CONSERVATORIOS E CENTROS AUTORIZADOS. Tipo de ensino Ensino regrado Ensino non regrado

Documentos relacionados
Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

Convocatoria ordinaria de 2012

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PRAZOS: Alumnado actual do centro

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño

Orientación 4º ESO ESQUEMA DO SISTEMA EDUCATIVO SEGUNDO A LOMCE

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Política e Obxectivos de Calidade

PIALE Integración en lingua portuguesa

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Sample Text. Nº 127 Martes, 6 de xullo de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

Planificación do curso escolar

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

REDE EUSUMO. información e comunicación

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

O CONTRATO DE TRABALLO

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

ELECCIÓN DE HORARIO E ADSCRICIÓN FUNCIONAL DO PROFESORADO NOS CENTROS PÚBLICOS INTEGRADOS (CPI)

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

CURSO. Datos e cifras do ensino. non universitario. Setembro, 2008

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA A AVALIACIÓN E PARA A HABILITACIÓN OFICIAL COMO CORRECTOR E EXAMINADOR DOS EXAMES DO DELF ESCOLAR.

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

- Língua Portuguesa na Galiza

FCT con Erasmus+ Curso

ACCESo aos Novos CERTiFiCADoS de PRoFESioNALiDADe. NiVEiS 2 e 3 de CUALiFiCACióN PRoFESioNAL

Procedemento de Admisión

Probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

IES FRANCISCO AGUIAR BETANZOS IMPRESO DE MATRÍCULA 1º OU 2º DE E.S.O. Curso RÚA: Nº: PISO: CP: LOCALIDADE: PROV.:

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

NORMATIVA INTERNA APLICABLE AO PROGRAMA ERASMUS DE MOBILIDADE ESTUDANTIL NAS TITULACIÓNS DA FFT NORMAS DE APLICACIÓN XERAL A TODAS AS TITULACIÓNS

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

REGULAMENTO DE PRÁCTICAS ACADÉMICAS EXTERNAS DO ALUMNADO DA FACULTADE DE FISIOTERAPIA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

CMUS Profesional de Viveiro

Orientación 3º ESO ESQUEMA DO SISTEMA EDUCATIVO SEGUNDO A LOMCE

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

ALUMNADO QUE PODE PRESENTARSE Á PROBA ESTRUTURA DA PROBA

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

A Formación Profesional: vías para a cualificación. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

A continuación expóñense de forma resumida as novidades máis significativas:

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PLAN DE ESTUDOS DO 1 Ђы CURSO DO BACHAREL ATO LO E CURSO ACAD ЊБMICO

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

Convocatoria ordinaria de 2014

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

PREZO PUBLICO POLAS ACTIVIDADES SOCIOEDUCATIVAS DO CENTRO OCUPACIONAL

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

PROXECTO MOBILIDADE ERASMUS Next Station: Improving Professional Skills in Galicia NÚM. PROXECTO: ES01-KA

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

ORDENANZA Nº 40: ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS.

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

Proxecto Educativo. Conservatorio Profesional de Música. Santiago de Compostela

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

Regulamento de Prácticas en Empresa do Máster de Enerxía e Sustentabilidade

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

XUÑO ECONOMÍA DA EMPRESA Instrucións: O alumno debe elixir UNHA das dúas opcións e responder a todas as preguntas da opción elixida

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Transcrição:

