DÍA DAS LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO DE 2018

Documentos relacionados
Unha viaxe á lúa.

AS FRASES FEITAS NO REXISTRO COLOQUIAL

Potencias e radicais

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

Panxoliñas Manuel María

05 Movémonos mellor?

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

Ola, eu son Xurxo, e ti? 3. Na casa dos avós 4. 0s ranchiños novos 5. A comer! 6. Como falan! 7. Canta bicharía! 8. Que modernos! 9.

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

celga 4 obxectivos votamos celga 4 votamos

A GALIÑA AZUL de Carlos Casares

Nesta unidade imos deseñar e presentar unha campaña publicitaria. Para iso, imos aprender:

PAU XUÑO 2014 MATEMÁTICAS II

Múltiplos e divisores

As claves da. factura eléctrica

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

Libro 2: SAUDAR E DESPEDIRSE. Libro 4: PEDIR E CONCEDER FAVORES. Libro 5: PRESENTARSE E CONVERSAR. Libro 6: COLABORAR E COMPARTIR

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

MAGOSTO TRES TEXTOS. MATERIAL DIDÁCTICO. Corrección de texto: Alejandra Campo Penín EQUIPO DINAMIZACIÓN LINGUA GALEGA CEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXO

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III

Gaita de Foles. 1 de 10 / Gaita de Foles e Palheta / D. Morais / Abril de /

Que hora é? Obxectivos desta unidade Pedir ou dar información sobre horarios Identificar obxectos Describir unha xornada habitual

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Unidade Didáctica 3: Contamos a nosa historia

CEN MIRADAS. Letra: Sonia Lebedynski Música: Sonia Lebedynski / Sérgio Tannus Arranxos: Sérgio Tannus / Sonia Lebedynski

1º e 2º de Primaria ACTIVIDADES MANUEL MARÍA, 1º E 2º PRIMARIA. LETRAS GALEGAS,

roi casal Maxicamente vello

Mª CASTAÑA E A IDADE MEDIA CEIP POBRA DO BROLLÓN

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

SISTEMA DIÉDRICO I Intersección de planos e de recta con plano TEMA 8 INTERSECCIÓNS. Obxectivos e orientacións metodolóxicas. 1.

Berrobambán Teatro: BuhDossier. Berrobambán: Buh, unidade didáctica 1

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RECOBROU O SORRISO O ELEUTERIO. Ramón Díaz Raña Xosé Manuel Carballo

Que é unha rede de ordendores?

EDUCANDO PARA A SOSTIBILIDADE: XESTIÓN N DE RESIDUOS. CEIP de Viñas POIO

UNHA APROXIMACIÓN AO MUNDO CLÁSICO:

Ano Internacional da Luz Alcouve

CIRCULAR (modificada a 20/04/2016)

SISTEMA EXCRETOR IES ANXEL FOLE. 1º DE BAC

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

Celebración do perdón. Grazas, Señor. Un corazón necesitado de acollida. Saúdo

TÁBOAS DE VALORACIÓN DO RISCO CARDIOVASCULAR

Lectura minimamente política dun poema de Lorenzo Varela aparentemente moi político. Xesús Alonso Montero

Estaba o acivro de garda na fraga, pasou o carballo e non lle dixo nada. Chegou o eucalipto á porta a petar, nono (no) deixou pasar.

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

Os irmáns Corazón de León

VIÚVAS DE VIVOS. Mónica Góñez Universität Trier

CANCIONEIRO CEIP ESPIÑEIRA - ALDÁN

SISTEMAS DE POSICIONAMENTO GLOBAL

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Homes Mulleres. Menores de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

ADIVIÑAS Recopiladas por Evaristo Domínguez Rial, na zona de Agualada, (Concello de Coristanco)

Nesta unidade imos coñecer os compañeiros de clase e facerlles recomendacións para aprender mellor o galego. Para iso, imos aprender:

BADMINTON DOBRES E DOBRES MIXTOS

1 Con sentimento. Presentación. Suxestións metodolóxicas. Intelixencias múltiples. Aprendizaxe cooperativa. Relación dos contidos mínimos da unidade

As plantas dunares Caderno de actividades didácticas

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso

CADERNO Nº 6 NOME: DATA: / / Proporcionalidade. Formar proporcións. Dados tres números calcular o seu cuarto proporcional.

