PLAN ESTRATÉXICO ALLARIZ 2020

Documentos relacionados
PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

CONSELLERÍA DE FACENDA Dirección Xeral de Planificación e Fondos. A estratexia Galicia 2020

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

Política e Obxectivos de Calidade

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

Escala técnica superior

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

MANCOMUNIDADE TERRA DE CELANOVA. Nazaret Álvarez Freire Coordinadora de Servizos da Mancomunidade Terra de Celanova

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

CAMPA A RESGAL

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

A cidade do Século XXI afronta diversos retos derivados dunha nova conciencia medioambiental e dunha nova concepción dos espazos urbanos.

Rede CeMIT Carta de Servizos. Santiago de Compostela, 4 de marzo 2011

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

REDE EUSUMO. información e comunicación

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

Da RIS3 GALICIA a unha Estratexia conxunta RIS3 GALICIA-REXIÓN NORTE

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

SR. ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO.

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria

Ofoe (Oficina de Orientación ao Emprego)

I Plan de Divulgación Científica da Universidade de Vigo

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

O GASTO ENERXÉTICO NAS NOSAS EMPRESAS: A XESTIÓN EFICIENTE

Proxecto PROXECTO DE ORZAMENTOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA. ANO 2015 AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA

PIALE Integración en lingua portuguesa

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR SECCIÓN 05

V I C E P R E S I D E N C I A

POIO. Directorio. Concello de Poio Praza do Mosteiro, Poio, Pontevedra

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

1.- Organización da Escola de Primavera:

Plan de Sistemas TIC na Administración de Xustiza en Galicia

TR341 D-FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

I Plan de Divulgación Científica da Universidade de Vigo. Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

Proxecto Esmelle. Convivencia entre veciños voluntarios e persoas que realizan Traballos en Beneficio da Comunidade

MEMORIA ANO 2013 SERVICIO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DA MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE ORDES

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

COMO PODE AXUDARME O SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA?

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MAR E CAIXA GALICIA SOBRE O FINANCIAMENTO DO PROGRAMA EUROPEO DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA REUNIDOS

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

ÍNDICE 1. XUSTIFICACIÓN 2. OBXECTIVOS 3. NECESIDADES DETECTADAS 4. ORGANIACIÓN DE: ESPAZOS TEMPOS MATERIAIS ACTIVIDADES 5. FUNCIONAMENTO 6.

ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS DE XUVENTUDE CURSOS E OBRADOIROS QUE SE IMPARTEN NOS ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS DE XUVENTUDE

Consulta Existencia do Asociacions 2017 Grafico Zonas. Se Realizarón un total de 400 Consultas na Enquisa: Existencia do Asociacions 2017

INFORMACIÓN SOBRE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA PODER CELEBRAR FESTAS OU VERBENAS POPULARES

LIÑA EMPRENDE MODELO DE PLAN DE NEGOCIO EMPRESARIAL

ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO RURAL PARTICIPATIVO LEADER DE GALICIA

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR SECCIÓN 05

AMIZADE CERVEIRA TOMIÑO Enquisa á Cidadanía. Tomiño 18 de Xuño de 2018

Enquisa sobre a percepción da violencia de xénero en Galicia

PRINCIPIO DE ASOCIACIÓN tematicas/planificacion-e-fondos/periodo /principio-de-asociaci

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

A GANDERÍA EXTENSIVA E A NOVA PAC

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

BOLSA DE EMPREGO MUNICIPAL

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal

Planificación do curso escolar

A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

I XORNADAS GALEGAS DE CALIDADE E SEGURIDADE DO PACIENTE

DEBATE CO PAS 19/04/2018

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

EMPRESA PÚBLICA DE SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS, S.A. CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL. Sociedades mercantís

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

SmartPeme Pontevedra Un novo impulso para as pemes e os autónomos da provincia

PLAN TIC IES Chapela (PE)

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

SBN: O TEMPO NO XORNAL

NORMATIVA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (Aprobada no Consello de Goberno do 23 de novembro de 2016)

1. NORMAS XERAIS: CRITERIOS DE VALORACIÓN. 2. ESTIMACIÓN SIMPLIFICADA DOS PRESUPOSTOS DE EXECUCIÓN MATERIAL DA EDIFICACIÓN.

Transcrição:

PLAN ESTRATÉXICO ALLARIZ 2020

En agosto de 1989, o noso Concello iniciou un novo camiño de desenvolvemento económico e social Pero hai tamén un novo Allariz en marcha cunha perspectiva estratéxica de 2020

En agosto de 1989, o noso Concello iniciou un novo camiño de desenvolvemento económico e social. A transformación positiva levada a cabo nestes 20 anos é hoxe recoñecida e valorada como exemplo modélico de xestión municipal ao servizo do pobo. Hai un novo Allariz que se reflicte no recuperado Casco Histórico, nas magníficas ribeiras do Arnoia e o seu Parque Etnográfico, en equipamentos como a cidade deportiva do Seixo, a piscina climatizada, o Fogar dos Maiores, a Galescola, a EDAR, a Casa da Mocidade, o conxunto histórico de Santa Mariña, o Parque Empresarial de Chorente, o Centro de Outlets, na dotación completa de servizos básicos a tódalas aldeas do Concello, no transporte público, na rede de 26 locais sociais con actividades e servizos públicos de calidade, no amplo patrimonio municipal en todo aquilo do que os veciños e veciñas de Allariz nos sentimos orgullosos e que permitiu o recoñecemento do Premio Europeo de Urbanismo e a declaración pola Unesco de Reserva da Biosfera. Pero hai tamén un novo Allariz en marcha cunha perspectiva estratéxica de 2020 Equipamentos en construción como a ampliación de Chorente, o Centro de Día e os apartamentos tutelados, a nova Estación de Tratamento de Auga Potable, a concentración parcelaria de San Vitoiro e San Mamede, o Centro de Formación de Valverde, a renovación do Cámping e a hípica municipal, a restauración de San Salvador, o Festival Internacional de Xardíns, o Centro de Interpretación da Idade Media, a remodelación da rúa Emilia Pardo Bazán, a circunvalación de Allariz coa nova ponte sobre o Arnoia, van significar novos exemplos do avance do noso concello. A participación social e a implicación dos nosos veciños e veciñas ten sido unha das claves do éxito da nosa experiencia municipal que agora, coa perspectiva estratéxica 2020, pretende establecer novas metas, novos retos, para o Allariz do futuro que entre todos e todas construiremos. Quixemos convidar a tódalas entidades e asociacións municipais, industriais, comerciais, empresariais, artesanais, culturais, veciñais, deportivas, sociais e a toda a vecindade a título individual a participar na definición desta axenda Allariz 2020 que priorizará un novo horizonte de traballo municipal dun concello ao servizo do pobo. Concello de Allariz

