Programa para maiores

Documentos relacionados
ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

Política e Obxectivos de Calidade

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

Segundo.- Derrogar a Resolución Reitoral da UDC do 8/09/2016. ANEXO I

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

REGULAMENTO DE PRÁCTICAS ACADÉMICAS EXTERNAS DO ALUMNADO DA FACULTADE DE FISIOTERAPIA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

Normativa específica para a simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e Grao en Dereito

ALUMNADO QUE PODE PRESENTARSE Á PROBA ESTRUTURA DA PROBA

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2017 Páx

Procedemento de Admisión

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Planificación do curso escolar

DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9746

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

MESTRADO EN PROCESOS DE DESEÑO E FABRICACIÓN MECÁNICA

Edificio Reitoría Campus de Vigo Vigo España. Tel Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

Convocatoria ordinaria de 2012

REDE EUSUMO. información e comunicación

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

NORMATIVA INTERNA APLICABLE AO PROGRAMA ERASMUS DE MOBILIDADE ESTUDANTIL NAS TITULACIÓNS DA FFT NORMAS DE APLICACIÓN XERAL A TODAS AS TITULACIÓNS

ORDE do...de...de 2018 pola que se establece o procedemento de expedición de. certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

ELECCIÓN DE HORARIO E ADSCRICIÓN FUNCIONAL DO PROFESORADO NOS CENTROS PÚBLICOS INTEGRADOS (CPI)

En consecuencia, esta Dirección Xeral dita as seguintes instrucións:

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA A AVALIACIÓN E PARA A HABILITACIÓN OFICIAL COMO CORRECTOR E EXAMINADOR DOS EXAMES DO DELF ESCOLAR.

Índice. Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. PROCEDEMENTO Matrícula. AC: xestión académica. AC- 02: xestión de alumnado

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

NORMATIVA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (Aprobada no Consello de Goberno do 23 de novembro de 2016)

certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables TEXTO:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

I. Disposicións xerais

Segundo aparece recollido no Plan de Estudos, o TFM ten asignados 18 créditos obrigatorios.

Regulamento para a elaboración do Traballo de Fin de Grao na Facultade de Ciencias da Educación

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

Formación Profesional Básica Novidades normativas. Xornada para orientadores Servizo de Ordenación e Formación Profesional

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Regulamento de Prácticas en Empresa do Máster de Enerxía e Sustentabilidade

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

Sample Text. Nº 127 Martes, 6 de xullo de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

PLAN DE DESENVOLVEMENTO EUROPEO

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN OURENSE ACCESO E ADMISIÓN DE ESTUDANTES

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

OFICINA DE CURSOS ABRIL 2015

Modelo de regulamento dos TFG nos títulos de grao da Universidade da Coruña (aprobado polo Consello de Goberno do 22 de xullo de 2011)

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

PROXECTO MOBILIDADE ERASMUS Next Station: Improving Professional Skills in Galicia NÚM. PROXECTO: ES01-KA

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DOG Núm. 175 Luns, 15 de setembro de 2014 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

Ofoe (Oficina de Orientación ao Emprego)

FCT con Erasmus+ Curso

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

Plan de internacionalización lingüística da Universidade de Vigo

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

PIALE Integración en lingua portuguesa

ESTA REITORÍA RESOLVE

- Língua Portuguesa na Galiza

Transcrição:

Programa para maiores A través do seu programa para maiores, a Universidade de Vigo pretende ofrecerlle á xente maior, nunha extensión á toda a sociedade, a súa misión educativa, os seus coñecementos, a súa capacidade de formación, e os seus recursos humanos e materiais. Con isto tentamos promover as relacións interxeracionais, así como contribuír ao enriquecemento humano e cultural das persoas maiores, proporcionando os instrumentos necesarios para garantir a formación ao longo de toda a vida, e o seu desenvolvemento persoal e social. Deste xeito, poderemos devolverlles en xusta correspondencia, a través dunha experiencia educativa singular, o que estas persoas nos achegaron co seu traballo e esforzo ao longo da súa vida. Trátase, pois, dunha oferta de estudos para quen, por diversas razóns, non puidese acceder á universidade no seu momento ou para as persoas que, tendo xa unha experiencia universitaria, manteñan a ilusión por seguir aprendendo despois de completar a súa andaina profesional. 1 Obxectivos do programa Este programa ten os obxectivos seguintes: Mellorar a calidade de vida das persoas maiores facilitándolles o acceso aos coñecementos e ás experiencias propias da vida universitaria. Ofrecerlles un espazo axeitado para o intercambio de coñecementos e experiencias ás persoas que nas etapas anteriores da súa vida tiveron escasas oportunidades para isto. Fomentar a participación das persoas maiores na sociedade actual e axudalas no seu proceso de adaptación aos cambios dos nosos tempos. Promover a participación das persoas maiores como dinamizadoras do seu propio contexto sociocultural. Ofrecer un espazo para as relacións intra e interxeracionais. Proporcionar os instrumentos necesarios para a aprendizaxe ao longo de toda a vida. 2 Metodoloxía Aínda sen esquecer o carácter universitario deste programa para maiores, o enfoque das materias e das actividades complementarias adecúase tanto aos obxectivos anteriores como ás características das persoas destinatarias. Así, as ensinanzas enfócanse cara ao desenvolvemento persoal nos seus diferentes 1

aspectos intelectuais, sociais e de relación, orientando a aplicabilidade ou a funcionalidade das aprendizaxes cara a un mellor aproveitamento das ofertas culturais do contorno, así como cara á proxección na sociedade dos valores universitarios. Por outra banda, a selección das materias e do seu contido combina a orientación cara aos valores e recoñecementos tradicionais e cara á cultura e aos avances científicos e tecnolóxicos actuais, fomentando a aprendizaxe continuada. A metodoloxía, como en calquera nivel educativo, está deseñada para garantir a consecución dos obxectivos indicados anteriormente, sen esquecer que algúns se acadarán, ademais de polos contidos escollidos, pola forma en que se traten as actividades de ensinanza e aprendizaxe. A metodoloxía adaptarase ás peculiaridades dos destinatarios e destinatarias e das materias, e combina clases expositivas con apoio de materiais impresos ou audiovisuais, clases prácticas e traballos en grupo baixo a orientación do profesor ou profesora, e clases cooperativas nas que se favoreza a aprendizaxe entre iguais a partir da experiencia do estudantado e do profesorado. Nalgúns casos potenciaranse tamén os traballos individuais, co fin de acadar unha maior autonomía e posibilidade de autoformación. En definitiva, o Programa para maiores deséñase de acordo cos principios seguintes: Principio de adecuación dos contidos: os contidos das diferentes materias ou disciplinas deben adaptarse ao nivel de formación do alumnado, tratando de axustar o rigor e o valor científico dos contidos á súa capacidade de comprensión. Principio de personalización da aprendizaxe: os programas das materias deberán ter en conta as situacións específicas de aprendizaxe das persoas ás que van dirixidos (tempos, ritmos, intereses, motivación etc.). Principio de integración académica e sociocultural: a formación académica debe completarse con actividades de carácter sociocultural, integrando ambos os aspectos. 3 Características xerais O Programa para maiores da Universidade de Vigo configúrase en dous ciclos: Ciclo intensivo: ten unha carga académica de 54 créditos ECTS, dos cales se cursarán un máximo de 18 créditos por curso académico. A súa superación dará lugar ao recoñecemento da Universidade de Vigo cun título propio de «universitario/a sénior». 2

Ciclo integrado: ten unha carga académica mínima de 36 créditos ECTS, e cursaranse un máximo de 18 créditos por curso académico. A superación destes 36 créditos mínimos dará lugar ao recoñecemento da Universidade de Vigo cun título propio de «universitario/a superior sénior». A este recoñecemento engadiráselle un recoñecemento adicional de experto/a en humanidades, ciencias, enxeñaría ou ciencias sociais e xurídicas, sempre que se completen un mínimo de 24 créditos dun destes ámbitos de coñecemento. O Programa para maiores da Universidade de Vigo ten as súas sedes nos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo. As súas actividades levaranse a cabo nun ou varios dos centros destes campus. O programa dependerá da vicerreitoría con competencias en extensión universitaria. En cada campus haberá un coordinador ou coordinadora de campus. Ademais, existirá unha coordinación xeral do programa que poderá exercela o vicerreitor ou vicerreitora competente, a persoa en quen delegue, ou de forma rotatoria as persoas responsables da coordinación nos campus. A persoa encargada da coordinación xeral do programa será a responsable, en colaboración coas persoas responsables da coordinación de campus, da elaboración dos programas de estudos e da asignación do profesorado a materias, e da elaboración dos horarios e calendarios de actividades e probas de avaliación. Correspóndelle ao Servizo de Extensión Universitaria a organización e a xestión administrativa do Programa para maiores. 4 Ciclo intensivo O ciclo intensivo é un programa deseñado especificamente para mellorar a calidade de vida das persoas maiores. Así, ofrécelles un espazo axeitado para intercambiar coñecementos e experiencias de tipo científico e cultural, e favorece un estilo de vida activo e saudable. 4.1 Acceso O ciclo intensivo está dirixido a todas as persoas maiores de 55 anos que teñan o tempo suficiente para o estudo e a integración nas diversas actividades con desexos de achegar a súa experiencia, así como de participar na vida académica, sen necesidade de titulación previa. 3

A matrícula desenvolverase en dúas quendas. A primeira estará dirixida aos e ás estudantes do programa que continúen estudos, e a segunda ao estudantado de novo ingreso. As convocatorias anuais de matrícula establecerán o número máximo e mínimo de novos e novas estudantes que poderán ser admitidos no programa en cada un dos campus. Se a demanda superase a oferta de prazas, o sistema de selección para o alumnado de nova matrícula será por orde de presentación da solicitude. No caso de que as prazas ofrecidas non quedasen cubertas, poderanse admitir estudantes con idades inferiores aos 55 anos, pero en ningún caso inferior a 50 anos. O estudantado poderase matricular dun mínimo de 9 créditos ECTS por curso académico e dun máximo de 18, agás no caso de que queden por superar menos de 9 créditos para rematar o ciclo. Neste caso, o estudantado deberase matricular de todos os créditos restantes nunha única vez. Unha vez completados os estudos terase dereito ao recoñecemento indicado no apartado 3. Tras completarse a segunda quenda de matrícula, poderanse incluír as materias ou as actividades con prazas libres na oferta de formación continua da Universidade de Vigo. Os requisitos de acceso a estas prazas serán os mesmos que os de acceso ao ciclo intensivo, pero esta modalidade non xerará dereito a ningún recoñecemento por parte da Universidade de Vigo, agás a certificación de asistencia. 4.2 Organización das ensinanzas O ciclo intensivo terá unha carga académica de 54 créditos ECTS, distribuídos en materias de 3 créditos ECTS e en actividades complementarias de 1,5 créditos ECTS. O estudantado poderá cursar un máximo de 18 créditos por curso académico, distribuídos en dous cuadrimestres dun máximo de 9 créditos cada un deles. As materias estarán encamiñadas á divulgación de diferentes temas científicoculturais, facilitando a análise e a reflexión sobre aspectos relacionados con eles mesmos e outras persoas; o contorno natural, social, cultural e científico; a evolución e as achegas da humanidade; e a sociedade e a cultura actual e futura. Tamén terán como obxectivo, no seu conxunto, iniciar posibles orientacións temáticas con vistas á continuación de estudos no ciclo integrado. As actividades complementarias, cunha carga académica de 1,5 créditos ECTS, correspondentes a 45 horas de dedicación efectiva total do/a estudante, están orientadas a afondar nalgúns temas concretos das ensinanzas; a proporcionar formación práctica sobre aspectos concretos a través de obradoiros; a facilitar as 4

relacións interpersoais, interxeracionais e interculturais; e a promover o acceso a actividades culturais e recreativas. Por outra banda, o alumnado poderá validar ata un máximo de 1,5 créditos ECTS por curso académico por participar en actividades obxecto de recoñecemento recollidas no regulamento aprobado no consello de goberno do 12 de febreiro de 2014, sempre que se desenvolvan durante o período de estudos do ciclo intensivo. Cada trinta horas de dedicación total do alumnado a estas actividades computará como 1 crédito ECTS. En ningún caso os créditos cursados no ciclo integrado poderán computarse ou validarse como créditos do ciclo intensivo. A convocatoria de matrícula de cada curso académico establecerá os horarios e os lugares de impartición das materias do ciclo intensivo, así como as incompatibilidades, limitacións ou prerrequisitos de matrícula de existir estes. Unha vez superados os 54 créditos ECTS dos que se compón o ciclo intensivo, outorgarase a correspondente acreditación mediante un título propio de «universitario/a sénior». 4.3 Profesorado A responsabilidade da docencia do ciclo intensivo correspóndelle ao profesorado universitario. Non obstante, poderase convidar outros profesores e profesoras, profesionais ou expertos/as que polos seus coñecementos e méritos poidan ser de utilidade para a formación das persoas acollidas no programa. Sempre que os recursos humanos dispoñibles o permitan, como mínimo o 50 % dos créditos deberanos impartir profesorado da Universidade de Vigo con dedicación a tempo completo. Por cada materia, a dedicación do profesorado será de dúas horas semanais de docencia presencial e unha de titoría aos alumnos/as ao longo do cuadrimestre no que se imparta. Por cada taller ou actividade complementaria a dedicación será dunha hora semanal de docencia presencial e trinta minutos de titoría ao alumnado ao longo do cuadrimestre no que se imparta. O/A docente responsable de cada materia deberá elaborar unha guía docente desta, en coordinación coa dirección do ciclo intensivo no campus correspondente. O profesorado será tamén responsable do control de asistencia, da avaliación da materia de acordo co indicado na guía docente, e da publicación das cualificacións acadadas polo alumnado. 5

Na configuración do programa de estudos, tratarase de que haxa variedade de docentes e contidos para que o citado programa sexa o máis participativo posible. 5 Ciclo integrado O ciclo integrado do Programa para maiores ten como obxectivo fundamental o fortalecemento das relacións interxeracionais. Este ciclo permítelle ao alumnado admitido cursar as materias ou disciplinas pertencentes ás diferentes titulacións oficiais da Universidade de Vigo nas que se oferten prazas específicas para o Programa para maiores. A diferenza do que acontece no ciclo intensivo, os estudos do ciclo integrado levaranse a cabo xunto co estudantado matriculado nas correspondentes titulacións oficiais de grao da Universidade de Vigo, nas mesmas aulas e horarios, e en igualdade de circunstancias, agás a obrigatoriedade de participar nos procesos de avaliación establecidos para o alumnado dos estudos oficiais de grao. Por iso, as materias de titulacións oficiais de grao que oferten prazas para o ciclo integrado do Programa para maiores establecerán criterios específicos de superación da materia para este colectivo nun anexo á guía docente oficial, que lle remitirán ao Servizo de Extensión Universitaria. Dado que o programa para maiores é un programa propio da Universidade de Vigo, as persoas inscritas neste ciclo en ningún caso poderán acceder ao título oficial dos estudos nos que se encadren as materias correspondentes, ou homologar as materias cursadas para o seu recoñecemento nunha titulación oficial de grao. 5.1 Acceso Poderán solicitar o acceso aos estudos que configuran o ciclo integrado: a) O alumnado que superase os estudos correspondentes ao ciclo intensivo ou programas universitarios equivalentes. b) As persoas maiores de 50 anos que, sen ter cursado ou superado os estudos sinalados no punto a), acrediten estar en posesión dun título oficial universitario ou legalmente equivalente. As convocatorias anuais de matrícula establecerán o número máximo e mínimo de estudantes que poderán ser admitidos en cada materia ofertada. Se a demanda superase a oferta de prazas, o sistema de selección será por orde de presentación da solicitude. 6

O estudantado poderase matricular nun máximo de 18 créditos ECTS por curso académico ata superar, se así o desexa, todas as materias ofertadas no ciclo integrado. 5.2 Organización das ensinanzas A oferta de materias no ciclo integrado realizarase cada curso académico con materias que sexan impartidas nese momento nalgunha das titulacións oficiais de grao da Universidade de Vigo, e que cada centro oferte para o Programa para maiores. Dado o perfil e as características deste programa e co fin de facilitar a conciliación familiar e a calidade de vida, a vicerreitoría con competencias no programa resolverá a oferta primando a maior diversidade posible en canto ás materias. Para iso terá en conta a variedade de titulacións, ámbitos de coñecemento, sedes dos campus e horarios das materias. O alumnado poderá validar ata un máximo de 1,5 créditos ECTS por curso por participar en actividades obxecto de recoñecemento recollidas no regulamento aprobado no consello de goberno do 12 de febreiro de 2014, sempre que se desenvolvan durante o período de estudos do ciclo integrado. Cada trinta horas de dedicación total do alumnado a estas actividades computará como 1 crédito ECTS. As materias superadas en calquera dos campus da Universidade de Vigo poderán validarse polas equivalentes, no caso de existir, en calquera dos outros campus desta universidade. En todo caso, será competencia da Comisión de Extensión Universitaria e Estudantes a resolución das solicitudes de validación. As materias ofertadas clasificaranse en catro ámbitos de coñecemento en función da titulación de orixe: humanidades, ciencias, enxeñaría ou ciencias sociais e xurídicas. Para a matrícula, o alumnado do ciclo integrado deberá elixir entre todas as materias de grao que se lle oferten no campus elixido, e que se desenvolverán ao longo dos dous cuadrimestres en cada un dos campus. O alumnado poderase matricular nun máximo de 18 créditos ECTS cada curso académico. Unha vez superados 36 créditos ECTS dos que se compón o ciclo integrado, outorgaráselle un título propio de «universitario/a superior sénior». No caso de que o alumno/a supere un mínimo de 24 créditos dun mesmo ámbito de coñecemento, engadiráselle ao título obtido o recoñecemento como experto/a no ámbito correspondente. En ningún caso os créditos cursados no ciclo intensivo do Programa para maiores poderán computarse ou validarse como créditos do ciclo integrado. 7

Todo o alumnado que formalice a matrícula no Programa para maiores a partir do curso 2015/2016 incorporarase á nova oferta, posto que a partir da entrada en vigor da presente normativa se considerarán extinguidas todas as ofertas anteriores. 8