BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Documentos relacionados
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

O CONTRATO DE TRABALLO

ÍNDICE. 3.1 Redución das cantidades almacenadas 3.2 Separación dos produtos químicos en función da súa incompatibilidade

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

V I C E P R E S I D E N C I A

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

ORDENANZA Nº 7- REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE XUSTIZA

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

ORDENANZA Nº 40: ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS.

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

Planificación do curso escolar

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Política e Obxectivos de Calidade

En Santiago de Compostela, a de de 2011 REUNIDOS

MODELO DE ESTATUTOS DUN CONSORCIO LOCAL. Capítulo I. Disposicións Xerais

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

CONCELLO DE CHANTADA

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

Febreiro Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do. Maio Agosto Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do 1. Novembro Lu Ma 1 7 8

Plans e protocolos de empresa familiar

ORDENANZA REGULADORA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO XANTAR SOBRE RODAS E ESTABLECEMENTO DO CORRESPONDENTE PREZO PÚBLICO P2

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

A Estrada, 26 de febreiro de 2018 REUNIDOS

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

Ordenanzas fiscais Páxina 1

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

ANEXO I SOLICITUDE DATOS DA ENTIDADE/DENOMINACIÓN DO GRUPO INFORMAL: CP Tfno./Tfno. móbil Fax Correo electrónico

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2011 Páx

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Servizo de orzamentos, cstudos e asistencia económica

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO BANCO DE ESPAÑA

COMISIÓN TÉCNICA DE ARQUIVO E XESTIÓN DOCUMENTAL DO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

MAPA DE RECURSOS: Instalacións Portuarias

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

DOG Núm. 193 Venres, 7 de outubro de 2011 Páx DECRETO 189/2011, do 22 de setembro, de homologación sanitaria dos tratamentos

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Língua Portuguesa na Galiza

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 115 Luns, 16 de xuño de 2008

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

XUNTA DE GALlCIA. CONSELLERfA DE FACENDA Dirección Xeral da Función Pública

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

En, de de. Firma O/a Secretario/a VºBº

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE FACENDA E O CONCELLO DE SANTIAGO PARA O ACCESO PÚBLICO AO XARDÍN DO PAZO DE AMARANTE

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

REDE EUSUMO. información e comunicación

Transcrição:

Suplemento en lingua galega ao núm. 56 Martes 6 de marzo de 2012 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DA PRESIDENCIA 3164 Real decreto 451/2012, do 5 de marzo, polo que se regula o réxime retributivo dos máximos responsables e directivos no sector público empresarial e outras entidades. En cumprimento dos compromisos asumidos polo Goberno de lograr a máxima austeridade e eficacia no sector público en xeral e en especial no empresarial, incluíuse a disposición adicional oitava do Real decreto lei 3/2012, do 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral. A citada disposición adicional oitava non só recolle tales principios senón que introduce criterios racionais e lóxicos de axuste nas remuneracións dos máximos responsables e directivos do sector publico estatal. Con esta medida, na situación actual de crise económica, preténdese contribuír á estabilidade económica e ao interese xeral e ben común dos cidadáns. En concreto, a disposición adicional oitava clasifica as retribucións dos máximos responsables e directivos das sociedades mercantís estatais, mentres que se difire ao Goberno a determinación de tales cuestións para o resto das entidades comprendidas no ámbito de aplicación da disposición. Ao proceder ao desenvolvemento da citada disposición, este real decreto proporciona un tratamento uniforme ao estender o réxime retributivo que prevé a todas as entidades comprendidas no seu ámbito de aplicación. Xunto aos anteriores principios de austeridade e eficiencia, este real decreto recolle o de transparencia, mínimo exixible tanto ás entidades como aos seus máximos responsables e directivos. Con isto, aplícanse criterios de bo goberno estendidos no ámbito de sociedades cotizadas, entidades financeiras e emanados de acordos e organismos internacionais, adaptando estes avances á natureza do sector público. Na súa virtude, por proposta conxunta do ministro de Facenda e Administracións Públicas e da vicepresidenta do Goberno e ministra da Presidencia, de acordo co Consello de Estado e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 2 de marzo de 2012, Artigo 1. Obxecto. DISPOÑO: Este real decreto ten por obxecto regular o réxime retributivo dos máximos responsables e directivos no sector público empresarial e outras entidades do sector público estatal, garantindo os principios de austeridade, eficiencia e transparencia na súa xestión. Artigo 2. Ámbito de aplicación. 1. Este real decreto será de aplicación ao sector público estatal integrado polas entidades previstas no número 1 do artigo 2 da Lei 47/2003, do 26 de novembro, xeral orzamentaria, a excepción da letra d) do mesmo número do citado artigo. 2. Para os efectos do previsto neste real decreto, o sector público estatal clasifícase en: a) Sector público empresarial, que está integrado polas entidades a que se refire o número 2 do artigo 3 da Lei 47/2003, do 26 de novembro. b) O resto de entidades do sector público estatal previsto nos números 1 e 3 do artigo 3 da Lei 47/2003, do 26 de novembro, excepto a Administración xeral do Estado. c) A Administración xeral do Estado.

Suplemento en lingua galega ao núm. 56 Martes 6 de marzo de 2012 Sec. I. Páx. 2 Artigo 3. Definicións. 1. Para os efectos deste real decreto, entenderase por: a) Máximo responsable: o presidente executivo, o conselleiro delegado dos consellos de administración ou dos órganos superiores de goberno ou administración das entidades previstas na letra a) do número 2 do artigo 2 deste real decreto con funcións executivas ou, no seu defecto, o director xeral ou equivalente dos ditos organismos ou entidades. Nas sociedades mercantís estatais en que a administración non se confíe a un consello de administración será máximo responsable quen sexa administrador. b) Directivos: son aqueles que, formando parte do consello de administración, dos órganos superiores de goberno ou administración, ou actuando baixo a súa dependencia ou a do máximo responsable, exercen funcións separadas con autonomía e responsabilidade, só limitadas polos criterios e instrucións emanados do máximo responsable ou dos citados órganos das entidades previstas nas letras a) e b) do número 2 do artigo 2 deste real decreto. Cando as funcións de presidente e director xeral ou equivalente sexan exercidas por dúas persoas diferentes, a dependencia poderá ter lugar indistintamente respecto do presidente ou do director xeral ou equivalente. En todo caso, consideraranse directivos aqueles aos cales se atribúa esta condición na súa lexislación reguladora. 2. Non terán a consideración de máximo responsable ou directivo aqueles que estean vinculados á entidade por relación funcionarial. Artigo 4. Réxime de contratación. 1. Os que asuman as funcións de máximo responsable das sociedades mercantís estatais, formando parte do seu consello de administración ou sendo administradores en ausencia de consello de administración, estarán vinculados profesionalmente con elas por contrato mercantil, que se rexerá polo disposto na disposición adicional oitava do Real decreto lei 3/2012, do 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral, polo disposto neste real decreto, polo establecido nos estatutos sociais, polas directrices emanadas do órgano de administración e, se é o caso, da xunta xeral ou órgano equivalente, pola lexislación civil e mercantil que resulte de aplicación e pola vontade das partes. 2. Os máximos responsables non previstos no número anterior e os directivos estarán vinculados profesionalmente por un contrato de alta dirección, que se rexerá polo disposto na disposición adicional oitava do Real decreto lei 3/2012, do 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral, polo disposto neste real decreto, polo Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección, en canto non se opoña a este real decreto, e pola vontade das partes. Artigo 5. Criterios de clasificación. 1. As entidades comprendidas na letra a) do número 2 do artigo 2 deste real decreto serán clasificadas en grupos, atendendo ás súas características, conforme o conxunto dos seguintes criterios: a) Volume ou cifra de negocio. b) Número de traballadores. c) Necesidade ou non de financiamento público. d) Características do sector en que desenvolve a súa actividade: complexidade, sector estratéxico, internacionalización. e) Volume de investimento.

Suplemento en lingua galega ao núm. 56 Martes 6 de marzo de 2012 Sec. I. Páx. 3 2. As entidades comprendidas na letra b) do número 2 do artigo 2 deste real decreto serán clasificadas en grupos, atendendo ás súas características, conforme o conxunto dos seguintes criterios: a) Necesidade ou non de financiamento público. b) Volume de actividade. c) Número de traballadores. Artigo 6. Competencia para a clasificación e efectos. 1. Corresponde ao ministro de Facenda e Administracións Públicas a clasificación das entidades, conforme a súa natureza e os criterios previstos no artigo anterior. As entidades serán clasificadas en tres grupos. Esta clasificación determinará o nivel en que a entidade se sitúa para efectos de: a) Número máximo de membros do consello de administración e dos órganos superiores de goberno ou administración das entidades, se é o caso. b) Estrutura organizativa, con fixación do número mínimo e máximo de directivos, así como a contía máxima da retribución total, con determinación da porcentaxe máxima do complemento de posto e variable. 2. Salvo disposición legal en contrario, o número máximo de membros do consello de administración e órganos superiores de goberno ou administración das entidades non poderá exceder os: a) 15 membros nas entidades do grupo 1. b) 12 membros nas entidades do grupo 2. c) 9 membros nas entidades do grupo 3. Artigo 7. Retribucións. 1. As retribucións que se deben fixar nos contratos mercantís ou de alta dirección clasifícanse en básica e complementarias. 2. A retribución básica, que constitúe a retribución mínima obrigatoria, fixaraa o ministro de Facenda e Administracións Públicas en función do grupo en que se sitúe a entidade, de acordo co artigo 6 deste real decreto. A retribución básica non poderá exceder, en cómputo anual, os seguintes importes: a) As entidades do grupo 1: 105.000 euros. b) As entidades do grupo 2: 80.000 euros. c) As entidades do grupo 3: 55.000 euros. 3. As retribucións complementarias comprenden un complemento de posto e, se é o caso, un complemento variable. a) O complemento de posto, que retribúe as características específicas das funcións desenvolvidas ou dos postos directivos desempeñados, será asignado por quen exerza o control ou supervisión financeira da entidade, polo accionista ou, no seu defecto, polo ministerio de adscrición, conforme os seguintes criterios: 1.º Competitividade externa, entendendo por tal a situación retributiva do directivo en comparación con postos similares do mercado de referencia. 2.º Estrutura organizativa dependente do posto. 3.º Peso relativo do posto dentro da organización. 4.º Nivel de responsabilidade. O complemento de posto non poderá superar a porcentaxe máxima fixada para o grupo en que se clasifique a entidade.

Suplemento en lingua galega ao núm. 56 Martes 6 de marzo de 2012 Sec. I. Páx. 4 b) O complemento variable, que terá carácter potestativo, retribúe a consecución duns obxectivos previamente establecidos conforme parámetros avaliables por quen exerza o control ou supervisión financeira da entidade, polo accionista ou, no seu defecto, polo ministerio de adscrición, polo que a súa percepción está condicionada á consecución duns obxectivos. O complemento variable non poderá superar a porcentaxe máxima fixada para o grupo en que se clasifique a entidade. 4. As retribucións en especie que, se é o caso, se perciban, computarán para efectos de cumprir os límites da contía máxima da retribución total. 5. A estrutura e a contía das retribucións dos máximos responsables e directivos que estean asimilados para efectos retributivos a altos cargos da Administración xeral do Estado axustaranse ao disposto para eles, con independencia da natureza mercantil ou de alta dirección do contrato que, se é o caso, os vincule coa entidade. Artigo 8. Asistencias. 1. A percepción das retribucións que se regulan neste real decreto será incompatible co cobramento de indemnizacións por asistencias, a que se refire a letra a) do número 1 do artigo 27 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, por concorrencia ás reunións dos órganos de goberno ou administración de organismos públicos e de consellos de administración de sociedades mercantís estatais. 2. A clasificación das entidades que resulte dos criterios establecidos no artigo 5 deste real decreto será tida en conta polo ministro de Facenda e Administracións Públicas para os efectos de fixar as contías máximas que se percibirán en concepto de asistencias, conforme o previsto nos números 1 e 2 do artigo 28 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio. Artigo 9. Compensación económica. Non se considerarán indemnizacións por extinción do número dous da disposición adicional oitava do Real decreto lei 3/2012, do 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral, as compensacións económicas establecidas legalmente por razón de incompatibilidade vinculada ao cesamento no cargo. Artigo 10. Transparencia. 1. Sen prexuízo da publicidade legal a que estean obrigadas, as entidades incluídas no ámbito de aplicación deste real decreto difundirán a través da súa páxina web a composición dos seus órganos de administración, xestión, dirección e control, incluíndo os datos profesionais dos máximos responsables e directivos. 2. As retribucións que perciban os máximos responsables e directivos recolleranse anualmente na memoria de actividades da entidade. Disposición adicional primeira. Modelo de contratos. O ministro de Facenda e Administracións Públicas aprobará os modelos de contratos mercantís e de alta dirección a que se refire este real decreto, que contarán co informe previo da Avogacía do Estado do departamento. Disposición adicional segunda. Adaptación de contratos. O contido dos contratos celebrados, cos máximos responsables e persoal directivo, con anterioridade á entrada en vigor do Real decreto lei 3/2012, do 10 de febreiro, deberá ser adaptado aos termos establecidos neste real decreto antes do 13 de abril de 2012. A adaptación non poderá producir ningún incremento retributivo para os máximos responsables ou directivos, en relación coa súa situación anterior.

Suplemento en lingua galega ao núm. 56 Martes 6 de marzo de 2012 Sec. I. Páx. 5 Disposición derradeira primeira. Modificación do Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección. Engádese un número 4 ao artigo 1 do Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección, coa seguinte redacción: «4. Este real decreto aplicarase aos máximos responsables e persoal directivo a que se refire o Real decreto 451/2012, do 5 de marzo, sobre réxime retributivo dos máximos responsables e directivos no sector público empresarial e outras entidades, que non estean vinculados por unha relación mercantil, naquilo que non se opoña a el nin ao Real decreto lei 3/2012, do 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral.» Disposición derradeira segunda. Habilitación normativa. Habilítase o ministro de Facenda e Administracións Públicas para desenvolver o previsto neste real decreto. Disposición derradeira terceira. Adaptación de estatutos e normas de funcionamento. As entidades adoptarán as medidas necesarias para adaptar os seus estatutos ou normas de funcionamento interno ao previsto neste real decreto no prazo máximo de tres meses contados desde a comunicación da clasificación. Disposición derradeira cuarta. Entrada en vigor. Este real decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado». Dado en Madrid o 5 de marzo de 2012. JUAN CARLOS R. A vicepresidenta do Goberno e ministra da Presidencia, SORAYA SÁENZ DE SANTAMARÍA ANTÓN http://www.boe.es BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO D. L.: M-1/1958 - ISSN: 0212-033X