PROTOCOLO DE INTERVENCIÓN CONTRA O ABSENTISMO ESCOLAR

Documentos relacionados
5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

REDE EUSUMO. información e comunicación

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Protocolo de Absentismo Escolar e Control de Asistencia do Alumnado

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN E O CONTROL DO ABSENTISMO ESCOLAR EN GALICIA

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN E O CONTROL DO ABSENTISMO ESCOLAR EN ED. PRIMARIA

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

O CONTRATO DE TRABALLO

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

Protocolo. Atención educativa domiciliaria

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

PROTOCOLO USO PISTOLAS INTRADERMOTUBERCULINIZACIÓN

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

BS402B - Novo ingreso/renovación de praza en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal da Xunta de Galicia.

FCT con Erasmus+ Curso

Apelidos:... Nome:... DNI:... Enderezo:... Localidade:...Concello:...Teléfono/s...

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

e, fai que se manteña a necesidade do informe do Servizo de hora de considerar a viabilidade técnica e económica modificación da xornada lectiva.

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

V I C E P R E S I D E N C I A

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

Planificación do curso escolar

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

En consecuencia, esta Dirección Xeral dita as seguintes instrucións:

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

EXTRACTO PROGRAMACIÓN CMC 1º BAC

ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS Módulo de gastos e coidado de menores 2012

CONCELLO DE VILAR DE BARRIO (OURENSE) BASES III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONCELLO DE VILAR DE BARRIO 2018.

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

Política e Obxectivos de Calidade

SR. ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO.

PIALE Integración en lingua portuguesa

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

Índice. Páxina 2 de 15

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

DOCUMENTACIÓN DUNHA EXPLOTACIÓN GANDEIRA MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

PLAN DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

MEMORIA ANO 2013 SERVICIO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DA MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE ORDES

Convocatoria ordinaria de 2012

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

Residencia de Estudantes. Normas Curso académico 2014 / 2015

ELECCIÓN DE HORARIO E ADSCRICIÓN FUNCIONAL DO PROFESORADO NOS CENTROS PÚBLICOS INTEGRADOS (CPI)

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR. Concello de Bueu

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

Manual de cumprimentación da solicitude

TR341 D-FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO

Normas de Organización e Funcionamento Plan de Convivencia. IES Muralla Romana

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

ORDENANZA Nº 40: ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS.

Obxectivos específicos curso (Informados positivamente polo Claustro en sesión ordinaria celebrada o día 27 de xuño de 2017)

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

I XORNADAS GALEGAS DE CALIDADE E SEGURIDADE DO PACIENTE

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

CIRCULAR 9/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA, PARA A ORGANIZACIÓN E POSTA EN FUNCIONAMENTO DAS

Transcrição:

PROTOCOLO DE INTERVENCIÓN CONTRA O ABSENTISMO ESCOLAR IES SAN ROSENDO DE MONDOÑEDO

PROGRAMA DE INTERVENCIÓN SOCIAL EN CASOS DE ABSENTISMO ESCOLAR CONCEPTO DE ABSENTISMO ESCOLAR Entendemos por absentismo escolar a falta do alumno a clase sen xustificación previa ou posterior por parte dos seus pais ou titores legais. Se o número de faltas é menor do 10% atoparémonos ante un absentismo de carácter puntual. Este fenómeno debe considerarse grave cando supere o 10% das horas lectivas durante un mes na Educación Secundaria Obrigatoria; cando as faltas se sitúen entre un 10 e un 50% o absentismo considerarase intenso e con máis do 50% cualificarémolo como crónico. OBXECTIVO DESTE PROGRAMA Procurar unha asistencia continuada a clase dos alumnos para garantir o seu dereito á educación. ACTUACIÓNS XERAIS Levarase a cabo a través do seguinte proceso: -O centro educativo remitirá ós pais/nais/titores do menor unha carta-presentación ó inicio do curso escolar ou en calquera momento posterior (unha vez detectado o inicio do absentismo) no que informarán aos pais/nais/titores da obrigatoriedade de asistencia á clase dos seus fillos e a súa responsabilidade nesta materia (ANEXOS 1 e 2). -Os profesores recollerán diariamente as faltas de asistencia a clase través dos partes diarios dos que disporán en cada aula. Ao final da xornada, estes partes serán depositados a polos delegados de grupo en Conserxería, para ser entregados aos titores a través do sistema articulado a tal efecto. - Os titores inserirán semanalmente as faltas no programa XADE, e comunicarán mensualmente a relación de faltas existentes (xustificadas e sen xustificar) aos pais/nais ou titores legais do alumno/a. - Se nun mes se produce algunha falta sen xustificar, realizaranse contactos coa familia informando das faltas de asistencia a clase do alumno/a e solicitando documentos xustificativos das ausencias. - No caso de non recibir estes documentos o titor/a enviará unha comunicación escrita, oficial e certificada, dirixida ao pai, nai ou titor do alumno/a, das faltas de asistencia ao centro e citación a unha entrevista (ANEXO 4). - Durante a entrevista familiar por parte do titor/a, poderase volver a solicitar á familia as xustificacións oportunas sobre a ausencia do alumno/a e a colaboración familiar na resolución do problema en caso de que as faltas non estean debidamente xustificadas. Tamén se deberá informar á familia do Protocolo de Absentismo e da seguinte medida a adoptar polo centro no caso de que a situación de absentismo persista. - Se o titor non consigue entrevistarse coa familia, comunicarase ao xefe/a de estudos, quen informará aos pais mediante comunicación escrita, oficial e certificada, dirixida ao pai, nai ou titor do alumno/a da situación de absentismo do alumno/a por parte do equipo directivo e procederá a citalos a unha

entrevista co orientador/a escolar e/ou co equipo directivo, segundo se considere axeitado. En dita comunicación informarase da obrigatoriedade da educación ata os 16 anos (ANEXO 5). - Se non responden, comunicaráselle o caso coa maior brevidade posible aos Servizos Sociais do Concello de residencia do alumno/a, que o valorarán en coordinación co centro educativo(anexos 6 e 7). A comunicación realizarase por escrito, remitíndose un informe coa seguinte información: Identificación do tipo de absentismo Situación actualizada do menor e da familia. Especificación dos indicadores que poden referir que a situación de absentismo ten unha orixe familiar. Actuacións realizadas polo centro educativo e resultados obtidos. - Nos casos de desescolarización e absentismo significativo o centro escolar elaborará un informe que será remitido a Inspección. Este informe emitirase polo equipo directivo coa colaboración do Departamento de Orientación, solicitando que se tomen as medidas oportunas e informando das actuacións realizadas no centro educativo (ANEXO 8). - Se fose necesario, estas dúas últimas instancias remitirán o caso ao servizo que teña atribuídas competencias de protección ao menor dentro da estrutura orgánica a nivel provincial da Xunta de Galicia na provincia de Lugo.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓNS A) ACTUACIÓNS DE CONTROL E REXISTRO DE FALTAS DE ASISTENCIA DO ALUMNADO 1)Control diario da asistencia do alumnado de cada grupo, a través dos partes diarios de faltas establecidos polo Centro e xerados polo programa XADE. A cumprimentar polos profesores. 2)Recompilación e rexistro semanal das faltas de asistencia no programa XADE por parte dos titores. 3)Cumprimentación mensual do resumo do Rexistro de Absentismo Escolar de todos os grupos do centro educativo por parte do equipo directivo, onde se explicitarán as medidas adoptadas polos titores/as e o equipo directivo. Os datos serán comunicados polos titores á xefatura de estudos nas reunións semanais de coordinación de ciclo e comunicados pola dirección á Comisión de Coordinación Pedagóxica (ANEXO 3). B) ACTUACIÓNS DE INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS E INTERVENCIÓN ANTE A DETECCIÓN DE CASOS DE ABSENTISMO ESCOLAR: TITORES/AS E EQUIPO DIRECTIVO. 4) Contacto telefónico co pai, nai ou titor legal do alumno/a por parte do titor/a, informando das faltas de asistencia a clase do alumno/a e solicitando documentos xustificativos das ausencias. 6) Comunicación escrita, oficial e certificada, dirixida ao pai, nai ou titor do alumno/a, das faltas de asistencia ao centro e citación a unha entrevista co titor/a. Esta comunicación emitirase por parte do titor/a (ANEXO 4). 7) Entrevista familiar por parte do titor/a, onde se poderá volver a solicitar á familia as xustificacións oportunas sobre a ausencia do alumno/a e a colaboración familiar na resolución do problema en caso de que as faltas non estean debidamente xustificadas. Tamén se deberá informar á familia do Protocolo de Absentismo e da seguinte medida a adoptar polo centro no caso de que a situación de absentismo persista. 8) Comunicación escrita, oficial e certificada, dirixida ao pai, nai ou titor do alumno/a da situación de absentismo do alumno/a por parte do equipo directivo e citación a unha entrevista co orientador/a escolar e/ou co equipo directivo. En dita comunicación informarase da obrigatoriedade da educación básica (ANEXO 5). C) ACTUACIÓNS DE INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS E INTERVENCIÓN ANTE A DETECCIÓN DE CASOS DE ABSENTISMO ESCOLAR, EQUIPO DE ORIENTACIÓN. 9) Reunión de coordinación co titor/a do alumno/a para recoller información educativa sobre o alumno/a e a súa familia, analizar a situación e reorientar a toma de decisións en canto ás seguintes intervencións. Así mesmo se transmitirá información en canto ás actuacións a seguir. 10) Citación familiar a unha entrevista co orientador/a no centro. Esta citación será a mencionada no punto 8. 11) Entrevista familiar por parte do orientador/a, onde se poderá solicitar á familia as xustificacións oportunas ante as ausencias do alumno/a e a colaboración familiar na resolución do problema, en caso de que as faltas non estean debidamente xustificadas. Tamén deberase informar á familia da lexislación vixente en canto á escolarización obrigatoria e das seguintes medidas a adoptar polo centro en caso de que a situación persistira.

Por outra parte, iniciarase un diagnóstico da situación familiar e valoraranse alternativas de solución ás necesidades familiares, as cales afectan ao menor. 12) Se se considera conveniente, poderase realizar unha intervención conxunta con outros profesionais. 13) Comunicación escrita, oficial e certificada, dirixida ás autoridades municipais, informando dos casos de desescolarización e absentismo significativo, para que se tomen as medidas oportunas. Se se deduce que a orixe é por factores socio-familiares, canalizarase á maior brevidade posible a través dos servizos sociais do concello de residencia do alumno para o seu estudo e valoración. A canalización realizarase a través dun informe que dará conta do seguinte (ANEXOS 6 e 7): Situación actualizada do menor e da familia. Especificación dos indicadores que poden referir que a situación de absentismo ten unha orixe familiar. Identificación do tipo de absentismo. Actuacións realizadas polo centro educativo e resultados obtidos. Proposta de actuación. Despois destas actuacións, o centro poderá volver a realizar entrevistas familiares se a situación de desescolarización ou absentismo persiste. 14) Valorada a situación, o responsable de absentismo dos servizos sociais remitirá por escrito ao centro educativo un informe de valoración da situación da unidade familiar, e de ser o caso informará ó servizo de menores da Xunta. 15) Valoración conxunta da situación do menor e da familia, e deseño do Plan de Intervención Socioeducativo. No prazo dunha semana dende a recepción do informe de servizos sociais convocarase unha reunión co obxecto de valorar conxuntamente a situación do menor e da familia e definir o Plan de Intervención conxunto. D) ACTUACIÓNS DE INFORMACIÓN A OUTRAS INSTITUCIÓNS. 16) Comunicación escrita, oficial e certificada, dirixida ás autoridades educativas competentes (Servizo de Inspección Educativa), informando dos casos de desescolarización e absentismo significativo. Esta comunicación, emitirase por parte de equipo directivo, coa colaboración do orientador/a, solicitando que se tomen as medidas oportunas e informando das actuacións realizadas no centro educativo, para posteriormente tratar ditos casos. (ANEXO 8)