Plan Estratéxico Allariz 2020 O convite formulado polo Concello de Allariz aos veciños e veciñas e as entidades e asociacións para participar individual ou colectivamente na definición dos novos retos e obxectivos para o Allariz 2020 tivo unha ampla resposta e constatou que a transformación de Allariz non é un milagre senón unha grande obra colectiva. A conciencia de que a participación activa importa segue a ser algo presente na sociedade alaricana e tanto as propostas presentadas na Exposición Allariz 2020 como a presenza directa nas mesas sectoriais e territoriais realizadas foron moi numerosas, implicando a un importante número de veciños e veciñas e practicamente á totalidade de entidades e asociacións existentes no noso Concello. O primeiro acerto da proposta de Allariz 2020 foi esta oferta de participación social que se viu refrendada pola implicación activa dos veciños e veciñas e das asociacións que quixeron dar a súa opinión e presentar as súas alternativas de futuro. As seis mesas sectoriais convocadas permitiron reflexionar sobre a situación municipal, as necesidades e as medidas a desenvolver nas diferentes áreas do goberno municipal. Ensino, Desenvolvemento Local, Benestar Social, Igualdade, Mocidade, Cultura, Deportes, Normalización Lingüística, Medio Ambiente, Territorio, Urbanismo, Servizos Públicos Municipais. foron analizados en profundidade e fixéronse aportacións, suxestións, críticas e propostas de cara a incorporalas no que agora presentamos como conclusións e medidas do Plan Estratéxico Allariz 2020. Do mesmo xeito, cun importante esforzo ao longo dos meses de setembro, outubro e novembro celebráronse as mesas territoriais nas diferentes parroquias do Concello, nas que se expuxeron, por parte dos veciños e Asociacións Veciñais, as súas preocupacións, necesidades e propostas de intervención. Os locais sociais ( Sta. Mariña, Torneiros, Sta. Baia, O Mato ) enchéronse cos representantes veciñais para debater abertamente sobre as propostas a materializar no Plan Allariz 2020 na busca dun novo impulso no desenvolvemento económico e social dos pobos do Concello. A presenza da Alcaldía e dos Concelleiros responsables das diferentes áreas municipais nestas reunións sectoriais e territoriais permitíu coñecer de primeira man as preocupacións expresadas, as solucións propostas e manter un aberto diálogo e un debate pouco habitual, por outra parte, na política municipal e que nós pensamos que é fundamental para gobernar ao servizo do pobo. Despois desta primeira quenda de xuntanzas, coas propostas formuladas nelas, coas remitidas polos veciños e veciñas individualmente e coas expresadas polo Alcalde e os Concelleiros celebráronse novas xuntanzas de conclusións que ordenaron e sintetizaron as propostas que agora neste documento recollemos como Plan Estratéxico Allariz 2020. Unhas propostas de futuro que responden, en primeiro lugar, a un contraste aberto, democrático, participativo dos veciños e veciñas e dos representantes de entidades e asociacións municipais. En segundo lugar, a unha visión de planificación estratéxica cun horizonte -2020- para que Allariz siga a ter unha transformación positiva, un desenvolvemento económico e social equilibrado en todo o Concello; en definitiva, un puzle no que cada peza teña sentido na composición global. Froito deste importante proceso social de debate e planificación son as propostas que agora recollemos como retos para a súa materialización e que xa neste próximo 2010 van marcar o orzamento do Concello para a súa inmediata materialización. 3

CONCLUSIÓNS MESAS SECTORIAIS

Plan Estratéxico Allariz 2020 Desenvolvemento Local A dinamización económica ten sido un obxectivo prioritario na acción do Goberno Municipal. Ao longo destes anos púxose de manifesto a capacidade para establecer un modelo económico alternativo ao que estivera vixente en Allariz ata os anos 70. A estratexia de pór en valor os nosos recursos patrimononio histórico, medio ambiente, situación xeográfica - demostrouse axeitada para transformar a situación de declive e abandono e propiciar un escenario de expansión económica e social. Conseguiuse, cunha primeira aposta de iniciativa pública do Concello, sentar as bases para que a iniciativa privada tivese un espazo atractivo para investir en Allariz. A diversificación económica foi outro dos logros; hoxe Allariz conta cun equilibrio no peso dos sectores industriais, construción, comercio, turismo e agrogandeiro, non dependendo, deste xeito, dunha única actividade económica. Sendo un Concello sen unha grande comarca de referencia, foi posíbel aproveitar a favorabel situación xeográfica para impulsar unha oferta moi competitiva e exitosa nos sectores turístico, comercial, construción e industrial e recuperar un protagonismo comarcal que se perdera. Hoxe Allariz ten consolidado unha marca recoñecida que é asociada a valores positivos e que combina tradición e historia con modernidade e innovación e progreso. No horizonte Allariz 2020 a Mesa Sectorial, cunha numerosa participación individual e asociativa Asociación de Comerciantes de Allariz, Asociación Empresarios Parque Empresarial de Chorente, Asociación de Produtores Artesanais de Allariz, Asociación de Hostalería e Turismo de Allariz, Asociacións Artesanais da Comarca de Allariz, Asociación Avinza GDR 15, consideran prioritarias as seguintes propostas: Potenciación de actividade industrial e do Parque Empresarial de Chorente. Execución 4ª fase, oferta de parcelas solo industrial Solicitude Mº de Fomento acceso directo a A 52 Impulso plan diversificación do sector industrial presente en Chorente Promoción vía Internet do Parque Empresarial e das empresas existentes no mesmo Mellora servizos de acceso ás novas tecnoloxías Aproveitamento recursos financieiros Plan Leader 2009-2013 para ubicación de novas actividades empresariais Oferta instalacións públicas para viveiro de empresas, especialmente en I+D+I Creación nichos de empresas para emprendedores Esixencia á Xunta de Galicia da execución do Val da Rabeda conxuntamente cos Concellos de Taboadela e Paderne de Allariz 7

