COMO PODE AXUDARME O SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA?

Documentos relacionados
BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Segundo.- Derrogar a Resolución Reitoral da UDC do 8/09/2016. ANEXO I

1. TÍTULO DO PROGRAMA/ AXUDA PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

Probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Formación Profesional Básica Novidades normativas. Xornada para orientadores Servizo de Ordenación e Formación Profesional

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Convocatoria ordinaria de 2014

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III

Elabora: Instituto Galego das Cualificacións Edita: Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Dirección Xeral de Emprego e Formación

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

1.- Organización da Escola de Primavera:

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

Con respecto á anualidade 2018, está previsto un gasto de ,00.

Educación Financeira. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria.

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Homes Mulleres. Menores de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO: de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

SmartPeme Pontevedra Un novo impulso para as pemes e os autónomos da provincia

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

NORMATIVA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (Aprobada no Consello de Goberno do 23 de novembro de 2016)

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ALUMNADO QUE PODE PRESENTARSE Á PROBA ESTRUTURA DA PROBA

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

Regulamento de Prácticas en Empresa do Máster de Enerxía e Sustentabilidade

Estatística de familias numerosas 2015 Operación estatística n.º

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

Artigo 1.- OBXECTO DO REGULAMENTO. Artigo 2.- TITULARIDADE E ADMINISTRACIÓN DA MARCA.

DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx

Nº DE POSTO DE TRABAJO POSTOS CUALIFICACIÓN PROFESIONAL

DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2017 Páx

ACCESo aos Novos CERTiFiCADoS de PRoFESioNALiDADe. NiVEiS 2 e 3 de CUALiFiCACióN PRoFESioNAL

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia O emprego en 2015: pouco, precario e sen dereitos Setembro de 2015

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA PROFESIONAL E FORMACIÓN NON FORMAL

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA

SOCIOCULTURAIS SETEMBRO 2010

DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx

POSTOS BASE DO GRUPO II

DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4565

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso

PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN E O CONTROL DO ABSENTISMO ESCOLAR EN GALICIA

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

O Software Libre naspequenase Medianas Empresas de Galicia

PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL (con)trato feito!

Que é unha rede de ordendores?

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

Plan de Sistemas TIC na Administración de Xustiza en Galicia

I xornada internacional dos bancos do tempo. Galicia reduciu en febreiro nun 37% o seu peso no paro estatal INFORME DO PARO REXISTRADO

Programa para maiores

CONCELLO DA MOI HOSPITALARIA VILA DE MONDARIZ BALNEARIO

PROGRAMA FORMATIVO Competencia Clave: Comunicación en lingua galega - N2

DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx

PLAN ESTRATÉXICO DE IMPULSO AO COMERCIO DE GALICIA

DOCUMENTACIÓN DUNHA EXPLOTACIÓN GANDEIRA MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE

GUÍA PRÁCTICA DE SINALIZACIÓN.: RISCOS LABORAIS :.

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño

MANUAL DE CALIDADE SISTEMA DE GARANTÍA INTERNA DE CALIDADE ESAD DE GALICIA

4.196 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 54 L Venres, 16 de marzo de 2007

Consellería de Traballo e Benestar

II Plan de Igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo 2016/19

A poboación mundial 1. Cifras e distribución 2. Movemento natural 3. Contrastes demográficos 4. As migracións Carlos Díaz Diéguez - IES As Mariñas

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Consellería de Economía, Emprego e Industria

DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2016 Páx

DISPOÑO CAPÍTULO I. Disposicións xerais

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

A cidade do Século XXI afronta diversos retos derivados dunha nova conciencia medioambiental e dunha nova concepción dos espazos urbanos.

BS402B - Novo ingreso/renovación de praza en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal da Xunta de Galicia.

Decreto 139/2013 Técnico en obras de interior, decoración e rehabilitación

Acceso ao sistema universitario de Galicia PAU e Preinscrición Instrucións para os estudantes

ANTEPROXECTO DE LEI DE APOIO Á FAMILIA E Á CONVIVENCIA DE GALICIA EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

OLLO_cos ollos. unha visión saudable_ dende a Atención Primaria

ll Plan Municipal DE IGUALDADE DE CULLEREDO

PROCEDEMENTO DE CONEXIÓN A SERVIDORES E EQUIPOS DA REDE DE DATOS INTERNA DA UDC

GUÍA TÉCNICA PARA A AVALIACIÓN E PREVENCIÓN DOS RISCOS NO TRABALLO A BORDO DOS BUQUES DE PESCA ESTADO ACTUAL DA IMPLANTACIÓN DA NORMATIVA

Proxecto Educativo. Conservatorio Profesional de Música. Santiago de Compostela

Borrador de DECRETO POLO QUE SE REGULA O SISTEMA DE CARREIRA PROFESIONAL NO SISTEMA PÚBLICO DE SAÚDE DE GALICIA.

Transcrição:

COMO PODE AXUDARME O SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA? Servizos para favorecer a mellora da empregabilidade e a inserción laboral de persoas desempregadas menores de 30 anos Actualizados en febreiro de 2012

01. QUE PODEMOS OFRECERTE NO SPEG? No Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) estamos á túa disposición, como persoa demandante de emprego menor de 30 anos, aos efectos de favorecer a túa incorporación efectiva ao mercado laboral. Para isto, desde o Servizo de Información, Orientación e Busca de Emprego queremos ofrecerte todo o apoio que necesites e nos demandes neste proceso. Partindo do estudo da túa demanda de emprego, o persoal de orientación laboral pode achegarte a información e asesoramento preciso sobre as medidas activas de emprego que máis se axustan ao teu perfil, e que podes incorporar como servizos solicitados á túa demanda. Estes servizos pódense englobar en tres grandes grupos: 02. Servizos para a mellora da empregabilidade Se o teu problema para acceder a un posto de traballo é que o teu perfil non se axusta aos requirimentos da ocupación á que optas, podemos axudarte a mellorar a túa empregabilidade de forma diferente en función do teu caso persoal. Se no teu caso o que precisas é completar ou actualizar as túas competencias, podemos ofrecerte a formación que requires para logralo; Se o teu déficit se centra na falta de experiencia laboral, dispoñemos de programas de cooperación con diversas entidades para subvencionar a contratación de persoas sen experiencia para que poidan mellorar ese aspecto do seu currículo. E aínda no caso de que precises ambas, podemos ofrecerche programas mixtos de formación e emprego nos que recibirás unha parte de formación teórica e outra de experiencia laboral na ocupación na que te formes; e na mesma liña os programas integrados para o emprego, nos que a entidade beneficiaria ademais de impartir formación, comprométese á inserción laboral dunha porcentaxe determinada das persoas participantes. 03. Axudas ao autoemprego e á economía social Se queres buscar o teu futuro profesional no desenvolvemento dun proxecto empresarial propio, podemos informarte sobre as axudas de fomento do emprego para as persoas emprendedoras, e para aquelas que escollen a opción de exercer unha actividade como autónomas. 04. Axudas á contratación por conta allea E se ningún destes servizos ou axudas e do teu interese neste momento, poderás coñecer os incentivos existentes á contratación por conta allea, dos que se beneficiarían aquelas empresas que te contraten. Todos estes son os servizos e incentivos que poderás atopar detallados polo miúdo neste folleto, que esperamos te sexa de utilidade. Se queres completar a información ou solicitar estes servizos diríxete ao persoal de orientación laboral, ou ao Portal de Emprego en http://emprego.xunta.es Páxina 2 A información que se achega no presente folleto ten fins exclusivamente informativos e se presenta de xeito simplificado, polo que carece de validez legal ou contractual

02. SERVIZOS PARA A MELLORA DA EMPREGABILIDADE DAS PERSOAS MENORES DE 30 ANOS Son servizos para a mellora da empregabilidade aqueles que prestamos no Servizo Público de Emprego de Galicia para mellorar a formación e/ou a experiencia laboral das persoas desempregadas, de forma que o seu perfil se axuste mellor aos requirimentos das ocupacións ás que aspiran. I. Certificados de profesionalidade Se o teu obstáculo para acceder a un emprego é que dispós de experiencia profesional pero careces da titulación que habilita para desempeñar unha ocupación, xa sexa porque non recibiches esta formación ou porque no seu momento non obtiveches a titulación, podes considerar a opción de obter un certificado de profesionalidade que acredite, de forma válida en todo o territorio nacional, que dispós das competencias profesionais requiridas para o desenvolvemento desa ocupación. Corresponde ao Instituto Galego das Cualificacións desenvolver e manter actualizada a relación de certificados dispoñibles, e podes acceder a esta relación así como ás condicións e requisitos para obter a certificación a través do Portal de Emprego da Xunta de Galicia no enderezo http://emprego.xunta.es, dentro da sección de demandantes. Máis sobre certificados http://traballo.xunta.es/portada-certificados-de-profesionalidade Convocatorias abertas de recoñecemento http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-profesional II. Accións formativas dirixidas prioritariamente a traballadores e traballadoras desempregadas (formación AFD) Relacionada cos certificados de profesionalidade, a formación AFD é unha das vías principais de mellora da empregabilidade que poñemos á túa disposición para permitir que adquiras ou actualices as túas competencias en relación á ocupación que desexas obter. Anualmente se elabora unha nova programación que pretende dar resposta ás necesidades detectadas no entorno laboral, e para este ano 2012 se piroriza a programación dos certificados de profesionalidade, de forma que a formación que recibas por esta vía podería servirte para obter o certificado correspondente. Teñen preferencia para a participación nos cursos as persoas desempregadas de longa duración, as mulleres, especialmente aquelas que sufran violencia de xénero, persoas desempregadas con baixa cualificación, persoas discapacitadas, emigrantes retornados, persoas en risco de exclusión social e persoas desempregadas que estean nun itinerario personalizado Podes ampliar a información ao respecto da programación AFD na túa oficina de emprego, ou no Portal de Emprego da Xunta de Galicia, en http://emprego.xunta.es, na sección de demandantes. Máis sobre o programa de formación AFD na web http://traballo.xunta.es/afd Páxina 3

02. SERVIZOS PARA A MELLORA DA EMPREGABILIDADE DAS PERSOAS MENORES DE 30 ANOS [continuación] III. Plans de formación sectoriais e intersectoriais dirixidos prioritariamente a traballadores e traballadoras ocupadas Tamén desde o SPEG ofrecemos formación para as persoas ocupadas, de forma que poidan mellorar de xeito continuo as súas competencias e as súas condicións para manterse activas no seu posto e dentro do mercado laboral. Aínda que estean dirixidas prioritariamente a persoas ocupadas, unha porcentaxe das prazas convocadas resérvanse para persoas desempregadas que poidan estar interesadas en participar nestas accións, polo que tamén podes analizar esta programación en busca de formación do teu interese para poder solicitala. Máis sobre formación sectorial e intersectorial http://traballo.xunta.es/portada-formacion-e-cualificacions IV. Formación en novas tecnoloxías Para que poidas mellorar a túa formación en relación ás TIC, a Consellería de Traballo e Benestar dispón do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, no que se imparte formación para as persoas que desenvolven ou queren desenvolver o seu labor profesional no eido das novas tecnoloxías da información e a comunicación, polo que se este é o teu caso, podes atopar o curso que necesitas aquí. Máis sobre o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia https://cntg.xunta.es/ V. Programas integrados de emprego Dirixidos a explorar novas alternativas de inserción laboral coas persoas demandantes que se atopan con especiais dificultades para o acceso ao emprego, estes programas prevén a posta en marcha de plans integrais que combinan accións de información, orientación, formación, práctica laboral e mobilidade xeográfica, establecendo as entidades beneficiarias obxectivos cuantitativos de inserción laboral das persoas desempregadas que participan neles. Dentro destes programas terán unha absoluta preferencia como participantes as persoas menores de 30 anos que teñan solicitado o servizo na súa demanda de emprego. A publicación da convocatoria para o ano 2012 dos programas integrados de emprego está prevista para o mes de abril. VI. Programas de cooperación Os programas de cooperación están orientados a posibilitar a adquisición de experiencia laboral a aquelas persoas desempregadas que, dispoñendo da formación e das competencias necesarias para desempeñar unha actividade laboral, carecen desta experiencia e, polo tanto, ven freada a súa posible incorporación ao mercado laboral. Páxina 4

02. SERVIZOS PARA A MELLORA DA EMPREGABILIDADE DAS PERSOAS MENORES DE 30 ANOS [continuación] Poden solicitar programas de cooperación os concellos e outras entidades sen ánimo de lucro, como as universidades ou as ONG, e a través deles a Xunta de Galicia subvenciona a contratación de persoas desempregadas sen experiencia laboral previa nas ocupacións que se soliciten, de forma que estas persoas poidan mellorar inmediatamente a súa empregabilidade, ao tempo que perciben o salario establecido por convenio. Teñen preferencia para participar nestes programas, entre outras, as persoas desempregadas menores de 30 anos, en especial aquelas que presenten unha baixa cualificación ou que estean a procurar o seu primeiro emprego. VII. Escolas Obradoiro e Obradoiros de Emprego Estes programas públicos de emprego - formación teñen como fin o de mellorar a empregabilidade das persoas desempregadas mediante a súa cualificación en alternancia coa práctica profesional, coa finalidade de facilitar a súa posterior integración no mercado de traballo, de xeito preferente en actividades que estean relacionadas coa innovación e as novas tecnoloxías. Así, as escolas obradoiro van dirixidas á inserción laboral dos mozos e mozas menores de vintecinco anos, mentres que os obradoiros de emprego van dirixidos aos maiores desa idade, polo que serían a vía a explorar se es maior desta idade, pero menor de trinta anos. As persoas participantes nestes programas reciben formación profesional para o emprego e son contratadas polas entidades promotoras na modalidade do contrato para a formación e aprendizaxe. A publicación da orde de convocatoria dos programas mixtos de formación e emprego para o ano 2012 está prevista para o primeiro trimestre, comezando a desenvolverse os proxectos subvencionados antes do verán. Como nos casos anteriores, lembra que se é do teu interese tes que ter solicitado este servizo na túa demanda para poder acceder a el. As persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación profesional ou que carecen desta constitúen un dos colectivos preferentes para participar nestes programas mixtos de formación e emprego. Páxina 5

03. AXUDAS AO AUTOEMPREGO E Á ECONOMÍA SOCIAL PARA AS PERSOAS MENORES DE 30 ANOS Se a túa opción de desenvolvemento profesional pasa polo emprego por conta propia ou autoemprego, as seguintes son algunhas das axudas ás que podes acceder dentro do Servizo Público de Emprego de Galicia. I. Axudas para o fomento do emprego autónomo O seu obxecto é o de promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais mediante o fomento da contratación indefinida. No caso de ser unha persoa desempregada menor de 30 anos, a subvención para o establecemento por conta propia establécese para este ano 2012 en 6.000. Ademais, podes contar con axudas financeiras, para asistencia técnica, para a formación relacionada coa dirección e xestión empresarial e coas novas tecnoloxías. Igualmente podería optar a subvención pola primeira contratación indefinida, e unha axuda excepcional de ata 3.000. Podes consultar a Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 na nosa web, ou no DOG do día 20 de xaneiro de 2012 Máis información sobre axudas na web II. Apoio ás Iniciativas Locais de Emprego (ILE) Teñen por obxecto fomentar a creación de empresas innovadoras, económica e financeiramente viables, que xeren emprego estable no ámbito rural, mediante o financiamento parcial dos custos necesarios para a posta en marcha daqueles proxectos empresariais previamente cualificados como iniciativas locais de emprego (ILE) e inscritas no rexistro administrativo habilitado para o efecto na Consellería de Traballo e Benestar. Con cargo a estas axudas pode obterse subvención para o inicio e posta en marcha de actividade, á creación directa de emprego estable, á contratación de expertos técnicos de alta cualificación, ao apoio á función xerencial ou subvención financeira. A publicación da orde reguladora destas axudas para o 2012 está prevista para o mes de marzo, e tamén podes consultar o Decreto 9/2000, do 12 de xaneiro, no que se regula o procedemento para a cualificación e inscrición rexistral das ILE, na nosa web ou no DOG do 27 de xaneiro de 2000. Máis información sobre axudas na web III. Fomento de Iniciativas Emprendedoras e de Emprego (I+E+E) O seu obxecto é xerar emprego estable, especialmente de mozos e mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais promovidas por persoas desempregadas con especial atención aos concellos do rural galego, e as promovidas e/ou que xeren emprego para demandantes que esgotaron a prestación por desemprego. Páxina 6

03. AXUDAS AO AUTOEMPREGO E Á ECONOMÍA SOCIAL PARA AS PERSOAS MENORES DE 30 ANOS [continuación] Neste caso, a contía da subvención pola xeración de emprego estable pode alcanzar o importe de 5.000 ou 5.600 euros segundo se trate de mozos ou mozas respectivamente, menores de 30 anos e en situación de desemprego, incluíndose as persoas promotoras. Tamén nestas axudas se contempla a posibilidade de subvención financeira, para a asistencia técnica e para o inicio da actividade, así como para a conciliación da vida persoal profesional e laboral dos promotores. A publicación da orde de convocatoria deste programa de axudas para este ano 2012 está prevista para o mes de marzo. IV. Apoio ás Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT) Este programa ten por obxecto promover a cultura emprendedora, favorecendo e impulsando a creación de empresas de carácter innovador en Galicia que xeren emprego cualificado. Estes proxectos deben previamente ser cualificados como IEBT, e figurar inscritos no rexistro administrativo habilitado para o efecto na Dirección Xeral de Promoción do Emprego. As axudas ao abeiro deste programa para a creación de emprego estable poden acadar os 5.000 ou 5.600 euros segundo se trate de mozos ou mozas respectivamente menores de 30 anos. De igual xeito, contémplase a posibilidade de subvencionar a contratación de persoal técnico de alta cualificación, o apoio á función xerencial, o inicio e posta en marcha das actividades ou os xuros dos prestamos necesarios para financiar investimentos. A publicación da orde de convocatoria destas axudas para o ano 2012 está prevista para o mes de marzo. Tamén podes consultar Decreto 56/2007, do 15 de marzo, polo que se establece un programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) na nosa web, ou no DOG do 2 de abril de 2007. Máis información sobre axudas na web V. Axudas para o fomento da economía social Tamén podemos apoiarte se a túa opción é a de emprender mediante a constitución dunha cooperativa ou dunha sociedade laboral. Neste sentido, podes acceder ás axudas para o fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo. Dentro destas axudas podes acceder aos seguintes programas: Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais. Mellora da competitividade en cooperativas e sociedades laborais. Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica. Fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a. Actividades de promoción do cooperativismo. Páxina 7

03. AXUDAS AO AUTOEMPREGO E Á ECONOMÍA SOCIAL PARA AS PERSOAS MENORES DE 30 ANOS [continuación] Ademais, contas cun enderezo web específico no portal da Consellería de Traballo e Benestar no que podes acceder a outros recursos relacionados coa economía social e o cooperativismo. Podes consultar a Orde do 31 de decembro de 2011 pola que se procede á convocatoria de axudas dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo para o ano 2012 na nosa web, ou no DOG do 19 de xaneiro de 2012. Máis información sobre axudas na web VI. Rede de Técnicos Locais de Emprego Lembra ademais que se queres optar polo autoemprego, podes encontrar un apoio moi próximo ao teu entorno e á súa realidade económica a través da rede de técnicos de emprego da Xunta de Galicia. Rede de Técnicos de Emprego da Xunta de Galicia na web http://www.bicgalicia.org Páxina 8

04. AXUDAS Á CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA DE PERSOAS MENORES DE 30 ANOS I. Axudas á contratación na empresa ordinaria Se es un mozo ou moza menor de 30 anos e con baixa cualificación, a empresa que te contrate podería beneficiarse de axudas ao abeiro dos seguintes programas: Programa de fomento da contratación indefinida inicial Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos Programa de fomento da contratación temporal Se ademais es unha persoa con discapacidade ou pertencente a outro dos colectivos prioritarios de atención, poden existir outras axudas de fomento da contratación na empresa ordinaria ás que as que te contraten poderían recorrer. Está previsto que en próximas datas se publiquen as ordes que regulan estas axudas para o ano 2012, polo que é recomendable que manteñas actualizado o coñecemento sobre esta aprobación a través do persoal do Servizo de Información, Orientación e Busca de Emprego ou no portal web de axudas da Consellería de Traballo e Benestar, no enderezo II. Servizos de apoio a intermediación Se o que che interesa é a intermediación coa empresa ordinaria, desde o Servizo de Información, Orientación e Busca de Emprego podemos axudarte con servizos específicos de apoio como os seguintes: Asesoramento na elaboración do teu currículo e a túa carta de presentación Información sobre ofertas de emprego adecuadas ao teu perfil profesional Información sobre o mercado laboral no ámbito territorial do teu interese Participación en accións grupais de información, orientación e dinamización da túa busca de emprego (accións BAE). Deste xeito, tes á túa disposición todo un abano de servizos ofrecidos polo Servizo Público de Emprego de Galicia, entre os que podes escoller de forma personalizada coa axuda do persoal do Servizo de Información, Orientación e Busca de Emprego, todos aqueles que precises en función do teu perfil, para mellorar as túas posibilidades de inserción laboral.. Páxina 9