ANEXO 1: CARTA INFORMATIVA DA OBLIGATORIEDADE DA ENSINANZA INICIO DO CURSO Estimada familia do menor...(nome e apelidos)...: Con motivo do inicio do curso 20-20, e a modo informativo, dirixímonos a vostedes para comunicarlles que, tal e como se recolle na Constitución Española no seu artigo 27; na Lei Orgánica 8/85, reguladora do Dereito á Educación (LODE), Título preliminar, artigo 1.1; na Lei Orgánica 2/06, de 3 de maio, da Educación (LOE), Título preliminar, artigo 4: 1. Os menores ata os 16 anos teñen a obriga de asistir regularmente á escola. 2. A ensinanza básica é obrigatoria iniciándose aos 6 anos e ata os 16 anos (tendo cumprido obrigatoriamente dez anos de escolarización). Sendo RESPONSABILIDADE dos pais que se cumpra esta obriga. Así mesmo, informámoslles que a Comisión de Seguimento do Absentismo Escolar controla e supervisa o cumprimento destas Leis. Os pais que non procuren ou impidan a asistencia dun menor de idade en período de escolarización obrigatoria ao centro escolar e sen causa que o xustifique cometen unha infracción grave, segundo se recolle na Lei 3/2011, de apoio á familia e á convivencia en Galicia (artigos 108 e 111), e poderán ser sancionados cunha multa. Os menores que falten con motivo de enfermidade ou outras causas xustificadas teñen que presentar un xustificante no colexio, para que non se lles considere absentistas. Mondoñedo, de.. de 20... Atentamente A directora do IES San Rosendo de Mondoñedo

ANEXO 2: CARTA INFORMATIVA DA OBLIGATORIEDADE DA ENSINANZA Estimada familia do menor...(nome e apelidos)...: Con motivo das faltas de asistencia ó IES SAN ROSENDO de MONDOÑEDO do seu fillo/a dirixímonos a vostedes para comunicarlles que, tal e como se recolle na Constitución Española no seu artigo 27; na Lei Orgánica 8/85, reguladora do Dereito á Educación (LODE), Título preliminar, artigo 1.1; na Lei Orgánica 2/06, de 3 de maio, da Educación (LOE), Título preliminar, artigo 4: 1. Os menores ata os 16 anos teñen a obriga de asistir regularmente á escola. 2. A ensinanza básica é obrigatoria iniciándose aos 6 anos e ata os 16 anos (tendo cumplido obrigatoriamente dez anos de escolarización). Sendo RESPONSABILIDADE dos pais que se cumpra esta obriga. Así mesmo, informámoslles que a Comisión de Seguimento do Absentismo Escolar controla e supervisa o cumprimento destas Leis. Os pais que non procuren ou impidan a asistencia dun menor de idade en período de escolarización obrigatoria ao centro escolar e sen causa que o xustifique cometen unha infracción grave, segundo se recolle na Lei 3/2011, de apoio á familia e á convivencia en Galicia (artigos 108 e 111), e poderán ser sancionados cunha multa. Os menores que falten con motivo de enfermidade ou outras causas xustificadas teñen que presentar un xustificante no colexio, para que non se lles considere absentistas. Mondoñedo, de.. de 20 Atentamente A directora do IES San Rosendo de Mondoñedo

ANEXO 3 REXISTRO DE ABSENTISMO ESCOLAR DO ALUMNADO MES: ANO: *Os/as titores indicarán os/as alumnos/as que teñan faltado a clase e non estea xustificada a ausencia, así como as medidas adoptadas. GRUPO ALUMNOS/AS. DÍAS MEDIDAS ADOPTADAS (Entrevistas pais, equipo directivo,comunicación escritas, )

ANEXO 4 MODELO DE COMUNICACIÓN DIRIXIDA AOS PAIS, NAIS OU TITORES LEGAIS POLO TITOR/A DO ALUMNO/A. DATA PERÍODO: Mes de GRUPO: Estimado señor e señora : Como Titor/a do curso no que se atopa matriculado o seu fillo/a, remítolles esta carta para comunicarlles que o seu fillo/a faltou os días, do mes de de 200, sen xustificación. Permítome recordarlles que a asistencia a clase é obrigatoria nos centros escolares ata os dezaseis anos, segundo a lexislación vixente (Lei Orgánica 2/06, do 3 de Maio, de Educación) e aproveito a ocasión para convocalos a vostedes a unha reunión o día de. Se non poden acudir á reunión, por favor chamen ao teléfono do centro (982521034) O titor/a: Asdo:

ANEXO 5 MODELO DE COMUNICACIÓN DIRIXIDA AOS PAIS, NAIS OU TITORES LEGAIS POLO EQUIPO DIRECTIVO. Sr. D. Sra. Dª. Estimado Señor e Señora: Dirixímoslles esta carta para comunicarlles, como pai, nai ou titor legal, que o seu fillo/a, que actualmente ten anos de idade, falta ao centro con asiduidade e sen xustificación. Así mesmo, informámoslles que a Educación é un dereito de todas as persoas menores de idade, engadindo que a asistencia a un centro educativo é obrigatoria ata os dezaseis anos de idade, segundo a normativa vixente (Lei Orgánica 2/06, do 3 de Maio, de Educación). Pola presente, convocámolos a vostedes a unha reunión co Departamento de Orientación e/ou o Equipo Directivo do centro, coa finalidade de tratar a situación educativa do seu fillo/a o día ás horas. Se non poden acudir á cita, por favor chamen ao teléfono do centro (982521034). Asdo: O/a Director/a. D./Dª:

ANEXO 6 FICHA DE DETECCIÓN DE CASOS EN CENTROS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA Data.... Apelidos e Nome.... Data e lugar de nacemento... Nome e apelidos do titor.....profesión Nome e apelidos do pai...profesión Enderezo.Poboación... Teléfono.... TIPO DE ABSENTISMO DETECTADO: Puntual (<10%) Xornadas completas. Intenso (entre o 10% e o 50%) Horas soltas. Crónico (>50%) SINALE AS RAZÓNS POLAS QUE O/A MENOR NON ASISTE A CLASE: Problemática familiar Rexeitamento do alumno/a ao centro escolar Desmotivación Quédase ao coidado de irmáns pequenos Traballa cos seus pais Problemas na escola Outros Indicar os contactos familiares. Titor Orientación escolar Xefe de estudos Director Outros Outros datos de interese... O/A Orientador/a Visto e Prace, O/A Director/a

ANEXO 7 SOLICITUDE DE INTERVENCIÓN DOS SERVIZOS DE ATENCIÓN PRIMARIA Don/Dona..en calidade de Xefe/a do Departamento de Orientación / Director/a do IES San Rosendo de Mondoñedo solicita dos Servizos Sociais de Atención Primaria do Concello de.. unha valoración e intervención da situación socio-familiar do alumno/a. 1. DATOS DE IDENTIFICACIÓN DO ALUMNO/A. Apelidos e Nome.... Data de nacemento Lugar.. Enderezo.Poboación... Teléfono.. Nome e apelidos do pai.. Profesión. Nome e apelidos do nai Profesión... Número de irmáns.lugar que ocupa.. 2. DATOS ESCOLARES. Escolarización no centro Curso. Profesor/titor..Teléfono do centro.. Existen informes psicopedagóxicos anteriores motivo...

3. HISTORIA-EVOLUCIÓN CONDUCTUAL E ESCOLAR INTERVENCIÓNS REALIZADAS (sinalar todas as intervencións realizadas, profesionais que interviron e resultados das mesmas) RESPOSTA DA FAMILIA (contactos realizados coa familia, membros cos que se contactou, resposta-actitudes da mesma) RESPOSTA DO ALUMNO/A (vivencia da situación pola súa parte, potencialidades, intereses, actividades extraescolares que realiza)

PROBLEMÁTICA DETECTADA E DEMANDA PLANTEXADA., de de... O/A Xefe/a do Departamento Visto e prace, de Orientación O/A Director/a Asdo.:.. Asdo.:.

Anexo 8 MODELO DE COMUNICACIÓN DIRIXIDA AO SERVIZO DE INSPECIÓN TÉCNICO EDUCATIVO. En Mondoñedo, a de - de Pola presente, comunicámoslle que, alumno matriculado neste centro educativo, que actualmente ten anos de idade, falta ao centro con asiduidade e sen xustificación. Realizáronse as seguintes intervencións por parte dos distintos profesionais do centro educativo: Comunicación aos pais dos menores da situación de absentismo. Información aos pais e aos menores sobre o dereito á educación, así como a obrigatoriedade da súa asistencia e as medidas a adoptar en caso de que se siga incumprindo o dereito á educación do menor. Concienciación sobre a importancia da educación e os beneficios da permanencia do menor no sistema educativo. Comunicación da situación aos Servizos Sociais da zona. Coordinación e realización de actuacións xunto a outros servizos, co obxecto de acadar a escolarización total dos menores. Estas intervencións non produciron cambios na situación. Por isto, poñémolo en coñecemento deste Servizo de Inspección, co fin de que emprendan as medidas oportunas. O/a Director/a: Asdo: