PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ACHÉGATE AO GALEGO NIVEL 2

Documentos relacionados
PROGRAMA FORMATIVO Competencia Clave: Comunicación en lingua galega - N2

da Linguaxe e Estudos Literarios Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre 6 OP 3 2c

Unidade 1. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

A AVALIACIÓN. Mínimos esixibles

PROGRAMACIÓN TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA 1.- COÑECEMENTO DO MEDIO.

Unidade 5. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

Potencias e radicais

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN CIENCIAS DA NATUREZA. 3º E. Primaria

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

GUÍA PARA PERSOAS CANDIDATAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL C1 ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS GALICIA

Programa para maiores

PLAN DE ESTUDOS DO 1 Ђы CURSO DO BACHAREL ATO LO E CURSO ACAD ЊБMICO

O Software Libre naspequenase Medianas Empresas de Galicia

EXEMPLIFICACIÓN DIDÁCTICA PARA ALUMNOS CON DISCAPACIDADE VISUAL.- AREA: Coñecemento do Medio. CURSO: 3º de Educación Primaria.

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso

Formación Profesional Básica Novidades normativas. Xornada para orientadores Servizo de Ordenación e Formación Profesional

PROCEDEMENTO DE CONEXIÓN A SERVIDORES E EQUIPOS DA REDE DE DATOS INTERNA DA UDC

Objectivos / Competências Conteúdos Descrição dos Domínios de referência: Unidades temáticas

ESCOLA SECUNDÁRIA DE SAMPAIO Ano Lectivo 2008/ Planificação a Longo Prazo ESPANHOL L/E (Iniciação nível I) 10ºAno Formação Específica

AGRUPAMENTO DE ESCOLAS DE CASTRO DAIRE Espanhol nível 2 11º ano Turma: C Ano Letivo 2013/2014 Planificação Anual

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DIREITOS HUMANOS. Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

AGRUPAMENTO DE ESCOLAS DE AVEIRO Escola EB 2º e 3º Ciclos João Afonso de Aveiro. Programação Anual 2011/ 2012

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Novas tecnoloxías aplicadas á Música

PROGAMACIÓN DO OBRADOIRO DE INICIATIVAS EMPRENDEDORAS. 4ª CURSO DA ESO.

MANUAL DE CALIDADE SISTEMA DE GARANTÍA INTERNA DE CALIDADE ESAD DE GALICIA

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Curso IES As Telleiras

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

REPENTIZACIÓN E ACOMPAÑAMENTO (G. Profesional)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Planificação anual Ano letivo: 2016/2017

ANEXO II. Currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Electricidade e Electrónica

PAU XUÑO 2012 ECONOMÍA DA EMPRESA

Unidade 6.-Clases de palabras (4): o verbo.

ESPANHOL 1ª e 2ª fase de 2014

PROCESO SELECTIVO LISTA POSTO EDUCADOR/A EDUCADOR/A TITOR/A Primeiro exercicio (exame B)

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Música de Cámara de Percusión

ESCOLA SECUNDÁRIA DR. SOLANO DE ABREU PLANIFICAÇÃO ANUAL

Módulo de sensibilización ambiental

Objectivos / Competências Conteúdos Descrição dos itens

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MATEMÁTICAS

POSTOS BASE DO GRUPO II

CURSOS CIENTÍFICO HUMANÍSTICOS DE LÍNGUAS E HUMANIDADES Planificação anual de ESPANHOL 10.º ano (iniciação) Turmas: E Professora: Cecília Marinho

Objectivos / Competências Conteúdos Descrição dos itens

Título: Curso de Difusão da Cultura Hispânica e da Língua Espanhola. Unidade: Faculdade de Ciências e Tecnologia FCT-CLAE-PROEX

Academia Diplomática y Consular Carlos Antonio López

A 21 de Abril de Estimado Alcalde:

Servicio de Lenguas Modernas Ed. Juan Agustín de Mora, Planta baja

LINGUA E LITERATURA 2º ESO SOLUCIONARIOS

ORIENTACIÓNS PARA AS PERSOAS TITORAS

ESCOLA SECUNDÁRIA DE SAMPAIO Ano Lectivo 2008/ Planificação a Longo Prazo ESPANHOL L/E (Iniciação-nível II) 11º Ano Formação Específica

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA HISTORIA DA MÚSICA E DA DANZA CURSO 2º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESOR DANIEL COSTA FERREIRO

PLANIFICAÇÃO ANUAL DE ESPANHOL FORMAÇÃO ESPECIFICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

d. Identifica sinónimos e antónimos. Ordenar palabras alfabeticamente.

