ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Documentos relacionados
ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Anexo III. Modelo de programación de proba libre de módulos profesionais

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

1.- Organización da Escola de Primavera:

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

Política e Obxectivos de Calidade

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Código Centro Concello Ano académico IES Ricardo Mella Vigo SAN Sanidade EMSANO1 Técnico en emerxencias sanitarias Medio Libre

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS. MP0366 Formación e orientación laboral 2014/2015 4

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

V I C E P R E S I D E N C I A

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

REDE EUSUMO. información e comunicación

Escala técnica superior

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

Planificación do curso escolar

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Código Centro Concello Ano académico IES Concepción Arenal Ferrol Código do ciclo formativo

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Os artistas de primeiro. CEIP Pedro Antonio Cerviño - Unidade didáctica integrada - Educación primaria 1. CONTEXTUALIACIÓN/XUSTIFICACIÓN

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

MEMORIA ANO 2013 SERVICIO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DA MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE ORDES

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

INTRODUCIÓN Á LITERATURA GALEGA 2

PROGRAMA FORMATIVO MF0973_1 GRAVACIÓN DE DATOS

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

Nº DE POSTO DE TRABAJO POSTOS CUALIFICACIÓN PROFESIONAL

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA Investigación e Tratamento da Información CURSO 1º / 2º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESORA María Loreto Albo García

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria

IES CANIDO INFORMACIÓN BÁSICA DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO

EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

En consecuencia, esta Dirección Xeral dita as seguintes instrucións:

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

Transcrição:

1. Identificación da programación Centro educativo Código Centro Concello Ano académico 27020793 Porta da Auga Ribadeo 2017/2018 Ciclo formativo Código da familia profesional Familia profesional Código do ciclo formativo Ciclo formativo Grao Réxime SSC Servizos socioculturais e á CSSSC01 Educación infantil Ciclos comunidade formativos de grao superior Réxime xeralordinario Módulo profesional e unidades formativas de menor duración (*) Código MP/UF Nome Curso Sesións semanais Horas anuais MP0012 Autonomía persoal e saúde infantil 2017/2018 7 155 155 (*) No caso de que o módulo profesional estea organizado en unidades formativas de menor duración Sesións anuais Profesorado responsable Profesorado asignado ao módulo BEGOÑA MARÍA VÁZQUEZ VEIGA Outro profesorado Estado: Pendente de supervisión equipo directivo - 1 -

2. Concreción do currículo en relación coa súa adecuación ás características do ámbito produtivo A competencia xeral do título de TSEI fai referencia a pór en práctica e avaliar proxectos e programas educativos de atención á infancia no primeiro ciclo de educación infantil no ámbito formal, e en toda a etapa no ámbito non formal, xerando contornos seguros e en colaboración con profesionais e coas familias. O módulo de autonomía persoal e saúde infantil contribúe a acadar competencias profesionais, persoais e sociais en relación a: programar, organizar e avaliar intervencións educativas e de atención á infancia tendo en conta as características específicas dos grupos, as necesidades de cada neno/a e o funcionamento da institución onde se enmarca dita intervención. Así mesmo, o módulo está vinculado a capacidades relacionadas coa xeración de contornos e ambientes seguros e a actuación en caso de continxencias con efectividade e trasmitindo confianza. Este último aspecto no actual curriculo abórdase con maior profundidade no módulo do primeiros auxilios. No ámbito productivo real capacita para a atención das necesidades básicas (hixiene, alimentación e descanso) de nenos e nenas, a intervención na adquisición e consolidación de hábitos de autonomía persoal e a promoción da saúde infantil. Todas estas funcións desenvólvense en primeira instancia dende as Escolas Infantís (0 a 3 anos), pero tamén a través doutro tipo de centros de atención á infancia coma os PAI (Puntos de Atención á Infancia), os centros de protección de menores ou incluso a través de programas dirixidos a atención a familias e menores en risco social; dependentes de distintas entidadess. No ámbito xeográfico do CIFP Porta da Auga, a principal vía de inserción laboral para o alumnado atópase na rede de Escolas Infantís públicas "Galiña Azul". Estas escolas teñen unha importante presenza na zona da Mariña Lucense e veñen colaborando activamente co centro a través do módulo de Formación en Centros de Traballo. Por estos motivos tomarase como punto de partida e referencia a súa metodoloxía de traballo para a abordaxe de moitos dos contidos do módulo, analizándose experiencias concretas, así coma os protocolos de actuación empregados nas mesmas. - 2 -

