DANZAS TRADICIONAIS DE CANGAS

Documentos relacionados
EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

1.- Organización da Escola de Primavera:

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

SBN: O TEMPO NO XORNAL

PIALE Integración en lingua portuguesa

REDE EUSUMO. información e comunicación

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE

PLAN TIC IES Chapela (PE)

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

P E Z A P E Z A. Galicia

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

- Língua Portuguesa na Galiza

Política e Obxectivos de Calidade

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS DE XUVENTUDE CURSOS E OBRADOIROS QUE SE IMPARTEN NOS ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS DE XUVENTUDE

OBRADOIROS RÍA DE MUROS-NOIA

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

INTRODUCIÓN Á LITERATURA GALEGA 2

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

OFICINA DE CURSOS ABRIL 2015

Xestión cultural_hoxe

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º

Escala técnica superior

CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA A AVALIACIÓN E PARA A HABILITACIÓN OFICIAL COMO CORRECTOR E EXAMINADOR DOS EXAMES DO DELF ESCOLAR.

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA Investigación e Tratamento da Información CURSO 1º / 2º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESORA María Loreto Albo García

Planificación do curso escolar

Dossier O líder da prensa en galego

PROXECTO MOBILIDADE ERASMUS Next Station: Improving Professional Skills in Galicia NÚM. PROXECTO: ES01-KA

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

Língua Portuguesa na Galiza

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CALENDARIO PARA O CICLO INTENSIVO DO PROGRAMA UNIVERSITARIO PARA MAIORES. CAMPUS DE PONTEVEDRA. CURSO

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

CAMPA A RESGAL

Double-click to enter title

Plan de dinamización do EDLG

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso

Canle. Recomendocheunlibro. Concurso O ollo de vidro

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

Consulta Existencia do Asociacions 2017 Grafico Zonas. Se Realizarón un total de 400 Consultas na Enquisa: Existencia do Asociacions 2017

MANUAL DE USUARIO DE etrades

Os artistas de primeiro. CEIP Pedro Antonio Cerviño - Unidade didáctica integrada - Educación primaria 1. CONTEXTUALIACIÓN/XUSTIFICACIÓN

Ramal 3, Tortoreos AS NEVES Tlf: NEVES ÍNDICE. 1.- Obxectivos. escolar. 9.- Metodoloxía 10.- Avaliación 11.

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

Obxectivos específicos curso (Informados positivamente polo Claustro en sesión ordinaria celebrada o día 27 de xuño de 2017)

PLAN DE DESENVOLVEMENTO EUROPEO

PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE FERROL

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

Manual de cumprimentación da solicitude

XUÑO ECONOMÍA DA EMPRESA Instrucións: O alumno debe elixir UNHA das dúas opcións e responder a todas as preguntas da opción elixida

SR. ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO.

Proxecto Esmelle. Convivencia entre veciños voluntarios e persoas que realizan Traballos en Beneficio da Comunidade

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra.

PROBA B (ORAL) Modelo: C4O/2008-2/B

ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS SETEMBRO 2017

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

Transcrição:

DANZAS TRADICIONAIS DE CANGAS PROXECTO INTERDISCIPLINAR 1º ESO IES MONTE CARRASCO http://prin13-14.blogspot.com.es/ Concurso de Traballo por Proxectos 2014 Convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos 12 de marzo de 2014

I. INTRODUCIÓN II. III. OBXECTO OU TEMÁTICA DE INVESTIGACIÓN DESCRICIÓN DO PROCESO DE DESEÑO E ELABORACIÓN DA PROPOSTA IV. RELACIÓN DAS TAREFAS MÁIS IMPORTANTES REALIZADAS AO LONGO DO PROXECTO POLO ALUMNADO V. RECURSOS UTILIZADOS E FONTES CONSULTADAS VI. VII. IMPLICACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA, NO SEU CASO DIFUSIÓN DOS TRABALLOS ENTRE A COMUNIDADE EDUCATIVA VIII. IX. AVALIACIÓN FUNCIÓN E PARTICIPACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR

I. INTRODUCIÓN a) Xustificación Este proxecto enmárcase no Proxecto Interdisciplinar de 1º de ESO, que no noso Proxecto Educativo, está dentro do Proxecto Lector de Centro e como tal é coordinado dende a Biblioteca Escolar. Participaron os dous grupos de 1º de ESO do centro, coordinados polos seus respectivos titores e por un membro do Equipo de Biblioteca Escolar. Este último, tiña o seu horario de Biblioteca Escolar coincidente coa hora que, respectivamente, tiña asignado cada grupo de 1º para a coordinación do Proxecto Interdisciplinar (en adiante, PI). Ademais, contouse coa implicación doutros profesores que imparten docencia no grupo. Así, o profesorado participante ao longo de todo o curso foi o seguinte: Función Membro do equipo da BE Titora de 1º ESO A Titor de 1º ESO B Profesora de EpeV (en ambos grupos) Profesora de Lingua Galega en 1º ESO A Profesora de Lingua Galega en 1º ESO B Profesor de Ciencias Sociais en ambos grupos Profesor de PT e coordinador TIC Nome e apelidos Begoña Otero Riobó Ana Soliño Pedro Vicente Vila Seila Acuña Ferradanes Beatriz Martínez Cordeiro Lourdes Camaño Rial Xaquín Pastoriza Cerviño J. Ramón Vidal Calvelo b) Contidos e competencias traballadas Tal e como se recolle no Proxecto Lector, as competencias básicas que se pretenden traballar dende o PI son:

Competencia en comunicación lingüística Competencia dixital Competencia para aprender a aprender Competencia de autonomía e iniciativa persoal Competencia social e cidadá Ademais, os obxectivos que se pretendían acadar son: 1.- Aprender a cooperar no traballo en equipo, sendo capaz de expresar opinións propias, escoitando as dos demais e chegando a acordos. 2.- Aprender a planificar e organizar un traballo en equipo para desenvolver un tema dado. 3.- Aprender a buscar, seleccionar e organizar información utilizando diversas fontes e soportes, utilizando a biblioteca como recurso básico 4.- Aprender a combinar as novas tecnoloxías cos soportes tradicionais, valorando en cada caso os pros e contras á hora da utilización de cada unha. 5.- Fomentar a creatividade, a iniciativa e a autonomía persoal, tanto na busca de información, como na planificación, desenvolvemento e presentación do traballo proposto. Os contidos traballados foron: Busca, selección e edición da información A utilización da BE como recurso do centro O traballo en equipos cooperativos Ademais dos contidos propios das materias que interviñeron no PI. II. OBXECTO OU TEMÁTICA DA INVESTIGACIÓN Tal e como se recolle no Proxecto Lector, na primeira Comisión de Coordinación Pedagóxica celebrada no curso 2013-14, propúsoxe a temática a desenvolver ao longo de todo o curso no PI. Previamente, os titores de 1º e a profesora do equipo da BE, encargada de colaborar no desenvolvemento do PI, barallaran varias temáticas e chegaran ao acordo de propoñer á CCP a

seguinte: As danzas tradicionais de Cangas, xa que o noso municipio conta con 3 danzas tradicionais declaradas de interese turístico. Tamén decidimos que iamos intentar aprender a danza de Darbo, por ser a parroquia onde se ubica o noso centro. III. DESCRICIÓN DO PROCESO DE DESEÑO E ELABORACIÓN DA PROPOSTA Como está establecido no Proxecto Lector, a temática presentouse e decidiuse na 1ª CCP de curso e pediuse a colaboración do profesorado que imparte en 1º, co resultado que se sinala na introdución. A nivel aula, o proxecto desenvolveuse a través da aprendizaxe cooperativa, polo que se constituíron grupos cooperativos (6 grupos de 4 alumnos en 1ºA e 5 grupos de 4 e 5 alumnos en 1ºB). Utilizamos a estrutura de crebacabezas e equipos de investigación para levalo a cabo. Isto supuxo que cada membro do grupo traballou sobre a parte do tema que tiña asignada. Buscou información nas páxinas web, artigos e material impreso facilitado pola profesora e outras que foi atopando no proceso de investigación. A cada membro dos grupos foille entregado un caderno onde ir facendo as súas anotacións. Posteriormente, cada membro do equipo reuniuse cos membros dos outros equipos que estiveron traballando sobre a mesma parte do tema (grupos de expertos). Intercambiaron información, afondaron nos aspectos clave, clarificaron dúbidas,... A continuación, cada un retornou ao seu equipo e explicoulle ao grupo a parte que el preparou. Finalmente, cada grupo deu forma final ao informe que tivo que entregar e expoñer ao resto dos grupos. Temporalmente o proceso foi o seguinte: 1º TRIMESTRE 2º TRIMESTRE 3º TRIMESTRE.- Presentación do.- Investigación.- Elaboración do proxecto á CCP e Claustro.- Saída didáctica o 8 de documento síntese da.- Presentamos a abril investigación. aprendizaxe cooperativa.- A coordinadora de BE

aos grupos e practicamos técnicas cooperativa.- Formamos os grupos.- Creamos o blog como ferramenta de difusión e colaboración.- Iniciamos a investigación crea un documento en google-drive para cada un dos grupos constituídos onde irán elaborando o documento. Outro piar importante no deseño deste proxecto foi que somos un centro ABALAR e, polo tanto, o alumnado de 1º ESO dispoñía un netbook para buscar e elaborar información. Isto, que en principio era unha vantaxe, despois converteuse nun pesadelo. Aínda así, a utilización deste equipamento foi escollido polo seu efecto motivador, pola necesidade de usar a rede para a busca de información e porque se quería utilizar a aprendizaxe colaborativa como método de traballo (google-drive). Nesta mesma liña, a creación dun blog utilizouse non só como ferramenta para difundir o nos traballo, o que iamos facendo, e compartilo con toda a comunidade educativa, senón tamén como recurso en si mesmo, xa que na barra lateral dereita subíronse todas as páxinas web, vídeos, etc., que o alumnado ía a utilizar para a busca de información. A coordinación de todo o proceso levouse a través da Biblioteca Escolar, en concreto da persoa do equipo de BE asignada ao PI. IV. TAREFAS MÁIS IMPORTANTES REALIZADAS POLO ALUMNADO Seguindo unha orde temporal, as tarefas desenvolvidas polo alumnado foron as seguintes, tal e como se recolle no blog, na barra lateral esquerda:

1º TRIMESTRE 2º TRIMESTRE 3º TRIMESTRE Aprendemos a traballar en aprendizaxe cooperativo: practicamos técnicas cooperativas. Aprendemos como imos facer a investigación, coas estruturas de crebacabezas e equipos de investigación. Distribuímos tarefas e papeis Creamos o blog as danzas tradicionais de Cangas. Todos nos damos de alta como editores, creamos contas de gmail... Foi un recurso para ter reunidas todas as fontes de información básicas que iamos utilizar. Iniciamos a investigación:.- Tarefa: que sabemos das danzas tradicionais, mediante a técnica de folio xiratorio Consultamos as páxinas web recollidas no blog e tomamos nota no caderno. Aprendemos a tomar notas, poñendo a data, a fonte de información... Traballamos coa prensa, xa que o 20 de xaneiro, bailouse a danza tradicional de Aldán e saíron moitas noticias na prensa. En febreiro, Belén Guimeráns, presidenta da Asociación da danza de Darbo, veu ao centro, e ensinounos a bailar a danza, aos dous grupos xuntos, coa axuda do profesor de Educación Física e titor de 1ºB, que sería quen se encargaría de ensaiala despois, a profesora de Lingua Galega, que é da zona e xa bailara a danza e a titora de 1ºA, que tamén é da zona e coñece algúns pasos. 8 de abril, xa a finais do trimestre, fixemos Aprendemos como temos que facer o documento síntese da investigación, segundo a distribución de tarefas e papeis. Aprendemos a traballar colaborativamente co google-drive. Elaboramos o traballo. Aprendemos a facer os gorros da danza de Darbo con Belén Guimeráns (xoves, 5 de xuño). Logo fixemos un obradoiro de confección de gorros nas dúas últimas semanas de curso. Cada un levou o seu gorro para casa o último día de curso. Ensaiamos a danza de Darbo durante o 3º trimestre na clase de Educación Física Cada grupo-clase redactou un artigo para revista do centro A Gaivota, co profesora de Lingua Galega, contando a experiencia do Proxecto desenvolvido.

.- Tarefa: que saben as familias das danzas tradicionais, cuestionario elaborado mediante a técnica 1-2-4 Repartimos un caderno para cada alumno, onde anotar o que vai atopando, así como as dificultades coas que se encontra. unha saída didáctica: visitamos os adros das 3 igrexas onde se bailan cada unha das danzas: Aldán, O Hío e Darbo. Tarefas:.- Preparamos a entrevista que se ía realizar a cada representante da danza. Foron os voceiros dos grupos os encargados de facerllas a cada persoa..- En cada un dos 3 lugares, o profesor de Ciencias Sociais do centro explicoulles as características máis salientables da parroquia e da igrexa..- Entrevistamos en cada un deses lugares a un representante da danza..- Todo foi gravado e subido o blog como material para poder ser consultado posteriormente. Bailamos a danza de Darbo no Festival de Fin de Curso (20 de xuño); as damas cos gorros que se elaboraran no obradoiro de gorros. Todo o alumnado de 1º levou coas notas o traballo impreso que fixo co seu equipo. Todos os traballos foron subidos ao blog, na barra lateral esquerda, traballos 1ºA, traballos 1ºB

V. RECURSOS UTILIZADOS E FONTES CONSULTADAS Utilizamos dous recursos principais para a busca de información: a rede e as fontes directas. A REDE: Como contabamos co equipamento ABALAR nas dúas aulas de 1º, decidimos utilizalo para a busca de información. Todas as danzas tiñan web, ademais na propia páxina do Concello de Cangas hai un apartado dedicado ás danzas tradicionais, hai moitos vídeos subidos a youtube... Na barra lateral dereita subíronse todos os recursos web que se ían utilizar. AS FONTES DIRECTAS: Como estabamos a investigar sobre un feito que está vivo, decidimos acudir ás fontes directas para recadar información. Así, na saída do día 8 de abril, entrevistamos a un representante de cada unha das danzas, no lugar onde se bailan. Aproveitamos tamén para que o profesor de Ciencias Sociais lles fixese unha aproximación á parroquia onde se baila. Así contamos coa colaboración de : Pepe García, membro da Asociación da Danza de San Sebastián de Aldán Eduardo Otero, guía da Danza de San Roque de O Hío. Belén Guimeráns, presidenta e danzante da Danza de Darbo. Webs utilizadas: Web do Concello de Cangas: http://www.cangas.org/danzas_gal.php Portal do Patrimonio Inmaterial de Galicia: http://ronsel.uvigo.es/ Web da Asociación Cultural San Sebastián de Aldán: http://www.danzaldan.com/ Web da Romaría de Darbo: http://romariadedarbo.com/ Vídeo da danza de Aldán: http://www.youtube.com/watch?v=t8racto2qi Vídeo da danza de O Hío: http://www.youtube.com/watch?v=rvk38cgtcnu Web de Turgalicia: http://www.turgalicia.es/ficharecurso?langid=gl_es&cod_rec=32619&ctre=261&volverficha=true

Fontes escritas consultadas: VEIGA IGLESIAS, PAULA: La danza de Aldán: un estudio descriptivo y sociológico en Revista de Estudios, nº22. 1989. Deputación Provincial de Pontevedra. DASAIRAS VALSA, XERARDO: Darbo na memoria. Esencia de terra co mar ao fondo. Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Darbo. ALFER. 2009 FARO DE VIGO, artigos do 19, 20 e 21 de xaneiro de 2014 Os problemas serios tivémolos coa utilización do equipamento ABALAR, xa que cando queriamos utilizar os netbook á vez (24), non había ancho banda suficiente, polo que o traballo se veu moi ralentizado. Máis que na busca de información na propia elaboración do documento síntese da investigación. Ao pretender utilizar o google-drive como ferramenta de traballo colaborativo, a rede sufría un colapso e non permitía acceder aos 24 alumnos a un tempo, polo que foi imposible que cada grupo rematara o seu documento na aula, moitos tiveron que traballar na casa, cando non sería necesario se a rede funcionara correctamente, porque tiñamos tempo suficiente. VI. IMPLICACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA A temática escollida está imbricada completamente na comunidade do centro. Ademais de que unha das danzas, a de Darbo, se baila na parroquia onde se localiza o centro, as demais, báilanse nun contorno próximo. Isto quere dicir, que pais e nais de moito do noso alumnado teñen bailado nalgunha das danzas. De feito, Belén Guimeráns, presidenta da danza de Darbo é nai dunha alumna do centro. Tratamos de involucrar ás familias a través dos cuestionarios que lles pasamos, enviámoslle comunicacións explicándolles o que estabamos a facer e pedindo a súa colaboración.

Puxémonos en contacto cunha extraballadora da Oficina Municipal de Turismo de Cangas que nos facilitou os contactos dos representantes das outras dúas danzas que entrevistamos na saída do 8 de abril. A presidenta da danza de Darbo é nai dunha alumna do centro, de 4º de ESO, e afanouse totalmente con nós: ensinounos a bailar a danza, explicounos a danza na saída do 8 de abril, ensinounos a confeccionar os sombreiros,... VII. DIFUSIÓN ENTRE A COMUNIDADE EDUCATIVA Dende o inicio creamos un blog co que compartir o que íamos facendo, investigando... coa comunidade educativa e cos veciños en xeral. O blog, danzas tradicionais de cangas, está aloxado na seguinte dirección url: http://prin13-14.blogspot.com.es/ Ademais, invitamos aos pais ao Festival de Fin de Curso, onde os rapaces de 1º bailaron a danza de Darbo, en dous grupos, 1ºA e 1ºB. Ao mesmo tempo que luciron os sombreiros que elaboraron na clase de Educación Plástica e Visual. O último día levaron para casa os gorros e os traballos realizados. VIII. AVALIACIÓN No noso Proxecto Lector está recollido que o PI será avaliado e cualificado trimestralmente. Está avaliación reflectirase no boletín de notas trimestral con efectos informativos para as familias. Os criterios de avaliación foron os seguintes: Criterios para a avaliación do traballo de equipo.- Axuste aos obxectivos, fases e prazos..- Variedade de fontes utilizadas, valoración crítica das mesmas e selección de documentación..- Estrutura adecuada do traballo presentado: portada, índice, bibliografía..- Coherencia na explicación de resultados e elaboración de conclusións..- Limpeza e corrección na presentación escrita en papel do traballo final.

.- Utilización das TIC para a busca de información e presentación do traballo final..- Traballo en equipo (valorarase máis canto máis se aprecie o traballo de todos e cada un dos membros así como a cooperación para o resultado final)..- Ser quen de resolver problemas e tomar iniciativas ante as dificultades xurdidas..- Amosar creatividade tanto no proceso como no resultado final (tanto na planificación, no desenvolvemento como na elaboración do traballo)..- Exposición oral das conclusións finais (capacidade de síntese, claridade na exposición...). Criterios para a avaliación do traballo individual.- Grao de implicación nas distintas fases do traballo..- Capacidade de escoita e toma en consideración a opinión dos demais..- Hábito de traballo individual e autónomo..- Capacidade de traballo en equipo e cooperativo. Ademais, cada grupo, tivo que facer unha avaliación do contido e do proceso seguido e recollela no seu traballo. Esta avaliación do alumnado tamén quedou reflectido nos artigos que escribiron que cada grupo-clase en cadanseu artigo para a revista do centro e que tamén están subidos ao blog. IX. FUNCIÓN E PARTICIPACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR Como xa se explicou, a Biblioteca Escolar participa neste proxecto dende o principio, xa que ao estar integrado no Proxecto Lector de Centro, un membro do equipo da BE coordina o Proxecto Interdisciplinar. O alumnado utilizou a BE como recurso básico para a busca de información, non tanto como espacio físico, xa que ao dispoñer de netbook nas aulas utilizouse a rede como fonte de información. Pero si que a BE deu soporte técnico a todo o proceso, tanto coordinando todo o proxecto como facilitando as técnicas de busca e tratamento da información.