ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR LICENCIAS URBANÍSTICAS

Documentos relacionados
ORDENANZA REGULADORA DA INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICIOS DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO

ORDENANZA FISCAL XERAL DE XESTIÓN, RECADACIÓN E INSPECCIÓN DOS TRIBUTOS E DOUTROS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO DO CONCELLO DE AMES INDICE DE CONTIDOS

ORDENANZA REGULADORA DA INSPECCIÓN TÉCNICA DAS EDIFICACIÓNS (ITE)

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 129 Mércores, 6 de xullo de 2011 Páx

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

CIRCULAR (modificada a 20/04/2016)

IMPOSTO SOBRE SUCESIÓNS E DOAZÓNS AUTOLIQUIDACIÓN

DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx

DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2016 Páx

N o 181 L Martes, 19 de setembro de 2006 DIARIO OFICIAL DE GALICIA CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx

Convocatoria ordinaria de 2014

NORMATIVA DE XESTIÓN ACADÉMICA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA PARA O CURSO ACADÉMICO 2013/2014

ORDENANZA DE INSPECCION TECNICA FERROL INDICE

Probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

BASES DO SERVIZO CAMPAMENTOS DE VERÁN 2016

MANUAL DO CAZADOR EN GALICIA. Guía de contidos para a realización das probas de aptitude para obter por primeira vez a licenza de caza en Galicia

Potencias e radicais

2ª COPA SEGURO X DÍAS 2016

NORMAS PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZAS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS 0-3 (EIM) PARA O CURSO

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

O Software Libre naspequenase Medianas Empresas de Galicia

NORMATIVA DE XESTIÓN ACADÉMICA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA PARA O CURSO ACADÉMICO 2014/2015

Edita: Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar. Lugar: Santiago de Compostela. Ano:

Guía informativa CURSOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO. Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas

GUÍA PARA A PROTECCIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

ANTEPROXECTO DE LEI DE PROTECCIÓN E BENESTAR DOS ANIMAIS DE COMPAÑÍA EN GALICIA

ORDENANZA REGULADORA DAS TERRAZAS E QUIOSCOS DE HOSTALERÍA

PLAN ANUAL DE FORMACIÓN DO PROFESORADO

SEA. Seguridade e medio ambiente

A circunferencia e o círculo

REGULAMENTO DO XVIII MEDIO MARATÓN

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 632 VII lexislatura 23 de outubro de 2008

PLAN DE ESTUDOS DO 1 Ђы CURSO DO BACHAREL ATO LO E CURSO ACAD ЊБMICO

REGULAMENTO DE UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

SISTEMA DIÉDRICO I Intersección de planos e de recta con plano TEMA 8 INTERSECCIÓNS. Obxectivos e orientacións metodolóxicas. 1.

TABELA DE PREÇOS DOS SERVIÇOS MUNICIPALIZADOS DE ÁGUA, ELECTRICIDADE E SANEAMENTO DE SANTO TIRSO

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Proba de acceso á Universidade (Selectividade)

Procedemento para a elaboración do Plan. de Organización Docente 2013/2014. (Aprobado en Consello de Goberno do 28 de febreiro de 2013)

CIRCULAR 14/2016 (modificada a 25/02/2016)

Decreto 105/2011 Técnico superior en desenvolvemento de aplicacións

FREGUESIA DE QUIAIOS NIPC

CÂMARA MUNICIPAL DE MAFRA CONTRATO N. 12/2015 REFORÇO DO ESPORÃO DA PRAIA DO SUL - ERICEIRA

REGIME GERAL DAS TAXAS DAS AUTARQUIAS LOCAIS. CAPÍTULO I Princípios gerais

1 3Cartilla de sa de infantil.

INFORME ANUAL DA CALIDADE DO AIRE DE GALICIA

De recompensas e cazatesouros

PREFEITURA MUNICIPAL DE ENTRE RIOS ESTADO DA BAHIA C.G.C. nº / DECRETO Nº. 729/2016 DE 04 DE JANEIRO DE 2016.

Concello de Ames Anuncio

PACTO INTERNACIONAL SOBRE OS DIREITOS CIVIS E POLÍTICOS

CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA SUMARIO

ARTE RENACENTISTA. ORIXE: italiana (Florencia e Roma) TEMPORALIZACIÓN: S.XV (Italia) e S.XVI CARACTERÍSTICAS XERAIS:

DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2016 Páx. 1768

CADERNO DE ENCARGOS PROCEDIMENTO DE AJUSTE DIRETO PARA A CONCESSÃO DE EXPLORAÇÃO DOS SERVIÇOS DE BAR BAR DO AUDITÓRIO FUNDAÇÃO DE SERRALVES

Guía UDC twitter.com/udc_gal facebook.com/udc.gal

Portaria n.º 1458/2009. de 31 de Dezembro

Contrato n.º 12/2015. É celebrado o presente contrato que se regerá pelo disposto nas cláusulas seguintes: Cláusula 1ª. Objeto do Contrato

HASTA PÚBLICA PROGRAMA DO CONCURSO

CONSELLERIA DE TRABALLO

EBI DA BOA ÁGUA EB1 N.º 2 DA QUINTA DO CONDE EB1/JI DO PINHAL DO GENERAL JI DO PINHAL DO GENERAL

10 Outros recursos de interese para as familias

RESOLUÇÃO ARES-PCJ Nº 106, DE 28 DE OUTUBRO DE 2015

RELATÓRIO DO CONSELHO DE ADMINISTRAÇÃO DA TELEFONICA, S.A. (ITEM V DA ORDEM DO DIA)

CÓDIGO DO IRS. Artigo 16.º Residência Redacção anterior Orçamento Rectificativo dos n. os 1 ou 2, não tenham sido residentes em

CERTIFICADO DE DESPLAZAMIENTO / CERTIFICADO DE DESLOCAMENTO

Câmara Municipal. Município de Alenquer. Exmo. Senhor Presidente da Câmara Municipal de Alenquer,


BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Workshop Simples Nacional Regime Jurídico e Gestão do ISSQN. Programa: O que a Fazenda anda fazendo 9 de Dezembro de 2014 Prédio da PBH

MODELO DE DECLARAÇÃO DE RECEITAS E DESPESAS

6336 DIÁRIO DA REPÚBLICA I SÉRIE-B N. o de Outubro de 2004

da Linguaxe e Estudos Literarios Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre 6 OP 3 2c

URBANISMO EN GALICIA

REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DE TIMOR-LESTE DE BAYU-UNDAN

Ordenanza municipal de posesión e custodia de animais potencialmente perigosos

O Software Libre nas empresas informáticas de Galicia. Edición 2013

Madeira, moble e cortiza MAM

Portaria n.º 1323-B/2001

Regulamento do Cartão Municipal do Idoso

ASSOL Outubro 2013 Caderno de Encargos Ajuste Directo

MINISTÉRIO DA ECONOMIA E DA INOVAÇÃO

DECRETO Nº , DE 4 DE MAIO DE 2004 Regulamenta a outorga onerosa de potencial construtivo adicional, nos termos dos artigos 209 a 216 da Lei nº

Transcrição:

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR LICENCIAS URBANÍSTICAS Artigo 1. Fundamento e natureza No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa por licencias urbanísticas, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, que atende ó previsto no artigo 58 da citada Lei 39/1988. Artigo 2. Feito impoñible Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, técnica e administrativa realizada para verificar se os actos de edificación e uso do solo e subsolo suxeitos á licenza municipal á que se refire o artigo 194.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e de Protección do Medio Rural de Galicia, e que deban realizarse no termo municipal, se axustan ás normas urbanísticas de edificación e policía previstas na dita Lei e no planeamento e normas urbanísticas deste concello e demais que resulten de xeral aplicación Artigo 3. Suxeito pasivo 1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que sexan propietarios ou posuidores, ou no seu caso, arrendatarios dos inmobles nos que se realicen as construccións ou instalacións ou se executen as obras. 2. En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os constructores e contratistas das obras. Artigo 4. Responsables 1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria. 2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria. Artigo 5. Base impoñible 1. Constitúe a base impoñible da Taxa: Taxa por licenzas urbanísticas - 1

a) O costo real e efectivo da obra civil, cando se trate de movementos de terra, obras de nova planta e modificación de estructuras ou aspecto exterior das edificacións existentes. b) O costo real e efectivo da vivenda, local ou instalación, cando se trate da primeira utilización dos edificios e a modificación do uso dos mesmos. c) O valor que teñan sinalados os terreos e construccións a efectos do Imposto sobre Bens Inmobles, cando se trate de parcelacións urbanas e de demolición de construccións. d) A superficie dos carteis de Propaganda colocados en forma visible desde a vía pública. 2. Do custo sinalado nas letras a) e b) do número anterior exclúese o correspondente á maquinaria e instalacións industriais e mecánicas. Artigo 6. Cota tributaria 1. A cota desta Taxa será a resultante de multiplicar por 0,1 a cota correspondente á liquidación provisional do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras, sempre que a liquidación definitiva non exceda da anterior; no caso contrario, terase en conta a dita liquidación definitiva. Respectaranse en todo caso as seguintes tarifas mínimas: LICENCIAS OBRA MAIOR Teñen esta consideración as obras que afecten á estructura da obra. CONCEPTOS euros/lic. licenza de ZONA A... 141,15 licenza de ZONA B... 89,11 licenza de ZONA C... 38,61 licenza de ZONA R e N... 18,53 LICENCIAS OBRA MENOR Teñen esta consideración as obras que non afecten á estructura da obra. CONCEPTOS euros/lic. licenza de ZONA A... 89,11 licenza de ZONA B... 61,07 licenza de ZONA C... 26,02 licenza de ZONA R e N... 14,86 Taxa por licenzas urbanísticas - 2

2. Cando a actividade urbanística municipal teña por obxecto as licenzas de primeira utilización ou de cambio de uso de edificios, aplicarase o seguinte cadro de tarifas: suposto 1º.- Unidades de vivendas exentas, arrimadas e agrupadas, e os seus locais complementarios. 2º.- Edificios para vivendas colectivas e / ou locais de ata 250 m 2. contía 130 euros por cada vivenda ou local. 95 euros por cada vivenda ou local independente. 3º.- Os restantes edificios. o 0,25 por cento sobre o orzamento de execución material que figure no proxecto dos ditos edificios, ou, se fose o caso, do que resulte da inspección realizada polos técnicos municipais, cun mínimo de 180 euros por cada vivenda ou local independente. Artigo 7. Exencións e bonificacións Non se concederá exención nin bonificación algunha na exacción desta Taxa, que non veña establecida en Tratados ou Acordos Internacionais ou en normas con rango de Lei. Artigo 8. Devengo 1. Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. A estes efectos, entenderase iniciada a dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licencia urbanística, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta. 2. Cando as obras escomenzarán ou se executaran sen solicita-la oportuna licencia, a Taxa devengarase cando se inicie a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable, con independencia da iniciación do expediente por infracción tributaria. 3. A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada de ningún modo pola denegación da licencia solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación do proxecto presentado, nin por renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licencia. Artigo 9. Declaración 1. As persoas interesadas na obtención dunha licencia de obras presentarán previamente, no Rexistro Xeral, a oportuna solicitude, acompañando proxecto visado polo Colexio Oficial respectivo, con especificación detallada da natureza da obra e o lugar de emprazamento, na que se faga constar o importe estimado da obra, medicións e destino do edificio, e o Taxa por licenzas urbanísticas - 3

cuestionario a que fai referencia no artigo 2 do D. 69/89, de 31 de marzo da Xunta de Galicia. 2. Cando se trate de licencia para aqueles actos nos que non sexa esixible a formulación do proxecto subscrito polo técnico competente, á solicitude acompañarase un presuposto das obras a realizar, con descrición detallada da superficie afectada, número de departamentos, materiais a empregar e en xeral, das características da obra ou acto que permitan comproba-lo costo daqueles. 3. Se despois de formulada a solicitude de licencia se modificase ou ampliase o proxecto deberá poñerse en coñecemento da Administración municipal acompañado do novo presuposto ou o reformado e, no seu caso, planos e memorias da modificación ou ampliación. Artigo 10. Liquidación e ingreso 1. Liquidarase e esixirase o importe da Taxa unha vez concedida a licencia urbanística. Nembargantes, poderase esixi-lo importe da Taxa no momento de presenta-la solicitude de licencia de obra, en calidade de depósito previo. 2. A Administración municipal poderá comproba-lo custo real e efectivo unha vez rematadas as obras e a superficie dos carteis declarada polo solicitante, e, a vista do resultado de tal comprobación, practicará a liquidación definitiva que proceda, con deducción, no seu caso, da liquidación inicial. 3. No caso de parcelacións urbanas e demolición de construccións, a liquidación que se practique unha vez concedida a licencia, sobre a base impoñible que lle corresponda, terá carácter definitivo agás que o valor sinalado no Imposto sobre Bens Inmobles non teña este carácter. 4. As liquidacións que se practiquen serán notificadas ó suxeito pasivo substituto do contribuínte para o seu ingreso directo nas Arcas Municipais utilizando os medios de pagamento e os prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación. Artigo 11. Infraccións e sancións En todo o relativo a calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria. DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA As licencias urbanísticas concedidas caducarán no prazo de seis meses, se non se inician as obras, e se antes de que transcorran dous anos dende a súa concesión non se Taxa por licenzas urbanísticas - 4

SEGUNDA terminan as mesmas. A exacción desta Taxa será compatible co Imposto municipal sobre Construccións. DISPOSICIÓN FINAL A presente ordenanza fiscal, cunha redacción definitiva aprobada polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o 19.10.1989, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 1990, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas. Publicación B.O.P.: 27-12-1989 Modificacións realizadas: Acordo Publicación B.O.P. 1ª Pleno 30.12.1993 25.03.1994 2ª Pleno 13.12.2002 12.03.2003 3ª Pleno 10.11.2003 26.12.2003 4ª Pleno 08.11.2004 30.12.2004 5ª Pleno 10.11.2005 29.12.2005 6ª Pleno 13.11.2006 30.12.2006 7ª Pleno 05.10.2007 11.12.2007 8ª Pleno 02.10.2008 10.12.2008 9ª Pleno 04.11.2010 29.12.2010 ANEXO Para a aplicación desta taxa terase en conta a clasificación de rúas que se transcribe a continuación: RÚAS DO GRUPO A: Avda. de Benito Vigo Praza de Galicia Rúa de Calvo Sotelo Rúa Ulla Avda. de Pontevedra ( ata a Avda. de Marín ) Praza da Constitución Rúa nº 5 ou rúa Castelao Praza de Martínez Anido Rúa Capitán Bernal Rúa Peregrina Taxa por licenzas urbanísticas - 5

Avda. de América Rúa de Waldo A. Insúa Rúa de Padrón Praza da Igrexa Rúa de Serafín Pazo (dende a Pza. de Galicia ata a Avda. de Benito Vigo) Rúa de Pérez Viondi (dende a Pza. da Galicia ata a Avda. de Benito Vigo) Rúa de Iryda (dende a Rúa Justo Martínez ata a Avda. de Ponteareas) Avda. de Ponteareas (dende a Porta do Sol ata a Avda. de Benito Vigo) Rúa de Severino Trigo Rúa Don Nicolás Travesía de Vega de Armijo Rúa Justo Martínez RÚAS DO GRUPO B: Avda. de Pontevedra (dende a Avda. de Marín ata o final) Rúa Fernando Conde (dende a Porta do Sol ata o cruce coa estrada de Vinseiro) Avda. de Santiago Rúa nº 18 de Ordenación Urbana ou Rúa de Cerdedo Rúa nº 19 de Ordenación Urbana ou Travesía Avda. de América Rúa nº 20 de Ordenación Urbana ou Rúa de Forcarei Rúa nº 5 de Ordenación Urbana ou Antón Losada Diéguez Avda. de Vigo Avda. de Venezuela Travesía Irmáns Valladares Rúa San Paio (dende a Pza. de Galicia ata o limite do casco de poboación) Rúa Gradín Travesía de Vea Rúa Serafín Pazo ( dende a Avda. Benito Vigo ata o límite do casco de poboación) Rúa Pérez Viondi ( dende a Avda. Benito Vigo ata o límite do casco de poboación) Rúa Iryda (dende a Avda. de Ponteareas ata o cruce que sae da casa Hrdos. de D.Jesús Portela) ou rúa nº 49 Rúa da Baiuca Rúa do Muiño (dende a rúa Leicures ata o límite do casco urbán) Rúa nº18 ou Travesía ou Prolongación Waldo A. Insúa Rúa Marín Rúa de Rosalía de Castro Travesía do Cruceiro Rúa. nº 24 ou nº 58 das vixente N.O.S.P. Prolongación da Avda. de Ponteareas ou Avda. da Torre (dende a Avda. de Benito Vigo ata o límite do casco de poboación) Rúa do Matadoiro Rúa Leicures Rúa nº 62 Rúa X ou nº 13 das N.O.S.P. Rúa Y ou nº 11 das N.O.S.P. Rúa nº 14 Rúa nº 29 Travesía da Igrexa Praza da Feira RÚAS DO GRUPO C: Taxa por licenzas urbanísticas - 6

Rúa de Iryda (dende a casa de Hrdos. de Jesús Portela ata o final) Rúa do Cruceiro Rúa da Cañoteira Rúa Decoita Rúa Penerada Outros lugares do extrarradio e demáis vías públicas non sinaladas anteriormente e enclavadas en solo urbano ou apto para urbanizar. GRUPOS N e R: Comprende as vías públicas enclavadas na zona rural do municipio. Taxa por licenzas urbanísticas - 7