Comercio e Turismo Ampliar a oferta museística cos novos equipamentos do Centro de Interpretación da Idade Medio e co Festival de Xardíns. Estudar a posibilidade de novos equipamentos campo de golf municipal, canchas de tenis e padel con escolas deportivas e potenciación da hípica municipal. Programar o uso das instalacións deportivas municipais para eventos e stages equipos Valorar a solicitude de integración na rede de slow cities como novo elemento de divulgación de Allariz. Posta en marcha de paquetes turísticos combinados entre establecementos, aproveitando a declaración de Reserva da Biosfera, a oferta de Centro Municipal de Outlets, a oferta museística e gastronómica e tamén valéndose da marca que Allariz posúe. Potenciar o traballo conxunto e a coordinación entre as asociacións socioeconómicas do Concello. Construír un espazo de servizos para autocaravanas e aprobar a Ordenanza Municipal regulando o seu aparcamento. Mellorar sinalización, ubicación e imaxe dos colectores de lixo no Casco Histórico. Adaptar horarios e épocas de apertura Parque Etnográfico do Río Arnoia e rede museística aos novos fluxos turísticos. Reforzar a oferta de aparcamentos nas zonas de entrada a Allariz. Homologar as rotas para andainas, integrar na Reserva da Biosfera e levar a cabo un mantemento permanente. Programar a apertura dun mercado semanal de horta e produtos ecolóxicos. Sector primario Potenciar o aproveitamento agrícola, gandeiro e forestal de todo o Concello e especialmente nas parroquias de S. Vitoiro e S. Mamede, das terras resultantes do proceso de concentración parcelaria que de xeito modélico se levou a cabo nas dúas parroquias. Complementariamente, aproveitar a instalación do Parque Eólico Singular Municipal para favorecer novos aproveitamentos forestais, agrícolas e gandeiros no Concello. Ofertar aos produtores locais a posibilidade de comercialización directa nas feiras de Allariz e impulsar un novo mercado semanal para produción de horta, produtos tradicionais e ecolóxicos ligados á Reserva da Biosfera. Impulsar novas actividades complementarias de valorización dos recursos do noso territorio coma, por exemplo a cestería para novos usos. Co Plan Especial de Protección, Mellora e Rehabilitación de S. Salvador impulsar a recuperación das actividades económicas no seu ámbito. Construción de vivenda Orientación da oferta a novas demandas complementarias das existentes, sinaladamente favorecendo a rehabilitación de vivenda rural en todas as parroquias do Concello e de xeito singular en Sta. Mariña de Augas Santas e San Salvador como exemplos de recuperación integral. Estudo da creación dunha oficina de xestión de solos complementaria da Oficina Municipal de Urbanismo e Rehabilitación. Apoio das propostas de vivenda protexida presentadas e colaboración con construtores e promotores nas campañas de promoción do noso Concello para a adquisición de vivenda. Plan Municipal de mellora de espazos públicos. Concello de Allariz

Plan Estratéxico Allariz 2020 Ensino A aposta do Concello de Allariz por un ensino público de calidade materializouse nestes anos nun compromiso permanente de melloras conscientes de que o ensino é un servizo fundamental no futuro dun pobo. A transformación das infraestruturas existentes foi total unificación dos colexios de EXB, Ampliación para Infantil e Primaria, construción do Pavillón de Deportes, recuperación do edificio dos Salesianos para ESO, construción Galescola e posterior ampliación, construción pavillón deportes do Instituto de Bacherelato, rehabilitación antigas vivendas dos mestres para usos educativos. Do mesmo xeito, o Concello implicouse sempre na búsqueda da mellora dos servizos de transporte, comedor, aula de espera, actividades complementarias extraescolares e impulsar iniciativas coma a Escola Superior de Deseño, Escolas Culturais e Deportivas, Ludotecas, Concilia Verán, educación familiar, educación para adultos ou formación e emprego para persoas con discapacidade. A Mesa Sectorial do ensino foi a primeira en celebrarse mantendo dúas xuntanzas cunha numerosa participación dos diferentes integrantes da comunidade educativa e aprobou as seguintes propostas : Colexio Infantil Primaria As instalacións actuais son insuficientes para poder ofertar a calidade necesaria en termos educativos. O número de aulas é insuficiente, así como o lugar destinado a esparexemento do alumnado e servizos complementarios como, por exemplo, o comedor. Nos derradeiros anos fixéronse continuas reformas para intentar paliar estas carenzas de espazo, pero cada curso tornan a rexurdir. Faise necesario buscar unha alternativa con perspectivas de futuro, ofertando un edificio que poida abarcar estas condicións demandadas polos veciños e veciñas. Deberíase coidar o emprazamento, nun lugar axeitado como é o actual. O Concello deberá ofertar os terreos, pero podémonos atopar co dilema de que será mellor: un edificio novo para Infantil-Primaria ou outro, permanecendo o actual, e dividindo a oferta. Se a decisión é a última, hai que contar que esta segunda construción deberá contar, tamén, cun pavillón deportivo de grande capacidade para diversificar tamén a proposta deportiva de Allariz. Galescola A actual, con máis de 90 nenos e nenas, e despois de reformas, necesita unha ampliación, máis necesaria se temos en conta o progresivo aumento de poboación nova en Allariz. A ubicación actual fai complicado que sexa no mesmo lugar polo que haberá que buscar un espazo alternativo, que podería estar na zona dalgunha nova urbanización na vila. É unha situación paralela ao colexio de Infantil Primaria. 9

