa reforzada. A metodoloxía a empregar basearase en clases dinámicas e participativas nas que o alumno se sinta implicado. Procurarase empregar actividades variadas e lúdicas con obxecto de que o discente estea motivado e disfrute da aprendizaxe musical. Dado o carácter individualizado das ensinanzas instrumentais, o profesorado desenvolverá a súa estratexia de aula, e seleccionará e secuenciará o material e os recursos didácticos que estime convenientes atendendo ás necesidades específicas do alumnado. Páxina 3! de! 68

3. Atención á diversidade Nas actividades de clase As actividades de clase programaranse tendo en conta as circunstancias persoais de cada alumno, como: a súa orixe ou lugar de nacemento, situación familiar, capacidades intelectuais, etc. O alumnado con necesidades específicas de apoio educativo Os recursos materiais adaptaranse ás necesidades específicas do alumno. Por exemplo no caso de alumnado invidente proporcionándolle partituras en Braille, etc. A adaptación curricular a elaborará o Departamento atendendo as necesidades específicas do alumno, pero sempre tendo en conta os mínimos esixidos para cada curso na programación. 4. Temas transversais 1. Educación en valores Aparte dos valores universais de respecto e convivencia que afectan aos ámbitos da educación ambiental, da educación para a igualdade, da educación para a paz, da educación para o lecer, da educación do consumidor e da educación moral e cívica, que sempre son traballados nas clases individuais e colectivas, na aula traballaremos especialmente para que os alumnos adquiran coñecementos e habilidades para ser capaces de valorar a música dende un punto de vista estético e artístico. 2. Tratamento das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC s) O centro debe contar con algún equipo informático con conexión a Internet a disposición de profesores e alumnos. Para esta materia a rede é unha importante fonte de información, tanto para a consulta de fondos de bibliotecas, lectura de artigos especializados sobre a materia, busca de partituras, arquivos de audio, ou libros especializados, etc. A biblioteca-fonoteca-videoteca do centro convértese no lugar máis adecuado para a obtención de información, debendo animar e axudar aos alumnos a utilizar este espazo con aproveitamento. É recomendable usar na aula tecnoloxías da información e da comunicación, sempre que contemos con recursos que nolo permitan. Páxina 4! de! 68

5. Actividades culturais e de promoción das ensinanzas Estas actividades estarán organizadas ou coordinadas polo centro, ou colaborando con outras entidades alleas, e estarán relacionadas con aspectos propios das ensinanzas de música: Cursos especializados, asistencia a concertos ou ensaios de agrupacións de música, visita a museos ou similar, concertos fora do centro, etc Os alumnos e os seus responsables legais estarán informados con anterioridade de todos os datos pertinentes. Nestas actividades, organizadas para incentivar aos alumnos e mellorar a súa educación, se resaltarán, ademais valores de respeto e convivencia, entre outros. 6. Secuenciación do curso 1. Curso: Primeiro Grado Elemental 1. Obxectivos a) Adoptar unha posición axeitada do corpo con respecto ao instrumento que posibilite e favoreza a acción do conxunto brazo-antebrazo-man sobre o teclado. b) Coñecer as características e as posibilidades sonoras do instrumento, e sabelas empregar dentro das esixencias do nivel. c) Aplicar correctamente os coñecementos teórico-prácticos da linguaxe musical no instrumento. d) Interpretar obras en público e de memoria con naturalidade e control da situación. e) Adoptar hábitos de estudio que permitan un eficaz desenrolló dos coñecementos adquiridos. 2. Contidos a) Desenvolvemento da percepción interna da propia relaxación, así como dos indispensables esforzos musculares que require a execución instrumental, e procura dun equilibrio satisfactorio entre ambos factores. b) Bases dunha utilización consciente do peso do brazo c) Práctica de hábitos correctos de lectura aplicada ao instrumento a unha e dúas claves. d) Desenvolvemento da habilidade de cada man e do xogo coordinado de ambas. e) Iniciación da práctica do pase de polgar en rexistros medios e no ámbito dunha oitava. f) Coñecemento e iniciación na práctica de articulacións básicas: non legato, legato e staccato g) Coñecemento e iniciación na práctica de matices básicos. h) Desenvolvemento da sensibilidade auditiva como premisa para a obtención dunha boa calidade do son. i) Coñecemento do pedal de resonancia e iniciación na súa práctica en exercicios básicos. Páxina 5! de! 68

j) Iniciación á comprensión das estructuras musicais nos seus niveis (motivos, temas, períodos, frases, seccións, etc), para chegar a unha interpretación consciente e non simplemente intuitiva k) Iniciación no adestramento da memoria l) Selección progresiva en canto ao grao de dificultade dos exercicios, os estudos e as obras do repertorio pianístico que se consideren útiles para o desenvolvemento conxunto da capacidade musical e técnica do alumnado. m) Desenvolvementos de hábitos correctos e eficaces de estudo, estimulando a concentración, o sentido da autocrítica, e a disciplina no traballo. 3. Avaliación Criterios de avaliación b) Memorizar e interpretar textos musicais empregando a medida, a articulación e o fraseo adecuados ao seu contido. Este criterio de avaliación pretende comprobar a través da memoria, a correcta aplicación dos coñecementos teórico-prácticos da linguaxe musical. c) Interpretar obras de acordo aos criterios de estilo correspondente. Este criterio de avaliación pretende comprobar a capacidade do alumnado para empregar o tempo, a articulación e a dinámica, como elementos básicos da interpretación. d) Amosar, nos estudos e nas obras, a capacidade de aprendizaxe progresiva individual. Este criterio da avaliación pretende verificar se o alumnado é capaz de aplicar no seu estudo as indicacións do profesorado e, con elas, desenvolver unha autonomía progresiva de traballo que lle permita valorar correctamente o seu rendemento. e) Interpretar en público e de memoria, obras representativas do seu nivel no instrumento, con seguridade e control da situación. Este criterio de avaliación trata de comprobar a capacidade de memoria e autocontrol, e o dominio da obra estudada. Así mesmo, pretende estimular o interese do alumno polo estudo, e fomentar as capacidades de equilibrio persoal que lle permitan enfrontarse con naturalidade ante o público. f) Valorarase de forma positiva a asistencia regular ás clases. g) Valorarase a asistencia, rendemento e actitude nas clases individuais, e colectivas do instrumento, se as houbese. Mínimos esixibles Considéranse mínimos esixibles o 75% do total dos contidos do curso. Procedementos e ferramentas de avaliación A principio de curso procederase a realizar unha avaliación inicial para determinar o punto de partida sobre o cal establecer a programación específica para cada alumno. Páxina 6! de! 68

