IX OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA Bases

Documentos relacionados
REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA A AVALIACIÓN E PARA A HABILITACIÓN OFICIAL COMO CORRECTOR E EXAMINADOR DOS EXAMES DO DELF ESCOLAR.

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

OFICINA DE CURSOS ABRIL 2015

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

O CONTRATO DE TRABALLO

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero

Informe sobre o risco de pobreza e/ou exclusión social en Galicia

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

REDE EUSUMO. información e comunicación

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Maio Nº Var. Int. 18/17

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS DE XUVENTUDE CURSOS E OBRADOIROS QUE SE IMPARTEN NOS ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS DE XUVENTUDE

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

CTO. GALEGO DE NATACIÓN ABSOLUTO DE INVERNO OPEN

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Xuño Nº Var. Int. 17/16

Convocatoria ordinaria de 2012

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Outubro Nº Var. Int. 18/17

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

CTO. GALEGO DE NATACIÓN INFANTIL, JUNIOR E ABSOLUTO DE VERAN

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

A, B (Deberá completarse con todas as facturas correspondentes aos investimentos realizados no 2011), C, G, H, I

En Santiago de Compostela, a de de 2011 REUNIDOS

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

1.- Organización da Escola de Primavera:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

Canle. Recomendocheunlibro. Concurso O ollo de vidro

CTO. GALEGO DE NATACIÓN ABSOLUTO OPEN E JÚNIOR DE VERÁN

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

PIALE Integración en lingua portuguesa

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

II MARATÓN FOTOGRÁFICO IMAXES DE INVERNO BASES DE PARTICIPACIÓN INTRODUCCIÓN

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

Política e Obxectivos de Calidade

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

SBN: O TEMPO NO XORNAL

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

Plans e protocolos de empresa familiar

Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra.

CARREIRA CALVARIO 5+5

INSTRUCIÓNS PARA A EDICIÓN DE ARTIGOS

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

V TRAIL DE VILATUXE 2017

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

REGULAMENTO DE PRÁCTICAS ACADÉMICAS EXTERNAS DO ALUMNADO DA FACULTADE DE FISIOTERAPIA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

A ÁLISE ESTATÍSTICA SOBRE O TURISMO ESTIVAL E GALICIA (E QUISA DE DESTI O, 2010) (Versión resumida)

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

Potencias e radicais

- Língua Portuguesa na Galiza

ELECCIÓN DE HORARIO E ADSCRICIÓN FUNCIONAL DO PROFESORADO NOS CENTROS PÚBLICOS INTEGRADOS (CPI)

No LIMIAR DAS ARTES Encrucillada de tradicións rupestres. Ciclo de Conferencias de Decembro 2017

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS

NORMATIVA INTERNA APLICABLE AO PROGRAMA ERASMUS DE MOBILIDADE ESTUDANTIL NAS TITULACIÓNS DA FFT NORMAS DE APLICACIÓN XERAL A TODAS AS TITULACIÓNS

DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4565

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

INTRODUCIÓN Á LITERATURA GALEGA 2

III CIRCUITO CONCELLO DE VIGO DE ATLETISMO EN PISTA - SERIES MUNICIPAIS

Transcrição:

2018 IX OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA Bases Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo Campus Universitario de Ourense

LIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA Bases de Vigo

Contidos INTRODUCIÓN: AS OLIMPÍADAS DE ECONOMÍA... 3 BASES DA IX OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA... 6 Participación... 6 Inscrición... 6 Probas... 6 Finalistas.... 7 Premios.... 7 Comisión organizadora.... 8 Comisión académica.... 8 2 Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense

INTRODUCIÓN: AS OLIMPÍADAS DE ECONOMÍA As olimpíadas científicas teñen unha gran tradición entre os alumnos de ensinanzas medias tanto en Europa como en España. En España, as primeiras olimpíadas que se realizaron foron as de Matemáticas, que comezaron no ano 1964, logo viñeron a de Física no ano 1990, e a de Química no ano 1995. As olimpíadas científicas están organizadas polas Asociacións Españolas de Matemáticas, Física e Química, e están recoñecidas como olimpíadas científicas polo Ministerio de Educación e Ciencia. A Olimpíada de Economía nace seguindo a tradición do resto das olimpíadas científicas pero, a diferenza delas, está organizada polas facultades de ciencias económicas e empresariais das universidades públicas españolas, e nestes momentos pódese dicir que xa está consolidada en todo o territorio español. É un concurso de carácter académico e educativo, con múltiples obxectivos entre os que estarían incentivar e estimular o estudo da Economía entre os alumnos interesados nesta materia que serán os futuros estudantes nas facultades premiar o esforzo e a excelencia académica, divulgar os estudos de Economía, tender pontes entre as facultades e os centros de educación secundaria e establecer vínculos cos profesores de Economía do bacharelato. A Universidade non pode abstraerse dos problemas formativos dos estudantes que van ocupar as súas aulas no futuro, e por iso é importante fomentar os contactos e as relacións estables orientadas a facilitar o intercambio de coñecementos e experiencias. Nese senso, a Olimpíada de Economía ten que xogar o papel de punto de encontro entre ambos niveis educativos. A primeira Olimpíada de Economía que se fixo en España tivo lugar en Valencia durante o curso académico 2002 2003 por iniciativa da Facultade de Economía da Universidade de Valencia e do Servei de Formació Permanent. Tiña carácter provincial, posto que só participaban centros de secundaria da provincia. Inscribíronse cento vinte alumnos de máis de cincuenta centros. Seleccionáronse dez finalistas e os tres primeiros clasificados obtiveron a matrícula gratuíta para estudar na Facultade de Economía desa Universidade. No curso 2003 2004 ampliouse a súa implantación a outras universidades da Comunidade Valenciana, sumándose a este evento a Universitat Jaume I de Castellón e a Universidade de Alicante, converténdose nunha olimpíada de carácter autonómico con cifras de participación de máis de trescentos estudantes de segundo curso de bacharelato. A partir do curso 2004 2005 superouse o ámbito da Comunidade Valenciana, sumándose a este evento outras Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais de 3 Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense

España, saindo do ámbito rexional. Así, no curso 2004 2005 celebrouse a primeira edición da olimpíada na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universitat de les Illes Balears; no curso 2006 2007 na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Oviedo e posteriormente nas Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Málaga, da Universidade de Las Palmas de Gran Canaria ou na Universidade de La Laguna. No curso 2008 2009, únense a esta iniciativa as Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e Administración e Dirección de Empresas da Universidade do País Vasco, da Universidade Autónoma de Madrid, da Universidade de Zaragoza, e as tres universidades galegas. Deste xeito, eran xa quince as Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais de todo o territorio español que estaban implicadas no proxecto, comezando nese ano a historia das olimpíadas galegas de Economía. Adicionalmente, e como colofón as diferentes fases locais, no curso académico 2008 2009 celébrase a I Olimpíada Española de Economía, que contaba cunha única proba de ámbito nacional e na que participarán os tres alumnos finalistas en cada fase local ou autonómica, tendo como obxectivo lograr a continuidade da mesma durante os anos sucesivos. Deste xeito, en cada curso académico, a realización da proba da fase nacional ten lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais que resulta elixida pola Comisión Nacional da Olimpíada de entre tódalas candidaturas presentadas. No curso 2016 2017, seleccionouse como sede da IX Olimpíada Española a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Córdoba. As probas tiveron lugar antes do 31 de xuño de 2017, coa participación de maior parte das facultades españolas. Especialmente relevante foi a creación da Asociación da Olimpíada Española de Economía no ano 2013 xa que permitiu darlle un pulo importante, a nivel estatal, coa ratificación dun convenio de colaboración co Ministerio que garante a viabilidade e a difusión do proxecto. Polo que respecta a Galicia, a I Olimpíada Galega de Economía tivo lugar en Santiago de Compostela no curso 2008/09. A iniciativa arrancou moi modestamente, cunha definición de mínimos en termos económicos, e circunscrita ao ámbito galego. Os resultados foron moi esperanzadores, rexistrándose unha participación notable e acadando un quinto posto absoluto na fase española. A partires dese comezo, conseguiuse darlle continuidade ao longo de todos estes anos coas edicións do 2009/10 en Vigo, 2010/11 na Coruña, 2012/13 en Ourense, 2013/14 4 Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense

en Lugo, 2014/15 Santiago e Compostela, 2015/16, en Vigo e 2016/17 na Coruña. El 7 de abril, sábado, deste ano 2018, a Olimpíada Galega de Economía celebrarase en na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense. A X Olimpíada Española de Economía celebrarase os días 25, 26 e 27 de xuño de 2018, na cidade de Santiago de Compostela. Esta próxima edición da Olimpíada será un evento algo especial, ó coincidir dous aniversarios na súa celebración: o 10º aniversario da andadura da Olimpíada Española de Economía, e os 50 años do inicio dos estudos de Economía en Galicia, precisamente na facultade anfitrioa da Olimpíada: a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Para ampliar a información sobre a olimpíada e as diferentes fases, poden consultarse o seguintes enlaces: https://sites.google.com/site/asociacionolimpiadaeconomia/ www.olimpiadagalega.es www.fcetou.uvigo.es 5 Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense

BASES DA IX OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA Participación Poderán participar na IX Olimpíada Galega de Economía todos os alumnos dos centros de ensinanza secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia que estean matriculados durante o curso 2017 18 na materia Economía da Empresa de segundo curso de Bacharelato. A participación na proba é individual e realizarase, previa inscrición, na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense. Inscrición A inscrición realizarase mediante o formulario aloxado nas webs: www.olimpiadagalega.es www.fcetou.uvigo.es Tamén se poderá inscribir nas olimpíadas cumprimentando o formulario oficial que se pode descargar en www.olimpiadagalega.es, e que pode remitirse de tres maneiras distintas (antes do xoves, 22 de marzo de 2018): 1. Por e-mail, desde un correo electrónico oficial (tipo xxx@edu.xunta.es) pode ser o do docente ou o do centro educativo-, ao e-mail da secretaría do decanato. secretario.eto@uvigo.es 2. Por fax. Unha vez cumprimentado, pode enviarse ao FAX nº 988 36 89 23, da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense, indicando no asunto Olimpíadas de Economía 3. Por correo postal ao Decanato da Facultade, indicando no exterior do sobre Olimpíadas de Economía. Dirección postal: Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. Campus Universitario Sur, As Lagoas s/n, 32004 Ourense. Teléfonos da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo: 988 368 700/ 988 368 800 (decanato). Email da secretaría do decanato: secretario.eto@uvigo.es. Web da facultade: www.fcetou.uvigo.es Para participar, será obrigatorio cumprimentar e enviar o dito formulario antes das 14:00 horas do xoves, 22 de marzo de 2018. Probas O exame será anónimo e consistirá nunha proba que terá unha duración máxima de dúas horas e media. As preguntas versarán sobre o coñecemento e aplicación dos 6 Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense

conceptos propios da materias Economía da Empresa e Economía de segundo e primeiro curso do bacharelato respectivamente, e que se fixan como contidos para o exame de selectividade. A data prevista para a realización das probas é o día 7 de abril de 2018, aínda que se confirmarán data e hora, oportunamente, na web do centro (http://www.fcetou.uvigo.es). As probas terán lugar na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense (Universidade de Vigo) (Campus Universitario Sur, 32004 Ourense). A Comisión Organizadora constituirá unha Comisión Académica que estará presidida pola decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense, da Universidade de Vigo, ou pola persoa en quen delegue. Esta comisión será a encargada de organizar as probas, cualificar os exercicios e clasificar ordenadamente aos participantes segundo a puntuación obtida. Finalistas. A relación dos estudantes premiados farase pública polos medios que se consideren oportunos no seu momento. Estes medios poderán ser: taboleiro oficial do Decanato, a páxina web www.fcetou.uvigo.es da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense da Universidade da Vigo e/ou a páxina web da Olimpíada: www.olimpiadagalega.es, aloxada na web de AGAEDES (Asociación de Ensinantes de Economía en Secundaria). Premios. Procurarase, na medida en que os recursos o permitan, axustarse á estrutura de premios que se outorgan noutras fases locais e autonómicas do resto do Estado. En particular, está previsto conceder aos finalistas os seguintes premios, dependendo sempre do financiamento conseguido: 1. Reembolso dos prezos públicos de matricula na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo ao alumno/a que resulte gañador/a da IX Olimpíada Galega de Economía. 2. Un ordenador portátil a cada un dos tres mellores estudantes da fase galega. 3. Cobertura do desprazamento para participar na X Olimpíada Española de Economía que terá lugar en Santiago de Compostela para os tres mellores estudantes da fase galega. 7 Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense

Comisión organizadora. A Comisión Organizadora da proba estará constituída do seguinte xeito: 1. Os/as decanos/as das Facultades de Economía e Empresa das universidades galegas 2. O presidente da Asociación Galega de Profesores de Economía en Secundaria (AGAEDES) Comisión académica. A súa vez, a Comisión Académica encargada de organizar e cualificar as probas estará formada por: 1. Decano/a da Facultade organizadora en cada caso. No curso 2017 18 correspóndelle á decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense da Universidade de Vigo ou á persoa en quen delegue. 2. Un profesor de cada unha das areas de coñecemento integrados nos departamentos con sede na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense da Universidade de Vigo. 3. Un representantes de AGAEDES. Contacto. Para calquera dúbida ou suxestión, poden poñerse en contacto co decanato da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense da Universidade de Vigo por algúns destes medios: Correo: secretario.eto@uvigo.es/telf.: 988 368 800/ Web: http://www.fcetou.uvigo.es 8 Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense