ORDENANZA FISCAL NUMERO 12

Documentos relacionados
ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

Ordenanzas fiscais Páxina 1

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

Ordenanzas fiscais Páxina 1

ORDENANZA Nº 7- REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA DE ALCANTARILLADO

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

ORDENANZA REGULADORA DA INSTALACIÓN DE TERRAZAS NA VÍA PÚBLICA DO CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

ORDENANZA Nº 40: ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS.

O CONTRATO DE TRABALLO

ARTIGO 2º. SUXEITOS PASIVOS

PREZO PUBLICO POLAS ACTIVIDADES SOCIOEDUCATIVAS DO CENTRO OCUPACIONAL

SR. ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO.

A N U N C I O ORDENANZA REGULADORA DO ESTACIONAMENTO DE HORARIO LIMITADO

INFORMACIÓN SOBRE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA PODER CELEBRAR FESTAS OU VERBENAS POPULARES

Ordenanza Reguladora da Taxa por expedición de documentos administrativos e outros servizos municipais RESPONSABLES

CONCELLO DE FOZ (LUGO) Avd. Álvaro Cunqueiro, Foz (Lugo) Tlf: Fax:

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

MODELO DE ESTATUTOS DUN CONSORCIO LOCAL. Capítulo I. Disposicións Xerais

Aprobación definitiva do Regulamento de utilización dos locais socioculturais municipais do Concello de Teo

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

V I C E P R E S I D E N C I A

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

REDE EUSUMO. información e comunicación

Ordenanzas fiscais Páxina 1

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Pontedeume - ORDENANZA FISCAL Nº14 DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DE VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA.

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

A tarifa á que se refire o artigo anterior estrutúrase nos seguintes epígrafes:

IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS Módulo de gastos e coidado de menores 2012

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

ORDENANZA FISCAL Núm. 3 IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DE VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA.

Febreiro Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do. Maio Agosto Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do 1. Novembro Lu Ma 1 7 8

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

UBICACIÓN Nº DE POSTOS

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por recollida de lixo no Concello de Redondela

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

PREZO PÚBLICO Núm. 5 ORDENANZA REGULADORA DE PREZO PÚBLICO POLA UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS E INSTALACIÓNS CULTURAIS.

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR LICENCIAS URBANÍSTICAS

Servizo de orzamentos, cstudos e asistencia económica

ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA INSTALACIÓN DE TERRAZAS E OUTROS ELEMENTOS AUXILIARES EN TERREOS DE DOMINIO PÚBLICO MUNICIPAL EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

2.-Ordenanza Fiscal reguladora do imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana.

ÍNDICE. 3.1 Redución das cantidades almacenadas 3.2 Separación dos produtos químicos en función da súa incompatibilidade

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

REGULAMENTO DE UTILIZACIÓN DO AUDITORIO DO CENTRO MULTIUSOS DE ARCADE

ORDENANZA REGULADORA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO XANTAR SOBRE RODAS E ESTABLECEMENTO DO CORRESPONDENTE PREZO PÚBLICO P2

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

REGULAMENTO MUNICIPAL DE VENDA AMBULANTE

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

Ordenanzas fiscais Páxina 1

IV RUTA DA MERLUZA DE BURELA (XII RUTA BTT DE BURELA)

San Caetano Santiago de Compostela

Artigo 1.- OBXECTO DO REGULAMENTO. Artigo 2.- TITULARIDADE E ADMINISTRACIÓN DA MARCA.

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Normas reguladoras do Rexistro de mediadores do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

ORDENANZA 1.03 IMPOSTO SOBRE O AUMENTO DE VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA

Ordenanzas fiscais Páxina 1

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

TAXAS POLO SERVIZO DE REDE DE SUMIDOIROS, INCLUÍDA A VIXILANCIA ESPECIAL DE SUMIDOIROS PARTICULARES. ARTIGO 1º. NATUREZA, OBXECTO E FUNDAMENTO

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

Condicións legais do programa de puntos R Residencial OBXECTO

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ORDENANZA FISCAL Nº 27 REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN PRIVATIVA OU APROVEITAMENTO ESPECIAL DO DOMINIO PÚBLICO LOCAL

Pz. Do Concello, nº2. Bertamiráns Telf: AMES (A Coruña) Fax:

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

ARTIGO 1. Fundamento e natureza.

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

ORDENANZA FISCAL NÚM. 201 IMPOSTO MUNICIPAL SOBRE O INCREMENTO DO VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

TR341 D-FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2016 (2º semestre e total 2016) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25801

REGULAMENTO DO REXIME INTERNO DO VIVEIRO DE EMPRESAS DE RIVEIRA INTRODUCIÓN

En, de de. Firma O/a Secretario/a VºBº

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

1. NORMAS XERAIS: CRITERIOS DE VALORACIÓN. 2. ESTIMACIÓN SIMPLIFICADA DOS PRESUPOSTOS DE EXECUCIÓN MATERIAL DA EDIFICACIÓN.

ORDENANZA N.º 16 ORDENANZA NÚM. 16

Transcrição:

ORDENANZA FISCAL NUMERO 12 TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO LOCAL CON MESAS, CADEIRAS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS CON FINALIDADE LUCRATIVA. Artigo 1. OBXECTO E AMBITO DE APLICACIÓN. De conformidade co que se prevé nos artigos 20 e seguintes e 57 do RD 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de facendas locais, establécese a taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras e outros elementos análogos con finalidade lucrativa. Artigo 2. FEITO IMPOÑIBLE. Constitúe o feito impoñible desta taxa o aproveitamento das vías e terreos de uso público mediante a ocupación con mesas, cadeiras, veladores e calqueroutros elementos de natureza análoga, con finalidade lucrativa. Artigo 3. OBRIGA DE CONTRIBUÍR E DEVENGO. A obriga de contribuír nace pola simple existencia ou instalación na vía pública ou terreos de uso público de calquera dos elementos indicados no artigo 2, producíndose nos momentos seguintes: - Cando se trate de concesións de novos aproveitamentos da vía pública, no momento de solicitar a correspondente licenza. - Cando se trate de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o devengo será periódico e coincidirá co ano natural e terá lugar o primeiro día do citado período impositivo. 1

- Para o caso de concesións de altas ou baixas que non coincidan co ano natural, a taxa prorratearase por trimestres naturais. Artigo 4. SUXEITO PASIVO. Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado susceptible de imposición, a cuxo favor se outorguen as licenzas, ou quen se beneficie do aproveitamento, se se procedeu sen a oportuna licenza. Artigo 5. SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN OU LICENZA. 1. As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza, deberán solicitar, previamente á correspondente licenza no concello con 30 días de antelación como mínimo, á posta en marcha da actividade, declarando a superficie do aproveitamento e os elementos que se van instalar (con inclusión da superficie necesaria para almacenaxe do mobiliario instalado), así como un plano detallado da superficie que se pretende ocupar, da súa situación dentro do municipio. 2. Os servizos técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non atopar diferenzas coa petición formulada. Se se desen diferenzas notificaránselles estas aos interesados e xiraranse, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndoselles as autorizacións unha vez subsanadas as diferenzas polos interesados e, no seu caso, realizados os ingresos complementarios que procedan. 3. A Xunta de Goberno Local resolverá sobre as solicitudes formuladas tralo correspondente informe efectuado pola policía local deste Concello. 2

Artigo 6.CONDICIÓNS DE EMPRAZAMENTO. As instalacións deberán cumprir as seguintes condicións: 1. Xerais: - A colocación de veladores e parasois nas vías públicas deberá, en todo caso, respectar o uso común xeral preferente destas. En consecuencia non suporá obstáculo para o tránsito peonil nin poderá prexudicar a seguridade deste ou do tráfico rodado. - A autoridade municipal competente denegará a solicitude destas instalacións temporais en calquera dos seguintes supostos: Que non permita o paso aos peóns. Que supoña prexuízo para a seguridade viaria (diminución da visibilidade, distracción para o condutor) ou dificulte sensiblemente o tráfico peonil. Que poida incidir sobre a seguridade (evacuación) dos edificios e locais próximos. Que impida ou dificulte gravemente o uso de equipamentos ou mobiliarios urbanos (bancos, fontes, cabinas telefónicas, etc). 2. En rúas: a) Unicamente se autorizará a colocación de veladores en emprazamentos inmediatos ou razoablemente próximos ao establecemento. Deberá quedar libre para o tránsito peonil en todo caso a metade de anchura da beirarrúa. b) Como regra xeral, as terrazas situaranse no espazo da beirarrúa situado á fronte da fachada dos establecementos respectivos. Para o seu emprazamento, excedendo da liña de fachada, deberá acreditarse, ademais, do cumprimento de todas 3

as condicións contidas neste artigo, a non afección aos establecementos fronte aos cales se pretenda colocar. c) Excepcionalmente, e cando o Concello considere a súa procedencia, poderanse autorizar ocupacións fóra dos límites establecidos nos apartados a) e b), en cuxo caso, se aplicará aos importes das tarifas incluídas nos artigos 9 e/ou 10 da presente ordenanza un incremento do 25%. 3. En prazas: Unicamente se autorizará a colocación de veladores a favor de establecementos con fachada á praza ou acceso público dende ela. O espazo da praza susceptible de utilización para as terrazas, respectando as condicións xerais arriba expresadas e que en ningún caso excederá do 60% da superficie peonil total, distribuirase entre todos os solicitantes en función do seu número e dos veladores solicitados, en consideración conxunta. Artigo 7. EFECTOS E NORMAS DE XESTIÓN. 1. Non se consentirá a ocupación da vía pública ata que se teña aboado o importe da taxa e se obtivese a correspondente licenza polos interesados. O incumprimento deste mandado poderá dar lugar á anulación da licenza, sen prexuízo do pago da taxa e das sancións e recargas que procedan. 2. Unha vez autorizada a ocupación, entenderase prorrogada mentres non se acorde a súa anulación pola alcaldía ou se presente baixa polo interesado ou polos seus lexítimos representantes en caso de falecemento. 3. A presentación da baixa surtirá efectos a partir do día primeiro do trimestre seguinte á súa presentación. Sexa cal sexa a causa que se alegue en contrario, a non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa. 4. As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros; o seu incumprimento dará lugar á anulación da licenza. 4

5. As variacións nos elementos obxecto da autorización (m 2 de ocupación, emprazamento, titularidade da explotación económica, etc) deberán ser comunicadas ao Concello no momento en que se produzan. Nos supostos de cambio de titularidade nas explotacións económicas entenderase que o novo titular se subroga nas condicións autorizadas na anterior, salvo que lle solicite ao Concello a súa modificación ou a baixa da autorización. Artigo 8. BASE IMPOÑIBLE. Para os efectos da presente ordenanza tomarase como base impoñible a superficie ocupada polos aproveitamentos expresada en metros cadrados, e entenderase, en xeral, por terraza, aquela zona de solo de dominio público, susceptible de aproveitamentos relacionados con actividades propias da hostalaría, mediante a colocación de mesas, cadeiras e outros elementos análogos, como zona de extensión ou ampliación da actividade que se exerce dentro dos ditos establecementos. As ditas instalacións terán, en todo caso, carácter anual. Artigo 9. CONTÍA E TARIFAS. 1. A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte, atendendo á superficie ocupada polos aproveitamentos expresada en metros cadrados e á categoría da rúa. 2. As tarifas da taxa serán: a)categoría I:...40 m 2 /ano. b)categoría II:...30 m 2 /ano. c)categoría III:...20 m 2 /ano. 3 As categorías das rúas quedan establecidas da seguinte forma: 5

a)de categoría I: Praza Santa María Praza Constitución Praza Coronel Pena Praza San Xoán Praza Suso Gaioso Rúa do Muíño Rúa Sol Rúa Porta Decima Rúa Pepes Rúa Concepción Arenal Rúa Basanta Silva Rúa Valeriano Valdesuso Rúa da Pravia Rúa Plácido Peña ata rúa Cidade de Viveiro Alameda Basanta Olano b) Categoría II: Rúa Plácido Peña dende rúa Cidade de Viveiro Rúa Campo de Puente Rúa de Galicia Rúa Cidade de Lugo Avda. Terra Chá Rúa Guitiriz Rúa de Betanzos Rúa Conde Pallares Rúa de Mondoñedo Rúa Xosé Mª Chao Ledo Rúa Cidade de Viveiro Rúa Doutor Domingo Goás Rúa Novo Cazón Rúa Óscar Nevado Bouza Rúa Alcalde Fraga Bello 6

Rúa da Feira c) Categoría III: Nesta categoría inclúense as rúas que non figuren en ningunha das anteriores. 4 4. No caso de que o aproveitamento estea situado na confluencia de varias rúas, ou en parques e/ou xardíns, aplicarase a tarifa da categoría superior. Artigo 10. CONTÍA E TARIFAS POR AMPLIACIÓN. 1. As taxas por ocupación da vía publica que se realicen con ocasión de feiras, festexos, actividades deportivas e análogas, cando esta ocupación supoña un exceso sobre a autorización concedida, increméntanse cos prezos detallados na seguinte tarifa, tomando como base tanto os días de ocupación como o día da propia ocupación en metros cadrados e a categoría da rúa. 2. As persoas ou entidades interesadas na concesión da ampliación dos aproveitamentos estarán ao que se dispón no artigo 5 da presente ordenanza salvo que a licenza deberá solicitarse,polo menos, con 15 de antelación. 3. As tarifas por ampliación da taxa inseriranse a continuación e aplicaranse en función das categorías recollidas no apartado 3 do artigo 9 da presente ordenanza. a)categoría I:...2 m 2 /día. b)categoría II:...1 m 2 /día. c)categoría III:... 0,50 m 2 /día. 4 No caso de que o aproveitamento estea situado na confluencia de varias rúas, ou en parques e/ou xardíns, aplicarase a tarifa da categoría superior. 7

Artigo 11. PERÍODO IMPOSITIVO,DEVENGO E COBRO. O período impositivo coincide co ano natural, e o devengo, unha vez que sexa autorizada a licenza, será periódico e terá lugar dentro do último trimestre do citado período impositivo, agás nos supostos de alta ou baixa da instalación, en cuxo caso se prorrateará por trimestres naturais. O cobro das taxas terá lugar dentro do último trimestre do período impositivo, tanto para o caso das autorizacións concedidas como para o de ampliacións, de conformidade coas tarifas recollidas, respectivamente, nos artigos 9 e 10 da presente ordenanza. Artigo 12. HORARIO. A instalación de terrazas quedará suxeita ao seguinte horario: - De domingo a xoves, ambos os dous inclusive, ata a 1:00 h da madrugada. - Venres, sábados e vésperas de festivos, ata as 2:00 h da madrugada. - Con ocasión de feiras, festexos, actividades deportivas e análogas, o horario poderase ampliar en media hora. En ningún caso o horario establecido habilita para exceder do horario máximo de apertura que o establecemento teña autorizado segundo a súa categoría turística. Non obstante e cando concorran razóns de alteración da pacífica convivencia ou de molestias á veciñanza, o Concello poderá reducir para determinadas zonas o horario anterior e/ou número de instalacións compatibilizando os intereses en xogo. Artigo 13. OBRIGAS DO TITULAR DA TERRAZA. 1. Será obriga do titular da terraza: 8

a) Manter esta e cada un dos elementos que a forman nas debidas condicións de salubridade e seguridade. b) Evitar ruídos e molestias aos veciños do entorno, dando bo uso á zona ocupada, ao ser responsable único desta. c) Evitar invadir espazos non autorizados nas calzadas ou outras zonas de beirarrúas, pasos e accesos a edificios de vivendas ou establecementos. d) Non se permite almacenar ou amorear produtos, caixas de bebidas ou outros materiais nas terrazas. e) Os titulares das licenzas teñen a obriga de retirar e agrupar, ao termo de cada xornada, os elementos de mobiliario instalado e realizar as tarefas de limpeza necesarias do solo ocupado pola instalación. f) Ao finalizar a vixencia da autorización, o titular ten a obriga de deixar libre o solo ocupado coa instalación, retirando todos os elementos e efectuando unha limpeza xeral. 2. A execución forzosa comportará a inhabilitación, por prazo de 5 anos, para sucesivas autorizacións. Artigo 14.- RESPONSABILIDADE 1) Será responsable solidariamente das obrigas tributarias establecidas nesta ordenanza, toda persoa causante ou colaboradora na realización dunha infracción tributaria. Nos supostos de declaración consolidada, todas as sociedades integrantes do grupo serán responsables solidarias das infraccións cometidas neste réxime de tributación. 2) Os copartícipes ou cotitulares das herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, 9

responderán solidariamente e en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias das ditas entidades. 3) Serán responsables subsidiarios das infraccións tributarias simples e da totalidade da débeda tributaria en caso de infraccións graves cometidas polas persoas xurídicas, os administradores daquelas que non realicen os actos necesarios da súa incumbencia para o cumprimento das obrigas tributarias infrinxidas, consintan no incumprimento polos que dependan deles ou adopten acordos que fagan posible as infraccións. Así mesmo,tales administradores responderán subsidiariamente das obrigas tributarias que estean pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que destituíran nas súas actividades. 4) Serán responsables subsidiarios os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, cando por neglixencia ou mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimento das obrigas tributarias devengadas con anterioridade ás ditas situacións e que sexan imputables aos respectivos suxeitos pasivos. Artigo 15. CLASIFICACIÓN DAS INFRACCIÓNS. As infraccións das normas contidas na presente ordenanza clasifícanse en: leves, graves e moi graves. 1. Faltas leves: a) A instalación dunha terraza carecendo da preceptiva licenza municipal sendo susceptible de legalización. b) A ocupación de maior superficie da autorizada en menos dun 30%. A dita porcentaxe calcularase sobre o número de veladores autorizados. c) A vulneración do réxime horario disposto polo artigo 8. d) A alteración nas condicións de emprazamento dos elementos instalados especificada na licenza. 10

e) e)todo incumprimento de obrigas e vulneración de prohibicións establecido na presente ordenanza ou contemplado no título autorizatorio, non cualificado expresamente como falta grave. 2. Faltas graves: a) A instalación dunha terraza carecendo da preceptiva licenza municipal e sen posibilidade de legalizar, por contravir as condicións conforme ás cales se conceden este tipo de instalacións. b) A reiteración por dúas veces na comisión de faltas leves. c) A ocupación de maior superficie da autorizada en máis dun 30% calculada sobre o número de elementos autorizados. d) A alteración nas condicións de emprazamento dos elementos autorizados especificada na licenza, cando diso se derive grave prexuízo para o interese público ou para terceiros. 3. Faltas moi graves: A reiteración por tres veces na comisión de faltas graves. Artigo 16. SANCIÓNS. O incumprimento das prescricións establecidas na presente ordenanza, será constitutivo dunha infracción e determinará, previa instrución do correspondente expediente sancionador, con arranxo ao procedemento establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico de administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado por Real decreto 1398/93, do 4 de agosto, a imposición das seguintes sancións que en ningún caso haberán de ser inferiores ao beneficio económico que a infracción supuxese para o infractor. Faltas leves: Con multa de ata 450 euros. 11

Faltas graves: Con multa de 451 a 900 euros. Faltas moi graves: Con multa de 901 a 1.500 euros e revogación da licenza concedida para a instalación, e/ou orde de retirada. Artigo 17. COMPATIBILIDADE DAS SANCIÓNS. 1- A sanción é compatible e independente da legalización, se procedese, e do pago do prezo público e recargas que procedan polo aproveitamento non autorizado. 2-2.Igualmente, se a inspección comprobase que se está a realizar maior aproveitamento do autorizado, á marxe do que resulte do expediente sancionador que se incoe e de que se obrigue ao interesado a axustar a licenza ás condicións nas que lle foi outorgada, procederase a liquidar a taxa polo exceso de ocupación de espazo público que corresponda ao período en que se mantivo a instalación non autorizada. 3- No caso da comisión dunha pluralidade de infraccións tipificadas polo mesmo precepto, sancionarase cada unha delas con carácter independente. Artigo 18. EQUIPAMENTO E CARACTERÍSTICAS DAS TERRAZAS. 1. O equipamento das terrazas de hostalaría que se autorice no casco histórico e zonas peonís axustarase aos requisitos que se sinalen nesta ordenanza. Con posterioridade, o Concello pode decidir outras zonas diferenciadas nas que se sinale un mobiliario específico. Todos os elementos da mesma natureza utilizados nunha terraza serán idénticos en materiais, formas, tamaños e cores. Ningún elemento do mobiliario poderá levar publicidade ou o nome do local. 12

As características dos elementos que se poden instalar con carácter xeral no casco histórico son: PARASOIS. A forma do parasol será cadrada ou rectangular, e non terá chafráns nin faldróns. A tea será de cor RAL 1001 (utilízase esta escala cromática de referencia ao non existir ningunha escala utilizada de forma universal para os tecidos). Terán mastro central de aluminio pintado en gris mate ou en madeira a xogo co mobiliario, que se fixará á base mediante tornillería, e a base estará convenientemente lastrada coa fin de evitar que envorque e a succión polo vento. En ningún caso se fixarán ao pavimento. Os parasois terán as mesmas características (forma, tamaño, altura, etc) que as das terrazas contiguas ou do contorno cercano que se axusten ao sinalado nesta ordenanza. Non se permitirá outro tipo de estruturas para protexer a terraza do sol. Se unha terraza se cobre cun toldo de fachada non se utilizarán parasois na mesma terraza. MESAS. Defínense os seguintes modelos permitidos: Mesa 1: Estrutura de tubo de aluminio de sección cadrada pintada en cor gris claro mate con catro patas fixas. Mersado cadrado en madeira. Mesa 2: Estrutura de sección cadrada e mesado cadrado, toda ela de madeira. Poderá ser pregable. Mesa 3: Mesado de madeira cadrado. Pé en gris rematado en mate de, aproximadamente, 1 m. de altura. CADEIRAS. Defínense os seguintes modelos permitidos: Cadeira 1: Estrutura de tubo de aluminio de sección cadrada pintado en cor gris claro mate. Asento e respaldo independentes con lamas de madeira. As lamas (tanto no asento coma no respaldo) poden estar unidas nos seus dous extremos por outras dúas lamas perpendiculares conformando a madeira unha peza unida 13

(unha para o asento e outra para o respaldo) que á súa vez estará enmarcada polo tubo de aluminio polos catro lados. Toda cadeira terá liñas rectas. Poden ter sobrebrazos que serán de madeira. En asento e respaldo caben outras solucións de madeira que conten con idéntica robustez e rematado coidado, ocultando parafusos e empalmes ou non serrando ocos que dificulten o mantemento. Cadeira 2: Estrutura completa de madeira de sección cadrada con lamas de madeira en asento e respaldo. Poderá ser pregable e ter brazos. Cadeira 3 (tallo): Estrutura de sección cadrada de madeira ou de tubo de aluminio pintado en cor gris clara mate con ou sen brazos. Asento e respaldo (opcional) de lamas de madeira. 2. Establécese un prazo de 4 anos para que as terrazas que tivesen autorización en 2010 se adapten ao mobiliario o tipo establecido. Polo tanto, todas as terrazas que soliciten permiso en 2015 deberán axustarse ao mobiliario tipo aquí sinalado ou ao que fose posteriormente aprobado na definición de zonas que se realice. 3. En caso de incumprimento das obrigas establecidas nesta ordenanza, o Concello resérvase o dereito de anular a autorización sen dereito a ningunha indemnización. En todo caso, os titulares das autorizacións están obrigados a seguir as indicacións que lles formulen os axentes da autoridade no exercicio das súas funcións. Acordarase a orde de retirada inmediata dos elementos do mobiliario non autorizados, que de non ser cumprida será executada polo persoal municipal no prazo dos 3 días seguintes á 14

recepción polo interesado da orde de retirada, correndo os custos, danos e perdas a costa do infractor. Non obstante, poderán ser retirados elementos do mobiliario de forma inmediata, sen necesidade de aviso previo, correndo, igualmente, por conta do responsable, se é o caso, os gastos de execución subsidiaria, transporte e almacenaxe, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen corresponder cando, a xuízo dos servizos municipais, o elemento ofreza perigo para os peóns ou para o tráfico rodado, ben pola súa situación, polas súas características ou pola súa deficiente instalación. DISPOSICION ADICIONAL. No que non se prevé na presente ordenanza, procederase de conformidade co establecido na normativa vixente aplicable. DISPOSICIÓN DERRADEIRA A presente ordenanza fiscal, cuxa redacción definitiva aprobou o Pleno da Corporación na sesión celebrada o día 2 de decembro de 2011 entrará en vigor o día seguinte da súa publicación íntegra no "Boletín Oficial da Provincia", e permanecerá vixente ata a súa modificación ou derrogación expresas. 15