BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
|
|
- Ângelo Salvado Zagalo
- 3 Há anos
- Visualizações:
Transcrição
1 Suplemento en lingua galega ao núm. 318 Venres 31 de decembro de 2010 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN Real decreto 1675/2010, do 10 de decembro, polo que se modifica o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade, e os reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade ditados na súa aplicación. Unha vez publicado o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade, así como os reais decretos polos que se establecen diversos certificados de profesionalidade, publicados desde o día 4 de setembro de 2008 ata a data de entrada en vigor deste real decreto, observáronse distintos problemas para a posta en práctica dos ditos certificados que están dificultando o correcto desenvolvemento para a súa implantación. Co fin de resolver os problemas xurdidos, que impiden a xestión eficaz da implementación dos certificados de profesionalidade e, como consecuencia, o propio desenvolvemento da acreditación das competencias profesionais a adquirir, procédese a modificar a normativa reguladora antes sinalada. Así, mediante este real decreto flexibilízanse os requisitos tanto para o acceso dos alumnos como para a impartición do módulo de formación práctica en centros de traballo. En relación con este módulo, e con obxecto de dotar do adecuado financiamento a súa realización, establécese unha subvención específica para cubrir os custos do titor do dito módulo. Así mesmo, efectúanse correccións técnicas que melloran a regulación dos reais decretos que se modifican. No proceso de elaboración deste real decreto foron consultadas as comunidades autónomas e informada a Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais e emitiron informe o Consello Xeral da Formación Profesional e o Consello Xeral do Sistema Nacional de Emprego. Na súa virtude, por proposta do ministro de Traballo e Inmigración, coa aprobación previa da vicepresidenta primeira do Goberno e ministra da Presidencia, de acordo co Consello de Estado e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 10 de decembro de 2010, DISPOÑO: Artigo primeiro. Modificación do Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade. O Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade, queda modificado como segue: Un. A alínea c) do número 5 do artigo 5 queda redactada como segue: «c) Os criterios de acceso dos alumnos, que asegurarán que estes contan cos requisitos formativos e profesionais suficientes para cursar con aproveitamento a formación.» Dous. Incorpórase un novo artigo 5.bis, que queda redactado da seguinte maneira: «Artigo 5.bis. Módulo de formación práctica en centros de traballo. 1. O módulo de formación práctica en centros de traballo realizarase preferentemente unha vez superados o resto dos módulos formativos de cada certificado de profesionalidade, aínda que tamén se poderá desenvolver simultaneamente á realización daqueles. En ningún caso se poderá programar este módulo de forma independente.
2 Suplemento en lingua galega ao núm. 318 Venres 31 de decembro de 2010 Sec. I. Páx A realización deste módulo articularase segundo determinen as administracións competentes na xestión da formación profesional para o emprego, e en xeral realizarase a través de convenios ou acordos entre os centros formativos e os centros de traballo, sen prexuízo da súa suxeición ao réxime previsto para as prácticas profesionais non laborais en empresas no artigo 25.3 do Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, e na Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, en materia de formación de oferta e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento. 3. O titor do módulo de formación práctica en centros de traballo será o responsable de acordar o programa formativo coa empresa e de realizar, xunto co titor designado pola empresa, o seguimento e a avaliación dos alumnos. Para tal fin, o programa formativo incluirá criterios de avaliación, observables e medibles. A administracións competentes poderán conceder subvencións aos centros ou entidades formativas para o financiamento dos custos da actividade do titor. A contía desta subvención calcularase aplicando un módulo específico máximo de 3 euros por alumno e hora de práctica en centros de traballo. A concesión desta subvención, a excepción da contía sinalada, regularase de acordo co disposto na Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, para o resto de módulos formativos. 4. Estarán exentos de realizar este módulo os alumnos dos programas de formación en alternancia co emprego, na área do correspondente certificado, así como aqueles que acrediten unha experiencia laboral de, polo menos, tres meses, que se corresponda coas capacidades recollidas no citado módulo do certificado de profesionalidade. As solicitudes de exención deste módulo pola súa correspondencia coa práctica laboral realizaranse de acordo co regulado polas administracións laborais competentes, que expedirán un certificado de exención del. 5. A experiencia laboral a que se refire o número anterior acreditarase mediante a certificación da empresa onde se adquirise a experiencia laboral, na cal conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a dita actividade. No caso de traballadores por conta propia, exixirase a alta no censo de obrigados tributarios, cunha antigüidade mínima de tres meses, así como unha declaración do interesado das actividades máis representativas.» Tres. O artigo 8 queda redactado nos seguintes termos: «Artigo 8. Vías para a obtención dos certificados de profesionalidade. 1. O certificado de profesionalidade pódese obter a través da superación de todos os módulos correspondentes ao certificado de profesionalidade ou mediante a acumulación do módulo de prácticas non laborais e as acreditacións parciais dos módulos formativos asociados ás unidades de competencia que comprenda o certificado de profesionalidade. 2. O certificado de profesionalidade tamén se poderá obter mediante os procedementos para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación que se establezan no desenvolvemento normativo do artigo 8.4 da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional.» Catro. Suprímese o número 4 do artigo 9. Cinco. O número 1 do artigo 13 queda redactado do seguinte modo: «1. Para poder impartir a formación correspondente a cada un dos módulos formativos dos certificados de profesionalidade, os formadores deberán reunir os requisitos específicos que se inclúan nel. Estes requisitos deben garantir o dominio dos coñecementos e as técnicas relacionadas coa unidade de competencia a que está asociado o módulo, e verificaranse mediante a correspondente acreditación e/ou experiencia profesional no campo das competencias relacionadas co módulo formativo.
3 Suplemento en lingua galega ao núm. 318 Venres 31 de decembro de 2010 Sec. I. Páx. 3 En calquera caso, para impartir os módulos formativos dos certificados de profesionalidade, será requisito que o formador acredite posuír a competencia docente que determine a Administración competente.» Seis. Incorpórase unha nova disposición adicional cuarta, que queda redactada da seguinte maneira: «Disposición adicional cuarta. Accións formativas de carácter piloto. 1. Nos plans de traballo que desenvolvan os centros nacionais de formación ocupacional, regulados no artigo 17 do Real decreto 631/1993, do 3 de maio, polo que se regula o Plan nacional de formación e inserción profesional e os centros de referencia nacional, regulados no Real decreto 229/2008, do 15 de febreiro, poderanse incorporar para a súa realización accións formativas de carácter piloto correspondentes a certificados de profesionalidade que se encontren en fase de proxecto e que non fosen aprobados. 2. Unha vez aprobados por real decreto os correspondentes certificados de profesionalidade, aqueles que superasen todos os módulos deles incluídos nas accións formativas de carácter piloto previstas no número anterior, poderán solicitar que lles sexa expedido o correspondente certificado de profesionalidade ou, de ser o caso, a acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiridas.» Artigo segundo. Modificación dos reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade das correspondentes familias profesionais, que se inclúen no Repertorio nacional de certificados de profesionalidade, publicados no «Boletín Oficial del Estado» desde o día 4 de setembro de 2008 ata a data de entrada en vigor deste real decreto. Os reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade das correspondentes familias profesionais, que se inclúen no Repertorio nacional de certificados de profesionalidade, publicados no Boletín Oficial del Estado desde o día 4 de setembro de 2008 ata a data de entrada en vigor deste real decreto, que aparecen relacionados no anexo I, quedan modificados como segue: Un. O artigo 4 dos reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade das correspondentes familias profesionais, que se inclúen no Repertorio nacional de certificados de profesionalidade, queda redactado nos seguintes termos: «Artigo 4. Requisitos de acceso á formación dos certificados de profesionalidade. 1. Corresponderá á Administración laboral competente a comprobación de que os alumnos posúen os requisitos formativos e profesionais para cursar con aproveitamento a formación nos termos previstos nos números seguintes. 2. Para acceder á formación dos módulos formativos dos certificados de profesionalidade dos niveis de cualificación profesional 2 e 3 os alumnos deberán cumprir algún dos requisitos seguintes: a) Estar en posesión do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para o nivel 2 ou título de bacharelato para o nivel 3. b) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade a que se desexa acceder. c) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional para o nivel 2 ou dun certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional para o nivel 3. d) Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio para o nivel 2 ou de grao superior para o nivel 3, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
4 Suplemento en lingua galega ao núm. 318 Venres 31 de decembro de 2010 Sec. I. Páx. 4 e) Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos. f) Ter os coñecementos formativos ou profesionais suficientes que permitan cursar con aproveitamento a formación.» Dous. Suprímese o artigo 5. Tres. Na segunda columna do cadro que figura na epígrafe IV «Prescricións dos formadores» de cada un dos anexos dos reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade das correspondentes familias profesionais, que se inclúen no Repertorio nacional de certificados de profesionalidade, publicados desde o día 4 de setembro de 2008 ata a data de entrada en vigor deste real decreto, substitúese a denominación «titulación requirida» polo termo «acreditación». Catro. Na epígrafe III «Formación do certificado de profesionalidade» de cada un dos anexos dos reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade das correspondentes familias profesionais, que se inclúen no Repertorio nacional de certificados de profesionalidade, publicados desde o día 4 de setembro de 2008 ata a data de entrada en vigor deste real decreto, os criterios de acceso para os alumnos de cada módulo formativo, quedan redactados nos seguintes termos: «Criterios de acceso para os alumnos: serán os establecidos no artigo 4 do real decreto que regula o certificado de profesionalidade da familia profesional a que acompaña este anexo.» Artigo terceiro. Modificación dos reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade das correspondentes familias profesionais, que se inclúen no Repertorio nacional de certificados de profesionalidade, publicados no Boletín Oficial del Estado desde o día 4 de setembro de 2008 ata a data de entrada en vigor deste real decreto, que derrogan anteriores certificados de profesionalidade. A disposición transitoria terceira dos reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade das correspondentes familias profesionais, que se inclúen no Repertorio nacional de certificados de profesionalidade, que se relacionan no anexo II, queda redactada nos seguintes termos: «Disposición transitoria terceira. Solicitude de expedición dos certificados de profesionalidade derrogados. 1. As persoas que, segundo o disposto na disposición transitoria primeira do Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, completasen con avaliación positiva a formación asociada a un dos certificados de profesionalidade dos que aquí se derrogan, durante a vixencia deles, disporán dun prazo de cinco anos para solicitaren a súa expedición, contado desde a entrada en vigor deste real decreto. 2. Tamén poderán solicitar a expedición, no prazo de cinco anos desde a finalización con avaliación positiva da formación dos ditos certificados de profesionalidade: a) As persoas que, tendo realizado parte daquela formación durante a vixencia do real decreto que agora se derroga, a completen despois da súa derrogación. b) As persoas que realicen a formación destes certificados de profesionalidade baixo os plans de formación e as accións formativas que xa estean aprobados na data de entrada en vigor deste real decreto, en virtude da Orde TAS 718/2008, do 7 de marzo.» Disposición transitoria primeira. Excepción do módulo de formación práctica en centros de traballo. 1. O módulo de formación práctica en centros de traballo previsto nos artigos 5.4 e 5 bis do Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, poderá ser desenvolto no mesmo centro de
5 Suplemento en lingua galega ao núm. 318 Venres 31 de decembro de 2010 Sec. I. Páx. 5 formación, cando así sexa autorizado pola Administración laboral competente, por non ser posible a súa realización en centros de traballo por inexistencia de centros adecuados ou outros motivos debidamente xustificados apreciados por esa administración. A duración deste módulo será a establecida para o módulo de prácticas profesionais non laborais recollido no anexo correspondente ao certificado de profesionalidade de que se trate e coa mesma subvención que a prevista para o resto de módulos formativos. 2. O disposto no número anterior será de aplicación ás accións formativas aprobadas ata o 31 de decembro de Disposición transitoria segunda. Acreditación provisional de centros. Os centros de formación que no momento da entrada en vigor deste real decreto estiveren incluídos nos rexistros das administracións competentes e homologados para impartir formación nas especialidades formativas correspondentes a un ou varios certificados de profesionalidade que fosen derrogados polos reais decretos, relacionados no anexo II, polos que se establecen certificados de profesionalidade das correspondentes familias profesionais, que se inclúen no Repertorio nacional de certificados de profesionalidade, publicados no «Boletín Oficial del Estado» desde o día 4 de setembro de 2008 ata a data de entrada en vigor deste real decreto, consideraranse acreditados de forma provisional para efectos da impartición de accións formativas vinculadas aos certificados de profesionalidade establecidos nos ditos reais decretos e declarados equivalentes na disposición adicional segunda daqueles, logo de autorización da Administración competente. Esta acreditación terá efectos durante un ano desde a entrada en vigor deste real decreto e ata a finalización, de ser o caso, das accións formativas aprobadas. Transcorrido este período, para poder impartir formación dirixida á obtención dos certificados de profesionalidade establecidos nos reais decretos citados, os centros de formación deberán solicitar ás administracións competentes a súa acreditación, para o cal deberán cumprir os requisitos establecidos nos certificados. Disposición transitoria terceira. Aplicación. As subvencións para o financiamento dos custos da actividade do titor establecidas no número 3 do artigo 5.bis do Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, así como a excepción do módulo de formación práctica en centros de traballo establecida na disposición transitoria primeira deste real decreto, serán de aplicación ás convocatorias e programacións aprobadas a partir da entrada en vigor deste real decreto. Disposición derradeira primeira. Facultades de desenvolvemento e execución. O ministro de Traballo e Inmigración e os órganos competentes das administracións autonómicas poderán ditar, nos seus respectivos ámbitos competenciais, as disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento e execución deste real decreto. Así mesmo, autorízase o director xeral do Servizo Público de Emprego Estatal para actualizar a contía das subvencións para o financiamento dos custos da actividade do titor establecidas no número 3 do artigo 5 bis do Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro. Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor. Este real decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado». Dado en Madrid o 10 de decembro de JUAN CARLOS R. O ministro de Traballo e Inmigración, VALERIANO GÓMEZ SÁNCHEZ BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO D. L.: M-1/ ISSN: X
Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel
ACCESO Á FORMACIÓN CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE NIVEL 2 E 3 DE CUALIFICACIÓN REQUISITOS FORMATIVOS REGULACIÓN PROBAS COMPETENCIAS CLAVE Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos
PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO
PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO páxina 1 páxina 2 DATOS XERAIS DA ESPECIALIDADE: 1. Familia Profesional: SERVIZOS SOCIAIS
PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS
Docencia da formación profesional para o emprego CARACTERÍSTICAS XERAIS Modalidade presencial Datas 15/09/2014 18/12/2014 Prácticas Xaneiro 2015 Horario 16:00 21:00 Lugar de impartición Duración Inscrición
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45663 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA RESOLUCIÓN conxunta do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral
certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables TEXTO:
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA Organismo: DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL Capítulo: Epígrafe: (Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO: ORDE do...de...de 2018
ORDE do...de...de 2018 pola que se establece o procedemento de expedición de. certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables
ORDE do...de...de 2018 pola que se establece o procedemento de expedición de certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables TEXTO: A Lei orgánica 5/2002, de 19 de xuño, das cualificacións
5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso
5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso 5.4.1 Anulación de matrícula Ao inicio de curso e antes do 31 de outubro pode ocorrer que un alumno ou unha alumna presenten a anulación da súa matrícula.
NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)
NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES) (Aprobada en Consello de Goberno do 14 de marzo de 2008) A Lei Orgánica
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
DOG Núm. 187 Mércores, 1 de outubro de 2014 Páx. 42848 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de
Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela
Orde do 3 de xuño de 2011 pola que se desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación
A Formación Profesional: vías para a cualificación. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
A Formación Profesional: vías para a cualificación Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Formación Profesional FP do sistema educativo FP para o emprego no ámbito laboral
Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte
INSTRUCIÓN 1/2013, DA SECRETARÍA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA SOBRE APLICACIÓN DAS NORMAS DE PERMANENCIA A PARTIR DO CURSO 2013/14 E DO REGULAMENTO DE INTERCAMBIOS A EFECTOS DE MATRÍCULA
Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS
Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Traballo e Benestar para impartir ciclos formativos de formación profesional básica e programas
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24106 I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA ORDE do 14 de xuño de 2013 pola que se desenvolve o Decreto 49/2013,
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Suplemento en lingua galega ao núm. 44 Venres 19 de febreiro de 2010 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE SANIDADE E POLÍTICA SOCIAL 2696 Real decreto 109/2010, do 5 de febreiro, polo que
finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas
PÁXINA 2 normativa reguladora finalidade beneficiarias PÁXINA 3 actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade PÁXINA 4 contías obrigas PÁXINA 5 presentación de solicitudes prazo
ACCESo aos Novos CERTiFiCADoS de PRoFESioNALiDADe. NiVEiS 2 e 3 de CUALiFiCACióN PRoFESioNAL
ACCESo aos Novos CERTiFiCADoS de PRoFESioNALiDADe NiVEiS 2 e 3 de CUALiFiCACióN PRoFESioNAL Versión setembro 2016 INDICE 1. Introdución (páx.3) 2. Requisitos de acceso Nivel 2 (páx. 4) Nivel 3 (páx. 5)
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx. 45091 III. Outras disposicións Escola Galega de Administración Pública RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2018 pola que se convoca un curso de formación de carácter
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
DOG Núm. 189 Venres, 3 de outubro de 2014 Páx. 43190 IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA ANUNCIO do 19 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Centros
REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30
REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES Día: 02.02.2017 Hora: 10:30 RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA
REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO
REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO Os Reais Decretos 55/2005 e 56/2005, de 21 de xaneiro, establecen a estrutura das ensinanzas universitarias e
TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS Requisitos de Titulación (Nivel mínimo de Titulación e Formación esixible): Técnico/a superior
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA
Suplemento en lingua galega ao núm. 56 Martes 6 de marzo de 2012 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DA PRESIDENCIA 3164 Real decreto 451/2012, do 5 de marzo, polo que se regula o réxime retributivo
O CONTRATO DE TRABALLO
O CONTRATO DE TRABALLO Enlace da páxina oficial do Servicio Público de Empleo Estatal (SPEE) con información sobre os contratos de traballo www.redtrabaja.es/es/redtrabaja/static/redirect.do?page=ah0103
Convocatoria ordinaria de 2012
Nota informativa Probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional inicial Convocatoria ordinaria de 2012 Nota informativa Probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional
DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx
DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx. 13329 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2016 pola que se convoca un curso de prevención de riscos
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122 III. OUTRAS DISPOCIÓNS CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA ORDE do 15 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 28 de
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA.
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA. Decreto /, de, polo que se crea e regula o rexistro profesional de socorrismo en instalacións acuáticas e espazos acuáticos naturais de Galicia.
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 10797 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR ORDE do 3 de abril de 2013 pola que se procede á apertura do prazo para a presentación da
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA ORDE do 13 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 29
BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF
ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF Enderezo fiscal (Lugar, núm., parroquia, CP) Teléfono Email Representante legal Cargo da/o
ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.
ORDENANZA FISCAL N.º 14 - REGULADORA DA TAXA POR UTILIZACIÓN PRIVATIVA OU APROVEITAMENTO ESPECIAL DO DOMINIO PÚBLICO LOCAL POR ENTRADAS DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DAS BEIRARRÚAS E RESERVA DAS VÍAS PÚBLICAS
1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:
BENESTAR SOCIAL 2015 BASES REGULADORAS DAS AXUDAS ECONÓMICAS PARA A ATENCIÓN DA PRIMEIRA INFANCIA EN ESCOLAS INFANTÍS 0-3 PERTENCENTES Á REDE AFESIN, Á CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR E Á AXENCIA GALEGA
AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2016 Páx. 2978 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2016 pola que se efectúa unha convocatoria
REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018
REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018 Segundo establécese no RD 1393/2007 de Ordenación dos
Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN
Anteproxecto de Orde do.de 2015 pola que se desenvolve o Decreto 50/2015, do 26 de marzo, polo que se crea un instituto de educación secundaria no concello de Culleredo. Por Decreto 50/2015, do 26 de marzo,
ORDENANZA Nº 40: ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS.
ORDENANZA Nº 40: ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS. 2018 1 ARTIGO 1.- CONCEPTO Consideraranse Servizos abranguidos no ámbito de aplicación desta
NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO
NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias
INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.
INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017. O día 10 de maio de 2017 foi publicada pola CIUG as instruccións e calendario de probas
INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO
INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO 2017-2018 As solicitudes de admisión dirixidas á dirección dos centros públicos e a titularidade dos centros privados presentaranse
I. Disposicións xerais
Suplemento núm. 2 Mércores 10 xaneiro 2007 267 I. Disposicións xerais MINISTERIO DE EDUCACIÓN E CIENCIA 92 REAL DECRETO 1538/2006, do 15 de decembro, polo que se establece a ordenación xeral da formación
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Borrador do Decreto /2014, do de, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación
Formación Profesional Básica Novidades normativas. Xornada para orientadores Servizo de Ordenación e Formación Profesional
Formación Profesional Básica Novidades normativas Xornada para orientadores Servizo de Ordenación e Formación Profesional Lei 8/2013 de Mellora da Calidade Educativa. Modificacións na Formación Profesional
TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.
ORDENANZA FISCAL NÚM. 117 TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS. ARTIGO 1º. CONCEPTO 1. En uso das facultades concedidas nos artigos 133.2 e 142 da
Planificación do curso escolar
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CMUS/CDAN DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA Procedemento PR81PLA Planificación do curso escolar Versión Modificación Data 01 Recodificación
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA
Suplemento en lingua galega ao núm. 137 Venres 8 de xuño de 2012 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DA PRESIDENCIA 7655 Real decreto 836/2012, do 25 de maio, polo que se establecen as características
Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN
Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 Elaborado polo Servizo de Orientación Laboral da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral ÍNDICE: 1 INTRODUCIÓN... 2 2 GASTOS XUSTIFICABLES...3 2.1 Consideracións
Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado
NORMATIVA DE PROGRAMA CONXUNTO DE ESTUDOS OFICIAIS DE GRAO NA UNIVERSIDADE DE VIGO (Aprobada no Consello de Goberno de 23 de xuño de 2015 e modificada no Consello de Goberno do 12/02/2016 e do 22/07/2016)
ALUMNADO QUE PODE PRESENTARSE Á PROBA ESTRUTURA DA PROBA
ALUMNADO QUE PODE PRESENTARSE Á PROBA O alumnado que reúna os requisitos esixidos polo Real Decreto 412/2014, do 6 de xuño (BOE de 7 de xuño) poderá acceder a ensinanzas universitarias oficiais de Grao
Política e Obxectivos de Calidade
Facultade Política e Obxectivos de Calidade Anexo 04 Manual de calidade VALIDACIÓN: Comisión de Calidade - 20 de Xullo de 2017 APROBACIÓN: Xunta de Facultade - 21 de Xullo de 2017 Política e Obxectivos
DOG Núm. 175 Luns, 15 de setembro de 2014 Páx
DOG Núm. 175 Luns, 15 de setembro de 2014 Páx. 38714 I. Disposicións xerais Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DECRETO 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS
NORMATIVA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA HISTORIAL DE CAMBIOS FECHA Órgano Actuación PUBLICACIÓN Boletín Nº Fecha 29/12/2010 Pleno Corporación Aprobación BOP 53 05/03/2011
Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012
Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012 O obxecto desta convocatoria de Valorización de Resultados é a de iniciar o camiño de realización de probas de concepto ou prototipos a partir
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA
Suplemento en lingua galega ao núm. 25 Mércores 29 de xaneiro de 2014 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE DEFENSA 876 Real decreto 33/2014, do 24 de xaneiro, polo que se desenvolve o título
ACORDO: Artigo 1. Obxecto
Anteproxecto de orde do de de 2015 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola
A continuación expóñense de forma resumida as novidades máis significativas:
A incorporación ao noso ordenamento xurídico da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior (Directiva de servizos), supuxo cambios
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA
Suplemento en lingua galega ao núm. 293 Xoves 4 de decembro de 2014 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE DEFENSA 12591 Orde DEF/2265/2014, do 28 de novembro, pola que se establecen as canles
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12230 I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA DECRETO 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima
V I C E P R E S I D E N C I A
V I C E P R E S I D E N C I A PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS: PERMISOS DE INICIO E CESAMENTO DE ACTIVIDADES DE CENTROS E PROGRAMAS DE SERVIZOS SOCIAIS Permiso de inicio de actividades de centros e programas
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx. 2332 III. OUTRAS DISPOCIÓNS CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA ORDE do 13 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 29 de
Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)
NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017) 1. Carga e capacidade docente Para os efectos da elaboración do POD, a carga docente básica dun departamento ou área é o total da docencia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9746
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9746 III. Outras disposicións Escola Galega de Administración Pública RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2018 pola que se convoca un curso de prevención de riscos
CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA A AVALIACIÓN E PARA A HABILITACIÓN OFICIAL COMO CORRECTOR E EXAMINADOR DOS EXAMES DO DELF ESCOLAR.
CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA A AVALIACIÓN E PARA A HABILITACIÓN OFICIAL COMO CORRECTOR E EXAMINADOR DOS EXAMES DO DELF ESCOLAR. Ao abeiro do convenio de colaboración para a obtención do Diploma
Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo
Condicións do Campamento Explora Ourense 2016 subtítulo 1. Introdución O campamento de verán Explora Ourense; un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades
Procedemento de Admisión
Procedemento de Admisión TITULACIÓNS CON LÍMITE DE PRAZAS: 1.-NORMATIVA DE CARÁCTER XERAL: A solicitude de acceso deberá facerse a través da aplicación informática NERTA (https://www.edu.xunta.es/nerta/paxinainicio.do
CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO
CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO 2016-2017 D E C E M B R O 2 0 1 5 9-14 Envío aos centros de Secundaria e ás Universidades das fichas de solicitudes para participar nas Comisións Delegadas e nas
Ordenanzas fiscais Páxina 1
Ordenanzas fiscais Páxina 1 ORDENANZA 1.04 IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIONS, INSTALACIONS E OBRAS Artigo 1º. Fundamento e natureza No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 y 142 da Constitución
REDE EUSUMO. información e comunicación
REDE EUSUMO información e comunicación Índice 1. Presentación do documento 1. Principais responsabilidades dos beneficiarios en materia de información e comunicación. 1. Referencia ao financiamento e disposición
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2017 Páx
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2017 Páx. 11459 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción
DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 153 L Venres, 9 de agosto de 2002 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
12.238 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 153 L Venres, 9 de agosto de 2002 que se atopan en tramitación pendentes de resolver no Igape. Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2002. Margarita Rodríguez Rama
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Regulamento de prácticas académicas externas do alumnado da de Ciencias Empresariais de Ourense (Aprobado en Comisión Permanente celebrada o 15 de decembro de 2014 e en Xunta de do 18 de decembro de 2014)
DOG Núm. 78 Luns, 27 de abril de 2015 Páx
DOG Núm. 78 Luns, 27 de abril de 2015 Páx. 15899 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR ORDE do 20 de abril de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Suplemento en lingua galega ao núm. 155 Sábado 26 de xuño de 2010 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE SANIDADE E POLÍTICA SOCIAL 10154 Real decreto 831/2010, do 25 de xuño, de garantía
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MAR E CAIXA GALICIA SOBRE O FINANCIAMENTO DO PROGRAMA EUROPEO DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA REUNIDOS
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MAR E CAIXA GALICIA SOBRE O FINANCIAMENTO DO PROGRAMA EUROPEO DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA En Santiago de Compostela, a REUNIDOS Dunha parte, a Sra. Dona
I. DISPOSICIÓNS XERAIS
1.564 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 19 Luns, 28 de xaneiro de 2008 I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA Decreto 266/2007, do 28 de decembro, polo que se
MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto
MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto CONSIDERANDO que o Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
DOG Núm. 103 Luns, 30 de maio de 2011 Páx. 12209 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA ORDE do 24 de maio de 2011 pola que se aproba o calendario escolar para o curso
6.110 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 83 L Venres, 30 de abril de 2004 ANEXO XI
6.110 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 83 L Venres, 30 de abril de 2004 ANEXO XI SUBDIRECTORA XERAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL CONSELLERÍA DE SANIDADE Orde do 14 de abril de 2004 de regulación da formación
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1263 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de
DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx
DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx. 22993 III. Outras disposicións Academia Galega de Seguridade Pública RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2018 pola que se convocan probas para a obtención da habilitación
CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13
CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13 Proba de Acceso á Universidade (PAU) Proceso de Preinscrición Matrícula en titulacións do Sistema Universitario Galego (SUG) D E C E M B R O 2 0 1 1 12-16 Envío
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA
Suplemento en lingua galega ao núm. 312 Venres 28 de decembro de 2012 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DA PRESIDENCIA 15656 Real decreto 1676/2012, do 14 de decembro, polo que se aproba
DOG Núm. 193 Venres, 7 de outubro de 2011 Páx DECRETO 189/2011, do 22 de setembro, de homologación sanitaria dos tratamentos
DOG Núm. 193 Venres, 7 de outubro de 2011 Páx. 29637 I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE SANIDADE DECRETO 189/2011, do 22 de setembro, de homologación sanitaria dos tratamentos prescritos. Determinados
Normativa específica para a simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e Grao en Dereito
Facultade de Ciencias Empresariais de Turismo Facultade de Dereito Normativa específica para a simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e Grao en Dereito (Aprobado pola Xunta de
ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade
ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade Política e Obxectivos de Calidade Curso 2014/2015 1 Política de Calidade do Centro A política de calidade do centro deriva da importancia que ten consolidar unha
Ordenanzas fiscais Páxina 1
Ordenanzas fiscais Páxina 1 ORDENANZA 3.10 TAXA POLA APERTURA E VERIFICACIÓN DE ESTABLECEMENTOS Artigo 1º. Fundamento e natureza En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución
(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO: de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1 Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Capítulo: Epígrafe: (Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO: Anuncio
PROGRAMA FORMATIVO MF0973_1 GRAVACIÓN DE DATOS
PROGRAMA FORMATIVO MF0973_1 GRAVACIÓN DE DATOS páxina 1 DATOS XERAIS DA ESPECIALIDADE: 1. Familia Profesional: ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN - XESTIÓN DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN 2. Denominación: MF0973_1
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 23748 III. Outras disposicións Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación,
Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller
Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller Tramitación parlamentaria: Proposición de lei, BOPG núm. 24, do 27.4.1990. Debate e toma en consideración
ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada
ANEXO I PROCEDEMENTO SOLICITUDE DE ACREDITACIÓN DE ACTIVIDADES NO SISTEMA ACREDITADOR DA FORMACIÓN CONTINUA DAS PROFESIÓNS SANITARIAS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA A TRAVÉS DE SAGA CÓDIGO DO PROCEDEMENTO
NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO
NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO 2017-2018 1 Primeiro e segundo curso 1. Cada crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo do alumnado, divididas en 7 horas de docencia
DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2015 pola que se convocan actividades
DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx. 11204 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2015 pola que se convocan actividades de formación continua
Segundo.- Derrogar a Resolución Reitoral da UDC do 8/09/2016. ANEXO I
RESOLUCIÓN REITORAL DO 16/10/2017 DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA POLA QUE SE ESTABLECEN AS ACTIVIDADES POLAS QUE SE RECOÑECEN CRÉDITOS NOS ESTUDOS DE GRAO, POLA PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES UNIVERSITARIAS CULTURAIS,
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Suplemento en lingua galega ao núm. 309 Xoves 21 de decembro de 2017 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE AGRICULTURA E PESCA, ALIMENTACIÓN E MEDIO AMBIENTE 15191 Corrección de erros do
NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO
NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO 2016-2017 1 Primeiro e segundo curso 1. Cada crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo do alumnado, divididas en 7 horas de docencia
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA
Suplemento en lingua galega ao núm. 154 Venres 25 de xuño de 2010 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DA PRESIDENCIA 10103 Real decreto 795/2010, do 16 de xuño, polo que se regula a comercialización