Coma a avaliación é continua, procederase a facer a avaliación procesual mediante o seguimento do reflectido no procedemento ordinario de avaliación. A avaliación final farase tendo en conta a consecución dos obxectivos para cada curso. Aqueles alumnos que non acaden os obxectivos na avaliación final terán que amosar o seu grao de consecución na convocatoria de setembro. No caso de perdida do dereito á avaliación continua procederase á realización dunha única proba ao final do curso, que elaborará o Departamento, baseada nos contidos especificados na programación para dito curso. Producirase a pérdida do dereito á avaliación contínua no caso de 4 faltas non xustificadas do alumno ás clases ao longo do curso. O profesorado poderá empregar como ferramentas de avaliación as seguintes: Traballo individual do alumnado: segundo o recollido polo profesor no caderno de clase. Audicións de aula: realizadas coa periodicidade que estime o profesorado. As actividades que o profesorado estime conveniente: audicións organizadas polo departamento, audicións organizadas polo profesorado, cursiños, intercambios, etc Criterios de cualificación Para a avaliación do alumno o profesor terá en conta os seguintes criterios: -Criterios Técnicos (Técnica, Traballo, Hixiene postural...) 40% -Criterios Estéticos (Interpretación, Son, Resultado musical...) 40% -Criterios Actitudinais (Actitude, Interese, Comportamento...) 20% Para ter opción a facer media entre os apartados e ter posibilidade de aprobar, o alumno deberá superar o 50% da cualificación de cada un dos apartados. Criterios de cualificación da Proba Extraordinaria de setembro e Criterios de cualificación no caso de Perda da avaliación contínua -Criterios Técnicos (Técnica, Traballo, Hixiene postural...) 50% -Criterios Estéticos (Interpretación, Son, Resultado musical...) 50% Criterios para a concesión de ampliación de matrícula Para aqueles alumnos que teñan un nivel superior ao do curso no que están, poderase concederlles a ampliación de matrícula ao curso superior. A través do diálogo entre todas as partes implicadas, a saber, profesorado, titores legais e alumno, buscarase conseguir o maior rendemento escolar posible en cada caso a través dunha planificación axeitada e moi meditada, seguindo os pasos establecidos no protocolo existente no centro para estes casos de ampliación de matrícula. Páxina 7! de! 68

4. Medidas de recuperación Procedementos de recuperación ordinarios Cando un alumno teña a materia pendente, ou presente problemas de rendemento como consecuencia dunha ausencia prolongada ás clases, o profesor procurará adecuar o traballo a desenvolver na procura dunha óptima recuperación. Ao tratarse de clases individuais a adecuación das actividades e o seguimento do proceso de recuperación realízanse dun xeito personalizado e non prantexan problemas de adecuación de distintos ritmos de apredizaxe a un mesmo grupo. Estas actividades deberán enfocarse de xeito que resulten atractivas e motivadoras para o alumnado, incorporando medidas que eviten a rutina: elección dun repertorio novo, interpretación de obras a catro mans, etc. En cada avaliación, os alumnos que non consigan aprobar a materia, serán informados por parte do profesor das tarefas de recuperación que este considere necesarias para superar os obxectivos non acadados. Ao tratarse de clases individuais, o profesor determinará as actividades de recuperación a seguir, poidendo amoldarse de xeito óptimo as necesidades do alumno. Probas extraordinarias de setembro O alumnado que non consiga superar a materia en xuño poderá presentarse á proba extraordinaria que se realizará no mes de setembro. As obras a interpretar na proba extraordinaria de setembro serán notificadas ao alumno no seu correspondente Informe de Avaliación Negativo entregado xunto co Boletín de Notas e/ou enviado por Centros-Net. 5. Recursos didácticos R. Alís... Xoguetes B. Bartok.. Mikrokosmos vol. 1 (ata o 21) J. Bastien.... Piano básico nivel 1 e 2 Beyer.... Escola preliminar do pianista op. 101 C. Czerny.. O primer mestre de piano op. 599 J. Domingo Argilaga.... 20 Miniaturas para debutantes García Abril Cadernos de Adriana vol. 1 L. Köhler Estudios doadísimos op. 151 e op. 218 A. Nikolaev... Escola rusa do piano vol. 1A e 1B Tchokov-Gemiu. O Piano Iniciación e Preparatorio A. Zipilivan.. De Bach a Stravinsky Piano Exam Pieces ABRSM Grade 1 Selected from syllabus 2015 & 2016. Encore Book 1 Grades 1 & 2 ABRSM. Páxina 8! de! 68

Piano Scales & Arpeggios ABRSM Grade 1. Music Through Time Book 1. Trinity College london Piano Pieces & exercises Grade 1. 2. Curso: Segundo Grado Elemental 1. Obxectivos a) Adoptar unha posición axeitada do corpo con respecto ao instrumento que posibilite e favoreza a acción do conxunto brazo-antebrazo-man sobre o teclado. b) Coñecer as características e as posibilidades sonoras do instrumento, e sabelas empregar dentro das esixencias do nivel. c) Adquirir un grao de desenvolvemento técnico e musical que permita interpretar un repertorio de características axeitadas ó nivel. d) Aplicar correctamente os coñecementos teórico-prácticos da linguaxe musical no instrumento. e) Interpretar un repertorio de obras representativas das épocas e os estilos dunha dificultade adecuada ao nivel. f) Interpretar obras en público e de memoria con naturalidade e control da situación. g) Adoptar hábitos de estudio que permitan un eficaz desenrolló dos coñecementos adquiridos. 2. Contidos a) Desenvolvemento da percepción interna da propia relaxación, así como dos indispensables esforzos musculares que require a execución instrumental, e procura dun equilibrio satisfactorio entre ambos os factores. b) Desenvolvemento da utilización do peso do brazo e das posibilidades de movemento das distintas articulacións, con arranxo ás necesidades do nivel. c) Práctica de hábitos correctos de lectura aplicada ó instrumento a unha e dúas claves. d) Desenvolvemento da habilidade de cada man e do xogo coordinado de ambas. e) Desenvolvemento da práctica do pase do polgar. f) Estudo dos principios da dixitación pianística e o seu desenvolvemento, en función da complexidade progresiva das dificultades que cumpra resolver. g) Coñecemento na práctica de articulacións básicas: non legato, legato e staccato. h) Ampliación da gama de matices, o crescendo e o diminuendo. i) Desenvolvemento da sensibilidade auditiva como premisa para a obtención dunha boa calidade de son. Páxina 9! de! 68

j) Coñecemento e práctica dos pedais. k) Desenvolvemento da comprensión das estruturas musicais nos seus niveis (motivos, temas, períodos, frases, seccións, etc.), para chegar a unha interpretación consciente e non simplemente intuitiva, conforme ás necesidades do nivel. l) Selección progresiva en canto ao grao de dificultade dos exercicios, os estudos e as obras do repertorio pianístico que se consideren útiles para o desenvolvemento conxunto da capacidade musical e técnica do alumnado. m) Desenvolvemento da improvisación. n) Adestramento permanente e progresivo da memoria. ñ) Desenvolvemento de hábitos correctos e eficaces de estudo, estimulando a concentración, o sentido de autocrítica e a disciplina no traballo. 3. Avaliación Criterios de avaliación a) Ler textos a primeira vista con fluidez e comprensión. Este criterio de avaliación pretende constatar a capacidade do alumnado para se desenvolver con certo grao de autonomía na lectura dun texto. b) Memorizar e interpretar textos musicais empregando a medida, a articulación e o fraseo adecuados ao seu contido. Este criterio de avaliación pretende comprobar, a través da memoria, a correcta aplicación dos coñecementos teórico-prácticos da linguaxe musical. c) Amosar nos estudos e nas obras a capacidade de aprendizaxe progresiva individual. Este criterio de avaliación pretende verificar se o alumnado é capaz de aplicar no seu estudo as indicacións do profesorado e, con elas, desenvolver unha autonomía progresiva de traballo que lle permita valorar correctamente o seu rendemento. d) Interpretar en público e de memoria, obras representativas do seu nivel no instrumento, con seguridade e control da situación. Este criterio de avaliación trata de comprobar a capacidade de memoria e autocontrol, e o dominio da obra estudada. Así mesmo, pretende estimular o interese polo estudo e fomentar as capacidades de equilibrio persoal que lle permitan enfrontarse con naturalidade ante un público. e) Valorarase de forma positiva a asistencia, rendemento e actitude nas clases individuais, e colectivas de instrumento, se as houbese. Mínimos esixibles Considéranse mínimos esixibles o 75% do total dos contidos do curso. Procedementos e ferramentas de avaliación A principio de curso procederase a realizar unha avaliación inicial para determinar o punto de partida sobre o cal establecer a programación específica para cada alumno. Páxina! 10 de 68!

Coma a avaliación é continua, procederase a facer a avaliación procesual mediante o seguimento do reflectido no procedemento ordinario de avaliación. A avaliación final farase tendo en conta a consecución dos obxectivos para cada curso. Aqueles alumnos que non acaden os obxectivos na avaliación final terán que amosar o seu grao de consecución na convocatoria de setembro. No caso de perdida do dereito á avaliación continua procederase á realización dunha única proba ó final do curso, que elaborará o Departamento, baseada nos contidos especificados na programación para dito curso. Producirase a pérdida do dereito á avaliación contínua no caso de 4 faltas non xustificadas do alumno ás clases ao longo do curso. O profesorado poderá empregar como ferramentas de avaliación as seguintes: Traballo individual do alumnado: segundo o recollido polo profesor no caderno de clase. Audicións de aula: realizadas coa periodicidade que estime o profesorado. As actividades que o profesorado estime conveniente: audicións organizadas polo departamento, audicións organizadas polo profesorado, cursiños, intercambios, etc. Criterios de cualificación Para a avaliación do alumno o profesor terá en conta os seguintes criterios: -Criterios Técnicos (Técnica, Traballo, Hixiene postural...) 40% -Criterios Estéticos (Interpretación, Son, Resultado musical...) 40% -Criterios Actitudinais (Actitude, Interese, Comportamento...) 20% Para ter opción a facer media entre os apartados e ter posibilidade de aprobar, o alumno deberá superar o 50% da cualificación de cada un dos apartados. Criterios de cualificación da Proba Extraordinaria de setembro e Criterios de cualificación no caso de Perda da avaliación contínua -Criterios Técnicos (Técnica, Traballo, Hixiene postural...) 50% -Criterios Estéticos (Interpretación, Son, Resultado musical...) 50% Criterios para a concesión de ampliación de matrícula Para aqueles alumnos que teñan un nivel superior ao do curso no que están, poderase concederlles a ampliación de matrícula ao curso superior. A través do diálogo entre todas as partes implicadas, a saber, profesorado, titores legais e alumno, buscarase conseguir o maior rendemento escolar posible en cada caso a través dunha planificación axeitada e moi meditada, seguindo os pasos establecidos no protocolo existente no centro para estes casos de ampliación de matrícula. Páxina 11! de 68!

4. Medidas de recuperación Procedementos de recuperación ordinarios Cando un alumno teña a materia pendente, ou presente problemas de rendemento como consecuencia dunha ausencia prolongada ás clases, o profesor procurará adecuar o traballo a desenvolver na procura dunha óptima recuperación. Ao tratarse de clases individuais a adecuación das actividades e o seguimento do proceso de recuperación realízanse dun xeito personalizado e non prantexan problemas de adecuación de distintos ritmos de apredizaxe a un mesmo grupo. Estas actividades deberán enfocarse de xeito que resulten atractivas e motivadoras para o alumnado, incorporando medidas que eviten a rutina: elección dun repertorio novo, interpretación de obras a catro mans, etc. En cada avaliación, os alumnos que non consigan aprobar a materia, serán informados por parte do profesor das tarefas de recuperación que este considere necesarias para superar os obxectivos non acadados. Ao tratarse de clases individuais, o profesor determinará as actividades de recuperación a seguir, poidendo amoldarse de xeito óptimo as necesidades do alumno. Probas extraordinarias de setembro O alumnado que non consiga superar a materia en xuño poderá presentarse á proba extraordinaria que se realizará no mes de setembro. As obras a interpretar na Proba Extraordinaria de Setembro serán notificadas ao alumno no seu correspondente Informe de Avaliación Negativo entregado xunto co Boletín de Notas e/ou enviado por Centros-Net. 5. Recursos didácticos Os alumnos deberán tocar obras de alomenos catro estilos diferentes. J. S. Bach... Álbum de Ana Magdalena B. Bartok.... Mikrokosmos F. Burgmüller. Estudios op. 100 K. Czerny. O primeiro mestre de piano op. 599 J. B. Duvernoy... Scuola primaria op. 176 D. Kabalevski..op.39 L. Köhler.... Primeros estudios op.50 H. Lemoine..Estudios op. 37 A. Loeschhorn....Estudios op.181 L. Mozart..... Kleine Klavierstücke aus Mozart s kinderjahren A. Nikolaev.... Escola Rusa 1 B R. Schumann. Álbum para a mocidade op. 68 Páxina! 12 de 68!

Szávai-Veszprémi. Klaviermusik für Anfanger A. Zipilivan.. De Bach a Stravinsky Piano Exam Pieces ABRSM Grade 2 Selected from syllabus 2015 & 2016. Encore Book 1 Grades 1 & 2 ABRSM. Piano Scales & Arpeggios ABRSM Grade 2. Music Through Time Book 1. Trinity College london Piano Pieces & exercises Grade 2. Christopher Norton. Microjazz 1 3. Curso: Terceiro Grado Elemental 1. Obxectivos a) Aplicar correctamente os coñecementos teórico-prácticos da linguaxe musical no instrumento. b) Interpretar un repertorio de obras representativas das épocas e os estilos dunha dificultade adecuada ao nivel. c) Amosar un grao de desenvolvemento técnico que permita abordar, dentro das esixencias do nivel, os estilos de escritura posibles nun instrumento a capacidade polifónica do piano. d) Coñecer as épocas que abrangue a literatura pianística ao longo da súa historia e as esixencias que suscita unha interpretación estilísticamente correcta. e) Coñecer as características e as posibilidades sonoras do instrumento, e sabelas empregar dentro das esixencias do nivel. 2. Contidos f) Interpretar obras en público e de memoria con naturalidade e control da situación. g) Adoptar hábitos de estudo que permitan un eficaz desenrolo dos coñecementos adquiridos. a) Desenvolvemento da percepción interna da propia relaxación, así como dos indispensables esforzos musculares que require a execución instrumental, e procura dun equilibrio satisfactorio entre ambos os factores. b) Desenvolvemento da utilización do peso do brazo e das posibilidades de movemento das distintas articulacións, con arranxo ás necesidades do nivel. c) Desenvolvemento da habilidade de cada man e do xogo coordinado de ambas. d) Iniciación da capacidade de obter simultaneamente sons de distinta intensidade entre ambas as mans, tratando de alcanzar unha diferenciación dinámica que resulta indispensable nun instrumento polifónico como o piano, xa se trate da relación entre melodía e acompañamento, ou xa de formas contrapuntísticas de maior ou menor complexidade. Páxina! 13 de 68!

CMUS Profesional Xan Viaño e) Práctica da técnica dixital dirixida a incrementar a independencia, a velocidade, a resistencia e a capacidade de diversificación dinámica, partindo dos movementos das articulacións dos dedos. f) Estudo dos movementos posibles a partir das articulacións do brazo (pulso, cóbado, ombro), tales como caídas, lanzamentos, desprazamentos laterais, movementos circulares e de rotación, e toda a combinatoria que permiten. g) Percepción clara de que a interacción permanente deses tipos de accións constitúen a base de toda técnica pianística eficaz. h) Estudo dos principios da dixitación pianística e o seu desenvolvemento, en función da complexidade progresiva das dificultades que cumpra resolver. i) Aprendizaxe dos modos de ataque e de articulación en relación coa dinámica, a condución da frase e a densidade da textura musical. j) Desenvolvemento da sensibilidade auditiva como premisa para a obtención dunha boa calidade de son. k) Coñecemento e práctica dos pedais. l) Desenvolvemento da comprensión das estruturas musicais nos seus niveis (motivos, temas, períodos, frases, seccións, etc.), para chegar a unha interpretación consciente e non simplemente intuitiva, conforme ás necesidades do nivel. m) Iniciación dos coñecementos sobre as características principais dos distintos estilos e aplicación práctica no repertorio do nivel. n) Selección progresiva en canto ao grao de dificultade dos exercicios,os estudos e as obras do repertorio pianístico que se consideren útiles para o desenvolvemento conxunto da capacidade musical e técnica do alumnado. ñ) Adestramento permanente e progresivo da memoria. o) Desenvolvemento de hábitos correctos e eficaces de estudo, estimulando a concentración, o sentido de autocrítica e a disciplina no traballo. 3. Aviación Criterios de avaliación a) Memorizar e interpretar textos musicais empregando a medida, a articulación e o fraseo adecuados ao seu contido. Este criterio de avaliación pretende comproba a través da memoria, a correcta aplicación dos coñecementos teórico-prácticos da linguaxe musical. b) Interpretar obras de acordo aos criterios de estilo correspondente. Este criterio de avaliación pretende comprobar a capacidade do alumnado para empregar o tempo, a articulación e a dinámica, como elementos básicos da interpretación. c) Amosar, nos estudos e nas obras, a capacidade de aprendizaxe progresiva individual. Este criterio da avaliación pretende verificar se o alumnado é capaz de aplicar no seu estudo as Páxina! 14 de 68!

indicacións do profesorado e, con elas, desenvolver unha autonomía progresiva de traballo que lle permita valorar correctamente o seu rendemento. d) Interpretar en público e de memoria, obras representativas do seu nivel no instrumento, con seguridade e control da situación. Este criterio de avaliación trata de comprobar a capacidade de memoria e autocontrol, e o dominio da obra estudada. Así mesmo, pretende estimular o interese do alumno polo estudo, e fomentar as capacidades de equilibrio persoal que lle permitan enfrontarse con naturalidade ante o público. e) Valorarase a asistencia, rendemento e actitude nas clases individuais, e colectivas do instrumento, se as houbese. Mínimos esixibles Considéranse mínimos esixibles o 75% do total dos contidos do curso. Procedementos e ferramentas de avaliación A principio de curso procederase a realizar unha avaliación inicial para determinar o punto de partida sobre o cal establecer a programación específica para cada alumno. Como a avaliación é continua, procederase a facer a avaliación procesual mediante o seguimento do reflectido no procedemento ordinario de avaliación. A avaliación final farase tendo en conta a consecución dos obxectivos para cada curso. Aqueles alumnos que non acaden os obxectivos na avaliación final terán que amosar o seu grao de consecución na convocatoria de setembro. No caso de perdida do dereito á avaliación continua procederase á realización dunha única proba ó final do curso, que elaborará o Departamento, baseada nos contidos especificados na programación para dito curso. Producirase a pérdida do dereito á avaliación contínua no caso de 4 faltas non xustificadas do alumno ás clases ao longo do curso. O profesorado poderá empregar como ferramentas de avaliación as seguintes: Traballo individual do alumnado: segundo o recollido polo profesor no caderno de clase. Audicións de aula: realizadas coa periodicidade que estime o profesorado. As actividades que o profesorado estime conveniente: audicións organizadas polo departamento, audicións organizadas polo profesorado, cursiños, intercambios, etc. Criterios de cualificación Para a avaliación do alumno o profesor terá en conta os seguintes criterios: -Criterios Técnicos (Técnica, Traballo, Hixiene postural...) 40% -Criterios Estéticos (Interpretación, Son, Resultado musical...) 40% Páxina! 15 de 68!

-Criterios Actitudinais (Actitude, Interese, Comportamento...) 20% Para ter opción a facer media entre os apartados e ter posibilidade de aprobar, o alumno deberá superar o 50% da cualificación de cada un dos apartados. Criterios de cualificación da Proba Extraordinaria de setembro e Criterios de cualificación no caso de Perda da avaliación contínua -Criterios Técnicos (Técnica, Traballo, Hixiene postural...) 50% -Criterios Estéticos (Interpretación, Son, Resultado musical...) 50% Criterios para a concesión de ampliación de matrícula Para aqueles alumnos que teñan un nivel superior ao do curso no que están, poderase concederlles a ampliación de matrícula ao curso superior. A través do diálogo entre todas as partes implicadas, a saber, profesorado, titores legais e alumno, buscarase conseguir o maior rendemento escolar posible en cada caso a través dunha planificación axeitada e moi meditada, seguindo os pasos establecidos no protocolo existente no centro para estes casos de ampliación de matrícula. 4. Medidas de recuperación Procedementos de recuperación ordinarios Cando un alumno teña a materia pendente, ou presente problemas de rendemento como consecuencia dunha ausencia prolongada ás clases, o profesor procurará adecuar o traballo a desenvolver na procura dunha óptima recuperación. Ao tratarse de clases individuais a adecuación das actividades e o seguimento do proceso de recuperación realízanse dun xeito personalizado e non prantexan problemas de adecuación de distintos ritmos de apredizaxe a un mesmo grupo. Estas actividades deberán enfocarse de xeito que resulten atractivas e motivadoras para o alumnado, incorporando medidas que eviten a rutina: elección dun repertorio novo, interpretación de obras a catro mans, etc. En cada avaliación, os alumnos que non consigan aprobar a materia, serán informados por parte do profesor das tarefas de recuperación que este considere necesarias para superar os obxectivos non acadados. Ao tratarse de clases individuais, o profesor determinará as actividades de recuperación a seguir, poidendo amoldarse de xeito óptimo as necesidades do alumno. Probas extraordinarias de setembro O alumnado que non consiga superar a materia en xuño poderá presentarse á proba extraordinaria que se realizará no mes de setembro. As obras a interpretar na proba extraordinaria de setembro serán notificadas ao alumno no seu correspondente Informe de Avaliación Negativo entregado xunto co Boletín de Notas e/ou enviado por Centros-Net. Páxina! 16 de 68!

5. Recursos didácticos Os alumnos deberán tocar obras de alomenos catro estilos diferentes: Piano Exam Pieces ABRSM Grade 3 Selected from syllabus 2015 & 2016. Encore Book 2 Grades 3 & 4 ABRSM. Piano Scales & Arpeggios ABRSM Grade 3. Music Through Time Book 2. Trinity College london Piano Pieces & exercises Grade 3 Obras Didácticas: H. Bertini...Estudios op. 100 F. Burgmüller. Estudios op. 100 K. Czerny..... Estudios op. 636 J. B. Duvernoy...Estudios op. 176 L. Köhler. Estudios op. 50 H. Lemoine. Estudios op. 37 Obras Barrocas: J. S. Bach.."Álbum de Ana Magdalena Pequenos Preludios Obras Clásicas: L. Beethoven....Sonatinas M. Clementi..Sonatinas A. Diabelli...Sonatinas W. A. Mozart....Sonatinas J. B. Vanhal...Sonatinas Steibelt...Sonatina Obras Románticas: F. Schubert...Valses, Danzas alemanas R. Schumann... Álbum para a mocidade op. 68 P. Tchaikvoski. Álbum para a mocidade op. 39 Obras Modernas: B. Bartok... Mikrokosmos, For children A. Cassella. Once pezas infantís Z. Kodaly..... Danzas infantís Poldini.. Op. 76 Páxina! 17 de 68!

S. Prokofiev. Pezas infantís op. 65 D. Shostakovich. Seis pezas infantís Mestres do século XX 4. Curso: Cuarto Grado Elemental 1. Obxectivos a) Amosar un grao de desenvolvemento técnico que permita abordar, dentro das esixencias do nivel, os estilos de escritura posibles nun instrumento da capacidade polifónica do piano. b) Interpretar un repertorio de obras representativas das épocas e os estilos dunha dificultade adecuada ao nivel. c) Aplicar correctamente os coñecementos teórico-prácticos da linguaxe musical no instrumento. d) Coñecer as épocas que abrangue a literatura pianística ao longo da súa historia e as esixencias que suscita unha interpretación estilísticamente correcta. e) Coñecer as características e as posibilidades sonoras do instrumento, e sabelas empregar dentro das esixencias do nivel. 2. Contidos f) Interpretar obras en público e de memoria con naturalidade e control da situación. g) Adoptar hábitos de estudo que permitan un eficaz desenrolo dos coñecementos adquiridos. a) Desenvolvemento da percepción interna da propia relaxación, así como dos indispensables esforzos musculares que require a execución instrumental, e procura dun equilibrio satisfactorio entre ambos os factores. b) Desenvolvemento da utilización do peso do brazo e das posibilidades de movemento das distintas articulacións, con arranxo ás necesidades do nivel. c) Desenvolvemento da habilidade de cada man e do xogo coordinado de ambas. d) Desenvolvemento da capacidade de obter simultaneamente sons de distinta intensidade entre ambas as mans, tratando de alcanzar unha diferenciación dinámica que resulta indispensable nun instrumento polifónico como o piano, xa se trate da relación entre melodía e acompañamento, ou xa de formas contrapuntísticas de maior ou menor complexidade. e) Práctica da técnica dixital dirixida a incrementar a independencia, a velocidade, a resistencia e a capacidade de diversificación dinámica, partindo dos movementos das articulacións dos dedos. f) Estudo dos movementos posibles a partir das articulacións do brazo (pulso, cóbado, ombro), tales como caídas, lanzamentos, desprazamentos laterais, movementos circulares e de rotación, e toda a combinatoria que permiten. Páxina! 18 de 68!

g) Percepción clara de que a interacción permanente deses tipos de acción constitúen a base de toda técnica pianística eficaz. h) Estudo dos principios da dixitación pianística e o seu desenvolvemento, en función da complexidade progresiva das dificultades que cumpra resolver. i) Aprendizaxe dos modos de ataque e de articulación en relación coa dinámica, a condución da frase e a densidade da textura musical. j) Desenvolvemento da sensibilidade auditiva como premisa para a obtención dunha boa calidade de son. k) Coñecemento e práctica dos pedais. l) Desenvolvemento da comprensión das estruturas musicais nos seus niveis (motivos, temas, períodos, frases, seccións, etc.), para chegar a unha interpretación consciente e non simplemente intuitiva,conforme ás necesidades do nivel. m) Desenvolvemento dos coñecementos sobre as características principais dos distintos estilos e aplicación práctica no repertorio do nivel. n) Selección progresiva en canto ao grao de dificultade dos exercicios,os estudos e as obras do repertorio pianístico que se consideren útiles para o desenvolvemento conxunto da capacidade musical e técnica do alumnado. ñ) Adestramento permanente e progresivo da memoria. o) Desenvolvemento de hábitos correctos e eficaces de estudo, estimulando a concentración, o sentido de autocrítica e a disciplina no traballo. 3. Avaliación Criterios de avaliación a) Memorizar e interpretar textos musicais empregando a medida, a articulación e o fraseo adecuados ao seu contido. Este criterio de avaliación pretende comproba a través da memoria, a correcta aplicación dos coñecementos teórico-prácticos da linguaxe musical. b) Interpretar obras de acordo aos criterios de estilo correspondente. Este criterio de avaliación pretende comprobar a capacidade do alumnado para empregar o tempo, a articulación e a dinámica, como elementos básicos da interpretación. c) Amosar, nos estudos e nas obras, a capacidade de aprendizaxe progresiva individual. Este criterio da avaliación pretende verificar se o alumnado é capaz de aplicar no seu estudo as indicacións do profesorado e, con elas, desenvolver unha autonomía progresiva de traballo que lle permita valorar correctamente o seu rendemento. d) Interpretar en público e de memoria, obras representativas do seu nivel no instrumento, con seguridade e control da situación. Este criterio de avaliación trata de comprobar a capacidade de memoria e autocontrol, e o dominio da obra estudada. Así mesmo, pretende estimular o interese do alumno polo estudo, e fomentar as capacidades de equilibrio persoal que lle permitan enfrontarse con naturalidade ante o público. Páxina! 19 de 68!

e) Valorarase a asistencia, rendemento e actitude nas clases individuais, e colectivas do instrumento, se as houbese. Mínimos esixibles Considéranse mínimos esixibles o 75% do total dos contidos do curso. Procedementos e ferramentas de avaliación A principio de curso procederase a realizar unha avaliación inicial para determinar o punto de partida sobre o cal establecer a programación específica para cada alumno. Como a avaliación é continua, procederase a facer a avaliación procesual mediante o seguimento do reflectido no procedemento ordinario de avaliación. A avaliación final farase tendo en conta a consecución dos obxectivos para cada curso. Aqueles alumnos que non acaden os obxectivos na avaliación final terán que amosar o seu grao de consecución na convocatoria de setembro. No caso de perdida do dereito á avaliación continua procederase á realización dunha única proba ó final do curso, que elaborará o Departamento, baseada nos contidos especificados na programación para dito curso. Producirase a pérdida do dereito á avaliación contínua no caso de 4 faltas sen xustificar do alumno ás clases ao longo do curso. O profesorado poderá empregar como ferramentas de avaliación as seguintes: Traballo individual do alumnado: segundo o recollido polo profesor no caderno de clase. Audicións de aula: realizadas coa periodicidade que estime o profesorado. As actividades que o profesorado estime conveniente: audicións organizadas polo departamento, audicións organizadas polo profesorado, cursiños, intercambios, etc. Criterios de cualificación Para a avaliación do alumno o profesor terá en conta os seguintes criterios: -Criterios Técnicos (Técnica, Traballo, Hixiene postural...) 40% -Criterios Estéticos (Interpretación, Son, Resultado musical...) 40% -Criterios Actitudinais (Actitude, Interese, Comportamento...) 20% Para ter opción a facer media entre os apartados e ter posibilidade de aprobar, o alumno deberá superar o 50% da cualificación de cada un dos apartados. Criterios de cualificación da Proba Extraordinaria de setembro e Criterios de cualificación no caso de Perda da avaliación contínua -Criterios Técnicos (Técnica, Traballo, Hixiene postural...) 50% Páxina! 20 de 68!

-Criterios Estéticos (Interpretación, Son, Resultado musical...) 50% 4. Medidas de recuperación Procedementos de recuperación ordinarios Cando un alumno teña a materia pendente, ou presente problemas de rendemento como consecuencia dunha ausencia prolongada ás clases, o profesor procurará adecuar o traballo a desenvolver na procura dunha óptima recuperación. Ao tratarse de clases individuais a adecuación das actividades e o seguimento do proceso de recuperación realízanse dun xeito personalizado e non prantexan problemas de adecuación de distintos ritmos de apredizaxe a un mesmo grupo. Estas actividades deberán enfocarse de xeito que resulten atractivas e motivadoras para o alumnado, incorporando medidas que eviten a rutina: elección dun repertorio novo, interpretación de obras a catro mans, etc. En cada avaliación, os alumnos que non consigan aprobar a materia, serán informados por parte do profesor das tarefas de recuperación que este considere necesarias para superar os obxectivos non acadados. Ao tratarse de clases individuais, o profesor determinará as actividades de recuperación a seguir, poidendo amoldarse de xeito óptimo as necesidades do alumno. Probas extraordinarias de setembro O alumnado que non consiga superar a materia en xuño poderá presentarse á proba extraordinaria que se realizará no mes de setembro. As obras a interpretar na Proba extraordinaria de setembro serán notificadas ao alumno no seu correspondente Informe de Avaliación Negativo entregado xunto co Boletín de Notas e/ou enviado por Centros-Net. 5. Recursos didácticos Os alumnos deberán tocar obras de alomenos catro estilos diferentes: Piano Exam Pieces ABRSM Grade 4 Selected from syllabus 2015 & 2016. Encore Book 2 Grades 3 & 4 ABRSM. Piano Scales & Arpeggios ABRSM Grade 4. Music Through Time Book 3. Trinity College london Piano Pieces & exercises Grade 4. Obras Didácticas: Bertini.. Estudos op. 32 K. Czerny....... Estudos op. 636 K. Czerny... Estudos op. 849 S. Heller... Estudos op. 47 H. Lemoine Estudos op.37 Páxina! 21 de 68!

Obras Barrocas: J. S. Bach... Pequenos Preludios Invencións a dúas voces Obras Clásicas: L. van Beethoven..Sonatinas M. Clementi..Sonatinas A. Diabelli..Sonatinas J. L Dussek... Sonatinas J. Haydn Sonatinas W. A. Mozart....Sonatinas J. B. Vanhal...Sonatinas Obras Románticas: E. Grieg. Pezas líricas F. Schubert....Valses, Danzas alemanas R. Schumann... Álbum para a mocidade op. 68 P. Tchaikvoski.. Álbum para a mocidade op. 39 Obras Modernas: B. Bartok.Mikrokosmos, For children A. Cassella.. Once pezas infantís Z. Kodaly Danzas infantís E. Poldini Catro pezas doadas op. 76 S. Prokofiev. Pezas infantís op. 65 D. Shostakovich.. Seis pezas infantís Mestres do século XX 5. Curso: Primeiro Grado Profesional 1. Obxectivos a) Adquirir un grao de desenvolvemento técnico e musical que permita interpretar un repertorio que inclúa obras representativas de diferentes épocas e estilos, de dificultade axeitada ao nivel. b) Coñecer e aplicar basicamente as principais características de estilo das diferentes épocas que abarca a literatura pianística. Páxina! 22 de 68!

c) Aplicar correctamente os coñecementos teórico- prácticos da linguaxe musical no instrumento. d) Interpretar obras en público e de memoria con naturalidade e control da situación. e) Adoptar hábitos de estudio que permitan un eficaz desenrolo dos coñecementos adquiridos. 2. Contidos a) Desenvolvemento dun certo grao de autonomía na lectura. b) Adestramento da memoria. c) Interpretación dun repertorio elixido a criterio do profesor, con arreglo ao nivel do curso (ver Recursos didácticos), e ás necesidades propias do alumno. d) Desenvolvemento da gama de matices e da habilidade de obter simultaneamente sons de distinta intensidade entrámbalas dúas mans. e) Práctica de escalas e arpexos en exercicios, estudios ou obras na procura dunha maior velocidade e fluidez na execución. f) Iniciación na práctica das notas dobres en exercicios, estudios ou obras: ata tres terceiras consecutivas en legato. g) Iniciación na práctica de trinos de calquera duración en exercicios, estudios ou obras. h) Iniciación no movemento de rotación do antebrazo en intervalos ata a 5ª en exercicios, estudios ou obras. i) Desenvolvemento dun maior grao de autocrítica no estudio diario. j) Coñecemento dos principios xerais para a busca da dixitación máis axeitada: comodidade, cercanía... k) Perfeccionamento no uso do pedal de resonancia. l) Coñecemento do pedal una corda e do pedal tonal e a súa utilización en exercicios ou obras adecuadas ó nivel, sempre e cando así o requiran. m) Desenvolvemento dos coñecementos sobre as características principais dos distintos estilos e aplicación práctica no repertorio do nivel. n) Desenvolvemento da comprensión da música como linguaxe con estruturas, puntuacións, entoacións...,e aplicación práctica conforme ás necesidades do nivel. ñ) Desenvolvemento da utilización consciente do peso do brazo e das posibilidades de movemento das distintas articulacións con arranxo ás necesidades do nivel. o) Aprendizaxe dos diversos modos de ataque e de articulación en relación coa dinámica, a condución da frase e utilización no repertorio. Páxina! 23 de 68!

3. Avaliación Criterios de avaliación a) Interpretar o repertorio do curso con arranxo aos contidos do nivel. b) Ler con comprensión e de forma correcta e adecuada ao nivel. c) Interpretar en público como solista e de memoria alomenos unha obra do repertorio traballado durante o curso con seguridade e control da situación. d) Mostrar capacidade de aprendizaxe progresivo individual. e) Valorarase de forma positiva a asistencia regular ás clases. Mínimos esixibles Considéranse mínimos esixibles o 75% do total dos contidos do curso. Procedementos e ferramentas de avaliación A principio de curso procederase a realizar unha avaliación inicial para determinar o punto de partida sobre o cal establecer a programación específica para cada alumno. Como a avaliación é continua, procederase a facer a avaliación procesual mediante o seguimento do reflectido no procedemento ordinario de avaliación. A avaliación final farase tendo en conta a consecución dos obxectivos para cada curso. Aqueles alumnos que non acaden os obxectivos na avaliación final terán que amosar o seu grao de consecución na convocatoria de setembro. No caso de perdida do dereito á avaliación contínua procederase á realización dunha única proba ó final do curso, que elaborará o Departamento, baseada nos contidos especificados na programación para dito curso. Producirase a pérdida do dereito á avaliación contínua no caso de 6 faltas do alumno ás clases. As probas de acceso aos diferentes cursos realizaranse dacordo co establecido na programación. O profesorado poderá empregar como ferramentas de avaliación as seguintes: Traballo individual do alumnado: segundo o recollido polo profesor no caderno de clase. Audicións de aula: realizadas coa periodicidade que estime o profesorado. As actividades que o profesorado estime conveniente: audicións organizadas polo departamento, audicións organizadas polo profesorado, cursiños, intercambios, etc. Criterios de cualificación Para a avaliación do alumno o profesor terá en conta os seguintes criterios: Páxina! 24 de 68!

-Criterios Técnicos (Técnica, Traballo, Hixiene postural...) 40% -Criterios Estéticos (Interpretación, Son, Resultado musical...) 40% -Criterios Actitudinais (Actitude, Interese, Comportamento...) 20% Para ter opción a facer media entre os apartados e ter posibilidade de aprobar, o alumno deberá superar o 50% da cualificación de cada un dos apartados. Criterios de cualificación da Proba Extraordinaria de setembro e Criterios de cualificación no caso de Perda da avaliación contínua -Criterios Técnicos (Técnica, Traballo, Hixiene postural...) 50% -Criterios Estéticos (Interpretación, Son, Resultado musical...) 50%. Criterios para a concesión de ampliación de matrícula Para aqueles alumnos que teñan un nivel superior ao do curso no que están, poderase concederlles a ampliación de matrícula ao curso superior. A través do diálogo entre todas as partes implicadas, a saber, profesorado, titores legais e alumno, buscarase conseguir o maior rendemento escolar posible en cada caso a través dunha planificación axeitada e moi meditada, seguindo os pasos establecidos no protocolo existente no centro para estes casos de ampliación de matrícula. 4. Medidas de recuperación Procedementos de recuperación ordinarios Cando un alumno teña a materia pendente, ou presente problemas de rendemento como consecuencia dunha ausencia prolongada ás clases, o profesor procurará adecuar o traballo a desenvolver na procura dunha óptima recuperación. Ao tratarse de clases individuais a adecuación das actividades e o seguimento do proceso de recuperación realízanse dun xeito personalizado e non prantexan problemas de adecuación de distintos ritmos de apredizaxe a un mesmo grupo. Estas actividades deberán enfocarse de xeito que resulten atractivas e motivadoras para o alumnado, incorporando medidas que eviten a rutina: elección dun repertorio novo, interpretación de obras a catro mans, etc. En cada avaliación, os alumnos que non consigan aprobar a materia, serán informados por parte do profesor das tarefas de recuperación que este considere necesarias para superar os obxectivos non acadados. Ao tratarse de clases individuais, o profesor determinará as actividades de recuperación a seguir, poidendo amoldarse de xeito óptimo as necesidades do alumno. Probas extraordinarias de setembro O alumnado que non consiga superar a materia en xuño poderá presentarse á proba extraordinaria que se realizará no mes de setembro. As obras a interpretar na Proba Páxina! 25 de 68!