BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Documentos relacionados
I.- Competencia. II.- O principio de anualidade. III.- Contido.

Proxecto LEI DE ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. Lei I

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Proxecto LEI DE ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. Lei I

DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2017 Páx. 5869

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS I Cos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2017 confírmase que seguir un itinerario coherente nas épocas de

Indicadores da actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma de Galicia

PROXECTO DE LEI DE ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2018

DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2017 Páx Exposición de motivos

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2011 Páx

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Orzamentos LEI Texto Articulado Estado de ingresos da Administración Xeral Resume do estado de gastos da Administración Xeral

Índice LEI DE ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2010

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Servizo de orzamentos, cstudos e asistencia económica

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

CONCELLO DE CHANTADA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MAR E CAIXA GALICIA SOBRE O FINANCIAMENTO DO PROGRAMA EUROPEO DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA REUNIDOS

Orzamentos 2005 Por Consellerías ÍNDICE

O MARCO XURÍDICO. COMENTARIOS AO TEXTO ARTICULADO

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

Febreiro Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do. Maio Agosto Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do 1. Novembro Lu Ma 1 7 8

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

V I C E P R E S I D E N C I A

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Ordenanzas fiscais Páxina 1

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

En Santiago de Compostela, a de de 2011 REUNIDOS

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2016 (2º semestre e total 2016) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25801

Planificación do curso escolar

DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2018 Páx Exposición de motivos

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

O CONTRATO DE TRABALLO

Con respecto á anualidade 2018, está previsto un gasto de ,00.

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Política e Obxectivos de Calidade

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

INTERVENCIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PRINCIPAIS INDICADORES DA ACTIVIDADE ECONÓMICO - FINANCEIRA 1º TRIMESTRE 2004

DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 153 L Venres, 9 de agosto de 2002 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

CONSELLERÍA DE FACENDA Dirección Xeral de Planificación e Fondos. A estratexia Galicia 2020

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE FACENDA E O CONCELLO DE SANTIAGO PARA O ACCESO PÚBLICO AO XARDÍN DO PAZO DE AMARANTE

ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS Módulo de gastos e coidado de menores 2012

Proxecto PROXECTO DE ORZAMENTOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA. ANO 2018 ESTADO DE INGRESOS

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2017 Páx

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

ORDENANZA REGULADORA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO XANTAR SOBRE RODAS E ESTABLECEMENTO DO CORRESPONDENTE PREZO PÚBLICO P2

RECOMPILACIÓN NORMATIVA 2016 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

A Estrada, 26 de febreiro de 2018 REUNIDOS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

REDE EUSUMO. información e comunicación

LIÑA EMPRENDE MODELO DE PLAN DE NEGOCIO EMPRESARIAL

EMPRESA PÚBLICA DE SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS, S.A. CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL. Sociedades mercantís

DECRETO LEXISLATIVO 1/1999, DO 7 DE OUTUBRO, POLO QUE SE APROBA O TEXTO REFUNDIDO DA LEI DE RÉXIME FINANCEIRO E ORZAMENTARIO DE GALICIA

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

MODELO DE ESTATUTOS DUN CONSORCIO LOCAL. Capítulo I. Disposicións Xerais

CAMPA A RESGAL

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

Convocatoria ordinaria de 2012

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

ANEXO I SOLICITUDE DATOS DA ENTIDADE/DENOMINACIÓN DO GRUPO INFORMAL: CP Tfno./Tfno. móbil Fax Correo electrónico

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

1. Ámbito dos orzamentos, contido e estrutura

DOG Núm. 193 Venres, 7 de outubro de 2011 Páx DECRETO 189/2011, do 22 de setembro, de homologación sanitaria dos tratamentos

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

OS ORZAMENTOS DAS AXENCIAS PÚBLICAS AUTONÓMICAS

Transcrição:

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 563 IX lexislatura 1 de decembro de 2015 Fascículo 1 SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2. Propostas de normas 1.1.2.1.1. Proxectos de lei Informe da Ponencia sobre o Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 131066

1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2. Propostas de normas 1.1.2.1.1. Proxectos de lei Informe da Ponencia sobre o Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 De conformidade co disposto nos artigos 65 e concordantes do Regulamento da Cámara, ordénase a publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia do Informe da Ponencia sobre o Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2016. Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2015 Pilar Rojo Noguera Presidenta Informe da Ponencia sobre Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 A Ponencia designada pola Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, para emitir informe sobre o Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2016, na reunión e cos acordos que a continuación se indican, á vista do texto do proxecto e das emendas presentadas ao seu articulado e ao estado de gastos, elaborou, para o seu debate perante o dito órgano, este 1. Antecedentes INFORME 1.1. O proxecto de lei tivo entrada no Rexistro do Parlamento o día 20 de outubro de 2015. 1.2. A Mesa do Parlamento, na reunión do día 20 de outubro de 2015, dispuxo a súa publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e a apertura do prazo de presentación de emendas á totalidade, que rematou o día 7 de novembro de 2015, e o 17 de novembro de 2015 para as parciais. Así mesmo, oída a Xunta de Portavoces, acordou a súa tramitación pola Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos. 1.3. As emendas á totalidade foron cualificadas o 13 de novembro de 2015. Os grupos Parlamentarios dos Socialistas, da Alternativa Galega de Esquerda e do Bloque Nacionalista Galego formularon emendas de devolución global dos orzamentos xerais e dos orzamentos das seccións, así como emendas non devolutivas que transferían créditos entre aplicacións de diferentes seccións ou modificaban a contía total dos estados de ingresos e gastos. O Grupo Parlamentario Mixto presentou unha emenda de devolución total dos orzamentos xerais. Todas as emendas foron desbotadas na sesión do Pleno do 23 de novembro de 2015. As emendas parciais que se detallan a continuación foron cualificadas o 24 de novembro de 2015: 131066

Grupo Parlamentario Emendas ao articulado Emendas aos estados numéricos G.P. Popular de Galicia 1 16 17 Total G.P. dos Socialistas de Galicia 47 615 662 G.P. da AGE 30 120 150 G.P. BNG 34 461 495 G.P. Mixto 10 -- 10 Totais 122 1.212 1.334 2. Constitución, composición e reunións da Ponencia 2.1. Constitución e composición da Ponencia A Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na sesión do 26 de novembro de 2015 designou os seguintes ponentes: G.P. Popular de Galicia D. Pedro Puy Fraga (titular) D. Gonzalo Trenor López (suplente). G.P. dos Socialistas de Galicia D. Juan Carlos González Santín (titular) D. José Luis Méndez Romeu (suplente). G.P. da Alternativa Galega de Esquerda Dª Yolanda Díaz Pérez (titular) D. Antón Sánchez García (suplente). G.P. do Bloque Nacionalista Galego D. Francisco Xesús Jorquera Caselas (titular) Dª Ana María Pontón Mondelo (suplente). 2.2. Reunións da Ponencia A sesión da Ponencia tivo lugar o 27 de novembro de 2015 e nela estudáronse o texto articulado do proxecto e os estados numéricos e rematouse o informe. 2.3. Elaboración do informe 2.3.1. Articulado O ponente do Grupo Parlamentario Popular recomenda a aceptación da emenda presentada polo seu grupo parlamentario. Verbo das restantes emendas dos grupos parlamentarios dos Socialistas, da Alternativa Galega de Esquerda, do Bloque Nacionalista Galego e do Mixto, o ponente do Grupo Parlamentario Popular recomenda que se desboten. Incorpóranse como emendas técnicas as seguintes: 131067

As referencias que os artigos 13 e e 22 fan á Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, deben entenderse feitas ao «Texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro». No artigo 32, a expresión «...recoñecidas polo artigo 1.2 do referido texto refundido...» debe ser substituída por: «...no artigo 6.2 da dita lei...». 2.3.2. Estados numéricos O ponente do Grupo Parlamentario Popular recoméndalle á Comisión a aceptación das emendas ao estado numéricos formuladas por este grupo parlamentario. Respecto das formuladas polos demais grupos parlamentarios, acórdase deixalas pendentes para a Comisión. 4. Texto articulado do informe sobre o Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2016 Exposición de motivos 1 Os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2016 son os últimos dunha lexislatura na que o Goberno galego apostou por unha política económica dirixida á eficiencia do gasto, ao cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria e á recuperación da actividade económica. Nesta tarefa o Goberno contou cun elemento fundamental que fixo posible o cambio de tendencia, e este non é outro que o esforzo exemplar dos galegos, grazas ao cal se reconduciu a situación de crise e se puxeron as bases para volver á senda do crecemento. En consecuencia, non resulta necesario exixir esforzos adicionais, senón que desde estes orzamentos se xeran retornos para o conxunto da poboación que se concretan na rebaixa de impostos, a eliminación de pexas, a liberalización da actividade económica e a transparencia na acción de goberno e na actuación do sector público. Con estes retornos perséguese xerar confianza en todos os axentes económicos, reforzar os gastos esenciais de sanidade, educación e servizos sociais vinculados ao benestar dos galegos e dinamizar o investimento público para instrumentar unha política económica dirixida á creación dunha contorna económica favorable á actividade empresarial, mediante liñas de acción que favorezan a competitividade, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico e mais que fomenten a internacionalización dos diferentes sectores produtivos e de servizos galegos. Neste contexto hai que sinalar que os datos de crecemento amosan un panorama internacional moderado e desigual, no que as últimas previsións da OCDE ofrecen: Unhas taxas inferiores ás proxeccións realizadas para o conxunto da economía mundial a finais de 2014. A revisión á alza das correspondentes á zona euro, como consecuencia do aumento da oferta crediticia motivada pola política do Banco Central Europeo e dos efectos derivados da depreciación do euro. Factores aos que se debe engadir o mantemento do prezo do petróleo en niveis baixos e a consecuente contención da inflación. A contracción das economías emerxentes da China, a India, o Brasil e Rusia, que están a prolongar as súas sendas de desaceleración durante os últimos trimestres. 131068

En clara contraposición coas debilidades que pon de manifesto este contexto internacional, a economía española intensifica o seu ritmo de crecemento iniciado a partir do segundo semestre de 2013. Nesta dirección é evidente que tanto as reformas estruturais postas en marcha coma a consolidación fiscal están a xogar un papel decisivo que permite aproveitar moito mellor os factores positivos sinalados anteriormente para a zona euro. En España, a demanda interna foi reforzando o seu dinamismo e o consumo privado foi consolidando un proceso de recuperación impulsado pola mellora nos datos de emprego acompañado dun aumento na remuneración real dos asalariados. O consumo público practicamente foi estabilizándose en termos interanuais, grazas, entre outros motivos, á recuperación parcial da paga extra de 2012 polos empregados públicos. Os datos de investimento tamén presentan aspectos positivos cun importante crecemento na formación bruta de capital fixo motivada pola prolongación da senda de recuperación do investimento empresarial, pola continuación na tendencia alcista do investimento en equipo e, finalmente, pola senda de expansión en que se está a situar o investimento en construción. O panorama español tamén ofrece a achega positiva da demanda externa na variación do produto interior bruto PIB correspondente aos últimos trimestres. Neste ámbito, as exportacións en bens e servizos mostran unha orientación á alza, consolidan, os primeiros, a súa cota do mercado mundial e ofrecen indicadores adiantados que mostran unha aceleración para os próximos meses, e presentan, os segundos, un forte crecemento para os non turísticos e unha moderada expansión nos turísticos. O mercado de traballo mantén a tendencia favorable iniciada no 2014 coa creación de emprego que gaña impulso concentrado no sector privado. A poboación activa está a recuperarse, o paro intensifica o seu ritmo de descenso e os indicadores de custos laborais apuntan a unha lixeira recuperación. O escenario macroeconómico para Galicia prevé unha aceleración do seu crecemento nos próximos anos, asentada no incremento da achega tanto da demanda interna coma da externa. Neste ámbito destacan: O aumento na confianza dos consumidores, acompañado da mellora no emprego e da rebaixa dos impostos directos, que repercuten positivamente no gasto final en consumo dos fogares galegos. O aumento no consumo final das administracións públicas e os efectos favorables que nel ten o feito de que Galicia non necesitará realizar máis axustes nas súas contas públicas para cumprir cos obxectivos de déficit. O forte incremento do investimento público, principalmente en infraestruturas, durante o ano 2015 terá continuidade no 2016 e verase acompañado pola mellora no sector industrial e no investimento, tanto de bens de equipo coma do investimento residencial, como consecuencia das favorables expectativas das empresas e de maiores facilidades nas condicións financeiras. Estes efectos provocarán na economía galega un aumento significativo na formación bruta de capital. No ano 2016 as exportacións galegas superarán as do 2015, que xa presentan un aumento substancial respecto do exercicio anterior, froito da recuperación do comercio internacional e da mellora da demanda do resto de España. Finalmente, a taxa de paro tamén presenta unha senda claramente descendente respecto dos anos pasados e proxéctase con importantes descensos, próximos aos dous puntos, nos anos futuros. Conforme este escenario, a posición cíclica da economía galega mostra un escenario de crecemento para os próximos exercicios que, comparado co previsto para España, presenta un diferencial moi pequeno entre a nosa comunidade e o conxunto nacional. 131069

