Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Xuño Nº Var. Int. 17/16

Documentos relacionados
Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Maio Nº Var. Int. 18/17

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Outubro Nº Var. Int. 18/17

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ano 2009

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

EMPREGO NO SECTOR TURÍSTICO GALEGO

EMPREGO NO SECTOR TURÍSTICO GALEGO

EMPREGO NO SECTOR TURÍSTICO GALEGO

Informe sobre o risco de pobreza e/ou exclusión social en Galicia

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Contratos Rexistrados:

II.- O ESCENARIO MONETARIO

PERFIL DO VISITANTE EN AROUSA NORTE

EMPREGO NO SECTOR TURÍSTICO GALEGO

4.3. construcción. Galicia económica social memoria CES GALICIA. presente capítulo, adicado á construcción, está dividido en tres grandes

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Homes Mulleres. Menores de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

iml informe mecado laboral introducción

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

VARIACIÓN MENSUAL DO PARO REXISTRADO EN GALICIA. AGOSTO

A ÁLISE ESTATÍSTICA SOBRE O TURISMO ESTIVAL E GALICIA (E QUISA DE DESTI O, 2010) (Versión resumida)

Monumento Natural As Catedrais. Perfil do Visitante

OS INDICADORES DEMOGRÁFICOS

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

3.2.- galicia. Estrutura produtiva

II. O escenario Monetario

Informe de Conxuntura socioeconómica I / 2016

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE SANXENXO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. marzo 2010

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

PRINCIPAIS INDICADORES DA MEDIACIÓN DE SEGUROS EN GALICIA EXERCICIO 2016

3.2.- Estrutura produtiva

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia A sinistralidade laboral en Galicia en cifras Abril de 2015

Dossier O líder da prensa en galego

A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE MAIO DE 2018

Indicadores da actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma de Galicia

ESTUDO DE CARACTERIZACIÓN DA DEMANDA TURÍSTICA SANTIAGO DE COMPOSTELA

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia O emprego en 2015: pouco, precario e sen dereitos Setembro de 2015

Estudo do Mercado Laboral Galicia 2013

INDICADORES SOBRE BANDA LARGA Enquisa ás empresas sobre a Sociedade da Información en Galicia

O GASTO ENERXÉTICO NAS NOSAS EMPRESAS: A XESTIÓN EFICIENTE

PREVENCIÓN E SEGURIDADE NO SECTOR FORESTAL SINISTRALIDADE LABORAL NO SECTOR FORESTAL DE GALICIA E DA PROVINCIA DE LUGO

Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017 Abril de 2018

A BRECHA SALARIAL PERSISTE PORQUE SE INFRAVALORA O TRABALLO DAS MULLERES 22 DE FEBREIRO, DÍA POLA IGUALDADE SALARIAL

poboación xitana en paro

Estudo do mercado laboral Galicia 2015

CARACTERIZACIÓN DE SEIS ZONAS DE GALICIA CON DIFERENTE GRAO DE URBANIZACIÓN

INFORME SOBRE COMERCIO EXTERIOR

A Sociedade da Información nas empresas de Galicia

POIO. Directorio. Concello de Poio Praza do Mosteiro, Poio, Pontevedra

DOCUMENTOS A PROBLEMÁTICA DA VIVENDA EN GALICIA

O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO

INFORME SOBRE COMERCIO EXTERIOR

SI A Sociedade da Información. nas empresas TIC de Galicia

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

Indicadores de poboación: decrecemento e envellecemento poboacional en Galicia

Edita: Xunta de Galicia Consellería de Traballo Dirección Xeral de Formación e Colocación Instituto Galego das Cualificacións

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

PREVENCIÓN E SEGURIDADE NO SECTOR FORESTAL

SÍNTESE DE RESULTADOS ESTATÍSTICOS 2009

A POBREZA E A EXCLUSIÓN SOCIAL EN GALICIA

II. O escenario Monetario

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia Sete anos negativos para o emprego que o 2015 non contribúe a paliar Febreiro de 2016

Observatorio Ocupacional Instituto Galego das Cualificacións Dirección Xeral de Emprego e Formación Consellería de Traballo e Benestar Xunta de

I. A Economía Galega. O seu contorno

INFORME SOBRE COMERCIO EXTERIOR

INFORME SOBRE COMERCIO EXTERIOR

Elabora: Instituto Galego das Cualificacións Edita: Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Dirección Xeral de Emprego e Formación

Matemática Financeira

Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2016 Abril de 2017

A poboación mundial 1. Cifras e distribución 2. Movemento natural 3. Contrastes demográficos 4. As migracións Carlos Díaz Diéguez - IES As Mariñas

O recambio xeracional en ocupacións do mercado laboral galego O RECAMBIO XERACIONAL EN OCUPACIÓNS DO MERCADO LABORAL GALEGO

e diferente ter un bo a camiñar.

SÍNTESE DE RESULTADOS ESTATÍSTICOS 2008

AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE NO MERCADO LABORAL GALEGO 2011

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

PARO REXISTRADO POR GRUPOS DE IDADE

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

Informe VIH-sida en Galicia: Diagnósticos de infección polo VIH: Casos de sida:

A MULLER NO MUNDO LABORAL

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

O CONTRATO DE TRABALLO

Estudo do mercado laboral. Galicia 2011

SÍNTESE DE RESULTADOS ESTATÍSTICOS 2007

A Sociedade da Información e os autónomos de Galicia. Edición 2015

ESTRATEXIA DE COOPERACIÓN DO RÍO MINHO TRANSFRONTEIRIZO 2030 PRIMEIRO BORRADOR

Política e Obxectivos de Calidade

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

A Economía Galega Informe Resumo Executivo

A orde das axudas do Plan Apícola 2018 será publicada no mes de marzo. A subvención repartirase nesta orde prioridade e coa porcentaxe máxima de:

CAMPA A RESGAL

Estado da Sociedade da Información en Galicia Resumo executivo

SÍNTESE DE RESULTADOS ESTATÍSTICOS 2012

Enquisa sobre a percepción da violencia de xénero en Galicia

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

Informe sobre as demencias e a discapacidade

!"! " # $"% " & # ' "$( ) $% $

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Transcrição:

XUÑO 2017 Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Xuño 2017 ESPAÑA GALICIA VIAXEIROS 10.608.777 4,2% 460.539 0,4% NOITES 36.550.738 6,2% 859.230 8,5% ESTADÍA MEDIA 3,45 1,9% 1,87 8,0% % OCUPACIÓN 66,45% 3,28 40,94% 2,80 % OCUPACIÓN Fds 71,91% 2,62 47,57% 1,97 Fonte: Elaboración propia a partir de EOH No pasado mes de xuño Galicia rexistrou un incremento global da demanda hoteleira -medida en pernoctacións- do 8,5% auspiciado por un suave crecemento da cifra de viaxeiros aloxados do 0,4%- e, sobre todo, por unha mellora da estadía media que supera nun 8,0% as cifras do pasado ano-. É o cuarto ano consecutivo no que se observa unha mellora dos niveis de demanda hoteleira no mes de xuño. Logo das caídas rexistradas en 2011 e 2012 por mor do efecto pos-xacobeo nun contexto de crise- o volume de pernoctacións hoteleiras estabilízase en 2013 e comeza en 2014 unha senda positiva cun incremento do 8,3% que terá continuidade nos tres anos posteriores con subas do 12,8% en 2015, do 4,5% en 2016 e do 8,5% en 2017-. Esta dinámica positiva eleva a cifra final a case 860 mil noites, dato que supón un máximo histórico na nosa nunca antes se conseguira superar a barreira das 800 mil noites neste sexto mes do ano-. En termos de viaxeiros aloxados a evolución é semellante. A tendencia positiva comeza neste caso en xuño de 2013 e concatena cinco anos consecutivos de crecemento desta variable, con porcentaxes variables do 8,7% en 2013, do 6,7% en 2014, do 19,2% en 2015, do 5,4% en 2016 e do 0,4% agora en 2017-. O resultado desta dinámica eleva a cifra final de viaxeiros aloxados a 460 mil, dato que supón tamén un máximo histórico na nosa comunidade. En termos de volume a variación tradúcese en preto de dous mil novos viaxeiros e en algo máis de 67 mil novas pernoctacións en relación a xuño de 2016. A nivel estatal obsérvase un comportamento semellante aínda que con diferente intensidade: sobe a cifra de viaxeiros aloxados nun 4,2% e tamén o volume de pernoctacións, un 6,2% neste caso. Esta dinámica positiva vén como consecuencia dos incrementos rexistrados en practicamente todas as comunidades autónomas, coa excepción de Castela A Mancha -que amosa unha leve caída do 0,3% en relación ao pasado ano-. Son comunidades do norte peninsular, e concretamente A Rioxa, Cataluña e o País Vasco, as que amosan maior dinamismo neste mes de xuño rexistran os incrementos de maior intensidade neste caso con subas do 15,0%, 12,4% e 11,6% respectivamente-. Nun segundo grupo sitúase a C. Valenciana que rexistra un crecemento do 9,4%- e Galicia e Navarra con incrementos do 8,5% interanual-. 1

No lado contrario son Murcia e Aragón os destinos que amosan un crecemento máis moderado, menos intenso do contorno do 2% interanual neste caso-. En termos de viaxeiros aloxados o ranking difire sensiblemente. Neste é a C. Valenciana a que presenta o incremento máis notable, do 8,3%, seguida de Cantabria e Cataluña con porcentaxes próximas ao 8% interanual-. Galicia neste caso rexistra o incremento máis suave e moderado de todas as comunidades autónomas. Baleares con algo máis de 9,4 millóns de pernoctacións hoteleiras- é o destino que lidera o mercado turístico hoteleiro neste mes de xuño absorbendo o 25,8% do total estatal-. Tal circunstancia acontecera xa no pasado mes de maio e contraponse, sen embargo, ao que viña acontecendo nos catro primeiros do ano cando Canarias lideraba, e con certa distancia, o mercado hoteleiro a nivel estatal. Seguen en orde de importancia Cataluña con preto de 6,7 millóns-, Canarias con preto de 5,7 millóns de pernoctacións-, Andalucía con algo máis de 5,5 millóns-, a C. Valenciana con pouco máis de 2,9 millóns- e Madrid con case 2,1 millóns neste caso-. Só estas seis comunidades absorben en conxunto ao 88,5% do total da demanda hoteleira de España. Galicia ocupa neste mes a sétima posición por vez primeira no que vai de ano- representando o 2,4% do total estatal. En termos de mercado obsérvase un comportamento homoxéneo dos tres grandes segmentos, con variacións positivas de diversa intensidade e xustificación. O turismo interno aquel representado polos residentes en Galicia- presenta un incremento do 13,9% no volume de pernoctacións hoteleiras auspiciado por unha leve suba da cifra de viaxeiros pero sobre todo por unha mellora da estadía media. É o cuarto ano consecutivo no que o mercado interno amosa un comportamento positivo no mes de xuño, con incrementos de diversa intensidade máis notables en 2015 e agora en 2017-. Tal circunstancia eleva o nivel de demanda interna a 200 mil noites, a cifra máis alta desde o ano 2008. O mercado receptor nacional aquel conformado polos españois procedentes doutras comunidades autónomas- presenta tamén un comportamento positivo pois supera nun 6,3% os niveis de demanda do pasado ano medida en pernoctacións- grazas neste caso ao incremento da estadía media pois a cifra de viaxeiros españois aloxados descende un 1,7%. O crecemento global deste segmento de mercado permite xerar máis de 23 mil novas pernoctacións en relación ao pasado ano e situar o nivel en pouco máis de 390 mil no conxunto da comunidade a cifra máis elevada dos últimos sete anos-. Desde o punto de vista dinámico o mercado receptor nacional vén amosando unha tendencia positiva desde o 2014, con crecementos continuados de intensidade variable. O turismo internacional mantén a senda positiva dos últimos meses e presenta tamén un incremento da demanda en relación ao pasado ano. Supera nun 1,7% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 7,8% o nivel de pernoctacións de xuño de 2016. Este crecemento engádese aos rexistrados nos catro anos anteriores do 19,4% en 2013, do 8,6% en 2014, do 18,4% en 2015 e do 4,5% en 2016- acumulando, por tanto, cinco anos consecutivos de comportamento positivo neste mes de xuño dato que confirma neste caso que a temporada media en xeral é moi favorable ao turismo internacional en Galicia. 2

Con esta dinámica o mercado internacional acada neste 2017 máximos históricos de demanda no mes de xuño con pouco máis de 171 mil viaxeiros aloxados e case 268 mil noites nos establecementos hoteleiros da comunidade. A importancia do turismo internacional en Galicia no mes de xuño vén reflectida polo seu peso no conxunto da demanda. Supón en 2017 o 37% dos viaxeiros aloxados e o 31% das pernoctacións totais da comunidade cifras moi importantes que en todo caso quedan por debaixo das rexistradas no pasado mes de maio-. A nivel territorial obsérvase un comportamento dispar da demanda hoteleira, con incrementos en tres das catro provincias galegas. Marca a excepción Lugo, provincia na que os niveis de demanda caen un 3,8%. Pontevedra marca o crecemento máis notable superando nun 14,5% os niveis de xuño do pasado ano grazas ao incremento parello da cifra de viaxeiros e da estadía media-. En A Coruña e Ourense rexístranse tamén melloras do 8,7% na primeira e de pouco máis dun 1% na segundacomo consecuencia neste caso de melloras da estadía media pois a cifra de viaxeiros aloxados mantense relativamente estable. A estadía nos hoteis e pensións de Galicia sobe neste mes de xuño un 8,0% en particularsituándose en case 1,9 noites de media. Este incremento rompe coa tendencia de caídas consecutivas da estadía media nos oito anos anteriores só puntualmente amortiguada por un leve incremento en 2014- que levaron a cifra final a mínimos históricos con 1,7 noites en xuño de 2016. A pesar da suba rexistrada, o nivel continúa sendo baixo en comparación coas cifras que se rexistraban, por exemplo, en 2007 ou 2008 cando se aproximaba a 2,2 noites neste sexto mes do ano-. O incremento dos niveis de demanda prodúcese nun contexto de leve suba da oferta dispoñible o volume de prazas ofertadas incrementouse un 1,0% en relación ao mes de xuño do pasado ano, cifra inferior á da suba das pernoctacións-, circunstancia que permite mellorar os niveis de ocupación do sector en particular, sobe en 2,8 puntos porcentuais para situarse no 40,9% de media-. Son cinco anos consecutivos de mellora dos niveis de ocupación hoteleira en Galicia no mes de xuño, circunstancia que coloca o dato de 2017 no máis elevado desde o 2004 penúltimo Xacobeo-. Con todo Galicia segue rexistrando unha das cifras máis baixas do conxunto do Estado se ben neste mes supera as cifras de cinco comunidades en concreto Castela e León, Asturias, Aragón, Estremadura e Castela A Mancha-. Dista moito da cifra rexistrada en Baleares destino que lidera o ranking a nivel estatal cun promedio do 84,9%-. A media do conxunto de España sitúase no 66,45%. En termos dinámicos obsérvase que o nivel de ocupación mellora en todas as comunidades autónomas. Cataluña é neste caso o destino que amosa o incremento máis destacado, de 7,4 puntos porcentuais en relación ao pasado ano. No lado contrario é xustamente Baleares o destino que amosa menor dinamismo pois mantense en niveis do pasado ano. As tarifas hoteleiras en Galicia increméntanse neste sexto mes do ano un 4,8%- situándose en 55,7 euros de media cifra semellante ás de abril e maio e que supera neste caso os valores rexistrados en Asturias, Estremadura, Castela A Mancha e Aragón-. Madrid é o destino que presenta as tarifas hoteleiras máis elevadas neste mes de xuño con 101,5 euros de media. Acadan tamén cifras importantes, por encima da media estatal, Baleares con 97,5 euros-, Cataluña con 3

95,3 euros- e o País Vasco con 88,9 euros-. Estas catro sitúanse por encima da media estatal, que neste queda nos 87,5 euros de media. Os prezos hoteleiros soben en boa parte das comunidades autónomas destacando en intensidade Madrid cun incremento do 23,9%-, e nun segundo termo Baleares e Cataluña cunha suba do contorno do 11% en ambos casos-. O incremento das cifras de demanda e dos niveis de ocupación neste mes de xuño, acontecida nun contexto de crecemento dos prezos hoteleiros, ten como consecuencia que os establecementos hoteleiros de Galicia melloren sensiblemente os niveis de rendibilidade en relación ao mesmo período de 2016 o RevPAR sobe un 10,3% ata situarse en 25,5 euros de ingreso medio por habitación dispoñible, a sexta cifra máis baixa do conxunto do Estado-. Os establecementos hoteleiros de Baleares con 85,7 euros de ingreso medio por habitación dispoñible- son os que presentan un maior nivel de rendibilidade neste mes de xuño. Sitúase por diante das restantes comunidades entre as que destacan Madrid con 81,0 euros-, Cataluña con 72,3 euros- e Canarias con 71,6 euros neste caso-. No lado contrario marca o valor máis baixo Castela A Mancha con menos de 20 euros de media-. En termos dinámicos é tamén Madrid o destino onde se rexistra un incremento máis intenso do RevPAR hoteleiro, superando nun 31,2% o valor do pasado ano. Presenta tamén subas importantes Cataluña do 20,5% neste caso-. 4

1º SEMESTRE 2017 Tab. 2. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. 1º Semestre 2017 ESPAÑA GALICIA VIAXEIROS 47.134.464 4,8% 1.787.663 4,5% NOITES 147.031.820 4,5% 3.219.192 7,6% ESTADÍA MEDIA 3,12-0,4% 1,80 2,9% % OCUPACIÓN 56,67% 2,29 30,66% 2,59 Fonte: Elaboración propia a partir de EOH No primeiro semestre deste ano 2017 Galicia rexistra un incremento da cifra de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros, do 4,5% en relación ao mesmo período do pasado ano, acadando preto de 1,8 millóns. Sobe tamén o volume de pernoctacións un 7,6% neste caso- con algo máis de 3,2 millóns no conxunto da comunidade. O incremento da demanda deste ano engádese ao rexistrado nos tres anteriores. O volume de pernoctacións sobe un 4,1% no primeiro semestre de 2014 -rompendo unha serie de caídas consecutivas nos tres anos anteriores-, un 7,9% en 2015 e un 5,0% en 2016. Son, por tanto, catro anos consecutivos de crecemento no conxunto dos seis primeiros meses do ano, circunstancia que permite superar levemente os 3,2 millóns de pernoctacións neste período a cifra máis elevada dos últimos sete anos-. En termos de viaxeiros aloxados a evolución é parella. O incremento deste ano engádese ao rexistrado nos catro anteriores neste caso continuando por tanto coa tendencia positiva iniciada no primeiro semestre de 2013. Desta maneira, os incrementos consecutivos do 1,1% en 2013, do 6,2% en 2014, do 12,8% en 2015, do 6,4% en 2016 e do 4,5% agora en 2017 elevan a cifra global a preto de 1,8 millóns no conxunto da comunidade, cifra que supón neste caso un máximo histórico en Galicia. A nivel estatal obsérvase tamén un comportamento positivo da demanda de similar intensidade: sobe a cifra de viaxeiros aloxados, nun 4,8%, e tamén o nivel de pernoctacións, un 4,5% neste caso. Tal circunstancia vén como consecuencia dos incrementos observados en todas as comunidades autónomas, isto é, obsérvase un comportamento homoxéneo a nivel dos distintos territorios do Estado. Neste contexto destacan dúas comunidades Cantabria e o País Vasco- por presentar os incrementos máis notables pois superan nun 10,1% e 9,5%, respectivamente, os niveis do mesmo período do pasado ano-. Nun segundo grupo, con incrementos tamén notables do contorno do 8% interanual, sitúanse Aragón e Galicia. Así pois, son as comunidades do norte peninsular as que lideran o crecemento da demanda hoteleira en termos relativos- no conxunto do Estado. Neste contexto Galicia ocupa a cuarta posición en termos de intensidade participando por tanto do contexto positivo no conxunto de España. 5

En termos de viaxeiros aloxados acontece algo semellante. Obsérvase un crecemento xeneralizado que lideran neste caso dous destinos concretos: Cantabria e Aragón. Canarias con preto de 33,9 millóns de pernoctacións hoteleiras- é o destino que lidera o mercado turístico hoteleiro neste primeiro semestre do ano absorbendo o 23,0% do total estatal-. Seguen en orde de importancia Cataluña con algo máis de 24,2 millóns-, Andalucía con 23,0 millóns- e Baleares con pouco máis de 21,8 millóns-, por diante da C. Valenciana con algo máis de 12,6 millóns- e Madrid con pouco máis de 11,6 millóns neste caso-. Só estas seis comunidades absorben en conxunto ao 86,5% do total da demanda hoteleira de España. Galicia ocupa neste período a oitava posición representando o 2,2% do total estatal. En termos de mercado obsérvase un comportamento homoxéneo dos tres grandes segmentos, con crecementos de diversa intensidade. O turismo interno aquel representado polos residentes en Galicia- presenta un incremento do 5,2% no volume de pernoctacións hoteleiras auspiciado pola mellora da cifra de viaxeiros aloxados, do 2,5% e unha mellora da estadía media. É o cuarto ano consecutivo no que se observa un comportamento positivo deste segmento nos primeiros seis meses ao crecemento deste ano hai que engadir a suba rexistrada en 2014, do 0,7%, en 2014, do 1,8%, e en 2015, do 2,6% neste caso-. O resultado global sitúa o nivel de pernoctacións en pouco máis de 923 mil, a cifra máis elevada dos últimos seis anos. En termos de viaxeiros aloxados o mercado interno acada 524 mil neste período, o dato máis elevado desde o 2008. O mercado receptor nacional aquel conformado polos españois procedentes doutras comunidades autónomas- presenta tamén un comportamento positivo superando nun 4,9% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 7,9% o volume de pernoctacións. Este incremento engádese tamén aos rexistrados nos tres anos anteriores do 4,8% en 2014, do 9,2% en 2015 e do 5,5% en 2016- acumulando por tanto algo máis de 1,44 millóns de pernoctacións nos establecementos hoteleiros de Galicia a cifra máis elevada dos últimos sete anos-. Neste período de seis meses o peso do mercado receptor nacional ascende ao 44,9% do total da demanda hoteleira. O turismo internacional mantén a senda positiva dos últimos meses e presenta un incremento importante en relación ao pasado ano. Supera nun 6,1% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 9,7% o nivel de pernoctacións do mesmo período de 2016. É o quinto ano consecutivo no que o mercado internacional amosa un comportamento positivo no primeiro semestre do ano, con crecementos sostidos que permiten acadar máximos históricos de demanda con preto de 533 mil viaxeiros aloxados e 851 mil noites nos establecementos hoteleiros de Galicia. O mellor comportamento relativo do turismo internacional fronte ao nacional permite ao primeiro gañar cuota de mercado en Galicia e representar xa o 26,5% do total da demanda neste período de seis meses cifra que tamén supón un máximo histórico na nosa comunidade-. O incremento da demanda prodúcese nun contexto de leve caída da oferta, isto é, do número de prazas dispoñibles no conxunto de Galicia, o que permite mellorar os niveis de ocupación. En particular, sobe en 2,6 puntos porcentuais ata situarse no 30,7% de media neste primeiro semestre a cifra máis elevada dos últimos nove anos-. Son catro anos consecutivos de mellora dos niveis de ocupación neste período. 6