ABERTO POR ALEGRÍA!!! CURSO

Documentos relacionados
Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

Asociación de Nais e Pais A Ferradura do C.E.I.P. Pío XII HORARIOS DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. ANPA A FERRADURA CURSO

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

SR. ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO.

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

PROXECTO IMPLANTACIÓN XORNADA ÚNICA

CONCELLO DE VILAR DE BARRIO (OURENSE) BASES III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONCELLO DE VILAR DE BARRIO 2018.

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS Módulo de gastos e coidado de menores 2012

ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS SETEMBRO 2017

DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

Asociación de Nais e Pais A Ferradura do C.E.I.P. Pío XII HORARIOS DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. ANPA A FERRADURA CURSO

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

Convocatoria ordinaria de 2012

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

ANEXO I SOLICITUDE PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS OURENSÁNS CUALIFICADOS EN MODALIDADES DEPORTIVAS INDIVIDUAIS 2013

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

ANEXO I SOLICITUDE PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS OURENSÁNS CUALIFICADOS EN MODALIDADES DEPORTIVAS INDIVIDUAIS 2016

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

OBRADOIROS RÍA DE MUROS-NOIA

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

REDE EUSUMO. información e comunicación

Política e Obxectivos de Calidade

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

OFICINA DE CURSOS ABRIL 2015

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

ANEXO I SOLICITUDE DATOS DA ENTIDADE/DENOMINACIÓN DO GRUPO INFORMAL: CP Tfno./Tfno. móbil Fax Correo electrónico

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

CAMPA A RESGAL

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MAR E CAIXA GALICIA SOBRE O FINANCIAMENTO DO PROGRAMA EUROPEO DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA REUNIDOS

PIALE Integración en lingua portuguesa

IV RUTA DA MERLUZA DE BURELA (XII RUTA BTT DE BURELA)

V TRAIL DE VILATUXE 2017

CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA A AVALIACIÓN E PARA A HABILITACIÓN OFICIAL COMO CORRECTOR E EXAMINADOR DOS EXAMES DO DELF ESCOLAR.

ESCOLAS DE VERÁN PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN DO DEPARTAMENTO DE EDUCACION E CIDADANÍA. - PRAZOS DE INSCRICIÓN -

1.- Organización da Escola de Primavera:

O CONTRATO DE TRABALLO

O BARCO DE VALDEORRAS

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

Planificación do curso escolar

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

IX CARREIRA POPULAR DE CHANTADA 10 km no corazón REGULAMETO

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

CARREIRA CALVARIO 5+5

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Língua Portuguesa na Galiza

PREZO PUBLICO POLAS ACTIVIDADES SOCIOEDUCATIVAS DO CENTRO OCUPACIONAL

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

CONCURSO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS E CLUBS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS, ANO 2015 EXPEDIENTE DE SOLICITUDE

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Canle. Recomendocheunlibro. Concurso O ollo de vidro

ANEXO I SOLICITUDE PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS OURENSÁNS CUALIFICADOS EN MODALIDADES DEPORTIVAS TEMPORADA 2016/2017

DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

INFORMACIÓN SOBRE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA PODER CELEBRAR FESTAS OU VERBENAS POPULARES

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

ORDENANZA REGULADORA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO XANTAR SOBRE RODAS E ESTABLECEMENTO DO CORRESPONDENTE PREZO PÚBLICO P2

MANUAL DE USUARIO DE etrades

Indice. Obradoiros artísticos...3 Obradoiros de idiomas...4 Obradoiros de informática...5

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

TR341 D-FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

Transcrição:

ABERTO POR ALEGRÍA!!! CURSO 2017-2018 Prezadas familias, ANPA FONTELA dávos a benvida ao CEIP das FONTIÑAS e convídavos a formar parte desta Asociación. Agardamos que entre todas e todos fagamos un novo curso cheo de alegría, actividades e experiencias positivas contando coa colaboración das familias para conseguir os obxectivos da Asociación. Facéndose socias, as familias entran a participar da vida da asociación, co grao de implicación que cada quen guste de ter, desde a presenza nas Asembleas para escoitar e achegar a súa opinión sobre todos os temas que tratemos, ata a dedicación a un tema concreto, a xestión dunha actividade, ou mesmo, se tedes o tempo para facelo, a organización da propia Asociación. As familias temos un gran papel na vida cotiá do colexio e a existencia da ANPA ten como único fin organizar entre todas esa participación, por iso é importante colaborar un tempo como membro da Directiva, un traballo sinxelo e reconfortante. É por iso que sempre solicitamos, e agradecemos enormemente, a vosa participación e voso apoio en todas as iniciativas. Entre as obrigas das socias e socios está a de aceptar os Estatutos e acordos dos órganos da asociación, colaborar no cumprimento dos fins e contribuír economicamente ao sostemento da Asociación co pagamento da cota de asociada/o. Esta cota é anual e única, independentemente do número de fillas/os que estean escolarizadas/os no CEIP. O importe da cota son 20 por familia. Aínda que non sexades persoas usuarias de ningún servizo, podedes asociarvos á ANPA, pagando a cota anual. Para poder atender a calquera consulta ou dúbida podedes marcar un encontro con calquera dos membros da equipa directiva e así poder atendervos no local da ANPA está no edificio de Primaria, xunto ao despacho da Dirección do CEIP. Podedes contactar con nós través do enderezo electrónico:. Así mesmo, podedes seguir novas e actividades no blog: http\\:anpafontela.wordpress.com/ ou a través das RR SS (Facebook). A ANPA ten representación no Consello Escolar e constitúe una plataforma aberta de participación e reivindicación en todo o relativo ao ámbito educativo. ANPA Fontela conta con representantes en distintas comisións de traballo da Federación de ANPAS COMPOSTELA (https://federaciondeanpascompostela.wordpress.com/), en concreto: Comisión de Necesidades Específicas de Apoio Educativo: grupo de traballo formado por pais, nais e profesionais do ensino para a valoración e mellora da integración no eido socioeducativo do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, a través de charlas, mobilizacións e creación de programas específicos. Comisión de Comedores: grupo de traballo que actúa como interlocutor entre o Concello de Santiago, como entidade contratante da empresa que presta o servizo de madrugadores e comedor en certos centros educativos do Concello (entre eles o CEIP das Fontiñas), a empresa adxudicataria e as propias familias usuarias dos servizos. 1

Comisión de Actividades Extraescolares: grupo de traballo que tenta coordinar a información e experiencias das actividades extraescolares entre os diferentes centros que integran a Federación de ANPAS, co obxectivo de mellorar a capacidade de cadansúa ANPA na procura de novas experiencias e diferentes modalidades de actividades, así como participar en proxectos en común que abaraten e faciliten a súa xestión. Comisión de Lingua e Cultura: grupo de traballo creado a mediados de curso co obxectivo de potenciar o uso do galego entre o alumnado do CEIP das Fontiñas. Con ese obxectivo, empezaron a organizarse diversas actividades culturais en colaboración coa equipa de Dinamización Lingüística do propio centro. Comisión de Igualdade: grupo que ten como obxectivo o traballo, dun xeito transversal, a prol da coeducación no Ensino Público, visibilizando situacións nas que se debe traballar e mellorar subliñando propostas específicas para que a temática da igualdade e coeducación sexa un constante debate dentro da comunidade educativa. Comisión de Obras: grupo de traballo que trata de ser outra cara visible nas reivindicacións sobre infraestruturas que os centros realizan perante as administracións públicas, para que as necesidades das que se solicita cobertura teñan diferentes ecos e variada presenza na contorna. Igualmente, comentarvos que o curso pasado desde a Comisión de Lingua e Cultura lanzouse o blog A tropa da Balbina (https://atropadabalbina.wordpress.com), un espazo aberto a toda a comunidade, onde se publican artigos escritos tanto polo alumnado, como por parte do profesorado e das nais e pais. Unha fiestra aberta á vida do colexio e do barrio que terá continuidade nos vindeiros cursos. Así mesmo, comunicarvos que hai dous anos creouse un colectivo denominado Familias en Rede que pretende ser un novo axente dinamizador de propostas creativas e motivadoras, aberto a toda a Comunidade educativa, que se integrou nunha plataforma informática, Edmodo. Para información ou solicitudes de incorporación no colectivo: familiasenrede@gmail.com. Para poder darvos máis información sobre esta Asociación, sobre as contas anuais, pormenores sobre os servizos e actividades extraescolares para este novo curso ou calquera outra cuestión de interese, convocarase proximamente unha Asemblea Ordinario de comezos de curso. SERVIZOS DE LUDOTECA e ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES Os servizos prestados polo ANPA e os seus horarios son: - Ludoteca: Xestionada pola empresa ACTEX, de luns a venres en horario de 16:30h a 18:30h (as crianzas poden ser recollidas en calquera momento). - Actividades extraescolares: Inícianse en outubro de 2017 ata xuño de 2018. O formulario de matrícula aparece adxunto a esta información. As actividades a ofertar neste curso son: Danza Galega, Pandeireta para crianzas e para adultas/os, Judo, Circo, Tenis de mesa en familia, Capoeira para crianzas e familias, Patinaxe artística, Hóckey sobre patíns, Robótica, Tenis, Portugués e Inglés coloquial. SERVIZOS DE MADRUGADORES / XANTAR Estes servizos son prestados polo CONCELLO DE SANTIAGO. Os seus horarios son: - Madrugadores / Almorzo: 7:30h a 9:15h - Xantar: 13.45h a 16:30h (recollida dos nenos de 15:45h a 16:30h) 2

Prezadas familias: Queremos informarvos de que un ano máis poñemos en marcha as Actividades Extraescolares para o curso 2017-2018. Por este motivo, achegámosvos unha FOLLA DE INSCRICIÓN para cumprimentar e entregar na oficina da ANPA ata o día 22 de Setembro (este é o prazo para que poidamos formar os grupos e polo tanto abriranse as actividades que teñan o número suficiente de participantes nesta data. Existe a posibilidade de matricularse nas actividades que estean en funcionamento durante todo o curso escolar). A folla de matrícula tamén a podedes enviar vía e-mail á santiago@actex.es ou. O sistema de facturación das Actividades Extraescolares é a través de domiciliación bancaria na conta que indiquedes. Os cobros realizaranse do 1 ao 5 de cada mes. Se nalgún momento queredes dar de baixa ó voso/a fillo/a nalgunha actividade tedes que facelo antes do día 20 do mes anterior. De non ser así procederase a súa facturación. Todas estas actividades extraescolares comezarán a semana do 2 ao 6 OUTUBRO e rematarán o 21 de XUÑO de 2018 (nese mes o custo será proporcional aos días efectivamente impartidos). Durante o mes de SETEMBRO o Servizo de Ludoteca estará en funcionamento a partir do luns 18 de SETEMBRO tendo o seguinte horario: Luns. 16:30h a 17:30h Martes. 16:30h a 17:30h Mércores. 16:30h a 17:30h Xoves. 16:30h a 17:30h Durante este mes os venres non haberá Servizo de Ludoteca Durante os seguintes meses a posta en marcha das actividades e do servizo de ludoteca dependerá da demanda e de que o número de matrículas sexan suficientes para que o seu desenvolvemento sexa viable. No caso de que non se forme grupo dalgunha actividade por non acadarse os mínimos requiridos poñerémonos en contacto coas familias para informarvos doutras alternativas. Para calquera dúbida sobre este tema podedes poñervos en contacto coa empresa Actividades Lúdicas Galicia (grupo Actex) nos teléfonos 881 94 71 47 ou 691 47 50 60 (Horario: 09:30-14:00 e 16:00-18:00) ou no enderezo electrónico santiago@actex.es; ou coa ANPA no teléfono 660 647 808 ou correo electrónico. As actividades terán un custo de matrícula de 20,00 que se aboará unha única vez no momento no que se solicite a participación nunha actividade e será gratuíto para as actividades seguintes. Aos socios da ANPA descontaráselles esta matrícula do importe da cota anual da asociación (20,00 ). Seguro de accidentes: todos os participantes nas actividades extraescolares terán un seguro de accidentes que vai incluído no prezo da mesma. Actividades extraescolares noutros centros públicos de Santiago: Como membros da federación de ANPAS Compostela, existe a posibilidade de asistir ás actividades doutros centros públicos de Santiago. 3