Secundaria Bacherelato A oferta considérase que cumpre coas necesidades actuais de Allariz. O concello continuará prestando colaboración e participando en actividades que sexan de interese para a comunidade. Ensino non reglado Débese continuar coa oferta de escolas deportivas e culturais, pero é necesario mellorar certos aspectos relacionados coas infraestruturas para as escolas culturais. Habería que pensar nun lugar que ofrecese a posibilidade de centralizar esta oferta de actividades extraescolares e formación no tempo libre: música, artes plásticas, ludoteca, biblioteca, Pode ser un centro multiusos, que tamén se aproveitaría para impartir cursos, escolas de verán, convencións, Para este aspecto, é covinte ter presente a Casa da Mocidade, que pode actuar como revulsivo e ocuparse con aspectos que non se fan nos centros educativos. A programación da Casa da Mocidade debería recoller estas cuestións. Servizos complementarios de transporte e comedor O Concello continuará ofertando o transporte non obrigatorio ás familias, o servizo de Aula de Espera e axudando para que o comedor poida ser utilizado por tódalas familias que precisen deste servizo como medio de conciliar a vida laboral e familiar. Outras posibilidades Trasladar aos centros sociais das parroquias, de existir poboación suficiente interesada, servizos de formación tanto para adultos como para mozos/as. Establecer lazos de irmandade entre o noso Concello con Concellos doutras nazóns, atendendo a intereses sociais, culturais, deportivos, intercambio de experiencias, que axudarían aos nosos mozos e mozas a entrar en contacto con outras realidades favorecendo a súa formación integral como persoas. Mesmo podería aplicarse ás persoas de máis idade. Concello de Allariz

Plan Estratéxico Allariz 2020 Benestar Social A concepción da política de benestar social coma unha prestación pública que debe garantirse en igualdade de condicións a tódolos cidadáns, de igual xeito que o ensino ou a sanidade, permitiu consolidar nestes anos unha ampla gama de prestacións, programas e equipamentos destinados a atender as necesidades sociais e a favorecer a calidade de vida. A actuación municipal neste ámbito permitíu executar unha ambiciosa rede de equipamentos e servizos: Dotación de infraestruturas Centros Sociais para desenvolver a actividade asociativa e veciñal nas parroquias. Centro de Servizos Sociais Comunitarios Fogar dos Maiores Centro de Día e Apartamentos Tutelados, en construción. Supresión de barreiras arquitectónicas. Servizos de Atención Primaria e de dinamización social Cunha ampla oferta de programas pensados dende unha perspectiva global, integrando accións asistenciais, e de participación comunitaria da que se benefician un elevado número de usuarios: Información, orientación e asesoramento Axuda no fogar O obxectivo é prestar unha serie de coidados no domicilio ás persoas con algún grao de dependencia, proporcionando a posibilidade de permanecer no seu entorno. Atende actualmente unha media anual de 50 unidades familiares. Comedor sobre rodas Para potenciar ou manter a autonomía das persoas con dependencia, favorecendo correctos hábitos alimentarios, mediante a entrega, de luns a venres, de menús diarios no domicilio. Comedor social É un servicio complementario do Fogar dos Maiores, pensado para aquelas persoas que pola súa situación persoal poidan acceder a unha alimentación equilibrada, na compaña doutras persoas maiores, con prezos adaptados á renda familiar. 11

Programas de inserción sociolaboral para colectivos en desvantaxe A través do convenio de colaboración entre a asociación Puzzle para a loita contra a exclusión social e laboral das persoas con discapacidade, a asociación Andrea, e o Concello de Allariz, en coordinación con outras entidades (Cogami, Aspanas e Asociación de Comerciantes de Allariz). O traballo conxunto artellarase mediante a creación do CENTRO OCUPACIONAL MUNICIPAL para a inserción sociolaboral das persoas con discapacidade. Coa posta en marcha desta iniciativa, búscase facilitar a adquisición de destrezas encadradas nun marco con carácter terapéutico para desenvolver diferentes traballos: recollida selectiva de papel- cartón en tendas de outlets, no espazo do Festival de Xardíns, nos obradoiros de elaboración de xabón con leite de burra, en hortos ecolóxicos, entre outras. Estas actividades levaranse a cabo repartidas entre o Ecoespazo do Rexo, as Instalacións da Fundación González Ferreiro e San Salvador dos Penedos. Esta actividade laboral ou ocupacional complementarase con accións para o axuste persoal, terapias asistidas con burros, de saúde integral e lúdico-culturais. Participación Cidadá Creación da estrutura asociativa veciñal, con dotación de equipamentos e programas de dinamización. Dinamización de maiores Co fin de promover a calidade de vida deste colectivo, cun plan de actividades de participación social, culturais, deportivas e para a saúde, adaptado ás súas necesidades e demandas. Educación e igualdade As accións programadas teñen por obxectivo o fomento da igualdade de oportunidades, así como a prevención da violencia e a introdución da perspectiva de xénero en toda a intervención de carácter preventivo-educativo. Con este enfoque trabállase nos programas de Escola de Familias, co alumnado do IES, de Educación Familiar e de dinamización socio-educativa no rural. Cooperación O Concello de Allariz participa en proxectos de cooperación mediante a participación no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que é socio fundador; tamén a través da aportación directa a organizacións que presentan a súa solicitude de axuda económica ou colaborando en campañas de sensibilización.. Propostas da Mesa Sectorial A Mesa Sectorial de Benestar Social considerou prioritario abordar no horizonte Allariz 2020 as seguintes propostas: Para complementar a atención ás persoas maiores considérase que é fundamental a apertura -rematarán as obras en 2010- das instalacións do Centro de Día e Apartamentos Tutelados nos terreos cedidos polo Concello de Allariz, establecendo así un novo servizo público que ten unha importante demanda. Estudar, así mesmo, a posibilidade de ofertar vivenda nos apartamentos tutelados a persoas discapacitadas. Co inicio da actividade do Centro de Día contaremos cun novo recurso de atención ás persoas con dependencia, que mellorará ou manterá as condicións de autonomía persoal dando ao mesmo tempo apoio ás familias e coidadores. Os apartamentos tutelados darán servizo a persoas autónomas que non requiran ingreso en residencia, supervisados dende os servizos de benestar, que atenderán as necesidades dos inquilinos, con servizos complementarios de comedor, lavandería, ximnasio, actividades ludicas e culturais...facilitando a permanencia no seu entorno Concello de Allariz

Plan Estratéxico Allariz 2020 O traballo de inserción socio laboral debe consolidarse mediante un Centro Ocupacional Municipal que permita atender as demandas existentes coordenando esta actuación coas Asociacións Puzzle, Andrea e Cogami. Establecer un plan de fomento do voluntariado tamén na área de benestar social. Garantir de cara o futuro a prestación de servizos primeiros como o comedor sobre rodas que xunto con outras propostas fagan posíbel a permanencia das persoas maiores no seu fogar e no seu entorno. Ampliar recursos de conciliación familiar e laboral. Neste periodo, executar o plan municipal de supresión de barreiras arquitectónicas redactado en colaboración coa Fundación ONCE. 13

Plan Estratéxico Allariz 2020 Medio Ambiente Territorio Servizos Municipios Na estratexia municipal de Ordenación do Territorio, a planificación urbanística e a conservación do medio ambiente foron elementos fundamentais para o éxito do proceso de recuperación de Allariz. A aprobación das Normas Subsidiarias de Ordenación Municipal, do Plan Especial de Protección do Casco Histórico de Allariz e do Plan Xeral de Ordenación Municipal foron decisivas nesta planificación. A recuperación do río Arnoia, a adecuación de espazos singulares nas súas ribeiras, a rehabilitación do patrimonio etnográfico de muíños e fábricas de curtidos, presas e pasais foron recoñecidos pola Comisión Europea co Premio Europeo de Urbanismo e pola UNESCO coa declaración da Reserva da Biosfera e son un dos grandes atractivos do noso Concello. A planificación urbanística permitiu pór en marcha un crecemento ordenado con dotacións, equipamentos, espazos públicos e servizos, que fixeron atractivo o noso Concello para vivir. Deste xeito, conseguimos recuperar poboación, situándonos cerca dos 6.000 habitantes. Nos últimos anos procedeuse a importantes inversións que fixeron posíbel dotar de servizos básicos a todos os pobos do Concello, construír unha nova Estación de Tratamento de Auga Potábel e renovar as redes de depósitos, sustituír os colectores nas marxes do río Arnoia e renovar as principais redes de saneamento, pluviais, alumeado público, telecomunicacións e medio e baixa tensión que fai posíbel que contemos cunha boa calidade nestes servizos e cunha perspectiva de garantía para o futuro. Propostas da Mesa Sectorial Pola importancia económica, cultural e de ocio que o Arnoia representa, facer un seguimento permanente do seu estado de conservación con especial atención ao funcionamento da EDAR, ao control dos fondos, das presas e da calidade das augas. Pór en valor a declaración da Área de Allariz como Reserva da Biosfera pola UNESCO. Avanzar novas propostas de recollida selectiva que permitan reducir o volume de lixo e construír un PUNTO LIMPO no Parque Empresarial de Chorente para esta finalidade. Programar a realización anual de tarefas de desbroce para limpeza do monte e prevención de incendios. Reformar a actual Estación Depuradora de Augas Residuais incluíndo a construción dun tanque de tormentas. 15

No ámbito urbanístico proponse reforzar as previsións de vivenda intensiva con modificacións puntuais do PXOM nas zonas onde esta oferta de vivenda colectiva mellore a ordenación urbanística, ofrecendo máis espazos públicos e simplificando o viario. Considérase necesario rematar a rede viaria que actuará como variante ou circunvalación de Allariz. Un obxectivo a potenciar neste horizonte 2020 é o fomento da rehabilitación de vivendas nos pobos do Concello. Concello de Allariz

Plan Estratéxico Allariz 2020 Cultura e Deportes A oferta cultural e deportiva que Allariz puxo en marcha nestes anos, tanto en infraestruturas como en programacións, é moi relevante e ten os seus fundamentos no valor que para o desenvolvemento integral das persoas significan. O nivel de eventos, a abondosa programación cultural e deportiva fai de Allariz un referente e contribúe tamén a unha importante dinamización económica e a unha mellora da calidade de vida. A aceptación social reflectida no número de participantes e de usuarios das actividades programadas é unha boa mostra da súa calidade. Propostas da Mesa Sectorial Contemplar a construción dun espazo cultural multiusos que incorporará á biblioteca municipal e ao conxunto de actividades formativas ( plásticas, musicais, teatrais ) Considerar no funcionamento da rede museística o Centro de Interpretación da Idade Media como aglutinador de toda a rede e valorar a optimización de recursos humanos no espazo cultural conformado polo Museo Aser Seara, a Fundación Vicente Risco e o novo espazo da Fundación Xosé Suárez. Mellorar as instalacións ( climatización, carpintería exterior, etc ) da Casa de Cultura. Coa entrada en funcionamento do CIMA reforzar a faceta científica e de divulgación e coordinación da rede museística. Prestar especial atención ás posibilidades a desenvolver mediante a actividade teatral sinaladamente na proposta de visitas turísticas teatralizadas. Acondicionar as instalacións de piragüismo. Completar as instalacións da Cidade Deportiva coa oferta de deportes coma o tenis, padel, etc. Sinalizar con GPS as rotas da Andaina e ver a posibilidade de ampliar a información con aspectos culturais, paisaxísticos, etc. Ampliar as instalacións da piscina climatizada con novos espazos de vestidores e ximnasio. Estudar a construción, de manterse a tendencia demográfica, dun novo Pavillón de Deportes. 17

Plan Estratéxico Allariz 2020 Mocidade A apertura das novas instalacións da Casa da Mocidade que están a ter unha magnífica acollida permitiu tamén debater e sacar conclusións cos mozos e mozas de Allariz sobre os seus problemas e as propostas a abordar no ámbito municipal, considerando como prioritarias as seguintes: Considérase necesario favorecer as posibilidades de emprego de Allariz, cuestión que se fai máis difícil nos casos de empregos con titulación superior ou moi especializada. área de programación económica no fomento de emprego prestará un seguimento específico a esta problemática. Promoverase a oferta específica de vivenda para a xente nova. O transporte público con Ourense debe ter un servizo de máis calidade As boas instalacións deportivas municipais deben completarse con oferta de novas canchas de tenis e padel, así como co fomento de xogos tradicionais, especialmente a billarda. Establecer programas municipais de intercambio con outros países, así como propostas de divulgación e coñecemento do propio territorio da Reserva da Biosfera e de comarcas galegas de interese. 19

CONCLUSIÓNS MESAS TERRITORIAIS

Plan Estratéxico Allariz 2020 Mesas Territoriais nas Parroquias Despois de celebrar asambleas abertas nas diferentes parroquias Sta. Mariña, Folgoso, S. Breixo, Queiroás de Igrexa, Sta. Baia, S. Mamede, S. Vitoiro, Coedo, Torneiros, S. Martiño, S. Trocado, Requeixo de Valverde, Meire e Santo Estebo-, celebrouse unha xuntanza de conclusións na que se sintetizaron as propostas expresadas previamente nas Asambleas Iniciais. Os responsables das Asociacións Veciñais coincidiron en valorar o esforzo realizado nestes anos para dotar dos servizos básicos ( auga, saneamento, alumeado, pavimentación, transporte, servizos sociais, ) a todos os pobos do Concello, da transformación positiva que a propia rede de locais sociais ten permitido desenvolver con programas e actividades de dinamización social, e para o plan Allariz 2020 considérase necesario priorizar as seguintes medidas: Impulsar unha política de rehabilitación de vivendas, especialmente das vivendas abandoadas. Executar un plan de mellora de infraestruturas en tódalas parroquias de acordo coas propostas formuladas polas respectivas Asociacións de Veciños. Recuperar o patrimonio cultural e etnográfico pendente fontes, lavadoiros, fornos, etc Impulsar e apoiar as propostas de actividades económicas que poidan desenvolverse nas diferentes parroquias para favorecer a existencia de explotacións agrícolas, gandeiras, forestais, comerciais, artesanais, enerxías renovabeis, etc. Aproveitar os fondos do Plan LEADER 2009-2013 para esta finalidade. Posibilitar a dotación de servizos de acceso a internet e novas tecnoloxías en tódalas parroquias. Incrementar, en función das necesidades, a oferta de servizos de atención ás persoas maiores nas diferentes parroquias con programas de benestar social, atención á dependencia e animación sociocultural, aproveitando a rede municipal de locais sociais. Executar un plan de mellora de espazos recreativos, parques infantís e zonas deportivas nas diferentes parroquias. Estudar a posibilidade de recuperación das casas rectorais en ruínas para novos usos. Solicitar da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a realización de vías peonís ou beirarrúas para a seguridade viaria en Gundiás e Outeiro de Orraca. 23

PLAN DE OBRAS Exercicio 2010

Plan Estratéxico Allariz 2020 1 MELLORA SERVIZOS PÚBLICOS PARROQUIAS Servizos Básicos Novas Tecnolóxicas PREVISIÓN: 350.000 uros Financiación Concello de Allariz 2 REHABILITACIÓN PATRIMONIO ETNOGRÁFICO DOS POBOS Fornos Fontes Lavadoiros Petos de ánimas... PREVISIÓN: 50.000 uros Financiación Concello de Allariz 3 DOTACIÓN, MELLORAS E ACONDICIONAMENTO LOCAIS SOCIAIS AA.VV. PREVISIÓN: 150.000 uros Financiación Concello de Allariz 4 ACONDICIONAMENTO E MELLORA DE ESPAZOS RECREATIVOS E PARQUES INFANTÍS PREVISIÓN: 230.000 uros Financiación Concello de Allariz 27

5 MELLORA ESPAZOS URBANOS Urbanización Centro de Día Urbanización e aparcamentos circunvalación Rosalía de Castro Asfaltado Rosalía de Castro Emilia Pardo Bazán Acondicionamento Tras Convento PREVISIÓN: 120.000 uros Financiación Concello de Allariz 6 REFORMA INSTALACIÓNS MUNICIPAIS Oficina de Rehabilitación Clube de Piragüismo Casa da Cultura Edificio Praza Abastos Rede TV cable PREVISIÓN: 250.000 uros Financiación Concello de Allariz 7 VEHÍCULOS E MAQUINARIA SERVIZOS MUNICIPAIS PREVISIÓN: 50.000 uros Financiación Concello de Allariz 8 CIDADE DEPORTIVA Vestiarios Ximnasio Canchas de Tenis PREVISIÓN: 411.000 uros Financiación Fondo Estatal Emprego Concello de Allariz

Plan Estratéxico Allariz 2020 9 ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA PREVISIÓN: 100.000 uros Financiación Fondo Estatal Emprego 10 CENTRO INTERPRETACIÓN IDADE MEDIA PREVISIÓN: 1.000.000 uros Financiación Orzamentos Estado 2010 11 REHABILITACIÓN CAMPING-HIPICA PREVISIÓN: 348.880 uros Financiación Xunta de Galicia/Concello de Allariz 12 AMPLIACIÓN PARQUE CHORENTE PREVISIÓN: 1.200.000 uros Financiación Concello de Allariz 29

13 REHABILITACIÓN CASCO HISTÓRICO ALLARIZ PREVISIÓN: 150.000 uros Financiación Xunta de Galicia/ Concello de Allariz 14 ACONDICIONAMENTO RÚA DON ALBINO PREVISIÓN: 58.000 uros Financiación Xunta de Galicia/ Concello de Allariz 15 CEMITERIO MUNICIPAL PREVISIÓN: 60.000 uros Financiación Concello de Allariz 16 PLAN PROVINCIAL PREVISIÓN: 45.000 uros Financiación Deputación Provincial / Concello de Allariz Concello de Allariz

Plan Estratéxico Allariz 2020 17 ADQUISICIÓN MAQUINARIA E VEHÍCULOS PREVISIÓN: 30.000 uros Financiación Concello de Allariz 18 CENTRO XOSÉ SUÁREZ PREVISIÓN: 50.000 uros 19 AMPLIACIÓN SANEAMENTO Acearrica Estrada de Xunqueira PREVISIÓN: 149.872 uros Financiación Augas de Galicia 31

CONCLUSIÓNS DAS ENQUISAS

Plan Estratéxico Allariz 2020 A participación de veciños e veciñas no proceso do Allariz 2020 tivo diferentes formas de canalización. Unha das máis importantes foi a expresada a través das enquisas que se poñen a disposición, tanto na exposición como a través da rede. É especialmente importante a opinión expresada, xa que foron máis de 300 veciños e veciñas os que de maneira individual fixeron a súa contribución ao Proxecto Allariz 2020. O resultado é, ademais, coincidente coas valoracións e propostas reflectidas nas mesas sectoriais e territoriais, polo que o sentir da maioría da poboación alaricana, expresada de forma individual ou a través dos representantes das diferentes asociación e colectivos, queda patente no documento Allariz 2020. Foron oito as cuestión sometidas á valoración de veciños e veciñas. Cuestións que afectan ás obras e servizos en curso, ás preocupacións presentes e futuras, ós retos máis relevantes dos últimos anos ou ós serivicios e infraestruturas a pór en marcha ou reforzar. De xeito resumido, estes son os resultados que reflicten as enquisas: 1. Na súa opinión, cales son as 3 principais preocupacións dos veciños e veciñas do Concello de Allariz? O resultado reflicte unha importante diversificación das opinións, mántendose varias das posibilidades de contestación en porcentaxes parecidas. O 20% considera que a vivenda e o urbanismo é a súa principal preocupación, seguidas do medio ambiente con un 16.5% e do transporte, tráfico e aparcamento cun 14%. 35

2. Nos vindeiros anos, no horizonte 2020, pensa que se manterán estas ou que cambiarán? Aproximadamente o 65 %, a maioría dos veciños e veciñas, considera que no horizonte de 10 anos serán diferentes as preocupacións. O feito de que sexa unha pregunta aberta fai que exista unha importante disparidade de contestacións. Maioritariamente, os enquisados consideran que o aumento da concienciación cidadá sobre o Medio Ambiente convertirao nunha das maiores preocupacións. Referidas ao Concello de Allariz, existe tamén unha preocupación polo desequilibrio que pode supor o aumento de poboación na vila fronte ao despoboamento das parroquias rurais. O terceiro bloque no que se poden agrupar as contestacións refírese á necesidade de preveer un reforzo na dotación de servizos sociais. 3. Dos múltiples retos e melloras que se plantexan na xestión municipal, cales che parecen os máis importantes para Allariz? Frear o abandono do medio Rural centra case o 30% das contestacións, seguidos con case un 20% da xestión eficiente dos recuros e a elaboración de plans urbanísticos e sectoriais. 4. Podería sinalar os 3 proxectos que considera prioritarios para o Concello de Allariz no horizonte 2020? Igual que a pregunta número dous, esta formúlase aberta, polo que hai unha importante diversidade de opinións; a maioría aportan temáticas, en lugar de proxectos concretos. Por bloques, a maioría céntrase na consolidación do proxecto de Desenvolvemento Local nas súas diferentes estratexias: rematar a ampliación do Parque Empresarial e colaborar cos diferentes sectores para ir a unha maior desestacionalización turística, que permita ao mesmo tempo unha maior comercialización de produtos locais e, por extensión, un aumento de postos de traballo. Crear posibilidades de negocio e emprego nas parroquias rurais ocupa tamén unha importante porcentaxe de contestacións dentro desta bloque de desenvolvemento local. O segundo grande bloque de respostas céntrase no campo dos servizos sociais e o benestar, con aportacións que van dende a necesidade dun Centro de Día á consolidación e fomento dos programas existentes. O terceiro bloque de respostas céntrase nas infraestruturas, fundamentalmente a circunvalación, a ampliación dos paseos do Arnoia, a nova estación de tratamento de auga potable, rehabilitación de San Salvador ou a ampliación das instalacións deportivas no Seixo. Concello de Allariz

Plan Estratéxico Allariz 2020 5. Dos proxectos realizados nestes ultimos anos, sinale os 3 que considere máis relevantes? A rehabilitación do Casco Histórico de allariz cunha procentaxe do 20.9% é a opción con maior valoración, seguida da dotación de infraestruturas a tódolos pobos do Concello cun 17.9% e da ampliación do Parque Empresarial de Chorente con 15.1%. 6. Das obras e proxectos en marcha sinale os 3 que considere máis importes para Allariz? A construción da nova Estación de Tratamento de auga Potable, cun 18.37% é a obra máis valorada, seguida da ampliación do Parque Empresarial de Chorente e da construción do Centro de Día e Apartamentos para Maiores cun 17.47% e 16.94% respectivamente. 37

7. Ponlle nota á oferta pioneira de servizos municipais postos en marcha no Concello. Como pode observarse no gráfico, o resultado desta enquisa reflicte valores moi similares. O primeiro e o segundo lugar ocúpao o Xantar a Domicilio e o Comedor Social do Fogar dos Maiores, en clara sintonía coas aportacións realizadas a través das enquisas ou das diferentes mesas. A preocupación polos servizos aos maiores foi unha constante. 8. Que áreas ou servizos municipais considera necesario reforzar no noso Concello no horizonte 2020? A actividade urbanística e de obras xustifica para os veciños e veciñas que sexa a área con maior reforzo, seguida de deportes e ligada, en gran maneira, á práctica de deporte individual e á ampliación da cidade Deportiva do Seixo. En terceiro lugar o transporte con Ourense tamén é considerado como unha liña de traballo a reforzar Concello de Allariz

20 anos de transformación positiva EXPOSICIÓN 2020

Plan Estratéxico Allariz 2020 43

Concello de Allariz

Plan Estratéxico Allariz 2020 45

Concello de Allariz

Plan Estratéxico Allariz 2020 CAMBIOS No ano 1989 a decadencia inundaba Allariz. O pasado de prosperidade do noso Municipio dera paso á falla de expectativas, que deixa entrever un escuro futuro. A recuperación e posta en valor do patrimonio abandonado, levou aparellado un proceso de revitalización económica e social, que chega ao día de hoxe. 47

Concello de Allariz

Plan Estratéxico Allariz 2020 EQUIPAMENTOS Os veciños e veciñas de Allariz gozan duns equipamentos dificilmente comparables: Fogar dos Maiores, locais sociais nas parroquias, Casa da Mocidade, Galescola, Piscina Climatizada, Pavillón Municipal, Hípica, Parque Empresarial, Museos, Hoteis, Spa, Centro de Convencións, zonas verdes e de esparcemento como o Arnado, a Acearrica ou o Portovello, salas de exposicións, estacións de depuración e tratamento de augas residuais, recollida selectiva de lixo,... Toda unha rede de servizos municipais que serviu para converter a Allariz nun municipio, que pensa e planifica a súa infraestrutura en beneficio da cidadanía. 49

Concello de Allariz

Plan Estratéxico Allariz 2020 SERVIZOS A aposta do Concello de Allariz pola dotación de servizos públicos de calidade permite que gocemos dunha boa calidade de vida. Por en marcha programas que contribúan a conciliar a vida laboral e familiar, que as persoas maiores poidan vivir o maior tempo posible na súas casas ou que os diferentes sectores económicos teñan recursos municipais á súa disposición son un bo exemplo do nivel de servizos dos que disfrutamos. Máis tamén é de importancia, que todos e todas gocemos dun calendario festivo e de eventos, e que este á súa vez sexa un importante activo para a economía local. A necesidade de manter o equilibrio entre todos os núcleos do municipio, ten levado a estender a rede de locais sociais, unha política de descentralización das actividades municipais, pondo en marcha programas sociais, lúdicos ou deportivos. 51

Concello de Allariz

Plan Estratéxico Allariz 2020 BENESTAR SOCIAL No ano 1990, o Concello de Allariz pon en marcha os primeiros programas de Benestar Social: os servizos de atención primaria, que incluían a Axuda no Fogar, xunto co programa de educación de adultos e a promoción do asociacionismo, estes constitúen o punto de partida dun conxunto de accións que se foron ampliando e consolidando ao longo destes anos. A normalización da atención social constitúe a labor máis importante nestas dúas décadas. A apertura do Centro de Servizos Sociais Comunitarios - Fogar dos Maiores en xaneiro do 2007, da inicio a unha nova etapa nas políticas municipais de benestar social ao contar cun espazo polivalente, aberto a toda a poboación, e cunha atención especial aos colectivos desfavorecidos e de maiores. Os programas básicos, información e asesoramento, axuda no fogar, emerxencia social e prevención e inserción incrementan os seus recursos humanos e materiais; do mesmo xeito, incorpóranse novos servizos de atención á dependencia como o comedor social, xantar sobre rodas, transporte adaptado, entre outros. As persoas maiores contan tamén con actividades deportivas, de ocio e tempo libre, obradoiros ocupacionais, terapéuticos e de novas tecnoloxías. Esta oferta compleméntase con accións para toda a poboación, como o programa de dinamización socioeducativa nos núcleos rurais, a escola de familias, o programa de educación familiar, os programas de intervención preventivo - educativo co alumnado dos centros de ensino e a programación específica de muller; todas elas coordinadas de maneira transversal dende os departamentos de educación e igualdade e participación cidadá. Recentemente ve a luz unha nova asociación: Puzzle, para a atención as persoas con discapacidade, coa que o Concello colabora de maneira moi directa. O obxectivo é traballar cara a súa integración sociolaboral, a través da realización de accións específicas, mais dentro dun proxecto global, no que participan de maneira moi activa outras entidades, como a asociación ANDREA. 53

Concello de Allariz