A presente Resolución é de aplicación ao persoal estatutario, funcionario e residente en formación que presta servizos na EOXI Vigo.

Documentos relacionados
Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

O CONTRATO DE TRABALLO

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

V I C E P R E S I D E N C I A

Modifícase a letra h) Enfermidade grave (Disposición Adicional 1ª da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia).

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

Convocatoria ordinaria de 2012

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

PROGRAMA ANUAL DE VACACIÓNS PARA 2015

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

ELECCIÓN DE HORARIO E ADSCRICIÓN FUNCIONAL DO PROFESORADO NOS CENTROS PÚBLICOS INTEGRADOS (CPI)

PREZO PUBLICO POLAS ACTIVIDADES SOCIOEDUCATIVAS DO CENTRO OCUPACIONAL

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

DOG Núm. 193 Venres, 7 de outubro de 2011 Páx DECRETO 189/2011, do 22 de setembro, de homologación sanitaria dos tratamentos

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

ORDE do...de...de 2018 pola que se establece o procedemento de expedición de. certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

San Caetano Santiago de Compostela

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2011 Páx

Proxecto de orde do de de 2015, pola que se regula a composición, organización e funcionamento dos consellos de saúde de área.

e, fai que se manteña a necesidade do informe do Servizo de hora de considerar a viabilidade técnica e económica modificación da xornada lectiva.

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

Ordenanzas fiscais Páxina 1

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 115 Luns, 16 de xuño de 2008

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

REDE EUSUMO. información e comunicación

TR348 A/B- CONTRATACION INDEFINIDA INICIAL E CONVERSION TEMPORAL A INDEFINIDO (FSE)

ORDENANZA REGULADORA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO XANTAR SOBRE RODAS E ESTABLECEMENTO DO CORRESPONDENTE PREZO PÚBLICO P2

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Sample Text. Nº 127 Martes, 6 de xullo de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Febreiro Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do. Maio Agosto Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do 1. Novembro Lu Ma 1 7 8

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables TEXTO:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

MODELO DE ESTATUTOS DUN CONSORCIO LOCAL. Capítulo I. Disposicións Xerais

En consecuencia, esta Dirección Xeral dita as seguintes instrucións:

3. Administración do Parlamento de Galicia

Os horarios serán de cómputo semanal cos descansos que a lei establece e segundo as necesidades do servicio.

INFORMACIÓN SOBRE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA PODER CELEBRAR FESTAS OU VERBENAS POPULARES

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

Política e Obxectivos de Calidade

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

2.932 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 44 Venres, 5 de marzo de 2010

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Planificación do curso escolar

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

Borrador do proxecto de Decreto.../2012, do...de..., polo que se modifica o

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS

II MARATÓN FOTOGRÁFICO IMAXES DE INVERNO BASES DE PARTICIPACIÓN INTRODUCCIÓN

BS402B - Novo ingreso/renovación de praza en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal da Xunta de Galicia.

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2016 (2º semestre e total 2016) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25801

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

Capítulo XXIV: PROFESORADO

ÍNDICE. 3.1 Redución das cantidades almacenadas 3.2 Separación dos produtos químicos en función da súa incompatibilidade

XUNTA DE GALlCIA. CONSELLERfA DE FACENDA Dirección Xeral da Función Pública

NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

traballadores/as do Ensino ACTUALIZADO A 2018 PERMISOS LICENZAS REDUCIÓNS XORNADA PERSOAL LABORAL

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

BASES PARA A CONTRATACIÓN CON CARÁCTER LABORAL TEMPORAL DUN TÉCNICO DE TURISMO:

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9746

ORDENANZA Nº 40: ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS.

Transcrição:

RESOLUCIÓN DO 29 DE FEBREIRO DE 2016, DA XERENCIA DE XESTIÓN INTEGRADA VIGO POLA QUE SE DITAN INSTRUCIÓNS SOBRE O RÉXIME DE VACACIÓNS PARA O PERSOAL DO ÁMBITO DA XERENCIA A presente Resolución é de aplicación ao persoal estatutario, funcionario e residente en formación que presta servizos na EOXI Vigo. Ten o seu baseamento nas Instrucións recibidas da Dirección Xeral de Recursos Humanos, así como no Acordo de Concertación Social 2001 e demais normativa de aplicación. Tendo en conta os cambios normativos en materia de vacacións e permisos, compre ditar novas instrucións aplicables para o goce das vacacións 2016. Así tamén, tense en consideración a posta en marcha do novo hospital de Vigo e a reorganización da área. Por eses motivos estas Instrucións anulan as precedentes normas de vacacións do ámbito da EOXI. Así, esta Xerencia, de conformidade co Decreto 46/2013, de 7 de marzo (DOG nº 54, do 18 de marzo) polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo e en virtude das funcións e competencias atribuídas no Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG nº199, do 15 de outubro), e da Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, RESOLVE: Ditar as presentes instrucións en materia de vacacións aplicables a todo o persoal da EOXI de Vigo. 1.- Duración e cómputo: O persoal terá dereito, por ano completo de servizos, a gozar dunhas vacacións anuais retribuídas dun mes natural de duración, equivalente a vinte e dous días hábiles, nos termos do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, que aproba o Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público, ou dos días que correspondan proporcionalmente en función do tempo de servizo efectivo.

Respecto desta previsión do tempo de aproveitamento deben realizarse as seguintes consideracións: O Estatuto Básico do Empregado Público (en diante EBEP) para estes efectos considera inhábiles os sábados, pero exceptúa da tal consideración ao persoal rexido por horarios especiais respecto dos que estean determinadas as súas adaptacións. Neste sentido, cómpre advertir que a distribución ordinaria da xornada no eido da Administración pública vénse realizando de luns a venres de acordo co horario mais común de funcionamento dos servizos, xa que logo, a distribución da xornada que contemple outras posibilidades (coma a inclusión de sábados, domingos ou festivos nos días de traballo) ten esa consideración de horario especial (neste senso a Resolución do 28 de decembro de 2012, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, pola que se ditan instrucións sobre xornada e horarios de traballo do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e os seus organismos públicos) O persoal suxeito ao Acordo de Concertación Social do ano 2001 (ACS, no sucesivo) ten especificamente desenvolvido un réxime de xornada especial, referida en termos de cómputo anual e de xornada anual efectiva, diferenciando os distintos réximes ou quendas de prestación (fixa, rotatoria simple ou complexa); mais en todos os supostos contémplase a realización dun determinado número de módulos. Para o cálculo deste número de módulos tívose en conta o dereito ao aproveitamento de 30 días de vacacións, nove días de libre disposición (seis na actualidade) e o número de libranzas correspondentes ao recoñecemento de domingos e 14 festivos e libranzas de noite, de ser o caso. Polo que a introdución da referencia a días hábiles na regulación do dereito ás vacacións dos empregados públicos non altera o devandito réxime de xornada xa que na determinación do seu cómputo xa ten en conta o citado paradigma. Xa que logo, será a realización efectiva do número de horas de xornada a que acoute o aproveitamento dos descansos regulamentarios do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. A estes efectos, similar consideración cómpre facer respecto do persoal rexido pola normativa derivada do Acordo de Médicos de Urxencias Hospitalarias (MUH, no sucesivo) e do Acordo do Persoal de Urxencias Extrahospitalarias (PAC, no sucesivo). Tendo en conta as dúas consideracións anteriores, e co obxecto de compatibilizar o réxime de xornada e o disfrute de vacacións vixentes coa equivalencia do

aproveitamento destas na modalidade de 22 días hábiles, as solicitudes de vacacións se indicarán en todo caso de data a data, se ben cando se queiran disfrutar na modalidade de días hábiles estes computaranse de luns a venres (agás festivos) dentro do período solicitado. En coherencia e complementariamente a tal consideración, cómpre resinar que os períodos (continuados ou fraccionados) e/ou modalidades (en días naturais ou en días hábiles) de disfrute das vacacións anuais non poden conlevar por si mesmas unha alteración, por exceso ou por defecto, do número de horas de xornada anual a realizar. Esta previsión, que pode requirir os axustes precisos de quendas para garantir o cumprimento da xornada anual de cada profesional, ten un impacto singular no persoal con réxime de quendas ou con distribución irregular da xornada anual amparados pola normativa derivada do ACS, dos MUH e dos PAC. Nos termos da Lei 2/2015 de 29 de Abril de Emprego de Galicia e con base na disposición adicional decimocuarta do TR do EBEP, no suposto de ter completado os anos de antigüidade na Administración que se indican, o persoal estatutario terá dereito ao desfrute dos seguintes días de vacacións anuais: - Quince anos de servizo: vinte e tres días hábiles (un día máis que os 22 de xeral aplicación para todos os empregados públicos). - Vinte anos de servizo: vinte e catro días hábiles (dous días máis). - Vinte cinco anos de servizo: vinte e cinco días hábiles (tres máis). - Trinta ou máis anos de servizo: vinte e seis días hábiles (catro máis). Como vén de expoñerse, nestes casos o incremento do número de días de vacacións por riba dos 22 establecidos con carácter xeral no EBEP suporán a correlativa diminución da xornada anual efectiva dos profesionais afectados, a razón de sete horas anuais por cada día adicional de vacacións ao que se teña dereito. Criterio de proporcionalidade: Como se indicou ao comezo deste apartado, nos supostos de que a prestación de servizos sexa inferior ao ano natural correspondente, o tempo de desfrute das vacacións será proporcional á razón de 2,5 días naturais ou 1,83 días hábiles por mes de servizo, redondeándose por exceso á fracción que se puidese

