MESTRADO EN PROCESOS DE DESEÑO E FABRICACIÓN MECÁNICA

Documentos relacionados
REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

Política e Obxectivos de Calidade

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

Planificación do curso escolar

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

O CONTRATO DE TRABALLO

Edificio Reitoría Campus de Vigo Vigo España. Tel Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

REGULAMENTO DE PRÁCTICAS ACADÉMICAS EXTERNAS DO ALUMNADO DA FACULTADE DE FISIOTERAPIA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Segundo aparece recollido no Plan de Estudos, o TFM ten asignados 18 créditos obrigatorios.

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

REDE EUSUMO. información e comunicación

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS

Procedemento de Admisión

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

ELECCIÓN DE HORARIO E ADSCRICIÓN FUNCIONAL DO PROFESORADO NOS CENTROS PÚBLICOS INTEGRADOS (CPI)

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

Normativa de Traballos Fin de Máster [TFM]

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Regulamento de Prácticas en Empresa do Máster de Enerxía e Sustentabilidade

NORMATIVA DE MATRICULA, ELABORACIÓN E DEFENSA DOS TRABALLOS FIN DE GRAO EN MATEMÁTICAS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convocatoria ordinaria de 2012

Escala técnica superior

II MARATÓN FOTOGRÁFICO IMAXES DE INVERNO BASES DE PARTICIPACIÓN INTRODUCCIÓN

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

NORMATIVA INTERNA APLICABLE AO PROGRAMA ERASMUS DE MOBILIDADE ESTUDANTIL NAS TITULACIÓNS DA FFT NORMAS DE APLICACIÓN XERAL A TODAS AS TITULACIÓNS

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

REGULAMENTO DE PRÁCTICAS EN EMPRESA DA ESCOLA DE ENXEÑERÍA INDUSTRIAL

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Formación Profesional Básica Novidades normativas. Xornada para orientadores Servizo de Ordenación e Formación Profesional

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Sample Text. Nº 127 Martes, 6 de xullo de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Índice. Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. PROCEDEMENTO Matrícula. AC: xestión académica. AC- 02: xestión de alumnado

NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9746

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

(Modificacións aprobadas en Xunta de Facultade do 21 de xullo de 2016)

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

e, fai que se manteña a necesidade do informe do Servizo de hora de considerar a viabilidade técnica e económica modificación da xornada lectiva.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

FCT con Erasmus+ Curso

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2017 Páx

NORMATIVA DE MATRICULA, ELABORACIÓN E DEFENSA DOS TRABALLOS FIN DE GRAO E FIN DE MASTER NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO: de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

Programa para maiores

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

COMISIÓN TÉCNICA DE ARQUIVO E XESTIÓN DOCUMENTAL DO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

Facultade de Economía e Empresa

DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2012 Páx

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

Regulamento para a elaboración do Traballo de Fin de Grao na Facultade de Ciencias da Educación

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

Os horarios serán de cómputo semanal cos descansos que a lei establece e segundo as necesidades do servicio.

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

Transcrição:

MESTRADO EN PROCESOS DE DESEÑO E FABRICACIÓN MECÁNICA REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE MESTRADO Preámbulo Coa chegada da implantación do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), o Traballo Fin de Mestrado (TFM) pasa a ter a consideración de materia dende o punto de vista de matrícula, docencia, avaliación e cuantificación en créditos: Respecto á matrícula, os créditos do traballo forman parte dos 60 ECTS de que consta o mestrado a tempo completo e, polo tanto, esta debe formalizarse ó comezo do curso ou semestre no que se vaia a realizar o traballo. En relación coa docencia do traballo, a tradicional lección maxistral por parte do profesor nunha materia súplese aquí coas horas necesarias de titorías que permitan a supervisión, orientación e seguimento do alumno durante o desenvolvemento do mesmo. Respecto á cuantificación en créditos, deberá velarse, tanto por parte do titor do traballo como dos tribunais de avaliación, por que o esforzo que precise o alumno para o desenvolvemento e consecución do TFM sexa de entre 25 e 30 horas por crédito ECTS asignado ó mesmo (entre 225 e 270 horas para un TFM de 9 ECTS, como é o noso caso). 1. Cadro Normativo Artigo 1 A presente normativa elabórase co fin de regular a definición, asignación, elaboración, presentación, defensa, avaliación e tramitación administrativa dos Traballos Fin de Mestrado (TFM) que se desenvolven na titulación de Mestrado en Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica, titulación oficial adaptada ó RD 1393/2007 e adscrita á Escola de Enxeñería Industrial (EEI) da Universidade de Vigo. Son aplicables, por estar relacionados directamente coa presente normativa: Real Decreto 1393/2007 de 29 de outubro, modificado polo Real Decreto 861/2010 de 2 de xullo, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais. A Memoria Verificada da titulación afectada pola presente normativa. O Regulamento de Traballo Fin de Mestrado da Universidade de Vigo. O Regulamento de Traballo Fin de Mestrado da Escola de Enxeñaría Industrial. De forma subsidiaria, calquera outra normativa que afecte ó TFM. Artigo 2 En caso de incompatibilidade, o establecido nos anteriores documentos prevalecerá sobre o especificado nesta normativa. 1

2. Enfoque do Traballo Artigo 3 O TFM é unha actividade formativa que pretende que o alumno realice de xeito activo, presente e defenda un traballo orixinal, aplicado e de conxunto, frecuentemente multidisciplinar, no que poña en práctica as competencias que se lle van a requirir no exercicio das competencias en enxeñería de deseño e fabricación mecánica. Dende este punto de vista, debe consistir nun traballo individual de suficiente nivel e complexidade onde se engloben os seguintes perfís: Perfil académico, que require do alumno a integración e aplicación de coñecementos adquiridos ó longo dos seus estudos. Perfil profesional, no que se trata de resolver un problema de enxeñería de deseño e fabricación mediante a integración dun conxunto de conceptos, desenvolvementos, resolucións, e toma de decisións a partir das cales o alumno amose a súa capacitación para atopar unha solución viable dende os puntos de vista tecnolóxico, orzamentario e de execución material, así como para a comunicación efectiva dos procedementos seguidos e resultados acadados, dentro do marco establecido pola responsabilidade social. Artigo 4 Dentro dos perfís anteriores, os traballos poden corresponder a algunha das seguintes modalidades: Proxectos clásicos de enxeñería, que poden versar, por exemplo, sobre o deseño e incluso a fabricación dun prototipo, a enxeñería dunha instalación de produción, ou a implantación dun sistema en calquera campo industrial. Polo xeral, neles desenvólvese sempre a parte documental da memoria (cos seus apartados de cálculos, especificacións, estudios de viabilidade, seguridade, etc. que se precisen en cada caso), planos, prego de condicións e presuposto e, en algúns casos, tamén se contempla os estudos propios da fase de execución do proxecto. Estudos técnicos, organizativos e económicos consistentes na realización de estudos relativos a equipos, sistemas, servizos, etc., relacionados cos campos propios da titulación, que traten un ou mais aspectos relativos ó deseño, planificación, produción, xestión, explotación e calquera outro propio do campo da enxeñería, relacionando cando proceda alternativas técnicas con avaliacións económicas e discusión e valoración dos resultados. Traballos teórico-experimentais de natureza teórica, de cálculo por computadora ou experimental, que constitúan unha contribución á técnica no campo da Enxeñería Industrial, incluíndo a avaliación económica e discusión e valoración dos resultados. Como regra xeral, o documento do TFM incluirá os seguintes apartados, cando proceda, adaptados ó perfil do proxecto abordado: Índice, Memoria, Anexos, Planos, Prego de condicións, Valoración económica. O TFM terá entón unha estrutura dun Proxecto de enxeñaría de xeito que poda relacionar os coñecementos adquiridos polo estudante no seu percorrido curricular no mestrado no eido de deseño e a fabricación mecánica. O TFM tamén poderá posuír un contido y estrutura dun Traballo de Investigación, sempre que manteña unha axeitada vinculación cos contidos curriculares e obxectivos do Mestrado. 2

Artigo 5 Os traballos poderán realizarse nas instalacións da EEI, doutro centro universitario, dun centro de investigación, ou dunha empresa. 3. Matriculación do Traballo Artigo 6 A matrícula do TFM deberá ser formalizada antes de poder comezar a súa realización dado que, aínda que non exista docencia como tal, é necesario asegurar o asesoramento por parte do docente ou docentes asignado/s como titor/es. Artigo 7 O/A estudante poderá efectuar a matrícula do traballo nos mesmos prazos e forma que o resto de materias do plano de estudos, sempre que estea matriculado da totalidade das materias non superadas necesarias para a obtención do título de mestrado. 4. Proposta de Tutela do Traballo Artigo 8 A proposta de traballos poderá partir tanto de profesores da EEI, como de alumnos da titulación de mestrado, en calquera período do curso académico, aínda que existen unhas datas límites para a súa presentación perante a Comisión Académica do Mestrado nas dúas convocatorias de cada ano e, de sé-lo caso, para a convocatoria adiantada. Artigo 9 A proposta do alumno poderá ser a título individual ou ter vinculación co traballo desenvolto nunha empresa, nun centro ou instituto de investigación ou nunha universidade estranxeira no caso de que o alumno realice o traballo dentro dun dos programas de intercambio existentes na EEI. No caso de que o tema sexa proposto por unha empresa ou por un centro ou instituto de investigación externo, e co fin de que o traballo se poda desenvolver nas súas instalacións, deberá formalizarse un convenio de colaboración educativa entre a EEI e a empresa ou o centro ou instituto de investigación externo. Artigo 10 A Comisión Académica do Mestrado se encargará da organización e administración dos TFM, asegurándose de que, no transcurso do segundo semestre, tódolos alumnos teñan un tema e titor asignado, despois de ter formalizado a matrícula do traballo de fin de mestrado. Ase mesmo, a Comisión académica resolverá as incidencias que puidesen aparecer no proceso, por exemplo, no caso de desequilibrios na distribución de TFM entre titores ou no caso de que o estudante non dispuxese de titor para o seu TFM nas datas fixadas cada ano para elo. 3

Artigo 11 Os traballos deberán ter polo menos a titoría dun docente do mestrado, que actuará como responsable académico do TFM. Poderán ser co-titores os docentes universitarios, investigadores adscritos a algún departamento ou a algún centro ou instituto de investigación, así como titulados/as, en titulacións afíns ao mestrado, que de empresas ou entidades relacionadas co Mestrado. A Comisión Académica resolverá as incidencias que puidesen xurdir. Artigo 12 Correspóndelle á Comisión Académica do Mestrado en Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica a aprobación de: Título e tema do TFM. Titor ou titores do TFM. Artigo 13 O título, o tema e o/s titor/es, unha vez aprobados pola Comisión Académica, terán a vixencia do ano académico en curso. Pasado este período, o alumno deberá realizar unha nova solicitude de asignación. 5. Depósito do Traballo Artigo 14 O alumno, unha vez rematada a realización do TFM, deberá remitilo no formato, soporte e lugar fixado cada ano pola Comisión Académica do Mestrado á devandita Comisión, que poderá delegar no/s responsable/s da materia estas tarefas. Os documentos que o estudante deberá entregar son: Resumo, tipo extended abstract, coa indicación das conclusións e aportacións máis relevantes do traballo. Unha copia do TFM. Unha copia do documento da presentación que vai seren exposta na lectura. Artigo 15 O/s titor/es do TFM poderán facer chegar a Comisión Académica, polo procedemento que estableza esta, un informe valorando o TFM. Artigo 16 A documentación correspondente á memoria, resumo e presentación do traballo realizado deberá estar redactada nalgún dos seguintes idiomas: galego, castelán, inglés. 4

6. Tribunais de Avaliación Artigo 17 Constituirase, polo menos, un tribunal de avaliación por cada convocatoria, que avaliará os traballos segundo o calendario de defensa establecido pola Comisión Académica. Os tribunais serán designados pola Comisión Académica do Mestrado. Artigo 18 Os tribunais estarán formados por tres profesores con docencia no Mestrado: Presidente da Comisión Académica do Mestrado, ou persoa na que delegue, que actuará como presidente. Un secretario, ou o seu suplente. Un vogal, ou o seu suplente. Artigo 19 O presidente, o secretario e o vogal, e, no seu caso, os suplentes que os substitúan, deberán ser docentes do Mestrado e, como regra xeral, haberá no tribunal, polo menos, un docente profesional procedente da empresa. Artigo 20 Ningún membro do tribunal poderá avaliar un TFM realizado baixo a súa titoría. Os membros do tribunal que sexan titores dun TFM poderán ser substituídos puntualmente dentro dunha sesión de defensa para que o tribunal avalíe o devandito TFM. Artigo 21 O tribunal de avaliación constituirase coa presenza do presidente, un secretario e un vogal. No caso de que no momento da defensa dun TFM faltase un membro do tribunal de TFM, o Coordinador do mestrado poderá nomear, con carácter de urxencia, un substituto. Artigo 22 A participación do profesorado que imparte docencia no Mestrado nos tribunais de avaliación é obrigatoria. 7. Defensa do Traballo Artigo 23 A defensa do traballo so poderá realizarse unha vez que o estudante teña superado tódolos créditos restantes da titulación. A Comisión Académica do Mestrado establecerá un calendario académico para as defensas públicas dos TFM. 5

Artigo 24 O presidente do tribunal de avaliación convocará cunha antelación mínima de 6 días hábiles ós membros do tribunal e ós alumnos autores do TFM. O tribunal disporá da documentación a avaliar cunha antelación mínima de 6 días hábiles. Artigo 25 A defensa do TFM consistirá nunha exposición do traballo en sesión pública durante un tempo máximo de 15 minutos seguida dunha quenda de preguntas na que os membros do tribunal poderán formular as cuestións que estimen oportunas. Artigo 26 A defensa do TFM poderá realizarse en galego, castelán ou inglés. 8. Cualificación e Revisión do Traballo Artigo 27 Cada membro do tribunal realizará unha avaliación individualizada a cada TFM empregando o formulario correspondente e tendo en conta os criterios de valoración que estableza a Comisión Académica do mestrado. O tribunal cualificará cada TFM tendo en conta as avaliacións feitas por cada un dos compoñentes e, a criterio do tribunal, o informe de valoración achegado, de sé lo caso, polo/a titor/a do TFM. O presidente do tribunal deberá enviar as cualificacións individuais e os informes á sede administrativa do mestrado para o seu arquivo e conservación. Artigo 28 Unha vez comprobado que o estudante reúne os requisitos indicados no artigo 23 deste regulamento o tribunal fará pública a cualificación do seu TFM despois da tódalas sesións de lecturas. Artigo 29 Rematada a sesión, tódolos compoñentes do tribunal asinarán as correspondentes actas de cualificación coa que se obterá a cualificación do estudante. De tódolos xeitos sempre se terá en conta para este trámite a normativa da Universidade de Vigo respecto a xeración e procesamento das actas de TFM. Artigo 30 De non estar conforme, o estudante poderá solicitar a revisión da cualificación do seu TFM seguindo o procedemento de revisión de cualificacións establecido pola Universidade de Vigo. 6

9. Estudantes de Intercambio Artigo 31 Os estudantes alleos de programas de intercambio no mestrado realizarán e presentarán obrigatoriamente o seu TFM na EEI. Artigo 32 Os alumnos propios do mestrado en programas de intercambio poderán desenvolver o TFM na institución de destino e será de aplicación o establecido na presente normativa. En todo caso, o TFM deberá ser presentado e defendido na EEI. A cualificación final asignarase despois desta presentación. 10. Propiedade Intelectual do Traballo Artigo 33 Ós efectos da propiedade intelectual son coautores do TFM o estudante que o realizou e o/s titor/es do TFM. Artigo 34 Para consultar un TFM deberá solicitarse á Comisión Académica do Mestrado, que poderá delegar no coordinador do mestrado, o consentimento, e, polo tanto, non será preciso obter consentimento expreso do/s autor/es. Artigo 35 Sempre que se faga referencia a un TFM dentro do ámbito docente da Universidade de Vigo farase constar o nome dos seus autores, sen que sexa preciso o seu consentimento expreso. Artigo 36 O uso do TFM para fins que produzan beneficios económicos, directa ou indirectamente, requirirá o consentimento expreso dos seus autores, dos que en todo momento se fará constar os seus nomes. Así mesmo, os autores terán dereito a percibir os beneficios correspondentes polos seus dereitos de autor. Artigo 37 A propiedade intelectual do TFM, no seu conxunto ou en calquera das súas partes, corresponde no 50% ó estudante e no 50% restante ós titores do TFM, de tal modo que o TFM considerarase unha obra de colaboración entre o estudante e os titores de acordo co artigo 7 do Real Decreto Lexislativo 1/1996 que establece o texto refundido da Lei da Propiedade Intelectual. 7

11. Disposición Adicional A resolución de tódolos problemas e asuntos relacionados co TFM corresponderá á Comisión Académica do Mestrado en Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica. Aprobado pola Comisión Académica do Mestrado en Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica o 22 de decembro de 2016. 8