SOCIEDADE DA INFORMACIÓN EN ESPACIOS PERIFÉRICOS. NOVAS FORMAS DE EXCLUSIÓN SOCIAL



Documentos relacionados
O Software Libre naspequenase Medianas Empresas de Galicia

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

O Software Libre nas empresas informáticas de Galicia. Edición 2013

Convocatoria ordinaria de 2014

Probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

I Jornadas Galiza-Norte de Portugal Deficiência Motora e Inclusão Social Caminha, 6.Maio.2005

FORMAR (estado actual)

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero

Tradución e Interpretación Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre. 6 OB 3 1c Galego

internacional MBA hispano-luso

DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

CAMPA A RESGAL

Seminario de Difusión do Anuario Estatístico Galicia Norte de Portugal A nova edição do Anuário Estatístico na perspectiva do Norte de Portugal

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

COOPERAÇÃO TRANSFRONTEIRIÇA E TRANSNACIONAL: A EXPERIÊNCIA LUSO-ESPANHOLA

Monitoreo Continuo Auditoria Contínua y a Distancia

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

Projetos compartilhados

VALORIZAR AS NOVAS TECNOLOGIAS DE INFORMAÇÃO NA VULGARIZAÇÃO AGRICOLA: O CASO DE POWER POINT, INTERNET, S E TELEMOVEIS

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

5 to Congreso Latinoamericano de Investigación Turística

MAPA DE RECURSOS: Instalacións Portuarias

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Contratos Rexistrados:

Orientação nº 1/2008 ORIENTAÇÕES PARA A ELABORAÇÃO DA ESTRATÉGIA LOCAL DE DESENVOLVIMENTO (EDL) EIXO 4 REGIÃO AUTÓNOMA DOS AÇORES

O que pode a União Europeia fazer pelas pessoas? O Fundo Social Europeu é uma resposta a esta questão

EIJE2015 II ENCONTRO INTERNACIONAL DE JOVENS EMPREENDEDORES de Março de 2015 Programa

FUNDAÇÃO CONSELHO ESPANHA BRASIL

Decreto 105/2011 Técnico superior en desenvolvemento de aplicacións

ORDENANZA REGULADORA DA INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICIOS DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO

REGULAMENTO CONCURSO CONSERVAÇÃO AMBIENTAL RURAL EXCEPCIONAL, CARE 2012.

DESTAQUES: UVigo, primeira universidade europea en enviar ao espazo un CubeSat 1U construído cos estándares da Axencia Espacial Europea

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

Escala técnica superior

Síntese da Conferência

O CONTRATO DE TRABALLO

2. A OFERTA E A PROCURA TURÍSTICA NO NORTE DE PORTUGAL

PREÁMBULO. Pela Consellería de Medio Rural. Por o Instituto da Conservação da Natureza e da Biodiversidade

MINISTÉRIO DA HOTELARIA E TURISMO

Guía de recursos dixitais da web da UMinho

DIRECÇÃO REGIONAL DE EDUCAÇÃO DO ALGARVE Escola Básica Doutor João Lúcio

Classificação e Tipologias de Inovação. A Inovação como um Processo Empresarial.

Agrupamento de escolas de Coruche. CURSO PROFISSIONAL Ano letivo 2014/2015 Técnico de Turismo Ambiental e Rural

Estrutura da Apresentação

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

III Encuentro de las Ciencias Humanas y Tecnológicas para la integración de la América Latina y el Caribe

PROGRAMA DE INFORMÁTICA

REDE EUSUMO. información e comunicación

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

'DWD 7HPD $FRQWHFLPHQWR

Estudo sobre a situación actual do Software Libre nas entidades de Galiza: PEME, Empresas informáticas, Concellos e Centros de ensino

Universidade e Desenvolvimento Rural: Mestrado em Desenvolvimento Rural na Universidade da Extremadura

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

O IMPACTO DA DESCENTRALIZAÇÃO NO PROCESSO DE DESENVOLVIMENTO LOCAL A EXPERIÊNCIA DE CABO VERDE

A EVOLUÇÃO DA INTERNET NO BRASIL Comitê Gestor da Internet no Brasil 25 de maio de 2007 RICYT, São Paulo

Projectar o Algarve no Futuro

PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE

Gestión y Explotación de Indicadores. Teresa Folgôa Batista

Ensinar com TIC: Aprendizagem disruptiva, realidade aumentada e tecnologia wearable no ensino superior

Titulados Universitarios no SUG

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

SBN: O TEMPO NO XORNAL

A ÁLISE ESTATÍSTICA SOBRE O TURISMO ESTIVAL E GALICIA (E QUISA DE DESTI O, 2010) (Versión resumida)

As publicações da Confederação Nacional de Municípios CNM podem ser acessadas, na íntegra, na biblioteca online do Portal CNM:

INSTITUTO NACIONAL DE ESTATISTICA CABO VERDE. INQUÉRITO DE CONJUNTURA Folha de Informação Rápida. CONSTRUÇÃO 3º Trimestre 2013

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

MATÉRIAS SOBRE QUE INCIDIRÁ CADA UMA DAS PROVAS DE CONHECIMENTOS ESPECÍFICOS

Plano de Comunicação para o QCA III. Relatório de Execução de 2002

Política e Obxectivos de Calidade

O IEFP e o INE divulgam os dados do Inquérito ao Emprego 2006 Desemprego em Queda

PLANO DE ACÇÃO E ORÇAMENTO PARA 2008

poboación xitana en paro

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Termos de Referência para a Conferência Internacional sobre Desenvolvimento Local Sustentável

Questionário preparatório da reacção das redes atlânticas ao Livro Verde sobre a coesão territorial

INDICADORES SOBRE BANDA LARGA Enquisa ás empresas sobre a Sociedade da Información en Galicia

Planificação Anual. Escola Secundária de Pombal - (400634) Referência ANO LECTIVO / 2011 COMPETÊNCIAS GERAIS

ESCOLA SECUNDÁRIA ROCHA PEIXOTO GEOGRAFIA 10º ANO DE ESCOLARIDADE 29 OUTUBRO DE 2004 GRUPO I

Informe sobre o risco de pobreza e/ou exclusión social en Galicia

INSTITUTO INTERAMERICANO DE COOPERAÇÃO PARA A AGRICULTURA TERMO DE REFERÊNCIA (TR) SITE - DRS

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

O QUE É O SITE MUNÍCIPIOS?

Introdução ao projecto Gaia Global

A Análise DAFO. Toward a Theory of Library Administration Alan R. Samuels & Charles R. McClure.

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

Transcrição:

SOCIEDADE DA INFORMACIÓN EN ESPACIOS PERIFÉRICOS. NOVAS FORMAS DE EXCLUSIÓN SOCIAL Edición a cargo de: CARLOS FERRÁS SEXTO FRANCISCO XOSÉ ARMAS QUINTÁ XOSÉ CARLOS MACÍA ARCE YOLANDA GARCÍA VÁZQUEZ Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela 2006

ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicacion, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio ( electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos responsabeis da edición. A edición desta edición contou coa colaboración financeira de: Edita: Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela ISBN: 84-932470-1-4 Dep. Legal: C2772-2006

Presentación No marco do proxecto de investigación SINDUR. Sociedade da Información e desenvolvemento urbano-rexional, o Grupo de Investigación Socio-Territorial da Universidade de Santiago celebrou en novembro de 2005 as súas III Xornadas de debate concebidas como un foro de intercambio de ideas e coñecemento entre investigadores e técnicos con interese no estudio do impacto das Novas Tecnoloxías sobre a sociedede e o territorio en espacios periféricos. Nesta ocasión as Xornadas SINDUR estiveron focalizadas sobre a análise e investigación dos impactos socio-espaciais das Novas Tecnoloxías en rexións periféricas e comunidades sociais excluídas, e co obxectivo engadido de dar visibilidade a diferentes experiencias de E-Inclusión que ao respecto se están a levar a cabo en Irlanda, Cataluña, Salamanca, Madrid, Alemaña, Grecia e Galicia. O proxecto SINDUR (Sec2002-01874) naceu no ano 2002 no seo do Plan Nacional de I+D+i do Ministerio de Educación e Ciencia, e entre os seus obxectivos pretende crear e dar continuidade a un foro científico de debate centrado en temática de análise dos impactos das Novas Tecnoloxías sobre os espacios periféricos, polo que en novembro de 2003 acolleu a celebración das denominadas I Xornadas SINDUR, naquela ocosión centradas na análise das relacións entre a Internet e a Educación e no 2004 as II Xornadas SINDUR focalizadas no tema das Novas Tecnoloxías e a Economía Cultural. Na presente publicación recóllense as aportacións dos ponentes e dos conferenciantes convidados ás III Xornadas SINDUR. Joao Sarmento, recoñecido xeógrafo de perfil tecnolóxico da Universidade portuguesa do Minho, presenta un moi interesante ensaio acerca da evolución dos websites nas ferigresías das illas Azores; incide especialmente en que as novas tecnoloxías non son, polo de agora, un elemento dinamizardor nestas comunidades de perfil atrasado e periférico debido a súa escasa implantación e desenvolvemento; quizáis deberíamos pensar que a definición da nova Internet de 2ª Xeración ou Internet das Culturas será a que faga fronte ao fenómeno da fenda dixital e a que xeneralice o uso e interés polos contidos e polas aplicacións informáticas en comunidades e espacios desenganchados da sociedade da información como no caso das Illas Azores; para isto, o Artur Serra da Universidade Politécnica de Barcelona reclamaba nas II Xornadas SINDUR no 2004 a universalización dun ancho de banda suficiente para a circulación pola rede de video en calidade TV e da videoconferencia; amais do traballo conxunto de tecnólogos e científicos sociais para desenvolver aplicacións e servicios avanzados para Internet en beneficio da difusión das culturas minoritarias e das artes e das humanidades en xeral. A Dra. Marie-Annik Desplanques, antropóloga cultural, e Cliona O Carroll, comunicacadora social, do University College Cork de Irlanda, esbozan na súa aportación os mimbres dun innovador proxecto levado a cabo nun barrio popular da cidade irlandesa de Cork e que foi inicialmente inspirador das metodoloxías de e-inclusión desenvolvidas por SINDUR no municipio piloto de Brión a través da creación do website InfoBrion.com; Desplanques e O Carroll amosan os fundamentos técnicos dun orixinal proxecto de radio local que puxo en valor a cultura étnica e comunitaria de diferentes grupos sociais residentes na cidade irlandesa de Cork; é un proxecto de etnoloxía social aplicada que emprega as técnoloxías da comunicación 5

por radio para contribuir a recuperar e estudiar os fundamentos étnicos e culturais de grupos socias irlandeses conformados por inmigrantes cualifiando, ao mesmo tempo, a grupos de persoas desempregadas que puideron orientar a súa vida laboral cara unha atractiva e novidosa actividade informacional. Cabe destacar que o uso da radio como medio de difusión frente á Internet estivo xustificado polo seu propio carácter universal, de accesibilidade e de economía social, que permite a súa utilización a calquera persoa independentemente dos coñecementos técnicos ou tecnolóxicos que posúa. Tamén dende o University College Cork os xeógrafos Mark Rylands e Raymond O Connor presentan unha interesenat análise sobre o desenvolvemento da Sociedade da Información nos espacios rurais irlandeses, destacando, dende unha perspectiva crítica, o feito de que a fenda dixital entre as cidades e o campo en Irlanda cada vez é maior, amosando datos que evidencia o retraso no equipamento de ordenadores nas escolas rurais e o escaso equipamento tecnolóxico con que contan nestes espacios periféricos. O discurso crítico de Rylands e 0 Connor foi o contrapunto á exposición que Michael Byrne, director do exitoso e recoñecido proxecto de Ennis (vila irlandesa do condado de Clare), que fixo durante o plenario das xornadas respecto da posición avanzada de Irlanda no tema da implantación da Sociedade da Información. Polo que respecta á miña propia aportación ás III Xornadas SINDUR, ésta estivo centrada no intento de respostar á pregunta de Sociedade da Información en espacios periféricos? Onde acometo un intento de explicación e análisis das relacións que se poden establecer entre conceptos chave como son Novas Tecnoloxías, Economía Cultural, Marketing Territorial, Sociedade da Información e Globalización, tentando de explicar os nexos de unión e as posibilidades que se poden presentar no seu contexto aos territorios periféricos como é o caso galego e do norte de Portugal, onde a difusión e revalorización da cultura popular e dos seus sinais de identidade propios a través da difusión social e utilización efectiva das Novas Tecnoloxías abre enormes posibilidades de desenvolvemento económico e social que deberían ser aproveitadas polos actores locais con mayor capacidade de innovación e creatividade; presento os datos que amosan a situación marxinal de Galicia ao respecto do uso e difusión das novas tecnoloxías e como istes se corresponden cos do Norte de Portugal. Por outra banda, a nivel internacional é importante destacar a presentación de diagnósticos sobre o desenvolvemento da Sociedade da Información en espacios periféricos e centrais; Markos Kourgiantakis e Emmanuel Petrakis da Universidade de Creta en Heraclio, presentan unha traballo descriptivo e de diagnóstico que nos permite comprobar o e coñecer a situación da implantación e difusión das novas tecnoloxías en Grecia, espacio periférico no seo da Unión Europea; e, en contraposición, Martín Scheer da International School of Management de Alemania caracteriza sintéticamente a definición dun proxecto avanzado de transformación dun espacio industrial vinculado á industria do carbón na cunca do Rhur, en Dortmund, nun novo espacio asociado aos servicios, á recuparación medioambiental e residencial no marco da creación dunha industria do coñecemento. No contexto español, Manuel Caínzos presenta escuetamente a experiencia do programa Vilas Dixitais levado a cabo nos municipios galegos de Vilalba e As Pontes e como están traballando na interactividade entre as novas tecnoloxías e a radio-televisión local. A aportación de Bernardo Bernal da Fundación Germán Sánchez 6

Ruipérez presenta o desenvolvemento dunha iniciativa tecnolóxica específica para o medio rural levada a cabo na localidade de Peñaranda de Bracamonte na provincia de Salamanca, a través da cal foi creado e desenvolvido un Centro Internacional de Tecnoloxías Avanzadas para o medio rural (CITA) que ten por obxectivo fundacional a promoción económica e social nun espacio rural periférico a partir da posta en valor do uso e difusión tecnolóxica entre a comunidade local. As III Xornadas SINDUR serviron de foro científico para a presentación dos primeiros resultados de traballos de investigación en curso co fin de propiciar o intercambio de ideas e a visión crítica; traballos que emanan precisamente do propio proxecto; Carlos Macía, Yolanda García e Francisco Armas presentan un relatorio acerca das metodoloxías aplicadas no proxecto SINDUR relativas ás ferramentas de auditoría do uso e difusión das TIC nun municipio piltoto no cadro das cales se definen técnicas de análisis de sitios web, localización das computadoras e conexións a internet, estratéxias de intervención fronte a marxinación info-dixital, etc, ao nivel de asentamentos de poboación (aldeas, parroquias), e que propiciaron a elaboración dun Atlas da Sociedade da Información a nivel municipal, que, ademáis, conforman un conxunto de ferramentas tecnolóxicas aplicables en calquera outro municipio. Por outra banda, en canto ás comunicacións presentadas no plenario das III Xornadas SINDUR, viñeron a cubrir temática tanto teórica: interacción entre tecnoloxía e comunicación ou as novas formas de exclusión social propiciada pola e-exclusión; así como de exposición de casos referidos á implantación das novas tecnoloxías en espacios e comunidades periféricas concretas, como poden ser casos en Lituania e España, na Amazonía brasileira ou nas escolas isoladas do Portugal transmontano. Completouse o elenco de comunicantes coa presentación de técnicas concretas aplicadas que permiten impulsar o uso e utilidade das novas tecnoloxías en diferentes eidos como son o da dixitalización das bibliotecas en Galicia, o caso do xornal electrónico Galicia Hoxe ou a moi interesante proposta de definición dun sistema de información xeográfica a través de sitio web para a dinamización do mercado de terras en Galicia, proxecto moi ambicioso que de concretarse nun futuro inmediato podería ser un gran motor de cambio para o desenvolvemento económico e social no medio rural galego, que non esquezamos, é un espacio desenganchado e apagado na Sociedade da Información e do Coñecimento. En definitiva, no marco do proxecto SINDUR, esta publicación está pensada para contribuir ao cumplimento do seu obxectivo primordial que non é outro que servir de chamada de atención e ponte de reflexión sobre a necesidade de impulsar o desenvolvemento económico e social dos espacios periféricos, como Galicia e o norte de Portugal no contexto da Sociedade da Información, facendo frente ao proceso de info-exclusión que están experimentando e que reforzan a súa posición de periféria no contexto europeo. En Santiago, 19 de abril de 2006 Prof. Dr. Carlos Ferrás Sexto Grupo de Investigación Socio-Territorial GIS-T. IDEGA Universidade de Santiago 7

As novas ideas, o coñecemento e a información se difundirán rápidamente dende o centro cara á periferia, dende as grandes cidades ata as áreas rurais marxinais, dende os paises avanzados ata os países atrasados. Os espacios marxinais accederán máis rápidamente ás innovacións e ó coñecemento tecnolóxico. A proliferación das ideas superará a tiranía das distancias e a xeografía xa non será un obstáculo para que os espacios periféricos se desenvolvan máis rápidamente que os espacios ricos máis avanzados. Frances Cairncross, 2001 Geoffrey Blainey, 1966

ÍNDICE III XORNADAS SINDUR 1. Desenvolvemento da sociedade da información en Galicia e Norte de Portugal? Carlos Ferrás Sexto...15 2. Aproximación á metodoloxía aplicada no marco do proxecto SINDUR: Unidades de traballo TIC Audit, Information Web Audit, E-Inclusión e Info-Atlas Francisco Xosé Armas Quintá, Xosé Carlos Macía Arce, Yolanda García Vázquez...45 3. The Information Society in Germany: A case study of the dortmund-project in Dortmund, Germany Martin Scheer...63 4. A Sociedade de Informação em Portugal. A evolução da presença das freguesias açorianas na WWW entre 1999 e 2005 João Sarmento...73 5. Centro Internacional de Tecnologías Avanzadas. Nexo de unión entre tecnología y sociedad Bernardo Bernal González...85 6. Geographical perspectives on the Information Society and Irish rural spaces Mark Rylands, Raymond O Connor...93 7. Cultures of Cork: Community, Ethnicity and Broadcasting Marie-Annick Desplanques, Cliona O Carroll...107 8. The Information Society in Greece Markos Kourgiantakis, Emmanuel Petrakis... 117 9. Vilas Dixitais. Internet ao servizo dos cidadáns Manuel Caínzos...127 11. E-learning em escolas rurais ou isoladas António José Osório...133 13. A Sociedade da Informação no Processo de Integração do Mercosul: Desafios para a sua realização Patrícia Helena dos Santos Carneiro...143 14. Interação e conflito no espaço comunicacional transminhoto Joám Evans Pim, Bárbara Kristensen...153 15. Tecnologia e comunicação: uma aproximação desde as teorias de ondas longas Joám Evans Pim, Óscar Crespo Argibay...163 16. A shared Information Society for Europe? The cases of Latvia and Spain Claudio Feijóo González, José Luis Gómez Barroso, Edvins Karnitis...175 11

17. A Zona Franca de Manaus e os fundos Feder: Sísifos felizes ou paraísos artificiais? Júlio César Barreto Rocha...187 18. Tecnoloxía SIX e web para a dinamización do mercado de terras en Galicia Ónega, F., Parapar, J., Miranda, D., Touriño, J., Doallo, R., Crecente, R....199 19. Xornais en Internet: máis que noticias. O caso dos diarios composteláns El Correo Gallego e Galicia Hoxe Henrique Neira Pereira...213 20. Exclusión social en Galicia. Web solidarias. E-learnig. Ángel Alonso González, Luís Leiro González...223 21. La e-exclusión (info-exclusión): Nuevas formas de exclusión social en Europa. Proyecto TRIN-II Juan Mario Lecumberri Ciáurriz...233 22. La biblioteca pública. Una oportunidad para el desarrollo de la sociedad de la información en Galicia Elena Rodríguez París...243 12

Desenvolvemento da sociedade da información en Galicia e norte de Portugal? Carlos Ferrás Sexto

Desenvolvemento da sociedade da información en Galicia e norte de Portugal? 1 Carlos Ferrás Sexto GIS-T. IDEGA Universidade de Santiago de Compostela 1. Introducción É posible identificar uns rasgos xerais da sociedade da información a partir das definicións existentes na literatura académica internacional. En primeiro lugar a Sociedade da información está estreitamente relacionada co uso das tecnoloxías sofisticadas en materia de computación e telecomunicacións, producto de que a nova sociedade xurde no contexto da III Revolución Tecnolóxica. En segundo lugar na nova sociedade se produce información e se crean nichos de novos empregos e actividades vinculados á industria da información e ao coñecemento, que van dende técnicos especializados en telecomunicacións, en computación e informática, persoal cualificado no manexo de programas de computación aplicados en todos os sectores e actividades económicas, ata a demanda de persoal cualificado na oferta de servicios de ocio e recreación, de seguridade, financeiros e de seguros, etc. A sociedade da información crea grandes bolsas de parados a través da destrucción de numerosos empregos en actividades industriais tradicionais. En terceiro lugar, outro rasgo característico da nova sociedade é que concibe a información como mercadoría, poder e cultura do cal xurde unha elite social informacional capacitada para manexar grandes volumes de información e xestionar as novas organizacións sociais, económicas e políticas. E en cuarto lugar a Sociedade da información adopta unha nova organización horizontal na cal se constitúen redes de nós que transmiten fluxos continuos de información, mensaxes e imaxes, organización que favorece a complementariedade do traballo en grupo, as sinerxias e o desenvolvemento socioeconómico descentralizado. A xeneralización do uso de Internet favorece extraordinariamente a implantación e desenvolvemento da sociedade da información. Internet é unha grande rede que permite a circulación de fluxos de información entre calquera punto do planeta de forma sinxela e rápida. Con Internet desaparecen as resistencias espaciais e 1 Traballo elaborado no marco do proxecto SINDUR. Sociedade da Información e desenvolvemento urbano e rexional. Ministerio de Educación e Ciencia (SEC2002-01874). 15

incluso as distancias que separaban comunidades e individuos á hora de establecer comunicacións e intercambios de informacións. Este feito permite afirmar que hoxe en día non é necesario desprazarse para coñecer ou saber sobre algo ou alguén e isto nos remite aos fenómenos de deslocalización e aparición de novas oportunidades para as comunidades e lugares excéntricos ou periféricos. A información e o coñecemento na Sociedade Industrial concentrábase en determinados lugares, nas grandes metrópoles e capitais, e na sociedade da información isto xa non sucede. Ben é certo que existen nós informacionais emprazados nas grandes metrópolis, caso de Londres, Nova York ou Tokio, que concentran os fluxos de información procedentes de calquera lugar do mundo e que dende eles son redistribuidos e direccionados cara os lugares de destino; sen embargo, as novas tecnoloxías da información permiten deslocalizar e descentralizar a xestión e a toma de decisións dos actores sociais que xeran a información e o coñecemento, pois xa non necesariamente requiren vivir en ningún lugar físico concreto coa condición de ser visibles e ter acceso a unha nova dimensión como é a do ciberespacio. Os datos do uso de Internet poñen en evidencia os perigos que entraña e dos cales todavía non existe unha conciencia social plena. Con Internet ábrese un novo mundo de relacións de dependencia todavía moi difícil de avaliar nas súas consecuencias. Outro feito importante é a profunda fractura social e territorial que xera o acceso á información a través de Internet. A chamada Fenda Dixital ou Brecha dixital (Digital Divide) se traduce na multiplicación de comunidades e territorios perdedores ou desenganchados que quedan a marxe do desenvolvemento económico e social. Son lugares apagados e comunidades marxinadas no Ciberespacio e na Sociedade da información e do Coñecemento, incapacitados para comunicarse ou establecer redes con outros lugares ou outras comunidades. Segundo os datos do World Telecomunications Development Repport 2003 a Fenda Dixital a nivel mundial queda en evidencia ao observar que o 75% dos usuarios de Internet son de clases medias e medias - altas. O mercado mundial das Tecnoloxías da comunicación e da Información (TIC) representa o 6,6% do valor da producción bruta mundial (GDP), uns 2,066 billóns de dólares/ano mentres tan só é usuaria de Internet o 10% da poboación mundial. Os datos a nivel mundial son elocuentes ao respecto, os países da OCDE que son os de maior desenvolvemento no mundo, contan co 91% de todos os usuarios de Internet, o 71% do comercio mundial de bens e servicios e tan só teñen o 19% da poboación mundial. África, o continente esquecido, co 23% da poboación mundial ten menos do 1% dos usuarios de Internet (Zook 1999, Lawrence y Giles 1999 y OCDE 1999). A Fenda Dixital está acentuando ás diferencias sociais e os desequilibrios económicos entre os espacios e comunidades que en maior ou en menor medida utilizan ás novas tecnoloxías da información e da comunicación. A eurorrexión Galicia - Norte de Portugal conforma un espacio periférico e apagado na Sociedade da información onde o fenómeno da Fenda Dixital está en consecuencia moi presente. En España e Portugal os niveis sociais de utilización de Internet son 16

moi baixos: no 2003-2004 o 72% e o 78% respectivamente dos fogares non tiñan conexión a Internet e o 66% e 74% das súas poboacións en cada caso viven á marxe de Internet por non ter conectividade. En Galicia e no Norte de Portugal estes datos son máis preocupantes: o 82% e o 81% respectivamente dos fogares non teñen conexión a Internet e o 72% e o 77% das súas poboacións respectivas están a marxe de Internet (datos do INE español e do INE-UMIC portugués). Estes datos son o suficientemente explícitos para recoñecer a necesidade perontoria de afrontar o problema da marxinación de Galicia e do Norte de Portugal ao respecto da difusión e utilización das Novas Tecnoloxías. Nas seguintes páxinas se presenta unha análise sobre o desenvolvemento da sociedade da información en Galicia, para o cal foron analizadas diferentes fontes de información, que van dende as estatísticas oficiais ata a elaboración de datos propios a partir da localización e estudio dos websites municipais das principais cidades galegas e do norte de Portugal. Todo isto se completa co apuntamento critico e reflexivo acerca da comparación dos casos galego e irlandés e coa definición de posibles directrices de intervención e enumeración de ideas estratéxicas para o impulso da sociedade da información en Galicia. Cadro 1: Porcentaxe de fogares con ordenadores persoais e conexión a Internet (2003-2004) Con Pc Internet España 40% 28% Galicia 35 18 Norte de Portugal 35 19,0 Portugal 38,3 21,7 Fonte: INE España; INE Portugal. Enquisa fograres. Cadro 2: Porcentaxe de persoas maiores de 16 anos que utilizaron Internet nos últimos 3 meses (2003) España 34,2% Galicia 27,8 Norte de Portugal 22,7 Portugal 25,7 Nesta variable, Suecia presenta un 72%, Finlandia un 64% e Dinamarca un 66%. Fonte: INE España; INE Portugal. Enquisa fogares. 17

2. As políticas para o desenvolvemento das Novas Tecnoloxías en España e Portugal. Unha práctica netamente insuficiente. En España e en Portugal existen moi poucos datos que nos permitan coñecer a Fenda Dixital para poder analizar as súas causas e consecuencias. Hai moi poucos datos rexionais e os poucos que existen están baseados en enquisas. Existe unha necesidade prioritaria de elaborar estatísticas profundas e completas sobre o uso e difusión das TIC na sociedade, con especial preferencia ás comunidades locais e municipios. A nivel de fontes estatísticas en España cabe destacar o Estudio General de Medios (EGM) que leva a cabo a Asociación para a Investigación dos Medios de Comunicación (AIMC) sobre o uso de Internet. Tamén destacan os informes da Fundación AUNA realizados entre o 2001 e o 2004 (eespaña 2001, 2002, 2003 e 2004) e en terceiro lugar a enquisa sobre equipamento e uso de tecnoloxías da información e comunicación nos fogares levada a cabo polo Instituto Nacional de Estadística (INE) durante el segundo trimestre de cada ano; esta última enquisa tamén se leva a cabo en Portugal por parte do Instituto Nacional de Estatística portugués e dela proceden os datos que posteriormente se procesan no servicio estatístico da comunidade europea (Eurostat). Tanto en España como en Portugal existen plans estratéxicos que teñen como obxectivo o impulso da Sociedade da información entre os seus cidadáns e empresas, administracións, escolares, etc., plans que naceron ó amparo dunha acción máis ampla como foi o programa eeurope. Unha sociedade da información para todos definida pola comisión europea. En España as iniciativas levadas a cabo nesta materia foron recollidas no Plan de Desenvolvemento Rexional 2000-2006 e no plan de acción coñecido como InfoXXI, que entre outras iniciativas impulsaron a creación dunha empresa pública denomidada Red.es. Nos dous casos tentaron de impulsar o uso das Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación liberalizando o sector empresarial neste campo e favorecendo a competencia, potenciando a administración electrónica e o acceso de tódolos cidadás e empresas á Sociedade da información; destacan iniciativas como o programa de difusión das TIC coñecido como Todos.es. No caso portugués foi editado o denominado Libro Verde para a Sociedade da información que inspirou o deseño do Programa Operacional da Sociedade da información (POSI), que guiaron o desenvolvemento de políticas concretas para conseguir obxectivos considerados de suma importancia como a democratización da Sociedade da información, a apertura gobernamental, a dispoñibilidade do coñecemento universal, a conexión das escolas a rede, o comercio electrónico, o emprego na Sociedade da información, e o estudio das implicacións sociais e legais da Sociedade da información. Amais, o programa Portugal Digital no marco do Plano de Desenvolvemento Regional 2000-2006 está orientado a consegui-la difusión xeral do uso dos ordenadores e da internet na sociedade, programa complementario doutro, denominado Estado Aberto para o impulso das TIC na administración pública. A un nivel rexional, caso de Galicia e 18

do Norte de Portugal, non existen políticas específicas para o desenvolvemento da Sociedade da información, aínda que si existen iniciativas illadas e inconexas de determinados departamentos ou instancias da administración rexional ou municipal que tentan de impulsar websites turísticos, de informacións variadas, para o impulso da administración virtual, educación a distancia, comercio electrónico, bibliotecas virtuais, etc., que as veces chegan a resultar contradictorias e reiterativas. Cadro 3. Evolución do gasto en Telecomunicacións per cápita en euros (anos 1996 e 2002) España Alemaña Francia Irlanda Italia Portugal R. Unido UE(*) EE.UU. Xapón 1996 267 479 429 547 390 264 504 443 652 573 2002 587 777 649 930 688 565 925 767 1015 1160 (*) UE comprende UE-15, Noruega e Suiza. Fonte: EITO 2001,para 1996-1998 e EITO 2003, para 1999-2002. Definición: Valor monetario, a precios correntes, da demanda interior de equipos e servicios de Telecomunicacións, en relación co total da poboación. 3. Análise comparada das cidades galegas e do norte de Portugal a partir dos seus respectivos websites. Coa finalidade de facer un diagnóstico sobre a vitalidade da sociedade da información en Galicia no Grupo de Investigación GIS-T. IDEGA da Universidade de Santiago, do cal formo parte, levamos a cabo un estudio sobre os websites dos municipios urbanos máis importantes de Galicia e procedimos a comparalos cualitativa e cuantitativamente cos dos seus homólogos do norte de Portugal Debemos partir da idea inicial de que o conxunto das cidades galegas e do norte de Portugal, agrupadas na asociación de cidades do Eixo Atlántico, non están ben posicionadas en Internet. En xeral a visibilidade como comunidades enganchadas e espacios encendidos no universo Internet (ciberespacio) non ten unha relación directa co peso e tamaño demográfico. Dase a circunstancia que a cidade mellor posicionada e con maior visibilidade é A Coruña a cal correspóndelle o cuarto posto no ranking das cidades máis poboadas do Eixo Atlántico. A análise dos websites municipais das 18 cidades do Eixo Atlántico evidencia situacións dispares en canto a contidos de información, desenvolvemento da administración virtual, interactividade e comunicación cos cidadáns, linguas empregadas, nivel de actualización ou deseño e programación. Existen websites con grandes volumes de información, que destacan polos contidos e organización, outros con maior interactividade, uns orientados ao turismo e outros aos servicios ao cidadán, etc.; incluso hai dous municipios que 19

non dispoñen de website, e outros con problemas graves de programación, etc. Hai que destacar que no caso dos municipios do norte de Portugal existen evidencias de boas prácticas na denominación homoxenea e homologable dos dominios, de tal forma que todos os websites municipais levan o prefixo cm- (de cámara municipal) entecedendo ao nome do concello (www.cm-porto.pt, www.cm-chave. pt, etc.); práctica que se opón contrariamente ao que sucede cos concellos galegos onde as denominacións son variadas e, ás veces, rebuscadas (www.aytolacoruna. es, www.concellodelugo.org, www.vigo.org ). Presentamos a continuación os resultados da análise individualizada de dous casos: o da cidade da Coruña que posúe o exemplo de website máis potente e mellor posicionado e o caso contrario do website da cámara municipal de Vila Real que ocupa o derradeiro lugar no rankig das 18 cidades do Eixo Atlántico. A información completa acerca da totalidades das cidades pódese ver no II Estudio Estratéxico do Eixo Atlántico do Noroeste Penínsular (www.eixoatlantico.com). Cadro 4. Ranking das cidades do Eixo Atlántico segundo visibilidade en Internet e volume demográfico. Ranking Municipio Índice Alexa Ranking Municipio Poboación residente 1 A Coruña 31990 1 Vila Nova de Gaia 288.749 2 Vigo 92162 2 Vigo 288.324 3 Porto 293002 3 Porto 263.131 4 Lugo 338833 4 A Coruña 242.458 5 S. de Compostela 373869 5 Braga 164.192 6 Pontevedra 432440 6 Guimarães 159.576 7 Vila Nova de Gaia 499185 7 Ourense 109.011 8 Ourense 510026 8 S. de Compostela 93.273 9 Bragança 657027 9 Lugo 89.509 10 Ferrol 661473 10 Viana do Castelo 88.631 11 V. de Arousa 723761 11 Ferrol 79.520 12 Guimarães 987450 12 Pontevedra 76.798 13 Viana do Castelo 1421039 13 Vila Real 49.957 14 Braga 1433364 14 Chaves 43.667 15 Chaves 2214225 15 Bragança 34.750 16 Vila Real 2597355 16 V. de Arousa 33.907 17 Monforte de Lemos* - 17 Monforte de Lemos* 19.817 18 Peso da Régua* - 18 Peso da Régua* 18.832 Fontes: Elaboración propia a partires da utilización do índice Alexa. INE (2004). Retratos territoriais, http://www.ine.pt., IGE (2004). Fichas municipais, http:// www.ige.xunta.es 20

Índice Alexa: índice que permite coñecer o posicionamento dunha páxina web no ranking mundial a partires da contabilización do número de visitas que recibe. Datos obtidos entre os días 7 e 21 de setembro de 2004. Consultar www.alexa.com *Os casos de Monforte e Peso da Régua non ofrecen datos no índice Alexa debido a que non contan con páxina web municipal. Gráfico 1. Análise comparada entre o Índice Alexa e a Poboación residente nos 18 municipios do Eixo Atlántico. Ranking 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Vila Nova de Gaia Vigo Porto Ranking Alexa Ranking poboación A Coruña Braga Guimarães Ourense Santiago de Compostela Lugo Viana do Castelo Ferrol Pontevedra Vila Real Chaves Bragança Vilagarcia de Arousa Monforte de Lemos Peso da Régua Ranking Alexa: Clasificación dos municipios do Eixo Atlántico de maior a menor ranking no Índice Alexa. Ranking Poboación: Clasificación dos municipios do Eixo Atlántico de maior a menor poboación residente. Fontes: Elaboración propia a partires da utilización do índice Alexa. INE (2004). Retratos territoriais, http://www.ine.pt., IGE (2004). Fichas municipais, http:// www.ige.xunta.es Índice Alexa: Índice que permite coñecer o posicionamento dunha páxina web no ranking mundial a partires da contabilización do número de visitas que recibe. Datos obtidos entre os días 7 e 21 de setembro de 2004. Consultar www.alexa.com *Os casos de Monforte e Peso da Régua non ofrecen datos no índice Alexa debido a que non contan con páxina web municipal. 21

3.1. O caso da cidade da Coruña. www.aytolacoruna.es O concello da Coruña posúe un website moi completo en canto á información que ofrece e ocupa o posto nº 1 no ranking das cidades do Eixo Atlántico con maior presencia en Internet, o que demostra que é un servicio moi empregado polos veciños e visitantes. A estructura do seu mapa - web é avanzada amosando unha boa xerarquización e ordenación da información. Dispón de 4 seccións xerais de inicio denominadas: Concello, concibida como unha administración local virtual; Negocios, que ofrece directorios de empresas locais; Turismo con directorios, informacións de servicios, eventos, etc. De interese para o visitante; e Cidade, onde se engloban multitude de servicios e información e formación. É un website potente e complexo, ofrecendo unhas 32.000 paxinas de contidos, e destaca por ser dinámico, ofrece información asociada a bases de datos, con buscadores específicos e posibilidade de cubrir formularios para obter información vía e-mail. Ofrece un servicio de xornal electrónico completo con actualización diaria e servicios de boletíns que poden ser remitidos por correo electrónico aos solicitantes. En canto á comunicación permite contactos coas diferentes dependencias municipais para consultar ou enviar queixas, etc.; permite obter impresos, tramitar servicios en liña e manexar unha hemeroteca, amais de ofrecer facilidades para minusválidos. Tamén permite facer transaccións a través dun sistema de pagos de impostos on - line que conecta con Caixa Galicia (soamente para os posuidores da tarxeta de crédito desta entidade bancaria). Debemos destacar que o idioma por defecto é o castelán sen embargo ofrece as opcións de versións en galego e inglés con precisión e calidade. O deseño é de calidade e permite unha fácil navegación. Resulta moi interesante a coordinación de servicios on - line e telefónicos pois o concello da Coruña conta cun número 010 de información telefónica ó cidadán perfectamente visible no website. Os puntos febles son a interactividade e a comunicación. O website da cidade da Coruña non permite a participación dos cidadáns para expresar opinións e debater sobre temas de interese social, local, político, etc.. Non ofrece Foros de debate, nin Chats, nin referendos. Por outra parte as galerías de imaxe son insuficientes e non mostran un tamaño aceptable. Non ofrece vídeo nin son dixital nin potencia o comercio electrónico. En definitiva é un website avanzado en deseño e información pero estándar en interactividade. 3.2. O caso da cidade de Vila Real. www.cm-vilareal.pt A cámara municipal de Vila Real dispón dun website mal posicionado na rede. Correspóndelle o posto nº 16 no ranking das cidades do Eixo Atlántico con maior presencia en Internet (o posto 2.597.355 en Internet), o que evidencia que é un servicio pouco empregado polos veciños e visitantes tendo presente, amais, que por poboación a Vila Real correspóndelle o posto número 13 no ranking das cidades do Eixo Atlántico cos seus 50.000 habitantes. O seu website ocupa o último lugar no ranking do Eixo Atlántico e é superado por cidades de menor 22

tamaño como Vilagarcía de Arousa, Bragança e Chaves. En canto ó deseño e arquitectura destaca cunha portada sobria de contidos esenciais. Permite acceder ao mapa da web e ordena os contidos a partir de 5 seccións con contidos básicos, as veces incompletos e sen sistemas de actualización. Non conta con xornal. As 5 seccións xerais engloban informacións diversas e son as seguintes: Municipio que abre cunha benvida do Presidente e permite obter información dos Vereadores cos seus nomes e competencias (non permite coñecer e-mail nin teléfono), directorio de organismos públicos (dirección postal e teléfono); o documento completo sen a cartografía do Plan Director Municipal (PDM), o organigrama, permite baixar da rede regulamentos municipais sobre taxas, construcción e edificación, venda ambulante, horario comercial e prestación de servicios do concello e completa a información administrativa cos horarios de atendimento dos técnicos e persoal da cámara municipal. Na sección Concello permite coñecer breves textos descritivos sobre a historia, xeografía, figuras históricas locais, estatísticas demográficas, mapa de parroquias, un microsite concreto da parroquia de Juste con información de interese e unha galería de fotos sinxela. En canto á sección Turismo ofrece descricións e directorios con imaxes de monumentos, artesanía, museos, natureza, eventos culturais, festas e romarías, gastronomía, turismo rural, hoteis e bares e equipamentos en todos los casos con información de direccións postais e números de teléfono pero non coas direccións de correo electrónico. Completan as seccións de portada as Publicacións en documento (PDF) sobre o Boletín e a Revista Municipal que se poden baixar da rede e os Mapas sinxelos do municipio relativos a localización de escolas, rede viaria, a cidade, etc. En xeral a información sobre o municipio é completa pero mellorable (organízase en 133 páxinas de contidos); ao respecto da administración local é insuficiente, ofrece directorios de servicios diversos simples pero non ofrece información actualizada sobre a natureza e actividades da Cámara Municipal, xunto coas direccións e contactos postais e de e-mail claramente especificados; non permite a opción de Pagos On Line e as transaccións non existen; permite obter documentos sobre regulamentos, taxas e algún modelo de solicitude e impresos oficiais en casos moi concretos e as publicacións das revistas municipais, dos documentos do Plan Director Municipal, etc., pero non permite a administración virtual dos procesos. É un website con deseño estándar, organizado de forma sinxela e que se actualiza con frecuencia mensual, pero con seccións e apartados moi esquecidos. O website de Vila Real é estático e non ofrece información asociada a bases de datos; non posúe servicio de Boletíns informativos que poidan ser remitidos por correo electrónico aos solicitantes e non ofrece servicio de contas de correo electrónico para os cidadás. En canto á comunicación non ofrece contactos con servicios e dependencias municipais a través de direccións de correo electrónico específicas nin a través de formularios; non dispón de hemeroteca e non ofrece facilidades de acceso para minusválidos, nin xornal electrónico. Na portada ademais das seccións xerais se pode acceder a enlaces cun Download (aparece así en inglés) para descargar a fotografía do Presidente da 23

Cámara, o escudo e fotos de interese turístico; enlace co Teatro Municipal e co programa de actividades, outro enlace coa Axenda Cultural e unha conta de correo electrónico xeral para contactar. Todo isto se completa con enlaces externos a diferentes websites, a través de iconos resaltados en portada, de empresas como Augas de Tras os Montes e Alto Douro, Espigueiro; central de informacións rexionais, ó programa Polisvilareal de recuperación urbanística, á olería artesanal de Bisalhaes (non funciona) e ó Exército de Portugal (?). Cabe destacar que o idioma por defecto e único é o portugués. Os puntos febles son a interactividade e a comunicación. O website de Vila Real non permite a participación dos cidadáns para expresar opinións e debater sobre temas de interese social, local, político, etc., a través da mesmo. Os Foros de debate non existen, non dispón de Chats, nin de Referendos, nin de sistema de enquisas, nin dun servicio de xornal electrónico con actualización constante. Non ofrece vídeo nin son dixital nin potencia o comercio electrónico nin o uso das novas tecnoloxías. En definitiva é un website estándar en deseño, mellorable en contidos e sen interactividade. 3.3. Desenvolvemento da Sociedade da información. Estudio comparado de casos: as cidades de Santiago de Compostela e Porto Para o estudio de casos acerca do desenvolvemento da Sociedade da información no Eixo Atlántico foron seleccionados os municipios de Santiago de Compostela e do Porto, a partir de criterios discriminantes baseados na maior visibilidade de ámbalas cidades a nivel internacional, amais de seren nos dous casos as capitais político-administrativas máis importantes da erurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Para levar a cabo a análise proposta procedeuse a localizar e analizar polo miúdo os contidos e caracteristicas técnicas dos websites promovidos dende os dous territorios. Para isto foron pescudados os primeiros 1.500 websites que en cada un dos casos aparecen nos motores de busqueda Google e Wisenut, seleccionando aqueles que realmente eran promovidos dende o ámbito territorial dos concellos de Santiago e do Porto. Trala localización procedimos a análise dos ditos website a partir de técnicas de auditoría web e da elaboración dunha base de datos que permitíu coñecer parámetros cuantitativos. Os resultados sintéticos desta análise poden ser observados na seguinte táboa: 24

Cadro 5. Indicadores comparados sobre a Sociedade da información nas cidades de Porto e Santiago de Compostela. Realizado a partir da localización e análise dos websites promovidos dende os seus respectivos ámbitos territoriais municipais. SANTIAGO DE COMPOSTELA PORTO Actualización Constante 8,69% 5,90% Diaria 26,08% 17,60% Irregular 52,17% 64,70% Mensual 4,34% - Semanal 8,69% 11,80% Temática Antropolóxica - - Audiovisual 4,30% 5,90% Cultural 4,30% - Deportes - 17,60% Económico Financieira 17,50% - Encino 4,30% 23,50% Hostelería 4,30% - Información xeral 17,50% 5,90% Informática 4,30% 17,60% Literatura 4,30% 5,90% Medicina/sanitaria - - Museo 4,30% 5,90% Música - - Ocio 4,30% - Política 4,30% 5,90% Prensa 4,30% - Relixiosa 8,80% - Sociedade 8,80% - Viaxes - 11,80% Xurídica 4,30% - Orixe Administración Pública 43,40% 5,90% Asocións Culturais - 11,80% Asociacións Deportivas 4,30% 17,60% Bancos e caixas - - Colexios oficiais 4,30% - Empresas 21,80% 41,20% Ensino non universitario - 5,90% Ensino virtual - - Fundacións - - Medios de comunicación - - 25

SANTIAGO DE COMPOSTELA PORTO ONG e ecoloxistas 4,30% - Organizacións Políticas 4,30% - Organiz. relacionadas co traballo - - Organizacións Relixiosas 4,30% - Outras - - Outras organizacións 8,80% - Persoal - - Redes comunitarias - - Relacionadas coa saúde - - Universidades 4,30% 17,60% Seccións 7,7 6,7 Información Estática 39,10% 35,30% Dinámica 60,90% 64,70% Links totais 36,8 29 Links externos 4 6 Links internos 32,5 22 Tempo medio consulta 31,4 37 Boletíns Si 4,30% 5,9 Non 95,70% 94,1 Media de imaxes/páxina 1,7 0,7 Buscador Si 52,20% 23,50% Non 47,80% 76,50% Vídeo Si 21,70% 17,60% Non 78,30% 82,40% Audio Si 13,00% 5,90% Non 87,00% 94,10% Galería de imaxes Si 56,50% 52,90% Non 43,50% 47,10% Infografía Si 4,30% 11,80% Non 95,70% 88,20% Radio Si 4,30% 5,90% Non 95,70% 94,10% TV Si 4,30% 0,00% Non 95,70% 100,00% 26

SANTIAGO DE COMPOSTELA PORTO Xornal electrónico Si 47,80% 52,90% Non 52,20% 47,10% Núm. de noticias 5,2 3,5 Núm. Liñas/noticia 18 31,40% Índice Alexa 704.398 571.249 Presencia Interna 7.019 1.649 Presencia externa 216 120 Servicio de comunicación Núm. medio de chats - - Núm. medio de enquisas - - Múm. medio de foros 1,2 2,8 Língua 1 língua nos contidos 60,90% 70,60% 2 línguas nos contidos 17,30% 29,40% 3 línguas nos contidos 13% - Máis de 3 linguas nos contidos 8,70% - No caso do municipio do Porto queda en evidencia unha práctica dominante de actualización dos websites promovidos dende o seu territorio pouco constante, pois cáseque no 65% dos casos se fai de forma irregular. O contido dos mesmos é principalmente de deportes (equipos de futbol), ensino (universidades e outros centros), empresas de informática e e en menor medida axencias de viaxes. A administración Pública está pouco representada e corresponde ás empresas o maior protagonismo na difusión de websites locais en internet (41% dos casos). Un dato realmente positivo ven dado polo feito de que son maioría os websites con información dinámica, é dicir, que ofrecen información asociada a bases de datos que permiten pescudar e localizar discriminadamente a información (65%). Sen embargo son excepcionais os casos en que existen Boletíns de subscripción para enviar información específica a quen o solicita vía correo electrónico, e a gran maioría non dispón de buscadores (76%). Os recursos multimedia de video e son dixital son tamén excepcionais e tan só están presentes no 18% e no 6% dos websites totais promovidos dende o concello do Porto. As Galerías de Imaxe-Fotografía e os Xornais Electrónicos teñen maior presencia pero claramente insuficiente (están presentes no 53% nos dous casos). Respecto do tratamento complexo de imaxes e textos (infografía) somentes está presente no 12% dos websites, e en canto a retransmisión de radio e televisión a través de website é algo excepcional (6% no caso da radio e non existe no caso da televisión). Por último, constátase un moi feble desenvolvemento dos websites concebidos como servicios de comunicación e interactividade entre emisores e receptores de información pois os chats e as enquisas non estan presentes e os foros de debate son excepcionais (3% dos websites). No 27

referente á língua predominan os casos de utilización do portugués como idioma de comunicación único (71%) e somentes o 29% dos websites ofrecen contidos en dous idiomas (portugués e inglés). Para o caso do municipio de Santiago de Compostela se evidencia a actualización dos contidos dos websites promovidos dende o seu ámbito territorial con maior frecuencia que no Porto, pero claramente insuficiente; a práctica dominante é a irregular (52% dos casos). O contido dos websites é predominantemente de natureza económica (17,5%), social, de información xeral e relixiosa. Destaca especialmente o dato de que a maioría dos websites locais son promovidos pola administración pública (43%) a moita distancia dos promomidos pola empresa privada (22%). No caso de Santiago ao igual que no do Porto, un dato positivo ven dado polo feito de que son maioría os websites con información dinámica, é dicir, que ofrecen información asociada a bases de datos que permiten pescudar e localizar discriminadamente a información (65%). Ao igual que no caso do Porto, son excepcionais aqueles websites en que existen Boletíns de subscripción para enviar información específica a quen o solicita vía correo electrónico; sen embargo, no caso de Santiago, máis da metade dos websites localizados pemiten empregar buscadores para atopar información (52%). Os recursos multimedia de video e son dixital son tamén excepcionais e tan só están presentes no 22 e no 13% dos websites totais promovidos dende o municipio de Santiago. As Galerías de Imaxe-Fotografía e os Xornais Electrónicos teñen maior presencia pero claramente insuficiente (están presentes no 56% e no 48% dos websites respectivamente). No tocante ao tratamento complexo de imaxes e textos (infografía) somentes está presente no 4,3% dos websites, e en canto a retransmisión de radio e televisión a través de website, en ambos casos están presentes nos websites específicos da compañía pública de Radio e Televisión de Galicia que teñen a súa sede en Santiago de Compostela. Finalmente, ao igual que no caso do Porto e incluso en maior medida, se constata un moi feble desenvolvemento dos website concebidos como servicios de comunicación e interactividade entre emisores e receptores de información, pois os chats e as enquisas non estan presentes e os foros de debate son excepcionais (1% dos websites locais). No referido á língua predominan os casos de utilización dunha soa (61% en galego) como idioma de comunicación único, o 17% con dúas e o 22% con tres ou máis; datos moi vinculados a presencia da administración pública e ao servizo de información de orde turística. Por outra parte, se observamos a visibilidade promedio dos websites promovidos dende os ámbitos territoriais dos municipios de Santiago e Porto, a partir do cálculo ponderado da lugar que ocupan cada un deles no ranquing elaborado por Alexa. com, concluimos que no caso do Porto mostra un mellor posicionamento xeral en Interntet e no Ciberespacio derivado do feito de conquerir un posicionamento tipo do 571.249 no dito ranquing frente ao 704.398 para o caso de Santiago de Compostela. Sen embargo ditos datos deben ser valorados a partir da dimensión demográfica considerablemente desigual que existe entre ambos municipios. 28

En suma, a análise de casos levada a cabo pemite afirmar que tanto no caso de Santiago como no caso do Porto é precisa unha maior atención a calidade da información web ofrecida en Internet; é precisa unha atención prioritaria coa actualización dos contidos. Bótase en falla un maior peso específico dos xornais electrónicos, dos recursos multimedia de video, son e imaxe dixital e unha presencia, todavía sen desenvolver nos dous casos, das utilidades interactivas e de comunicación entre emisores e receptores de información a través da presencia e difusión dos Foros, Enquisas, Chats, e Referendos para a práctica do e-goverment e a democracia electrónica. 3.4. A modo de síntesis. Directrices de Boas Prácticas. As cidades e municipios do Eixo Atlántico deben asumir un papel activo frente ó fenómeno de infomarxinación coñecido como Fenda Dixital. É precisa a toma de conciencia de que como administracións locais próximas aos cidadáns correspóndelles liderar os procesos de difusión das Novas Tecnoloxías. A administración virtual e o fomento do turismo son actividades de moito interese para o desenvolvemento local, pero é preciso que concellos e cámaras municipais asuman a necesidade de gañar en credibilidade no espacio internet, de xestionar eficientemente a información e os contidos como servicios públicos e non como estratéxias de marketing político. É preciso asumir un rol de axentes difusores do uso das TIC entre os veciños e veciñas do concello e facilitar o acceso á Internet e aos servizos que ofrecen os websites municipais. A continuación, a modo de epílogo ofrecemos unha relación de directrices de boas prácticas para a xestión eficiente dos websites nas cidades e municipios do Eixo Atlántico: 1. 2. 3. 4. 5. 6. Impulsar a creación de sistemas editoriais dos websites municipais (Back Office dixital integrado) áxiles que permitan actualizacións de contidos rápidas e sencillas. Impulsar a programación con software libre Lynux e linguaxes tipo Php co fin de abaratar custes de mantemento. Promover a utilización das Novas Tecnoloxías entre os cidadáns ofertando contas de correo electrónico gratuitas dirixidas a toda a comunidade. Buscar unha imaxe corporativa e un bo posicionalmento en Internet a partir da definición de dominios propios ben estructurados e xerarquizados, que sexan capaces de incluir a tódolos departamentos, áreas e empresas municipais como subdominios propios. Coidar a actualización contínua de contidos no website co fin de incrementar a credibilidade e mostrar a utilidade social do mesmo entre os cidadáns creándolles hábitos de uso das Novas Tecnoloxías. Crear Xornais Electrónicos municipais como servicios públicos de información con tecnoloxías multimedia: con video, fotografía e sonido dixital editado 29