3. Relación de unidades didácticas que a integran, que contribuirán ao desenvolvemento do módulo profesional, xunto coa secuencia e o tempo asignado para o desenvolvemento de cada unha U.D. Título Descrición Duración (sesións) Peso (%) 1 Crecemento e desenvolvemento físico na infancia Presentación e introdución aos contidos do módulo. Descrición das distintas etapas do crecemento físico infantil dende o nacemento ata os 6 anos e os instrumentos e parámetros empregados para a súa medición. 2 Promoción da saúde identificación e análise das enfermidades máis frecuentes na infancia, da súa prevención e tratamento. infantil Valoración do papel da escola como axente promotor da saúde. 3 Necesidades básicas Identificación das necesidades básicas da infancia e análise dos principais aspectos conceptuais sobre a na infancia hixiene, alimentación e descanso dos nenos/as e dos trastornos máis frecuentes relacionados coas mesmas. 4 Desenvolvemento de Coñecemento e análise das pautas de actuación e estratexias para contribuir a adquisición dos hábitos de hábitos de autonomía autonomía persoal na infancia e identificación dos conflictos e trastornos máis frecuentes nestes procesos. persoal na infancia 5 Espazos e tempos Creación de ambientes seguros e adaptados as necesidades dos cativos/as tendo en conta a normativa para as rutinas na vixente. escola infantil 6 Intervención na Posta en práctica das distintas técnicas en relación a alimentación, hixiene e descanso do neno/a; atención ás considerando as medidas de seguridade e hixiene precisas en cada caso. necesidades básicas e na promoción da autonomía persoal 7 Avaliación de Deseño, construción i emprego de instrumentos de avaliación en relación as necesidades básicas e hábitos de programas de autonomía infantís. adquisición de hábitos e da atención as nescesidades infantís 30 18 20 13 30 18 25 17 15 10 25 17 10 7-3 -

4. Por cada unidade didáctica 4.1.a) Identificación da unidade didáctica N.º Título da UD Duración 1 Crecemento e desenvolvemento físico na infancia 30 4.1.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan Resultado de aprendizaxe do currículo RA1 - Planifica actividades educativas de atención ás necesidades básicas dos pequenos e das pequenas analizando as pautas de alimentación, hixiene e descanso, e os patróns de crecemento e desenvolvemento físico. Completo NO 4.1.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado CA1.1 Identificáronse as etapas do desenvolvemento físico e os factores que inflúen nel. Criterios de avaliación CA1.2 Describíronse os parámetros básicos para o seguimento no desenvolvemento físico dos nenos e das nenas. CA1.2.1 Deseñáronse instrumentos para a medición e seguimento do crecemento infantil CA1.2.2 Identificáronse, seleccionáronse e interpretáronse os parámetros básicos no desenvolvemento infantil 4.1.e) Crecemento e desenvolvemento físico de cero a seis anos: etapas, características e trastornos máis frecuentes. Factores que inflúen no crecemento e no desenvolvemento infantil. Parámetros básicos para o seguimento no desenvolvemento físico dos nenos e das nenas. - 4 -

4.2.a) Identificación da unidade didáctica N.º Título da UD Duración 2 Promoción da saúde infantil 20 4.2.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan Resultado de aprendizaxe do currículo RA3 - Organiza os espazos, os tempos e os recursos da intervención en relación cos ritmos infantís e a necesidade das rutinas dos nenos e das nenas de cero a seis anos e, de ser o caso, coas axudas técnicas que cumpran. RA5 - Intervén en situacións de especial dificultade ou risco para a saúde e para a seguridade dos cativos e das cativas, e relaciona a súa actuación cos protocolos establecidos para a prevención e a intervención en casos de doenza ou accidente. Completo NO SI 4.2.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado Criterios de avaliación CA3.10 Organizáronse actividades e campañas de promoción da saúde. CA5.1 Identificáronse as características e as necesidades básicas dos nenos e das nenas de cero a seis anos en materia de saúde e seguridade, en relación coa etapa evolutiva en que se achen e cos instrumentos axeitados. CA5.2 Identificáronse os principais factores implicados no proceso de doenza-saúde. CA5.3 Describíronse as condicións e as medidas sanitarias e preventivas que cumpra adoptar para a promoción da saúde e o benestar nos centros de atención á infancia. CA5.3.1 Describíronse as condicións medidas preventivas para a promoción da sáude dos pequenos e pequenas. CA5.3.2 Analizóuse o calendario de bacinas da Comunidade Autónoma de Galicia. CA5.4 Valorouse a importancia do estado de saúde e da hixiene persoal ddo persoal educador na prevención de riscos para a saúde. CA5.5 Indicáronse os criterios e os síntomas máis salientables para a identificación das principais doenzas infantís, e describíronse os protocolos de actuación. CA5.5.1 Recompiláronse, clasificáronse e definíronse as pirncipais doenzas infantís. CA5.5.2 Indicáronse os síntomas e describíronse os protocolos de actuación nas principais doenzas infantís. CA5.6 Identificáronse os accidentes infantís máis frecuentes. CA5.7 Describíronse as estratexias de prevención dos accidentes infantís. CA5.8 Valorouse o papel das actitudes do educador ou da educadora infantil ante as situacións de doenza e accidente. CA5.9 Comprobouse que o ambiente, os materiais e os equipamentos específicos cumpran as normas de calidade e seguridade. CA5.10 Establecéronse e mantivéronse relacións de comunicación efectivas coas familias e, de ser o caso, con profesionais, seguindo os procedementos previstos. CA5.11 Valorouse a importancia da educación para a saúde na escola infantil. CA5.12 Valorouse o papel do persoal con titulación de técnico en educación infantil como axente de saúde e seguridade. 4.2.e) - 5 -

0Organización de actividades e campañas de promoción da saúde. Saúde e doenza. Promoción da saúde. 0Valoración do papel do persoal profesional da educación infantil na prevención de riscos relacionados coa saúde e a seguridade infantís. Factores implicados no proceso de doenza-saúde Educación para a saúde na escola infantil. Identificación das doenzas infantís máis frecuentes. Pautas de intervención. Vacinas Trastornos derivados da discapacidade e de situacións de inadaptación social. Pautas de intervención. Perigos e puntos de control críticos. Análise dos riscos e dos factores que predispoñen para os accidentes na infancia. Epidemioloxía. Prevención de riscos relacionados coa saúde e a seguridade infantís. - 6 -

4.3.a) Identificación da unidade didáctica N.º Título da UD Duración 3 Necesidades básicas na infancia 30 4.3.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan Resultado de aprendizaxe do currículo RA1 - Planifica actividades educativas de atención ás necesidades básicas dos pequenos e das pequenas analizando as pautas de alimentación, hixiene e descanso, e os patróns de crecemento e desenvolvemento físico. Completo NO 4.3.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado CA1.3 Identifícanse os tipos de alimentación da infancia. Criterios de avaliación CA1.3.1 Identificáronse os distintos nutrientes e grupos de alimentos CA1.3.2 Recoñeceuse e analizouse a información de interese no etiquetado dos alimentos. CA1.4 Describíronse as características e as necesidades dos pequenos e das pequenas en relación coa alimentación, a hixiene e o descanso. CA1.5 Identificáronse os criterios axeitados na elaboración de menús. CA1.6 Elaboráronse tipos de dietas e menús adaptados ás características persoais: idade, alerxias, intolerancias alimentarias, etc. CA1.9 Identificáronse os principais trastornos e conflitos relacionados coa alimentación, a hixiene e o descanso. CA1.13 Relacionouse o xeito de atención de cada necesidade básica coas características dos cativos e das cativas. CA1.14 Valorouse a importancia educativa das actividades relacionadas coa satisfacción das necesidades básicas. 4.3.e) 0Identificación das necesidades e dos ritmos de descanso e de sono infantís. Aseo e hixiene persoal. Vestido, calzado e outros obxectos de uso persoal. Identificación de trastornos relacionados coa alimentación, co descanso e coa hixiene. Principais afeccións alimentarias: alerxias e intolerancias. Dietas tipo. Alimentación: tipos. Análise das características e das pautas da alimentación infantil. Análise da información dos produtos alimentarios. Calidade alimentaria. Criterios para a elaboración de menús infantís. Elaboración de menús adecuados ás necesidades derivadas dos trastornos alimentarios, tendo en conta as alerxias e as intolerancias. - 7 -

4.4.a) Identificación da unidade didáctica N.º Título da UD Duración 4 Desenvolvemento de hábitos de autonomía persoal na infancia 25 4.4.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan Resultado de aprendizaxe do currículo RA2 - Programa intervencións educativas para favorecer o desenvolvemento de hábitos de autonomía persoal nos cativos e nas cativas en relación coas estratexias de planificación educativa e os ritmos de desenvolvemento infantil. Completo SI 4.4.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado CA2.1 Describíronse as fases do proceso de adquisición de hábitos. Criterios de avaliación CA2.2 Formuláronse obxectivos acordes ás posibilidades de autonomía pequenos e das pequenas. CA2.3 Estableceuse a secuencia das aprendizaxes de autonomía persoal a partir das características evolutivas dos pequenos e das pequenas. CA2.4 Deseñáronse ambientes favorecedores da autonomía persoal na infancia. CA2.5 Establecéronse estratexias e instrumentos para a detección de elementos que dificulten a adquisición da autonomía persoal dos cativos e das cativas. CA2.6 Propuxéronse actividades axeitadas para a adquisición de hábitos de autonomía persoal das nenas e dos nenos. CA2.7 Identificáronse os conflitos e os trastornos relacionados coa adquisición de hábitos de autonomía na infancia. CA2.8 Valorouse a importancia da adquisición da autonomía persoal para a construción dunha autoimaxe positiva e do seu desenvolvemento integral, por parte do cativo e da cativa. CA2.9 Valorouse a importancia da colaboración da familia na adquisición e na consolidación de hábitos de autonomía persoal. CA2.10 Explicouse o papel das persoas adultas na adquisición da autonomía infantil. 4.4.e) Autonomía persoal na infancia: pautas de desenvolvemento. Análise de estratexias educativas de creación e mantemento de hábitos relacionados coa alimentación, co descanso, co control de esfínteres e coa autonomía persoal nas actividades da vida cotiá infantil. Identificación de conflitos e trastornos relacionados coa adquisición de hábitos de autonomía persoal. Valoración da autonomía persoal no desenvolvemento integral dos cativos e das cativas. Valoración do papel das persoas adultas na adquisición da autonomía persoal dos cativos e das cativas. - 8 -

4.5.a) Identificación da unidade didáctica N.º Título da UD Duración 5 Espazos e tempos para as rutinas na escola infantil 15 4.5.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan Resultado de aprendizaxe do currículo RA1 - Planifica actividades educativas de atención ás necesidades básicas dos pequenos e das pequenas analizando as pautas de alimentación, hixiene e descanso, e os patróns de crecemento e desenvolvemento físico. RA3 - Organiza os espazos, os tempos e os recursos da intervención en relación cos ritmos infantís e a necesidade das rutinas dos nenos e das nenas de cero a seis anos e, de ser o caso, coas axudas técnicas que cumpran. Completo NO NO 4.5.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado Criterios de avaliación CA1.10 Propuxéronse actividades, recursos e estratexias acaídas para a satisfacción das necesidades básicas dos pequenos e das pequenas. CA1.11 Deseñáronse ambientes aptos e seguros para a satisfacción das necesidades de alimentación, hixiene e descanso. CA3.1 Explicouse o papel das rutinas no desenvolvemento infantil e a súa influencia na organización temporal da actividade do centro. CA3.2 Establecéronse as rutinas diarias para a alimentación, a hixiene e os descanso. CA3.3 Preparouse o espazo e as condicións máis acaídas para o descanso, a hixiene e a alimentación. CA3.4 Organizáronse os tempos respectando os ritmos infantís e o equilibro entre os períodos de actividade e de descanso. CA3.5 Achegáronse solucións ante as dificultades detectadas. CA3.6 Seleccionáronse os obxectos e os recursos materiais necesarios para traballar cos hábitos de alimentación, hixiene, descanso, etc. CA3.7 Seleccionáronse as axudas técnicas necesarias. CA3.8 Comprobouse que o ambiente, os materiais e equipamentos específicos cumpran as normas de hixiene e seguridade establecidas na normativa. CA3.9 Valorouse a importancia de respectar os ritmos individuais dos cativos e das cativas. 4.5.e) Valoración da atención ás necesidades básicas como momento educativo. Prevención e seguridade na atención ás necesidades básicas: análise de perigos e puntos de control críticos. Determinación de instalacións e dos materiais para a alimentación, a hixiene e o descanso dos pequenos e das pequenas. Alteracións e conservación dos alimentos. Hixiene das instalacións e dos utensilios. Adecuación de espazos e recursos para favorecer a autonomía dos pequenos e das pequenas. Análise das rutinas na organización do tempo. Organización da actividade: importancia dos ritmos individuais e do equilibro entre a actividade e o descanso. - 9 -

Normativa en materia de seguridade e hixiene. Identificación de axudas técnicas para a mobilidade e a comunicación na infancia. Valoración das necesidades infantís como eixe da actividade educativa. - 10 -

4.6.a) Identificación da unidade didáctica N.º Título da UD Duración 6 Intervención na atención ás necesidades básicas e na promoción da autonomía persoal 25 4.6.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan Resultado de aprendizaxe do currículo RA1 - Planifica actividades educativas de atención ás necesidades básicas dos pequenos e das pequenas analizando as pautas de alimentación, hixiene e descanso, e os patróns de crecemento e desenvolvemento físico. RA4 - Realiza actividades de atención ás necesidades básicas e de adquisición de hábitos de autonomía dos cativos e das cativas, e xustifica as pautas de actuación. Completo NO SI 4.6.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado Criterios de avaliación CA1.7 Analizáronse as pautas de actuación na manipulación dos alimentos. CA1.8 Describíronse as pautas de actuación en relación ao aseo, a hixiene, o vestido, o descanso e o sono infantil. CA1.12 Establecéronse os elementos materiais, espaciais e temporais que interveñen na planificación e no desenvolvemento das rutinas diarias. CA4.1 Levouse a cabo a intervención con adecuación ás características individuais dos pequenos e das pequenas, aos criterios metodolóxicos previstos e aos recursos dispoñibles. CA4.2 Describíronse as estratexias para satisfacer as necesidades de relación nas rutinas diarias. CA4.3 Aplicáronse as técnicas de alimentación, aseo e hixiene infantil de bebés. CA4.4 Estableceuse unha relación educativa cos nenos e coas nenas. CA4.5 Aplicáronse estratexias metodolóxicas para favorecer o desenvolvemento da autonomía persoal nos cativos e nas cativas. CA4.6 Respectáronse os ritmos individuais. CA4.7 Utilizáronse as axudas técnicas seguindo os protocolos establecidos. CA4.8 Respectáronse as normas de hixiene, prevención e seguridade. CA4.9 Respondeuse adecuadamente ante as continxencias. CA4.10 Valorouse o papel do persoal educador na satisfacción das necesidades básicas e no desenvolvemento da autonomía dos cativos e das cativas. 4.6.e) Valoración da atención ás necesidades básicas como momento educativo. Prevención e seguridade na atención ás necesidades básicas: análise de perigos e puntos de control críticos. Manipulación dos alimentos. Aplicación de técnicas para a alimentación de bebés. Manipulación hixiénica dos alimentos. - 11 -

Análise de prácticas concretas de hixiene no ámbito da educación infantil. Análise do proceso que as nenas e os nenos seguen no control de esfínteres. Aplicación de técnicas para o aseo e a hixiene infantís. Análise do papel do persoal profesional da educación infantil na atención ás necesidades básicas e na promoción da autonomía persoal dos cativos e das cativas. Normas de seguridade e hixiene aplicables ao persoal profesional da educación infantil. Valoración da coordinación coas familias e con outras persoas profesionais para a atención dos cativos e das cativas. - 12 -

4.7.a) Identificación da unidade didáctica N.º Título da UD Duración 7 Avaliación de programas de adquisición de hábitos e da atención as nescesidades infantís 10 4.7.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan Resultado de aprendizaxe do currículo RA6 - Avalía o proceso e o resultado da intervención en relación coa satisfacción das necesidades básicas e a adquisición de hábitos de autonomía persoal, e xustifica a selección das estratexias e dos instrumentos empregados. Completo SI 4.7.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado Criterios de avaliación CA6.1 Identificáronse as fontes de información e as técnicas de seguimento do desenvolvemento físico e da adquisición de hábitos, e a detección de situacións de risco. CA6.2 Seleccionáronse os indicadores e os instrumentos axeitados para o control e o seguimento da evolución dos cativos e das cativas, e do proceso de intervención. CA6.3 Aplicouse o instrumento de avaliación seguindo o procedemento correcto. CA6.4 Rexistráronse os datos no soporte establecido. CA6.5 Interpretouse correctamente a información recollida. CA6.6 Identificáronse as causas dunha intervención non adecuada. CA6.7 Identificáronse as situacións en que cumpra a colaboración das familias e doutro persoal profesional. CA6.8 Elaboráronse informes sobre a evolución na adquisición de hábitos, a satisfacción das necesidades básicas e os trastornos nestes ámbitos dirixidos ás familias e a outro persoal profesional. CA6.9 Valorouse a importancia da avaliación para dar unha resposta acaída ás necesidades básicas dos cativos e das cativas. 4.7.e) Instrumentos para o control e o seguimento do desenvolvemento físico e a adquisición de hábitos de autonomía persoal. Interpretación de instrumentos e datos sobre a evolución dos parámetros físicos. Análise de estratexias e instrumentos para valorar as condicións de seguridade e hixiene dos centros educativos e de atención á infancia. Detección de indicadores de risco para a saúde o a seguridade infantil. Información ás familias e a outras persoas profesionais: instrumentos. - 13 -

5. Mínimos exixibles para alcanzar a avaliación positiva e os criterios de cualificación Consideraranse mínimos esixibles a adquisición das capacidades especificadas en todos os criterios de avaliación que marca o currículo para o módulo, agás o CA3.10. A comprobación da adquisición das mesmas realizarase a través dos instrumentos de avaliación marcados: Probas escritas (50%): Estas probas avaliarán os contidos máis teóricos. Realizarase polo menos unha proba de carácter obrigatorio ao final de cada avaliación, o nomal é que sexan dúas en cada avaliación. Estas probas estarán compostas por preguntas curtas (test, V ou F, Unir, completar táboas...) e un suposto práctico sobre os contidos vistos nas unidades. Haberá unha proba escrita cada dúas unidades salvo que a cantidade de materia recomende outra cousa. O valor das probas escritas será dun 50% da nota da avaliación. Listas cotexo e escalas de observación (50%): Traballo individual: Cada avaliación revisarase o traballo desenvolto polo alumno na clase. A libreta de aula será o documento que avaliaremos. Deberá recoller todos os traballos realizados na aula e as correccións necesarias dos mesmos. Por outra banda cada avaliación leva como lectura obrigatoria dous libros. Unha vez realizada a lectura polo alumnado a profesora pedirá unha reflexión sobre distintos contidos do libro. Pode ser un traballo feito na casa con un guión entregado previamente ou unhas preguntas tipo proba escrita na aula na data fixada para tal fin. O peso na cualificación do traballo individual será de un 20% da nota. Repartirase un 10 % para cada unha das partes. Sendo necesario ter aprobadas as dúas para sumar esta puntuación. De non cumplir os requisitos mínimos o alumno deberá de repetir as tarefas sinaladas ou completar o cuaderno no caso da primeira parte e proceder á lectura de novo para a segunda. Traballo grupal: Cada avaliación contará con al menos un traballo grupal para avaliar os contidos máis prácticos que poderá ser de parellas ou agrupamentos de varios alumnos. O peso desta parte será dun 20%. A cualificación será grupal. No caso de apreciarse durante o desenvolvemento do mesmo unha falta de compromiso, responsabilidade, falta de puntualidade,falta de asistencia ás sesións... por parte dalgún compoñente a profesora poderá proceder a facer unha valoración individual do traballo para non perxudicar ao resto do grupo. As actitudes serán valorados neste tipo de traballos(tanto individuais como grupais) cun 10%. Para superar a avaliación é necesario ter aprobadas as probas escritas e os traballo individuais e grupais. A nota será o 50% de cada unha das partes, probas escritas e traballos individuais e grupais. Terán que estar superadas as tres partes para facer a media. No caso de dar un decimal superior ou igual a 5 o redondeo será á unidade seguinte. No caso de que algún alumno u alumna non poida acudir na data fixada( por causa debidamente xustificada) para as probas escritas poderá facelo na data sinalada para a recuperación. Contará, no caso de suspender, coa correspondente recuperación. Non caso de non acudir para a exposición dun traballo (por causa debidamente xustificada) buscarase si é posible un cambio de data para todo o grupo ou valorarase o traballo desenvolto no resto de sesión sen ter en conta a exposición. - 14 -

6. Procedemento para a recuperación das partes non superadas 6.a) Procedemento para definir as actividades de recuperación A alumna ou alumno que non supere o módulo na avaliación previa á FCT de marzo, deberá realizar actividades de recuperación que lle permitan adquirir esas aprendizaxes de cara a a avaliación final de xuño. Revísaránse todos os contidos abordados, así coma a totalidade das tarefas e actividades entregadas pola alumna/o, coa fin de determinar as necesidades formativas, os contidos non adquiridos e aqueles que precisan unha especial revisión. Logo desta análise estableceranse as actividades a realizar nas sesións de titoría semanal. Entre outras: - Revisión do material do estudo: aclaración de dúbidas e repetición das explicacións. - Lectura e análise de material complementario. - Visionado de materiais audiovisuais sobre os contidos abordados. - Realización de traballos ou proxectos de investigación en torno aos contidos. - Repetición das tarefas que non cumpriran cos mínimos esixidos estipulados no seu correspondente instrumento de avaliación. Con carácter xeral realizarase unha proba escrita na avaliación xeral de xuño, cuxos contidos basearanse nas necesidades detectadas e nos informes individualizados. Se os aspectos non adquiridos son eminentemente procedemetais ou actitudinais, a recuperación do módulo poderá basearse na realización de actividades e tarefas acordadas entre profesora e alumna/o, e/ou na realización dunha proba de carácter práctico. 6.b) Procedemento para definir a proba de avaliación extraordinaria para o alumnado con perda de dereito a avaliación continua A alumna ou alumno que perda o dereito á avaliación continua poderá seguir asistindo ás clases como ointe, pero as tarefas realizadas non serán avaliadas, nin praticipará nos grupos de traballo. Nestes casos realizarase unha proba de carácter extraordinario no mes de xuño que constará de dúas partes diferenciadas: Parte teórica: Cuestionario cun máximo de 50 preguntas tipo test (ata 2 puntos) e de 10 preguntas curtas (do tipo define, explica, clasifica, por un exemplo, etc. Ata 2 puntos). Esta primeira parte terá unha duración máxima de 3 horas e valorarase con máximo de 4 puntos. - 15 -

Parte práctica: A alumna ou alumno deberá resolver por escrito ata un máximo de 5 supostos prácticos en relación aos diferentes contidos do módulo (3 puntos). Así mesmo, incluirá a realización dunha proba práctica encamiñada a comprobación do coñecemento e manexo das técnicas relacionadas coa satisfacción das necesidades básicas dos nenos e nenas (3 puntos). A parte práctica terá un valor total de 6 puntos. Para superar dita proba a alumna ou alumno deberá obter o 50% da puntuación estipulada para cada un dos apartados de ambas as dúas probas. 7. Procedemento sobre o seguimento da programación e a avaliación da propia práctica docente O seguimento da programación faráse a través da aplicación. Tamén se levará un diario de sesións onde se recollerán tarefas desenvolvidas, anecdotas e informacións de interese de cara a avaliación do alumnado, alternativas as actividades e tarefas propostas, suxerencias do alumnado e calquera incidencia que poida influir no desenvolvemento da programación ou sexa de utilidade para a mellora da práctica docente. En canto a avaliación preguntarase de forma oral unha vez rematada una unidade sobre os aspectos máis salientables da práctica docente: metodoloxía, ritmo de traballo, dificultades na adquisición dos contidos. Tamén se terán en conta os resultados da enquisa de satisfacción coa labor docente que se pasa aos alumnos de forma trimestral. 8. Medidas de atención á diversidade 8.a) Procedemento para a realización da avaliación inicial A avaliación inicial do alumnado con respecto ao módulo realizarase antes de comezar a abordaxe da primeira unidade didáctica. Para elo invitarase ao alumnado a contestar unha serie de preguntas sobre as expectativas do módulo e o seus contidos. A profesora recollerá no caderno de aula as súas impresións en torno as ideas erradas e coñecementos previos do alumnado, coa fin de orientar os procesos de ensinanzaaprendizaxe. No primeiro mes do curso prestarase unha atención especial aos aspectos actitudinais e as características individuais de cada alumna ou alumno. As observacións recolleranse no caderno de aula, coa intención de compartir e contrastar as informacións na sesión de avaliación inicial que se realice coa totalidade do equipo educativo. 8.b) Medidas de reforzo educativo para o alumnado que non responda globalmente aos obxectivos programados Realizarase un seguimento individualizado de cada caso, tratando de establecerse as medidas de reforzo máis axeitadas en cada un deles e colaborando estreitamente co resto do equipo educativo e o Departamento de Orientación nesta tarefa. O desenvolvemento do traballo na aula dará a oportunidade de artellar mecanismos tendentes a atender ao alumnado en toda a súa diversidade: Flexibilizando tempos (básicos e complementarios) Propoñendo actividades graduadas Diversificando recursos e agrupamentos Diversificando metodoloxías que tomen en consideración os diferentes ritmos e estratexias de aprendizaxe. Dedicarase especial atención ao alumnado estranxeiro(se o houbera) coa fin de facilitarlle a integración no sistema educativo e o aproveitamento académico. Teranse en conta as discapacidades de caracter físico,psíquico e sensorial; así coma enfermidades; que poidan impedir ou dificultar a realización - 16 -

das tarefas e actividades. Se se detectansen necesidades específicas de apoio educativo importantes poríase en coñecemento do Departamento de Orientación e poderíase contemplar a adaptación do sistema de avaliación, coa aprobación do equipo educativo, ou de ser o caso a solicitude á inspección educativa de flexibilización modular 9. Aspectos transversais 9.a) Programación da educación en valores A educación en valores está implícita no currículo do Ciclo Superior de Educación Infantil, xa que está orientado á formación de profesionais competentes no ámbito da educación. En xeral neste e outros módulos trabállanse valores relacionados co interese polo desenvolvemento da infancia en todos os seus aspectos, solidariedade no desenvolvemento de actividades e/ou traballos, valores democráticos, empatía,igualdade, respecto polos outros, etc. De xeito máis concreto no módulo trataranse aspectos coma: a valoración do establecemento de relacións de afecto no coidado dos nenos e nenas, a tolerancia e respecto da intimidade dos neno/as e as súas familias, a responsabilidade e a ética profesional, etc. Abórdanse tamén contidos referentes á educación para saúde ao longo das distintas unidades didácticas, incidindo na importancia da adquisición de hábitos e comportamentos cívicos e saudables, dende a primeira infancia. 9.b) Actividades complementarias e extraescolares As actividades complementarias e extraescolares a realizar serán as que determine o Departemento de Servizos Socioculturais e á Comunidade, así coma o equipo de orientación do centro. Dende este módulo propóñense as seguintes: Visitas a escolas infantís para coñecer como se traballan os hábitos no 0 a 3. Visitas de profesionais que traballan en recursos dirixidos a coidar ou promocionar a saúde infantil. Calquera charla, exposición, xornadas dentro da nosa contorna nas que a temática esté directamente relacionada cos contidos do módulo. Participación nas distintas actividades feitas dende o noso departamento ou en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega con motivo de diferentes celebracións: magosto, letras galegas... - 17 -