PROGRAMA FORMATIVO Competencia Clave: Comunicación en lingua galega - N2

Documentos relacionados
PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

PROGRAMA FORMATIVO MF0973_1 GRAVACIÓN DE DATOS

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

Convocatoria ordinaria de 2012

Política e Obxectivos de Calidade

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

A Formación Profesional: vías para a cualificación. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Procedemento de Admisión

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

GUÍA BREVE SOBRE LINGUA GALEGA E LITERATURA DE 1º DE BACHARELATO. Avaliacións Bloques de contidos Temas de referencia no libro de texto

Anexo III. Modelo de programación de proba libre de módulos profesionais

I. Disposicións xerais

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

da Linguaxe e Estudos Literarios Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre 6 OP 3 2c

CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA A AVALIACIÓN E PARA A HABILITACIÓN OFICIAL COMO CORRECTOR E EXAMINADOR DOS EXAMES DO DELF ESCOLAR.

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

PIALE Integración en lingua portuguesa

Os artistas de primeiro. CEIP Pedro Antonio Cerviño - Unidade didáctica integrada - Educación primaria 1. CONTEXTUALIACIÓN/XUSTIFICACIÓN

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA Investigación e Tratamento da Información CURSO 1º / 2º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESORA María Loreto Albo García

En consecuencia, esta Dirección Xeral dita as seguintes instrucións:

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

ACCESo aos Novos CERTiFiCADoS de PRoFESioNALiDADe. NiVEiS 2 e 3 de CUALiFiCACióN PRoFESioNAL

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

Formación Profesional Básica Novidades normativas. Xornada para orientadores Servizo de Ordenación e Formación Profesional

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

O CONTRATO DE TRABALLO

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS

(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO: de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

FCT con Erasmus+ Curso

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III

Non se vai predeterminar ningún libro de texto. O material didáctico deixarase por avaliacións, en carpetas, nos computadores da biblioteca.

OFICINA DE CURSOS ABRIL 2015

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

UNIDADE 2: INTRODUCIÓN

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

A continuación expóñense de forma resumida as novidades máis significativas:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9746

ALUMNADO QUE PODE PRESENTARSE Á PROBA ESTRUTURA DA PROBA

Índice. Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. PROCEDEMENTO Matrícula. AC: xestión académica. AC- 02: xestión de alumnado

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDENANZA Nº 40: ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS.

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

DOG Núm. 175 Luns, 15 de setembro de 2014 Páx

Escala técnica superior

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

Plans e protocolos de empresa familiar

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Nº 66 Luns, 4 de abril de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 5.939

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)

ELECCIÓN DE HORARIO E ADSCRICIÓN FUNCIONAL DO PROFESORADO NOS CENTROS PÚBLICOS INTEGRADOS (CPI)

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

MESTRADO EN PROCESOS DE DESEÑO E FABRICACIÓN MECÁNICA

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

1.- Organización da Escola de Primavera:

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

Língua Portuguesa na Galiza

PLANIFICACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO GALEGO

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Transcrição:

PROGRAMA FORMATIVO Competencia Clave: Comunicación en lingua galega - N2 Xullo de 2009 1

DATOS XERAIS DO CURSO 1. Familia profesional: Formación complementaria Área profesional: Competencias clave 2. Denominación do curso: Comunicación en Lingua Galega N2 3. Código: 4. Nivel de cualificación: 2 5. Obxectivo xeral: Lograr o nivel de competencias clave no ámbito da lingua galega para o acceso aos Certificados de Profesionalidade de nivel 2, o que permitirá: Comprender adecuadamente o contido fundamental de textos escritos sinxelos e producións orais, participar en interaccións orais respectando as normas de convivencia e construír textos sinxelos relacionados coa vida profesional e cidadá, con coherencia e cohesión textuais, e corrección gramatical. 6. Obxectivos específicos e criterios de avaliación: Obxectivos específicos Criterios de avaliación 2

Obxectivos específicos Criterios de avaliación Falar en diferentes ambientes Identificar e diferenciar algunhas características básicas da lingua usada nos contextos familiar e profesional. Usar as palabras, expresións e ton adecuados a cada situación. Comprender o sentido fundamental de producións orais sinxelas, diferenciando os feitos (a información) das opinións. Tomar notas dalgunha información e dalgunhas opinións expresadas nesas producións orais e enumeralas con claridade e corrección. Usar o criterio alfabético para a localización de palabras e expresións nos dicionarios da lingua galega. Comprender textos escritos Comprender o sentido fundamental de textos escritos, relacionados preferentemente co propio ámbito profesional, distinguindo información de opinión e diferenciando as ideas principais das secundarias e realizar un sinxelo esquema do seu contido fundamental en forma de enumeración ou de cadro esquemático ou sinóptico. Redactar os esquemas e os pequenos textos con corrección ortográfica, consultando o dicionario para solucionar as dúbidas ortográficas. Falar e deixar falar Expresar oralmente, con coherencia e cohesión, as ideas e sentimentos propios, respectando as normas básicas de comunicación oral e usando unha linguaxe respectuosa. Resumir con coherencia en poucas frases o contido fundamental dunha exposición ou debate, tomando notas das ideas e opinións fundamentais expresadas no mesmo. Usar un procesador de textos para redactar textos sinxelos e pasar o corrector ortográfico de que dispón. Identificar algúns trazos propios do uso da lingua nos ámbitos familiar, técnico e profesional (léxico, sintaxe, ton), observando directamente producións diversas, como textos escritos ou gravacións. Identificar en producións orais e en textos escritos os trazos fundamentais propios da lingua oral (espontaneidade, repeticións, emotividade ) e da escrita (maior rigor e orde sintácticos, evitar as repeticións ). Utilizar na interacción oral en clase e co grupo de iguais as palabras, expresións, ton, xestos e posturas adecuadas a cada situación, distinguindo a lingua coloquial da más técnica e profesional. Identificar o contido fundamental de producións orais sinxelas, diferenciando os feitos (a información) das opinións, tomando nota previamente dalgúns dos feitos e opinións manifestados nelas e expresándoos con claridade. Clasificar palabras por orde alfabética e utilizar ese criterio para localizar despois palabras en dicionarios da lingua galega e aclarar o seu significado. En textos sinxelos, diferenciar a información contrastada da opinión, subliñando previamente de maneira diferente unha e outra, consultando o dicionario cando sexa necesario aclarar o significado dalgunha palabra. En textos sinxelos, preferentemente do propio ámbito profesional, identificar as ideas fundamentais e as secundarias, e realizar un sinxelo esquema do seu contido, en forma de enumeración ou cadro sinóptico, redactándoo con claridade e corrección ortográfica, e consultando o dicionario cando sexa necesario aclarar o significado dalgunha palabra. Participar nunha discusión de grupo respectando a quenda de palabra, usando unha linguaxe non agresiva e expresando con claridade as ideas e sentimentos propios. Sintetizar oralmente, de maneira breve e cunha linguaxe clara e sinxela, o contido fundamental dunha discusión mantida no grupo, tomando notas previamente dese contido, se fose necesario. Escribir un texto sinxelo (relacionado coas discusións desenvolvidas no grupo) no procesador de textos, con claridade e corrección ortográfica, e corrixilo co corrector do propio procesador. 3

Obxectivos específicos Criterios de avaliación Redactar un texto expositivo Redactar textos escritos sinxelos, con coherencia, cohesión e corrección ortográfica, seguindo os pasos adecuados (xerar ideas, ordenalas, redactalas) e evitando as repeticións. Redactar un texto con opinións propias e resumir Resumir textos escritos sinxelos, identificando previamente o tema principal e os secundarios, e redactando o resumo con orde, claridade e corrección ortográfica. Redactar textos escritos sinxelos, nos que se expresen opinións propias, con coherencia e cohesión, e corrección ortográfica. Elaborar textos escritos sinxelos de carácter expositivo, preferentemente relacionados co propio ámbito profesional, con orde, claridade e corrección ortográfica, evitando as repeticións mediante o uso de sinónimos e pronomes, e dando previamente os pasos necesarios: xerar ideas, ordenalas e redactalas. Expoñer por escrito de maneira breve o contido fundamental dun texto, subliñando previamente as ideas fundamentais e as secundarias e redactando o resumo con claridade e orde, utilizando os conectadores adecuados. Redactar textos escritos sinxelos nos que se expresen opinións, con coherencia e corrección ortográfica, seguindo os pasos necesarios (xerar ideas, ordenalas, redactalas) e utilizando conectadores de orde e causa. 7. Contidos: 1. Expresión oral en diferentes ambientes - Identificación das variedades sociais da lingua (estándar, coloquial, culta, vulgar) e diferenciación dalgunhas características básicas da lingua usada nos contextos familiar e profesional. - Identificación dalgunhas características dos códigos oral e escrito. - Toma de notas durante a exposición oral dun tema. - Identificación en producións orais sinxelas dos feitos expostos e das opinións. - Busca de palabras en dicionarios utilizando a orde alfabética. 2. Comprensión de textos escritos - Comprensión de textos sinxelos escritos, usando a técnica do subliñado, distinguindo as ideas principais das secundarias e diferenciando a información das opinións. - Redacción do esquema correspondente (esquema enumerativo ou cadro esquemático ou sinóptico) coas ideas principais do texto, ordenadas adecuadamente. - Recoñecemento e uso das normas básicas da ortografía da palabra (b/v, h/--, c/qu) na redacción dos textos. 3. Discusión e debate - Participación ordenada en discusións e debates respectando as normas de cortesía na comunicación oral. - Toma de notas durante a exposición oral dun tema. Ordenación das mesmas e expresión oral dun resumo das ideas principais. - Uso dun procesador de textos para escribir e corrixir despois cun corrector ortográfico. 4. Redacción dun texto expositivo 4

- Redacción de textos escritos sinxelos con coherencia, cohesión e corrección ortográfica, dando antes os pasos previos para a súa elaboración: selección de ideas previas e elaboración dun esquema ordenado. - Uso de mecanismos sinxelos para evitar repeticións innecesarias: uso de sinónimos e de pronomes. 5. Redacción dun texto con opinións propias e resumo - Identificación en textos escritos sinxelos das ideas principais e das secundarias e uso da técnica do subliñado. - Redacción clara e ordenada dun resumo coas ideas fundamentais dun texto. - Identificación das características dos textos argumentativos. - Uso de conectadores de orde e causa. - Redacción de textos argumentativos: xerar ideas, ordenalas, redactalas. Os contidos deste programa son susceptibles de impartirse a distancia no 30% da súa totalidade. 8. Avaliación: Esta acción formativa supón: Avaliación anterior ao inicio do curso, cuxo fin é verificar se se posúe a competencia clave de que se trata. O acceso ao curso de formación fai posible alcanzar a competencia clave a quen non superara a proba de avaliación previa. Avaliación continua durante a realización da acción formativa. 9. Prescrición do persoal docente: 9.1 Titulación requirida: Mestre co Certificado de lingua galega 4 (Celga 4) ou equivalente. Licenciatura en filoloxía galega ou filoloxía hispánica subsección de galego-portugués 9.2. Experiencia profesional requirida: Acreditar unha experiencia laboral dun ano na impartición de accións formativas. 9.3. Competencia docente: Acreditar estar en posesión do certificado de profesionalidade de Formador ocupacional ou formación equivalente en metodoloxía didáctica de formación profesional para adultos. Deste requisito estarán exentos as persoas que: a) Estean en posesión das titulacións de Licenciatura en Pedagoxía, Psicopedagoxía ou de Mestre ou Mestra en todas as súas especialidades. b) Posúan unha titulación universitaria oficial distinta das indicadas no apartado anterior e ademais se atopen en posesión do Título de Especialización Didáctica expedido polo Ministerio de Educación ou equivalente. c) Acrediten unha experiencia docente contrastada de cando menos 600 horas nos últimos sete anos en formación profesional para o emprego ou do sistema educativo. d) No caso de que as accións formativas se impartan de forma virtual (en liña): Acreditar experiencia laboral como titor de formación en liña. 10. Criterios de acceso do alumnado: Carecer dos requisitos de acceso regulados no artigo 5 do R.D. 34/2008, de 18 de xaneiro, que especificamente para os Certificados de Profesionalidade de nivel 2, son: Carecer das titulacións ou acreditacións que proporcionan o acceso directo á formación do Certificado de Profesionalidade. Estas son as seguintes: 5

Certificado de profesionalidade de nivel 2. Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional. Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. Técnico Auxiliar. Técnico. Segundo curso superado de Bacharelato Unificado e Polivalente. Segundo curso superado do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias. Terceiro curso superado do Plan de 1963 ou segundo de comúns experimental, das ensinanzas de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos. Estudos declarados equivalentes a efectos académicos con algún dos anteriores. Probas de acceso superadas aos ciclos formativos de Grao Medio reguladas polas administracións educativas. Proba de acceso superada á universidade para maiores de 25 anos. Proba de avaliación superada da competencia clave que se imparte neste curso ou estar matriculado en ditas probas de avaliación. 11. Número de participantes: Máximo 25 participantes para cursos presenciais. 12. Duración: 25 horas. 13. Requisitos mínimos de espazos, instalacións e equipamento: 13.1 Espazo formativo Espazo formativo 13.2 Equipamento Superficie m2 15 alumnos o alumnas Superficie m2 25 alumnos o alumnas Aula de xestión 45 60 Espazo Formativo Aula de xestión Equipamento - Mesa e cadeira para persoal formador. - Mesa e cadeiras para o alumnado. - Material de aula. - 2 encerados para escribir con rotuladores. - Rotafolios. - Equipos audiovisuais. - PC instalados en rede, canón con proxección e conexión a internet. - Software específico da especialidade. - Material de consumo: Textos orais e escritos tomados do ámbito profesional e cidadán. Textos orais tomados dos medios de comunicación social. Textos escritos preparados para a súa corrección e ordenación. Dicionarios da lingua galega. Cadros modelos de observación. Para o caso de que a formación se imparta de forma virtual (en liña), incluirase tamén o seguinte equipamento: - Soporte tecnolóxico: Plataforma educativa de teleformación en Internet (co servizo axeitado de administración da mesma). Aplicacións multimedia adecuadas e actualizadas para 6

Espazo Formativo Equipamento esta modalidade de formación. Soporte técnico. Mantemento de sistemas. Sistema de seguridade. Non debe interpretarse que os diversos espazos formativos descritos deban diferenciarse necesariamente mediante cerramentos. As instalacións e equipamentos deberán cumprir coa normativa industrial e hixiénico e sanitaria correspondente e responderán ás medidas de accesibilidade universal e seguridade dos participantes. O número de unidades de que se debe dispoñer dos utensilios, máquinas e ferramentas que se especifican no equipamento dos espazos formativos será suficiente para un mínimo de 15 alumnos ou alumnas e deberá incrementarse, no seu caso, para atender a un número superior. No caso de que a formación se dirixa a persoas con discapacidade, realizaranse as adaptacións e os axustes razoables para asegurar a súa participación en condicións de igualdade. 7