Oficina Virtual Tributaria. Taxa do Bingo

Documentos relacionados
Máquinas Recreativas. Guía de usuario

Apostas deportivas e de competición

MANUAL DE USUARIO DE etrades

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

Portal de Directores de Centro de Gasto da USC

Manual de cumprimentación da solicitude

Requisitos para subir documentos ao

Acceso ao xestor documental

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Febreiro Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do. Maio Agosto Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do 1. Novembro Lu Ma 1 7 8

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

DOCUMENTACIÓN DUNHA EXPLOTACIÓN GANDEIRA MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE

REDE EUSUMO. información e comunicación

Proceso de facturación.

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

Minerva, Repositorio Institucional da USC

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

PANTALLA INICIAL APARTADOS DA APLICACIÓN. Na pantalla inicial o usuario dispón de diferentes apartados na barra esquerda:

CXT 2018/2019 COMO EFECTUAR A TÚA PETICIÓN?

PROCEDEMENTO DE CONEXIÓN A SERVIDORES E EQUIPOS DA REDE DE DATOS INTERNA DA UDC

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

MANUAL DE INSTRUCIÓNS PARA A INTRODUCIÓN DE DATOS REDEXGA. Versión 3 (21/02/2013)

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Potencias e radicais

A, B (Deberá completarse con todas as facturas correspondentes aos investimentos realizados no 2011), C, G, H, I

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

programas .py python nome.py

DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

AXUDA DE USO DO CALENDARIO DE AULA

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

Manual do director/a de cursos

PROTOCOLO USO PISTOLAS INTRADERMOTUBERCULINIZACIÓN

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

Premio Literario - Nortear Joves Escritores / Mocidade Escritora Norte de Portugal - Galicia

ANEXO I SOLICITUDE DATOS DA ENTIDADE/DENOMINACIÓN DO GRUPO INFORMAL: CP Tfno./Tfno. móbil Fax Correo electrónico

INSTRUCIÓNS PARA A EDICIÓN DE ARTIGOS

O CONTRATO DE TRABALLO

En, de de. Firma O/a Secretario/a VºBº

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

Uso do Disco Privado Virtual: acceso web ó contorno de probas

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

Decreto lei RD 16/2012. Preguntas frecuentes

4. Feitos os trámites anteriores, enviaranse ao provedor os exemplares da folla de pedimento que corresponda.

Información do documento. Control de versións. Manual de Explotación

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

OS ELEMENTOS DUN ESPAZO WEB:

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

PIALE Integración en lingua portuguesa

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

Convocatoria ordinaria de 2012

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

ALUMNADO QUE PODE PRESENTARSE Á PROBA ESTRUTURA DA PROBA

Conexión á rede Wifi edu.xunta.es: Instrucións

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Indicadores da actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma de Galicia

Que é unha rede de ordendores?

INFORMACIÓN SOBRE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA PODER CELEBRAR FESTAS OU VERBENAS POPULARES

Guía Rápida Correo Web

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ORDENANZA Nº 40: ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS.

III Certame de Fotografía Comercial Parque Empresarial de O Milladoiro

INSTRUCIÓNS PARA A XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA CONECTA PEME 2018 COMO PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA?

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Apelidos:... Nome:... DNI:... Enderezo:... Localidade:...Concello:...Teléfono/s...

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

Condicións legais do programa de puntos R Residencial OBXECTO

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

San Caetano Santiago de Compostela

I.E.S. CADERNO Nº 1 NOME:

12.- APP para dispositivos Android, IOS (Apple) e Apple Watch

PAU XUÑO 2016 ECONOMÍA DA EMPRESA

Transcrição:

Oficina Virtual Tributaria Taxa do Bingo

Taxa do Bingo na OVT Índice Páx. 1. Acceso á Oficina Virtual Tributaria 4 2. Arquivos a) Formato do arquivo de datos Autoliquidación da Taxa 8 Declaración da Taxa (Nova orde do bingo) 12 b) Subida de arquivos 19 3. Taxa do Bingo na Oficina Virtual Tributaria a) Autoliquidación da Taxa 22 b) Declaración da Taxa (Nova orde do bingo) 34 3

Acceso a Oficina Virtual Tributaria Índice Páx. 1. Acceso a Oficina Virtual Tributaria 4 2. Arquivos a) Formato do arquivo de datos Autoliquidación da Taxa 8 Declaración da Taxa (Nova orde do bingo) 12 b) Subida de arquivos 19 3. Taxa do Bingo na Oficina Virtual Tributaria a) Autoliquidación da Taxa 22 b) Declaración da Taxa (Nova orde do bingo) 34 4

Acceso a Oficina Virtual Tributaria 5

Acceso a Oficina Virtual Tributaria 6

Acceso a Oficina Virtual Tributaria 7

Formato do arquivo de datos Índice Páx. 1. Acceso a Oficina Virtual Tributaria 4 2. Arquivos a) Formato do arquivo de datos Autoliquidación da Taxa 8 Declaración da Taxa (Nova orde do bingo) 12 b) Subida de arquivos 19 3. Taxa do Bingo na Oficina Virtual Tributaria a) Autoliquidación da Taxa 22 b) Declaración da Taxa (Nova orde do bingo) 34 8

Formato do Arquivo. Autoliquidación da Taxa A) CARACTERÍSTICAS DOS ARQUIVOS INFORMÁTICOS A REMITIR ELECTRONICAMENTE Os arquivos informáticos a remitir electronicamente a través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) terán que cumprir as seguintes características: Nome do arquivo: 043_eeeeeeeee_sssss_nnnn_mm, onde os valores seguintes serán: eeeeeeeee: o CIF da empresa operadora (9 carácteres ou díxitos). sssss: o código de sala (5 díxitos). nnnn: os 4 díxitos correspondentes ao exercicio fiscal ao que se refire a declaración. mm: os dous díxitos correspondentes ao mes ao que se refire a declaración. Extensión do arquivo: TXT. O ficheiro contendo os datos para a confección do modelo 043 será de formato texto plano. Todos os campos alfanuméricos e alfabéticos presentaranse aliñados á esquerda e recheos de brancos pola dereita, en maiúsculas, sen carácteres especiais, e sen vogais acentuadas. Todos os campos numéricos presentaranse aliñados á dereita e recheos a ceros pola esquerda sen signos e sen empaquetar. Todos os campos terán contido, a non ser que se especificase o contrario na descrición do campo. Se non o tiveran, os campos numéricos encheranse a ceros e tanto os alfanuméricos como os alfabéticos a brancos. B) DESCRICIÓN DOS REXISTROS DOS DATOS DO MODELO 043: Para cada declarante incluiranse dous tipos diferentes de rexistro, que se distinguen pola primeira posición, consonte cos seguintes criterios: Tipo 1: Rexistro da declaración: Datos da declaración. Deseño de tipo de rexistro 1 dos recollidos máis adiante nestes mesmos apartados. Tipo 2: Rexistro dos datos para a autoliquidación. Deseño de tipo de rexistro 2 dos recollidos máis adiante nestes mesmos apartados. A orde de presentación será a do tipo de rexistro, existindo: Para o tipo 1: un único rexistro. Para o tipo 2: un rexistro por cada valor facial aprobado na Comunidade Autónoma de Galicia. 9

Formato do rexistro de tipo 1 POSICIÓNS NATUREZA DESCRICIÓN DOS CAMPOS 1 Numérica TIPO DE REXISTRO: Constante número '1'. 2-4 Numérica MODELO DECLARACIÓN: Constante '043'. 5-8 Numérica EXERCICIO: As catro cifras do exercicio fiscal ao que corresponde a declaración 9-10 Numérica PERÍODO: As dúas cifras do mes ao que corresponde a declaración. Formato do Arquivo. Autoliquidación da Taxa 11 Alfabética DECLARACIÓN COMPLEMENTARIA: No caso excepcional de segunda ou posterior presentación de declaracións, deberase cubrir obrigatoriamente este campo do xeito que se describe a seguir: Consignarase un C se a presentación desta declaración ten por obxecto incluír rexistros que, debendo figurar noutra declaración do mesmo exercicio presentada anteriormente, foran completamente omitidos nela. A presentación dunha declaración complementaria que teña por obxecto a modificación do contido de datos declarados noutra declaración do mesmo exercicio presentada anteriormente realizarase dende a OVT, seguindo o mesmo procedemento. 12-23 Numérica NÚMERO QUE IDENTIFICA Á DECLARACIÓN ANTERIOR: No caso de que se consignara un C no campo Declaración complementaria, consignarase o número correspondente que identifica á declaración á que complementa. En calquera outro caso deberase cubrir a CEROS. 24 Alfabética FRACCIONAMENTO/APRAZAMENTO LXT: Sinalarase se a débeda tributaria se fracciona ou apraza ou non (X, N), onde: X: consignando esta letra, se estará a sinalar que se pretende solicitar un aprazamento ou fraccionamento consonte coas disposicións xerais da LXT. N: non fracciona nin apraza a débeda. 25 Alfabética ESTIMACIÓN BI: Identificarase por un valor que será D, no caso de estimación directa e O, no caso de estimación obxectiva. 26-30 Numérica NÚMERO DE AUTORIZACIÓN DA SALA: Consignarase o número de autorización da sala, identificado por cinco díxitos. 10

Formato do Arquivo. Autoliquidación da Taxa Formato dos rexistros de tipo 2 POSICIÓNS NATUREZA DESCRICIÓN DOS CAMPOS 1 Numérica TIPO DE REXISTRO.: Constante número '2'. 2-8 Numérica VALOR FACIAL DO CARTÓN: Identifícase por sete díxitos, expresados en céntimo de euro. 9-20 Numérica NÚMERO DE CARTÓNS: Identifícase por 12 díxitos. Exemplo: Número de cartóns xogados nun mes determinado: de 1 5 : 253.057; de 2 : 64.025; de 3 : 2.672 de 6, ningún. Rexistros: 20000150000000253057 20000200000000064025 20000300000000002672 20000600000000000000 11

Formato do arquivo de datos Índice Páx. 1. Acceso a Oficina Virtual Tributaria 4 2. Arquivos a) Formato do arquivo de datos Autoliquidación da Taxa 8 Declaración da Taxa (Nova orde do bingo) 12 b) Subida de arquivos 19 3. Taxa do Bingo na Oficina Virtual Tributaria a) Autoliquidación da Taxa 22 b) Declaración da Taxa (Nova orde do bingo) 34 12

Formato do Arquivo. Declaración da Taxa A) CARACTERÍSTICAS DOS ARQUIVOS INFORMÁTICOS A REMITIR ELECTRONICAMENTE Os arquivos informáticos a remitir electronicamente a través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) haberán de cumprir as seguintes características: Nome do arquivo: D043_nnnnnnnnn_sssss_aaaa_mm, onde os valores seguintes serán: nnnnnnnnn: o CIF da empresa operadora (9 carácteres ou díxitos). sssss: o código de sala (5 díxitos). aaaa: os 4 díxitos correspondentes ao exercicio fiscal ao que se refire a declaración. mm: os dous díxitos correspondentes ao mes ao que se refire a declaración. Extensión do arquivo: TXT. O ficheiro contendo os datos para a confección do modelo D043 será de formato texto plano con codificación ISO-8859-1. Todos os campos alfanuméricos e alfabéticos presentaranse aliñados á esquerda e recheos de brancos pola dereita, en maiúsculas, sen carácteres especiais, e sen vogais acentuadas. Todos os campos numéricos presentaranse aliñados á dereita e recheos a ceros pola esquerda sen signos e sen empaquetar. Todos os campos terán contido, a non ser que se especificase o contrario na descrición do campo. Se non o tiveran, os campos numéricos encheranse con ceros e tanto os alfanuméricos como os alfabéticos a brancos. B) DESCRICIÓN DOS REXISTROS DOS DATOS DO MODELO D043: Para cada declarante incluiranse cinco tipos diferentes de rexistro, que se distinguen pola primeira posición, consonte cos seguintes criterios: Tipo 1: Rexistro único da declaración. Datos de identificación da declaración. Tipo 2: Rexistro dos datos para a declaración informativa e para a Autoliquidación. Recolle a información correspondente ao período ao que se refire a declaración. Un rexistro por cada valor facial aprobado na Comunidade Autónoma. Tipo 3: Rexistro dos datos para a declaración informativa e para a Autoliquidación. Recolle a información correspondente de forma acumulada dende a data de devindicación ata o fin do período ao que se refire a declaración. Un rexistro por cada valor facial aprobado na Comunidade Autónoma. Tipo 4: Rexistro único dos datos para a declaración. Recolle a información resumo correspondente á relación de premios superiores ao importe establecido pola consellería de Facenda. Tipo 5: Rexistro dos premiados para a declaración informativa. Recolle a información correspondente á relación que identifica aos premios superiores ao importe establecido pola consellería de Facenda. Un rexistro por cada premiado. 13

