UNHA APROXIMACIÓN AO MUNDO CLÁSICO:
Roma foi desde a súa fundación no ano 753 a.c. unha pequena cidade da Península Nos primeiros tempos, Roma foi gobernada por unha Monarquía, na que o.. tiña todos os poderes, ata que os seus habitantes expulsaron aos reis e constituíronse en República no ano 509 a.c., un sistema de goberno no que o poder político pasou a mans dos.. romanos. Logo, grazas ao seu poderoso exército, os romanos fixéronse donos das terras que se estendían desde a Península.. ata Oriente, a un e outro lado do Mar.
A expansión territorial fixo entrar en crise á República, un sistema de goberno pensado para gobernar unha cidade e non un tan extenso, polo que a finais do século I a.c. se sucederon conflitos sociais e guerras civís que remataron no ano 27 a. C. co comezo dun novo sistema de goberno: o Imperio, que supoñía a concentración de todos os civís e militares nas mans dunha.. Imperio: modelo de organización política na que un Estado estende o seu poder fóra das súas fronteiras orixinais, dominando por medio da forza ou da conquista outros Estados ou territorios. PODERES IMPERIAIS Princeps Poder político Imperator Poder militar Pontifex maximus Poder relixioso Augusto Honor e carácter divino de seu poder
- Polo Oeste estenderon o seu poder ata o... e ocuparon a Pen..., a G... e B... - Polo Leste ocuparon os territorios gregos da Pen... e o oeste do continente..., tendo como límite o Deserto de... e o Mar... - Polo Norte ocuparon o centro de..., estando os límites ao norte dos ríos... e... - Polo Sur ocuparon o... do continente..., sendo o límite o...
Ao longo dos séculos I e II d.c. o Imperio acadou a súa máxima expansión e prosperidade. Durante este período, coñecido como Pax Romana, os territorios conquistados romanizáronse, é dicir, foron adoptando os elementos culturais propios da civilización.: a súa lingua, o.., as súas leis e institucións, o dereito romano, a súa relixión e arte, mesmo levaron o seu modelo urbanístico a todo o., construíndo acueductos, murallas,...
A partir do século III d.c. o Imperio Romano entrou en crise, sufriu os ataques dos pobos. nas súas fronteiras e a autoridade imperial debilitouse. Para facilitar a súa defensa o Imperio foi dividido no ano 395 d.c. en dúas partes: o Imperio Romano de Oriente, que sobreviviu case mil anos e o Imperio Romano de., que sucumbiu ás invasións bárbaras e se en reinos independentes, sendo destituído o último emperador no ano 476 d.c.
A caída do Imperio Romano de Occidente e a súa fragmentación en distintos reinos xermánicos marca o fin da Antigüidade e o inicio da Idade Media. Durante os séculos seguintes vivíronse en Europa tempos difíciles: a cultura decaeu, as cidades perderon importancia, o comercio case desapareceu e a economía pasou a depender basicamente da agricultura. OS REINOS XERMÁNICOS
ACTIVIDADES: B.- O IMPERIO ROMANO B.1.- O imperio romano no tempo e no espazo 1) Onde está situada a cidade de Roma? Cando foi fundada? 2) Que sistemas de goberno coñeceu Roma na antigüidade? Comenta as características de cada un deles e indica os anos nos que se desenvolveron. 3) Define o concepto de Imperio. 4) Pinta o mapa e contesta: Por que continentes chegou a estenderse o Imperio Romano? Sinala os accidentes xeográficos que servían de límite ao territorio que dominaron. 5) Realiza un eixo cronolóxico ou liña de tempo que recolla os principais acontecementos da historia antiga de Roma. B.2.- A romanización 6) En que período da historia de Roma se produce fundamentalmente a romanización? 7) Que se entende por romanización? B.3.- A crise do Imperio Romano e a súa división (fotocopia + páx. 2 do libro) 8) Cando comezou o Imperio Romano a entrar en crise? Cales foron alguhas das causas desa crise? 9) Por que se dividiu o Imperio? En que partes foi dividido? 10) Que sucedeu en cada unha das partes nas que quedou dividido o Imperio?
C.1.- Que se entende por Idade Media? C.2.- Copia e completa o esquema que representa os Imperios que ocupaban o espazo do Antigo Imperio Romano nos primeiros séculos da Idade Media.
Imperios que ocupaban o espazo do Antigo Imperio Romano nos primeiros séculos da... Despois do ano 476 Europa occidental fragmentouse en distintos reinos... O Imperio Romano de Oriente, denominado Imperio..., sobreviviu ás invasións... No século VII aparece na Península Arábiga unha nova relixión: o... Carlomagno, rei dos..., intentou recuperar o poder dos antigos emperadores romanos e creou,entre os séculos..., o Imperio Carolinxio. Chegou a dominar Europa Occidental e parte de Península... Á súa morte, o Imperio disgregouse, dando orixe á Europa... Chegou ao seu máximo esplendor co emperador..., no s.vi, que logrou dominar a Península Balcánica, Asia... e o sur de Italia. Nos séculos seguintes o islamismo espallouse por Próximo..., o Norte de... e a maior parte da Península..., estendendo a cultura musulmá ata Europa Occidental.