PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

Documentos relacionados
O Software Libre naspequenase Medianas Empresas de Galicia

O Software Libre nas empresas informáticas de Galicia. Edición 2013

DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PLAN DE ESTUDOS DO 1 Ђы CURSO DO BACHAREL ATO LO E CURSO ACAD ЊБMICO

ORDENANZA REGULADORA DA INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICIOS DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO

DESTAQUES: UVigo, primeira universidade europea en enviar ao espazo un CubeSat 1U construído cos estándares da Axencia Espacial Europea

De recompensas e cazatesouros

Estudo sobre a situación actual do Software Libre nas entidades de Galiza: PEME, Empresas informáticas, Concellos e Centros de ensino

Convocatoria ordinaria de 2014

A circunferencia e o círculo

Probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

GUÍA PRÁCTICA DE AFORRO DE ENERXÍA

Os investigadores do futuro apostan pola Ciencia 2.0 Campamento científico do Campus do Mar da Universidade de Vigo.

Historia das Interfaces Gráficas de Usario (GUIs) GFDL Roberto Brenlla


I. DISPOSICIÓNS XERAIS

FORMAR (estado actual)

N o 181 L Martes, 19 de setembro de 2006 DIARIO OFICIAL DE GALICIA CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

Projetos compartilhados

NORMATIVA DE XESTIÓN ACADÉMICA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA PARA O CURSO ACADÉMICO 2014/2015

III SEMINÁRIO DE ATLETISMO JUVENIL III SEMINÁRIO DE ATLETISMO JUVENIL

Home Collection. Coleção Sentimentos

10 Outros recursos de interese para as familias

Programa para a Inclusão e Desenvolvimento - PROGRIDE. ParticipAR - Inovação para a Inclusão em Arraiolos. Acção: Banco de Recursos para a Inserção

Os materiais e o confort das casas

REPÚBLICA DE MOÇAMBIQUE MINISTÉRIO DO TRABALHO, EMPREGO E SEGURANÇA SOCIAL

Cidades Analíticas. das Cidades Inteligentes em Portugal

Tradución e Interpretación Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre. 6 OB 3 1c Galego

A CRÍTICA E A LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Guião E. 1.º MOMENTO Intervenientes e tempos

I Enquisa a blogueiros/as Galegos/as

Ficha de Actividade. Conteúdos: Os diferentes processos e serviços do Arquivo Municipal.

Mini MBA Gestão Avançada

O Projecto SURE-Africa: Reabilitação Urbana Sustentável Eficiência Energética em Edifícios no Contexto Africano

Licenciatura em Gestão de Recursos Humanos (LRH)

D-Francoforte no Meno: Aluguer de salas de reuniões e conferências 2013/S Anúncio de concurso. Serviços

USC e empresarios galegos impulsan unha escola de debate de temas laborais e fiscais

PROJETO DE LEI Nº..., DE (DO SR. DEPUTADO MANATO)

Manual de preenchimento da planilha de cálculo do índice de nacionalização

FEDERAÇÃO PORTUGUESA DE TÉNIS DE MESA

PEQUENAS EMPRESAS E PRÁTICAS SUSTENTÁVEIS TENDÊNCIAS E PRÁTICAS ADOTADAS PELAS EMPRESAS BRASILEIRAS

FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA. A Literatura Infantil e Xuvenil galega. Blanca-Ana Roig Rechou

Iniciativa Grandes Obras na Amazônia Aprendizados e Diretrizes GT Instrumentos Financeiros. Relato - Segunda reunião de trabalho

SEBRAE REGIONAL NOROESTE MARÇO E ABRIL Especialistas em pequenos negócios / / sebraego.com.br

Por: Adm. Antonio Pereira Júnior

RELATÓRIO DO CONSELHO DE ADMINISTRAÇÃO DA TELEFONICA, S.A. (ITEM V DA ORDEM DO DIA)

Treinamento sobre Progress Report.

A LEI DE BASES DA ECONOMIA SOCIAL (LBES) PALAVRAS-CHAVE: Lei de Bases Economia Social Princípios estruturantes - CRP Princípios orientadores - LBES

WLADIMIR AUGUSTO CORREIA BRITO PROFESSOR DA ESCOLA DE DIREITO DA UNIVERSIDADE DO MINHO

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID PRUEBA DE ACCESO A LAS ENSEÑANZAS UNIVERSITARIAS OFICIALES DE GRADO

C A D E R N O S D E L I N G U A

Indíce. Índice. 1. Conceito. 2. Abordagem. 3. Onde nos pode encontrar?

HASTA PÚBLICA PROGRAMA DO CONCURSO

JESSICA NO ORDENAMENTO JURÍDICO PORTUGUÊS. José Brito Antunes Lisboa, 18 de Fevereiro de 2008

EMPREGOS VERDES NO BRASIL: quantos são, onde estão e como evoluirão nos próximos anos

Certificação de Sistemas (Seminário Lipor)

GUIA SOBRE A APLICAÇÃO DOS ASPECTOS LINGUÍSTICOS DA CARTILHA DE ADESÃO À AGENCE UNIVERSITAIRE DE LA FRANCOPHONIE

Monitoreo Continuo Auditoria Contínua y a Distancia

J.I.T. - Just In Time

REGIMENTO DO CONSELHO MUNICIPAL DE EDUCAÇÃO DE VILA FLOR

Ao considerar o impacto ambiental das empilhadeiras, observe toda cadeia de suprimentos, da fonte de energia ao ponto de uso

Consulta - Serviços Especializados de Produção Fotográfica para imprensa para promoção do PORTUGAL SOU EU

São Paulo, 17 de Agosto de 2012

Guía UDC twitter.com/udc_gal facebook.com/udc.gal

1 3Cartilla de sa de infantil.

FINALIDADE CAMPAMENTOS E ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE A QUEN VAI DIRIXIDO? PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

GUIA PRÁTICO MEDIDAS ESPECÍFICAS E TRANSITÓRIAS DE APOIO E ESTÍMULO AO EMPREGO


Segurança nas Comunicações. Junho 2014

CONTROLE DA QUALIDADE TOTAL (TQC)

Estudo do Mercado do Leite Público: Canais. Sebrae/DF UAM Dezembro 2009

Informe sobre a Xuventude no Espacio Atlántico. Relatório sobre a Juventude no Espaço Atlântico

DA CIENCIA Á FICCIÓN. XVI Salón do Libro INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

Aforismos e latinismos,

O Programa Água Quente Solar para Portugal. Workshop Instaladores de Colectores Solares

Ciclo de Aulas do Riso na ASAS

HTC Heat Time Control Sistema de detección de temperaturas Sistema de medição de calores

O QUE ORIENTA O PROGRAMA

EXPOSERRA REGULAMENTO Município de Gouveia

Jennefer Nicholson Secretary General IFLA. Universidade de Évora, Teatro Garcia de Resende e Biblioteca Pública de Évora outubro 2015, Portugal

Driver Next Versão 1.0 de Português

Pedido de Consulta de Processo/Fotocópias/2ª Vias Alvarás/Certidões

PROPOSTA DE MECANISMO DE GESTÃO CONJUNTA DA INTERLIGAÇÃO ESPANHA-PORTUGAL

ZONAS FRANCAS. PDF criado com versão de teste do pdffactory. Para comprar, acesse UNIDADE I PARTE II

EMPREENDEDORISMO CONCEITOS... 21/03/2014 EMPREENDEDOR? EMPREENDEDOR? EMPREENDEDOR? IMPORTANTE!!!!!

VERSÃO RESPOSTAS PROVA DE MARKETING

Manutenção Estrutural e Construtiva

TECNOLOGIAS APLICADAS

O contacto com a obra de Arte não tem de ser acessível apenas às elites

O Papel dos Bancos Públicos na Promoção do Desenvolvimento Sustentável

Transcrição:

(ORAL) Caderno dos examinadores C4-B-06

PARTE 1 (Texto escrito) A continuación, lea vostede o seguinte texto sobre deseñadores africanos. Tome as notas que precise. DESEÑADORES AFRICANOS NO MERCADO INTERNACIONAL DE DECORACIÓN DE INTERIORES O deseño africano é cada vez máis popular, especialmente no sector do interiorismo, onde a súa demanda está superando a oferta. O que se busca non son as máscaras e estatuas que se venden nas beirarrúas de todo o mundo. Os interioristas recorren aos deseñadores africanos porque producen obxectos exquisitos, excelentemente traballados e fabricados con materiais naturais. En todos os países africanos hai deseños e técnicas artesanais tradicionais herdados das xeracións anteriores e completamente diferentes dos que poidan encontrarse en calquera outro lugar. Os creadores están orgullosos de inspirarse nas súas raíces, tanto como do toque moderno que lles deron aos seus deseños. A maioría utiliza produtos locais madeira, algodón, la, arxila, herbas, tinturas, coiro, pedra... e técnicas tradicionais para crear obxectos de deseño de interiores capaces de seducir o público internacional. Moitos deseñadores africanos adquiriron notoriedade pola calidade e orixinalidade do seu traballo e estanse abrindo camiño no mercado internacional grazas a proxectos como o programa Design Africa, iniciado pola Oficina de Facilitación do Comercio do Canadá (TFO Canada) co fin de axudar as empresas de decoración de interiores de África a comercializar os seus produtos no mercado internacional. Por medio de seminarios, cursos de formación e orientacións prácticas para crear deseños cun atractivo internacional, o programa axuda as pequenas e as medianas empresas de interiorismo de toda África a fortalecer a súa capacidade e establecer vínculos con compradores internacionais. O Salon International du Design d Intérieur de Montréal (SIDIM) foi fundamental para introducir moitos dos creadores africanos no mercado internacional. A obra exhibida nas exposicións do SIDIM celebradas en Montreal e Toronto recibiron un éxito inmediato e os interioristas recoñeceron e apreciaron ao instante a orixinalidade do seu concepto e os seus rechamantes deseños. Para preparar as exposicións do SIDIM, o programa Design Africa realizou, entre outras, as seguintes actividades: Envío de misións aos países participantes para identificar e seleccionar as pemes, impartíndolles a case 100 empresas talleres en grupo e sesións de información individual sobre a exportación ao Canadá e as estratexias para a apertura de mercados e a promoción de produtos. Información e apoio aos participantes para prepararen a exposición (por exemplo, selección de produtos, fixación de prezos, selección de material publicitario).

Apoio na identificación de compradores canadenses clave e a invitación a participar nas feiras comerciais, así como no seguimento tras as exposicións. Actualmente participan no programa 19 pemes de cinco países: Etiopía, Gana, Malí, Senegal e Sudáfrica. Os criterios de selección son: deseños singulares de inspiración africana, alta calidade, confección manual con materiais locais sen tratar (de ser posible, biolóxicos), potencial para xerar unha imaxe de marca sólida baseada na alta calidade e na proxección social (o lado humano dos produtos) e a capacidade de obter un sobreprezo. A marca Design Africa ofrécelles aos creadores un exemplo do xeito de comercializar os seus produtos no mercado internacional. A continuación, unha deseñadora e participante do programa Design Africa fala da súa experiencia: Ronel Jordaan Téxtiles produce coxíns, cortinas, sobrecamas e alfombras incomparables, todo con la 100% meiriña, cardada, tinguida e tecida á man, procedente da Provincia Oriental do Cabo (Sudáfrica), onde vive a fundadora e alma creativa da empresa, Ronel Jordaan. Basta unha ollada aos meus coxíns para saber que a miña inspiración é a natureza. A miña obra é única porque utilizo un medio inédito e porque os meus deseños parecen reais, explica Ronel. - Resultoulle difícil entrar no mercado internacional do interiorismo? - En Design Africa ensináronnos a comercializar os nosos produtos no Canadá e noutros países. Organizaron reunións con comerciantes por xunto e tivemos ocasión de exhibir os nosos produtos en Montreal e Toronto. Entrar no mercado internacional foi unha grande axuda. - As copias supoñen un problema? - Vin copias do meu traballo, pero non tomei medidas. O tipo de cambio da moeda surafricana non nos favorece; os outros deseñadores saben que estamos indefensos e por iso nos copian. O meu medio de vida non está ameazado, porque son creativa e sempre crearei deseños novos, pero o certo é que perdemos vendas. Os deseñadores e creadores africanos poderían beneficiarse enormemente da protección dos deseños e doutro tipo de creacións, aínda que non a necesitamos para ser competitivos no mercado mundial. Os cualificativos máis empregados para describir a obra de Ronel son exquisita e impresionante. Ronel foi nomeada Deseñadora de Accesorios de Interiorismo do Ano 2006 pola revista Elle. Porén, a deseñadora afirma que o seu maior orgullo é darlles ás mulleres que ensina a tecer os medios para crear os seus propios deseños. Texto adaptado da Revista da OMPI (Organización Mundial da Propiedade Intelectual)

PARTE 2 1. BENVIDA E PREGUNTAS DE CONTACTO PERSOAL 1-2 minutos aprox. Como se chama? A que se dedica? De onde é? Fale un pouco sobre a súa cidade/aldea/vila... Canto tempo leva estudando galego? Por que o estuda? Que lle gusta facer no tempo libre? Que afeccións ten? (Se procede) Que lle gusta máis da cultura galega? Que diferenzas atopa entre a cultura galega e a súa? 2. RESUMO 3 minutos aprox. Faga un resumo do contido do texto. Segundo o texto, que aspectos pode destacar desta iniciativa? Que tipo de accións se fixeron para preparar as exposicións? 3. EXPOSICIÓN 3-4 minutos aprox. Realice unha exposición acerca da seguinte afirmación: A. A difusión e a comercialización de produtos artesanais poden ser un recurso moi eficaz para o desenvolvemento dalgúns países e das súas economías. B. O desenvolvemento da artesanía, os produtos naturais e a ecoloxía é moi interesante, pero non é rendible economicamente. C. O fenómeno da falsificación de deseños orixinais non ten solución, pertence a unha problemática mundial que lles afecta a moitos produtos. 4. INTERACCIÓN 4 minutos aprox. OPCIÓN A A difusión e a comercialización de produtos artesanais poden ser un recurso moi eficaz para o desenvolvemento dalgúns países e das súas economías. Pensa vostede que os produtos artesanais teñen cabida nun mundo cada vez máis tecnolóxico? Cre que facer fincapé na artesanía como recurso económico pode ser negativo para algúns países? Non sería mellor intentar crear ou desenvolver unha industria ou unha estrutura tecnolóxica que permita competir no mercado internacional? Coñece vostede algún exemplo deste tipo noutros países?

OPCIÓN B O desenvolvemento da artesanía, os produtos naturais e a ecoloxía é moi interesante, pero non é rendible economicamente. Considera que o interese polo artesán ou polo natural pode ser comercializado e rendible economicamente? Por exemplo? Cre que a explotación comercial destes produtos, que poden resultar exóticos para nós, pode afianzar imaxes e tópicos doutras culturas? Pensa vostede que este interese non é unha moda senón máis ben unha herdanza do pasado, no que todo tiña máis relación coa natureza? Parécenlle útiles todos os programas de axuda ao desenvolvemento? Por que? OPCIÓN C O fenómeno da falsificación de deseños orixinais non ten solución, pertence a unha problemática mundial que lles afecta a moitos produtos. Que opina vostede sobre a copia de deseños, xa sexa decoración, accesorios, roupa etc.? Pensa vostede que a copia de deseños orixinais pode estar xustificada nalgún caso? Considera que un maior control ou regulamento destas imitacións pode ter vantaxes e inconvenientes? Cales? Cre que pode haber dous tipos de demanda distintos, a de orixinais e a de copias? Poden convivir?