Normativa de Traballos Fin de Máster [TFM]

Documentos relacionados
REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

Segundo aparece recollido no Plan de Estudos, o TFM ten asignados 18 créditos obrigatorios.

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL CURSO ACADÉMICO 2016/2017 GUÍA do Traballo de Fin de Grao

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

Planificación do curso escolar

REDE EUSUMO. información e comunicación

NORMATIVA DE MATRICULA, ELABORACIÓN E DEFENSA DOS TRABALLOS FIN DE GRAO E FIN DE MASTER NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

MESTRADO EN PROCESOS DE DESEÑO E FABRICACIÓN MECÁNICA

FCT con Erasmus+ Curso

Política e Obxectivos de Calidade

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

NORMATIVA DE MATRICULA, ELABORACIÓN E DEFENSA DOS TRABALLOS FIN DE GRAO EN MATEMÁTICAS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

CONCELLO DE VILAR DE BARRIO (OURENSE) BASES III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONCELLO DE VILAR DE BARRIO 2018.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

Premio Literario - Nortear Joves Escritores / Mocidade Escritora Norte de Portugal - Galicia

Índice. Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. PROCEDEMENTO Matrícula. AC: xestión académica. AC- 02: xestión de alumnado

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL CURSO ACADÉMICO 2015/2016

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

DOG Núm. 193 Venres, 7 de outubro de 2011 Páx DECRETO 189/2011, do 22 de setembro, de homologación sanitaria dos tratamentos

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

De acordo co seu titor/a, os/as alumnos/as poderán iniciar o desenvolvemento do TFG con anterioridade ao 6º curso.

GRAO EN FILOSOFÍA GUÍA DOCENTE TRABALLO FIN DE GRAO

III Certame de Fotografía Comercial Parque Empresarial de O Milladoiro

Regulamento do Traballo de Fin de Grao (T.F.G.) no Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos de A Coruña

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

Regulamento do TFG no Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMARÍA A CORUÑA GRAO EN ENFERMARÍA REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE GRAO

Modelo de regulamento dos TFG nos títulos de grao da Universidade da Coruña (aprobado polo Consello de Goberno do 22 de xullo de 2011)

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

Edificio Reitoría Campus de Vigo Vigo España. Tel Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

Regulamento para a elaboración do Traballo de Fin de Grao na Facultade de Ciencias da Educación

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

REGULAMENTO DA WEB DA CPMA-VIGO

MANUAL DE USUARIO DE etrades

COMISIÓN TÉCNICA DE ARQUIVO E XESTIÓN DOCUMENTAL DO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

II MARATÓN FOTOGRÁFICO IMAXES DE INVERNO BASES DE PARTICIPACIÓN INTRODUCCIÓN

ANEXO I SOLICITUDE DATOS DA ENTIDADE/DENOMINACIÓN DO GRUPO INFORMAL: CP Tfno./Tfno. móbil Fax Correo electrónico

DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

O CONTRATO DE TRABALLO

DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4565

GUÍA DOCENTE MATERIA: TRABALLO DE FIN DE GRAO GRAOS EN ADE E EN ECONOMÍA DA FACULTADE DE CC. ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS DA USC CURSO 2017/2018

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

NORMATIVA INTERNA APLICABLE AO PROGRAMA ERASMUS DE MOBILIDADE ESTUDANTIL NAS TITULACIÓNS DA FFT NORMAS DE APLICACIÓN XERAL A TODAS AS TITULACIÓNS

ESTA REITORÍA RESOLVE

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA

Facultade de Economía e Empresa

Regulamento de Prácticas en Empresa do Máster de Enerxía e Sustentabilidade

DOCUMENTO MARCO PARA A ELABORACIÓN DO TRABALLO FIN DE GRAO GRAO EN LOGOPEDIA

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

Convocatoria ordinaria de 2012

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

Requisitos para subir documentos ao

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE GRAO

Procedemento de Admisión

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Transcrição:

Normativa de Traballos Fin de Máster [TFM] Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio (Aprobada pola Comisión Académica o 19 de decembro de 2016 e pola Xunta de Centro da Escola Politécnica Superior o 22 de maio de 2017) Co obxecto de regulamentar o Traballo Fin de Máster establecido na Memoria de verificación do título oficial de Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio e de acordo co Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Compostela, aprobado polo Consello de Goberno do 10 de marzo de 2016, a Comisión Académica deste Máster acorda a seguinte normativa pola que se rexerá o desenvolvemento desta materia. 1. Obxectivo do Traballo Fin de Máster O obxectivo do Traballo Fin de Máster (TFM) é a realización obrigatoria dun traballo orixinal de forma individual por parte do alumnado no que se poñan en práctica os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridas no desenvolvemento do máster. Para a presentación e defensa pública do TFM será requisito necesario ter superadas todas as demais materias do máster. 2. Tipos de Traballo Fin de Máster O TFM pode consistir nun estudo, plan, traballo de investigación ou revisión bibliográfica sobre un tema de interese afín ao perfil do máster. 3. Tema do Traballo Fin de Máster 3.1 O tema do TFM debe encadrarse no perfil do Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio e estar na liña temática dalgunha das materias do máster. 3.2 Os departamentos con docencia no máster comunicarán cada curso á Comisión Académica o listado de titores/as e temas dos traballos, ofertados polo profesorado do máster, que os publicará para que o alumnado dispoña de temas para seleccionar. Alternativamente, o tema do TFM pode ser proposto polo alumnado, sempre que conte co respaldo dalgún profesor ou profesora do máster, que asumirá a titoración. 3.3 O TFM será orixinal, inédito e debe respectar os principios éticos na investigación: A utilización de fontes de datos, fontes documentais, imaxes ou cartografía que non sexan de elaboración propia debe recoñecer a autoría orixinal, citando as fontes na proposta e na memoria de TFM. A utilización de parte ou todo o traballo doutro autor sen cumprir o criterio anterior suporá a cualificación de suspenso por parte do tribunal.

4. Competencias a adquirir coa realización do Traballo Fin de Máster 4.1 Capacidade de aplicación dos coñecementos teóricos, metodoloxías e técnicas aprendidas ao longo do programa de máster. 4.2 Capacidade de deseño, planificación, organización e elaboración dun estudo ou traballo de investigación. 4.3 Capacidade de manexar diferentes fontes de información, analizar os datos, interpretar os resultados, redactar un documento e sacar conclusións sobre un tema de estudo. 4.4 Capacidade de formalizar e caracterizar problemas e deseñar propostas e solucións técnicas no ámbito da xestión de terras e do territorio. 4.5 Capacidade de expoñer o traballo, e de argumentar sobre cuestións formuladas. 5. Autoría do Traballo Fin de Máster 5.1 O traballo será realizado de forma individual polo alumnado. 5.2 Será posible realizar estudos conxuntos sobre un mesmo espazo xeográfico por parte de varios alumnos ou alumnas co obxecto de aportar unha visión territorial máis completa e favorecer o desenvolvemento de competencias relativas ao traballo interdisciplinario. A Comisión Académica debe ser informada desta circunstancia a través da proposta de TFM. En calquera caso, cada alumno ou alumna realizará unha memoria individualizada de TFM, diferente da do outro estudantado que traballou sobre o mesmo espazo de análise, o que non impedirá que se podan poñer en común as conclusións. 6. Xestión dos Traballos Fin de Máster 6.1 A Comisión Académica do Máster actuará tamén como Comisión de TFM, asumindo as competencias recollidas no Regulamento da USC, sempre que non estén xa reflictidas na presente Normativa. 6.2 Haberá asimismo un Coordinador ou Coordinadora de TFM, elixido/a entre o profesorado do máster e nomeado pola Comisión Académica. 7. Titoración do Traballo Fin de Máster 7.1 Os TFM deberán ter un titor ou titora que asista ao alumnado na realización do traballo, orientándoo no establecemento dos obxectivos, definición da metodoloxía, recollida de datos, identificación das referencias bibliográficas, interpretación de resultados, elaboración das conclusións e deseño do plan de traballo. 7.2 O titor ou titora de cada TFM será un profesor ou profesora que imparta algunha materia do máster. O traballo poderá ser cotitorado por outro experto ou experta, circunstancia da que se informará ao Coordinador ou Coordinadora de TFM para que autorize esta cotitoración, tendo en conta as limitacións recollidas no Regulamento da USC.

7.3 O titor ou titora programará sesións de traballo co alumnado e velará polo cumprimento dos obxectivos fixados, realizando un informe preceptivo e confidencial sobre deste seguemento antes da defensa do traballo, para que se teña en conta na avaliación do mesmo por parte do tribunal, nos termos que recolle esta mesma normativa. 7.4 O alumnado que queira realizar un cambio de titor ou de tema, despois de telo aprobado pola Comisión Académica do máster, deberá solicitar por escrito este cambio de maneira motivada a esta mesma Comisiónpara a súa aprobación. 8. A Proposta de Traballo Fin de Máster 8.1 O alumnado fará unha proposta de TFM, a partir dos temas ofertados ou por iniciativa propia, na que se informe sobre o título e titor ou titora, utilizando o modelo recollido no Anexo I, así como unha pequena memoria, co visto e prace dese titor ou titora. 8.2 A extensión da memoria da Proposta de TFM terá unha extensión comprendida entre 5 e 10 páxinas, e debe incluír brevemente a seguinte información: Xustificación. Obxectivos. Metodoloxía proposta. Fontes de datos a utilizar. Bibliografía básica. Calendario de traballo proposto (incluíndo as fases na consecución dos obxectivos e sesións de revisión periódica do traballo co titor ou titora). 8.3 O alumnado entregará copia da memoria da Proposta de TFM ao titor/a e ao Coordinador/a de TFM en formato dixital, e en papel, xunto coa solicitude co visto e prace do titor ou titora (Anexo I), no rexistro do IBADER cunha antelación mínima de 90 días naturais antes da data establecida oficialmente para a defensa do seu TFM. 8.4 A Comisión Académica, actuando como Comisión de TFM, analizará as propostas presentadas e tomará a decisión respecto a cada unha delas, de aceptación, aceptación condicionada ou denegación. A decisión adoptada será comunicada ás persoas interesadas (titor/a e alumno/a) no prazo máximo de 30 días naturais dende a data da presentación da proposta. 8.5 O alumnado cuxa proposta resulte aceptada de forma condicional deberá presentar, no prazo máximo de quince 15 días naturais dende a data de comunicación da resolución, unha proposta modificada segundo as recomendacións que motivaron o condicionamento. A Comisión Académica disporá dun prazo máximo de 15 días naturais dende a data de entrega da proposta modificada para valorala. 8.6 O alumnado cuxa proposta resulte rexeitada poderá reclamar ante a Comisión Académica nun prazo máximo de 15 días naturais dende a data de comunicación da resolución, argumentando segundo os fundamentos do rexeitamento. A Comisión Académica deberá resolver no prazo máximo de 15 días naturais dende a data de entrega da reclamación. Se a proposta fose de novo denegada, o alumnado presentará