Formato do rexistro de tipo 1 POSICIÓNS NATUREZA DESCRICIÓN DOS CAMPOS 1 Numérica TIPO DE REXISTRO: Constante número '1'. 2-5 Numérica MODELO DECLARACIÓN: Constante 'D043'. 6-9 Numérica EXERCICIO: As catro cifras do exercicio fiscal ao que corresponde a declaración 10-11 Numérica PERÍODO: As dúas cifras do mes ao que corresponde a declaración. Formato do Arquivo. Declaración da Taxa 12 Alfabética DECLARACIÓN COMPLEMENTARIA: No caso excepcional de segunda ou posterior presentación de declaracións, deberá cumprimentarse obrigatoriamente este campo da maneira que se describe a seguir: Consignarase un C se a presentación desta declaración ten por obxecto incluír rexistros que: - debendo figurar noutra declaración do mesmo exercicio presentada anteriormente, fosen completamente omitidos nela ou/e - figurando na declaración á que se complementa, os datos que se comunican supoñen a presentación dunha autoliquidación complementaria de acordo á Lei xeral tributaria. 13-24 Numérica NÚMERO QUE IDENTIFICA A DECLARACIÓN ANTERIOR: En caso de que se consignase un C no campo Declaración complementaria, se consignará o número correspondente que identifica á declaración á que complementa, que será sempre a primeira presentada para ese período. En calquera outro caso deberase encher a CEROS. 25-29 Numérica NÚMERO DE AUTORIZACIÓN DA SALA: Se consignará O número de autorización da sala, identificado por cinco díxitos. 30 Alfabética ESTIMACIÓN BI: Se identificará por un valor que será D, no caso de estimación directa e O, no caso de estimación obxectiva. 31 Alfabética FRACCIONAMENTO/APRAZAMENTO LXT: Sinalarase se a débeda tributaria fracciona ou apraza ou non (X, N), onde: X: consignando esta letra, se estará sinalando que se pretende solicitar un aprazamento ou fraccionamento de acordo coas disposicións xerais da LXT. N: non fracciona nin apraza a débeda. 14

Formato do rexistro de tipo 2 Formato do Arquivo. Declaración da Taxa POSICIÓNS NATUREZA DESCRICIÓN DOS CAMPOS 1 Numérica TIPO DE REXISTRO.: Constante número '2'. 2-8 Numérica VALOR FACIAL DO CARTÓN: Identifícase por sete díxitos, expresados en céntimo de euro. 9-11 Alfabética MATRIZ/SERIE: Consignarase a identificación da matriz dos cartóns. 12-23 Numérica NÚMERO DE CARTÓNS: Identifícase por 12 díxitos. Consignarase o número total de cartóns xogados no período ao que se refire a declaración. 24-29 Numérica TOTAL NÚMERO PREMIOS OBTIDOS NO MES: Expresarase con seis díxitos o número total de premios obtidos nas sesións celebradas no mes ao que se refire a declaración. 30-40 Numérica IMPORTE TOTAL DOS PREMIOS OBTIDOS NO MES: Expresarase en céntimos de euro con 11 díxitos o importe total dos premios obtidos nas sesións celebradas no mes ao que se refire a declaración. 41-46 Numérica TOTAL NÚMERO PREMIOS PAGADOS NO MES: Expresarase con seis díxitos o número total de premios pagados nas sesións celebradas no mes ao que se refire a declaración. 47-57 Numérica IMPORTE TOTAL DOS PREMIOS PAGADOS NO MES: Expresarase en céntimos de euro con 11 díxitos o importe total dos premios pagados nas sesións celebradas no mes ao que se refire a declaración. 15

Formato do rexistro de tipo 3 Formato do Arquivo. Declaración da Taxa POSICIÓNS NATUREZA DESCRICIÓN DOS CAMPOS 1 Numérica TIPO DE REXISTRO.: Constante número 3'. 2-8 Numérica VALOR FACIAL DO CARTÓN: Identifícase por sete díxitos, expresados en céntimo de euro. 9-11 Alfabética MATRIZ/SERIE: Consignarase a identificación da matriz dos cartóns. 12-23 Numérica NÚMERO DE CARTÓNS: Identifícase por 12 díxitos. Consignarase o número total de cartóns xogados dende a data de devindicación ata o fin do período ao que se refire a declaración. 24-29 Numérica TOTAL NÚMERO PREMIOS OBTIDOS NO MES: Expresarase con seis díxitos o número total de premios obtidos nas sesións celebradas dende a data de devindicación ata o fin do período ao que se refire a declaración. 30-40 Numérica IMPORTE TOTAL DOS PREMIOS OBTIDOS NO MES: Expresarase en céntimos de euro con 11 díxitos o importe total dos premios obtidos nas sesións celebradas dende a data de devindicación ata o fin do período ao que se refire a declaración. 41-46 Numérica TOTAL NÚMERO PREMIOS PAGADOS NO MES: Expresarase con seis díxitos o número total de premios pagados nas sesións celebradas dende a data de devindicación ata o fin do período ao que se refire a declaración. 47-57 Numérica IMPORTE TOTAL DOS PREMIOS PAGADOS NO MES: Expresarase en céntimos de euro con 11 díxitos o importe total dos premios pagados nas sesións celebradas dende a data de devindicación ata o fin do período ao que se refire a declaración. 16

Formato do rexistro de tipo 4 Formato do Arquivo. Declaración da Taxa POSICIÓNS NATUREZA DESCRICIÓN DOS CAMPOS 1 Numérica TIPO DE REXISTRO.: Constante número 4'. 2-10 Numérica Nº TOTAL REXISTROS INCORPORADOS NA DECLARACIÓN INFORMATIVA: Expresarase con nove díxitos o número total de rexistros de premiados incluídos na declaración informativa. 11-16 Numérica TOTAL NÚMERO PREMIOS OBTIDOS NO MES SUPERIORES AO IMPORTE REGULAMENTARIO: Expresarase con seis díxitos o número total de premios obtidos nas sesións celebradas no mes. 17-27 Numérica IMPORTE TOTAL DOS PREMIOS OBTIDOS NO MES SUPERIORES AO IMPORTE REGULAMENTARIO: Expresarase en céntimos de euro con 11 díxitos. 28-33 Numérica TOTAL NÚMERO PREMIOS PAGADOS NO MES SUPERIORES AO IMPORTE REGULAMENTARIO: Expresarase con seis díxitos o número total de premios pagados nas sesións celebradas no mes. 34-44 Numérica IMPORTE TOTAL DOS PREMIOS PAGADOS NO MES SUPERIORES AO IMPORTE REGULAMENTARIO: Expresarase en céntimos de euro con 11 díxitos. 17

Formato do rexistro de tipo 5 Formato do Arquivo. Declaración da Taxa POSICIÓNS NATUREZA DESCRICIÓN DOS CAMPOS 1 Numérica TIPO DE REXISTRO.: Constante número 5'. 2-10 Alfanumérica NIF: 9 díxitos 11-130 Alfabética NOME e APELIDOS: Figurarán por esta orde, o primeiro apelido, o segundo apelido e o nome simple ou composto, separados por un espazo en branco. 131 Alfabética PREMIO: Consignarase a identificación do premio ao que corresponden os datos, de xeito que se consignara: L, no caso de que se trate do premio da liña B, no caso de que se trate do premio do bingo P, no caso de que se trate do premio da prima U, no caso de que se trate do premio da prima plus O, no caso de que se trate doutro tipo de premio. 132-142 Numérica IMPORTE: Consignarase o importe en 11 díxitos expresados en céntimos de euro. 143 Alfabética COBRADO: Consignarase: S: se SI se cobrara N: se NON se cobrara 144-151 Numérica DATA PAGAMENTO PREMIO: 8 posicións co formato aaaammdd, onde, aaaa: corresponde aos catro díxitos do ano, mm: corresponde aos dous díxitos do mes e dd: corresponde aos dous díxitos do día. 152-159 Numérica DATA DE CELEBRACIÓN DA SESIÓN: 8 posicións co formato aaaammdd, onde, aaaa: corresponde aos catro díxitos do ano, mm: corresponde aos dous díxitos do mes e dd: corresponde aos dous díxitos do día. 160-165 Numérica IDENTIFICACIÓN DA PARTIDA: Consignarase mediante 6 díxitos o número de orde da partida na sesión. 166-172 Numérica VALOR FACIAL DA PARTIDA: Identifícase por sete díxitos expresados en céntimo de euro. 18

Subida de Arquivos Índice Páx. 1. Acceso a Oficina Virtual Tributaria 4 2. Arquivos a) Formato do arquivo de datos Autoliquidación da Taxa 8 Declaración da Taxa (Nova orde do bingo) 12 b) Subida de arquivos 19 3. Taxa do Bingo na Oficina Virtual Tributaria a) Autoliquidación da Taxa 22 b) Declaración da Taxa (Nova orde do bingo) 34 19

Subida de Arquivos Para acceder á aplicación de subida de arquivos seleccione o menú «Outos Contidos» no menú principal da aplicación. Despois prema en «Subida de Arquivos». 20

Subida de Arquivos Unha vez na pantalla de subida de arquivos seleccione o arquivo que desexa subir e seleccione «Xeito Bingo» de entre as opcións que teña dispoñibles (estas dependerán dos accesos dos que dispoña na Oficina Virtual Tributaria). Cando teña seleccionado o arquivo e a opción do Bingo prema en «Subir». A aplicación daralle unha mensaxe confirmando a subida do arquivo ou dos erros se se tiveran producido. 21

Taxa do Bingo na OVT Índice Páx. 1. Acceso a Oficina Virtual Tributaria 4 2. Arquivos a) Formato do arquivo de datos Autoliquidación da Taxa 8 Declaración da Taxa (Nova orde do bingo) 12 b) Subida de arquivos 19 3. Taxa do Bingo na Oficina Virtual Tributaria a) Autoliquidación da Taxa 22 b) Declaración da Taxa (Nova orde do bingo) 34 22

Autoliquidación da Taxa do Bingo 24

Autoliquidación da Taxa do Bingo Nesta pantalla deberá seleccionar a sala coa que desexa operar para a autoliquidación da taxa. Unha vez seleccionada a sala deberá introducir o exercicio e período que desexa liquidar. A continuación prema na imaxe da lupa que está á dereita destes campos para obter as orixes de datos dispoñibles. Se a sala está na modalidade de estimación obxectiva poderá escoller entre os datos que constan na Administración e os dos ficheiros previamente cargados polo usuario nos servidores da ATRIGA (Vexa como cargar estes arquivos e o seu formato ao final deste documento). Se a sala estivera na modalidade de estimación directa non terá opción de cargar os datos da Administración. Unha vez escollida a sala, período impositivo e a orixe dos datos da autoliquidación deberá premer no botón «Cargar» para que os datos aparezan na pantalla. Se ten seleccionado un ficheiro e estima que xa non o necesita ou que é incorrecto, pode eliminalo premendo en «Borrar». Teña en conta que esta última acción non se pode desfacer. Se a opción escollida na orixe de datos é «Cargar datos da Administración» poderá escoller se desexa ou non aprazar a débeda tributaria consonte á LXT. Cando a orixe dos datos sexa un ficheiro cargado previamente a opción do aprazamento virá indicada no mesmo (Vexa as especificacións do formato dos ficheiros ao final deste documento). En Estimación Directa o procedemento é idéntico ao descrito con anterioridade, coa salviedade de que só poden cargar un arquivo do usuario. Unha vez seleccionados os datos correctos prema en «Calcular» para ver os datos da autoliquidación. 25

Autoliquidación da Taxa do Bingo Unha vez calculada a autoliquidación mostraranse os datos nas cuadrículas correspondentes, incluíndo o importe a ingresar resultante. Se todo é correcto prema en «Continuar» para avanzar na presentación da autoliquidación. Se necesita corrixir algún dato prema no botón «Editar». Se o importe a ingresar é positivo porque non se seleccionou o aprazamento da débeda a aplicación levarao ao módulo de ingresos para que faga o pagamento da débeda calculada. No caso de ter seleccionado o aprazamento mostrarase o botón «Presentar» nesta mesma pantalla. Neste caso, continúe na páxina 16 desta guía para ver a explicación do proceso. 26

Autoliquidación da Taxa do Bingo Unha vez no módulo de ingresos cubra os datos do tipo de ingreso (número de conta ou tarxeta, entidade,...) e prema en validar. 27

Autoliquidación da Taxa do Bingo Se os datos son válidos prema en «Continuar» para avanzar no pago. 28

Autoliquidación da Taxa do Bingo Verifique que os datos do titular e do suxeito pasivo son correctos e prema en «Ingresar» para facer o ingreso do importe indicado. 29

Autoliquidación da Taxa do Bingo Agora vai asinar os datos correspondentes ao ingreso. Verifique que son correctos e seleccione o certificado co que desexa asinar a operación. Despois prema en «Asinar» 30

Autoliquidación da Taxa do Bingo Unha vez rematada a confección da autoliquidación, e, de ser o caso, feito o ingreso deberá proceder á presentación. Prema en «Presentar» para continuar. 31

Autoliquidación da Taxa do Bingo Agora seleccione o certificado co que desexa asinar a operación e prema en «Asinar». Con esta acción levará a cabo a presentación telemática da autoliquidación da Taxa do BINGO. 32

Autoliquidación da Taxa do Bingo Unha vez presentada a Autoliquidación a aplicación emitirá un documento xustificante de presentación telemática da autoliquidación da taxa do Bingo. 33

Taxa do Bingo na OVT Índice Páx. 1. Acceso a Oficina Virtual Tributaria 4 2. Arquivos a) Formato do arquivo de datos Autoliquidación da Taxa 8 Declaración da Taxa (Nova orde do bingo) 12 b) Subida de arquivos 19 3. Taxa do Bingo na Oficina Virtual Tributaria a) Autoliquidación da Taxa 22 b) Declaración da Taxa (Nova orde do bingo) 34 34

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo) 35

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo) Nesta pantalla deberá seleccionar a sala coa que desexa operar para a autoliquidación da taxa. Tamén se define o idioma no que se construirán dos documentos. Unha vez seleccionada a sala deberá introducir o exercicio e período que desexa liquidar. A continuación prema na imaxe da lupa que está á dereita destes campos para obter as orixes de datos dispoñibles. Se a sala está na modalidade de estimación obxectiva poderá escoller entre os datos que constan na Administración e os dos ficheiros previamente cargados polo usuario nos servidores da ATRIGA (Vexa como cargar estes arquivos e o seu formato ao final deste documento). Se a sala estivera na modalidade de estimación directa non terá opción de cargar os datos da Administración. Unha vez escollida a sala, período impositivo e a orixe dos datos da autoliquidación deberá premer no botón «Cargar Datos». Se ten seleccionado un ficheiro e estima que xa non o necesita ou que é incorrecto, pode eliminalo premendo en «Borrar Ficheiro». Teña en conta que esta última acción non se pode desfacer. Se a opción escollida na orixe de datos é «Cargar datos da Administración» poderá escoller se desexa ou non aprazar a débeda tributaria consonte á LXT. Cando a orixe dos datos sexa un ficheiro cargado previamente a opción do aprazamento virá indicada no mesmo (Vexa as especificacións do formato dos ficheiros ao final deste documento). En Estimación Directa o procedemento é idéntico ao descrito con anterioridade, coa salviedade de que só poden cargar un arquivo do usuario. Unha vez pulsado o botón «Cargar Datos», amosarase unha mensaxe informativa. 36

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo) Mediante a mensaxe infórmase que se borrarán as cargas realizadas anteriormente que non fosen confirmadas e incorporaranse os novos datos. Se se preme o botón «Aceptar», pódese continuar coa operación. Se volverá á transacción anterior, na que xa se pode observar o período que se vai declarar así como o botón «Continuar», para realizar a carga do ficheiro ou dos datos elixidos. 37

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo) Se o ficheiro contén erros, amosarase un cadro que informe deles para que o usuario proceda á corrixilos. Para realizar esta operación, débese proceder a borrar o ficheiro actual e subir a versión corrixida do mesmo. 38

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo) Unha vez resoltos os erros contidos o ficheiro de carga, amósanse na pantalla os datos contidos nel (ou os datos que dispón a administración. Os datos correspondentes se detallan por cada un dos valores faciais autorizados na comunidade autónoma coa súa correspondente totalización. Estes datos pódense ver en dous apartados da pantalla. Por unha banda están os movementos que se produciron no período que se está a declarar e debaixo deles amósanse os datos acumulados dende a data de devindicación. No caso de que o acumulado que se carga non coincida coa suma do período e o acumulado anterior, amósase unha mensaxe informativa e unha marca nas liñas diferentes. No último apartado indícase o primeiro e o último NIF do ficheiro da relación de premios superiores ao importe da lei. Tamén se indica a súa pegada dixital SHA-1. Tamén se inclúe un botón que nos permite ver a listaxe completa incluída no ficheiro de carga. Se o que se está a facer é unha carga de datos da administración, este apartado non conterá ningún valor. Despois de comprobar que estes datos son correctos, débese proceder á súa confirmación para continuar coa declaración. Se se considera que os ditos datos non son válidos, pódese anular a operación para cargar un novo ficheiro ou optar polos datos da administración utilizando o botón «Anular». No proceso de confirmación pódense producir outros erros e avisos referentes a operacións pendentes, prazos de presentación, etc. Se son avisos, pódese elixir continuar ou non, e se se trata de erros, débense corrixir para poder finalizar a declaración. 39

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo) Despois de corrixir todos os erros detectados e confirmados os avisos correspondentes, chégase a transacción na que se realiza o cálculo da taxa. Nela atópase un resumo das cantidades declaradas que serven de base para o cálculo da taxa do bingo. Para realizar o cálculo débese premer o botón «Calcular» para obter os valores numéricos da declaración. Se a declaración dese como resultado un valor negativo, pódese solicitar a devolución dos cartos ou realizar a renuncia a eles. En caso contrario, e se se está de acordo con ela, débese premer o botón «Continuar». Se nón se solicitou o aprazamento da operación, e preciso realizar o pagamento, seguindo os mesmos pasos que se describen no apartado Autoliquidación da taxa. Se se solicitou aprazamento, ou non existe importe a ingresar, chegaremos directamente a presentación da operación. 40

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo) Realizado o pagamento da operación ou atopándose nos supostos nos que non é precisa tal operación, chégase a transacción da presentación. Amósase na pantalla un resumo dos datos da operación: o período e carácter, suxeito pasivo, representante, datos base do cálculo, autoliquidación, ingreso (se o houbese) e texto a asinar. Débese premer o botón «Presentar» para rematar o proceso. Solicítase ao usuario que elixa un dos certificados dispoñibles e procédese ao seu asinado dixital. Se a operación finalizou con éxito, o botón cambia a «Imprimir» para permitir navegar na visualización dos distintos documentos xerados. 41

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo) Se se preme o dito botón, chégase a esta transacción que permite visualizar o modelo 043 da autoliquidación da taxa, así como o D043 da declaración e o anexo de premios. Estes dous últimos non existirán se se trata dunha operación feita cos datos da administración. Tamén se pode navegar á listaxe das distintas operacións que se realizaron, ou voltar ao menú para iniciar unha nova declaración, realizar outras xestións ou finalizar a sesión. 42

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo) Unha vez presentada a operación a aplicación emitirá un documento xustificante de presentación telemática da autoliquidación da taxa do Bingo. 43

Declaración da Taxa (Nova orde do bingo) Tamén podemos obter copia do modelo D043 da declaración cargada, no caso de non tratarse da carga de datos da administración. Neste modelo incorpórase unha segunda páxina na que se resume a información dos premiados cun importe superior ao indicado na lei. Ademais, tamén podemos visualizar un ficheiro de texto plano coa relación de premiados remitida, sempre que non se trate dunha carga de datos da administración. Debaixo desta liñas podemos ver unha imaxe do mesmo. 44

Fin da presentación Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable www.cixtec.es