sinopse Nalgún lugar, lonxe de todo, ao caer a noite, unha muller le un libro que parece conter as historias do mundo enteiro.

Documentos relacionados
Berrobambán Teatro: BuhDossier. Berrobambán: Buh, unidade didáctica 1

BI CHA RA. BERROBAMBÁN apresenta. dirigida por EVARISTO CALVO

Un espectáculo cómico, poético e musical sobre a. a nosa lingua

NEGREIRA OUT º CICLO MONÓLOGOS. venres. venres. venres. venres. Lois Pérez

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

Un país desde as táboas

ESPECTÁCULOS REPOSTERÍA

POIO. Directorio. Concello de Poio Praza do Mosteiro, Poio, Pontevedra

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

GALEGAS ACTOS. dedicado. Paraa alumnado. Venres 9 de maio. FANTÁSTICA co espectáculo. En caso de cheo. Martes 13 de maio. Contacontos en CONCELLERÍA

Bibliotecas Públicas Municipais. Premio Nacional María Moliner Concellería de Cultura e Normalización Lingüística

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS DE XUVENTUDE CURSOS E OBRADOIROS QUE SE IMPARTEN NOS ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS DE XUVENTUDE

PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE

MUSEO LISTE ETNOGRÁFICO DE VIGO PROGRAMACIÓN 2º TRIMESTRE 2017

GATIÑAS E GATIÑOS. Club

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

MÚSICAS DURMIDAS. Músicas durmidas. Músicas durmidas. Músicas durmidas. Músicas durmidas. Músicas durmidas JOSÉ ABEAL LÓPEZ* Debuxos: Alfredo Erias

Dossier O líder da prensa en galego

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

CAMPA A RESGAL

Reservas dos principais grupos sanguíneos

MANUAL DE USUARIO DE etrades

Mago: Roberto Lolo Teatro: Bicos con lingua Teatro: Pelos na lingua Concurso radiofónico: Sesión preparatoria English Week Soundpainting

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... OS NÚMEROS DECIMAIS ORDES DE UNIDADES DECIMAIS. CENMILÉSIMA 8 1 cm = MILLONÉSIMA 8 1 mm = OPERACIÓNS

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

Double-click to enter title

I LL BE WATCHING YOU. (hei estar vixiándote) Teatro con perspectiva de xénero. Un proxecto Chévere

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

POSIBLES IDEAS PARA UNHA HOMILÍA CON NENOS 12 novembro Non deixes que a Súa chamada sexa perdida, ten á man o CARGADOR da ORACIÓN.

MEMORIA ANO 2013 SERVICIO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DA MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE ORDES

As claves da. factura eléctrica

Dossier de presentación. Primeiro diario dixital en galego

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Outubro Nº Var. Int. 18/17

PROPOSTAS PARA PARTICIPAR NO MARCO DA CAMPAÑA #COMPOSTELAENNEGRO. #EnNegroContraAsViolencias. #Galiciaennegro

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Maio Nº Var. Int. 18/17

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

SBN: O TEMPO NO XORNAL

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

- Língua Portuguesa na Galiza

1.- Organización da Escola de Primavera:

OFICINA DE CURSOS ABRIL 2015

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra.

ENQUISA ESTRUTURAL A FOGARES Módulos de 'Ocio e hábitos culturais' e 'Capital social: benestar'. Ano 2014

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

TÁBOA ORIENTATIVA DE INGRESOS MÁXIMOS PONDERADOS SEGUNDO OS TRAMOS DE REFERENCIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REDE EUSUMO. información e comunicación

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

PERFIL DO VISITANTE EN AROUSA NORTE

Canle. Recomendocheunlibro. Concurso O ollo de vidro

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

programas .py python nome.py

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

ABRIL VIII SEMANA DO LIBRO PÓRTICO SONORO VIII SEMANA DO LIBRO PÓRTICO SONORO II COMBATTIMENTO II SUONO DELL'ARIA PAVÍS PAVÓS CONTOS PARA BEBÉS

O CONTRATO DE TRABALLO

IX OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA Bases

"A Cabeza do Dragón", o novo espectáculo de PT Excéntricas Autor: Ramón María del Valle-Inclán // Dramaturxia e Dirección: Quico Cadaval

Informe sobre o risco de pobreza e/ou exclusión social en Galicia

Indicadores da actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma de Galicia

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

Historia que parece conto

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Xuño Nº Var. Int. 17/16

Parte da proba: ESPECÍFICA

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE MAIO DE 2018

CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA A AVALIACIÓN E PARA A HABILITACIÓN OFICIAL COMO CORRECTOR E EXAMINADOR DOS EXAMES DO DELF ESCOLAR.

