III CONVENIO PARA O PERSOAL LABORAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Documentos relacionados
Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

O CONTRATO DE TRABALLO

III CONVENIO PARA O PERSOAL LABORAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

3. Administración do Parlamento de Galicia

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

traballadores/as do Ensino ACTUALIZADO A 2018 PERMISOS LICENZAS REDUCIÓNS XORNADA PERSOAL LABORAL

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

Dereitos laborais para a conciliación 2015

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

ACTUALIZADA A SETEMBRO DE

Modifícase a letra h) Enfermidade grave (Disposición Adicional 1ª da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia).

PROGRAMA ANUAL DE VACACIÓNS PARA 2015

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

V I C E P R E S I D E N C I A

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Convocatoria ordinaria de 2012

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Resto do permiso, a opción da nai, aproveitamento pola nai, o pai ou compartido (simultaneamente ou sucesivamente)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

ELECCIÓN DE HORARIO E ADSCRICIÓN FUNCIONAL DO PROFESORADO NOS CENTROS PÚBLICOS INTEGRADOS (CPI)

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

DIARIO OFICIAL SUMARIO III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

I.- VACACIÓNS. Duración, cómputo e condicións de aproveitamento

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

TR341 D-FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA

CONCELLO DA MOI HOSPITALARIA VILA DE MONDARIZ BALNEARIO

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

2.2. XORNADA LABORAL.- A xornada laboral será de 30 horas semanais, de luns a venres.

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

Procedemento de Admisión

BASES PARA A CONTRATACIÓN CON CARÁCTER LABORAL TEMPORAL DUN TÉCNICO DE TURISMO:

A Estrada, 26 de febreiro de 2018 REUNIDOS

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Sample Text. Nº 127 Martes, 6 de xullo de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

BORRADOR II CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA ÍNDICE

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

ORDENANZA Nº 40: ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS.

DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2015 pola que se convocan actividades

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9746

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

ALUMNADO QUE PODE PRESENTARSE Á PROBA ESTRUTURA DA PROBA

(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO: de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

Política e Obxectivos de Calidade

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

Os horarios serán de cómputo semanal cos descansos que a lei establece e segundo as necesidades do servicio.

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR XEFATURA TERRITORIAL DE VIGO. Convenios colectivos

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

NORMATIVA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (Aprobada no Consello de Goberno do 23 de novembro de 2016)

REDE EUSUMO. información e comunicación

3. PUBLICIDADE Esta convocatoria publicarase na páxina web do Concello e nun dos xornais de mais tirada na comarca.

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Lei 39/99 Conciliación da vida familiar e laboral dos traballadores

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

MESTRADO EN PROCESOS DE DESEÑO E FABRICACIÓN MECÁNICA

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

ORDENANZA REGULADORA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO XANTAR SOBRE RODAS E ESTABLECEMENTO DO CORRESPONDENTE PREZO PÚBLICO P2

BS402B - Novo ingreso/renovación de praza en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal da Xunta de Galicia.

Borrador de DECRETO POLO QUE SE REGULA O SISTEMA DE CARREIRA PROFESIONAL NO SISTEMA PÚBLICO DE SAÚDE DE GALICIA.

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

REGULAMENTO DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

Planificación do curso escolar

Índice. Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. PROCEDEMENTO Matrícula. AC: xestión académica. AC- 02: xestión de alumnado

Transcrição:

III Convenio colectivo para o PAS Laboral, Proposta intersindical maio 2013 1 III CONVENIO PARA O PERSOAL LABORAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO INDICE TITULO I. DETERMINACIÓN DAS PARTES, ÁMBITO E VIXENCIA. TITULO II. ORGANIZACIÓN DO TRABALLO. TITULO III. SELECCIÓN E PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO. Sección A. Selección Sección B. Provisión TITULO IV. XORNADA E HORARIO. TITULO V. VACACIÓNS, PERMISOS E LICENZAS. TITULO VI. SUSPENSIÓN DO CONTRATO E EXCEDENCIAS. TITULO VII. RÉXIME RETRIBUTIVO. TITULO VIII. RÉXIME DISCIPLINARIO. TITULO IX. FORMACIÓN, ASISTENCIA E ACCIÓN SOCIAL. TITULO X. PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TITULO XI. DEREITOS DE REPRESENTACIÓN SINDICAL. Disposicións Adicionais Disposicións Transitorias Disposición Final Anexos I. Clasificación profesional. II. Estrutura dos procesos selectivos. III. Concurso de traslados: Baremo. IV. Estrutura salarial. V. Roupa de traballo.

III Convenio colectivo para o PAS Laboral, Proposta intersindical maio 2013 2 TITULO I. DETERMINACIÓN DAS PARTES, ÁMBITO E VIXENCIA. Artigo 1. Partes do convenio. Concertan este convenio colectivo para o persoal laboral de administración e servizos (PAS laboral) da Universidade de Vigo, os representantes das partes: pola universidade o Reitor, e polos traballadores as centrais sindicais, debidamente representadas polas persoas que asinan o seu texto Artigo 2. Ámbito funcional e territorial. Este convenio é de aplicación en todos os campus e centros da Universidade de Vigo, tanto nos existentes á súa entrada en vigor como nos que se creen durante a súa vixencia. Artigo 3. Ámbito persoal. As normas do presente convenio aplicaránselle a todo o persoal que, integrado no ámbito funcional do artigo anterior, estea vinculado á universidade en virtude de relación xurídicolaboral común formalizada polo Reitor ou órgano en quen delegue, estea suxeito ao poder de dirección dela e perciba as súas retribucións con cargo ás correspondentes consignacións orzamentarias de capítulo I para o persoal laboral de administración e servizos. Queda expresamente excluído da aplicación do presente convenio o persoal docente e investigador, o persoal contratado para proxectos ou actividades de investigación, desenvolvemento ou innovación con cargo a financiamento de carácter finalista proporcionado por outras administracións, institucións ou empresas, así como aqueloutro persoal contratado con cargo a programas ou actividades financiadas por outras institucións públicas ou privadas. Artigo 4. Ámbito temporal. Este convenio entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e terá vixencia ata o 31 de decembro de 201X Artigo 5. Prórroga e denuncia. 1. Calquera das partes asinantes debidamente lexitimadas poderá instar a revisión do convenio, mediante denuncia notificada por escrito á outra parte cunha antelación mínima de dous meses ao remate do período de vixencia sinalado no artigo 4 ou, no seu caso, do remate de calquera das prórrogas. 2. En todo caso, mentres que non se asine un novo convenio, permanecerán en vigor todas as cláusulas deste e se estará ao disposto no artigo 86 do Estatuto dos traballadores. 3. De non producirse a denuncia no prazo establecido no apartado primeiro, o convenio entenderase tacitamente prorrogado por períodos de anos naturais. Artigo 6 Actualizacións retributivas e normas xerais. Anualmente procederase á revisión das condicións retributivas previstas no convenio aplicando as normas sobre retribucións do persoal laboral contidas nas leis de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o correspondente exercicio. No caso de producírense durante o período de vixencia do convenio innovacións normativas en materia de universidades, lexislación xeral dos empregados públicos ou regulamentos universitarios con efectos modificatorios, directos ou derivados, sobre determinacións deste convenio, incluídas aquelas que permitan a recuperación dos dereitos incluídos nos capítulos V,VI e VII do II Convenio Colectivo do PAS Laboral da Universidade de Vigo, procederase á súa aplicación adoptándose o correspondente acordo no seo da comisión paritaria con expresión das cláusulas e normas do convenio afectadas e do seu réxime substitutivo. Estes acordos serán inmediatamente executivos en canto teñan un alcance interpretativo ou aclaratorio, de teren contidos modificatorios do pactado e aplicables deberán someterse á aprobación dos órganos con funcións negociadoras.