producir, agás no suposto de xubilación, no que se lle recoñecerá ao/á profesional estatutario o mes completo (ou 22 días hábiles, máis os adicionais que en cada caso lle correspondan). O persoal eventual, con servizos prestados inferiores a un ano, a concesión de vacacións realizarase previa solicitude expresa, de non solicitar o disfrute procederase á compensación económica con motivo da finalización do vínculo correspondente. No suposto de permisos sen soldo, reducirase 2,5 días naturais ou 1,83 días hábiles por cada mes sen soldo ou parte proporcional correspondente. 2. Períodos de aproveitamento Co fin de organizar os servizos asistencias e programar as coberturas necesarias requírese unha maior ordenación dos recursos. 2.1.- Con carácter xeral, procurarase o disfrute continuado polo período total de un mes natural no período ordinario (meses de xuño a setembro, ambos incluídos) ou ben de xeito fraccionado por quincenas naturais (do 1 ao 15, ou do 16 ao último día do mes). No ámbito de atención primaria o período ordinario é de xullo a setembro. 2.2.- Fóra do período ordinario, as vacacións poderanse desfrute de xeito ininterrompido por meses naturais ou períodos de 30 días, ou ben de xeito fraccionado por quincenas naturais ou períodos de 15 días naturais contados de data a data; así como por semanas naturais ou períodos de 7 días naturais contados de data a data. 2.3.- En calquera caso, a fórmula que se empregue para o desfrute das vacacións de cada profesional non lle pode carrexar incremento ou redución ningunha respecto ao período de vacacións anuais recoñecido legalmente, isto é, o consistente nun mes ou 22 días hábiles (ou dos días que correspondan proporcionalmente, se o tempo de servizo durante o ano fose menor). 2.4.- Con carácter xeral non poderán acumularse os días de libre disposición e días adicionais de vacacións e de libre disposición por antigüidade co disfrute de vacacións no período ordinario de xullo a setembro. Co fin de favorecer o disfrute de vacacións no mes de xuño, permitirase unir os días adicionais e Lds adicionais nese período de vacación. 2.5.- Os días de libre disposición, tanto os xerais como os adicionais por antigüidade, poderán aproveitarse, con carácter xeral e sempre supeditado ás necesidades do servizo, ata o 31 de

xaneiro do ano seguinte ao de devengo. 2.6.- Aproveitamento fóra do ano natural: Cando as situacións de permiso de maternidade, paternidade, incapacidade temporal, risco durante a lactación ou risco durante o embarazo impidan iniciar o goce das vacacións dentro do ano natural ao que correspondan, ou unha vez iniciado o período vacacional sobreviñese unha das devanditas situacións, o período vacacional poderase desfrute aínda que se remata o ano natural ao que correspondan e sempre que non transcorresen máis de dezaoito meses a partir do final do ano no que se orixinaron. 2.7.- Aproveitamento de días adicionais de vacacións: Deberán disfrutarse de xeito conxunto e con anterioridade a 31 de Decembro do ano do seu devengo. 2.8.- No período do Nadal, o desfrute máximo de permisos será de unha semana para equilibrar o disfrute entre todo o persoal. 2.9.- Procurarase o desfrute dos días de libre disposición e días adicionais nun 50% no primeiro semestre do ano e un 50% no segundo semestre do ano. 3 - Organización das quendas de vacacións: 3.1. Adoptase como período ordinario de vacacións os meses de xuño a setembro sen prexuízo de se cambian as necesidades organizativas, este período poder ser mudado. En atención primaria o período ordinario é de xullo a setembro. 3.2. As solicitudes de cada categoría/unidade terán que realizarse de tal xeito que garantan que ao menos un 25% do persoal estable poda aproveitar as vacacións en cada mes dos catro do período ordinario. En atención primaria, o citado porcentaxe será de a lo menos un 33% do persoal de cada categoría. 3.3 Nos períodos nos que concorran diversas solicitudes de permisos (permisos e vacacións) na mesma unidade a autorización estará supeditada a presenza de 50% do persoal estable na unidade co fin de garantir o mantemento da calidade asistencial. 3.4. Sen prexuízo da efectividade xeral da regra indicada no apartado 2.4 anterior, nas unidades nas que a organización asistencial o permita, durante o período ordinario poderanse unir días adicionais de libre disposición ou días adicionais de vacacións á quincena natural.

4. Calendarios de vacacións As propostas de calendario de vacacións deben recoller as previsións do persoal tanto en período ordinario coma a estimación de disfrute en período non ordinario co fin de facilitar a programación asistencial. No período ordinario Deberán ser solicitadas ante a Dirección correspondente antes do 31 de marzo, a través do responsable da unidade e cos criterios de rotación e preferencia establecidos pola lexislación vixente. Fora do período ordinario Deberá indicar a estimación do período de desfrute antes do 31 de Marzo, para facilitar a organización, sen prexuízo de que deberan solicitarse cunha antelación de 2 meses á data inicial da proposta, a través do responsable da unidade. A solicitude fora do período ordinario deberá ser autorizada expresamente pola dirección que corresponda. Nos supostos excepcionais de cambio de vacacións por parte do/a traballador/a debe tramitarse con escrito expreso dirixido á dirección cun prazo de un mes de antelación a data asinada inicialmente. 5- Elección do período de vacacións 5.1. As quendas de vacacións distribuiranse, de acordo co criterio de rotación para os meses do período ordinario, en función dos acordos adoptados polo persoal de cada unha das unidades ou servizos, sempre que se manteña a plena capacidade funcional delas e non se incumpra o establecido na presente norma. 5.2. No suposto de non acadar o acordo, sortearase dentro de cada categoría profesional unha orde de prioridade que servirá para establecer as quendas, manténdose o principio de rotación anual. Neste caso, o aproveitamento individual ordenarase tendo en conta o recoñecemento ao dereito á elección do período de vacacións a favor das mulleres xestantes, e a preferencia na elección de mulleres e homes con fillas ou fillos menores de doce anos, ou maiores dependentes ao seu coidado directo, tendo prioridade as persoas que reúnan a condición de persoa proxenitora de familia numerosa, dentro deste grupo. Para estes efectos, a dependencia acreditarase mediante:

- Certificado de empadroamento que acredite a convivencia co familiar, e - Documento oficial que acredite a necesidade de asistencia do familiar: certificado médico ou informe de saúde, certificado expedido pola Consellería de Traballo e Benestar ou, no seu defecto, informe social dos servizos sociais comunitarios municipais No caso de que haxa varios beneficiarios con preferencia de elección, elixirá o de máis antigüidade na Administración, debendo establecerse dende o seu exercicio un ciclo rotativo entre todos eles. 5.3. No suposto de producirse novas incorporacións á unidade, incorporaranse a unha quenda de vacantes de vacacións de acordo coas necesidades de servizo. No suposto de non existir quenda de vacantes, os/as incorporados/as á unidade establecerán a quenda de vacacións por sorteo entre eles/as, ou se o incremento se refire a un só profesional, mediante solicitude individual. Cando o profesional fose trasladado forzosamente despois do 31 de marzo, respectáraselle a súa quenda de vacacións, adecuándose a rotación ó ano seguinte. 6. Resolución Recibida en prazo na Dirección a solicitude de calendario remitida polas unidades, no suposto de non aceptarse a proposta, por entender que non mantén a plena capacidade funcional da unidade ou que se incumpre a normativa, a dirección correspondente resolverá no prazo de dez días contados desde o día seguinte á recepción. A resolución denegatoria debe motivar as causas concretas nas que se fundamenta a denegación. Neste suposto, o novo calendario de vacacións será establecido seguindo o procedemento previsto no Acordo de Concertación Social 2001. No suposto de non acadarse o acordo a que fai referencia, o calendario será establecido pola dirección correspondente. A resolución pola que se establece o novo calendario será notificada ás unidades afectadas antes do 10 de maio. No suposto de non ditarse resolución expresa entenderase aceptado o calendario proposto. Nos supostos de non recibirse a proposta no prazo indicado, a dirección actuará de acordo co previsto no Acordo de Concertación social, notificándoo o calendario á unidade afectada antes do 30 de Abril. En caso de non acadarse acordo na unidade o calendario establecerao a respectiva dirección.