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de setembro as 10:00. Piscina Carballo Calero e Praia de Razo. Carballo.

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

Club. Podes informarte de todo o que acontece na familia Bolechas no noso teléfono

DATA: Domingo 15 de Maio de 2016, a partir das 10:00 horas. LUGAR: Pavillon de deportes de Mesoiro-A Coruña.

- 3 de abril: Contacontos, ás 18:30 horas, para nenas e nenos maiores de 4 anos, a cargo de Paula Carballeira.

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2016 OURENSE-CAPITAL

Reservas dos principais grupos sanguíneos

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

PROGRAMACIÓN CULTURAL DO AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS.

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

MAPA DE RECURSOS: Instalacións Portuarias

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

CONSELLERÍA DE FACENDA Dirección Xeral de Planificación e Fondos. A estratexia Galicia 2020

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

Requisitos para subir documentos ao

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

Potencias e radicais

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA

Transcrição:

sinopse Nalgún lugar, lonxe de todo, ao caer a noite, unha muller le un libro que parece conter as historias do mundo enteiro. A música acompáñaa na soidade. Soan badaladas. Anuncian un baile?. Un lobo ouvea. Está a porta pechada con chave? Leva tantos anos ás costas, esa muller, que xa non lembra quen é. Precisamente por iso pode xogar a ser quen ela queira. A protagonista do seu conto. A do zapato de cristal, a da caixa de mistos, a da mazá envelenada, a do camiño de migallas de pan, a da casiña de chocolate... Quen chama a deshoras? Terá fame?

adeshoras Ás veces, descubrimos nas historias dos outros quen realmente somos. E iso é o que lle acontece á Vella desta peza de teatro xestual, esta pobre clown desmemoriada. Amodo, xogando, recupera o fío que a leva a recoñecerseno espello, grazas un lobo que a visita a deshoras e acaba coa súa soidade, facendo que se volva sentir nena, a nena da carapucha vermella. Con moito humor e ternura poñémonos na pel da avoa na que se convertiría Carapuchiña Vermella. Agora é ela a que vive lonxe, escoitando os ouveos do lobo. Ten frío, ten fame, ninguén se lembra dela e, polo tanto, vai quedando sen memoria. Só o lobo peta na súa porta. Un lobo tan esquecido e fráxil coma ela. E xogan ás agachadas. E rin. E bailan. E cean xuntos. E acompáñanse nas noites de inverno. E as súas gargalladas soan por riba do vento, botando fóra todos os medos

Berrobambán regresa ao territorio mudo, á linguaxe visual, ao humor sen palabras que lle valeu o recoñecemento internacional, e faino nesta ocasión, da man de dúas recoñecidas mulleres do teatro galego: paula carballeira Traballa para público infantil dende diferentes eidos da creación artística. Ten publicados máis de 20 libros de literatura infantil e xuvenil traducido a máis de oito idiomas. Gañou en dúas ocasións o premio Manuel María de Texto de Teatro Infantil e foi finalista do premio convocado por ASSITEJ-España. Dirixiu espectáculos destinados a este tipo de público tanto para a súa compañía, Berrobambán, como para outras compañías como Talía («Pequena», «Rosa caramelo») ou para o Centro Dramático Galego («A Cabana de Babaiagá»). Ademais é especialmente coñecida como contadora de contos en circuitos nacionais e internacionais e como actriz en series de televisión como «Pepe o Inglés» ou «Libro de familia». nuria sanz A inesquecíble Colombina de «Commedia. Un xoguete para Goldoni» ou a inocente clown de «Quid pro Quo», papeis cos que foi recoñecida cos premios Compostela ou o María Casares. Fundou a súa propia compañia, Sapristi e participou en varias montaxes do Centro Dramático Galego como «As laranxas máis laranxas de todas as laranxas» ou «Soño dunha noite de verán». Así mesmo taménparticipou en series de televisión como «Rias Baixas» ou a produción para Canal+ «Canalone».