III Convenio colectivo para o PAS Laboral, Proposta intersindical maio 2013 3 Así mesmo, cando se produza unha desviación entre o incremento do IPC na Comunidade Autónoma de Galicia e a revisión establecida na Lei de orzamentos, negociarase a revisión das condicións retributivas procurando compensar a perda de poder adquisitivo, no marco en que as dispoñibilidades orzamentarias o permitan. Artigo 7. Comisión Paritaria de interpretación, vixilancia e aplicación do convenio 1. Constituírase unha comisión de composición paritaria coa misión de interpretar, estudar e vixiar a correcta aplicación deste convenio. 2. A comisión estará composta por sete representantes do persoal laboral, designados polas centrais sindicais asinantes do presente convenio en proporción aos resultados obtidos nas últimas eleccións sindicais celebradas, garantindo a presenza de todas elas, e por outros sete representantes da Universidade de Vigo. As partes poderán nomear asesores segundo se estableza no regulamento de réxime interno ou, no seu defecto, un por cada organización sindical con presenza na comisión podendo a Universidade de Vigo nomear os seus en igual número. 3. A Comisión Paritaria terá a súa sede en Vigo e se constituirá por iniciativa de calquera das partes a partir da publicación do presente convenio no Diario Oficial de Galicia. 4. Corresponderalle: a) A interpretación da totalidade do articulado e cláusulas do convenio. b) Vixiar o cumprimento do pactado. c) A arbitraxe nas cuestións sometidas á súa consideración polas partes e a mediación obrigatoria previa nos conflitos colectivos que poidan suscitarse en relación co pactado no convenio. d) Resolver as discrepancias que poidan xurdir nos períodos de consultas dos procedementos que non permitan a aplicación de determinadas condicións do convenio, establecidos no artigo 82.3 do Estatuto dos traballadores consonte o que nel se dispón. e) Aprobar o seu regulamento de funcionamento interno. f) Calquera outra non sinalada nos apartados anteriores, imposta polo establecido na legalidade vixente ou no presente convenio ou que as partes, de común acordo, decidan atribuírlle. Artigo 8. Comité Intercentros. 1. Poderase constituír un Comité Intercentros cun máximo de trece integrantes. A súa composición será proporcional aos resultados obtidos por cada central sindical nas últimas eleccións sindicais, con carácter global. 2. Ademais das funcións que lle deleguen ou encomenden os órganos de representación unitaria dos traballadores, terá as seguintes competencias: a) Negociación colectiva para a concertación, modificación e denuncia de convenios. b) Negociación, nos termos previstos na lexislación xeral e na normativa universitaria, dos seguintes instrumentos: - Relación de postos de traballo (RPT) do persoal laboral de administración e servizos. - Bases dos procedementos de selección, promoción interna e provisión de postos correspondentes ao PAS laboral. - Bases de recoñecemento e asignación de complementos salariais. c) Designación de representantes no Comité de Seguridade e Saúde Laboral e noutros órganos colexiados previstos neste convenio e no regulamento do persoal de administración e servizos. d) Interposición de recursos e reclamacións e declaración de folga. Artigo 9º.-Órganos comúns. Nos supostos previstos no Regulamento de PAS, na normativa de prevención de riscos laborais e nas cuestións de réxime común do PAS conforme a normas xerais ou a este convenio, constituiranse órganos comúns para o conxunto do PAS da universidade. Poderá constituírse, no ámbito da universidade e para o conxunto do PAS (funcionario e laboral) unha mesa ou órgano colexiado xeral de participación para as cuestións comúns, de