7. Procedemento e información: As condicións de desfrute informaranse ao persoal mediante o Anexo a esta Resolución. Autorización das vacacións: A Dirección de Procesos Asistenciais e Dirección de Procesos de Enfermería: autorizará calendarios de persoal sanitario facultativo e non facultativo, respectivamente. A Dirección de Recursos Humanos: autorizará calendarios de persoal de administración e servizos do seu ámbito de actuación. A Dirección de Recursos Económicos: autorizará calendarios de persoal de administración e servizos do seu ámbito de actuación. A Coordinación de Admisión: autorizará os calendarios de persoal do seu ámbito de actuación A Subdirección de Procesos de Información: autorizará as vacacións do persoal no seu ámbito de actuación A Subdirección de calidade e atención ao paciente e a Subdirección de Sistemas de información : autorizará as vacacións do persoal no seu ámbito de actuación A Xerencia autorizará as vacación do resto do persoal non comprendido nos apartados anteriores. 8. Efectos: Estas instrucións deixan sen efecto as Instrucións ditadas o 27 de Febreiro de 2015 sobre vacacións. En caso de lagoas ou dúbidas de interpretación, aplicaranse as Instrucións de Función Pública de Galicia ditadas en materia de vacacións. En Vigo, 29 de Febreiro de 2016 Xerente de Xestión Integrada de Vigo P.A.: Julio García Comesaña O director de Procesos Asistenciais

ANEXO Resumen Vacacións 2016 Os calendarios de vacacións deberán ser solicitadas para a súa autorización antes do 31 de Marzo, a través do/a responsable da unidade/servizo baixo os criterios de rotación e preferencia establecidos pola lexislación vixente e deben recoller as previsións do persoal tanto en período ordinario coma as estimacións en período non ordinario. As solicitudes de cada unidade terán que realizarse de tal xeito que garantan que 1/4 do persoal estable aproveite as vacacións en cada mes do período ordinario (Xuño a Setembro / Xullo a Setembro en AP). Nos períodos nos que concorran diversas solicitudes na mesma unidade, a autorización estará supeditada a presenza da porcentaxe do citado persoal estable na unidade co fin de garantir o mantemento da calidade asistencial. Os períodos serán: o Ordinario: De Xuño a Setembro/ Xullo a Setembro en AP: un mes natural ou 30 días, ou ben de xeito fraccionado, por quincenas naturais, do 1 ao 15 ou do 16 ao último día do mes natural. o Non ordinario: Fora do período anterior: do mesmo xeito que o período ordinario e de ser fraccionado, por quincenas naturais ou períodos de 15 días naturais contados de data a data, así como por semanas naturais ou períodos de 7 días naturais contados de data a data. Tendo en conta que hai persoal con horarios especiais excepcionais suxeito ao ACS, cada día hábil equivale a 7 horas. O persoal con acordos propios de xornada, aplicarase a súa normativa en materia de cómputo, tendo en conta o sistema de calendarios establecido. o Nas unidades nas que a organización asistencial o permita, durante o período ordinario poderanse unir días adicionais de antigüidade e días adicionais de vacacións aos 15 días naturais ou quincena natural. Co fin de favorecer o disfrute de vacacións no mes de xuño, permitirase unir os días adicionais e Lds adicionais nese período de vacación.

O calendario de vacacións de cada unidade acadarase por acordo entre o persoal da unidade. No suposto de non acadar o acordo, o aproveitamento individual ordenarase tendo en conta o recoñecemento ao dereito á elección do período de vacacións a favor das mulleres xestantes e a preferencia na elección de mulleres e homes con fillas ou fillos menores de doce anos ou maiores dependentes ao seu coidados, con preferencia neste grupo á familia numerosa. Seguidamente, sortearase dentro de cada categoría profesional unha orde de prioridade que servirá para establece-las quendas, manténdose o principio de rotación anual.