Este escenario favorable ten a súa repercusión no ámbito dos recursos orzamentarios dos que dispón a Comunidade Autónoma de Galicia para o 2016, que permiten un cambio de tendencia na orientación do seu gasto público, de maneira que vai resultar posible unha política orzamentaria máis expansiva e a aplicación dunha rebaixa fiscal nos tributos cedidos á Comunidade Autónoma, que vai permitir devolver aos galegos unha parte substancial do esforzo fiscal soportado en anos anteriores. É constatable o maior crecemento das bases impoñibles durante o 2016, tanto a nivel nacional coma autonómico, que permitirán non só absorber, senón tamén compensar positivamente, a redución de impostos que se plasma na norma legal que acompaña esta Lei de orzamentos. Os recursos que proporcionará o sistema de financiamento melloran como consecuencia das recuperacións das bases impoñibles no imposto sobre a renda das persoas físicas IRPF e dos crecementos no gasto final suxeito ao imposto do valor engadido IVE e permiten un incremento das entregas a conta correspondentes a estes tributos. Nesta área, destaca fundamentalmente o importe da liquidación correspondente ao 2014 que se recibirá no 2016, a cal recupera o seu importe usual ao superar con largura os 350 millóns de euros e reflicte o bo desempeño fiscal que ofreceu o exercicio sinalado froito da mellora na actividade económica, ao superar os dereitos recoñecidos nel e as previsións orzamentarias inicialmente consignadas. Tamén neste mesmo ámbito hai que engadir o axuste derivado do adiamento da devolución das liquidacións negativas dos anos 2008 e 2009 como consecuencia do acordo do Consello de Política Fiscal e Financeira, que ao establecer o fraccionamento en duascentas corenta mensualidades determinou que o saldo total das liquidacións pase a achegar ingresos ao sistema de financiamento en 2016 cando era negativo en 2015. En 2016 hai outro factor que tamén incide positivamente no carácter expansivo da política orzamentaria prevista. Non debemos esquecer que o xogo dos novos mecanismos crediticios, fundamentalmente as facilidades financeiras proporcionadas polo Estado, incidiu na nosa carga financeira, de maneira que se vai xerar un aforro nos gastos de xuros por satisfacer pola nosa débeda viva. Polo que respecta aos recursos propios non financeiros da Comunidade Autónoma, aos tributos propios, aos prezos e aos ingresos patrimoniais, a súa evolución estable vai depender en gran parte do comportamento das súas principais figuras tributarias (imposto de transmisión patrimoniais e actos xurídicos documentados ITP-AXD e imposto de sucesións e doazóns). Ambos os dous vinculados, en gran medida, á evolución do mercado da vivenda. Este mercado, especialmente no que incumbe á vivenda usada, despois de terse estabilizado desde finais do 2014, inicia unha fase de crecemento moderado pero continuo. O aumento da demanda de vivenda, facilitado por unha mellora das condicións crediticias, debe favorecer a valoración dos activos inmobiliarios, alargando as bases impoñibles tanto do ITP-AXD coma do imposto de sucesións e doazóns. A conxunción dos factores descritos permite que os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 combinen o cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria co reforzo do compromiso co gasto social, así como permite consolidar retornos a favor de todos os cidadáns galegos, cun especial recoñecemento para os empregados do sector público galego, que realizaron unha achega esencial á consecución dos obxectivos de consolidación fiscal nos exercicios anteriores. A Comunidade Autónoma de Galicia vén desenvolvendo nestes últimos anos un esforzo continuado para garantir a sustentabilidade dos servizos públicos nun contexto de forte baixa dos ingresos; para iso fíxose un importante esforzo de contención do gasto, priorizando a eliminación do gasto improdutivo e a racionalización do sector público autonómico, así como a consecución de economías en gastos de funcionamento. Este control do gasto posibilitou a consecución da estabilidade orzamentaria co obxectivo de preservar a prestación dos servizos públicos que lle competen, e así 131070

mesmo mediante o financiamento das actuacións de fomento dos diferentes sectores produtivos e actuacións tributarias puntuais tentouse dinamizar a economía galega. En definitiva, no ano 2016 a Comunidade vai aplicar unha política orzamentaria na que estará presente unha actividade máis expansiva, unida a unha política fiscal que pon o acento no retorno aos cidadáns orientado ao crecemento da súa renda dispoñible. Sen prexuízo diso, Galicia tamén se marca como obxectivo o cumprimento estrito do obxectivo de estabilidade orzamentaria referido ao trienio 2016-2018, fixado, para o conxunto de comunidades, polo Consello de Ministros do 10 de xullo de 2015 e establecido para o 2016 nunha necesidade de financiamento do 0,3 por cento do produto interior bruto en termos de contabilidade nacional. O cumprimento deste obxectivo determina unha orientación do gasto, que prioriza, unha vez máis, o de marcado carácter social (sanidade, educación, protección e asistencia social, igualdade, vivenda). Galicia tense anticipado ao resto de autonomías no establecemento dun marco de disciplina fiscal que permita acadar o obxectivo de estabilidade e no 2011 aprobou a Lei 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira, en virtude da cal se consolidou legalmente a fixación a priori do límite de gasto non financeiro como medida de garantía do cumprimento do obxectivo de estabilidade e da regra de gasto dentro do proceso de elaboración orzamentaria. Ao amparo do punto Un do artigo 12 da Lei 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira, unha vez determinado o obxectivo de estabilidade orzamentaria da Comunidade Autónoma, o Consello da Xunta de Galicia acordou o límite de gasto non financeiro dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2016 en 8.873 millóns de euros. O gasto non financeiro recollido nos orzamentos da Comunidade Autónoma para 2015 conseguirá o devandito teito de gasto, superando o importe dos orzamentos do exercicio anterior. 2 Na parte dispositiva, a lei estrutúrase en seis títulos, quince disposicións adicionais, tres disposicións transitorias e tres disposicións derradeiras. A parte esencial da Lei de orzamentos recóllese no título I, relativo á aprobación dos orzamentos e ao réxime das modificacións de crédito, por canto no seu capítulo I, baixo a rúbrica «Aprobación dos créditos e do seu financiamento», se aproban os ingresos e gastos que compoñen os orzamentos da Comunidade Autónoma, integrados polos da Administración xeral, os dos organismos autónomos, os correspondentes ás entidades públicas instrumentais de asesoramento e consulta que para efectos orzamentarios teñen a consideración de organismos autónomos, os das axencias públicas autonómicas, os das entidades públicas empresariais, os dos consorcios autonómicos, os das sociedades mercantís e mais os das fundacións. Neste capítulo I defínese o ámbito dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia tendo en conta a tipoloxía de entidades públicas instrumentais do sector público autonómico previstas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Dentro deste capítulo detállanse os beneficios fiscais que afectan os tributos cedidos total ou parcialmente polo Estado e sinálase así mesmo o importe das subvencións reguladoras consideradas na normativa de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. Finalmente, dentro dos artigos especificamente destinados aos orzamentos das entidades instrumentais, autorízanse as dotacións iniciais das subvencións de explotación e de capital ás entidades públicas empresariais e ás sociedades mercantís. O capítulo II deste título, «Das modificacións orzamentarias», regula os principios e as competencias específicas en materia de modificacións orzamentarias, as regras de vinculación que afectan os créditos orzamentarios, a determinación dos que teñen natureza de créditos ampliables e as limitacións aplicables ás transferencias de créditos. 131071

O título II, relativo aos «Gastos de persoal», estrutúrase en catro capítulos. O capítulo I, dedicado aos gastos do persoal ao servizo do sector público, recolle que para o ano 2016 só se procederá á incorporación de novo persoal con suxeición aos límites e aos requisitos da normativa básica ditada ao respecto, e a taxa de reposición será con carácter xeral do 50 por cento, agás nalgúns sectores nos cales poderá acadar o cen por cento. A limitación alcanza as prazas incursas nos procesos de consolidación de emprego previstos na disposición transitoria cuarta do Estatuto básico do empregado público. No resto do capítulo regúlase a contratación de persoal laboral temporal, de funcionario interino e de persoal vinculado ás encomendas de xestión. No capítulo II, baixo a rúbrica «Dos réximes retributivos», establécese que para o ano 2016 as retribucións dos altos cargos e outro persoal directivo, das persoas titulares das delegacións da Xunta de Galicia no exterior e dos consellos de administración experimentarán un incremento que non poderá ser superior ao 1 por cento sobre a súas percepcións globalmente consideradas, tendo en conta a situación no 31 de decembro do 2015. No que atinxe ao persoal funcionario, o persoal laboral, o persoal ao servizo das institucións sanitarias e o persoal dos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza, estes experimentarán un incremento do 1 por cento nas súas retribucións, tendo en conta a situación no 31 de decembro do 2015. O capítulo III, dedicado a outras disposicións en materia de réxime de persoal activo, recolle que para o ano 2016 as relacións de postos de traballo deberán modificarse para as axustar ás previsións orzamentarias que se deduzan do anexo de persoal sen que se poida prover aqueles postos para os cales non estea prevista dotación. E no anexo de persoal non poderán existir códigos de liñas orzamentarias que non amparen créditos para dotacións de postos de traballo, para substitucións de persoal temporal ou para conceptos retributivos. O resto do capítulo regula os requisitos para a determinación ou modificación de retribucións do persoal laboral e non funcionario, o persoal directivo das entidades instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, o nomeamento do profesorado interino a tempo parcial en centros docentes non universitarios, os profesores de corpos docentes e o persoal eventual e de gabinete. O capítulo IV, dedicado ás universidades, recolle o límite máximo dos custos de persoal das tres universidades galegas, as retribucións adicionais do persoal ao seu servizo e a autorización de convocatorias para a provisión de persoal laboral fixo en casos excepcionais. Este ano prevese un incremento retributivo do 1 por cento sobre as percepcións no 31 de decembro do 2015. Así mesmo, a taxa de reposición poderá acadar o cen por cento. O título III, «Operacións de endebedamento e garantía», estrutúrase en dous capítulos relativos a operacións de crédito e afianzamento por aval. No primeiro destes capítulos establécese para o ano 2016 a posición neta debedora da Comunidade Autónoma, a cal se incrementará nunha contía máxima equivalente ao 0,3 por cento do PIB rexional, co que se acomoda aos límites establecidos polo Consello de Política Fiscal e Financeira para este exercicio. Tamén se regulan neste capítulo as operacións de débeda de tesouraría, a formalización doutras operacións financeiras e o endebedamento das entidades instrumentais do sector público. No tocante ao endebedamento das entidades instrumentais do sector público recóllese a posibilidade para as execucións de hipotecas de vivendas de promoción pública da adxudicación ou da cesión de remate delas a prol do Instituto Galego da Vivenda e Solo IGVS. No capítulo II, relativo ao «Afianzamento por aval», en canto ao apoio financeiro aos proxectos empresariais, mantense para o 2016 a contía máxima dos avais que pode conceder o Instituto Galego de Promoción Económica, cun importe de 500 millóns de euros. No título IV, «Xestión orzamentaria», mantéñense os preceptos relativos á intervención limitada, a fiscalización das operacións de endebedamento da Comunidade Autónoma, a fiscalización dos nomeamentos ou de contratos de substitución do persoal, a identificación dos proxectos de investimento, a autorización do Consello da Xunta para a tramitación de determinados expedientes de gasto, a revisión de prezos contidos en contratos e concertos, a regulación das transferencias de 131072

financiamento, as subvencións nominativas, a concesión directa de axudas e subvencións, a acreditación do cumprimento das obrigas tributarias, o pagamento mensual de axudas e subvencións que se conceden a persoas físicas para financiar estudos de investigación, o informe preceptivo e vinculante da Consellería de Facenda, que, sen prexuízo da análise de risco que realice o xestor, determina os efectos sobre o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria nos préstamos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, e os expedientes de dotación artística e o módulo económico de distribución de fondos públicos para o sostemento de centros concertados. Nel establécese a posibilidade da aceptación pola Administración autonómica de pagamentos a conta para as retribucións do persoal docente do colectivo de empresas do ensino privado, desde o 1 de xaneiro ata o momento en que se asinen as táboas salariais para o 2016. O título V, dedicado ás corporacións locais, estrutúrase en dous capítulos. O primeiro, dedicado ao financiamento e á cooperación con estas entidades, detalla as transferencias que lles corresponden como consecuencia de convenios e subvencións, así como a participación dos concellos nos tributos da Comunidade Autónoma a través do Fondo de Cooperación Local. En relación con este fondo, a lei fixa unha porcentaxe homoxeneizada de participación, e desagrégase esta en fondo base, para recoller a mesma contía que se establece no ano 2011, e en fondo adicional, para recoller o incremento debido á maior recadación dos capítulos I, II e III de Administración xeral desde aquel ano ata o 2016. Establécese o sistema de distribución entre a Federación Galega de Municipios e Provincias e os concellos para o fondo base, de maneira que estes recibirán segundo o coeficiente de repartición que lles correspondeu no 2011. Tamén se establece a repartición do fondo adicional conforme a participación en procesos de fusión ou incorporación voluntaria a outros concellos e as variables de poboación, maiores de 65 anos, superficie, núcleos de poboación e esforzo fiscal dos concellos, no caso dos de menos de 15.000 habitantes. O capítulo II deste título regula o procedemento de compensación e retención de débedas dos municipios contra os créditos que lles corresponden pola súa participación no Fondo de Cooperación Local de modo similar ao ano 2015. No título VI, relativo ás normas tributarias, inclúese un único precepto para establecer os criterios de afectación do imposto sobre o dano ambiental e o canon eólico. O contido da Lei de orzamentos complétase coas disposicións adicionais, transitorias e derradeiras referidas, nas que se recollen preceptos de índole moi variada. Entre as disposicións adicionais regúlase a información ao Parlamento, as porcentaxes de gastos xerais de estrutura que hai que aplicar nos contratos de obra, a obriga de adecuar os estados financeiros das entidades instrumentais ás transferencias, os orzamentos iniciais das axencias públicas autonómicas, o orzamento inicial e os requisitos de creación para as axencias que se poidan constituír neste exercicio, a venda de solo empresarial polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, as prestacións extraordinarias para beneficiarios de pensións e subsidios non contributivos, a obriga de adecuar os importes dos contratos, concertos e convenios de colaboración ás condicións retributivas establecidas no título II, relativo aos gastos de persoal, a autorización para a modificación dos cadros de persoal do Servizo Galego de Saúde, o persoal contratado ao abeiro do Plan nacional de formación e inserción profesional, as medidas en relación co V Convenio colectivo único para o persoal laboral, as normas de especial aplicación en materia de recursos educativos complementarios de ensino público e mais o control da información económico-financeira, de forma similar ao exercicio pasado. En canto á disposición relativa ás prestacións familiares por coidados de fillos menores, establécense como requisitos para a súa obtención o cumprimento das condicións que dite a Consellería de Política Social. Finalmente, inclúese dentro das disposicións adicionais a recuperación do resto da paga extraordinaria e adicional de decembro de 2012 do persoal ao servizo do sector público da Comunidade Autónoma. 131073

As disposicións transitorias regulan a adecuación das entidades públicas instrumentais e a dotación gradual do fondo de continxencia de execución orzamentaria que xa se prevían na Lei de orzamentos do ano 2015 e o orzamento da Corporación de Radio e Televisión de Galicia. As tres últimas disposicións derradeiras regulan o desenvolvemento, a vixencia e a entrada en vigor da lei. TÍTULO I Aprobación dos orzamentos e réxime das modificacións de crédito CAPÍTULO I Aprobación dos créditos iniciais e do seu financiamento Artigo 1. Aprobación e ámbito dos orzamentos xerais O Parlamento de Galicia aproba os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2016, nos que se integran: a) Os orzamentos da Administración xeral, nos cales se incorporarán os órganos estatutarios e consultivos. b) Os orzamentos dos organismos autónomos. c) Os orzamentos das entidades públicas instrumentais de asesoramento ou consulta, que consonte a disposición adicional sexta da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico, terán a consideración de organismos autónomos para efectos orzamentarios. d) Os orzamentos das axencias públicas autonómicas. e) Os orzamentos de explotación e capital das entidades públicas empresariais a que fai referencia o artigo 89 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico. f) Os orzamentos de explotación e capital dos consorcios autonómicos a que fai referencia o artigo 95 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico. g) Os orzamentos de explotación e capital das sociedades mercantís públicas autonómicas a que fai referencia o artigo 102 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico. h) Os orzamentos de explotación e capital das fundacións do sector público autonómico a que fai referencia o artigo 113 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico. i) En todo caso, os orzamentos das demais entidades que estean clasificadas como administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coas normas do Sistema europeo de contas, agás as universidades públicas. Artigo 2. Orzamentos da Administración xeral, dos organismos autónomos e das axencias públicas autonómicas 131074

Un. Nos estados de gastos consolidados dos orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma, dos seus organismos autónomos e das súas axencias públicas autonómicas consígnanse créditos por importe de 10.310.241.402 euros, distribuídos da seguinte forma: Cap. I-VII Gastos non financeiros Cap. VIII Activos financeiros Cap. IX Pasivos financeiros Total Administración xeral 4.560.591.066 93.000.369 1.330.199.584 5.983.791.019 Organismos autónomos 3.598.293.251 31.457.087 3.629.750.338 Entidades públicas instrumentais de consulta ou asesoramento 1.841.006 1.841.006 Axencias públicas autonómicas 643.717.345 28.500.000 22.641.694 694.859.039 Total 8.804.442.668 152.957.456 1.352.841.278 10.310.241.402 As transferencias internas entre os orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma, dos organismos autónomos e das axencias públicas representan 4.053.769.978 euros, distribuídos segundo o seguinte detalle: Destino Orixe Organismos autónomos Entidades públicas instrumentais de consulta ou asesoramento Axencias públicas autonómicas Total Administración xeral 3.421.150.602 1.841.006 630.778.370 4.053.769.978 Total 3.421.150.602 1.841.006 630.778.370 4.053.769.978 131075

Dous. A desagregación dos créditos consonte a finalidade á que van destinados establécese desta maneira: Funcións Importe 11 Alta dirección da Comunidade Autónoma 35.593.651 12 Administración xeral 68.110.322 13 Xustiza 128.243.751 14 Administración local 15.628.986 15 Normalización lingüística 6.756.815 16 Procesos electorais e órganos de representación política 7.995.218 21 Protección civil e seguridade 24.016.238 31 Acción social e promoción social 642.603.190 32 Promoción do emprego e institucións do mercado de traballo 209.901.035 33 Cooperación exterior e ao desenvolvemento 4.191.350 41 Sanidade 3.511.530.722 42 Educación 2.148.155.616 43 Cultura 62.162.435 44 Deportes 19.611.207 45 Vivenda 51.353.322 46 Outros servizos comunitarios e sociais 100.316.716 51 Infraestruturas 276.617.774 52 Ordenación do territorio 15.595.219 53 Promoción de solo para actividades económicas 50.567.508 54 Actuacións ambientais 119.329.228 55 Actuacións e valorización do medio rural 135.100.236 56 Investigación, desenvolvemento e innovación 130.675.818 57 Sociedade da información e do coñecemento 96.400.190 58 Información estatística básica 4.092.929 61 Actuacións económicas xerais 29.160.005 62 Actividades financeiras 54.424.743 71 Dinamización económica do medio rural 332.053.678 72 Pesca 82.389.457 73 Industria, enerxía e minaría 62.918.026 74 Desenvolvemento empresarial 108.747.896 75 Comercio 13.142.058 76 Turismo 44.029.422 81 Transferencias a entidades locais 120.626.255 91 Débeda pública 1.598.200.386 Total 10.310.241.402 Tres. A distribución orgánica e económica do orzamento consolidado é como segue: 131076

Capítulos I II III IV V VI VII VIII IX T Parlamento 9.345.267 5.978.865 2.685.293 252.600 2.700 75.000 18.339.725 Consello de Contas 5.096.119 1.168.692 12.705 333.180 36.061 6.646.757 Consello da Cultura Galega 1.279.933 900.100 30.800 205.000 2.415.833 Presidencia da Xunta de Galicia 9.168.609 7.067.721 51.190.631 5.882.037 101.846.650 92.833.308 526.104 268.515.060 Consellería de Facenda 17.764.279 1.132.510 22.897.820 2.478.954 7.492.482 51.766.045 Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio 27.268.854 3.535.950 4.500.045 27.835.325 45.717.166 6.000 108.863.340 Consellería de Infraestruturas e Vivenda 7.204.024 1.028.249 41.383.493 4.256.571 285.861.251 339.733.588 Consellería de Sanidade 44.665.759 1.844.600 3.107.555.827 18.676.937 137.192.173 3.309.935.296 Consellería de Política Social 121.991.912 182.009.936 294.119.372 9.269.219 11.151.201 618.541.640 Consellería do Medio Rural 127.582.961 6.993.124 14.334.845 100.013.245 254.598.364 503.522.539 Consellería do Mar 29.228.084 2.531.426 3.258.720 36.925.018 57.321.039 129.264.287 Consello Consultivo de Galicia 1.663.857 294.927 101.000 2.059.784 Transferencias a corporacións locais 116.138.255 116.138.255 Débeda pública da Comunidade Autónoma 270.112.767 1.328.087.619 1.598.200.386 Gastos de diversas consellarías 3.150.000 23.004.861 5.988.000 12.948.783 1.443.629 46.535.273 Administración xeral 1.891.233.155 510.637.010 270.249.033 4.479.371.206 12.948.783 282.425.613 1.167.496.244 93.000.369 1.330.199.584 10.037.560.997 Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza 120.596.701 35.156.815 70.230 47.371.489 32.042.287 17.183.556 50.000 252.471.078 131077 Consellería de Economía, Emprego e Industria 49.676.587 24.272.650 177.499.075 4.152.954 158.161.228 413.762.494 Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria 1.315.550.209 213.716.584 66.036 590.404.836 38.557.657 90.968.434 1.585.861 2.250.849.617

Capítulos I II III IV V VI VII VIII IX Total Escola Galega de Administración Pública 1.033.552 1.597.839 484.710 134.569 3.250.670 Academia Galega de Seguridade Pública 695.356 1.658.680 28.038 2.382.074 Instituto Galego de Estatística 2.648.376 320.433 1.010.397 3.979.206 Instituto de Estudos do Territorio 1.947.887 78.847 37.975 508.019 2.572.728 Instituto Galego da Vivenda e Solo 8.728.840 3.697.407 250.000 6.854.850 33.564.529 18.018.117 30.807.087 101.920.830 Instituto Galego do Consumo e da Competencia 4.673.242 642.191 188.000 581.741 12.000 6.097.174 Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral 5.008.988 595.972 33.000 5.637.960 Servizo Galego de Saúde 1.551.479.786 942.427.374 766.019.301 39.089.560 132.922.875 3.353.498 650.000 3.435.942.394 Fondo Galego de Garantía Agraria 4.152.937 511.378 9.580 1.324.108 81.277.646 87.275.649 Organismos autónomos 1.580.368.964 951.530.121 250.000 773.594.416 39.089.560 170.107.276 102.661.261 31.457.087 3.649.058.685 Consello Económico e Social de Galicia 548.420 260.345 808.765 Consello Galego de Relacións Laborais 623.733 358.189 43.650 6.669 1.032.241 Entidades públicas instrumentais de consulta ou asesoramento 1.172.153 618.534 43.650 6.669 1.841.006 Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia 11.416.217 8.578.757 787.964 64.833.769 787.500 9.995.983 96.400.190 Axencia de Turismo de Galicia 10.499.459 3.900.295 4.314.014 19.628.316 5.687.338 44.029.422 Axencia Galega de Infraestruturas 12.917.464 807.807 177.890 6.500.000 199.750.180 25.380.200 245.533.541 Axencia Galega de Innovación 4.246.013 516.401 3.813.794 6.197.955 40.123.638 5.000.000 1.000.000 60.897.801 Instituto Galego de Promoción Económica 5.707.775 2.185.301 318.761 3.771.937 16.770.871 28.556.887 23.500.000 11.636.364 92.447.896 Instituto Enerxético de Galicia 1.445.502 371.695 482.821 479.248 31.288.427 34.067.693 Axencia Galega das Industrias Culturais 2.383.791 650.000 1.000 993.644 1.530.719 5.000.000 10.559.154 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento 1.347.046 637.762 8.000 833.800 2.826.608 Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos 9.376.469 14.661.903 82.000 24.120.372 Axencia Galega de Servizos Sociais 10.567.744 2.000.000 12.567.744 Axencia Galega de Desenvolvemento Rural 3.929.882 734.591 132.500 27.547.531 32.344.504 Instituto Galego de Calidade Alimentaria 997.120 740.442 447 1.274.015 9.347 3.021.371 Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia 1.986.725 342.333 646.658 2.975.716 Axencias públicas autonómicas 94.122.981 39.217.324 498.098 20.672.174 324.835.247 164.371.521 28.500.000 22.641.694 694.859.039 Total orzamento bruto 3.566.897.253 1.502.002.989 270.997.131 5.273.681.446 52.038.343 777.374.805 1.434.529.026 152.957.456 1.352.841.278 14.383.319.727 Total transferencias internas 19.308.347 3.259.154.548 794.615.430 4.073.078.325 Total orzamento consolidado 3.566.897.253 1.482.694.642 270.997.131 2.014.526.898 52.038.343 777.374.805 639.913.596 152.957.456 1.352.841.278 10.310.241.402 131078 Axencia Galega de Emerxencias 455.532 33.183 6.223.131 6.711.846 Axencia Tributaria de Galicia 11.828.121 2.001.772 272.960 14.102.853 Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable 5.018.121 1.055.082 6.179.125 12.252.328

Catro. Nos estados de ingresos dos orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma, nos dos seus organismos autónomos e nos das axencias públicas autonómicas recóllense as estimacións dos dereitos económicos que se prevén liquidar durante o exercicio, por un importe consolidado de 10.310.241.402 euros, distribuídos da seguinte forma: Cap. I-VII Ingresos non financeiros Cap. VIII Activos financeiros Cap. IX Pasivos financeiros Total Administración xeral e órganos estatutarios 8.376.691.273 16.070.951 1.644.798.773 10.037.560.997 Organismos autónomos 227.253.083 655.000 227.908.083 Axencias públicas autonómicas 17.435.958 15.700.000 11.636.364 44.772.322 Total 8.621.380.314 32.425.951 1.656.435.137 10.310.241.402 Cinco. Os beneficios fiscais que afectan os tributos cedidos total ou parcialmente polo Estado á Comunidade Autónoma estímanse en 1.689.324.882 euros, consonte o seguinte detalle: Imposto sobre sucesións e doazóns: 118.944.000 euros. Imposto sobre a renda das persoas físicas (tarifa autonómica): 28.899.900 euros. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados: 132.737.982 euros. Imposto sobre o patrimonio: 84.460.000 euros. Imposto sobre o valor engadido: 1.233.930.000 euros. Imposto sobre hidrocarburos (tipo autonómico): 87.073.000 euros. Imposto sobre o alcohol e bebidas derivadas: 3.280.000 euros. En cumprimento do establecido no artigo 55.2 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, o importe das subvencións reguladoras fíxase en 179.757.994 euros. Artigo 3. Orzamento das entidades instrumentais do sector público autonómico con orzamento estimativo Un. Entidades públicas empresariais. Apróbanse os orzamentos de explotación e capital das entidades públicas empresariais a que se refire a alínea e) do artigo 1 desta lei, que recollen as súas estimacións de gastos e as previsións de ingresos referidas aos seus estados financeiros, polos importes e coa distribución que se relacionan no anexo 1. Dous. Consorcios autonómicos. Apróbanse os orzamentos de explotación e capital dos consorcios a que se refire a alínea f) do artigo 1 desta lei, que inclúen a estimación de gastos e a previsión de ingresos referidas aos seus estados financeiros, polos importes e coa distribución que se relacionan no anexo 1. 131079

Tres. Sociedades mercantís públicas autonómicas. Apróbanse os orzamentos de explotación e capital das sociedades mercantís públicas autonómicas a que se refire a alínea g) do artigo 1 desta lei, que inclúen a estimación de gastos e a previsión de ingresos referidas aos seus estados financeiros, polos importes e coa distribución que se relacionan no anexo 1. Catro. Fundacións do sector público autonómico. Apróbanse os orzamentos de explotación e capital das fundacións do sector público autonómico a que se refire a alínea h) do artigo 1 desta lei, que inclúen a estimación de gastos e a previsión de ingresos referidas aos seus estados financeiros, polos importes e coa distribución que se relacionan no anexo 1. Cinco. Aprobación de subvencións de explotación e capital das entidades públicas empresariais e das sociedades mercantís públicas autonómicas. Autorízanse as dotacións de subvencións de explotación e capital das entidades públicas empresariais a que se refire a alínea e) do artigo 1 desta lei e das sociedades mercantís públicas autonómicas a que se refire a alínea g) do artigo 1 desta lei, polos importes e coa distribución que se relacionan no anexo 2. No caso de que se teñan que superar tales contías máximas, a consellaría competente en materia de facenda dará conta ao Parlamento de Galicia das razóns que xustificaron tal aumento. CAPÍTULO II Das modificacións orzamentarias Artigo 4. Réxime xeral das modificacións orzamentarias Un. As modificacións de créditos orzamentarios serán autorizadas consonte os requisitos establecidos no Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, coas excepcións derivadas da aplicación do indicado neste capítulo. Dous. As propostas de modificación deberán indicar, co maior nivel de desagregación orgánica, funcional e económica, as aplicacións orzamentarias afectadas, e recollerán adecuadamente os motivos que as xustifican, tanto os relativos á realización do novo gasto proposto coma, se é o caso, á suspensión da actuación inicialmente prevista. Á comunicación a que se refire a disposición adicional segunda do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, uniráselle unha explicación sobre os motivos que a xustifican en relación co novo gasto proposto e a súa repercusión, se é o caso, sobre os obxectivos do programa afectado con respecto aos inicialmente previstos. Artigo 5. Competencias específicas en materia de modificacións orzamentarias Sen prexuízo das facultades que se lle asignan no Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, atribúenselle á persoa titular da Consellería de Facenda competencias específicas para levar a cabo as seguintes modificacións orzamentarias: a) Para incorporar os créditos de exercicios anteriores que correspondan a actuacións financiadas ou cofinanciadas pola Unión Europea, de acordo co previsto nos regulamentos do período de programación 2014-2020 que resulten aplicables, así como para as reasignacións destes créditos a que se refire o punto Dous do artigo 9. 131080

b) Para incorporar o crédito que non acadase a fase de recoñecemento da obriga en cada exercicio do fondo de reserva constituído consonte o establecido no artigo 4 da Lei 12/1995, do 29 de decembro, pola que se aproba o imposto sobre a contaminación atmosférica. c) Para incorporar o crédito que non acadase a fase de recoñecemento da obriga dos créditos xerados, con destino ao financiamento de gastos derivados da realización de probas de selección de persoal, como consecuencia dos maiores ingresos recadados sobre os inicialmente previstos no artigo 30, «Taxas administrativas». d) Para incorporar o crédito de exercicios anteriores que non acadase a fase de recoñecemento da obriga no capítulo VIII dos orzamentos de gastos da Administración xeral ou, se é o caso, nos dos organismos autónomos, no suposto previsto no artigo 43 da Lei 11/1996, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, sobre tratamento dos créditos para provisións de riscos non executados. e) Para xerar crédito polo importe que corresponda coa maior recadación das taxas e dos prezos públicos e privados respecto das previsións que inicialmente se establecen para as distintas seccións orzamentarias no anexo 3 desta lei, sempre que quede garantido o necesario equilibrio económicofinanceiro, de acordo co previsto no artigo 9. f) Para xerar crédito polo importe que corresponda aos maiores ingresos pola prestación do servizo de recadación executiva a outros entes, do subconcepto 399.04, do orzamento de ingresos. g) Para xerar crédito, na sección orzamentaria correspondente, por contía igual ao importe das compensacións económicas a favor da Comunidade Autónoma derivadas de pólizas subscritas con compañías de seguros. h) Para xerar crédito na sección 13, Consellería do Medio Rural, polo importe que corresponda ao produto da venda do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais e provinciais, con destino aos fins previstos na disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, e na disposición adicional cuarta da Lei 1/2006, do 5 de xuño, do Consello Agrario Galego. Para tal fin, por pedimento da consellaría interesada, a Consellería de Facenda tramitará o oportuno expediente de desafectación, de acordo co disposto no artigo 10 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e nos artigos 24 e seguintes do seu regulamento de execución. i) En relación co orzamento do Servizo Galego de Saúde: 1. Para xerar créditos como consecuencia dos maiores ingresos recadados sobre os inicialmente previstos en cada unha das seguintes aplicacións do orzamento de ingresos do Servizo Galego de Saúde: 30, «Taxas administrativas», 37, «Ingresos por ensaios clínicos», 36, «Prestacións de servizos sanitarios», e 39, «Outros ingresos», computados conxuntamente, 353, «De sociedades públicas e outros entes públicos da Comunidade Autónoma», 354, «De fundacións públicas autonómicas». 2. Para xerar crédito derivado dos ingresos devindicados en exercicios anteriores que non acadasen a fase de recoñecemento do dereito e que correspondan ao financiamento dos centros e servizos sanitarios transferidos á Comunidade Autónoma polas corporacións locais, sempre que excedan as cifras orzadas inicialmente por eses conceptos no correspondente exercicio. j) Para xerar crédito no programa 621B, «Imprevistos e funcións non clasificadas», por un importe igual á diferenza que poida existir entre a liquidación definitiva de exercicios anteriores 131081

correspondentes aos distintos mecanismos financeiros do sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e a estimada no estado de ingresos para o dito concepto. k) Para xerar crédito nos capítulos VIII e IX de gastos cos ingresos do capítulo IX procedentes das operacións a que se refiren o parágrafo terceiro do punto Un e o punto Dous do artigo 37 desta lei. l) Para xerar crédito nas entidades públicas instrumentais polos ingresos que se produzan nelas cando resulten beneficiarias das ordes de convocatorias de axudas realizadas por calquera Administración que non estivesen orzadas inicialmente. m) Para xerar crédito financiado con fondos europeos do marco 2014-2020, unha vez aprobados os correspondentes programas operativos. n) Para introducir nos estados de gastos as modificacións precisas para adecuar os créditos afectados por transferencias finalistas de calquera procedencia, incluíndo entre esas medidas a declaración de indispoñibilidade do crédito e a súa baixa en contabilidade. No suposto de que as obrigas recoñecidas ata ese momento superen o importe real da transferencia, o seu financiamento realizarase mediante as oportunas minoracións noutros créditos, preferentemente de operacións correntes, da sección de que se trate. ñ) Para introducir as variacións que sexan necesarias nos programas de gasto das entidades públicas instrumentais para reflectir as repercusións que neles teñan as modificacións dos créditos que figuran no estado de transferencias entre subsectores dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma. o) Para realizar as adaptacións técnicas e as transferencias de crédito que procedan como consecuencia de reorganizacións administrativas, da posta en marcha de organismos autónomos e axencias públicas autonómicas ou do traspaso de competencias nas que estean implicadas outras administracións, sen que en ningún caso, polo que se refire aos dous primeiros supostos, poida orixinarse incremento de gasto. p) Autorizar transferencias de créditos entre programas incluídos en distinto grupo de función, correspondentes a servizos dunha mesma consellaría, cando teñan por obxecto cofinanciar incorporacións de remanentes de crédito de exercicios anteriores correspondentes a financiamento condicionado. q) Autorizar transferencias de créditos entre programas incluídos en distinto grupo de función, correspondentes a servizos dunha mesma ou de distinta consellaría, cando teñan por obxecto redistribuír remanentes de crédito do capítulo I. r) Autorizar transferencias de créditos entre os diferentes programas vinculados ao Plan de financiamento do Sistema universitario de Galicia. Artigo 6. Vinculación de créditos Un. Os créditos consignados nos estados de gastos destes orzamentos quedarán vinculados ao nivel establecido no artigo 56 do Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, con excepción dos créditos que se relacionan a seguir, que serán vinculantes co grao de vinculación que se indica: 120.20, «Substitucións de persoal non docente», 120.21, «Substitucións de persoal docente», 120.22, «Regularización da parte proporcional das vacacións dos/as substitutos/as docentes», 120.24, «Acumulacións de tarefas de persoal funcionario non docente», 120.26, «Substitucións de persoal dos corpos ao servizo da Administración de xustiza», 121.07, «Sexenios», 130.02, «Complemento de perigosidade, penosidade e toxicidade», 131082