INFORMACIÓN SOBRE O ENSINO ARTÍSTICO DE MÚSICA NO CMUS DE CULLEREDO Que é e para que serve o ensino artístico de música O ensino artístico de música non ter carácter obrigatorio e está considerado como de Réxime Especial no sistema educativo definido por la Lei Orgánica de Educación. Este tipo de ensino pode realizarse, dependendo das expectativas e intereses de cada alumno e alumna en conservatorios, centros autorizados (ensino regrado) ou en escolas de música (ensino non regrado). O ensino de música regrado diríxese a aquelas persoas que teñen interese en converterse en profesionais e, polo tanto levan implícita unha certa expectativa laboral; este ensino realízase nos conservatorios e centros autorizados pola administración educativa e posibilitan unha titulación oficial. En definitiva, enfócase a aquel alumnado que posúa aptitudes e vontade para dedicarse a este tipo de estudios xa que esixen constancia e vocación. Para aquelas persoas interesadas como afeccionados ofréceselles a oportunidade de adquirir unha formación en música nas escolas de música, a través dun ensino non regrado na súa estrutura e contidos. CONSERVATORIOS E CENTROS AUTORIZADOS ESCOLAS DE MÚSICA Tipo de ensino Ensino regrado Ensino non regrado Finalidade Cualificación de profesionais Formar afeccionados/as e descubrir vocacións e aptitudes Titulación Título académico profesional Diplomas, certificacións Organización do ensino regrado de música O ensino de música nun conservatorio ou centro autorizado pode conducir ao exercicio profesional mediante unha formación que pretende adecuarse ás demandas do mundo laboral. Organízase en tres niveis: ENSINO TITULACION ELEMENTAIS 4 cursos Certificado PROFESIONAIS 6 cursos Título Profesional SUPERIORES 4 cursos Título superior asimilable a Grao

O noso centro O Conservatorio de Música de Culleredo foi creado polo Decreto 333/1990, do 8 de xuño, como conservatorio de música non estatal de grao elemental dependente do Concello de Culleredo, transformándose, posteriormente, mediante o Decreto 67/2002, do 28 de febreiro, en conservatorio profesional. Neste centro impártense ensinanzas regradas elementais e profesionais de música das disciplinas de piano, guitarra, acordeón, frauta traveseira, clarinete, trompeta, saxofón, violín, violonchelo, canto e percusión. ENSINO ELEMENTAL Na nosa comunidade autónoma a regulación do ensino elemental está recollida no Decreto 198/2007, do 27 de setembro, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria polo que se establece a ordenación do grao elemental de música. Como se accede? Para o acceso ao primeiro curso das ensinanzas elementais é preciso realizar unhas probas que se desenvolverán no centro. Para presentarse a estas probas non é necesario ter coñecementos musicais previos e nelas valóranse as aptitudes rítmicas, auditivas, vocais e psicomotrices dos aspirantes. Os exercicios que se realizan para avaliar estas aptitudes non teñen carácter eliminatorio de xeito individual, senón que a valoración efectúase globalmente. Tamén se pode acceder a calquera outro curso do grao elemental sen ter superados os anteriores, sempre que se supere a correspondente proba. Nestas probas avalíanse, ademais das aptitudes anteriormente mencionadas, a capacidade e os coñecementos dos alumnos e das alumnas para continuar os estudos nas especialidades instrumentais para as que solicitan praza. En todo caso, a idade mínima de acceso para o grao elemental será de oito anos e a máxima de catorce anos, cumpridos ou por cumprir dentro do ano natural.

Estrutura do ensino elemental de música no CMUS de Culleredo A continuación expóñense as materias que cursan os alumnos matriculados nos catro cursos do grao elemental, coa súa duración semanal: 1º 2º 3º 4º Instrumento 45 45 1 1 Linguaxe Musical 2 2 2 2 Educación auditiva e vocal 1 1 1 1 Total horas 3 horas e 45 3 horas e 45 4 4 O profesor da especialidade instrumental será o titor do alumno e poderá recomendar que este acuda ás clases acompañado dun adulto para apoiar a aprendizaxe. No CMUS de Culleredo os alumnos de grao elemental teñen a posibilidade de participar na actividade extracurricular de orquestra e/ou de coro. O ENSINO PROFESIONAL Na nosa comunidade autónoma a regulación do ensino profesional está recollida no Decreto 203/2007, do 27 de setembro, polo que se establece o currículo das ensinanzas profesionais de réxime especial de música. Os ensinos profesionais están estruturados en seis cursos e pódense realizar de forma paralela á ESO e Bacharelato. O alumnado que supere os ensinos profesionais de música obterá o Título Profesional na especialidade cursada. Ademais, se supera as materias comúns do Bacharelato, poderá obter o Título de Bacharel. Como se accede? Para acceder ao grao profesional non é necesario cursar previamente o elemental; é suficiente demostrar os coñecementos adecuados para pasar a proba de acceso establecida para cada un dos cursos e poder seguir con rendemento os devanditos estudos, independentemente de onde se adquiriran os coñecementos. Nas probas de acceso ao grao profesional o aspirante debe realizar unha proba completa que demostre que acada o nivel axeitado para a continuación do grao profesional de música. As probas de acceso na nosa comunidade autónoma deben cumprir o disposto na Orde do 28 de xullo de 2008 pola que se regulan as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de música e na Circular 15/2011 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se ditan instrucións para determinados aspectos do funcionamento dos conservatorios elementais e profesionais de música e danza.

Na proba de acceso para acceder ao primeiro curso do ensinanzas profesionais de música debe valorarse a madureza, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento as ensinanzas profesionais e consistirá en: a) Exercicio para avaliar a capacidade auditiva do alumnado e os seus coñecementos teóricos e prácticos da linguaxe musical. Este exercicio escrito de coñecementos de linguaxe musical, ditado e lectura cualificarase de cero a dez puntos. Será necesaria unha cualificación mínima de cinco puntos para superalo. b) Exercicio de interpretación, que se cualificarase de cero a dez puntos e será precisa unha cualificación mínima de cinco puntos superalo. Nas especialidades instrumentais deberase efectuar unha interpretación de tres obras pertencentes a distintos estilos, das cales, como mínimo, unha deberá ser de memoria. Na especialidade de canto, deberanse interpretar tres obras de diferentes estilos, libremente elixidas pola persoa aspirante, das cales unha será de repertorio lírico. Neste exercicio o aspirante debe acudir coas partituras orixinais das obras. O tribunal poderá requirir que as ditas obras se interpreten completas ou en parte. Ademais, no caso de que a obra esixa acompañamento pianístico, este correrá a cargo do aspirante, xa que o noso centro non ofrece este servizo. A puntuación definitiva da proba será a media ponderada da cualificación obtida en cada un deles, supoñendo o primeiro deles nun 70 por cento, e o segundo un 30 por cento da nota final. Para acceder a calquera outro curso das ensinanzas profesionais deberá superarse unha proba de características e formato similar ao acceso ao primeiro curso, pero na que se valorarán os coñecementos e aptitudes das materias e contidos do curso inmediatamente anterior ao que se opta. Se o número de solicitantes é superior ao de prazas ofertadas, a adxudicación destas realizarase por orde de puntuación na proba de acceso e, de ser igual a cualificación, desempatarase pola puntuación obtida na parte instrumental. Estrutura do ensino profesional No grao profesional increméntase a carga lectiva, o número de horas e asignaturas que se deben superar por curso. As asignaturas van cambiando segundo a especialidade e están recollidas no Decreto 203/2007, do 27 de setembro, polo que se establece o currículo das ensinanzas profesionais de réxime especial de música. A continuación facemos un resumo das materias por especialidade que se estuda no Conservatorio de Culleredo, curso e tempos lectivos semanais:

Especialidades: CLARINETE, FRAUTA TRAVESEIRA, SAXOFÓN, TROMPETA, VIOLÍN, PERCUSIÓN E VIOLONCHELLO. 1º 2º 3º 4º 5º 6º Instrumento 1 1 1 1 1 1 Linguaxe Musical 2 2 Harmonía 2 2 Análise 2 2 Orquestra 1,5 1,5 1,5 1,5 1,5 1,5 Conxunto 1 1 Música de cámara 1 1 Novas tecnoloxías aplicadas á música 1 Piano complementario 0,5 0,5 0,5 0,5 Historia da música 2 2 Itinerario 1 Optativa 1 Total horas 5,5 5,5 6 7 8 8 Especialidade: GUITARRA 1º 2º 3º 4º 5º 6º Instrumento 1 1 1 1 1 1 Linguaxe Musical 2 2 Harmonía 2 2 Análise 2 2 Conxunto 1 1 1 1 Coro 1 1 1 1 1 1 Música de cámara 1 1 Novas tecnoloxías aplicadas á 1 música Piano complementario 0,5 0,5 0,5 0,5 Historia da música 2 2 Repentización e 0,5 0,5 acompañamento Itinerario 1 Optativa 1 Total horas 5 5 6,5 7,5 8 8

Especialidade: ACORDEÓN E PIANO 1º 2º 3º 4º 5º 6º Instrumento 1 1 1 1 1 1 Linguaxe Musical 2 2 Harmonía 2 2 Análise 2 2 Conxunto 1 1 1 1 Coro 1 1 1 1 1 1 Música de cámara 1 1 Novas tecnoloxías aplicadas á música 1 Historia da música 2 2 Repentización e acompañamento 1 1 1 Itinerario 1 Optativa 1 Total horas 5 5 6 8 8 8 Especialidade: CANTO 1º 2º 3º 4º 5º 6º Instrumento 1 1 1 1 1 1 Linguaxe Musical 2 2 Harmonía 2 2 Análise 2 2 Coro 1 1 Música de cámara 1 1 1 1 Idiomas aplicados ao canto 1,5 1,5 1 1 1,5 1,5 Piano complementario 0,5 0,5 0,5 0,5 Historia da música 2 2 Itinerario 1 Optativa 1 Total horas 5,5 5,5 5,5 7,5 8 8

Sistema de elección de horario individual de especialidade A elección do horario individual da especialidade efectúase a principio do curso escolar, unha vez coñecido o horario das materias colectivas e tendo en conta a dispoñibilidade do profesor especialista, seguindo a orde que se determina a continuación: O alumnado de grao profesional elixirá horario en primeiro lugar atendendo aos seguintes principios: Terán prioridade na elección de horario os alumnos matriculados no curso máis alto e en orde decrecente. Elixirán en primeiro lugar os alumnos matriculados no 6º curso, a continuación os matriculados en 5º, despois os de 4º e así sucesivamente ata o 1º de grao profesional. Nun mesmo curso e materia, terá prioridade o alumnado con mellor nota media do curso anterior, excepto os alumnos que accedan a primeiro do grao profesional, que terán prioridade na elección de horario segundo a nota obtida na proba de acceso. No caso de empate e que escollan horario co mesmo profesor, realizarase un sorteo no mesmo momento da elección. O método para levar a cabo o mesmo será o que determine o propio docente. No caso dos alumnos repetidores, terase en conta a nota media do curso repetido. Para os alumnos con materias pendentes, tomarase en conta a nota media do curso anterior computándoselle as materias aprobadas e as suspensas (pendentes). Os alumnos que accedan mediante proba de acceso a calquera dos cursos que non sexan primeiro do grao profesional, elixirán horario no último posto dentro do curso ao que accedan. No caso de coincidencia de máis dun alumno nesta situación, terá prioridade o alumno coa nota máis alta acadada na dita proba. Despois de rematada a elección dos alumnos do grao profesional elixen horario os do grao elemental, tendo prioridade na elección os alumnos de menor idade, tomando como referencia a súa data de nacemento. En caso de coincidencia e que se elixa co mesmo docente, a prioridade decidirase por sorteo celebrado no mesmo momento da elección de horario mediado polo profesor correspondente. Sistema de elección de horario individual de piano complementario A elección do horario de piano complementario realízase en función das horas dispoñibles dos profesores de piano, despois de coñecidos os horarios das clases colectivas e unha vez elixidos os horarios individuais dos horarios dos alumnos de piano. A elección é individual, tendo preferencia os alumnos matriculados en 6º de grao profesional.

Acompañamento pianístico Durante o curso escolar os alumnos participan nas audicións da súa especialidade, así como en concertos e outros eventos especiais que se desenvolven dentro e fóra do centro. Algunhas das obras, que son elixidas polo titor e o alumno, necesitarán acompañamento pianístico. Como non existe a figura de profesor pianista acompañante no noso centro, esta labor é desenvolvida polos profesores do departamento de piano, que deberán acordar o reparto das especialidades instrumentais que cada un deles asume. O alumno que o necesite debe apuntarse semanalmente para o ensaio co correspondente pianista en función das dispoñibilidades deste e do alumno, sen que exista ningunha preferencia na orde de elección.