III Convenio colectivo para o PAS Laboral, Proposta intersindical maio 2013 4 conformidade co previsto no artigo 39 e concordantes da Lei 9/1987, de órganos de representación. Para os efectos do disposto neste artigo e nos dous anteriores, sen prexuízo do disposto na disposición adicional 5ª da Lei 9/1987, en canto ao ámbito provincial nas eleccións sindicais, o cómputo para a determinación de representantes nos órganos previstos farase sobre a base do resultado das eleccións sindicais no conxunto dos centros de traballo da universidade. TITULO II. ORGANIZACIÓN DO TRABALLO. Artigo 10. Organización do traballo. 1. A organización do traballo constitúe unha facultade exclusiva da universidade e a súa aplicación corresponderá á Xerencia de acordo cos principios de legalidade e eficacia e servizo á comunidade. 2. A ordenación do persoal laboral de administración e servizos realizarase a través de relacións de postos de traballo (RPT), nos que se incluirá: a denominación dos postos dotados no orzamento reservados ao persoal laboral de administración e servizos, indicando: categoría, dotación, grupo, quenda, e de ser o caso, complementos salariais, forma de provisión, requisitos e condicións de desempeño. No citado documento todo traballador terá que ser adscrito en orixe a un centro ou unidade 3. A modificación da RPT negociarase entre a Xerencia e os correspondentes órganos de representación unitaria do persoal. Artigo 11. Clasificación profesional. Os postos reservados ao persoal laboral de administración e servizos encádranse en grupos profesionais, que integran unitariamente as aptitudes profesionais, titulacións e contido xeral da prestación, incluíndo as tarefas, funcións, especialidades ou responsabilidades que poden ser asignadas ao traballador. A clasificación por grupos profesionais é a seguinte: Grupo 1. Corresponde ao persoal que realice funcións para as que se requira estar en posesión do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente. Realizará tarefas que esixan un alto grao de cualificación ou especialización sobre un ou varios sectores da actividade, con obxectivos definidos e un elevado nivel de esixencia no referente á iniciativa, autonomía e responsabilidade. O seu exercicio profesional poderá implicar a dirección de persoas e equipos de traballo, planificando, controlando e verificando os resultados, así como o traballo con entidades e empresas contratadas pola universidade, supervisando a calidade, os prazos de execución e todas aquelas cuestións derivadas do cumprimento do acordado. Grupo 2. Corresponde ao persoal que realice funcións para as que se requira estar en posesión do título de grao, diplomado universitario, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, ciclo formativo de grao superior ou titulación equivalente. Realizará actividades complexas correspondentes ao nivel formativo esixido, coordinando e supervisando a execución de tarefas heteroxéneas e o grupo de traballo no seu ámbito, desenvolvendo programas, aplicando técnicas e coñecementos, seguindo instrucións de carácter xenérico. Poderá encomendárselle a supervisión de traballos realizados por entidades e empresas contratadas pola universidade. Grupo 3. Corresponde ao persoal que realice funcións para as que se requira estar en posesión do título de bacharel, grao medio de formación profesional ou equivalente. Realizará tarefas especializadas propias dunha profesión, habitualmente baixo a supervisión e mediante instrucións doutras persoas, desenvolvendo programas, actividades ou aplicacións de carácter técnico. No seu ámbito de traballo poderá ordenar e verificar a actividade doutros traballadores, podendo encomendárselle a coordinación e verificación da actividade realizada por entidades e empresas contratadas pola universidade.

III Convenio colectivo para o PAS Laboral, Proposta intersindical maio 2013 5 Grupo 4. Corresponde ao persoal que realice funcións para as que se requira estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, graduado escolar ou equivalente. Realizará tarefas que requiran adecuados coñecementos profesionais e aptitudes prácticas, seguindo instrucións e xeralmente baixo a dirección dun superior, e ocasionalmente actuacións máis autónomas. Grupo 5. Corresponde ao persoal que realice funcións para as que se requira un nivel de formación equivalente a educación primaria,certificado de escolaridade ou outros homologados polo Ministerio de Educación. Realizará tarefas que normalmente precisan coñecementos profesionais de carácter elemental e non necesitan de formación específica. Dentro de cada grupo, atendendo ao sector profesional ou de actividade, distínguense as especialidades que se enumeran no anexo I. Poderanse crear novas especialidades previa negociación na Comisión Paritaria. Por causas suficientemente xustificadas, logo da negociación entre a xerencia e os órganos de representación unitaria dos traballadores, poderá eximirse o requisito de titulación para o acceso por promoción interna a determinadas categorías para os candidatos que teñan unha antigüidade de 10 anos ou unha formación de 150 horas en materias relacionadas coa categoría. Artigo 12. Mobilidade funcional. 1. A mobilidade funcional non poderá aplicárselle a aquelas persoas que non posúan a titulación académica específica ou a titulación profesional esixida na RPT. Os traballadores deberán pertencer sempre ao mesmo grupo profesional ou a unha categoría profesional equivalente. As normas de xestión de listas de agarda fixarán os criterios para a provisión temporal de postos de categoría distinta ou superior. 2. Funcións de categoría superior. O reitor, se estimase a concorrencia de razóns técnicas ou organizativas que así o xustifiquen, poderá autorizar a realización de funcións de categoría superior. Resultará nulo de pleno dereito o acto adoptado nesta materia por calquera outra autoridade universitaria, sen prexuízo das responsabilidades que poidan esixirse. De autorizarse polo reitor no uso das súas facultades exclusivas de organización do traballo, a realización de funcións de categoría superior para a cobertura dun posto de traballo vacante, a duración do período de desempeño poderá comprender ata a provisión definitiva do posto. A convocatoria para a cobertura con carácter definitivo do posto non demorará máis dun ano. Para os efectos do artigo 24º do Estatuto dos traballadores, a superación do correspondente proceso selectivo por promoción interna será o único procedemento que permita o ascenso ou cambio de categoría profesional dun traballador. 3. Traballos de categoría inferior. Se por necesidades perentorias e imprevisibles fora preciso destinar a un traballador a tarefas correspondentes a unha categoría inferior, os xefes das unidades poderán propoñelo á xerencia a través dun informe motivado, á vista do que, a xerencia poderá facelo por tempo non superior a un mes dentro do mesmo ano e comunicándollo aos representantes dos traballadores. Nestes casos, aos traballadores manteránselles as retribucións e os demais dereitos da súa categoría profesional TITULO III. SELECCIÓN E PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO. Sección A. SELECCIÓN Artigo 13. Convocatorias.

III Convenio colectivo para o PAS Laboral, Proposta intersindical maio 2013 6 1. A Universidade de Vigo seleccionará ao seu persoal laboral de acordo cos principios de igualdade, mérito e capacidade, mediante procedementos transparentes e áxiles nos que se garanta a publicidade das convocatorias e das súas bases. 2. As bases das convocatorias e os temarios serán negociados pola Xerencia cos órganos de representación unitaria do persoal. A selección realizarase preferentemente polo sistema de concurso-oposición, ou ben o de oposición ou o de concurso, de acordo coa estrutura que se establece no Anexo II. 3. Nas ofertas de emprego público reservarase unha cota do 100% para a promoción interna. As prazas que non se cubran por promoción interna sairán a acceso libre; en todo caso respectarase o cupo de discapacidade conforme ao RD 2271/2004 de acceso ao emprego público e á provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade. á Lei 7/2007 de Estatuto do Empregado Público e á Lei 51/2003 de integración de persoal con minusvalías. Para poder participar pola quenda de promoción interna deberase acreditar como persoal laboral fixo da Universidade de Vigo,dita acreditación farase de oficio pola Universidade. Artigo 14. Órganos de selección. 1. Con carácter xeral estarán constituídos por cinco membros, dos que dous serán designados por proposta dos representantes dos traballadores; nas convocatorias de persoal non fixo e ampliación de listas de espera, a Xerencia acordará cos órganos de representación unitaria do persoal que poidan estar constituídos por tres membros, dos que un será designado por proposta dos representantes dos traballadores. 2. Todos os membros deberán estar en posesión de titulación igua ou superior á esixida á praza convocada; actuarán con voz e voto e de acordo cos principios de obxectividade, imparcialidade, transparencia e publicidade. 3. Poderán solicitar da administración a designación de asesores especialistas, que en ningún caso terán a condición de membros do órgano selectivo pero aos que resultará de aplicación o previsto no apartado seguinte. 4. As causas de abstención e recusación serán as previstas na lei de procedemento administrativo, así como o que nesta materia podan establecer as normas aplicables de función pública e as propias da Universidade de Vigo. Artigo 15. Período de proba. Establécese un período de proba de tres meses para os grupos I e II e de un meses para os demais grupos. Quen o supere satisfactoriamente adquirirá, de non posuíla, a condición de persoal laboral fixo ou temporal da Universidade de Vigo. A incapacidade temporal e a maternidade interromperán ó cómputo deste período. As decisións verbo da non superación do período de proba deberán ser motivadas, e suporán para o persoal admitido pola quenda de promoción interna impedimento para ocupar vacante na correspondente especialidade. Artigo 16. Contratación temporal. 1. Coas persoas que non superaran o correspondente proceso de selección de persoal laboral fixo ou contratado temporal, que así o manifestaran e que cumpran os requisitos, elaboraranse listas de espera. Poderase optar por recibir ofertas para calquera dos tres campus ou ben para os dunha soa provincia. 2. O persoal laboral contratado temporalmente pola Universidade de Vigo terá dereito a que se lle ofreza un novo contrato e exercer a opción cando este corresponda: a. A un posto encadrado nun grupo superior e o contrato teña unha duración igual ou superior a 3 meses. b. A un posto encadrado no mesmo ou inferior grupo e o contrato teña unha duración igual ou superior a 3 meses. c. Cando o contrato sexa a tempo parcial, ofertaráselle outro a tempo completo cuxa duración certa sexa superior a un mes ou se prevea que poida ser maior a un mes. Neste

III Convenio colectivo para o PAS Laboral, Proposta intersindical maio 2013 7 suposto o persoal poderá elixir entre optar a este novo contrato ou renunciar a el sen que caiba ningunha sanción pola renuncia. 3. Rematada a duración do contrato reintegraranse á lista de espera correspondente na posición orixinal. 4. Para dispor de candidatos en especialidades non incluídas neste convenio ou unha vez esgotadas as listas existentes, convocaranse procesos selectivos que se axustarán ao previsto no anexo II. No segundo caso, a lista resultante engadirase á preexistente. Pola contra, a lista confeccionada a partir dun proceso de selección de persoal laboral fixo substituirá a anterior, que se considerará suprimida. 5. Poderanse formalizar contratos eventuais por circunstancias da xestión ou acumulación de tarefas, que terán unha duración máxima de 12 meses dentro dun período de 18 meses, contados a partires do momento no que se produzan estas causas. Os postos de traballo que superen este prazo consideraranse estruturais e engadiranse á Relación de Postos de Traballo. 6. A Universidade de Vigo non contratará, para as prazas de carácter estrutural, traballadores a través das empresas de traballo temporal nin en calidade de autónomos. Sección B. PROVISIÓN Artigo 17. Concurso de traslados. Anualmente a Universidade de Vigo convocará concurso de traslados entre o seu persoal para promover a conciliación da vida laboral e familiar. 1. A convocatoria do concurso de traslados publicarase no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios dos rexistros da Universidade de Vigo e na páxina electrónica do servizo administrativo encargado da súa xestión. 2. Requisitos e condicións de participación: a) Poderá tomar parte o persoal laboral fixo da Universidade de Vigo que pertenza á mesma categoría profesional das prazas ofertadas. b) Acreditar unha antigüidade mínima de dous anos no destino definitivo actual agás cando se soliciten postos en localidade ou quenda distinta. 3. O persoal que non teña adxudicado un destino definitivo antes do remate do prazo de presentación de solicitudes deberá participar no primeiro concurso que se convoque, solicitando todos os postos da súa especialidade profesional. De non obter destino definitivo e se o posto que se lle atribuíra en adscrición provisional resultara adxudicado, adscribirase a unha praza vacante do seu grupo ou inferior. De incumprir a obriga de participar nos termos antes indicados declararase en excedencia voluntaria por interese particular. 4. Poderanse solicitar todos os postos incluídos na RPT do PAS laboral, vacantes inicialmente ou a resultas do propio proceso de adxudicación de novos destinos. O prazo de resolución e incorporación aos novos destinos serán fixados na respectiva convocatoria. 5. Comisión de Valoración: estará constituída por cinco membros, dos que dous serán designados a proposta do Comité de Empresa. Todos actuarán con voz e voto. 6. Baremo: especifícase no anexo III. 7. Poderase utilizar o procedemento de concurso específico para cubrir postos dos grupos I, II e III por razóns de singularidade, responsabilidade ou dificultade técnica, entre outras. Nesta modalidade de concurso valoraranse os méritos e a experiencia profesional, os méritos académicos e a antigüidade. Poderá contemplar a realización dunha memoria ou dun proxecto e unha entrevista. 8. Resolución do concurso e toma de posesión. A resolución do concurso farase no prazo máximo de tres meses desde que remate o prazo de presentación de solicitudes. A incorporación no posto de traballo farase efectiva, agás razóns xustificadas, nun mes. Artigo 18. Remoción do posto de traballo. De se iniciar expediente que, en todo caso, será motivado e resolto polo órgano competente, de oficio por causas obxectivas ou por pedimento dun traballador por inadecuación ao posto

III Convenio colectivo para o PAS Laboral, Proposta intersindical maio 2013 8 de traballo que ten asignado, por imposibilidade para desempeñar as correspondentes funcións ou por causas sobrevidas, poderá dispoñerse a remoción, con audiencia previa do interesado e do responsable do servizo afectado, oído o órgano de representación unitaria dos traballadores. O traballador afectado quedará ao dispor da Xerencia que lle atribuirá o desempeño provisorio dun posto ou función axeitada ao seu grupo profesional Artigo 19. Libre designación. Utilizarase este procedemento para prover os postos singularizados que así se estableza na relación de postos de traballo do PAS laboral. As convocatorias serán públicas e para participar haberá que ser persoal laboral fixo da Universidade de Vigo e reunir os requisitos que se esixan nas súas bases. O persoal nomeado poderá ser cesado discrecionalmente mediante resolución motivada referida á competencia para adoptar o acordo. Atribuiráselle con carácter provisional a realización das funcións propias do seu grupo e especialidade, aínda que non ocupe praza vacante, en tanto non se lle poda adscribir provisionalmente a unha. Artigo 20. Adscrición provisional. Por necesidades organizativas e dos servizos, así apreciadas pola xerencia, poderán adoptarse para o persoal laboral fixo da correspondente categoría profesional adscricións provisorias para o desempeño de funcións ou postos vacantes que posibiliten un cambio de quenda ou de localidade consonte os seguintes criterios e prioridades: a) Cambio de quenda, de existiren varias solicitudes a prelación fíxase na seguinte orde: persoal do centro ou unidade, persoal do campus, antigüidade na categoría, antigüidade na Universidade de Vigo. b) Cambio de localidade, de existiren varias solicitudes a prelación fíxase na seguinte orde de antigüidade: na categoría, na Universidade de Vigo, na localidade de orixe. c) Para facer efectivo o cumprimento dos criterios de cambio de quenda e localidade elaborase unha normativa de xestión no seo da comisión de política de emprego ou, no seu defecto, por acordo entre a xerencia e o órgano colexiado de representación do persoal. d) Cando corresponda a categoría distinta, cubrirase consonte coa normativa e listas de agarda elaborada no seo da comisión de política de emprego. O persoal laboral fixo que solicite reingresar ao servizo activo, sen reserva de posto de traballo, será adscrito provisoriamente a un posto vacante da súa categoría ou a un equivalente en caso de inexistencia, e deberá participar no primeiro concurso de traslados que se convoque. Artigo 21. Mobilidade con outras administracións. A Universidade de Vigo promoverá o asinamento de convenios con outras universidades e administracións públicas que permitan o recíproco traslado dos seus traballadores. Así mesmo, poderán asinarse convenios con universidades da Unión Europea que permitan o intercambio e/ou traslado do persoal. A efectividade do traslado suxeitarase á comprobación pola comisión paritaria da devandita equivalencia das categorías profesionais ou das funcións entre o posto de orixe e o solicitado. Poderán realizarse permutas entre traballadores, en activo, fixos da Universidade de Vigo e traballadores fixos das outras universidades públicas de Galicia. A comisión paritaria instará, por petición dos traballadores, o asinamento de convenios. Artigo 22. Mobilidade por razóns de violencia de xénero. As vítimas de violencia de xénero que o precisen para facer efectiva a protección ou o seu dereito á asistencia social integral, terán preferencia para obter un cambio de posto de traballo cunha duración inicial de seis meses, período no que se lles reservará o destino definitivo. Poderase obter unha prórroga por idéntico prazo e dereitos, manténdose o dereito

III Convenio colectivo para o PAS Laboral, Proposta intersindical maio 2013 9 á reserva. Transcorrido un primeiro período de tres meses, poderase solicitar en calquera momento cun mes de antelación a reincorporación ao posto definitivo. TITULO IV. XORNADA E HORARIO. Artigo 23. Xornada. 1 A xornada anual será de 1.635 horas de traballo efectivo, equivalentes a 218 xornadas de 7 horas e 30 minutos. Para os efectos da súa determinación considerarase xornada anual efectiva o número de horas que o persoal ten que prestar servizos ao longo dun ano de 365 días, computando neste cálculo as vacacións, os días de libre disposición e de libranza que inclúen os sábados non traballados, os domingos e os 14 festivos oficiais. 2 A súa realización axustarase ás seguintes modalidades horarias: a) Xornada continuada de luns a venres en quendas de mañá (das 8:00 ás 15:30 horas) ou tarde (das 14:30 ás 22:00 horas). Esta será a xornada de xeneralizada aplicación. b) Xornada partida de luns a venres de aplicación co horario que para concretos postos de traballo autorice a relación de postos de traballo (RPT). Agás que se estableza outro distinto, logo de negociación co órgano de representación unitaria, entenderase que o horario de realización será das 9:00 ás 14:00 horas e das 15:00 ás 17:30 horas. c) Xornada especial e irregular: realizaranse 37,5 horas semanais de media en cómputo anual. d) Xornada nocturna: terá esta consideración a realizada entre as 22:00 e as 6:00 horas. Para os efectos de cómputo de xornada as horas traballadas multiplicaranse por 1,5. 3 Para os efectos do cómputo da xornada as horas traballadas en sábados pola tarde, domingos e festivos multiplicaranse por 2, coa excepción do indicado no apartado anterior. 4 Para os efectos do cómputo da xornada da Unidade de Transporte e Distribución terá a consideración de xornada efectiva o tempo de presenza por razóns de espera, expectativas de servizo, comidas en ruta, avarías ou outras circunstancias similares que impliquen estar dispoñible para atender instrucións, emprender ou continuar a condución ou realizar outros traballos propios da súa especialidade ata o límite de 25 horas en media mensual. Ata o límite de horas citado o tempo de presenza integrará o compensado co complemento de especial dedicación horaria 5 Poderanse establecer outras modalidades de xornada, permanentes ou transitorias, en función das necesidades de servizos previa negociación, no prazo máximo de 15 días, cos órganos de representación unitaria do persoal. 6 As reducións de xornada durante o período estival e os períodos non lectivos de Semana Santa e Nadal fixaranse pola Universidade previa negociación cos órganos de representación unitaria do PAS. 7 Para atender os centros que deban permanecer abertos os sábados, as horas efectivamente traballadas os sábados pola mañá (ata as 14:00 h) compensaranse, por elección do persoal, en descanso, a razón de 1,5 por hora traballada, sempre que as necesidades do servizo o permitan e que poderán acumularse as vacacións, ou retribuídas a razón de 1,25 por hora traballada. O persoal deberá traballar cada ano un máximo de 10 8 Exclusivamente para os titulares de postos que, así autorizados pola RPT, deban realizar a totalidade ou parte da súa xornada laboral en sábados, domingos e días declarados festivos debe considerarse, para os efectos de determinar o cómputo de 37,5 horas semanais de traballo efectivo, que cada hora traballada en sábado pola mañá (ata as 14.00 horas) multiplicarase por 1,5 e a traballada en sábado pola tarde, domingo e día declarado festivo multiplicarase por 2. Iguais coeficientes multiplicadores serán aplicados para os efectos de aboamento das horas extraordinarias.

III Convenio colectivo para o PAS Laboral, Proposta intersindical maio 2013 10 9 Trimestralmente a xerencia informará por escrito ao órgano de representación unitaria sobre o cumprimento das distintas modalidades de horario e das incidencias que se tivesen producido TITULO V. VACACIÓNS, PERMISOS E LICENZAS. Artigo 24. Vacacións. a) As vacacións anuais terán unha duración de vinte e dous días hábiles, ou dos que correspondan proporcionalmente ao tempo de servizos prestados. Gozaranse preferentemente no período de xuño a setembro, podendo autorizarse noutro mes sempre que as necesidades do servizo o permitan e sen exceder do 15 de xaneiro do ano seguinte. O goce dos días de vacacións na modalidade de días hábiles non precisará que os mesmos sexan gozados baixo ningún tipo de agrupamento. b) Así mesmo, e a efectos de determinar o período computable para o cálculo das vacacións anuais, as ausencias do traballo por motivos independentes da vontade do empregado público, tales como enfermidade, accidente ou maternidade, así como aqueloutras derivadas do goce de licenza a que se refiren os artigos 71 e 72 do texto articulado da Lei de Funcionarios Civís do Estado de 1964, ou os permisos recollidos no artigo 30 da Lei 30/1984, de 2 de agosto, computarán como servizos efectivos. c) Aos efectos do previsto no cálculo das vacacións, non se considerarán como días hábiles os sábados, sen prexuízo das adaptacións que se establezan para os horarios especiais. d) O dereito á quenda de vacacións será rotatorio, salvo acordo entre os traballadores afectados. e) Así mesmo, terá dereito a un día hábil adicional ao cumprir quince anos de servizo na administración pública, e engadirase outro día hábil ao cumprir os vinte, vinte e cinco e trinta anos de servizo, respectivamente, ata un máximo de catro. Este dereito farase efectivo a partir do ano seguinte a aquel no que se cumpren os anos de servizo sinalados no parágrafo anterior. f) Non se considerarán como días hábiles os sábados, sen prexuízo das adaptacións que se establezan para os horarios especiais. g) Se antes de iniciar o período de vacacións se causara baixa por incapacidade temporal, risco durante o embarazo ou a lactación ou aquel coincidira cun permiso de maternidade, adopción ou acollemento, paternidade, lactación e violencia de xénero, gozaranse as vacacións noutras datas, mesmo despois do ano natural ao que correspondan. h) No suposto de incapacidade temporal, as vacacións poderán gozarse previa solicitude á Xerencia e de acordo coas necesidades do servizo, unha vez que se produza a incorporación ao posto de traballo, sempre que non transcorreran máis de dezaoito meses a partir do remate do ano en que se orixinaran. i) Se os permisos de maternidade ou paternidade ou a situación de incapacidade temporal sobreviñeran durante o período de vacacións, estas se interromperán podendo usarse as restantes nun período distinto, mesmo cando pola súa duración ou polas necesidades do servizo fora preciso gozalas no ano natural posterior, dentro do límite previsto no apartado anterior. j) O persoal terá dereito a acumular o período de vacacións aos permisos de maternidade, adopción ou acollemento, paternidade, lactación e violencia de xénero, así como os períodos de incapacidade temporal derivados de embarazo ou lactación natural, mesmo despois do remate do ano natural ao que aquel corresponda. k) Os cadros de vacacións deberán estar elaborados o 30 de abril de cada ano, e no caso de centros académicos, quen exerza a xefatura deberá comunicalo aos órganos de goberno de centro e departamento que resulten pertinentes. Á súa vez, as persoas responsables remitirán as súas propias propostas á Xerencia para a súa autorización.

III Convenio colectivo para o PAS Laboral, Proposta intersindical maio 2013 11 l) Os cadros deben manterse actualizados, garantindo na súa elaboración que os servizos, centros e unidades queden suficientemente atendidos, sendo competencia das persoas responsables resolver os imprevistos e incidencias organizativas que puidesen acontecer nos períodos de vacacións do persoal correspondente. m) Tamén poderán propor á Xerencia o peche total ou parcial dos centros e dependencias, previo informe das unidades afectadas e dándolle a publicidade necesaria, cunha antelación mínima de 45 días naturais. n) Cando a persoa destinada nunha unidade teña autorizado un período de vacacións e pase a prestar servizos noutra distinta, poderá mantelo sempre que se lle autorice de acordo coas necesidades deste último destino e sexa compatible cos acordos existentes entre o persoal da nova unidade. Artigo 25. Licenzas non retribuídas. O persoal que teña cumprido polo menos un ano de servizos efectivos poderá solicitar licenza sen soldo por un prazo non inferior a quince días nin superior a seis meses. Por causas excepcionais, apreciadas co informe favorable do órgano de representación unitaria dos traballadores, poderanse conceder licenzas de nove meses durante un ano ou de doce meses durante dous anos. No caso de denegación esta deberá estar debidamente motivada. Artigo 26. Permisos. Agás imposibilidade material, a solicitude e a autorización dos permisos retribuídos que se relacionan deben ser previos ao seu goce. A solicitude deberá presentarse acompañada da documentación acreditativa pertinente en cada caso. Cando se faga referencia a localidade entenderase a correspondente ao domicilio da persoa interesada. 1. Por coidado dun fillo ou filla menor de idade, por natureza, adopción ou nos supostos de acollemento preadoptivo ou permanente, afectado/a por cancro (tumores malignos, melanomas e carcinomas), ou por outra enfermidade grave e sempre que ambos proxenitores traballen terase dereito a reducir, con carácter xeral, un mínimo do 50% da xornada, percibindo as retribucións íntegras, durante a hospitalización e tratamento continuado de longa duración que requira un coidado directo, continuo e permanente e, como máximo, ata que o menor cumpra os 18 anos. Cando concorran en ambos proxenitores polo mesmo suxeito e feito causante, as circunstancias necesarias para ter dereito a este permiso ou, no seu caso, poidan ter a condición de beneficiarios da prestación establecida para este fin no réxime de seguridade social que sexa de aplicación, percibiranse as retribucións íntegras durante o tempo que dure a redución da xornada cando o outro proxenitor, sen prexuízo do seu dereito á redución de xornada, non perciba íntegras as súas retribucións ou a prestación da seguridade social. En caso contrario, só terá dereito a redución de xornada coa conseguinte diminución de retribucións. Así mesmo, no suposto de que ambos presten servizos nesta universidade poderá limitarse o seu exercicio simultáneo por razóns fundadas no correcto funcionamento do servizo. Se as necesidades organizativas o permiten, poderá autorizarse a acumulación do permiso en xornadas completas, en cómputo mensual. As solicitudes de concesión, acumulación e recuperación da xornada formularanse con sete días de antelación, sempre que as circunstancias o permitan, acompañadas da necesaria acreditación (filiación e informe médico). 2. Por razón de violencia de xénero sobre o persoal: as faltas de asistencia do persoal vítima de violencia de xénero, totais ou parciais, terán a consideración de xustificadas polo tempo e nas condicións nas que así o determinen os servizos sociais de atención ou de saúde, segundo proceda. Así mesmo, as vítimas de violencia de xénero, para facer efectiva a súa protección ou o seu dereito á asistencia integral, terán dereito á redución da xornada coa diminución proporcional da retribución ou á reordenación do tempo de traballo, a través da adaptación do horario, da aplicación do horario flexible ou doutras formas de ordenación do tempo de traballo que lles poidan ser aplicables.

III Convenio colectivo para o PAS Laboral, Proposta intersindical maio 2013 12 3. Por lactación dun fillo ou filla menor de doce meses o persoal terá dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderá dividir en dúas fraccións. Este dereito poderá substituírse por unha redución da xornada normal en media hora ao inicio e ao final da xornada ou ben nunha hora ao inicio ou ao final da xornada. Este permiso constitúe un dereito individual do persoal, homes e mulleres, pero só poderá ser exercido por un dos proxenitores no caso de que ambos traballen. Autorizarase ao pai cando acredite que a nai ten a condición de traballadora e que non o vai utilizar. Igualmente poderase substituír o tempo de lactación por un permiso retribuído que se gozará con posterioridade ao permiso de maternidade, ben baixo a fórmula de crédito horario (160 horas) ben por xornadas completas ininterrompidas (22 días hábiles). Nos supostos de adopción ou acollemento, este dereito computarase durante un ano a contar dende a resolución xudicial ou administrativa de adopción ou acollemento. Este permiso incrementarase proporcionalmente no caso de parto múltiple. Os pedimentos realizaranse cunha antelación mínima de quince días, deberán indicar a opción elixida especificando, no seu caso, a distribución do crédito de horas e non admitirán modificacións, agás causa excepcional. 4. Por paternidade: o pai ou a outra persoa proxenitora polo nacemento, acollemento ou adopción dunha filla ou fillo terán dereito a un permiso de vinte e nove días naturais, a partir da data de nacemento, da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción. Solicitarase con antelación cando sexa posible e, en caso contrario, na mesma data do feito causante. No caso de parto, acollemento ou adopción múltiple o permiso será de trinta e cinco días naturais. Ademais, a nai poderá facer uso do permiso de paternidade a continuación do descanso por parto, adopción ou acollemento, nos seguintes supostos: - Cando o pai ou a outra persoa proxenitora falecese antes da utilización íntegra do devandito permiso. - Se a filiación paterna non estivese determinada. - Cando as persoas proxenitoras non estivesen casadas nin estivesen unidas de feito en análoga relación de afectividade. - Cando en resolución xudicial ditada en proceso de nulidade, separación ou divorcio, iniciado antes da utilización do permiso, se lle recoñecese á nai a garda do fillo ou filla que acaba de nacer. No suposto de matrimonio de mulleres ou de unións de feito en análoga relación de afectividade, se unha delas fora a nai biolóxica, a outra terá dereito ao permiso de paternidade nos termos fixados nesta alínea. 5. Por nacemento de fillas e fillos prematuros ou que por calquera outra causa deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, terase dereito a ausentarse do traballo durante un máximo de dúas horas diarias, sen diminución das retribucións. Así mesmo, terase dereito a reducir a xornada de traballo un máximo de dúas horas con diminución proporcional das retribucións. 6. Para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto, as traballadoras embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo polo tempo necesario, xustificando a asistencia e a necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo. Cando os servizos sanitarios prescriban repouso obrigatorio, a traballadora terá dereito a 3 días naturais e o seu cónxuxe ou parella de feito a 1 día. 7. Para tratamentos de fecundación asistida, as traballadoras terán permiso polo tempo necesario para a súa práctica, xustificando a asistencia e a necesidade de realización dentro da xornada de traballo. Se fose necesario o desprazamento a outra provincia, o permiso poderá estenderse ata dous días naturais. O cónxuxe ou parella de feito gozará de idéntico réxime e requisitos. 8. Por razóns de garda legal, cando o persoal teña o coidado directo dun menor de doce anos, dunha persoa maior de setenta anos que requira especial dedicación ou dunha persoa con discapacidade que non desempeñe actividade retribuída, terá dereito a unha redución de ata un medio da xornada de traballo, idéntica para todo o período, coa diminución proporcional das súas retribucións. Asistirá o mesmo dereito para o coidado directo do cónxuxe ou parella de feito, ou dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade graves, non se poida valer por

III Convenio colectivo para o PAS Laboral, Proposta intersindical maio 2013 13 si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída. As solicitudes de concesión e recuperación da xornada formularanse con quince días de antelación. Agás causa extraordinaria as reducións estenderanse por un período mínimo de un mes, prazo que deberá transcorrer para solicitar tamén a recuperación e non poderán gozarse simultaneamente con outras modalidades de redución. 9. Para o coidado de cónxuxe ou parella de feito, familiares en primeiro grao, persoas acollidas ou familiares que convivan na mesma casa, por accidente ou enfermidade moi graves terá dereito a un permiso retribuído cunha duración máxima de trinta días naturais (ou vinte e dous días hábiles). Cada accidente ou enfermidade dará dereito a un único permiso. Se houbese máis dun titular deste dereito polo mesmo feito causante, o tempo de gozo deste permiso poderase ratear entre eles, respectando o prazo máximo. Resultarán de aplicación os prazos establecidos no apartado 1 deste artigo. 10. Por ser preciso para atender o coidado dun familiar de primeiro grao por razóns de enfermidade moi grave, terase dereito a unha redución de ata o cincuenta por cento da xornada laboral, con carácter retribuído, e polo prazo máximo dun mes, prorrogable en circunstancias excepcionais e atendendo á extrema gravidade da enfermidade padecida, ata un período máximo de dous meses. Se houbese máis dun titular deste dereito polo mesmo feito causante, o tempo de gozo desta redución poderase ratear entre eles, respectando o prazo máximo. Resultarán de aplicación os prazos establecidos no apartado 1 deste artigo. 11. Para acompañar á consulta médica a un fillo ou filla menor de 16 anos, ou a persoas maiores de setenta anos ou incapacitadas ao seu cargo, terase dereito a ausentarse polo tempo preciso, xustificando a necesidade de acudir dentro da xornada de traballo. Os pais de fillos con discapacidade terán dereito a ausentarse do traballo polo tempo necesario para asistir a reunións de coordinación do seu centro educativo ou asistencial, ou para acompañalos para recibir apoio adicional. 12. Polo falecemento, accidente ou enfermidade graves, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que requira repouso domiciliario, dun familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade: tres días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade e cinco días hábiles cando sexa en distinta localidade. Cando se trate de familiares dentro do segundo grao, o permiso será de dous días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade e catro días hábiles cando sexa en distinta localidade. No caso de hospitalización, accidente ou enfermidade graves, o permiso poderá solicitarse en calquera momento do proceso de xeito continuo ou alterno, sempre que o feito causante se manteña durante o gozo do permiso. 13. Por matrimonio ou parella de feito inscrita legalmente: quince días naturais ininterrompidos que no caso de matrimonio se poderán gozar con anterioridade ou posterioridade á súa celebración, sempre que o feito causante quede incluído no período e no caso de parella de feito deberán iniciarse dentro dos quince días seguintes á notificación da inscrición. Os permisos de matrimonio e parella de feito son excluíntes de seren os mesmos os membros que formen a parella. 14. Por asuntos particulares: estableceranse nas instrucións que a este respecto dite a universidade. 15. Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal e por deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral, que non dean lugar a retribución ou indemnización, noutro caso o seu importe descontarase do salario que lle corresponda. Asistirá o mesmo dereito a un dos proxenitores de fillos con discapacidade para asistir a reunións de coordinación do centro educativo e/ou asistencial ou para acompañalo para recibir apoio adicional, polo tempo indispensable. Estas circunstancias deberán acreditarse documentalmente. 16. Para asistir a cursos de formación e perfeccionamento profesional, organizados pola Universidade de Vigo ou outras institucións, nos termos previstos no regulamento e nas instrucións da universidade. 17. Para concorrer a exames finais, liberatorios e outras probas definitivas de aptitude e avaliación en centros oficiais de formación, durante os días da súa celebración e coa debida xustificación. Igualmente recoñecerase este dereito nos supostos de asistencia a probas de acceso e promoción interna do PAS convocadas pola Universidade de Vigo.

III Convenio colectivo para o PAS Laboral, Proposta intersindical maio 2013 14 18. Para realizar ou colaborar en estudios de campo, campañas oceanográficas e actividades equivalentes. A solicitude formularase cunha antelación de quince días, acompañada dun informe favorable do responsable suficientemente descritivo das tarefas a realizar, da relación coas funcións desempeñadas e da pertinencia da participación. A súa concesión estará supeditada ás necesidades do servizo, que tamén se considerarán para determinar a duración. 19. Desprazamentos fora do lugar de residencia: por asistencia a eventos oficiais que teñan que realizarse na xornada laboral e que de non acudir poidan ocasional un prexuízo persoal. 20. Para desprazarse a outras universidades e administracións, con ou sen intercambio. A solicitude formularase cunha antelación de quince días, a concesión supeditarase ás necesidades do servizo e requirirá a presentación dunha memoria das actividades a realizar nas que se evidencie o interese para o desenvolvemento profesional do solicitante e/ou para a Universidade de Vigo. 21. Para realizar funcións sindicais, de formación sindical ou de representación do persoal, nos termos legalmente establecidos. 22. Por traslado de domicilio: un día cando se trate da mesma localidade e dous consecutivos cando implique cambio de localidade. 23. Os días 24 e 31 de decembro, no caso de ser preciso manter o servizo, ou se coincidiran en sábado ou domingo, serán substituídos por outros dous días, determinados por acordo entre a xerencia e o órgano de representación unitaria do persoal. Artigo 27. Reducións de xornada. Autorizarase a redución de xornada sempre que resulte compatible coa natureza e as funcións do posto, o nivel de responsabilidade e as necesidades de servizo. 1. O persoal poderá solicitar reducir a súa xornada ata un 50% por recuperación de enfermidade, con diminución proporcional das retribucións. A autorización requirirá informe dos servizos sanitarios públicos e a solicitude formularase con 15 días de antelación. 2. Ademais das xa previstas, poderán autorizarse outras reducións de xornada, con diminución proporcional das retribucións, para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral considerándoas de forma singular en relación ás circunstancias que concorran, a súa acreditación e as necesidades do servizo. TITULO VI. SUSPENSIÓN DO CONTRATO E EXCEDENCIAS. Artigo 28. Suspensión do contrato con reserva do posto de traballo. Sen prexuízo do establecido no Estatuto dos traballadores, o contrato poderá suspenderse de acordo co que se establece neste epígrafe. 1. Por parto: cunha duración de dezaseis semanas ininterrompidas que se ampliará en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do fillo ou da filla e por cada fillo ou filla a partir do segundo, nos supostos de parto múltiple. O período distribuirase a opción da traballadora sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ao parto. No caso de falecemento da nai, a outra persoa proxenitora poderá facer uso da totalidade ou, no seu caso, da parte que reste do período de suspensión, computado dende a data do parto, e sen que se desconte do mesmo a parte que a nai puidera ter gozado con anterioridade ao parto. No suposto de falecemento do/a fillo/a, o período de suspensión non se verá reducido agás que, unha vez rematadas as seis semanas de descanso obrigatorio, a nai solicitara reincorporarse ao traballo. Malia o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatas posteriores ao parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que ambos proxenitores traballen, a nai, ao iniciarse o descanso por maternidade, poderá optar porque a outra persoa proxenitora goce dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ao parto, ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai. A outra persoa proxenitora poderá seguir gozando do período de maternidade inicialmente cedido, aínda que no momento previsto