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA

O BIGOTE DE MIM ª MANUEL MAR ª A MATERIAIS. dobre pauta EQUIPO DINAMIZACI ªÑN LINGUA GALEGA CEIP GAL ª N OSEIRO - ARTEIXO O BIGOTE DE MIM ª 1

MARCELINO ÁLVAREZ LÓPEZ CONTOS DE ONTE EXCMO. CONCELLO DE BETANZOS 1999

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Julio Ruiz Berrio. Camiños transitados xuntos

ECONOMÍA ESPAÑOLA SÉCULO XIX

PLAN DE ESTUDOS DO 1 Ђы CURSO DO BACHAREL ATO LO E CURSO ACAD ЊБMICO

da Linguaxe e Estudos Literarios Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre 6 OP 3 2c

A instalación de electricidade solar do Centro

DOCUMENTO ÚNICO DENOMINACIÓN DE ORIXE PROTEXIDA VALDEORRAS

número r e vista d e P r oxecto H ome G alicia A D A L A D A

ACTUACIÓN EN CASO DE URXENCIA MÉDICA. Coa colaboración de:

Uvas e granito* (II)

COMPOSICIÓN DE TEXTO (sobre tema de tipo Filosófico)

O PRONOME PERSOAL PRONOMES TÓNICOS PRONOMES ÁTONOS

Sobre a vellez. Marco Tulio Cicerón. Tradución de Xosé Carballude Blanco e Xosé Mª Liñeira Reboredo

Para cantar e bailar Recompilación, transcrición e texto: Luis Prego Ilustracións: Serxio Cobos

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega

Razóns de peso Movidas Clara Gayo

Debate Born into Brothels. Kauffman & Briski (2004). US

Os soños na gaiola XERAIS

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

HOMENAXE A ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS. as nosas voces 19

Arecente decisión do PEN club de Portugal de propoñer a candidatura da poeta

Contos de fantasmas no museo

FILOSOFÍA MODERNA. O problema do método: a idea de substancia en Descartes e o problema da veracidade divina.

A circunferencia e o círculo

A ópera de á patacón. Roberto Vidal Bolaño

LECTURA. Super PEPO e o caso do ensuciador misterioso

Sobre a amizade. Marco Tulio Cicerón. Tradución de Xosé Carballude Blanco e Xosé María Liñeira Reboredo

O Software Libre naspequenase Medianas Empresas de Galicia

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

GORDECHAS. Obra para 4 actrices. Gustavo Ott 1993 Trad.: A. Casal

COPA DE GALICIA DE CLUBES DE PISTA CUBERTA Pazo de deportes de Riazor, A Coruña, 7 de xaneiro 2017

Ciencia que conta Quinto concurso de relatos curtos de ciencia

deaula Chegaron as vacacións! Coeducación, moito por facer Repasar no verán? Revista para as familias do alumnado III - Nº 22 - Xuño 2015

A literatura medieval

EDITA XUNTA DE GALICIA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Secretaría Xeral de Política Lingüística

ÍNDICE 1. Coordinación MªXosé González. Fotografía MªXosé Mato

Transcrição:

MARÍA VICTORIA MORENO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO DE 2018

MARÍA VICTORIA MORENO LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO DE 2018 MARÍA VICTORIA MORENO

1 MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ É A ESCRITORA Á QUE A REAL ACADEMIA GALEGA ADICA ESTE ANO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. FOI PROFESORA DE ENSINO SECUNDARIO E A SÚA OBRA ESTIVO DIRIXIDA, MAIORITARIAMENTE, AO PÚBLICO INFANTIL E XUVENIL.

2 MARÍA VICTORIA NACEU O 1 DE MAIO DE 1939 NA LOCALIDADE CACEREÑA DE VALENCIA DE ALCÁNTARA. VICENTE, O SEU PAI, ERA MILITAR; A SÚA NAI, SARA, MESTRA DE PRIMARIA. A SÚA INFANCIA PASOUNA ENTRE BADAXOZ, SEPÚLVEDA E BARCELONA.

3 FIXO O BACHARELATO EN BARCELONA, ONDE APRENDEU A FALAR CATALÁN E FRANCÉS. EN 1958 ESTUDOU FILOLOXÍA ROMÁNICA NA UNIVERSIDADE COMPLUTENSE DE MADRID E ALÍ COÑECEU A LUÍS LLÁCER, CO QUE CASARÍA E IRÍA VIVIR, EN 1963, A PONTEVEDRA.

4 EN 1965, MARÍA VICTORIA ENTROU A TRABALLAR COMO PROFESORA DE INSTITUTO, PRIMEIRO EN LUGO, DESPOIS EN VILALONGA E FINALMENTE EN PONTEVEDRA, ONDE TRABALLOU EN DOUS INSTITUTOS: O «VALLE INCLÁN» E O «TORRENTE BALLESTER».

5 MARÍA VICTORIA FALABA UNHA CHEA DE IDIOMAS: CATALÁN, PORTUGUÉS, FRANCÉS, CASTELÁN... PERO AO CHEGAR A GALICIA E COÑECER A NOSA LITERATURA E O NOSO IDIOMA DECIDIU FALAR EN GALEGO E DEFENDER O SEU USO, CANDO AÍNDA NON SE PODÍA ENSINAR NAS AULAS.

6 A DEFENSA DO IDIOMA GALEGO LEVA A MARÍA VICTORIA A USALO NO INSTITUTO NAS SÚAS CLASES DE LITERATURA ESPAÑOLA E A DAR CURSOS DE GALEGO PARA ADULTOS. EN 1974,COMO REPRESALIA POR ESTAS CLASES, FOILLE RETIRADO O SEU PASAPORTE.

7 EN 1975, EDICIÓNS DO CASTRO PUBLÍCALLE «MAR ADIANTE» O SEU PRIMEIRO LIBRO EN GALEGO. ESTA PRIMEIRA EDICIÓN ESTABA ILUSTRADA POLA PROPIA MARÍA VICTORIA. ESTE LIBRO CONVERTEUNA NUNHA DAS GRANDES AUTORAS DA LITERATURA INFANTIL GALEGA.

8 -Se mañá non sabedes a táboa do sete, ides todos ao mar cos libros amarrados ao pescozo. Comeránvos as gaivotas e os peixes. Miguel coidou que o señor mestre non os botaría ao mar e sabía de certo que as gaivotas e os peixes non comerían aos nenos. Nembargantes sentiu unha gran mágoa no seu corazón. Entón dixo: -Vou facer un barquiño branco coma unha gaivota, guímaro coma un peixe. Vóullelo dar aos nenos para que non choren na escola, para que saiban que as gaivotas non comen nenos e máis para que aprendan que o mar é o máis fermoso do mundo. «MAR ADIANTE» CONTA A HISTORIA DUNHA MESTRA QUE PON ESCOLA NUN BARCO, O «ARROÁS», NO QUE SE EMBARCAN ONCE RAPACES E RAPAZAS DA VILA DE PORTOSOURIL, XUNTO CON MIGUEL, O MARIÑEIRO; XOSÉ LOIS, O CAPITÁN E LOLA, A COCIÑEIRA.

9 EN 1975 GAÑOU O 1º PREMIO DO CONCURSO NACIONAL DE CONTOS INFANTÍS DA SOCIEDADE «O FACHO», DE A CORUÑA, CO SEU CONTO «O CATAVENTOS». FOI PUBLICADO NO ANO 1989 CON ILUSTRACIÓNS DE CARMEN PERIS.

10 O certo é que alí tes a don Pío encumeado e aterecido. Rolando contra gusto. Facendo de cataventos. E xa ninguén para mentes nel. Soamente don Xosé, o señor abade, sabe o que lle pasa. Sábeo porque ten o costume de rezar no adro e xa está afeito a que lle caian as súas bágoas. Na cabeza, na sotana, nas mans... mesmo no libriño mouro das súas oracións. Don Xosé, que é moi bo, bótalle unha miradiña amiga: - Tes frío? Pero o cataventos é de ferro. - Tes sede? Pero o cataventos non ten gorxa. - Estás só? Pero o cataventos non ten corazón. «O CATAVENTOS» CONTA A HISTORIA DE DON PÍO, UN GALO MOI FACHENDOSO, QUE NON PERMITE VIVIR EN LIBERDADE NIN AOS PAXARIÑOS NIN ÁS GALIÑAS. A ENVEXA E A AMBICIÓN DE DON PÍO ACABARÁ LEVÁNDOO Á SOIDADE MÁIS ABSOLUTA.

11 CO SEU LIBRO «LEONARDO E OS FONTANEIROS» ACADOU O 3º PREMIO DO CONCURSO DE LITERATURA INFANTIL «O BARCO DE VAPOR», NO ANO 1985. ESTE LIBRO CONSIDERÁBAO MARÍA VICTORIA COMO O SEU PREFERIDO.

12 Leonardo, que che fixeron? Quen foi? Que fixeches para que mallasen en ti desta maneira? Deixeite onte precioso e ledo, coa pel brillante e os ollos guímaros, e véxote agora ferido e murcho. Fixéronte vello da noite á mañá, a paos, e eu non estiven para acorrerte. Antes quería eu verme así, e non verte a ti, que nunca soubeches defenderte, que non tes quen mire por ti, meu canciño. Dóeche moito? Tamén cómpre ter mal corazón para racharlle así a pel a un animal inocente, que non ten outro vestido para toda a súa vida. Hai que ter moita crueldade para asañarse así cun pobre can que vive ao raso e come de esmola. Tíñanse que ver eles coxos e feridos nestes días invernizos en que o corpo doe só coa friaxe. ANTÓN E O SEU CAN DE PALLEIRO LEONARDO SON OS PROTAGONISTAS DUNHAS HISTORIAS NAS QUE ANTÓN NOS VAI CONTANDO AS FALCATRUADAS QUE FAN EL E OS SEUS COMPAÑEIROS DA CLASE, O GRUPO COÑECIDO COMO OS FONTANEIROS.

13 DENDE 1986 A 2001 PUBLICA UNHA CHEA DE LIBROS EN IDIOMA GALEGO: «LEONARDO E OS FONTANEIROS», «VERSO E PROSA», «UN CACHIÑO DE BICA?, «E HABERÁ TIRÓN DE ORELLAS?, «A BRÉTEMA», «GUEDELLAS DE SEDA E LIÑO», «DIARIO DA LUZ E A SOMBRA»...

14 A min isto de ir en coche préstame, aínda que dunha maneira moi especial. Ou sexa, que me pon triste e ao mesmo tempo faime sentir unha cousa por dentro que me deixa moi en paz. É coma se o tempo fose máis á présa, ou como se cada minuto vivido fose máis intenso. Vaise pasando por moitos sitios, sempre cara adiante, e, á par, vaise recuando por un camiño de lembranzas. Pasas pola praia da Breixa e nese visto e non visto atópaste coa cativa, saíndo da auga coma unha raíña, coa pel dourada e os cabelos loiros enchoupados. Leva o seu flotador azul e branco e vai aboiando na escuma, co seu cu redondiño ao recacho, ofrecéndollelo ás ondas para que a boten fóra do mar. EN 1988 MARÍA VICTORIA FOI NOMEADA DIRECTORA DA COLECCIÓN ÁRBORE, DA EDITORIAL GALAXIA. ESE MESMO ANO PUBLICA «ANAGNÓRISE», CONSIDERADO O SEU MELLOR LIBRO E QUE SE CONVERTEU NUN CLÁSICO DA LITERATURA XUVENIL GALEGA.

15 NO VERÁN DE 2001, CANDO XA ESTABA ENFERMA, FOI HOMENAXEADA POR LIBREIROS E LIBREIRAS NA FEIRA DO LIBRO DE PONTEVEDRA, RECOÑECENDO ASÍ O SEU LABOR COMO ESCRITORA E DEFENSORA DO IDIOMA GALEGO E DA SÚA LITERATURA.

16 Chamáronlle Nicolau un día de primavera cando chegou a esta vida aquel nobelo de seda. Era un canciño moi feito de capa brillante e negra, doces olliños de mel e bondadosas orellas que daban á súa cariña unha traza viva e tenra. Foi recibido por todos con aloumiños e festas porque, amais de ser bonito, tiña moi boas maneiras: era limpo, garimoso, moi amable con calquera, tan ledo coma un axóuxere e tiña unhas ocorrencias que facían rir á xente por máis triste que estivera. «EU CONTO, TI CANTAS...» REÚNE TRES CONTOS DE ANIMAIS ESCRITOS EN VERSO: «XA NON TEÑO MEDO», «CAN BRANCO, CAN NEGRO» E «UN CACHIÑO DE BICA?». TEÑEN COMO PROTAGONISTAS A XAN E A TRES CANCIÑOS: NICOLAU, CORRECAMIÑOS E NICA.

17 «EU CONTO, TI CANTAS...», EDITADO EN 2005, É O ÚLTIMO LIBRO QUE MARÍA VICTORIA VIU PUBLICADO EN VIDA. FINOU NA CIDADE DE PONTEVEDRA O 22 DE NOVEMBRO DESE MESMO ANO, Á IDADE DE 66 ANOS.