A atención do Presidente e da Corporación do Concello de Chantada

Documentos relacionados
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

A cidade do Século XXI afronta diversos retos derivados dunha nova conciencia medioambiental e dunha nova concepción dos espazos urbanos.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Plan de Sistemas TIC na Administración de Xustiza en Galicia

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

1.- Organización da Escola de Primavera:

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

Elabora: Instituto Galego das Cualificacións Edita: Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Dirección Xeral de Emprego e Formación

Que é a... Responsabilidade Civil Xeral?

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4565

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

Que é unha rede de ordendores?

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

Indicadores sobre Banda Larga. Enquisa ás empresas sobre a Sociedade da Información en Galicia Ano 2012 Edición 2012

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES SECCIÓN 08

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

PROGRAMA DE GOBERNO PARA AS BASES DUN NOVO MODELO ECONÓMICO E SOCIAL PARA GALICIA

1. NORMAS XERAIS: CRITERIOS DE VALORACIÓN. 2. ESTIMACIÓN SIMPLIFICADA DOS PRESUPOSTOS DE EXECUCIÓN MATERIAL DA EDIFICACIÓN.

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria

Educación Financeira. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria.

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

4. A LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO EN GALIZA Xosé Veiras García

2.4. SANTIAGO DE COMPOSTELA. NODO DE CALIDADE URBANA Perfil urbano de Santiago

PROCEDEMENTO DE CONEXIÓN A SERVIDORES E EQUIPOS DA REDE DE DATOS INTERNA DA UDC

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

A poboación mundial 1. Cifras e distribución 2. Movemento natural 3. Contrastes demográficos 4. As migracións Carlos Díaz Diéguez - IES As Mariñas

#UN CONCELLO PARTICIPATIVO

A) COMPROMISOS PROGRAMÁTICOS

05 Movémonos mellor?

SmartPeme Pontevedra Un novo impulso para as pemes e os autónomos da provincia

ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO RURAL PARTICIPATIVO LEADER DE GALICIA

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

CONCELLOS GALEGOS. Publicación trimestral da Federación Galega de Municipos e Provincias

PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL (con)trato feito!

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso

A 21 de Abril de Estimado Alcalde:

ÍNDICE PROGRAMA 2015

SEA. Seguridade e medio ambiente

III PLAN DE IGUALDADE

MESTRADO EN PROCESOS DE DESEÑO E FABRICACIÓN MECÁNICA

Os Grupos de Acción Costeira (GAC) no marco do eixe 4 do FEP Santiago de Compostela,15 de xullo de 2008

Consellería de Traballo e Benestar

1. Ámbito dos orzamentos, contido e estrutura

Proxecto de orde do de de 2015, pola que se regula a composición, organización e funcionamento dos consellos de saúde de área.

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

REFERENCIA DO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA QUE TIVO LUGAR EN SAN CAETANO O 18 DE MAIO DE 2017, BAIXO A PRESIDENCIA DO SR. D. ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

Estatística de familias numerosas 2015 Operación estatística n.º

Plan Galego de Política Familiar

Proxecto Educativo. Conservatorio Profesional de Música. Santiago de Compostela

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

DOG Núm. 129 Mércores, 6 de xullo de 2011 Páx

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

REDUCIR REUTILIZAR RECICLAR. Por unha xestión máis sostible do lixo e menos custosa SEPARAR PARA

INFORME MULLER E MERCADO LABORAL EN GALIZA Natividade López Gromaz Gabinete Confederal de Economía

1. TÍTULO DO PROGRAMA/ AXUDA PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

vacaloura como unha piña SETEMBRO 2005 BOLETÍN DO PROXECTO NATUREZA VIVA

O BARCO DE VALDEORRAS

Potencias e radicais

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia Texto consolidado

Guia de financiamento comunitario

O Software Libre naspequenase Medianas Empresas de Galicia

Programa de Goberno Eleccións ao Parlamento de Galiza, xuño 2005

PROGRAMA FORMATIVO Competencia Clave: Comunicación en lingua galega - N2

ANTEPROXECTO DE LEI DE APOIO Á FAMILIA E Á CONVIVENCIA DE GALICIA EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

PROCESO SELECTIVO LISTA POSTO EDUCADOR/A EDUCADOR/A TITOR/A Primeiro exercicio (exame B)

Borrador de DECRETO POLO QUE SE REGULA O SISTEMA DE CARREIRA PROFESIONAL NO SISTEMA PÚBLICO DE SAÚDE DE GALICIA.

MANUAL DE IDENTIDADE CORPORATIVA DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

DOCUMENTACIÓN DUNHA EXPLOTACIÓN GANDEIRA MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia O emprego en 2015: pouco, precario e sen dereitos Setembro de 2015

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal

POR UN MODELO DE CONCELLO ECONOMICAMENTE VIVO SOCIALMENTE XUSTO E AMBIENTALMENTE SUSTENTABLE. Pontevedra

LEI ORGÁNICA 3/2007, DO 22 DE MARZO, PARA A IGUALDADE EFECTIVA DE MULLERES E HOMES.

Plan de Mercados Excelentes de Galicia

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Homes Mulleres. Menores de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

VII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes

I. Disposicións xerais

PROXECTO DE DECRETO /2015, do xxx de xxx polo que se regula a certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia.

da Linguaxe e Estudos Literarios Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre 6 OP 3 2c

FICHA TÉCNICA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS

Guía de actividades: Educación ambiental Educación para o consumo

BS402B - Novo ingreso/renovación de praza en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal da Xunta de Galicia.

PLAN DE SEGUIMENTO DA SUSTENTABILIDADE DO PLAN XERAL DE ORDENACION MUNICIPAL DO CONCELLO DE VIGO

Projetos desenvolvidos

PLAN ESTRATÉXICO ALLARIZ 2020

Transcrição:

A atención do Presidente e da Corporación do Concello de Chantada MOCIÓN DE POR CHANTADA-CUP A PROL DUN NOVO PLANO DE TRANSPORTE PARA A GALIZA E DO ARRANXO DA 540. Antom Fente Parada, membro de pleno direito da Corporación do Concello de Chantada e voceiro do grupo municipal Por Chantada-CUP, apresento ao abeiro do disposto nos artigos 94.1 e 94.2 do Regulamento Orgánico Municipal e 91.4 e 97.2 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais a seguinte MOCIÓN para a súa discusión e aprobación, se procede, relativa á Moción de Por Chantada-CUP a prol dun novo Plano de transporte para a Galiza e do arranxo da 540. A tal efeito, apresento para a súa discusión, co alvo de suscitar a UNANIMIDADE da CORPORACIÓN que permita a súa aprobación, a seguinte EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: A Galiza necesita outra política de Transporte. Unha política integral que teña como obxectivo prioritario a articulación territorial do país. Articulación que debe estar vertebrada por unha interconexión de calidade entre áreas metropolitanas, núcleos vilegos, zonas periurbanas e rurais, capaz de dar resposta ás demandas de mobilidade presentes e futuras da nosa poboación. Este papel en Europa xógano os trens de proximidade, aquí en retoceso e moi afastado de Chantada en canto se promete electoralmente o TAV que só ameaza o medio ambiente e beneficia as grandes concesionarias como ACS. Así as cousas, o Estado español cunhas comunicacións moi deficientes é o terceiro do mundo con máis quilómetros de TAV, aínda que cun volume de pasaxeitos e uso ridículo se o comparamos con Xapón e a Franza. Lembramos aquí, pois, o que xa trouxemos a este órgano colexiado con motivo da nosa Moción para a defensa do direito ao transporte público da cidadanía de Chantada 1 cando a publicación da Resolución do 29 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se someten a información pública anteproxectos 1 https://porchantada.files.wordpress.com/2017/08/mocic3b3n-de-por-chantada-cup-para-a-defensa-do-direito-aotransporte-pc3bablico-da-cidadanc3ada-de-chantada.pdf