unha nova proposta de TFM, dándose de novo o inicio do proceso, pero agora cun prazo mínimo de antelación á defensa de 45 días. 8.7 Unha vez aprobada a Proposta pola Comisión Académica, o TFM poderá ser desenvolvido e presentado no prazo de dous cursos académicos, pasados os cales a proposta será arquivada e quedará sen efecto. 8.8 O alumnado que queira realizar unha modificación sustantiva da Proposta, como a titoración ou o título do TFM, deberá solicitalo por escrito de maneira motivada á Comisión Académica do máster para a súa aprobación. A solicitude só poderá presentarse ata 30 días naturais antes da defensa do TFM. 9. Normas de presentación da Memoria de TFM 9.1 O traballo estará escrito en galego, castelán ou inglés. 9.2 O traballo utilizará o modelo de portada recollido no Anexo II, que incluirá o nome do autor ou autora, o título do traballo, o nome do titor ou titora, e a data de entrega. 9.3 O traballo, salvo que se trate dunha revisión bibliográfica, deberá conter os seguintes apartados: Índice. Introdución. Obxectivos. Fontes de datos utilizadas. Metodoloxía. Resultados. Conclusións. Bibliografía utilizada. 9.4 A extensión mínima será de 25 páxinas e a extensión máxima de 50 páxinas, que deberán ir numeradas. O tipo e tamaño de letra será Times 12 no texto e Times 10 en táboas e figuras, con interliñado 1 5, e marxes arriba e abaixo de 2 5 cm. e laterais de 3 cm. Deberán incluirser pés de táboas e figuras. 9.5 O formato dixital a entregar será de ficheiro pdf. 10. Entrega da Memoria de Traballo Fin de Máster 10.1 As datas de entrega e defensa das Memorias de TFM serán fixadas pola Comisión Académica en cada curso académico, dacordo co calendario académico acordado pola USC, e publicadas na web do máster. 10.2 O alumnado entregará copia da Memoria de TFM ao titor/a e ao Coordinador/a de TFM en formato dixital, e en papel e formato dixital no rexistro do IBADER, xunto co documento de entrega recollido no Anexo III. 10.3 Non se considerará presentado ningún Traballo Fin de Máster que incumpra as normas de presentación e entrega indicadas nesta Normativa.

11. Tribunais avaliadores dos Traballos Fin de Máster 11.1 A avaliación dos TFM será realizada por tribunais que serán nomeados pola Comisión Académica do máster en cada convocatoria. 11.2 Cada tribunal estará formado por tres profesores da USC con docencia no máster. A Comisión Académica tamén nomeará a un profesor suplente, que actuará no caso de non poder facelo algún dos titulares. 11.3 Os tribunais estarán presididos polo profesor ou profesora que designe a Comisión Académica, e tamén contarán cun secretario ou secretaria e un ou unha vogal designados como tales por esa mesma Comisión, a proposta do Coordinador ou Coordinadora de TFM. 11.4 Non poderá formar parte dos tribunais o profesorado que titore o TFM que se está a avaliar por parte dun tribunal. 11.5 A composición dos tribunais será comunicada 15 días naturais antes da data establecida para a defensa dos TFM. 11.6 O nomeamento como membro dun tribunal de TFM é irrenunciable, agás causa de forza maior debidamente acreditada. Non obstante, o membro do tribunal que considere que concorre en causa xustificada que lle impida actuar poñerao en coñecemento do Presidente da Comisión Académica, quen deberá resolver se a causa é eximente. Se así o valorase, comunicaráo ao Coordinador ou Coordinadora de TFM que convocará ao membro suplente. 11.7 Os tribunais poderán invitar ás deliberacións ao titor ou titora do TFM, ou a expertos na materia que se estea a avaliar, en calidade de asesores, con voz pero sen voto. 11.8 Se a Comisión Académica o considera oportuno, poderá constituírse un tribunal único para a avaliación dos TFM da mesma convocatoria. 11.9 Unha vez avaliado o TFM, unha copia será depositada, con acceso aberto e salvagarda dos dereitos de propiedade intelectual por parte do autor, que pode ser compartida co titor ou titora do traballo. 12. Defensa dos Traballos Fin de Máster 12.1 A matrícula no TFM dará dereito á entrega e defensa do traballo, no curso no que o alumnado estea matriculado, en dúas das tres oportunidades posibles por convocatoria (febreiro, xullo ou setembro). A obtención de Non presentado nalgunha das oportunidades ou en todas computarase para os efectos de consumir a convocatoria. 12.2 O número máximo de convocatorias que poderá consumir o alumnado será de dúas, sendo necesaria a formalización dunha nova matrícula unha vez consumida a primeira sen superala. 12.2 A Comisión Académica fará público con 7 días naturais antes da data establecida de defensa dos TFM o lugar, data, hora e orde de defensa dos TFM, nos intervalos temporais que determine o calendario académico anual da USC.

12.3. O alumnado fará unha exposición oral e pública do TFM durante un tempo máximo de 15 minutos, trala que o tribunal formulará preguntas por un período máximo doutros 15 minutos. Poderá utilizar os medios audiovisuais que considere necesarios para a súa exposición. 12.4 Os TFM entregados só poderán ser defendidos e avaliados unha vez que se teña constancia de que o alumnado superou todos os créditos necesarios para o obtención do título de máster, salvo os correspondentes ao propio traballo. 12.5 A defensa será realizada de xeito presencial, aínda que en casos excepcionais debidamente autorizados pola Comisión Académica, poderá realizarse con garantías por medios telemáticos. 12.6 A non presentación ao acto de defensa, tendo entregada a Memoria en tempo e forma, terá a cualificación de suspenso nesa oportunidade. 13. Criterios e procedemento de avaliación e revisión dos Traballos Fin de Máster 13.1 A cualificación do TFM será o resultado de integrar a cualificación emitida polo seu titor ou titora e a do tribunal avaliador, coa seguinte ponderación: Cualificación do titor ou titora da Proposta de TFM e do seguimento na realización do traballo, 2 puntos sobre 10. Cualificación do tribunal da Memoria de TFM, 8 puntos sobre 10. 13.2 Con anterioridade á data de defensa do TFM, o titor ou titora deberá entregar á Comisión Académica a cualificación da Proposta de TFM e do seguemento na realización do traballo (ata 2 puntos), tendo en conta a calidade daquela e o axuste ás características indicadas no apartado 8.2, utilizando o modelo correspondente que aparece no Anexo IV. 13.3 Trala defensa do TFM, o tribunal emitirá a súa cualificación, de 0 a 8 e con expresión dun decimal, tendo en conta os criterios seguintes: Calidade da Memoria (aspectos formais e científicos): ata 3 puntos Calidade da exposición: ata 2 puntos Calidade da argumentación ás preguntas do tribunal: ata 3 puntos 13.4 O tribunal comunicará a cualificación final de 0 a 10, integrando as dúas cualificacións, utilizando a acta individual de cualificación, propia do Máster, recollida no Anexo V, que debe ser asinada por todos os membros do tribunal. 13.5 Se o tribunal detectara que o traballo non é orixinal ou que non se citan debidamente as fontes, ademais de outorgarlle ao traballo a cualificación de suspenso, deberá poñer o feito en coñecemento da Reitoría a efectos de iniciar as accións disciplinarias que procedan, de conformidad eco artigo 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. 13.6 O alumnado ten dereito á revisión das cualificacións nas datas e horarios fixados para tal efecto ao facerse públicos os resultados provisorios. As datas de revisión deberán estar comprendidas dentro dos dez días seguintes á publicación dos resultados e incluirán como mínimo dúas datas opcionais.

13.7 A revisión será persoal e poderán realizala un ou varios membros do tribunal que avaliou o TFM, e seguirá o procedemento establecido na normativa vixente relativa á avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións da USC. 13.8 O Coordinador do Máster trasladará a cualificación definitiva á acta de cualificación electrónica do TFM a través da secretaría virtual para docentes da USC. Elaborarase unha acta individual por cada alumno/a e traballo e para cada oportunidade na que constarán o nome do titor ou titora (ou máis de un, se fose o caso), o tribunal e o título do traballo defendido, así como a súa cualificación e data de defensa, e será asinada por todos os membros do tribunal. 13.9 A mención de Matrícula de honra poderá ser outorgada ao alumnado que obteña unha cualificación igual ou superior a 9, unha vez rematadas as defensas de todos os traballos correspondentes ao curso académico, e tras a xeración automática dunha acta final ou consolidada de todo o alumnado matriculado na materia de TFM, non podéndose outorgar máis de unha polo número de matriculados que se admiten no Máster. 14. Outras consideracións 14.1 A propiedade intelectual dos traballos correspóndelle ao alumnado que os realizou. 14.2 Unha copia en formato electrónico dos traballos quedará depositada no centro para o seu arquivo e consulta, e poderá ser utilizada na USC para usos académicos e de investigación, sempre coa mención específica aos seus autores. Para estes efectos, o alumnado asinará a correspondente autorización de difusión e a declaración de que se trata dun traballo inédito. 14.3 A Comisión dos TFM poderá propoñer a publicación dos traballos que destaquen pola súa calidade, tanto no repositorio institucional da USC (Minerva) como en formato papel. 14.4 No caso de traballos que se realicen no marco dun contrato, convenio con algunha entidade ou proxecto de investigación, a súa xestión se fará de acordo co recollido ao respecto no Regulamento da USC dos Traballos Fin de Máster. Disposición final. Entrada en vigor Esta normativa entrará en vigor logo da súa publicación no taboleiro electrónico da USC, trala súa aprobación polo Consello de Goberno, e será de aplicación ao Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio. O contido desta normativa complétase co resto de regulamentacións e procedementos da USC que se atopen en vigor, entre outras, a Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster, a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, o Regulamento da USC dos intercambios universitarios de estudantes, e as Normas de planificación académica anual.

Disposición derrogatoria Coa entrada en vigor desta normativa quedará derrogada a Normativa de Traballos Fin de Máster (TFM) aprobada o 20 de abril de 2012 pola Comisión Académica do Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio.

ANEXO I

PROPOSTA DE TFM DATOS DO/A ALUMNO/A Apelidos: Nome: D.N.I.: Enderezo (Rúa/número/piso): Poboación: CP: Correo electrónico: Teléfono: Titor/a (Titores/as): Título proposto: En Lugo, a... de... de 201... O/A alumno/a O/A titor/a Ado./... Ado./... Sr/Sra. Presidente da Comisión Académica do Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio

ANEXO II

Nome Apelido1 Apelido2 Traballo Fin de Máster TÍTULO Titor/a:... Data:... Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO III

D./Dna..., con DNI..., alumno/a do Máster Oficial en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela, cumprindo coa Normativa propia de Traballos Fin de Máster, entrega copia en papel e en formato dixital do seu Traballo titulado..............., no rexistro do IBADER con data....... Ado./.... Sr. Presidente da Comisión Académica do Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio

ANEXO IV

Cualificación do/a titor/a da Proposta de TFM e do seguimento na realización do traballo Apelidos: Nome: D.N.I.: Titor/a: Título do Traballo Fin de Máster: Cualificación (máximo de 2 puntos): Xustificación da cualificación: En Lugo, a... de... de 201... Ado./.. Sr. Presidente da Comisión Académica do Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio

ANEXO V

Acta de cualificación de TFM Apelidos: Nome: D.N.I.: Titor/a: Título do Traballo Fin de Máster: Presidente/a do Tribunal: Secretario/a: Vogal: CUALIFICACIÓN: Calidade da memoria (aspectos formais e científicos): ata 3 puntos Calidade da exposición: ata 2 puntos Calidade da argumentación ás preguntas do tribunal: ata 3 puntos Cualificación do tribunal (sobre 8 puntos) Cualificación do/a titor/a (sobre 2 puntos) Cualificación final do TFM (sobre 10 puntos) En Lugo, a... de... de 201... Presidente/a: Secretario/a: Vogal: Ado./. Ado./... Ado./. Sr. Presidente da Comisión Académica do Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio