Estudo de inserción laboral dos titulados de FP que remataron estudos no curso

Documentos relacionados
Puntazo de Encontro speed-dating cultural

Convocatoria ordinaria de 2014

Probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

PLAN DE ESTUDOS DO 1 Ђы CURSO DO BACHAREL ATO LO E CURSO ACAD ЊБMICO

O Software Libre naspequenase Medianas Empresas de Galicia

ANÁLISE DAS CAUSAS DOS ACCIDENTES LABORAIS GRAVES E MORTAIS 2011

O Software Libre nas empresas informáticas de Galicia. Edición 2013

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Potencias e radicais

SEA. Seguridade e medio ambiente

DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

CIRCULAR (modificada a 20/04/2016)

SISTEMA DIÉDRICO I Intersección de planos e de recta con plano TEMA 8 INTERSECCIÓNS. Obxectivos e orientacións metodolóxicas. 1.

da Linguaxe e Estudos Literarios Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre 6 OP 3 2c

Anuário Estatístico Anuario Estatístico. Galicia Norte de Portugal

INFORME ANUAL DA CALIDADE DO AIRE DE GALICIA

Guía UDC twitter.com/udc_gal facebook.com/udc.gal

A circunferencia e o círculo

MÓDULO 2: O ICTUS MANUAL DANO CEREBRAL ADQUIRIDO E ICTUS

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

O Software Libre nas empresas de Galicia. Edición 2015

Madeira, moble e cortiza MAM

Tema 13.- A poboación mundial.

NORMATIVA DE XESTIÓN ACADÉMICA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA PARA O CURSO ACADÉMICO 2014/2015

BASES DO SERVIZO CAMPAMENTOS DE VERÁN 2016

ORDENANZA REGULADORA DA INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICIOS DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO


FINALIDADE CAMPAMENTOS E ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE A QUEN VAI DIRIXIDO? PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

DOG Núm. 129 Mércores, 6 de xullo de 2011 Páx

De recompensas e cazatesouros

internacional MBA hispano-luso

REFERENCIA DO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA QUE TIVO LUGAR EN SAN CAETANO O 4 DE SETEMBRO DE 2014, BAIXO A PRESIDENCIA DO SR. D. ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

I Enquisa a blogueiros/as Galegos/as

Decreto 105/2011 Técnico superior en desenvolvemento de aplicacións

Proba de acceso á Universidade (Selectividade)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

IMPOSTO SOBRE SUCESIÓNS E DOAZÓNS AUTOLIQUIDACIÓN

GUÍA PRÁCTICA DE AFORRO DE ENERXÍA

DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx

Estudo sobre a situación actual do Software Libre nas entidades de Galiza: PEME, Empresas informáticas, Concellos e Centros de ensino

DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx

Atención ao alumnado con diabete

Xuventude Galiza Net 2007

PLAN ANUAL DE FORMACIÓN DO PROFESORADO

SOCIEDADE DA INFORMACIÓN EN ESPACIOS PERIFÉRICOS. NOVAS FORMAS DE EXCLUSIÓN SOCIAL

ARTE RENACENTISTA. ORIXE: italiana (Florencia e Roma) TEMPORALIZACIÓN: S.XV (Italia) e S.XVI CARACTERÍSTICAS XERAIS:

N o 181 L Martes, 19 de setembro de 2006 DIARIO OFICIAL DE GALICIA CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

Introdución 5. Contextualización 7 O uso de Internet polas redes sociais 11 Blogs 13. Os fotologs 21. MySpace e derivados 25

DESTAQUES: UVigo, primeira universidade europea en enviar ao espazo un CubeSat 1U construído cos estándares da Axencia Espacial Europea

Os investigadores do futuro apostan pola Ciencia 2.0 Campamento científico do Campus do Mar da Universidade de Vigo.

Edita: Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar. Lugar: Santiago de Compostela. Ano:

ORDENANZA REGULADORA DA INSPECCIÓN TÉCNICA DAS EDIFICACIÓNS (ITE)

10 Outros recursos de interese para as familias

MANUAL DO CAZADOR EN GALICIA. Guía de contidos para a realización das probas de aptitude para obter por primeira vez a licenza de caza en Galicia

2ª COPA SEGURO X DÍAS 2016

BREVE CARACTERIZAÇÃO DO TECIDO EMPRESARIAL DA BEIRA INTERIOR

CONSELLERIA DE TRABALLO

DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2016 Páx

1 3Cartilla de sa de infantil.

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

NORMATIVA DE XESTIÓN ACADÉMICA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA PARA O CURSO ACADÉMICO 2013/2014

ANEXO II. Currículo do ciclo formativo de formación profesional básica do título profesional básico en Electricidade e Electrónica

Freixinho & Raizman a d v o g a d o s

Guía informativa CURSOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO. Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas

Informe climatolóxico ano 2015 INFORME CLIMATOLÓXICO ANO 2015

FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA. A Literatura Infantil e Xuvenil galega. Blanca-Ana Roig Rechou

Curso Intensivo Portugués A1-A2. Nivel Oficial Consejo Europeo. Idiomas

ORDENANZA REGULADORA DAS TERRAZAS E QUIOSCOS DE HOSTALERÍA

DESTAQUE ELEMENTOS DE CARACTERIZAÇÃO ELEMENTOS AUXILIARES PONTOS FORTES PONTOS FRACOS

PROBA DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL AVANZADO. Portugués. Comprensión oral TOTAL 25 PUNTOS

Guía del Curso Curso Intensivo Portugués A1-A2. Nivel Oficial Consejo Europeo

Consideras a possibilidade de trabalhar no estrangeiro?

Tradución e Interpretación Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre. 6 OB 3 1c Galego

1. INTRODUCIÓN SITUACIÓN ANO

ANTEPROXECTO DE LEI DE PROTECCIÓN E BENESTAR DOS ANIMAIS DE COMPAÑÍA EN GALICIA

Electricidade e electrónica ELE

PREVENCIÓN DOS RISCOS LIGADOS AOS POSTOS DE TRABALLO EN PEIXARÍAS

Índice GUIAS DE ACTIVIDAD EMPRESARIAL SERVIZOS AUXILIARES AO SECTOR PESQUEIRO

NORMAS PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZAS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS 0-3 (EIM) PARA O CURSO

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 632 VII lexislatura 23 de outubro de 2008

Características do Emprego Formal RAIS 2014 Principais Resultados: SANTA CATARINA

Licenciatura em Gestão de Recursos Humanos (LRH)

GUÍA DE POESÍA De 3 a 8 anos

UTILIZAÇÃO DAS TECNOLOGIAS DE INFORMAÇÃO E COMUNICAÇÃO PELAS FAMÍLIAS 2001

Projetos compartilhados

Informe sobre a Xuventude no Espacio Atlántico. Relatório sobre a Juventude no Espaço Atlântico

Transcrição:

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Estudo de inserción laboral dos titulados de FP que remataron estudos no curso 2003-2004 Estudo comparado con curso 2001-2002 e 2002-2003 Páxina 1 de 31

Índice 1. Introdución...4 2. Obxectivos...5 3. Metodoloxía...6 4. Principais resultados...7 4.1 Situación laboral actual...7 Resultados globais...7 Resultado por xénero...7 Resultado por grao formativo...8 Resultados por familias profesionais...9 4.2 Primeiro emprego...11 Resultados globais...11 Resultado por xénero...11 Resultado por grao formativo...11 Resultados por familias profesionais...12 4.3 Tempo en atopar un posto de traballo...13 Resultados globais...13 Resultado por xénero...14 Resultado por grao formativo...15 Resultados por familias profesionais...15 4.4 Relación do posto de traballo co perfil profesional...16 Resultados globais...16 Resultado por grao formativo...17 Resultados por familias profesionais...17 4.5 Vías prioritarias para acadar o primeiro emprego...18 Resultados globais...18 Resultado por xénero...19 Resultado por grao formativo...20 Resultados por familias profesionais...20 4.6 Colocación por sectores...21 Resultados globais...21 Resultado por xénero...22 Resultados por graos...22 Resultados por familias profesionais...22 Sector privado...23 Sector público...24 4.7 Localización do posto de traballo...24 Resultados globais...25 Resultados por familias profesionais...25 4.8 Alumnado que continúa estudos...25 Resultados globais...25 Resultados por xénero...26 Resultado por ciclos formativos...27 Resultados por familias profesionais...27 4.9 Análise por provincias...28 Resultados globais...28 Perfil profesional...28 Páxina 2 de 31

Vías de emprego...29 Tipo de sector...29 Tempo en conseguir emprego...29 Localización do posto de traballo...30 Continuación de estudos...30 5. Conclusións...31 Páxina 3 de 31

1. Introdución A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, consciente da importancia que ten para a xuventude galega unha axeitada formación e orientación profesional, considera que o coñecemento dos datos relativos á inserción laboral das persoas tituladas de formación profesional debe ser un referente para esas persoas na toma de decisións profesionais, así como para a Administración educativa, na planificación da oferta de formación profesional. Co obxecto de realizar o seguimento da inserción laboral dos titulados e das tituladas de formación profesional, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria realizou nos últimos anos varios estudos sobre a situación destas persoas. O último destes estudos levouse a cabo no derradeiro trimestre do ano 2006 e correspóndese coas persoas tituladas que finalizaron ensinanzas de formación profesional no curso escolar 2003-2004. Neste documento recóllense os datos máis salientables deste estudo, relacionados co emprego que obteñen estas persoas despois de finalizaren as devanditas ensinanzas. Páxina 4 de 31

2. Obxectivos Os obxectivos deste estudo son fundamentalmente os seguintes: Coñecer as taxas de inserción laboral dos titulados e as tituladas de formación profesional en cada familia profesional. Obter información sobre a relación do posto de traballo co perfil profesional que se deriva de cada titulación. Analizar a vía ou as vías prioritarias a través das que as persoas tituladas conseguen o primeiro emprego. Analizar as taxas de colocación por sectores (sector público, empresa privada e autoemprego). Coñecer o tempo que tarda o alumnado en atopar traballo unha vez finalizadas as ensinanzas de formación profesional. Analizar a localización do posto de traballo (en Galicia, no resto de España e no estranxeiro). Coñecer a porcentaxe de persoas tituladas que están noutras situacións (continuando estudos de formación profesional ou ensinanzas universitarias, buscando emprego, preparando oposicións, realizando cursos ou sen actividade). Cómpre indicar que cando se fala de emprego se está a contabilizar soamente aquel que non sexa descontinuo nin ocasional, senón que se desenvolva durante polo menos un mes, e que a persoa titulada diga que ten intención de continuidade. Páxina 5 de 31

3. Metodoloxía Ámbito da investigación: o estudo circunscríbese ás persoas tituladas nos centros de formación profesional de Galicia. Universo: a poboación obxecto de estudo é o conxunto de titulados e tituladas de formación profesional específica de centros sostidos con fondos públicos e de centros privados de Galicia, con distribución por familias profesionais. En concreto, no curso 2003-2004 finalizaron estas ensinanzas 12.320 persoas. Deseño mostral: as unidades de mostraxe ou estatísticas que forman parte do proceso de selección da mostra son os alumnos e as alumnas de formación profesional que remataron ciclos formativos no curso 2003-2004 en Galicia. A mostraxe está estratificada por familias profesionais. O número de alumnos e alumnas do deseño mostral está en relación coa cantidade total destas persoas que finalizaron formación profesional en cada unha das 22 familias profesionais. O tamaño da mostra foi de 3.707 persoas tituladas, e presenta un erro de mostraxe inferior ao 1,37 % para os totais poboacionais. Unidades informantes: as unidades informantes son as propias persoas tituladas de formación profesional. Variables: as variables analizadas están referidas, principalmente, aos seguintes ámbitos: Datos das ensinanzas de formación profesional cursadas. Datos da actividade laboral das persoas tituladas de formación profesional. Datos sobre a relación do posto de traballo co perfil profesional que se deriva de cada titulación. Datos sobre o tempo que tardan os titulados e as tituladas en atopar o primeiro emprego, categorizado por intervalos (de 0 a 6 meses; de 6 a 12 meses; máis de 12 meses). Datos sobre a localización do posto de traballo (En Galicia, no resto de España, no estranxeiro). Datos sobre as persoas tituladas que están noutra situación: continuando estudos (de formación profesional, universitarios,...), buscando emprego, etc. Técnica de investigación: a recollida de información fíxose mediante entrevistas telefónicas, durante os meses de outubro e novembro do ano 2006. A Axencia Nacional de Protección de Datos emitiu o día 2 de xuño de 2006 un informe positivo sobre o cuestionario utilizado na recollida de datos. Páxina 6 de 31

4. Principais resultados 4.1 Situación laboral actual Neste apartado analízase a situación laboral actual, no momento de realizar a enquisa das persoas tituladas que remataron estudos de formación profesional no curso 2003-2004 As situacións consideradas corresponden a se o alumnado está a traballar, na procura de emprego, a estudar, a preparar oposicións ou noutras situacións. Considérase o termo traballo como o desempeño dun labor produtivo e remunerado. Inclúense como traballadores e traballadoras as persoas que, aínda que poidan estar a completar a súa formación, desempeñan un labor produtivo remunerado. Considérase que as persoas tituladas están na busca emprego ou que estudan se se dedican exclusivamente a estas actividades. Resultados globais No momento de realizar a enquisa, a situación laboral das persoas tituladas, que remataron estudos de formación profesional no curso 2003-2004 en Galicia é a seguinte: Situación laboral actual Porcentaxe Traballando 64,7 % Buscando emprego 16,6 % Estudando 16,9 % Preparando oposicións 0,4 % Outros: non traballa nin busca emprego 1,4 % Táboa 1. Resultados globais da situación actual Comparando estes datos co alumnado do curso anterior, obsérvase o aumento da ocupación das persoas tituladas de formación profesional: Situación laboral actual Curso 2002-2003 Traballando 64,7 % 59,7 % Buscando emprego 16,6 % 17,6 % Estudando 16,9 % 21,1 % Outros: non traballa nin busca emprego 1,8 % 1,6 % Táboa 2. Comparativa da situación laboral actual coa do ano anterior Resultado por xénero O estudo actual confirma a realidade social da menor inserción laboral das persoas de xénero feminino (58 %) fronte ás de xénero masculino (68,8 %). Aínda que a porcentaxe de mulleres que están a estudar é similar á dos homes, a diferenza entre xéneros establécese na busca de emprego, con 9,2 puntos por debaixo no caso do xénero feminino. Páxina 7 de 31

Situación laboral actual Homes Mulleres Traballando 68,8 % 58,0 % Buscando emprego 12,6 % 21,8 % Estudando 16,7 % 18,2 % Outros 1,9 % 2,0 % Táboa 3. Xénero: situación laboral actual Comparando a situación actual coa do ano anterior, obsérvase que a tendencia social non se modificou. Situación laboral actual Curso 2002-2003 Homes Mulleres Homes Mulleres Traballando 68,8 % 58,0 % 64,9 % 54,8 % Buscando emprego 12,6 % 21,8 % 13,0 % 21,9 % Estudando 16,7 % 18,2 % 20,7 % 21,2 % Outros 1,9 % 2,0 % 1,4 % 2,1 % Táboa 4. Xénero: comparativa da situación laboral actual coa do ano anterior Resultado por grao formativo Con respecto aos ciclos formativos de grao superior e de grao medio, a taxa de persoas tituladas de ciclo medio que están a traballar é superior á das de ciclo superior en 7,5 puntos (o 68,5 % das de ciclo medio, fronte ao 61 % das de superior). Esta diferenza débese en grande medida á diversidade de persoas tituladas de grao superior e á maior tendencia que este alumnado ten á hora de continuar estudos, dado que o 21 % das persoas tituladas nun ciclo superior tende a continuar estudando, fronte ao 12 % das tituladas nun ciclo medio. Situación laboral actual Grao medio Grao superior Traballando 68,5 % 61,0 % Buscando emprego 16,6 % 16,7 % Estudando 12,1 % 21,0 % Outros 2,8 % 1,3 % Táboa 5. Grao formativo: situación laboral actual Comparando a situación actual coa do ano anterior obsérvase a que tendencia non variou. Páxina 8 de 31

Situación laboral actual Curso 2002-2003 Grao medio Grao superior Grao medio Grao superior Traballando 68,5 % 61,0 % 62,9 % 57,3 % Buscando emprego 16,6 % 16,7 % 18,6 % 16,9 % Estudando 12,1 % 21,0 % 16,0 % 24,7 % Outros 2,8 % 1,3 % 2,5 % 1,1 % Táboa 6. Grao formativo: situación laboral actual e comparativa co ano anterior Resultados por familias profesionais Ao analizarmos os resultados por familias profesionais obsérvase que as familias con persoas tituladas que estean a traballar na súa maior parte son as que menor índice de estudantes teñen, e viceversa: as familias profesionais con persoas tituladas que teñan un menor índice de emprego destacan por teren un alto índice de alumnado que continúa estudos (máis do 20 %). Na seguinte táboa especifícanse as familias profesionais con maior e menor índice de persoas tituladas que están a traballar, e aquelas nas que sucede o contrario. Maior taxa de emprego Menor taxa de emprego Fabricación mecánica: 81,3 % Mantemento de vehículos autopropulsados: 80 % Mantemento e servizos á produción: 78,8 % Madeira e moble: 78,1 % Artes gráficas: 75,3 % Comunicación, imaxe e son: 50,9 % Sanidade: 53,7 % Informática: 54,5 % Actividades físicas e deportivas: 54,5 % Servizos socioculturais e á comunidade: 54,6 % Táboa 7. Familias profesionais: taxa de persoas tituladas que están empregadas na actualidade Na seguinte gráfica exponse a situación laboral actual de todas as familias profesionais, agás a de vidro e cerámica, polo baixo número de persoas tituladas neste curso. Páxina 9 de 31

Traballando Buscando emprego Estudando Preparando oposicións Outros Comunicación, imaxe e son 50,9% 15,1% 33,0% Sanidade 53,7% 23,6% 20,8% Informática 54,5% 18,9% 25,5% Actividades físicas e deportivas 54,5% 12,4% 30,6% Servizos socioculturais e á comunidade 54,6% 20,3% 24,2% Química 57,0% 24,2% 16,4% 2,3% Industrias alimentarias 57,1% 19,0% 19,0% 4,8% Actividades agrarias 58,7% 16,5% 20,2% Administración 58,8% 22,0% 15,9% 3,4% Hostalaría e turismo 60,8% 20,4% 16,4% Comercio e márketing 61,8% 18,4% 17,6% Actividades marítimo-pesqueiras 63,8% 24,1% 6,9% 3,4% Téxtil, confección e pel 65,4% 26,9% 7,7% Electricidade e electrónica 70,3% 11,1% 17,0% Imaxe persoal 72,8% 15,5% 9,4% 2,3% Edificación e obra civil 74,2% 7,9% 17,2% Artes gráficas 75,3% 15,6% 7,8% Madeira e moble 78,1% 14,6% 5,2% Mantemento e servizos á produción 78,8% 9,5% 10,2% Mantemento de vehículos autopropulsados 80,0% 9,6% 9,6% Fabricación mecánica 81,3% 8,4% 8,9% 0% 10% 20% 30% 40% 50% 60% 70% 80% 90% 100% Táboa 8. Familias profesionais: situación laboral actual Analizando a situación de traballo das familias con respecto aos outros anos: Curso 2002-2003 Curso 2001-2002 90,0% 80,0% 70,0% 60,0% 50,0% 40,0% Actividades agrarias Actividades físicas e deportivas Actividades marítimo-pesqueiras Administración Artes gráficas Comercio e márketing Comunicación, imaxe e son Edificación e obra civil Electricidade e electrónica Fabricación mecánica Hostalaría e turismo Imaxe persoal Industrias alimentarias Informática Madeira e moble Mantemento de vehículos autopropulsados Mantemento e servizos á produción Química Sanidade Servizos socioculturais e á comunidade Téxtil, confección e pel Táboa 9. Familias profesionais: comparativa de ocupación laboral actual coa dos anos anteriores Páxina 10 de 31

4.2 Primeiro emprego Neste apartado analízase a situación laboral tras finalizar o ciclo formativo das persoas tituladas que remataron estudos de formación profesional no curso 2003-2004. As situacións consideradas corresponden a se as persoas tituladas conseguiron ou non emprego, ou se xa o tiñan ao finalizar o ciclo formativo. Neste caso considérase o termo emprego de xeito máis restritivo cao do apartado Situación laboral actual, pois se considera emprego como o non descontinuo nin ocasional e con intencionalidade de que sexa estable. Resultados globais Os resultados das persoas tituladas que remataron estudos de formación profesional no curso 2003-2004 en Galicia e atoparon emprego despois de finalizar o ciclo formativo sonos seguintes: Atopou emprego ao finalizar o ciclo formativo Si 57,7 % Non 40,3 % Xa tiña 2 % Táboa 10. Resultados globais: taxa de emprego ao finalizar o ciclo formativo Resultado por xénero No caso da inserción por xénero tense que o feminino está 6,7 puntos por debaixo do masculino, continuando coa tendencia social marcada no mesmo apartado da situación laboral actual. Atopou emprego ao finalizar o ciclo formativo Homes Mulleres Si 59,8 % 53,1 % Non 38,4 % 44,5 % Xa tiña 1,8 % 2,3 % Táboa 11. Xénero: taxa de emprego ao finalizar o ciclo formativo Resultado por grao formativo A tendencia marcada na situación laboral actual con respecto ás diferenzas entre ciclo medio e ciclo superior tamén continúa no caso de que o emprego teña posibilidades de ser estable e continuo ao finalizar o ciclo formativo. Xa que logo, tense o seguinte: Atopou emprego ao finalizar o ciclo formativo Grao medio Grao superior Si 62,5 % 53,6 % Páxina 11 de 31

Non 35,2 % 44,6 % Xa tiña 2,4 % 1,8 % Táboa 12. Grao formativo: taxa de emprego ao finalizar o ciclo formativo Resultados por familias profesionais Canto ás familias profesionais, a situación de emprego ao finalizar o ciclo formativo amósase na seguinte táboa. Obsérvase que as familias profesionais con menor taxa de ocupación destacan por teren un alto índice de persoas tituladas que continúan estudos, máis do 20 %, a mesma tendencia que no caso da situación laboral actual. Maior taxa de emprego ao finalizar o ciclo Menor taxa de emprego ao finalizar o ciclo Madeira e moble: 78,1 % Fabricación mecánica: 74,8 % Imaxe persoal: 72,8 % Mantemento e servizos á produción: 69,3 % Edificación e obra civil: 68,9 % Mantemento de vehículos autopropulsados: 68,1 % Táboa 13. Familias profesionais: Taxa de emprego ao finalizar o ciclo formativo Sanidade: 38,3 % Comunicación, imaxe e son: 41,5 % Química: 43,8 % Servizos socioculturais e á comunidade: 44 % Informática: 46,2 % Actividades físicas e deportivas: 47,1 % Na seguinte gráfica reflíctese a situación de emprego por familias profesionais das persoas tituladas de FP despois de rematado o ciclo formativo; non se inclúe a familia de vidro e cerámica, polo baixo número de persoas tituladas neste curso. Páxina 12 de 31

Taxa de emprego ao finalizar o ciclo formativo Sanidade Comunicación, imaxe e son Química Servizos socioculturais e á comunidade Informática Actividades físicas e deportivas Industrias alimentarias Actividades agrarias Téxtil, confección e pel Actividades marítimo-pesqueiras Comercio e márketing Electricidade e electrónica Artes gráficas Administración Hostalaría e turismo Mantemento de vehículos autopropulsados Edificación e obra civil Mantemento e servizos á produción Imaxe persoal Fabricación mecánica Madeira e moble 38,3% 41,5% 43,8% 44,0% 46,2% 47,1% 47,6% 47,7% 50,0% 55,2% 58,1% 59,3% 59,7% 60,4% 66,4% 68,1% 68,9% 69,3% 72,8% 74,8% 78,1% 0,0% 10,0% 20,0% 30,0% 40,0% 50,0% 60,0% 70,0% 80,0% 90,0% Táboa 14. Familias profesionais: taxa de emprego ao finalizar o ciclo formativo 4.3 Tempo en atopar un posto de traballo Neste apartado analízase o tempo que tardan en atopar emprego as persoas tituladas que remataron estudos de formación profesional no curso 2003-2004. Considérase emprego como o non descontinuo nin ocasional, e con intencionalidade de que sexa estable. Os ítems de tempo considerados son os de atopar traballo mentres se estuda, de xeito inmediato, antes dos seis meses, entre os seis e os doce meses, e despois dun ano de finalizar o ciclo formativo. Resultados globais Agrupando os ítems de tempo correspondentes ao atopar traballo nun tempo inferior aos seis meses (conseguir emprego mentres se estuda, de xeito inmediato e antes dos seis meses) atópase que o 80 % das persoas tituladas obtivo emprego antes dos seis meses, cando é o 54,8 % a porcentaxe das que o conseguiron de xeito inmediato. A seguinte gráfica reflicte a situación detectada neste estudo de inserción laboral: Páxina 13 de 31

45% 40% 40,1% 35% 30% 25% 25,0% 20% 15% 10% 14,7% 10,1% 9,9% 5% 0% Conseguiuno mentras estudaba Conseguiuno de forma inmediata Antes dos 6 meses Entre 6 e 12 meses Máis de 12 meses 0,3% Ns/Nc Táboa 15. Resultados globais: tempo en atopar emprego Aumenta a proporción de alumnado que consegue traballo antes dos seis meses en máis de 10 puntos, en comparación co ano anterior: Tempo en atopar traballo tras finalizar o ciclo formativo Curso 2002-2003 Antes do 6 meses 80,0 % 67,4 % De 6 a 12 meses 10,1 % 16,4 % Máis de 12 meses 9,9 % 16,2 % Táboa 16. Resultados globais: tempo en atopar emprego comparativa co ano anterior Resultado por xénero Entre as persoas tituladas de FP que finalizaron estudos no 2004, as mulleres tardan máis tempo en atopar un posto de traballo que os homes. En concreto, o 17,4 % dos homes e o 27,4 % das mulleres tardan máis de seis meses en obter o primeiro emprego. Atopou emprego ao finalizar o ciclo formativo Homes Mulleres Antes do 6 meses 86,6 % 72,6 % De 6 a 12 meses 10,2 % 13,4 % Máis de 12 meses 7,2 % 14,0 % Táboa 17. Xénero: tempo en atopar emprego Páxina 14 de 31

Resultado por grao formativo As persoas tituladas en ciclos de grao superior tardan máis en atopar emprego que as que fixeron un ciclo formativo de grao medio. Atopou emprego ao finalizar o ciclo formativo Grao medio Grao superior Antes do 6 meses 83,5% 75,0% De 6 a 12 meses 7,6% 14,5% Máis de 12 meses 8,9% 10,5% Táboa 18. Grao formativo: tempo en atopar emprego Comparando os resultados cos do ano anterior, obsérvase un aumento de persoas tituladas de ambos os graos que atopan emprego en menor tempo. Atopou emprego ao finalizar o ciclo Curso 2002-2003 Grao medio Grao superior Grao medio Grao superior Antes do 6 meses 83,5% 75,0% 68,7% 66,2% De 6 a 12 meses 7,6% 14,5% 16,0% 16,7% Máis de 12 meses 8,9% 10,5% 15,2% 17,1% Táboa 19. Grao formativo: tempo en atopar emprego; comparativa co ano anterior Resultados por familias profesionais Canto ás familias profesionais, aquelas que teñen un alto grao de inserción laboral son nas que menos se tarda en conseguir emprego, e viceversa, agás a familia profesional de actividades físicas e deportivas. Nesta gráfica non se inclúe a familia de vidro e cerámica, polo baixo número de persoas tituladas neste curso. Páxina 15 de 31

Mantemento e servizos á producción Actividades físicas e deportivas Artes gráficas Mantemento de vehículos autopropulsados Fabricación mecánica Imaxe persoal Hostalaría e turismo Edificación e obra civil Madeira e moble Téxtil, confección e pel Actividades marítimo-pesqueiras Electricidade e electrónica Industrias alimentarias Comercio e márketing Actividades agrarias Informática Comunicación, imaxe e son Química Adminis tración Servizos socioculturais e á comunidade Sanidade 89,5% 89,5% 89,1% 89,1% 87,4% 87,0% 86,7% 85,6% 85,3% 84,6% 84,4% 81,2% 80,0% 79,4% 78,8% 72,7% 72,7% 71,4% 70,2% 62,2% 57,5% 5,3% 5,3% 1,8% 8,8% 10,9% 6,6% 4,4% 8,8% 3,8% 5,8% 7,1% 6,7% 6,7% 9,6% 4,8% 2,7% 12,0% 15,4% 9,4% 6,3% 11,0% 7,7% 5,0% 11,6% 9,6% 15,9% 15,0% 9,0% 11,5% 11,4% 4,5% 22,7% 12,5% 16,1% 19,7% 10,1% 17,8% 20,0% 15,8% 26,7% 0% 10% 20% 30% 40% 50% 60% 70% 80% 90% 100% Menos de 6 meses de 6 a 12 meses Máis de 12 meses Táboa 20. Familias profesionais: tempo en atopar emprego 4.4 Relación do posto de traballo co perfil profesional Outro indicador importante de cara á inserción do alumnado no mundo laboral é a relación do seu primeiro emprego co perfil profesional de cada familia profesional. Este indicador proporciona información sobre a adecuación da formación ás características demandadas polo mundo laboral. Resultados globais Deste estudo extráese o dato de que o 81 % das persoas tituladas dos ciclos formativos no curso 2003-2004 considera que o seu primeiro emprego está relacionado co perfil profesional do ciclo formativo cursado. Cómpre indicar que, dentro das persoas tituladas que cambiaron de posto de traballo, o 69,9 % segue a pensar que o seu traballo continua a ter relación cos seus estudos. Relación do primeiro emprego co perfil profesional Si 81,0% Non 19,0% Táboa 21. Resultados globais: relación do primeiro emprego co perfil profesional Comparando os resultados cos dos anos anteriores obsérvase un aumento de persoas tituladas que consideran que o seu primeiro emprego ten relación co perfil profesional do ciclo formativo que estudaron. Relación do primeiro emprego Curso 2002-2003 Curso 2001-2002 Páxina 16 de 31

co perfil profesional Si 81,0% 68,2% 71,7% Non 19,0% 31,8% 28,3% Táboa 22. Resultados globais: relación do primeiro emprego co perfil profesional; comparativa con anos anteriores Resultado por grao formativo Canto á estratificación por graos de ciclos formativos, o alumnado de ciclo medio indica que o seu primeiro emprego ten máis relación co perfil profesional estudado que o de ciclo superior. Esta tendencia invértese no caso de tratarse doutro emprego diferente ao primeiro. Relación do primeiro emprego co perfil profesional Primeiro emprego Emprego distinto ao primeiro Ciclo Medio Ciclo Superior Ciclo Medio Ciclo Superior Si 82,7% 77,4% 66,8% 73,6% Non 17,3% 22,6% 33,2% 26,4% Táboa 23. Grao formativo: relación do emprego co perfil profesional Resultados por familias profesionais As familias profesionais que salientan por seren aquelas nas que máis persoas tituladas teñen un emprego relacionado co perfil profesional do ciclo formativo que estudaron son: Imaxe persoal: 91,9 % (7ª en grao de inserción laboral). Edificación e obra civil: 91,5 % (6ª en grao de inserción laboral). Madeira e moble: 90,8 % (4ª en grao de inserción laboral). Actividades marítimo-pesqueiras: 90.6 % (10ª en grao de inserción laboral). Pola contra, as titulacións con menos persoas tituladas traballando nun posto relacionado coa súa titulación son: Informática: 67,4 % (19ª en grao de inserción laboral). Actividades agrarias: 68,5 % (14ª en grao de inserción laboral). Comercio e márketing: 70,5 % (11ª en grao de inserción laboral). A seguinte gráfica amosa os datos específicos por familias profesionais e a comparativa cos datos do curso anterior; exclúese a familia profesional de vidro e cerámica, polo baixo número de persoas tituladas neste curso. Páxina 17 de 31

Curso 2002-2003 100,0% 90,0% 80,0% 70,0% 60,0% 50,0% 40,0% Actividades agrarias Actividades físicas e deportivas Actividades marítimo-pesqueiras Administración Artes gráficas Comercio e márketing Comunicación, imaxe e son Edificación e obra civil Electricidade e electrónica Fabricación mecánica Hostalaría e turismo Imaxe persoal Industrias alimentarias Informática Madeira e moble Mantemento de vehículos autopropulsados Mantemento e servizos á produción Química Sanidade Servizos socioculturais e á comunidade Téxtil, confección e pel Táboa 24. Familias profesionais: relación do emprego co perfil profesional e comparativa co ano anterior 4.5 Vías prioritarias para acadar o primeiro emprego Un indicador importante para coñecer o labor do centro educativo na inserción do alumnado no mundo laboral é o coñecemento das vías de acceso ao emprego utilizadas polo alumnado de cara a súa inserción. Dentro do labor que desenvolve o centro educativo inclúense dous ítems: por un lado, a empresa na que o alumnado realizou o módulo de FCT (formación en centros de traballo) e, por outra, o labor que realiza o propio centro educativo a través de bolsas de traballo, por reclamo das empresas que solicitan traballadores, etc. Resultados globais De xeito global, as vías principais utilizadas polo alumnado para acadar o primeiro emprego quedan reflectidas na seguinte táboa, onde se salienta que o 39,8 % das persoas tituladas en FP no curso 2003-2004 acadou o seu primeiro emprego utilizando o centro educativo como enlace, ben a través de empresa FCT (22,9 %) ou ben por outro medio facilitado polo centro (16,9 %). Páxina 18 de 31

25% 22,6% 22,9% 23,3% 20% 16,9% 15% 10% 5% 6,2% 5,5% 1,9% 0,9% 0% Centro educativo Anuncios en medios Contactos persoais ou familiares Empresas de traballo temporal Empresa na que realizou FCT Concurso / oposición Servicio Galego de Colocación Solicitude a iniciativa propia Táboa 25. Resultados globais: vías prioritarias de acceso ao primeiro emprego Realizando a comparativa con respecto ao ano anterior tense que aumenta o papel do centro educativo: Vías de acceso ao primeiro emprego Curso 2002-2003 Centro educativo 39,8 % 32,7 % Anuncios en medios 6,2 % 7,2 % Contactos persoais 22,6 % 28,2 % ETT 1,9 % 2,1 % Concurso/oposición 0,9 % 1,7 % Servizo Galego de Colocación 5,5 % 7,2 % Iniciativa propia 23,3 % 21,1 % Táboa 26. Resultados globais: vías prioritarias de acceso ao primeiro emprego; comparativa co ano anterior Resultado por xénero A seguinte táboa reflicte as vías de acceso ao emprego estratificada por xéneros: Vías de acceso ao primeiro emprego Homes Mulleres Centro educativo 40,5 % 35,2 % Anuncios en medios 6,6 % 6,2 % Contactos persoais 23,3 % 22,0 % ETT 1,8 % 2,6 % Páxina 19 de 31

Concurso/oposición 0,8 % 1,2 % Servizo Galego de colocación 3,6% 8,8% Iniciativa propia 23,4% 24,0% Táboa 27. Xénero: vías prioritarias de acceso ao primeiro emprego Resultado por grao formativo As persoas tituladas en grao medio de FP no curso 2003-2004 accederon ao emprego a través da empresa onde realizaron a FCT nun 41,4 % dos casos, entanto que as tituladas en grao superior só o fixeron nun 37,4 %. Vías de acceso ao primeiro emprego Ciclo medio Ciclo superior Centro educativo 41,4% 37,4% Anuncios en medios 4,5% 8,0% Contactos persoais 24,2% 21,3% ETT 1,8% 2,1 % Concurso/oposición 0,4% 1,5% Servizo Galego de Colocación 4,0% 7,4% Iniciativa propia 23,7% 22,3% Táboa 28. Grao formativos: vías prioritarias de acceso ao primeiro emprego Ao realizar a comparativa co ano anterior destaca o aumento da importancia do centro educativo como vía de colocación das persoas tituladas de formación profesional. Vías de acceso ao primeiro emprego Curso 2002-2003 Ciclo medio Ciclo superior Ciclo medio Ciclo superior Centro educativo 41,4 % 37,4 % 34,6 % 31,2 % Anuncios en medios 4,5 % 8,0 % 7,3 % 7,1 % Contactos persoais 24,2 % 21,3 % 30,5 % 26,3 % ETT 1,8 % 2,1 % 1,5 % 2,5 % Concurso/oposición 0,4 % 1,5 % 1,2 % 2,0 % Servizo Galego de Colocación 4,0 % 7,4 % 5,2 % 8,7 % Iniciativa propia 23,7 % 22,3 % 19,7 % 22,2 % Táboa 29. Grao formativo: vías prioritarias de acceso ao primeiro emprego; comparativa co ano anterior Resultados por familias profesionais Por familias profesionais, hai que subliñar que catro das cinco familias que menos emprego obteñen a través do centro educativo ou FCT están entre as de menor inserción laboral, e tamén son as que máis porcentaxe de titulados están a estudar na actualidade. A seguinte gráfica amosa, para cada familia profesional, a vía pola que se conseguiu o Páxina 20 de 31

primeiro emprego tras rematar o ciclo, onde se destaca a importancia do centro educativo ou FCT como vías de emprego para as persoas tituladas de formación profesional. Non se inclúe a familia de vidro e cerámica, polo baixo número de persoas tituladas neste curso. A través do centro educativo ou FCT Servicio Galego de Colocación Ourtros Sanidade Química Informática Actividades marítimo-pesqueiras Actividades físicas e deportivas Administración Actividades agrarias Comunicación, imaxe e son Servizos socioculturais e á comunidade Imaxe persoal Hostalaría e turismo 20,3% 11,7% 29,3% 31,1% 31,3% 31,7% 33,8% 35,2% 39,1% 40,2% 40,4% 40,7% 12,1% 11,9% 6,3% 5,0% 9,7% 7,4% 4,3% 14,1% 0,0% 7,0% 68,0% 58,6% 57,0% 62,5% 63,3% 56,5% 57,4% 56,5% 45,7% 59,6% 52,3% Electricidade e electrónica Comercio e márketing Edificación e obra civil Madeira e moble Mantemento e servizos á produción Artes gráficas M antemento de vehículos autopropulsados Téxtil, confección e pel Fabricación mecánica Industrias alimentarias 41,4% 41,7% 43,4% 44,2% 45,4% 47,9% 47,9% 50,0% 51,8% 55,0% 2,2% 2,6% 3,8% 6,5% 1,0% 2,1% 2,6% 0,0% 1,8% 0,0% 56,5% 55,8% 52,8% 49,4% 53,6% 50,0% 49,5% 50,0% 46,4% 45,0% 0% 10% 20% 30% 40% 50% 60% 70% 80% 90% 100% Táboa 30. Familias profesionais: vías prioritarias de acceso ao primeiro emprego 4.6 Colocación por sectores Neste apartado analízase o sector onde o alumnado obtén o seu primeiro emprego. Os ítems considerados son sector privado, sector público e por conta propia. Neste último caso, por conta propia, inclúense todas aquelas persoas tituladas que son empresarios ou empresarias, ou que exercen como profesionais liberais (freelance, prestación de servizos ou reparacións particulares ou empresas). Resultados globais A maioría das persoas tituladas de FP no curso 2003-2004 que acadaron emprego fíxoo a través do sector privado, co 64,4 %, e por conta propia nun 18 %. Sectores Privado 62,4 % Público 19,6 % Por conta propia 18,0 % Táboa 31. Resultados globais: sectores de emprego Ao realizar a comparativa co ano anterior, denótase o elevado número de persoas tituladas que traballan por conta propia, debido á inclusión especificada anteriormente das persoas Páxina 21 de 31

tituladas que ben son empresarios e empresarias, ou ben exercen como profesionais liberais. Pola contra, diminúe o emprego privado e público. Sectores Curso 2002-2003 Privado 62,4 % 88,4 % Público 19,6 % 9,4 % Por conta propia 18,0 % 2,2 % Táboa 32. Resultados globais: sectores de emprego; comparativa co ano anterior Resultado por xénero O sector público ten especial relevancia no emprego feminino, pois acada o 24,5 %, fronte ao 15,5 % dos homes. Sectores Homes Mulleres Privado 65,7 % 57,5 % Público 15,5 % 24,5 % Por conta propia 18,8 % 18,0 % Táboa 33. Xénero: sectores de emprego Resultados por graos Ao realizar a estratificación por ciclos medio e superior obsérvase que non existen diferenzas salientables entre eles. Sectores Ciclo medio Ciclo superior Privado 61,7 % 63,1 % Público 20,2 % 18,6 % Conta propia 18,1 % 18,3 % Táboa 34. Grao formativo: sectores de emprego Resultados por familias profesionais Analizando o sector de emprego por familias profesionais obsérvase certa uniformidade entre todas as familias profesionais, entre as que salienta a de comunicación, imaxe e son, por ser a familia profesional en que máis persoas tituladas teñen emprego por conta propia. Páxina 22 de 31

Conta propia Sector público Sector privado Industrias alimentarias Actividades físicas e deportivas Inf ormática Servizos socioculturais e á comunidade Actividades marítimo-pesqueiras Sanidade Mantemento e servizos á produción Mantemento de vehículos autopropulsados Química Fabricación mecánica Electricidade e electrónica Hostalaría e turismo Edificación e obra civil Imaxe persoal Téxtil, confección e pel Actividades agrarias Comercio e márketing Administración Artes gráficas Madeira e moble Comunicación, imaxe e son 5,0% 30,0% 10,0% 31,7% 11,9% 21,5% 12,0% 30,4% 12,5% 18,8% 14,1% 22,7% 14,4% 18,6% 15,5% 15,5% 15,5% 31,0% 17,1% 14,0% 17,1% 15,0% 17,2% 23,0% 17,9% 12,3% 18,0% 18,6% 21,4% 14,3% 22,2% 31,5% 22,4% 17,3% 24,6% 24,2% 25,0% 10,4% 27,3% 13,0% 37,8% 13,3% 65,0% 58,3% 66,7% 57,6% 68,8% 63,3% 67,0% 69,1% 53,4% 68,9% 67,9% 59,8% 69,8% 63,4% 64,3% 46,3% 60,3% 51,2% 64,6% 59,7% 48,9% 0% 10% 20% 30% 40% 50% 60% 70% 80% 90% 100% Táboa 35. Familias profesionais: sectores de emprego Sector privado Analizando o tipo de contrato no sector privado, obsérvase a predominancia dos contratos temporais. En datos globais: Tipo de contrato Indefinido 19,4 % Menos de 6 meses 43,7 % De 6 a 12 meses 25,3 % Máis de 12 meses 9,0 % Sen contrato 2,7 % Táboa 36. Sector privado: duración do contrato O tipo de contratación no sector privado para cada familia profesional especifícase na seguinte gráfica. Non se inclúe a familia de vidro e cerámica, polo baixo número de persoas tituladas neste curso. Páxina 23 de 31

Indefinido Menos de 6 meses 6 a 12 meses Máis de 12 meses Sen contrato Téxtil, confección e pel 11,1% 44,4% 44,4% Servizos socioculturais e á comunidade 7,5% 58,5% 20,8% 7,5% 5,7% Sanidade 12,3% 46,9% 30,9% 6,2% 3,7% Química 29,0% 51,6% 19,4% Mantemento e servizos á produción 16,9% 40,0% 29,2% 12,3% 1,5% Mantemento de vehículos autopropulsados 17,9% 35,1% 32,1% 12,7% 2,2% Madeira e moble 17,4% 43,5% 23,9% 15,2% Informática 17,8% 40,0% 31,1% 8,9% 2,2% Industrias alimentarias 46,2% 38,5% 15,4% Imaxe persoal 13,9% 43,6% 32,7% 7,9% 2,0% Hostalaría e turismo 17,3% 52,9% 23,1% 4,8% 1,9% Fabricación mecánica 21,2% 37,2% 24,8% 15,0% 1,8% Electricidade e electrónica 15,7% 45,7% 27,6% 9,4% 1,6% Edificación e obra civil 35,1% 35,1% 17,6% 9,5% 2,7% Comunicación, imaxe e son 18,2% 54,5% 13,6% 9,1% 4,5% Comercio e márketing 25,5% 46,8% 23,4% 1,1% 3,2% Artes gráficas 25,8% 38,7% 25,8% 6,5% 3,2% Administración 20,8% 34,9% 20,8% 15,1% 8,5% Actividades marítimo-pesqueiras 27,3% 45,5% 13,6% 13,6% Actividades físicas e deportivas 22,9% 62,9% 8,6% 5,7% Actividades agrarias 16,0% 60,0% 20,0% 4,0% 0% 10% 20% 30% 40% 50% 60% 70% 80% 90% 100% Táboa 37. Familias profesionais: duración do contrato no sector privado Sector público No sector público, o tipo de contratación das persoas tituladas de formación profesional que remataron os seus estudos no curso 2003-2004 é: Tipo de contratación Funcionariado 3 % Interinaxe 2 % Persoal laboral 81 % Contratado/a administrativo/a 10 % Bolseiro/a 5 % Táboa 38. Sector público: tipo de contratación 4.7 Localización do posto de traballo Neste apartado analízase a localización do primeiro emprego. Este ítem serve de parámetro para detectar se a formación existente se adecúa ás necesidades do tecido empresarial e ás oportunidades de emprego dentro da propia Comunidade Autónoma de Galicia. Os ítems considerados son se o alumnado traballa na propia comunidade autónoma, se se desprazou a outras comunidades ou se traballa no estranxeiro. Páxina 24 de 31

Resultados globais A proporción de persoas tituladas que atoparon emprego dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia presenta para todas as estratificacións porcentaxes superiores ao 95 %. A porcentaxe das que están a traballar no estranxeiro é mínima, xa que non chega en ningún caso ao 1 %. Localización do posto de traballo Galicia 97,7 % Outra comunidade autónoma 2,0 % Estranxeiro 0,3 % Táboa 39. Resultados globais: localización do posto de traballo Estes datos son similares aos detectados en curso anteriores. Localización do posto de traballo Curso 2002-2003 Curso 2001-2002 Galicia 97,7 % 95,6 % 96,2 % Outra comunidade autónoma 2,0 % 3,6 % 3,4 % Estranxeiro 0,3 % 0,7 % 0,2 % Táboa 40. Resultados globais: localización do posto de traballo comparativa con outros anos Resultados por familias profesionais É de salientar que, entanto que vinte das vinte e dúas familias teñen máis do 93 % das persoas tituladas co seu primeiro emprego en Galicia, hai dúas familias que teñen carácter excepcional: Comunicación, imaxe e son: o 85,7 % dos traballadores e as traballadoras que cursaron esta familia profesional obtivo o seu traballo en Galicia, dato inferior en 12 puntos á media global. Actividades marítimo-pesqueiras: neste caso é inherente ao tipo de actividade. O 87,5 % das persoas tituladas nesta familia profesional faino en Galicia. 4.8 Alumnado que continúa estudos Este apartado corresponde á análise das persoas tituladas que están a realizar algún tipo de estudo e a complementar a súa formación, independentemente de que estean ou non a traballar. Resultados globais Das persoas tituladas en formación profesional que remataron estudos no curso 2003-2004 continúa a estudar o 23,1 %, e nun 76,9 % abandonan calquera tipo de formación. Páxina 25 de 31

Continuación de estudos Si 23,1 % Non 76,9 % Táboa 41. Resultados globais: continúan a estudar Dentro das persoas tituladas que están a estudar, o tipo de estudos que están a realizar son: Tipo estudos Formación profesional 31,7 % Estudos universitarios 47,8 % Outros 20,6 % Táboa 42. Resultados globais: tipos de estudos Con respecto á comparativa co curso anterior obsérvase unha porcentaxe menor de persoas tituladas que continúa a súa formación: Continuación de estudos Curso 2002-2003 Si 23,1% 33,8% Non 76,9% 66,2% Táboa 43. Continuación de estudos comparativa con ano anterior Resultados por xénero Dentro da estratificación por xéneros non existen diferenzas apreciables entre quen continúa ou non a estudar. Porén, dentro de quen segue a formarse, as mulleres teñen unha maior tendencia a continuar estudos de carácter universitario, nun 51,1 %, fronte ao 46 % dos homes. Os estudos de formación profesional son moi similares en ambos os casos, cun 31%. Estudos Homes Mulleres Si 23,3 % 23,7 % Non 76,7 % 76,3 % Táboa 44. Xénero: continúan a estudar Tipo de estudos Homes Mulleres Formación profesional 31,2 % 31,4 % Estudos universitarios 46,0 % 51,1 % Outros 22,9 % 17,5 % Páxina 26 de 31

Táboa 45. Xénero: tipos de estudos Resultado por ciclos formativos As diferenzas máis significativas aparecen ao comparar as persoas tituladas de grao medio: o 15,2 % está a estudar na actualidade, fronte ao 30,4 % das de grao superior; destas últimas o 64,4 % cursa estudos universitarios. Cómpre non esquecer que algúns dos estudos de formación profesional son unha vía de acceso directa á universidade. E dentro do alumnado que segue estudando, é de salientar que unha alta porcentaxe do de ciclo de grao medio se decanta por outro ciclo medio como complemento aos seus estudos. Estudos Ciclo medio Ciclo superior Si 15,2 % 30,4 % Non 84,8 % 69,6 % Táboa 46. Graos formativos: continúan a estudar Tipo estudos Ciclo medio Ciclo superior Formación profesional 54,4 % 21,2 % Estudos universitarios 10,8 % 64,4 % Outros 34,7 % 14,4 % Táboa 47. Graos formativos: tipos de estudos Resultados por familias profesionais As familias profesionais en que máis proporción de persoas tituladas continúan a estudar son aquelas que presentan unha menor inserción laboral e que teñen carreiras universitarias relacionadas coa familia profesional: Comunicación, imaxe e son: 44,8 % das persoas tituladas. Actividades físicas e deportivas: 41,9 %. Informática: 38,35 %. Servizos socioculturais e á comunidade: 38,1 %. No lado contrario están fabricación mecánica (11,8 %) e madeira e moble (6,3 %), que aparecen como as de maior taxa de inserción laboral e maior porcentaxe de persoas tituladas traballando en empregos relacionados co que estudaron. A seguinte gráfica resume, por familias profesionais, a porcentaxe de persoas tituladas que continúan algún tipo de estudo regrado. Non se inclúe a familia de vidro e cerámica, polo baixo número de persoas tituladas neste curso. Páxina 27 de 31

Comunicación, imaxe e son Actividades físicas e deportivas Informática Servizos socioculturais e á comunidade Téxtil, confección e pel Industrias alimentarias Sanidade Química Edificación e obra civil Actividades agrarias Comercio e márketing Hostalaría e turismo Electricidade e electrónica Artes gráficas Actividades marítimo-pesqueiras Mantemento e servizos á produción Administración Mantemento de vehículos autopropulsados Imaxe persoal Fabricación mecánica Madeira e moble 6,3% 30,8% 28,6% 26,1% 25,0% 23,8% 23,3% 23,2% 23,0% 23,0% 22,1% 19,6% 17,8% 16,1% 14,2% 13,7% 11,8% 44,8% 41,9% 38,4% 38,1% 0,0% 5,0% 10,0% 15,0% 20,0% 25,0% 30,0% 35,0% 40,0% 45,0% 50,0% Táboa 48. Familias profesionais: continúan estudos 4.9 Análise por provincias Este apartado corresponde á análise da situación laboral das persoas tituladas en formación profesional que remataron estudos no curso 2003-2004 dentro das catro provincias galegas. Resultados globais En relación coas provincias galegas onde estaba localizado o centro educativo, as cifras globais de emprego actual indícanse na seguinte táboa. É a provincia de Ourense a que salienta por ser a de menor taxa de emprego. Situación laboral actual Provincias A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Traballando 59,5 % 66,6 % 58,2 % 67,0 % Buscando emprego 19,5 % 16,4 % 14,3 % 16,4 % Estudando 18,6 % 15,5 % 24,5 % 15,3 % Outros 2,4 % 1,5 % 3,0 % 1,3 % Táboa 49. Análise por provincias: resultados globais Perfil profesional Na análise da relación do emprego co perfil profesional de cada familia profesional tense que a provincia de Ourense é onde o emprego do alumnado amosa unha menor relación. Páxina 28 de 31

Relación do perfil Provincias profesional cos estudos realizados A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Si 79,9 % 81,4 % 69,4 % 80,0 % Non 20,1 % 18,6 % 30,6 % 20,0 % Táboa 50. Análise por provincias: relación do perfil profesional cos estudos realizados Vías de emprego A seguinte táboa indica as vías de colocación utilizadas polo alumnado á hora de acadar emprego. A provincia de Ourense destaca por ser a provincia que presenta unha maior porcentaxe de persoas tituladas que conseguen traballo a través dos contactos persoais e familiares: Vías de emprego Provincias A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Centro educativo 37,1% 41,7% 30,1% 38,7 % Anuncios en medios 6,8 % 4,5 % 5,9% 6,6 % Contactos persoais ou familiares 23,2 % 21,6% 26,0% 21,7% Empresas de traballo temporal 1,6% 3,8% 1,6% 2,4% Concurso / oposición 1,2% 0,3% 1,1% 1,0% Servizo Galego de Colocación 6,0% 7,5% 10,3% 5,6% Solicitude por iniciativa propia 24,2% 20,6% 24,9% 24,0 Táboa 51. Análise por provincias: vías de empregos Tipo de sector Salienta a provincia de Ourense por empregar un alto índice de persoas tituladas no sector público con respecto ás outras provincias. Os resultados obtidos neste estudo de inserción con respecto ao tipo de sector en que se empregan, por provincias, as persoas tituladas en formación profesional que remataron no curso 2003-2004 son: Sector A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Privado 63,1 % 58,1 % 55,1 % 61,9 % Público 18,6 % 22,4 % 25,6 % 20,2 % Conta propia 18,3 % 19,6 % 19,3 % 17,9 % Táboa 52. Análise por provincias: tipo de sector de emprego Tempo en conseguir emprego Ourense é a provincia galega onde máis tempo tardan as persoas tituladas en conseguir emprego: o 30 % delas nesta provincia tarda máis de seis meses en conseguilo. Páxina 29 de 31

Tempo en acadar emprego A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Menos de 6 meses 78,0 % 81,9 % 69,7 % 76,9 % Máis de 6 meses 21,6 % 18,1 % 30,2 % 23,0 % Táboa 53. Análise por provincias: tempo en conseguir emprego Localización do posto de traballo Canto á localización do posto de traballo, as provincias da Coruña e Lugo presentan unha porcentaxe similar de persoas tituladas que permanecen a traballar na mesma provincia en que estudan, ao chegar ao 78,5 % e 78,4 % respectivamente. A provincia de Pontevedra é a que máis persoas tituladas mantén na provincia (84,6 %) e Ourense a que menos (74,3 %). A concentración de persoas tituladas realízase nas capitais das provincias de Lugo e Ourense. Vigo é o concello que xera máis emprego na provincia de Pontevedra, e A Coruña destaca por ser a provincia con menor porcentaxe de persoas tituladas a traballar nunha soa cidade. A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Persoas tituladas que conseguiron emprego na provincia onde cursaron o ciclo formativo 78,5 % 78,4 % 74,3 % 84,6 % Táboa 54. Análise por provincias: localización do posto de traballo Continuación de estudos Dentro das persoas tituladas que continúan a estudar, tense, a nivel de provincial, o seguinte: Continúan a estudar A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Si 26,0 % 21,7 % 24,0 % 21,0 % Non 74,0 % 78,3 % 76,0 % 79,0 % Táboa 55. Análise por provincias: continuación de estudos Dentro de quen contestou que continúa algún tipo de estudo salienta a provincia de Ourense como a provincia onde a maioría das persoas tituladas que continúan estudando o fan na universidade. Tipos de estudos A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Formación profesional 31,4 % 40,5 % 21,3 % 30,5 % Estudos universitarios 51,3 % 40,5 % 61,6 % 44,6 % Outros 17,3 % 19,0 % 17,1 % 24,9 % Táboa 56. Análise por provincias: tipos de estudos Páxina 30 de 31

5. Conclusións Con respecto ás persoas tituladas de formación profesional que remataron os seus estudos no curso 2003-2004 en Galicia tense que: Actualmente está a traballar o 64,7 %; un 16,9 % segue a estudar, e un 16,6 % está na procura de emprego. É maior a taxa de emprego no caso dos homes que no das mulleres, e a mesma tendencia seguen as persoas tituladas de grao medio con respecto ás de grao superior. Pódese concluír que o perfil profesional dos estudos se axusta ao emprego das persoas tituladas, xa que un 81 % delas considera que o seu primeiro emprego estaba relacionado co estudado no seu ciclo formativo. O 39,8 % das persoas tituladas en FP no curso 2003-2004 acadou o seu primeiro emprego utilizando o centro educativo como ligazón, xa sexa a través empresa FCT, xa por outro medio facilitado polo centro. O 23,1 % das persoas tituladas do curso considerado continúa con algún tipo de formación, e opta preferentemente pola universitaria. Practicamente a totalidade das persoas tituladas queda a traballar na Comunidade Autónoma de Galicia. As familias profesionais que teñen maior taxa de ocupación son: fabricación mecánica; mantemento de vehículos autopropulsados; mantemento e servizos á produción; madeira e moble. As familias profesionais que menor taxa de ocupación teñen na actualidade son: comunicación, imaxe e son; sanidade; informática; actividades físicas e deportivas. A tendencia é que as familias con maior taxa de ocupación tardan menos tempo en atopar traballo, e son nas que as persoas tituladas teñen menor índice de continuación dalgún tipo de estudo regrado. Estas conclusións son opostas ás das familias con menor taxa de ocupación, é dicir, tardan máis en atopar traballo e son as que maior índice de titulados que continúan nalgún estudo regrado. Páxina 31 de 31