de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada (DOG nº 101 do 30/05/2017, páx. 26103). Daquela, respondemos á demanda de moitas cidadás e cidadáns que denunciaban a marxinalización da nosa comarca nos transportes. Novos problemas nos transportes en Chantada chegaron tamén nestes días ao Parlamento, da mao da deputada Paula Vázquez Verao, ao igual que, tanto o PSOE canto En Marea, levaron ao Hórreo a desastrosa situación da N-540. Resulta pois, como dicíamos na nosa moción, fundamental, transcender a dimensión espacial do termo transporte (centrado no acto físico de portar mercadorías e persoas) e introducir a dimensión social que leva consigo implícita a mobilidade, centrada na capacidade das persoas para exercer un desprazamento. Dimensión social transversalizada en todo momento por un elemento clave: a accesibilidade. Atopámonos nun momento transcendental para que as galegas e galegos poidamos contar cun Plano de Transporte Público de Galiza que dea respostas concretas e efectivas a problemáticas históricas do noso territorio. O límite temporal fixado pola Lei 10/2016 de Medidas Urxentes para a Actualización do Transporte Público, obriga á aprobación do Plano de Transporte 21 meses despois da súa entrada en vigor, polo que se conta cun horizonte de tan só 10 meses por diante para a súa aprobación. Temos por tanto, a OPORTUNIDADE E A RESPONSABILIDADE de acometer coa máxima premura os traballos que sexan necesarios para que a elaboración do Plano de Transporte de Galiza conte coa máxima participación e diálogo social, garante de que se fixe como eixo fundamental a optimización do servizo en base a criterios de rendibilidade social, sostibilidade, transparencia e necesidade. Temos a oportunidade e a responsabilidade de que o Plano de Transporte sexa froito dunha planificación integral da mobilidade do país artellada baixo os principios de solvencia técnica, rigor técnico e máxima seguridade xurídica. A Sentenza do Tribunal Supremo de marzo de 2016, que anulou 129 concesións de transporte público por estrada, prorrogadas pola Xunta apelando a criterios contrarios á lei, dan boa conta do desleixo e da irresponsabilidade co que foi tratado un sector estratéxico para o noso país. Un sector no que o Partido Popular leva décadas favorecendo a creación dun mercado do transporte en beneficio das grandes compañías, pondo por riba dos dereitos das persoas, criterios mercantís e de redución de custos. É unha obriga para o futuro do noso país mudar o rumbo. Galiza non entrará no S.XXI até non ter unha rede de transporte público de calidade polo que cómpre pór todos os esforzos en acadala e, aliás, en conseguir que Chantada teña o seu espazo nese deseño de país (algo que vai moi alén da simples reclamación do arranxo da N-540 e no que non se está traballando).

plano: Para a Candidatura de Unidade Popular deben ser PRINCIPIOS REITORES deste novo Garantir o dereito á mobilidade: toda planificación da mobilidade no noso país debe estar fundamentada no beneficio social e na procura da mellora da calidade de vida da poboación, reducindo os tempos empregados nos desprazamentos e garantindo que se poidan exercer dentro de parámetros de equidade e xustiza social, con independencia de renda e lugar de residencia. Garantir un transporte público de calidade, capaz de dar alternativa real ao vehículo privado, con independencia dos factores socioeconómicos das persoas usuarias. Un transporte público de calidade será aquel que polas súas características sexa percibido como atractivo e útil pola poboación de forma transversal, cunha tipoloxía de usuario que abranga todas as franxas de idade, renda ou lugar de residencia Mellorar a calidade ambiental e impulsar a soberanía enerxética. Dispor dun transporte público efectivo incidirá nun uso racional do vehículo privado, este feito leva aparellada sen dúbida unha redución de emisións de CO2 e de gases contaminantes, así como unha diminución do consumo enerxético global. Garantir a Accesibilidade en todo o Transporte Público Apostar polo equilibrio territorial e pola proximidade: a rede de transporte público debe ser vector de equilibrio entre os diversos territorios, garantindo o acceso a servizos a toda a poboación con independencia do seu lugar de residencia. Debe requirir especial atención o fomento dun transporte de proximidade. Impulsar o dinamismo económico: a mobilidade debe permitir favorecer o atractivo das actividades terciarias, converténdose nun instrumento para desenvolvemento económico do país, contribuíndo en definitiva á dinamización económica do mesmo. Integrar a todos os colectivos e administracións implicados. Deben estar integrados todos os colectivos e axentes con implicación na materia dentro dun marco de colaboración activa, existindo unha participación real no proceso. Ao mesmo tempo que se debe contar con todas as administracións con facultade e competencia na materia para traballar en prol dun dereito que afecta á vida cotiá da poboación. Polo exposto anteriormente demandamos do PLENO a aprobación dos seguintes ACORDOS: 1.- Instar ao Ministerio de Fomento a arranxar e rexenerar o firme da N-540 coa maior celeridade posíbel.

2.- Instar a Xunta de Galicia a: Elaborar un novo modelo de mobilidade que vertebre un novo modelo de país. Un modelo que responda ás necesidades reais da poboación, froito do diálogo social dentro dun marco de colaboración activa e baixo criterios de beneficio social sobre os beneficios monetarios, un modelo elaborado nun marco de participación social e transparencia. Constituír unha Mesa para o Diálogo do Transporte Público con representantes da Xunta, sindicatos e empresas do sector, FEGAMP e Deputacións, direccións de colexios e ANPAS, para alén de asociacións da sociedade civil que sumen representatividade, coñecementos e capacidade propositiva para podermos, así, articular un espazo de información, deliberación, debate e deseño participativo do novo Plan de Transporte Público de Galiza. Deseñar unha rede de transporte colectivo atractivo polo número de frecuencias e rutas, baixo as premisas de fiabilidade, puntualidade, accesibilidade e competitividade en tempos. Artellar o país coa lóxica metropolitana e comarcal, impulsando medidas como a conexión coas cabeceiras de comarca, implantación de aparcamentos disuasorios nas contornas das áreas urbanas e introdución do transporte urbano onde non exista. Impulsar a intermodalidade con outros medios de transporte, implementando sistemas de xestión e tarifarios unificados para para incluír, ademáis dos autobuses urbanos e metropolitanos, novas opcións coma os ferrocarrís de proximidade, tranvías e metros lixeiros, transporte marítimo metropolitano, etc. Deseñar unha rede de transporte colectivo tendo en contas as diferentes áreas funcionais, dando cobertura e conexión aos principais nodos atractores de mobilidade como hospitais, universidades, centros comerciais, polígonos industriais, estacións, etc. Fomentar outras formas de mobilidade sostible, tanto ciclista como peonil. Garantir a mobilidade en espazos rurais e zonas de baixa densidade de poboación mediante a implantación progresiva de concesións zonais, uso de vehículos de transporte colectivo de

menor tamaño e outras iniciativas como programas de transporte a demanda ou transporte escolar compartida. Integrar o transporte marítimo e desenvolver sistemas integrados de transporte colectivo, nos espazos de maior densidade litoral como as Rías Baixas e a Mariña de Lugo. 3.- Comprometernos, canto Concello, a proceder a peonalización do Casco histórico de Chantada, xa propugnada no PEP, e a impulsar un estudo sobre necesidades comarcais de transporte e propostas para incorporar ao novo Plano de transportes antes do remate deste ano 2018. 4.- Remitir este acordo ás Corporacións municipais polas que pasa a N-540 e á FEGAMP para que, se o consideraren oportuno, adopten acordos análogos. Asinado electronicamente polo voceiro do GM de Por Chantada-CUP