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN - Actividades extraescolares ANPA FONTELA - CURSO 2017 2018 (outubro-xuño) 4 Actividades contratadas coa empresa ACTIVIDADES LÚDICAS GALICIA (GRUPO ACTEX): PATINAXE ARTÍSTICA (Infantil e Primaria) - xoves de 16:30 a 18:30 - prezo: 17,50 /mes HÓCKEY SOBRE PATÍNS (desde os 5 anos) - martes de 16.30 a 17.30 horas - prezo: 10,00 /mes *Tanto para a actividade de hóckey como en patinaxe artística os patíns que se deben utilizar son de bota con 4 rodas paralelas (non patíns en liña) INGLÉS COLOQUIAL (Infantil e Primaria) - prezo: 17,50 /mes Infantil: martes e xoves de 16:30 a 17:30 Primaria: martes e xoves de 17.30 18.30 JUDO (Infantil e Primaria) - prezo: 17,50 /mes Infantil e ata 2º EP: mércores e venres de 16.00 a 17.00 A partir 3º EP: martes e xoves de 16:00 a 17:00 TENIS (desde os 5 anos) - luns de 16:30 a 17:30 - prezo: 10,00 /mes DANZA GALEGA (Infantil e Primaria) - luns de 16:30 a 17:30 - prezo: 10,00 /mes PANDEIRETA - prezo: 10,00 /mes Infantil e Primaria: luns de 17:30 a 18:30 Adultos: xoves de 17.00 18.00 Actividades contratadas con outras empresas: CAPOEIRA (Infantil, Primaria e adultos) - luns de 17:30 a 18:30 prezo: 1 persoa 15,00 /mes / 2 persoas da mesma familia 25,00 / 3 persoas da mesma familia 30 PORTUGUÉS (desde 2º a 6º de Primaria) - Luns e mércores de 16.30 17.30 - prezo: 17,50 /mes CIRCO (Infantil e Primaria) : mércores de 17.30 18.30 - prezo: 18,00 /mes. TENIS DE MESA (Infantil, Primaria e adultos)- martes de 17.00 a 18.00 - prezo: 15,00 /mes ROBÓTICA - prezo: 18,00 /mes. No caso de formarse un só grupo será en horario das 16.30 a 17.30 Infantil ( a partir de 4 anos): mércores de 16:30 a 17:30 Primaria: mércores de 17:30 a 18:30 DATOS PERSOAIS 1.-NOME E APELIDOS (alumno/a): DNI: 2.-ENDEREZO: 3.-COD. POSTAL: 4.- POBOACIÓN 5.-CURSO: 6.-TELÉFONO 1: 7.-TELÉFONO 2 8.-DATA DE NACEMENTO: / / 9.- E-MAIL 10.-OBSERVACIÓNS: Lembrámosvos que tanto a ANPA como as empresas colaboradoras DIRIXIRANSE A VÓS A TRAVÉS DO E-MAIL polo que este é un dato de especial importancia. Por favor non o esquezades. ESTA SOLICITUDE PODE PRESENTARSE ATA O 22 DE SETEMBRO. (PREGAMOS RAPIDEZ NA PRESENTACIÓN PARA PODER CONFIGURAR CANTO ANTES OS GRUPOS) Por correo electrónico: santiago@actex.es ou Nun sobre a nome da ANPA na conserxería do centro. _X_ Autorizo a posible aparición do meu fillo/a na paxina web da anpa ou na das empresas con quen contrate os servizos, así como en calquera reportaxe de prensa derivado das actividades extraescolares e servizos. De conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1999 (LOPD) informámoslle que os datos facilitados no presente documento forman parte da Base de Datos da ANPA Fontela. con domicilio en rúa Roma nº 21 de Santiago de Compostela, onde se pode dirixir por escrito para exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición. Así mesmo lles informamos que facilitaremos todos os datos á empresa coa que contratamos os servizos.

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN - Servizo de LUDOTECA ANPA Fontela. CURSO 2017 2018 *O funcionamento deste Servizo estará condicionado á demanda e a que a matricula se acade o mínimo de inscritos necesarios para poder realizalo de forma viable. Durante o mes de SETEMBRO haberá Servizo de Ludoteca e comezará o luns 18; de luns-martes-mércores-xoves (os venres NON) de 16.30h a 18.30h Desexo poder inscribir ao meu fillo/a no Servizo de LUDOTECA Ludoteca_10 horas/semana... 50,00 /mes Ludoteca 4 horas/semana... 23,00 /mes Ludoteca_9 horas/semana... 46,00 /mes Ludoteca 3horas/semana... 20,00 /mes Ludoteca 8 horas/semana... 42,00 /mes Ludoteca 2 horas/semana... 14,00 /mes Ludoteca 7 horas/semana... 40,00 /mes Ludoteca - 1 hora/semana... 10,00 /mes Ludoteca 6 horas/semana... 35,00 /mes Ludoteca días soltos/2h... 5,00 /día Ludoteca 5 horas/semana... 25,00 /mes Ludoteca días soltos/1h... 3,00 /día Indicar a continuación os DÍAS de utilización do servizo se non escolle a modalidade de semana completa (10 HORAS) e se eses días van a ser fixos (por exemplo: todos xoves):... * O alumnado que utilice a LUDOTECA DÍAS SOLTOS debe avisar antes das 14:00 horas do mesmo día. Observacións de especial interese (alerxias, minusvalías ou adaptacións necesarias):...... PROGRAMACIÓN DA LUDOTECA LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES OBRADOIROS DE COCIÑA OBRADOIROS MEDIOAMBIENTAIS E CIENCIA DIVERTIDA MULTIDEPORTE ARTES PLÁSTICAS, PINTURA E MANUALIDADES CINE / XOGAMOS COA INFORMÁTICA (semanas alternas) *Por motivos de organización do espazo o obradoiro de cociña realizarase os luns de 17.30h a 18.30h. Na hora anterior traballaranse dinámicas e actividades relacionadas co obradoiro, hábitos de alimentación saudable, etc. DATOS PERSOAIS DO ALUMNADO: ALUMNA/O: DNI: TELÉFONOS: Persoas autorizadas para recoller á/ó alumna/o (deben traer o DNI): O pagamento destes servizos realizarase por adiantado, do 1 ao 5 de cada mes, no caso dos inscritos fixos. No caso do uso ocasional dos servizos, facturarase ao final de mes o total dos días utilizados. Os datos que se utilizarán para o cobro serán os indicados no impreso de alta da asociación. 5

DATOS PERSOAIS E BANCARIOS DESEXA VOSTEDE ASOCIARSE Á ANPA : S I NON Xa son asociado/a. Desexo continuar A cota de socio ten un importe de 20 /ano/familia. No caso de non desexar ser socio cobrarase na súa conta o importe de 20 en concepto de matrícula. Lembrámoslle que a familia manterá a condición de socia en tanto teña nenas/os matriculadas no colexio ou en tanto non se exprese o desexo de se dar de baixa mediante comunicación expresa. NAI/TITORA PAI/TITOR NOME E APELIDOS DNI TELÉFONO Apelidos, nome e data de nacemento e curso das nenas e nenos: 1.- Data de nacemento: Curso: 2.- Data de nacemento: Curso: 3.- Data de nacemento: Curso: Enderezo familiar Poboación C.Postal Teléfonos de contacto ( A ANPA utilizaraos pola orde que os poñades) 1º 2º 3º CORREOS ELECTRÓNICOS: Este é o método habitual de contacto da ANPA persoas asociadas, por favor non esquezades facilitárnolo. Tódalas comunicacións que fagan referencia ós servizos e Actividades xestionados por ACTIVIDADES LÚDICAS GALICIA, SL serán enviadas por correo electrónico polo que necesitariamos que cubrisen este dato obrigatoriamente, no caso de non ser posible, pregamos nos solicite que lle enviemos a información por escrito no apartado de observacións. OBSERVACIÓNS: As familias aceptan doar á Federación de ANPAS Compostela o 25% do importe que lles puidera corresponder como reparto das subvencións solicitadas por esta entidade para o desenvolvemento do Servizo de Ludoteca. _X_Autorizo a posible aparición do meu fillo/a na paxina web da ANPA ou na da empresa con quen contrate os servizos, así como en calquera reportaxe de prensa derivado das actividades extraescolares e servizos. De conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1999 (LOPD) informámoslle que os datos facilitados no presente documento forman parte da Base de Datos da ANPA Fontela. con domicilio en rúa Roma nº 21 de Santiago de Compostela, onde se pode dirixir por escrito para exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición. Así mesmo lles informamos que facilitaremos todos os datos á empresa coa que contratamos os servizos. Autorizo á ANPA FONTELA ou á empresa con quen contrate os servizos para que cobre os recibos anuais da cota de asociación a partir do curso 2017-2018; así como para que cobre os recibos correspondentes ó servizo de ludoteca ou actividades extraescolares nas que estean matriculados as miñas fillas/fillos e/ou tuteladas/os e acepto as condicións de participación establecidas na folla de matrícula. TITULAR DA CONTA IBAN ENTIDADE OFICINA DC Nº CONTA 6 Sinatura