BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE XUSTIZA

Documentos relacionados
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

ORDENANZA Nº 7- REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO

Ordenanzas fiscais Páxina 1

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

O CONTRATO DE TRABALLO

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDENANZA Nº 40: ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS.

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

9448 ORDE PRE/1114/2003, do 30 de abril, pola

PREZO PUBLICO POLAS ACTIVIDADES SOCIOEDUCATIVAS DO CENTRO OCUPACIONAL

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2016 (2º semestre e total 2016) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25801

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Premio Literario - Nortear Joves Escritores / Mocidade Escritora Norte de Portugal - Galicia

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONCELLO DE CHANTADA

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO BANCO DE ESPAÑA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

REDE EUSUMO. información e comunicación

V I C E P R E S I D E N C I A

A, B (Deberá completarse con todas as facturas correspondentes aos investimentos realizados no 2011), C, G, H, I

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

Servizo de orzamentos, cstudos e asistencia económica

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

Febreiro Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do. Maio Agosto Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do 1. Novembro Lu Ma 1 7 8

ÍNDICE. 3.1 Redución das cantidades almacenadas 3.2 Separación dos produtos químicos en función da súa incompatibilidade

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

secretaría de emprego sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

Normas reguladoras do Rexistro de mediadores do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

DOG Núm. 193 Venres, 7 de outubro de 2011 Páx DECRETO 189/2011, do 22 de setembro, de homologación sanitaria dos tratamentos

DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

ORDENANZA REGULADORA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO XANTAR SOBRE RODAS E ESTABLECEMENTO DO CORRESPONDENTE PREZO PÚBLICO P2

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

DOCUMENTACIÓN DUNHA EXPLOTACIÓN GANDEIRA MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE

En, de de. Firma O/a Secretario/a VºBº

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Requisitos para subir documentos ao

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx

(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO: de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

VÁLIDO SÓ PARA EFECTOS INFORMATIVOS

DOG Núm. 168 Mércores, 4 de setembro de 2013 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO BANCO DE ESPAÑA

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

INFORMACIÓN SOBRE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA PODER CELEBRAR FESTAS OU VERBENAS POPULARES

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

Apelidos:... Nome:... DNI:... Enderezo:... Localidade:...Concello:...Teléfono/s...

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

A continuación expóñense de forma resumida as novidades máis significativas:

Praza de Europa, 5 A 4º Polígono de Fontiñas SANTIAGO DE COMPOSTELA

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

Transcrição:

Suplemento en lingua galega ao núm. 277 Xoves 17 de novembro de 2011 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE XUSTIZA 17962 Real decreto 1612/2011, do 14 de novembro, polo que se modifican os reais decretos 1426/1989, do 17 de novembro, e 1427/1989, do 17 de novembro, polos que se aproban os aranceis dos notarios e os rexistradores, así como o Decreto 757/1973, do 29 de marzo, polo que se aproba o arancel dos rexistradores mercantís. Diversas leis nos últimos anos modificaron os aranceis notariais e rexistrais sen que isto tivese un reflexo na normativa arancelaria. A regulación dos aranceis de notarios e rexistradores contense nos reais decretos 1426/1989 e 1427/1989, do 17 de novembro, e no Decreto 757/1973, respectivamente. Ademais, en materia hipotecaria, a Lei 2/1994, do 30 de marzo, sobre subrogación e modificación dos préstamos hipotecarios, incorpora unha previsión no seu artigo 8 sobre os aranceis notariais e rexistrais en caso de subrogación, novación modificativa ou cancelación de créditos ou préstamos hipotecarios. A Lei 41/2007, do 7 de decembro, pola que se modifica a Lei 2/1981, do 25 de marzo, de regulación do mercado hipotecario e outras normas do sistema hipotecario e financeiro, de regulación das hipotecas inversas e do seguro de dependencia e pola que se establece determinada norma tributaria, deu nova redacción ao mencionado precepto limitando os aranceis notariais e rexistrais aplicables a estas operacións. Segundo a nova redacción desa norma, ademais de ás operacións de subrogación e novación modificativa, os honorarios notariais das escrituras de cancelación de créditos ou préstamos hipotecarios calcúlanse aplicando os aranceis correspondentes aos documentos sen contía previstos no Real decreto 1426/1989, do 17 de novembro. Os honorarios rexistrais para a inscrición destas escrituras calcúlanse aplicando os aranceis correspondentes «ao número 2 inscricións do anexo 1 do Real decreto 1427/1989, tomando como base a cifra do capital pendente de amortizar, cunha redución do 90 %». Este real decreto vén coordinar, nos reais decretos que especificamente regulan os aranceis aplicables por notarios e rexistradores, as diversas modificacións operadas por lei ou normas con rango de lei nos últimos anos e cuxa aplicación deu lugar a diversas dúbidas interpretativas. Neste sentido, en primeiro termo incorpóranse á normativa sobre aranceis notariais e rexistrais as previsións contidas no artigo 8 da Lei 2/1994, segundo a redacción dada pola Lei 41/2007. O obxectivo de tal incorporación é dotar de claridade o sistema arancelario naquelas operacións que poden ter unha especial incidencia no mercado hipotecario e no financiamento de empresas e particulares, evitando a disparidade de interpretacións que en ocasións se teñen producido. Así mesmo, recóllense os aranceis que para a constitución de sociedades de responsabilidade limitada se estableceron no Real decreto lei 13/2010, do 3 de decembro, de actuacións no ámbito fiscal, laboral e liberalizadoras para fomentar o investimento e a creación de emprego, que no caso dos rexistradores mercantís se leva ao Decreto 757/1973, do 29 de marzo, que aproba o seu arancel. Por outro lado, preténdese aclarar as dúbidas que suscitou a aplicación da rebaixa do 5 por 100 nos aranceis notariais e rexistrais prevista polo Real decreto lei 8/2010, do 20 de maio, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público, na súa disposición adicional oitava, que obedece á condición de funcionarios públicos dos notarios e dos rexistradores da propiedade e mercantís, e cuxa adopción respondeu á excepcionalidade da situación económica que debería comportar a súa limitación no tempo, pero á cal nestes momentos se debe dar uniformidade no que respecta á súa aplicación. En concreto, declárase que esa rebaixa arancelaria se aplicará con carácter adicional aos demais descontos, reducións, bonificacións ou

Suplemento en lingua galega ao núm. 277 Xoves 17 de novembro de 2011 Sec. I. Páx. 2 rebaixas que se prevexan en relación cos aranceis notariais e rexistrais que se calculen sobre a base que se indica nesta norma. Na súa virtude, por proposta do ministro de Xustiza, de acordo co Consello de Estado, e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 11 de novembro de 2011, DISPOÑO: Artigo primeiro. Modificación do Real decreto 1426/1989, do 17 de novembro, polo que se aproba o arancel dos notarios. Un. Dáse nova redacción ás letras f), g) e h) do punto 1 do número 1 do anexo I: «f) Escrituras de subrogación e novación modificativa de créditos ou préstamos hipotecarios: 30,050605 euros. Polas escrituras de cancelación de crédito ou préstamo hipotecario, e con independencia do capital pendente de amortizar e de que a operación se integre nun proceso de subrogación ou novación hipotecaria, percibiranse 30,050605 euros, sen que se devengue cantidade ningunha a partir do quinto folio de matriz e de copia, sexa copia autorizada ou copia simple. g) Escrituras de constitución de sociedades de responsabilidade limitada por vía telemática que non teñan entre os seus socios persoas xurídicas nin un capital social superior a 30.000 euros e cuxo órgano de administración delimitado nos estatutos sociais se estruture como un administrador único, varios administradores solidarios, calquera que sexa o seu número, ou dous administradores mancomunados, por todos os conceptos: 150 euros. Esta cantidade será de 60 euros, por todos os conceptos, cando, ademais dos requisitos anteriores, o capital social das sociedades de responsabilidade limitada non sexa superior a 3.100 euros e os seus estatutos se adapten a algúns dos aprobados polo Ministerio de Xustiza. h) Demais documentos (estado civil, emancipación, recoñecemento de filiación, etc.): 30,050605 euros.» Dous. Engádese un novo parágrafo final ao punto 1 do número 2 do anexo I, coa seguinte redacción: «En todos os supostos deste número aplicarase unha rebaixa do 5 por 100 do importe do arancel que perciba o notario. Esta rebaixa tamén se levará a cabo, en todo caso, nos supostos previstos nos puntos seguintes deste número que resulten da aplicación desta escala e, con carácter adicional, aos demais descontos e rebaixas previstos na normativa vixente.» Tres. O número 2 da regra novena do anexo II pasa a ter a seguinte redacción: «Novena. 2. Os dereitos que os notarios devenguen conforme estes aranceis consignaranse na oportuna minuta, na cal se expresarán os suplidos, conceptos, bases e números do arancel aplicados que deberá asinar o notario, de acordo coas obrigas de información que se establecen no número 2 da disposición adicional oitava do Real decreto lei 8/2010, do 20 de maio, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público. A minuta deberá conter expresa mención do recurso que contra ela cabe e o prazo para a súa impugnación. O modelo de minuta será uniforme para todas as notarías e será aprobado por resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado.

Suplemento en lingua galega ao núm. 277 Xoves 17 de novembro de 2011 Sec. I. Páx. 3 sinalados dereitos no arancel non devengarán ningún dereito de cobramento.» Artigo segundo. Modificación do Real decreto 1427/1989, do 17 de novembro, polo que se aproba o arancel dos rexistradores da propiedade. Un. O punto 1 do número 2 do anexo I pasa a ter a seguinte redacción: «1. Pola inscrición, anotación ou cancelación de cada predio ou dereito percibiranse as cantidades que fixan as seguintes escalas: a) Se o valor do predio ou dereito non excede os 6.010,12 euros, 24,040484 euros. b) Polo exceso comprendido entre 6.010,13 e 30.050,61 euros, 1,75 por 1.000. c) Polo exceso comprendido entre 30.050,62 e 60.101,21 euros, 1,25 por 1.000. d) Polo exceso comprendido entre 60.101,22 e 150.253,03 euros, 0,75 por 1.000. e) Polo exceso comprendido entre 150.253,04 e 601.012,10 euros, 0,30 por 1.000. f) Polo valor que exceda os 601.012,10 euros, 0,20 por 1.000. g) O arancel aplicable á inscrición de escrituras de subrogación, novación modificativa e cancelación de créditos ou préstamos hipotecarios será o previsto neste número, tomando como base o capital pendente de amortizar reducido nun 90 por 100 e con independencia de que a operación se integre ou non nun proceso de subrogación ou novación hipotecaria. En todo caso, o arancel global aplicable regulado no número 2 do arancel non poderá superar os 2.181,673939 euros nin ser inferior a 24,040484 euros. En todos os supostos deste número aplicarase unha rebaixa do 5 por 100 do importe do arancel que perciba o rexistrador da propiedade. Esta rebaixa tamén se levará a cabo, en todo caso, nos supostos previstos nos números seguintes deste número e, con carácter adicional, aos demais descontos e rebaixas previstos na normativa vixente e sen que resulte de aplicación a ela o disposto no punto 6 deste número.» Dous. Dáse nova redacción ao punto 2 da norma quinta e á norma novena do anexo II: «Quinta. 2. Os dereitos devengados polos rexistradores conforme estes aranceis consignaranse na oportuna minuta, na cal se deberán expresar os suplidos, conceptos, bases e números do arancel. A minuta, que irá asinada polo rexistrador, incluirá as obrigas de información que se establecen no punto 2 da disposición adicional oitava do Real decreto lei 8/2010, do 20 de maio, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público, e deberá conter mención expresa ao recurso que cabe contra ela e o prazo para a súa impugnación.» «Novena. sinalados dereitos no arancel non xerarán ningún dereito de cobramento.» Artigo terceiro. Modificación do Decreto 757/1973, do 29 de marzo, polo que se aproba o adxunto arancel dos rexistradores mercantís. Un. O número 5 do arancel dos rexistradores mercantís pasa a ter a seguinte redacción:

Suplemento en lingua galega ao núm. 277 Xoves 17 de novembro de 2011 Sec. I. Páx. 4 «Pola inscrición ou anotación da constitución, absorción, fusión ou transformación de cada sociedade, así como pola emisión de obrigas ou outros títulos, percibiranse os dereitos que se consignan nas seguintes escalas: Escala primeira. Se a contía do dereito obxecto da inscrición ou anotación non excede os 3.005,06 euros: 6,010121 euros. Escala segunda. Polo que exceda os 3.005,06 euros ata 30.050,61 euros: 0,10 %. Escala terceira. Polo que exceda os 30.050,61 euros ata 90.151,82 euros: 0,08 %. Escala cuarta. Polo que exceda os 90.151,82 euros ata 240.404,84 euros: 0,06 %. Escala quinta. Polo que exceda os 240.404,84 euros ata 601.012,10 euros: 0,038 %. Escala sexta. Polo que exceda os 601.012,10 euros ata 1.202.024,21 euros: 0,02 %. Escala sétima. Polo que exceda os 1.202.024,21 euros ata 6.010.121,04 euros: 0,009 %. Escala oitava. Polo que exceda os 6.010.121,04 euros, o 0,005 %. En todo caso, o arancel global aplicable regulado neste número non poderá superar os 2.181,673939 euros. Gozarán da bonificación do 50 por 100 dos dereitos que resulten por aplicación das escalas deste número as administracións públicas ou os seus organismos nas inscricións ou anotacións das entidades en que eles participen e en relación co capital que en cada unha delas lles pertenza. Nos anteriores supostos previstos neste número aplicarase unha rebaixa do 5 por 100 do importe do arancel que vaia percibir o rexistrador mercantil. Esta rebaixa tamén se levará a cabo, en todo caso, nos supostos previstos nos números seguintes, nos cales o arancel resulte da aplicación da escala prevista neste número 5 e, con carácter adicional, aos demais descontos e rebaixas previstos na normativa vixente. Pola inscrición da constitución de sociedades de responsabilidade limitada por vía telemática que non teñan entre os seus socios persoas xurídicas nin un capital social superior a 30.000 euros e cuxo órgano de administración delimitado nos estatutos sociais se estruture como un administrador único, varios administradores solidarios, calquera que sexa o seu número, ou dous administradores mancomunados, percibirase, por todos os conceptos, a cantidade fixa de 100 euros. Esta cantidade será, por todos os conceptos, de 40 euros cando, ademais dos requisitos anteriores, o capital social das sociedades de responsabilidade limitada non sexa superior a 3.100 euros e os seus estatutos se adapten a algúns dos aprobados polo Ministerio de Xustiza.» Dous. Engádese unha disposición adicional quinta nova, coa seguinte redacción: «Quinta. O importe dos dereitos devengados, a base tida en conta para o seu cálculo e os números do arancel aplicados faranse constar ao pé do título rexistrado, ao final da certificación ou nota informativa, de ser o caso, e tras a nota de despacho que se practicase no libro diario. Os dereitos devengados polos rexistradores conforme estes aranceis consignaranse na oportuna minuta, na cal se deberán expresar os suplidos, conceptos, bases e números do arancel. A minuta, que irá asinada polo rexistrador, incluirá as obrigas de información que se establecen no punto 2 da disposición adicional oitava do Real decreto lei 8/2010, do 20 de maio, polo que se adoptan

Suplemento en lingua galega ao núm. 277 Xoves 17 de novembro de 2011 Sec. I. Páx. 5 medidas extraordinarias para a redución do déficit público e deberá conter mención expresa ao recurso que cabe contra ela e o prazo para a súa impugnación. Os rexistradores entregarán o orixinal da minuta ao interesado e conservarán unha copia. O modelo de minuta será uniforme para todos os rexistros e será aprobado por resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado. sinalados dereitos no arancel non xerarán ningún dereito de cobramento.» Disposición derradeira primeira. Título competencial. Este real decreto ten a súa base na competencia estatal da ordenación dos rexistros e instrumentos públicos do artigo 149.1.8.ª da Constitución española. Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor. Este real decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado». Dado en Madrid o 14 de novembro de 2011. JUAN CARLOS R. O ministro de Xustiza, FRANCISCO CAAMAÑO DOMÍNGUEZ http://www.boe.es BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO D. L.: M-1/1958 - ISSN: 0212-033X