Esta obra está dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón:

Documentos relacionados
finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

iml informe mecado laboral introducción

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

V I C E P R E S I D E N C I A

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

MAPA DE RECURSOS: Instalacións Portuarias

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

REDE EUSUMO. información e comunicación

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

TR341 D-FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO

Convocatoria ordinaria de 2012

ANEXO I SOLICITUDE DATOS DA ENTIDADE/DENOMINACIÓN DO GRUPO INFORMAL: CP Tfno./Tfno. móbil Fax Correo electrónico

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

TÁBOA ORIENTATIVA DE INGRESOS MÁXIMOS PONDERADOS SEGUNDO OS TRAMOS DE REFERENCIA

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

O CONTRATO DE TRABALLO

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

SR. ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO.

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx

Guía de procedementos e servizos

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2016 (2º semestre e total 2016) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25801

iml contexto comarcal. 3.4 ámbito de contratación

statísticas en materia de economía social COOPERATIVAS SOCIEDADES LABORAIS CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS DE XUVENTUDE CURSOS E OBRADOIROS QUE SE IMPARTEN NOS ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS DE XUVENTUDE

RECOMPILACIÓN NORMATIVA 2016 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

2.932 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 44 Venres, 5 de marzo de 2010

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Indicadores de poboación: decrecemento e envellecemento poboacional en Galicia

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

BS402B - Novo ingreso/renovación de praza en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal da Xunta de Galicia.

A, B (Deberá completarse con todas as facturas correspondentes aos investimentos realizados no 2011), C, G, H, I

Política e Obxectivos de Calidade

DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

En, de de. Firma O/a Secretario/a VºBº

RECOMPILACIÓN NORMATIVA 2013 CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

COMO PODE AXUDARME O SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA?

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

BASES E CONVOCATORIA QUE REXERÁN OS PREMIOS DO CONCURSO DE MAIOS OBXECTO:

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE FACENDA E O CONCELLO DE SANTIAGO PARA O ACCESO PÚBLICO AO XARDÍN DO PAZO DE AMARANTE

CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA A AVALIACIÓN E PARA A HABILITACIÓN OFICIAL COMO CORRECTOR E EXAMINADOR DOS EXAMES DO DELF ESCOLAR.

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

Con respecto á anualidade 2018, está previsto un gasto de ,00.

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL (con)trato feito!

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA.

VÁLIDO SÓ PARA EFECTOS INFORMATIVOS

TR348 A/B- CONTRATACION INDEFINIDA INICIAL E CONVERSION TEMPORAL A INDEFINIDO (FSE)

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2017 Páx

VOLUNTARIADO XACOBEO 2010

1. TÍTULO DO PROGRAMA/ AXUDA PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

EXPÓN: Que en calidade de do sito/os na rúa

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR. Memoria Área de Traballo

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

6.970 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 79 Mércores, 28 de abril de 2010

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4565

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

Transcrição:

1

Edita: Secretaría Xeral de Emprego Consellería de Economía, Emprego e Industria Xunta de Galicia 2018. Coñece as empresas de inserción laboral DL: C 431-2018 Esta obra está dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón: https://libraria.xunta.gal/gl/conece-as-empresas-de-insercion-laboral Esta obra distribúese cunha licenza CC-Atribución.CompartirIgual 4.0 España de Creative Commons. Para ver unha copia de licenza, visite: https://creativecommons.org/licenses/by/4.0/deed.es_es 2

EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL...5 QUE SON?...5 A TITULARIDADE DA EMPRESA DE INSERCIÓN LABORAL...5 REGULACIÓN LEGAL...6 REQUISITOS QUE DEBEN CUMPRIR...7 PERSOAS BENEFICIARIAS DA INSERCIÓN SOCIOLABORAL...9 CUALIFICACIÓN E REXISTRO...10 OBRIGAS DAS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL...12 AS MEDIDAS DE APOIO...14 DE CARÁCTER XERAL...14 DE CARÁCTER ESPECÍFICO...14 ENDEREZOS DE UTILIDADE...15 3

4

EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL QUE SON? Son empresas de inserción laboral as sociedades mercantís ou sociedades cooperativas, legalmente constituídas e debidamente cualificadas polo órgano competente en materia de emprego da Xunta de Galicia, que realicen calquera tipo de actividade económica de produción de bens ou de prestación de servizos e cuxo obxecto social teña como finalidade a integración e a formación sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social, actuando como espazo de tránsito ao emprego ordinario. A empresa de inserción laboral non ten como finalidade maximizar os beneficios económicos, senón maximizar os beneficios sociais, crear emprego e axudar a aquelas persoas que teñen maiores dificultades para acceder ao traballo. A TITULARIDADE DA EMPRESA DE INSERCIÓN LABORAL Poden ser titulares dunha empresa de inserción laboral as sociedades mercantís, sociedades laborais, sociedades cooperativas ou calquera tipo de organización societaria civil ou mercantil legalmente constituída, sempre que cumpran os requisitos establecidos no Decreto 156/2007, do 19 de xullo, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, se crea o seu rexistro administrativo e se establecen as medidas para o fomento da inserción sociolaboral, e na Orde do 29 de decembro de 2008 pola que se regula o procedemento de cualificación das empresas de inserción laboral e a organización e funcionamento do seu rexistro. 5

REGULACIÓN LEGAL A normativa básica estatal está constituída pola Lei 44/2007, do 13 de decembro, para a regulación do réxime das empresas de inserción (BOE núm. 299, do 14 de decembro), modificada pola Lei 27/2009, do 30 de decembro, de medidas urxentes para o mantemento e o fomento do emprego e a protección de persoas desempregadas (BOE núm. 315, do 31 de decembro). No ámbito da Comunidade Autónoma, a Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia (DOG núm. 249, do 31 de decembro) regula as empresas de inserción no capítulo II do seu título IV. O Decreto 156/2007, do 19 de xullo, regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, crea o seu rexistro administrativo e establece as medidas para o fomento da inserción sociolaboral (DOG núm. 153, do 8 de agosto de 2007). A Orde do 29 de decembro de 2008, pola que se regula o procedemento de cualificación das empresas de inserción laboral e a organización e funcionamento do seu rexistro, desenvolve o Decreto 156/2007, do 19 de xullo (DOG núm. 6, do 9 de xaneiro do 2009). 6

REQUISITOS QUE DEBEN CUMPRIR Para a súa consideración como empresa de inserción laboral, as empresas deben cumprir os seguintes requisitos: Estar inscritas no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción Laboral de Galicia. Ter como finalidade primordial proporcionarlles ás persoas en proceso de inserción medidas de apoio personalizado, tales como formación, pautas de adquisición de hábitos sociais de traballo ou acompañamento social de resolución de problemas persoais e de convivencia que poidan dificultar o normal desenvolvemento do proceso de adaptación social. Ser promovidas e participadas por unha ou varias entidades promotoras, polo menos ao 51% do capital social, no caso de sociedades mercantís, ao 49% no caso de sociedades laborais ou a 1/3 no caso de sociedades cooperativas. Manter, en cómputo anual, unha porcentaxe mínima do 30% de persoas traballadoras en proceso de inserción con respecto ao total do seu cadro de persoal. En ningún caso o número de persoas en proceso de inserción poderá ser inferior a dúas, agás no caso de empresas de catro ou menos persoas traballadoras, que deberán ter polo menos unha en proceso de inserción (estes mínimos enténdense a tempo completo). Non ter vinculados os balances, as contas de resultados e o patrimonio a actividades económicas distintas das do seu obxecto social. Aplicar o 100% dos resultados ou os excedentes dispoñibles obtidos en cada exercicio económico á mellora ou ampliación das estruturas produtivas e de inserción, ou a programas de inserción sociolaborais das entidades promotoras. 7

Un concepto vinculado a estas empresas que as caracteriza e as identifica dentro da economía social é o itinerario de inserción, entendendo por tal, o conxunto de servizos, prestacións, accións de orientación, titoría e procesos personalizados e asistidos de traballo remunerado, formación no posto de traballo ou habituación laboral e social, encamiñados a satisfacer ou resolver problemáticas específicas derivadas da situación de exclusión. 8

PERSOAS BENEFICIARIAS DA INSERCIÓN SOCIOLABORAL As persoas a cuxa integración se dirixen as empresas de inserción laboral son as persoas en situación ou en risco de exclusión social, cualificadas como beneficiarias para a súa incorporación nunha empresa de inserción, segundo o establecido no artigo 3 la Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia. O procedemento de incorporación da persoa traballadora á empresa de inserción ten os seguintes pasos: Tramitación da cualificación como persoa beneficiaria polos servizos sociais comunitarios básicos ou específicos da Comunidade Autónoma de Galicia. Certificación como persoa beneficiaria polo servizo competente en materia de inclusión social. Sinatura do convenio de inserción por parte dos servizos sociais comunitarios, a empresa de inserción e a propia persoa traballadora en proceso de inserción. Contrato de traballo da persoa en proceso de inserción. Certificación do servizo público de emprego polo que se ditamina a condición de demandante de emprego e a idoneidade profesional para o posto de traballo da persoa traballadora en proceso de inserción. 9

CUALIFICACIÓN E REXISTRO O procedemento de cualificación dunha entidade como empresa de inserción iníciase a instancia das entidades interesadas mediante solicitude dirixida á Secretaría Xeral de Emprego, á que se deberá xuntar a documentación recollida na Orde do 28 de decembro de 2008, para acreditar o cumprimento dos requisitos esixidos na dita orde así como no Decreto 156/2007, do 19 de xullo: Denominación social da entidade solicitante. Memoria que acredite a viabilidade económica, técnica e financeira do proxecto empresarial, detallando os aspectos técnicos de produción e comercialización, así como o plan de investimentos e valoración das distintas fontes de financiamento con que conta o proxecto. Número de identificación fiscal (NIF), así como escritura de constitución e estatutos ou calquera outra documentación identificativa das entidades promotoras que participen no capital social da empresa obxecto de cualificación. NIF, así como escritura de constitución e estatutos da empresa obxecto de cualificación ou calquera outra documentación que a identifique. En todo caso, acompañarase xustificación da porcentaxe de participación no capital social de cada unha das persoas ou entidades participantes. DNI da persoa que exerza a representación legal da empresa e, de ser o caso, documentación acreditativa da representación coa que actúa. Relación de persoas traballadoras en situación de alta no cadro de persoal pola que se xustifique o cumprimento do requisito esixido no artigo 4.c) do Decreto 156/2007. 10

Calquera outra documentación que sexa requirida para acreditar o cumprimento dos requisitos esixidos na orde e no Decreto 156/2007. O órgano competente para resolver sobre a cualificación é a Secretaría Xeral de Emprego. Unha vez cualificada unha entidade como empresa de inserción laboral procédese de oficio á súa inscrición no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción Laboral de Galicia. Este rexistro, de carácter autonómico, é único, público e gratuíto. 11

OBRIGAS DAS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL As empresas de inserción laboral, unha vez inscritas, están obrigadas a presentar no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción Laboral de Galicia: a) O plan de actividades e o orzamento anual, con anterioridade ao comezo do exercicio económico correspondente. b) As contas anuais e o informe de xestión correspondente ao peche de cada exercicio económico, no prazo de 6 meses contados desde a data do peche do exercicio. c) Un balance social anual no que se informe dos resultados obtidos en materia de inserción sociolaboral das persoas traballadoras ocupadas nelas, no prazo de 6 meses contados desde a data do peche do exercicio. d) A documentación acreditativa das modificacións estatutarias que afecten a súa cualificación (composición e titularidade do capital social, denominación social, domicilio social ou obxecto social) no prazo de dous meses desde a súa inscrición no rexistro correspondente á súa forma xurídica. e) A documentación acreditativa da modificación da estrutura do persoal que afecte a porcentaxe mínima de traballadores/as en inserción. A comunicación deberá realizarse no prazo dun mes desde que a modificación teña lugar. Desde a súa cualificación deberán manter, en cómputo anual, un mínimo do 30% de persoas traballadoras en proceso de inserción con respecto ao total do persoal, sen prexuízo dos límites establecidos pola normativa específica de sociedades cooperativas e de sociedades laborais en materia de contratación. 12

En ningún caso o número de persoas en proceso de inserción debe ser inferior a dúas, salvo nas empresas de catro ou menos persoas traballadoras, que polo menos deberán ter unha persoa traballadora en proceso de inserción. Para acreditar a porcentaxe indicada computaranse tanto as persoas traballadoras por conta allea como as persoas socias traballadoras integrantes deste tipo de empresas. Os indicados mínimos deberán entenderse en cómputo horario a tempo completo. 13

AS MEDIDAS DE APOIO DE CARÁCTER XERAL As empresas de inserción laboral, como calquera outra empresa, teñen acceso ao réxime de subvencións, axudas, bonificacións e calquera outra medida de apoio económico establecida polas administracións públicas. De xeito orientativo, pódese indicar que en Galicia unha gran parte destas medidas de apoio están canalizadas a través do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica). DE CARÁCTER ESPECÍFICO A Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, presta un importante apoio ao labor que desempeñan as empresas de inserción e as súas entidades promotoras mediante as axudas que convoca anualmente para fomentar tanto a creación destas empresas como o seu mantemento. Estas axudas cobren un amplo rango de actividades como por exemplo a propia posta en marcha da actividade, a creación de novos postos de traballo para as persoas en situación de exclusión social ou a contratación de persoal técnico ou de apoio. 14

ENDEREZOS DE UTILIDADE Xunta de Galicia CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO Edificio Administrativo San Lázaro, s/n 15781 Santiago de Compostela Teléfono: 981 544 666 emprego.ceei.xunta.gal REXISTRO ADMINISTRATIVO DE EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL Edificio Administrativo San Lázaro, s/n 15703 Santiago de Compostela Teléfono: 981 545 687 XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA Rúa Vicente Ferrer, 2. 15071 A Coruña Teléfono: 981 184 901 XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO Rolda da Muralla, 70. 27071 Lugo Teléfono: 982 294 650 XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE Rúa Curros Enríquez, 1, 4º. 32071 Ourense Teléfono: 988 386 710 XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA (SERVIZO VIGO) Rúa Concepción Arenal, 8-2º. 36201 Vigo Teléfono: 986 805 204 REDE EUSUMO Rede Eusumo info@eusumo.gal www.eusumo.gal 15

IGAPE Edificio Administrativo San Lázaro, s/n 15703 Santiago de Compostela Teléfono: 900-815151 / 902-300903 informa@igape.es CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela Teléfono: 981 544 653 dxinclusion.politicasocial@xunta.gal 16

SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar conta con 19 equipos de Inclusión, 18 deles desenvolven o seu labor dende a Rede galega de oficinas de inclusión e un máis no Centro Penitenciario de Teixeiro. Estes equipos traballan a prol da inclusión social dos colectivos máis desfavorecidos. Ames Oficina Comarca Enderezo Teléfono Arzúa Carballo Noia As Pontes Baralla A Barcala - O Sar - Santiago Melide - Ordes - Arzúa Bergantiños - Soneira - Fisterra Barbanza - Noia - Muros Ferrolterra - Eume - Ortegal A Fonsagrada - Os Ancares - Lugo Rúa Viorneira, 6-baixo. Milladoiro. 15895. Casa "Beatriz". Rúa San Vicente, s/n. 15810. Casa da Xuventude. Rúa Valle Inclán, 24-1º andar. 15100. Edificio Administrativo. Rúa Espíritu Santo, 4-baixo. 15200. Avenida de Castelao, 36-1º. 15320. R/ Evaristo Correa Calderón, 44. 27680. 981 884 600 981 500 846 981 700 556 981 822 163 981 450 556 982 363 135 Begonte Terra Cha - A Ulloa Rúa do Concello, 5. 27373. 982 396 124 Mondoñedo Monforte de Lemos Barbadás O Carballiño A Rúa Sarreaus Baiona A Mariña Terra de Lemos - Sarria - Chantada - Quiroga Terras de Celanova - Ourense - Allariz O Carballiño - O Ribeiro Valdeorras - Caldelas - Trives - Viana A Limia - Verín - Maceda Val Miñor - Baixo Miño Rúa dos Remedios, s/n-2º andar. 27400. 982 524 080 Rúa Cabe, 22. 27400. 982 418 264 Centro Empresarial Transfronteirizo. Lugar O Pontón, 25. 32890. Avda. do Balneario, 17. baixo. 32500. Praza José A. Míguez Freire, 1. 32350. 988 553 138 988 270 209 988 310 328 Praza do Toural, s/n. 32631. 988 462 507 Centro Sociocomunitario. Rúa Dolores Agrelo, 16-1º. 36300. 986 389 557 17

Lalín Deza - Terra de Montes Centro Sociocomunitario. Praza Joaquín Lóriga, s/n. 36500. 986 784 517 Marín Área Metropolitana de Pontevedra - O Morrazo Casa da Cultura de Mogor. Lg. Outeiro, s/n. 36911. 986 890 288 O Porriño Área Metropolitana de Vigo - Condado -Paradanta Edificio Multiusos de Torneiros. Rúa Ribeira, s/n. 36410. 986 332 684 Vilagarcía O Salnés - Caldas Centro Sociocomunitario. Rúa Rosalía de Castro, 24-1º. 36600. 986 505 358 Centro Penitenciario de Teixeiro Módulo "Nelson Mandela" Estrada de Paradela, s/n. 15310. 981 779 500 ext. 3544 18

19

20