TECNICO FINANCEIRO TRIBUTARIO (A1) EXAME A

Documentos relacionados
Ordenanzas fiscais Páxina 1

ORDENANZA Nº 7- REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

ORDENANZA Nº 40: ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS.

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

Ordenanzas fiscais Páxina 1

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

2.-Ordenanza Fiscal reguladora do imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

Ordenanzas fiscais Páxina 1

O CONTRATO DE TRABALLO

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

Pontedeume - ORDENANZA FISCAL Nº14 DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DE VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA.

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

ORDENANZA FISCAL Núm. 3 IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DE VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA.

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

ORDENANZA 1.03 IMPOSTO SOBRE O AUMENTO DE VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA

Ordenanzas fiscais Páxina 1

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

ORDENANZA FISCAL DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DO VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA.

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA DE ALCANTARILLADO

ORDENANZA FISCAL NÚM. 201 IMPOSTO MUNICIPAL SOBRE O INCREMENTO DO VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA

Ordenanza Reguladora da Taxa por expedición de documentos administrativos e outros servizos municipais RESPONSABLES

- EN CASO DE ERRO MARCAR CUN "X" A RESPOSTA ERRÓNEA E RODEAR CUN CÍRCULO A CORRECTA.

Servizo de orzamentos, cstudos e asistencia económica

SR. ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO.

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO INCREMENTO DO VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA DO CONCELLO DE REDONDELA (Devengados dende o

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

En, de de. Firma O/a Secretario/a VºBº

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE XUSTIZA

BASES E CONVOCATORIA QUE REXERÁN OS PREMIOS DO CONCURSO DE MAIOS OBXECTO:

PREZO PUBLICO POLAS ACTIVIDADES SOCIOEDUCATIVAS DO CENTRO OCUPACIONAL

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2016 (2º semestre e total 2016) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25801

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

MODELO DE ESTATUTOS DUN CONSORCIO LOCAL. Capítulo I. Disposicións Xerais

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por recollida de lixo no Concello de Redondela

ORDENANZA REGULADORA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO XANTAR SOBRE RODAS E ESTABLECEMENTO DO CORRESPONDENTE PREZO PÚBLICO P2

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)

V I C E P R E S I D E N C I A

Febreiro Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do. Maio Agosto Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do 1. Novembro Lu Ma 1 7 8

PREZO PÚBLICO Núm. 5 ORDENANZA REGULADORA DE PREZO PÚBLICO POLA UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS E INSTALACIÓNS CULTURAIS.

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

ARTIGO 2º. SUXEITOS PASIVOS

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONCELLO DE CHANTADA

NADAL Obxecto

A N U N C I O ORDENANZA REGULADORA DO ESTACIONAMENTO DE HORARIO LIMITADO

Artigo 1.- OBXECTO DO REGULAMENTO. Artigo 2.- TITULARIDADE E ADMINISTRACIÓN DA MARCA.

INFORMACIÓN SOBRE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA PODER CELEBRAR FESTAS OU VERBENAS POPULARES

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

ORDENANZA REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DE VALOR DOS TERRENOS DE NATUREZA URBANA

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

As persoas comerciantes deberán cumprir entre outros cos seguintes aspectos recollidos na normativa vixente: Horarios comerciais:

TR341 D-FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO

Guía de procedementos e servizos

Indicadores da actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma de Galicia

OFERTA EMPREGO PUBLICO 2005 AUXILIAR DE ADMINISTRACIÓN XERAL Tanto as ordenanzas locais como os regulamentos e os bandos do Alcalde:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

Premio Literario - Nortear Joves Escritores / Mocidade Escritora Norte de Portugal - Galicia

ORDENANZA FISCAL XERAL

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

EXPÓN: Que en calidade de do sito/os na rúa

ORDENANZA Nº ORDENANZA 19: ORDENANZA FISCAL ORDENANZA REGULADORA FISCAL DAS REGULADORA TAXAS POLA

CÓDIGO ASPIRANTE/OPOSITOR:

INSTRUCIÓNS PARA A XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA CONECTA PEME 2018 COMO PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA?

VÁLIDO SÓ PARA EFECTOS INFORMATIVOS

RESOLUCIÓN REITORAL DO 27 DE ABRIL DE 2012, MEDIANTE A QUE SE APROBA O PROCEMENTO PARA A RECADACIÓN DE "IMPAGADOS" POR PREZOS PÚBLICOS DE MATRÍCULA.

DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx

DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

A, B (Deberá completarse con todas as facturas correspondentes aos investimentos realizados no 2011), C, G, H, I

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS Módulo de gastos e coidado de menores 2012

4. Feitos os trámites anteriores, enviaranse ao provedor os exemplares da folla de pedimento que corresponda.

4214 REAL DECRETO LEXISLATIVO 2/2004, do 5

Praza de Europa, 5 A 4º Polígono de Fontiñas SANTIAGO DE COMPOSTELA

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

Pz. Do Concello, nº2. Bertamiráns Telf: AMES (A Coruña) Fax:

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Transcrição:

ANULADA TECNICO FINANCEIRO TRIBUTARIO (A1) 1. As diferenzas entre os Estatutos das distintas Comunidades Autónomas non poden implicar en ningún caso: a. Privilexios lingüísticos b. Privilexios políticos e económicos c. Privilexios económicos ou sociais 2. A organización da Deputación Provincial corresponde: a. Ao Pleno da mesma b. Ao Presidente da mesma c. Ningunha das respostas anteriores é correcta 3. Nunha sesión plenaria, convocada con carácter extraordinario e urxente, o primeiro asunto da orde do día haberá de ser: a. A ratificación da orde do día. b. A ratificación da urxencia. c. A aprobación da acta da sesión anterior. 4. As resolucións e actos administrativos segundo dispón o art. 58 da Lei 30/92 : a. Notificaranse sempre aos interesados b. Notificaranse a aqueles aos que afecten nos seus dereitos ou intereses c. Nunca se notificarán aos interesados a non ser que estes o solicíten 5. A condición de funcionario da Deputación, unha vez realizada a selección, obtense por: a. Nomeamento directo do Presidente b. Por superar as probas selectivas, unha vez que se publican as puntuacións finais c. Nomeamento do presidente, pero é necesario o xuramento ou promesa e a toma de posesión formal 6. Un funcionario que presta servizos como subalterno nun concello, sae elixido concelleiro nunhas eleccións locais e é nomeado Tenente-Alcalde dese concello: a. Pasará a situación de servizos especiais b. Pasará a situación de servizos especiais, só si ten dedicación exclusiva c. Perde a súa condición de funcionario nese período, ao ser incompatible co exercicio do seu cargo político no mesmo concello. 7. Están suxeitos a regulación harmonizada os contratos de obras a. Cuxo valor estimado sexa igual ou superior a 5.225.000 b. Cuxo valor estimado sexa igual ou superior a 5.225.000, cando se trate de contratos adxudicados pola Administración Xeral do Estado, os seus organismos autónomos, ou as Entidades Xestoras e Servizos Comúns da Seguridade Social. c. A condición de que se trate de obras comprendidas en determinadas categorías e superen determinado importe. 8. Os particulares terán dereito a ser indemnizados polas Administracións Públicas correspondentes, a. das lesións producidas provenientes de danos que este non teña o deber xurídico de soportar de acordo coa lei. b. de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, salvo nos casos de forza maior, sempre que a lesión sexa consecuencia do funcionamento anormal dos servizos públicos. c. calculándose a indemnización conforme as valoracións do mercado.

9. Os orzamentos xerais das entidades locais a. conterán as obrigacións que, como máximo, poden recoñecer a entidade e os seus organismos autónomos, e os dereitos que prevexan liquidar durante o exercicio, así como as previsións de ingresos e gastos das sociedades mercantís cuxo capital social pertenza integramente á entidade local correspondente. b. poderán aprobarse con déficit inicial. c. responderán á estrutura fixada polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, sen poder adaptala á súa propia estrutura. 10. Cal das seguintes afirmacións é correcta: a. Para poder incoar un expediente de concesión de crédito extraordinario, deben darse dous requisitos: que o gasto non poida demorarse ata o exercicio seguinte e non exista crédito no orzamento. b. As transferencias de crédito entre distintos grupos de función corresponderá ao Pleno da corporación en calquera caso. c. Poden minorarse mediante transferencia os créditos que sexan incrementados con suplementos ou transferencias. 11. Dentro do importe dos créditos autorizados nos orzamentos, corresponderá a autorización e disposición dos gastos a. ao Presidente b. ao Pleno c. ao presidente ou ao Pleno da entidade, de acordo coa atribución de competencias que estableza a normativa vixente 12. O recoñecemento e liquidación das obrigacións derivadas de compromisos de gastos legalmente adquiridos corresponderá a. ao Pleno b. ao presidente c. ao presidente ou ao Pleno da entidade, de acordo coa atribución de competencias que estableza a normativa vixente. 13. En caso de liquidación do orzamento con remanente de tesourería negativo, e de non adoptarse ningunha das medidas que esixe a Lei, a. O orzamento do exercicio seguinte haberá de aprobarse cun superávit inicial de contía non inferior ao referido déficit. b. Deberá concertarse unha operación extraordinaria de tesourería no exercicio seguinte. c. Deberá solicitarse autorización do Ministerio de Facenda para a aprobación do orzamento do exercicio seguinte. 14. A conta xeral da entidades locais estará integrada por a. A da propia entidade e os seus organismos autónomos b. A da propia entidade, a dos organismos autónomos, a das sociedades mercantís de capital integramente propiedade das entidades locais. c. A da propia entidade, a dos organismos autónomos e a das sociedades mercantís de capital maioritariamente propiedade das entidades locais. 15. Sinalar a afirmación correcta: a. Cando a disconformidade do órgano interventor refírese ao recoñecemento de dereitos a favor das entidades locais, o reparo suspenderá a tramitación do expediente. b. Se o reparo afecta á disposición de gastos, recoñecemento de obrigacións ou ordenación de pagos, suspenderase en calquera caso a tramitación do expediente ata que aquel sexa liquidado. c. Cando o órgano a que afecte o reparo non estea de acordo con este, corresponderá ao presidente da entidade local resolver a discrepancia, sen posibilidade de delegación.

16. Mediante acordo plenario, as entidades locais poderán acordar: a. a substitución da fiscalización previa de dereitos pola realización de simples actuacións comprobatorias. b. que a intervención previa se limíte a comprobar a existencia de crédito orzamentario, que as obrigacións ou o gasto se xéran polo órgano competente e os que considere o Pleno. c. resolver unha discrepancia por mor dun reparo da Intervención. 17. En relación coa suspensión do acto impugnado en reposición: a. Será competente para tramitar e resolver a solicitude o órgano da entidade local que ditou o acto. b. A resolución desestimatoria da suspensión será susceptible de impugnación en reposición. c. A interposición do recurso de reposición suspenderá a execución do acto impugnado. 18. Os bens da facenda local poderán ser obxecto de mandamento de execución: a. Cando resulten da execución dos seus respectivos orzamentos. b. Cando se trate de bens patrimoniais non afectados a un uso ou servizo público. c. Previa notificación do providencia de constrinximento e transcorridos os prazos do art. 62.5 LXT. 19. Serán responsables solidarios do pago da débeda as persoas ou entidades: a. Que sexan causantes ou colaboren activamente na realización dunha infracción tributaria, ata o importe total da débeda tributaria, excluídas as sancións. b. Que, por culpa ou neglixencia, incumpran ordes de embargo, ata o importe total da débeda tributaria. c. Que, con coñecemento do embargo, a medida cautelar ou a constitución da garantía, colaboren ou consintan no levantamento dos bens ou dereitos embargados, ou daqueles bens ou dereitos sobre os que se constituíu a medida cautelar ou a garantía, ata o importe do valor dos bens ou dereitos que se puideron embargar ou allear pola Administración tributaria. 20. A extinción da débeda tributaria producirase: a. En caso de compensación de oficio, no momento de inicio do período executivo ou cando se cumpran os requisitos esixidos para as débedas e os créditos, se este momento fose posterior. b. En caso de compensación a instancia do obrigado tributario, no momento de inicio do período executivo ou cando se cumpran os requisitos esixidos para as débedas e os créditos, se este momento fose posterior. c. En caso de compensación a instancia do obrigado tributario, no momento da presentación da solicitude ou cando se cumpran os requisitos esixidos para as débedas e os créditos, se este momento fose anterior á devandita presentación. 21. En relación coa notificación por comparecencia, en materia tributaria: a. Cando o inicio dun procedemento ou calquera dos seus trámites enténdanse notificados por non comparecer o obrigado tributario ou o seu representante, teráselle por notificado das sucesivas actuacións e dilixencias do devandito procedemento (agás no caso dos acordos de alleamento dos bens embargados), e manterase o dereito que lle asiste a comparecer en calquera momento do mesmo. b. A comparecencia deberá producirse no prazo de 15 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOE. c. A publicación no BOE efectuarase os luns, mércores e venres de cada semana.

22. En relación coa suspensión do procedemento: a. A execución do acto impugnado en reposición quedará suspendida automaticamente a instancia do interesado se garántese o importe do devandito acto e os intereses de demora que xere a suspensión. b. Se se interpón tercería de mellor dereito, proseguirá o procedemento ata a realización dos bens e o produto obtido consignarase en depósito a resultas da resolución da tercería. c. Se se interpón tercería de mellor dereito, suspenderase o procedemento de prema no que se refire aos bens e dereitos controvertidos, unha vez que se adoptaron as medidas de aseguramento que procedan. 23. As actuacións inspectoras: a. Deberán concluír no prazo de 18 meses, con carácter xeral. b. Deberán desenvolverse no lugar onde se realicen total ou parcialmente as actividades gravadas. c. Se se realizan nos locais do interesado, faranse dentro do horario oficial de apertura ao público das oficinas públicas e, en todo caso, dentro da xornada de traballo vixente. 24. A contía das sancións pecuniarias reducirase nas seguintes porcentaxes: a. Un 50% nos supostos de conformidade previstos no artigo 155 LXT. b. Un 25% se non se interpón recurso ou reclamación contra a liquidación ou a sanción e se realíza o ingreso total do importe restante da devandita sanción no prazo do art. 62.2 LXT ou no prazo ou prazos fixados no acordo de aprazamento ou fraccionamento, solicitado unha vez transcorrera o prazo do art. 62.2 LXT, que a Administración tributaria houbese concedido con garantía de aval ou certificado de seguro de caución. c. Ningunha das anteriores. 25. En relación coa sucesión de persoas físicas: a. Non se transmitirán as sancións salvo que se notificase o acordo de imposición da sanción antes do falecemento. b. Non se transmitirá a obrigación do responsable salvo que se ditase o acordo de derivación de responsabilidade antes do falecemento. c. Mentres a herdanza atópese xacente, o cumprimento das obrigacións tributarias do causante corresponderá ao representante da herdanza xacente. 26. Nos procedementos tributarios: a. Para a práctica da proba nos procedementos tributarios será necesaria a apertura dun período específico e a comunicación previa das actuacións aos interesados. b. Poderase prescindir do trámite de audiencia previo á proposta de resolución cando se subscriban actas con acordo ou cando nas normas reguladoras do procedemento estea previsto un trámite de alegacións posterior á dita proposta. c. O trámite de alegacións non poderá ter unha duración inferior a 10 días nin superior a 20. 27. Nas devolucións de ingresos indebidos: a. Abonarase o interese de demora regulado no art. 26 LXT cando o obrigado tributario o solicite. b. Abonarase o interese de demora regulado no art. 26 LXT desde a data en que se realizou o ingreso indebido ata a data en que se ordene o pago da devolución. c. As dilacións no procedemento por causa imputable ao interesado teranse en conta a efectos do cómputo do período de pagamento dos intereses de demora da devolución.

28. En relación co pago da débeda tributaria: a. Enténdese pagada en efectivo unha débeda tributaria cando se realizase o ingreso do seu importe nas caixas dos órganos competentes, oficinas recadadoras ou entidades autorizadas para a súa admisión. b. O pago en período voluntario de liquidacións notificadas entre os días 16 e último de cada mes, deberá facerse desde a data de recepción da notificación ata o día cinco do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte. c. O pago en período voluntario das débedas de notificación colectiva e periódica que non teñan establecido outro prazo nas súas normas reguladoras deberá efectuarse no período comprendido entre o día 15 de setembro e o 20 de novembro ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte. 29. No Imposto sobre Bens Inmobles, un ben urbano, cunha antigüidade superior a 100 anos, situado dentro do perímetro delimitativo dun conxunto histórico: a. Está exento b. Está non suxeito c. Ningunha das anteriores 30. Cal das seguintes afirmacións é correcta: a. No procedemento de emenda de discrepancias a resolución que se dite terá efectividade desde o día seguinte á data en que se acorde. b. No procedemento de emenda de discrepancias a resolución que se dite terá efectividade desde o día seguinte á data en que se notifique. c. No procedemento de emenda de discrepancias a resolución que se dite terá efectividade ao día seguinte a aquel en que se produciron os feitos, actos ou negocios que orixinaron a incorporación ou modificación catastral, con independencia do momento en que se notifique. 31. A efectos do IAE, non se exercen en local determinado as seguintes actividades: a. Mineiras, artísticas, profesionais. b. Extractivas, construción, comercio ambulante. c. Produción de enerxía eléctrica, distribución de crus de petróleo, importadoras. 32. Un empresario da hostalería que presta, no mesmo establecemento, o servizo de cambio de moeda con destino ao público en xeral: a. Non deberá satisfacer cota adicional algunha. b. Deberá satisfacer o 50 por 100 da cota correspondente ao servizo complementario. c. Deberá satisfacer o 100 por 100 da cota correspondente ao servizo complementario. 33. Estarán exentos do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica: a. Os autobuses, microbuses e demais vehículos destinados ou adscritos ao servizo de transporte público urbano, sempre que teñan unha capacidade que exceda de nove prazas, incluída a do condutor. b. Os autobuses, microbuses e demais vehículos destinados ou adscritos ao servizo de transporte público urbano, sempre que teñan unha capacidade que exceda de nove prazas, excluída a do condutor. c. Os autobuses, microbuses e demais vehículos destinados ou adscritos ao servizo de transporte público, sempre que teñan unha capacidade que exceda de nove prazas, excluída a do condutor.

34. IIVTNU: Nas transmisións de terreos ou na constitución ou transmisión de dereitos reais de goce limitativos do dominio a título oneroso a. terá a consideración de suxeito pasivo a título de contribuínte, a persoa física ou xurídica, ou a entidade a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que adquira o terreo ou a cuxo favor se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate, cando o contribuínte sexa unha persoa física non residente en España. b. terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte, a persoa física ou xurídica, ou a entidade a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que adquira o terreo ou a cuxo favor se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate, cando o contribuínte sexa unha persoa física non residente en España. c. terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte, a persoa física ou xurídica, ou a entidade a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que adquira o terreo ou a cuxo favor se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate, cando o contribuínte sexa unha persoa física ou xurídica non residente en España. 35. IIVTNU: Cando se declare ou recoñeza xudicial ou administrativamente por resolución firme ter lugar a nulidade, rescisión ou resolución do acto ou contrato determinante da transmisión do terreo ou da constitución ou transmisión do dereito real de goce sobre aquel, a. o suxeito pasivo terá dereito, en todo caso, á devolución do imposto satisfeito. b. non procederá a devolución do imposto satisfeito e considerarase como un acto novo suxeito a tributación. c. Ningunha das anteriores. 36. Cal das seguintes afirmacións é correcta: a. A sanción imposta por incumprir por terceira vez un requirimento reducirase nun 30 por cento por conformidade e nun 25 por cento nos termos establecidos no artigo 188.3 da Lei xeral tributaria. b. A sanción imposta por incumprir por terceira vez un requirimento reducirase nun 30 por cento por conformidade. c. A sanción imposta por incumprir por terceira vez un requirimento reducirase nun 25 por cento nos termos establecidos no artigo 188.3 da Lei xeral tributaria. 37. Cal das seguintes afirmacións é correcta: a. Os procedementos sancionadores que se incoen como consecuencia dun procedemento iniciado mediante declaración ou dun procedemento de verificación de datos, comprobación ou inspección non poderán iniciarse respecto da persoa ou entidade que fose obxecto do procedemento unha vez transcorrido o prazo de tres meses desde que se aprobou a correspondente liquidación ou resolución. b. Os procedementos sancionadores que se incoen como consecuencia dun procedemento iniciado mediante declaración ou dun procedemento de verificación de datos, comprobación ou inspección non poderán iniciarse respecto da persoa ou entidade que fose obxecto do procedemento unha vez transcorrido o prazo de tres meses desde que se notificou ou se entendese notificada a correspondente liquidación ou resolución c. Os procedementos sancionadores que se incoen como consecuencia dun procedemento iniciado mediante declaración ou dun procedemento de verificación de datos, comprobación ou inspección non poderán iniciarse respecto da persoa ou entidade que fose obxecto do procedemento unha vez transcorrido o prazo de tres meses desde que se aprobou a correspondente liquidación ou resolución, salvo os que se incoen para a imposición das sancións a que se refire o artigo 186 desta Lei xeral tributaria que deberán iniciarse no prazo de tres meses desde que se notificou a sanción pecuniaria á que se refire o devandito precepto.

38. De acordo co establecido na Ordenanza fiscal núm. 2, reguladora da Taxa por servizo de publicacións do Boletín Oficial da Provincia, a publicación dos anuncios urxentes oficiais da Administración de Xustiza a instancia de particulares: a. está suxeita b. está suxeita e exenta c. está non suxeita 39. A recarga do Imposto sobre Actividades Económicas que na actualidade ten establecida a Deputación provincial da Coruña é do: a. 25% b. 30% c. 35% 40. De conformidade co establecido na Ordenanza Fiscal Xeral da Deputación da Coruña, cal das seguintes afirmacións é correcta: a. As furgonetas, en todo caso, tributarán como turismo, de acordo coa súa potencia fiscal. b. Un vehículo mixto adaptable, habilitado para o transporte de oito persoas, incluído o condutor, tributará como autobús. c. Un furgón autorizado para transportar máis de 525 quilogramos de carga útil tributará como camión

PREGUNTAS DE RESERVA Pregunta seleccionada por sorteo por el tribunal en sustitución de la pregunta núm. 3 41. O incumprimento da obrigación de comunicar ao concello a realización do feito impoñible, á que se refire o artigo 110.6 do TRLRHL: a. está suxeito ao réxime de infraccións e sancións tributarias. b. non está suxeito ao réxime de infraccións e sancións tributarias. c. non está suxeito ao réxime de infraccións e sancións tributarias cando o notario remite ao concello respectivo, dentro da primeira quincena de cada trimestre, a relación ou índice comprensivo de todos os documentos por eles autorizados no trimestre anterior á que se refire o artigo 110.7 do TRLRHL 42. A efectos do Imposto sobre Bens Inmobles, un ben inmoble patrimonial, propiedade do municipio nel que está situado, cedido a un terceiro mediante contraprestación: a. Está suxeito e exento b. Está non suxeito c. Ningunha das anteriores 43. Sinalar a resposta correcta: a. Os perceptores de pagos a xustificar quedarán obrigados a xustificar a aplicación das cantidades percibidas ao longo do exercicio orzamentario. b. Os perceptores de pagos a xustificar poden volver percibilos, polos mesmos conceptos, aínda cando teñan aínda no seu poder fondos pendentes de xustificación. c. Para as atencións de carácter periódico ou repetitivo, os fondos librados a xustificar poderán ter o carácter de anticipos de caixa fixa. 44. Contra a providencia de constrinximento serán admisibles os seguintes motivos de oposición: a. Erro ou omisión no contido do providencia de constrinximento que impida a identificación do debedor ou da débeda constritiva. b. Incumprimento das normas reguladoras do embargo. c. Todas as anteriores. 45. Segundo o art. 37 do Estatuto de Autonomía de Galicia, as competencias de execución na Comunidade Autonóma levan implícitas : a. A administración das devanditas competencias pola propia Administración galega b. A potestade regulamentaria, a administración e a inspección c. A administración e a alta inspección