Interpretar discursos orais com diferentes graus de formalidade e complexidade. Registar,

Convocatoria ordinaria de 2014

Agrupamento de Escolas José Belchior Viegas Escola EB 2,3 Poeta Bernardo Passos Ano letivo 2015/2016 PLANIFICAÇÃO ANUAL DE ESPANHOL - 7.

Artigo definido / artigo indefinido e seu emprego Nome Género Formação do feminino Formação do plural. Unidade 0

Historia da Arte. 2º Bacharelato.

Proxecto de orde do de de 2015, pola que se regula a composición, organización e funcionamento dos consellos de saúde de área.

Planificação anual Ano letivo: 2016/2017

Probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

O Software Libre nas empresas informáticas de Galicia. Edición 2013

Tradución e Interpretación Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre. 6 OB 3 1c Galego

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANEXO X. Currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Carpintaría e Moble

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

Escola Básica Integrada de Angra do Heroísmo

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx

3.º Ciclo (ESPANHOL Língua Estrangeira II)

SERIE CURSOS DE ESPANHOL COMO LÍNGUA ESTRANGEIRA / 2010 CURSO DE NEGÓCIOS

DISCIPLINA DE LÍNGUA PORTUGUESA - 5.º Ano 1. COMPETÊNCIAS ESSENCIAIS COMPETÊNCIAS GERAIS COMPETÊNCIAS ESPECÍFICAS

AGRUPAMENTO DE ESCOLAS DE CASTRO DAIRE Espanhol nível 1 10º ano Turma: C Ano Letivo 2013/2014 Planificação Anual

Residencia de Estudantes. Normas Curso académico 2014 / 2015

Decreto 105/2011 Técnico superior en desenvolvemento de aplicacións

FICHA DE UNIDADE CURRICULAR (UC)

PAU XUÑO 2012 PORTUGUÉS

PROGRAMAÇÃO DE PORTUGUÊS C1

PLAN ANUAL DE FORMACIÓN DO PROFESORADO

DISCIPLINA DE LÍNGUA PORTUGUESA - 5.º Ano B 1. COMPETÊNCIAS ESSENCIAIS COMPETÊNCIAS GERAIS COMPETÊNCIAS ESPECÍFICAS

Transcrição:

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ACHÉGATE AO GALEGO NIVEL 2 0. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN. O curso Achégate ao galego nivel 2 está dirixido a aquelas persoas de dentro e fóra de Galicia cunha formación de base no idioma, que procuren consolidar e ampliar os seus coñecementos e acadar un nivel de usuario competente, capaz de intervir cun grao crecente de formalidade e complexidade e coa pertinente adecuación, eficacia e corrección, nun amplo repertorio de situacións e contextos comunicativos. Este nivel capacita o alumno para utilizar o idioma, oralmente e por escrito, con fluidez, precisión e espontaneidade, atendendo á interacción social con outros falantes e cun alto grao de corrección e naturalidade que permita que a comunicación se realice sen esforzo; empregando actos de fala apropiados para cada contexto lingüístico, con variedade de rexistros, estruturas e locucións idiomáticas e valéndose, asemade, dunha competencia sociocultural que enriqueza a comunicación. 1. OBXECTIVOS. 1.1 Obxectivos xerais: Os obxectivos xerais correspóndense cos estándares definidos para o nivel B2 do Marco europeo de referencia para as linguas e foron adaptados, no esencial, ás competencias traballadas nun nivel Celga 3, tendo en conta as limitacións temporais do noso curso e a grande heteroxeneidade do alumnado, que vén sendo común neste tipo de formación. A programación aplicada e o contido curricular seguen as directrices establecidas na Orde do 16 de xullo de 2007, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 146, do 30 de xullo de 2007. Programación didáctica Achégate ao galego nivel 2 Páxina 1 de 8

1.2 Obxectivos específicos: Ao completar o curso, o alumno comprenderá mensaxes orais e escritas de certa complexidade e producirá textos sobre temas diversos en situacións de lingua menos previsibles, cun alto grao de corrección normativa; sabendo desenvolverse con relativa seguridade e sen moitas dificultades nos contextos en que o galego é lingua de traballo e interacción. Estes obxectivos concrétanse para cada unha das catro destrezas lingüísticas básicas: Comprensión oral Seguir as ideas principais dun discurso lingüisticamente complexo sobre temas concretos ou abstractos e identificar as principais liñas de argumentación. Identificar as ideas principais dunha actividade académica (conferencia, clase ou seminario), sempre que se trate dunha temática coñecida. Comprender unha gama ampla de textos audiovisuais en lingua estándar, aínda que sexan emitidos en condicións físicas que supoñan algunha dificultade para a comprensión, e ser quen de identificar os puntos de vista e as actitudes dos falantes. Comprensión escrita Entender textos de extensión e complexidade variada, relativos á vida cotiá, académica e social e comprender formularios administrativos sobre cuestións diversas, para responder ás necesidades específicas de carácter profesional e educativo. Comprender informes, textos xornalísticos, literarios e de divulgación científica sobre temas actuais e entender información, argumentos, ideas e opinións de fontes especializadas, dentro do campo de interese dos alumnos. Comprender con suficiente detalle instrucións extensas e complexas relativas a distintos ámbitos, así como textos legais habituais da vida social, sempre que se poidan reler os apartados difíciles. Expresión oral Realizar descricións, narracións e exposicións sobre persoas, situacións ou acontecementos da vida cotiá e profesional, con claridade e eficacia. Programación didáctica Achégate ao galego nivel 2 Páxina 2 de 8

Elaborar discursos cun ritmo uniforme, sen pausas ou silencios moi marcados, empregando os mecanismos de cohesión máis habituais. Argumentar a propia opinión e reproducir a doutras persoas en conversas e debates, con certa facilidade de expresión. Expresión escrita Escribir textos que sinteticen información procedente de varias fontes, referidas aos ámbitos profesional, público e educativo, axustándose a un formato e rexistro axeitados. Producir textos de extensión variada, claros e ben estruturados, con diferentes propósitos comunicativos, sobre temas relacionados con distintos ámbitos da vida social. Redactar informes breves sobre temas de actualidade ou expoñer por escrito, de maneira sinxela, opinións sobre textos lidos ou oídos ou acerca de feitos pasados, achegando algún tipo de conclusión ou recomendación. 2. METODOLOXÍA A metodoloxía empregada ten como base un modelo de ensino comunicativo, orientado á acción, centrado non só nas competencias lingüísticas, senón en todas as capacidades que o falante debe utilizar para se integrar eficazmente na comunidade da lingua que está a estudar. Doutra banda, trátase dunha formación centrada no alumno e nas súas necesidades. Dado que a miúdo conviven na aula competencias desiguais e motivacións diversas, a metodoloxía deberá adaptarse de modo que todo o alumnado acade os obxectivos correspondentes ao nivel e reciba resposta ás súas necesidades e intereses; o que redundará nunha maior implicación e motivación deste na súa propia aprendizaxe. Nesta concepción o profesor é un mero guía e é o estudante quen xoga un papel activo, responsabilizándose de planificar e organizar o seu proceso de aprendizaxe, tratando de ser autónomo, utilizando recursos de autoaprendizaxe e autoavaliación fóra da aula. O noso papel consistirá en incentivar a confianza do alumnado na propia capacidade, fomentando posturas positivas, evitando o medo ao erro, superando o sentido do ridículo e desenvolvendo o seu espírito crítico. Mediante unha inmersión lingüística plena e a exposición directa dentro da aula a un uso auténtico do idioma, alternaremos tarefas relativas a cada unha das diferentes destrezas. Darémoslles Programación didáctica Achégate ao galego nivel 2 Páxina 3 de 8

preferencia ás actividades de tipo práctico e fomentaremos as actividades comunicativas máis lúdicas e creativas, utilizando, sempre que for posible, os recursos audiovisuais, así como o material dispoñible na rede para dinamizarmos as clases e consolidar os contidos desenvolvidos. En conclusión, aplicaremos unha metodoloxía que resulte: práctica (proporcionándolle ao alumnado soltura no manexo do idioma); realista (en consonancia coa realidade de coñecementos previos e cos centros de interese dos alumnos); flexible (adecuando o programa ás necesidades e preferencias do alumnado); integral (que non se limite soamente á forma da lingua, senón que toque tamén a realidade social que a conforma); contextualizada (adaptando o programa á contorna, ás necesidades e ás carencias do alumnado) e progresiva (que parta do básico, para conseguir, pouco a pouco, unha maior complexidade e participación do alumno). 3. CONTIDOS Os contidos que se irán introducindo para acadar os obxectivos específicos nas diferentes destrezas están especificados nas seguintes unidades didácticas: Unidade 1: Que de chismes! Inventar e deseñar un obxecto que solucione un problema da vida cotiá. Describir as características dun obxecto. Referirnos á utilidade e ao funcionamento de obxectos e aparellos. As frases relativas con preposición. Usos e valores de preposicións e locucións prepositivas. Emprego do indicativo e do subxuntivo nas frases relativas. O pronome persoal átono: formas e contraccións. Conectores textuais: fórmulas de inicio. Vocabulario relacionado coas formas, materiais, cores... Obxectos e aparellos de uso cotián. Programación didáctica Achégate ao galego nivel 2 Páxina 4 de 8

Unidade 2: O amor é cego! Pór en marcha un consultorio sentimental. Expresar similitudes, diferenzas e afinidades entre as persoas. Expresar intereses e sentimentos. Dar consellos e suxerir solucións. Formación, usos e valores dos tempos de subxuntivo. Substantivos derivados de adxectivos. Diferenza entre o uso do infinitivo e o subxuntivo na expresión do desexo. A colocación dos pronomes átonos. Conectores textuais: fórmulas de exemplificación. Vocabulario para falar das relacións persoais e afectivas. Unidade 3: Falando enténdese a xente. Organizar un debate sobre un tema de actualidade. Pedir a palabra, interromper, solicitar unha aclaración... Valorar feitos e situacións. Expresar a opinión e debater puntos de vista. Amosar acordo e desacordo. Construír argumentos razoados. Contraargumentar. Sintetizar unha información. Recursos para o debate e conectores para a argumentación. Construcións en indicativo e en subxuntivo para expresar diferentes graos de seguridade. Usos de SE: reflexivo, pronominal, impersoal. Adxectivos e substantivos para valorar. Coherencia e cohesión: a progresión da información. Principais feitos políticos, sociais e culturais da historia recente de Galicia. Problemas contemporáneos e solucións. Unidade 4: Boas novas. Redactar unha noticia para a páxina de sucesos dun xornal. Analizar e comentar unha noticia. Describir cousas, lugares e persoas no pasado. Formular hipóteses e probabilidades sobre un suceso presente ou pasado. Expoñer e comentar puntos de vista. Contraste pretérito/ copretérito. A voz pasiva. O xerundio e o participio. Uso dos tempos verbais coa expresión da hipótese. Perífrases verbais: modais de probabilidade. Coherencia e cohesión: os sinónimos e hiperónimos. Tipoloxía textual: a noticia. Vocabulario relacionado cos medios de comunicación. Programación didáctica Achégate ao galego nivel 2 Páxina 5 de 8

Unidade 5: Busque, compare... Crear unha empresa e deseñar un anuncio para a televisión. Interpretar e redactar anuncios publicitarios. Valorar propostas e suxestións. Comparar e contrastar alternativas. Argumentar sobre as vantaxes e inconvenientes dun produto ou servizo. Expresar finalidade. Colocación do adxectivo e cambios de significado. Derivación: os sufixos caracterizadores. Construcións comparativas. Poñer condicións para unha acción futura. Perífrases verbais: temporais de futuridade. Oracións finais con subxuntivo. Coherencia e cohesión: a substitución pronominal, os demostrativos, manexo dos artigos. A linguaxe publicitaria. Unidade 6: Aquel día. Facer unha exposición oral contando o peor día da túa vida. Estruturar unha exposición oral. Narrar un recordo empregando tempos do pasado remoto. Expresar desexos referidos ao pasado. Falar do inicio e da duración dunha acción. Dar e pedir información sobre sucesos. Reaccionar ante unha boa ou mala noticia. Estrutura do discurso e uso dos tempos verbais. Relacións temporais entre accións: contrastes entre o pretérito, o copretérito e o antepretérito. Marcadores temporais. A causa e a consecuencia. Frases exclamativas para reaccionar ante un relato. Coherencia e cohesión: conexión léxicosemántica. Expresións de lástima, alivio, sorpresa... As supersticións. Unidade 7: De parte de quen estás?. Mediar no conflito entre dúas persoas. Analizar comportamentos, feitos e situacións. Describir persoas, relacións e modos de actuar. Describir cambios de personalidade. Reproducir un discurso. Expresar desculpas. Tranquilizar e dar ánimos. O estilo directo, o estilo indirecto e o estilo indirecto libre. Forma e usos do pretérito imperfecto de subxuntivo. Verbos de lingua: dicir, explicar, contar, preguntar... Conectores discursivos de causa e oposición. Conectores textuais: fórmulas de ordenación. Léxico sobre sentimentos, carácter e estados de ánimo. Programación didáctica Achégate ao galego nivel 2 Páxina 6 de 8

Unidade 8: Festa rachada. Elaborar un traballo cos costumes, festas e tradicións nas diferentes culturas. Propoñer, aceptar e rexeitar invitacións e propostas. Expresar gustos, teimas e desexos. Falar de preferencias. O uso dos adxectivos nas valoracións. Contraccións das conxuncións comparativas. Oracións subordinadas causais. Oracións concesivas. Expresións de frecuencia. Conectores textuais: as conclusións. Costumes, festas e tradicións. Refráns e expresións idiomáticas. Unidade 9: Tes unha nova mensaxe. Escribir unha postal. Presentar unha solicitude formal. Redactar notas, mensaxes e cartas. Identificar a finalidade de diferentes mensaxes escritas. Recoñecer o grao de formalidade e relación persoal de diferentes textos. Referir informacións, propostas e peticións formuladas por outras persoas. Oracións temporais con indicativo e subxuntivo. Formas e usos de adverbios e locucións adverbiais. Verbos con preposición. Conxuncións coordinantes e subordinantes. Estilo indirecto: transmitir ordes, instrucións e peticións. A adecuación: rexistros. Fórmulas de correspondencia (invitacións, peticións, felicitacións). Vocabulario relacionado con documentos e trámites. 4. RECURSOS Ademais da utilización dos manuais Aula de Galego 2 e Aula de Galego 3 como textos de apoio, poremos á disposición do alumnado outro tipo de materiais elaborados polo profesor ou tirados de diferentes fontes (revistas, catálogos, formularios, xornais, folletos publicitarios...), para achegar a dinámica da aula á realidade en que o alumnado se encontra inmerso. Así mesmo, empregaremos todos os soportes audiovisuais ao noso dispor para guiar os alumnos no proceso de adquisición de destrezas dunha forma dinámica e atractiva e, dado que a maior parte do alumnado está afeito a comunicarse mediante recursos dixitais, aproveitaremos esa disposición, para estimular a súa motivación cara a unha aprendizaxe autónoma, mediante o uso das novas tecnoloxías. Programación didáctica Achégate ao galego nivel 2 Páxina 7 de 8

Neste sentido, Internet ofrécenos motivadoras ferramentas educativas para experimentar coa lingua, que converten o alumno no principal axente do seu proceso de aprendizaxe e que facilitan tanto a autocorrección dos exercicios como a consulta e o reforzo dos contidos, habilitando unha porta permanentemente aberta ao contacto co galego, fóra das fronteiras físicas e temporais que forzosamente limitan calquera curso presencial. 5. AVALIACIÓN A partir dunha avaliación inicial, mediante a elaboración dunha enquisa e dunha proba oral e escrita que nos permitan diagnosticar o punto de partida do traballo e o grao de competencia do alumnado, realizaremos unha avaliación continua e progresiva, comparando as novas tarefas coas anteriores, para medir os progresos do grupo en xeral e a evolución da aprendizaxe de cada alumno en particular. A valoración dos resultados abranguerá o traballo realizado dentro da aula e fóra dela, a consecución dos obxectivos establecidos e a motivación e a participación nas actividades propostas. Alternaremos a corrección escrita das actividades, de xeito que o alumnado poida facer unha revisión daquilo que necesita mellorar, coa corrección oral en común, potenciando deste modo a participación, a cohesión do grupo e o uso oral da lingua. Por último, recorreremos á autoavaliación, que permitirá ao alumnado non só decatarse dos seus erros para poder rectificalos, senón que os/as fará conscientes da importancia da avaliación en todo proceso de ensino-aprendizaxe. Programación didáctica Achégate ao galego nivel 2 Páxina 8 de 8