equipo artístico Adeshoras é un espectáculo mudo, tenro, e sorprendente especialmente pensado para gozar con toda a familia a partir dos 6 anos.. Nuria Sanz como Carrapuchiña Chiqui Pereira como Lobo Dirección e dramaturxia Paula Carballeira Ayxdante de dirección Charo Pita Deseño de escenografía Un Peixe e berrobambán Realización escenografía Allmad estudio Iluminación Chiqui Pereira Vestiario Isi Torres Música Nacho Sanz Deseño Gráfico Nadina Bértolo Produción María Rosendo Distribución distribucion@berrobamban.com

berrobambán Desde o ano 2000 producimos un total de once espectáculos teatrais para público familiar, entre os que podemos destacar Boas Noites, Bicharada, O Refugallo ou Xurdefet que tiveron un notable éxito de público, converténdonos nunha das compañías galegas con maior número de espectadores. Participamos en programacións de Galicia, España, Portugal, Corea e Canadá e, polo medio, organizamos o Asteroide B-612, a primeira programación familiar estable en Galicia e o Circo-lar, unha programación familiar para a Consellería de Cultura. O CDG encargounos A Cabana de Baibaiga, a adaptación dun conto ruso con moita, moita música. Tamén realizamos espectáculos de animación á lectura que nos levaron por moitas bibliotecas e centros educativos. Neste tempo estreamos catro espectáculos para público adulto; NdC., Vendetta, Pressing Catch e Avestruz en terra allea.

Información técnica Montaxe: 4 horas aprox Desmontaxe: 1 hora aprox Espazo escénico de 6x4m Cámara negra aforada á italiana Son: PA adecuada al recinto 2 monitores (1 só envío) Conexión PC a la mesa de sonido Iluminación: 4 PC 1 Kw 2 Recorte 15-30 ETC 1 Recorte 25-50 ETC 2 PAR 64 Nº 1 5 PAR 64 Nº 5 Adeshoras é un espectáculo para toda a familia recomendado a partires dos 5 anos aos 555 Podes ver un ensaio completo en: https://vimeo.com/236570510 Contrasinal: adeshoras Cachet: 1 Función 1.500,00 + Ive 21 %

Plano Iluminación

695 929 262 info@berrobamban.com berrobamban.com berrobambán pesentou os seus espectáculos nos siguientes festivales Vancouver International Childrens festival (Canadá) - ASSITEJ Festival Seoul (Korea) - Calgary International Childrens festival (Canadá) - Feira Galega das Artes Escénicas - Auditorio de Castrelos, Semana de Teatro en Familia de Vigo - Teatro en Nadal do Salón Teatro (Compostela) - Mostra de Teatro Infantil de Ourense MOTI - Festival Internacional MANICÓMICOS (A Coruña) - Mostra Internacional de Clown, FESTICLOWN - Mostra Internancional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas - Mostra de Teatro de Cee - Auditorio de Galicia (Compostela) - Estiu n`ermita de Vila-real (Castelló) - Saskatoon International Childrens Festival (Canadá) - London International Childrens Festival (Canadá) - Nanaimo International Childrens Festival (Canadá) - Okanagan International Childrens Festival (Canadá) - Os domingos do Principal (Pontevedra) - KOSMÓPOLIS CCCB (Bcn) -Teatro Familiar do Teatro-Sala de Concertos Caixanova de Vigo - Teatro Familiar do Teatro Rosalía (Coruña) - Teatro Familiar do Teatro Principal (Compostela) - FETÉN O8, Teatro Jovellanos (Xixón) -Teatro Familiar do Centro Cultural e de Congressos de Caldas da Rainha (Portugal) - ACERT. Novo Auditório. Tondela (Portugal)