BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Documentos relacionados
DOCUMENTACIÓN DUNHA EXPLOTACIÓN GANDEIRA MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

En concreto, o número 1 do dito artigo 19 establece que:

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

ÍNDICE. 3.1 Redución das cantidades almacenadas 3.2 Separación dos produtos químicos en función da súa incompatibilidade

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

9448 ORDE PRE/1114/2003, do 30 de abril, pola

San Caetano Santiago de Compostela

DOG Núm. 193 Venres, 7 de outubro de 2011 Páx DECRETO 189/2011, do 22 de setembro, de homologación sanitaria dos tratamentos

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

O CONTRATO DE TRABALLO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

FECUNDACIÓN IN VITRO OU MICROINXECCIÓN ESPERMÁTICA (FIV/ICSI), CON TRANSFERENCIA E CONXELACIÓN EMBRIONARIA DOCUMENTO DE CONSENTIMENTO

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

DOG Núm. 118 Mércores, 22 de xuño de 2016 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

SEGURIDADE ALIMENTARIA MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

A GANDERÍA EXTENSIVA E A NOVA PAC

N o 124 L Mércores, 29 de xuño de 2005 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Disposición transitoria segunda. Procedemento aplicable aos expedientes xa iniciados ao abeiro da anterior normativa sobre seguranza de presas.

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

Servizo de Seguridade Alimentaria nas Producións Gandeiras (SERSEGAL)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

21277 ORDE ITC/3701/2006, do 22 de novembro, pola

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

MINISTERIO DA PRESIDENCIA

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

Consideracións sobre os controis terreo de superficies nas axudas directas da PAC en Galicia

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

MESTRADO EN PROCESOS DE DESEÑO E FABRICACIÓN MECÁNICA

DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 153 L Venres, 9 de agosto de 2002 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

5.908 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 57 Martes, 24 de marzo de 2009

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)

NOVIDADES LEXISLATIVAS

17420 REAL DECRETO 1262/2005, do 21 de outubro, g) Data prevista de inicio e data prevista de finalización

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

INFORMACIÓN SOBRE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA PODER CELEBRAR FESTAS OU VERBENAS POPULARES

16935 REAL DECRETO 1941/2004, do 27 de setembro, sante non é posible, detallar os motivos desa imposibilidade.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE FOMENTO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Portal de Directores de Centro de Gasto da USC

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Planificación do curso escolar

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5350

II MARATÓN FOTOGRÁFICO IMAXES DE INVERNO BASES DE PARTICIPACIÓN INTRODUCCIÓN

REDE EUSUMO. información e comunicación

NOVIDADES NA DECLARACIÓN DE SUPERFICIES DA SOLICITUDE ÚNICA 2018

Transcrição:

Suplemento en lingua galega ao núm. 281 Sábado 23 de novembro de 2013 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DA PRESIDENCIA 12324 Real decreto 894/2013, do 15 de novembro, polo que se modifica o Real decreto 1528/2012, do 8 de novembro, polo que se establecen as normas aplicables aos subprodutos animais e aos produtos derivados non destinados ao consumo humano. O Real decreto 1528/2012, do 8 de novembro, polo que se establecen as normas aplicables aos subprodutos animais e aos produtos derivados non destinados ao consumo humano, determina as condicións de aplicación en España do Regulamento (CE) n.º 1069/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de outubro, polo que se establecen as normas sanitarias aplicables aos subprodutos animais e aos produtos derivados non destinados ao consumo humano, e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1774/2002 (Regulamento sobre subprodutos animais), e do Regulamento (UE) n.º 142/2011 da Comisión, do 25 de febreiro de 2011, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (CE) n.º 1069/2009 e a Directiva 97/78/CE do Consello, en canto a determinadas mostras e unidades exentas dos controis veterinarios na fronteira en virtude dela. A Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) emitiu o 21 de xaneiro de 2009 un ditame sobre o proxecto de estudo de alternativas para a destrución de cadáveres utilizando o sistema búnker. Aínda que non puido ofrecer unha avaliación final sobre a ausencia de riscos do uso deste sistema como método de tratamento e eliminación, si considerou que se pode utilizar como medio temporal de almacenamento de certos subprodutos animais xerados nas explotacións gandeiras sen que existan riscos adicionais, coa condición de que todo o material obtido se procese de acordo cos requisitos establecidos para os materiais da categoría 2. O Regulamento (UE) n.º 749/2011 da Comisión, do 29 de xullo de 2011, que modifica o Regulamento (UE) n.º 142/2011, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (CE) n.º 1069/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, polo que se establecen as normas sanitarias aplicables aos subprodutos animais e aos produtos derivados non destinados ao consumo humano, e a Directiva 97/78/CE do Consello, en canto a determinadas mostras e unidades exentas dos controis veterinarios na fronteira en virtude dela, permite a determinados Estados membros, entre eles España, autorizar o uso dese método a cambio do compromiso de establecer estritos controis sobre os operadores para previr posibles riscos sanitarios ou ambientais. A hidrólise seguida de eliminación é un método voluntario, ao cal se poden acoller os operadores, de almacenamento temporal de certos subprodutos da especie porcina xerados na propia explotación gandeira, durante o cal se producen fenómenos espontáneos de autohidrólise baixo determinadas condicións, requisitos e prescricións. O Regulamento 749/2011, do 29 de xullo, establece, no punto 2) b) do seu anexo, os materiais e a metodoloxía do proceso de hidrólise, o cal, para facilitar a súa aplicación, se transcribe no anexo IV que se inclúe no Real decreto 1528/2012, do 8 de novembro, mediante esta modificación. As únicas novidades que se introducen respecto das reguladas no referido regulamento comunitario refírense a certos requisitos que deben cumprir os colectores, ao procedemento de traballo e, fundamentalmente, ao control oficial que deben levar a cabo as autoridades competentes. En particular, exixe que se controlen regularmente os colectores para verificar a ausencia de corrosión e de fugas. Isto fai necesario establecer algunhas características mínimas dos colectores que garantan que foron concibidos e construídos especificamente para o almacenamento dos subprodutos animais mencionados en condicións seguras desde o punto de vista sanitario e ambiental.

Suplemento en lingua galega ao núm. 281 Sábado 23 de novembro de 2013 Sec. I. Páx. 2 Para evitar o impacto ambiental e sanitario que podería derivar dunha inadecuada manipulación, é igualmente necesario establecer requisitos mínimos de situación e manexo dos colectores durante o almacenamento e, especialmente, no momento do seu baleiramento, operación crítica polo risco de que se produzan verteduras e pola necesidade de controlar a ausencia de corrosión e estado xeral de mantemento do colector. Co fin de previr os riscos derivados da utilización deste método, tal e como exixe o regulamento, débense establecer uns criterios mínimos para a autorización das explotacións gandeiras que soliciten o uso do sistema con base na súa tipoloxía e tamaño. Ademais, débense establecer unhas pautas mínimas para o control oficial das explotacións autorizadas para utilizar o sistema, así como o control das correctas vías de xestión dos materiais obtidos, en concreto, a súa recolla e eliminación, que deberán limitarse ás previstas no propio regulamento e realizarse exclusivamente no territorio nacional, de modo que se alcance en todo o territorio un nivel suficiente e equivalente de protección da saúde humana e animal e do ambiente. No procedemento de elaboración deste real decreto foron consultados as comunidades autónomas e os sectores afectados. Na súa virtude, por proposta do ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e da ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, coa aprobación previa do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de acordo co Consello de Estado e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 15 de novembro de 2013, DISPOÑO: Artigo único. Modificación do Real decreto 1528/2012, do 8 de novembro, polo que se establecen as normas aplicables aos subprodutos animais e aos produtos derivados non destinados ao consumo humano. O Real decreto 1528/2012, do 8 de novembro, polo que se establecen as normas aplicables aos subprodutos animais e aos produtos derivados non destinados ao consumo humano, queda modificado como segue: Un. Introdúcese a seguinte disposición adicional: «Disposición adicional cuarta. Proceso de hidrólise seguido de eliminación. 1. As explotacións poderán dispor dun sistema de almacenamento temporal dos subprodutos recollidos no número un do anexo IV, durante o cal se producen fenómenos espontáneos de autohidrólise. 2. A instalación do dito sistema requirirá autorización administrativa previa, que concederá a autoridade competente da comunidade autónoma unha vez comprobado que se cumpren os requisitos técnicos exixidos no anexo IV. 3. As autoridades competentes manterán un rexistro actualizado das explotacións autorizadas para o uso da hidrólise. Comunicarán os datos que constan nel ao Rexistro xeral de establecementos, plantas e explotadores de subprodutos animais e produtos derivados non destinados ao consumo humano creado no artigo 24. A autorización será suspendida temporalmente no caso de que na explotación se produza un aumento anormal da mortalidade debido á aparición dun foco de enfermidade epizoótica ou calquera outro motivo que orixine unha mortalidade que exceda a capacidade dispoñible de almacenamento, circunstancia que o responsable da explotación deberá pór en coñecemento da autoridade competente tan axiña como detecte o aumento de mortalidade. A autorización será retirada cando se incumpran os requisitos establecidos nesta norma. A eliminación ou uso dos materiais hidrolizados por medios diferentes aos permitidos nesta norma será causa de retirada permanente da autorización.

Suplemento en lingua galega ao núm. 281 Sábado 23 de novembro de 2013 Sec. I. Páx. 3 4. A autoridade competente realizará controis oficiais nas explotacións que utilicen a hidrólise e nas plantas que recollan e xestionen os materiais hidrolizados. a) Os controis programaranse con base nunha análise de risco. O dito programa aprobarase anualmente e consistirá en controis administrativos e sobre o terreo para garantir o correcto funcionamento do sistema de hidrólise e eliminación posterior. Incluiranse no Programa de control de subprodutos animais non destinados a consumo humano (Sandach) dentro do marco do Plan nacional de control oficial da cadea alimentaria que se establecerá na Comisión Nacional Sandach establecida por este real decreto. b) As autoridades competentes compararán, mediante inspección dos rexistros de cada operador, as cantidades de materiais introducidas nos colectores e as recollidas polas plantas que realizan a retirada e xestión dos materiais hidrolizados. Durante o primeiro ano de funcionamento do sistema, será necesario que, cada vez que se proceda ao baleiramento ou substitución dos colectores, certifique o acto un veterinario habilitado ou o veterinario responsable da explotación, quen deberá remitilo á autoridade competente. c) Cando os colectores sexan baleirados, ben na explotación, ben nas plantas que realizan a recolla e xestión dos materiais hidrolizados, verificarase que se leva a cabo unha correcta limpeza e desinfección deles, así como un control do seu estado de mantemento. d) As autoridades competentes poderán autorizar unha implantación progresiva nos seus territorios do método de almacenamento temporal de hidrólise e posterior eliminación.» Dous. Introdúcese o anexo IV, que figura a continuación. «ANEXO IV Proceso de hidrólise con eliminación posterior 1. Materiais que poden ser xestionados mediante hidrólise: Os seguintes materiais procedentes da especie porcina, xerados na propia explotación en que se leva a cabo a hidrólise: a) De categoría 2: 1.º Os animais e partes de animais que morreron sen ser sacrificados ou foron matados para o consumo humano, con inclusión dos matados para o control de enfermidades; 2.º Os fetos; 3.º Os oocitos, embrións e esperma non destinados á reprodución. b) De categoría 3: sangue, placenta, pelo e recortes de pezuños procedentes de animais vivos que non presenten ningún signo de enfermidades transmisibles aos animais ou aos seres humanos. Non obstante, non se poderán utilizar os corpos ou partes de corpos de animais que morresen pola presenza dunha enfermidade epizoótica ou co fin de erradicar esta. 2. Deberá constar na solicitude: a) O censo habitual da explotación e a súa capacidade máxima autorizada. b) A mortalidade probable en condicións normais.

Suplemento en lingua galega ao núm. 281 Sábado 23 de novembro de 2013 Sec. I. Páx. 4 c) As garantías ofrecidas polo solicitante de que os materiais hidrolizados se van xestionar de acordo cos requisitos establecidos. d) A información achegada polo solicitante, que incluirá: 1.º Descrición dos colectores que se van utilizar: número, capacidade, identificación, prazo previsto de enchedura, sistema de peche e sistema de filtración de emisións gasosas. 2.º Plano de situación dos colectores. 3.º Protocolo de uso do sistema de hidrólise: Carga. Proceso de pechamento que garanta a imposibilidade da súa apertura, salvo que esta se faga baixo o control do responsable da explotación. Descarga. Fluxos de movemento dos subprodutos, persoas e equipos utilizados. 4.º Mantemento: control de fugas, control anticorrosión, limpeza e desinfección. 5.º Programa específico de control de pragas, incluíndo medidas preventivas que protexan contra aves, roedores, insectos e outros animais daniños, e medidas de control ou referencia ao que se aplique de maneira habitual na explotación. 3. Requisitos que deben cumprir os colectores. Os colectores utilizados para a hidrólise deberán: a) Estar deseñados e construídos de acordo coa normativa comunitaria para a protección do ambiente, de modo que minimicen a produción de olores e da forma máis eficaz posible os riscos de contaminación para o solo e as augas subterráneas. Estarán instalados de modo que en todo momento se poida comprobar a superficie externa dos colectores para controlar a ausencia de fugas ou filtracións. b) Ser impermeables, a proba de fugas e herméticos. Contarán cun selo de seguridade para evitar aperturas indesexadas. c) Mostrar nun lugar visible da superficie externa, de xeito permanente e indeleble, a seguinte información subministrada polo fabricante: 1.º Os datos do fabricante (nome e domicilio). 2.º O número de serie. 3.º A lenda «Colector deseñado e construído especificamente para o almacenamento e autohidrólise de cadáveres de porcino nas condicións establecidas en (referencia a esta norma). Prohibido o uso para calquera outro fin». 4.º Unha etiqueta claramente visible e indeleble de cor amarela na cal figure a lenda: «MATERIAL DE CATEGORÍA 2. NON APTO PARA O CONSUMO ANIMAL». d) Dispor dun sistema de peche hermético que evite a súa apertura, salvo que esta se faga baixo o control do responsable da explotación. e) Estar construídos con materiais ou, se é necesario, recubrimentos resistentes á corrosión. f) Estar dotados dun dispositivo que recolla as emisións gasosas, equipado con filtros que preveñan a difusión de enfermidades transmisibles ás persoas e aos animais. 4. Localización dos colectores. Os colectores deberán estar situados nunha zona especificamente dedicada a este fin e fisicamente separada das naves da explotación. Esta zona disporá de camiños específicos de acceso para o movemento dos subprodutos animais e equipamento, así como para os vehículos que recollerán os materiais hidrolizados.

Suplemento en lingua galega ao núm. 281 Sábado 23 de novembro de 2013 Sec. I. Páx. 5 5. Procedemento de traballo. a) Fase de enchedura do colector. Os materiais autorizados para a súa xestión mediante hidrólise serán introducidos nos colectores en canto sexa posible, a medida que se xeren na explotación. Os colectores manteranse pechados e unicamente se abrirán para introducir novos materiais. Adoptaranse medidas para evitar a apertura non autorizada do colector. b) Fase de hidrólise. Unha vez alcanzada a capacidade máxima do colector, procederase ao seu peche hermético e permanente durante un período mínimo de tres meses. Adoptaranse medidas para evitar a apertura non autorizada do colector. c) Descarga do colector. Transcorrido un período mínimo de tres meses tras o seu peche permanente, os materiais hidrolizados serán retirados por un transportista rexistrado de acordo co artigo 17 do presente real decreto. A retirada dos materiais hidrolizados realizarase mediante un sistema que permita o completo baleiramento dos colectores e impida a súa vertedura ao chan desde a explotación de orixe á planta de destino minimizando, en todo caso, a produción de olores e o risco de transmisión de enfermidades para a especie humana e para os animais. Unha vez baleirados os colectores, comprobarase a súa limpeza e desinfección, así como o seu estado e a ausencia de indicios de corrosión. Se o baleiramento se realiza nas plantas de destino dos materiais, serán limpados e desinfectados despois da súa descarga e sometidos a un control do seu estado. 6. Xestión posterior dos materiais hidrolizados. Tras a finalización do procedemento de traballo, os materiais hidrolizados deberán ser: a) Eliminados por incineración ou coincineración sen procesamento previo ou tras o seu procesamento por esterilización a presión se así o exixe a autoridade competente e a marcación permanente do material resultante. b) Eliminados nun vertedoiro autorizado logo de procesamento por esterilización a presión e marcación permanente do material resultante. c) Compostados ou transformados en biogás logo de procesamento por esterilización a presión e marcación permanente do material resultante. Estas operacións deberán levarse a cabo por lotes e realizarse exclusivamente no territorio nacional. Queda prohibida calquera outra manipulación ou uso dos materiais hidrolizados incluíndo, especialmente, a súa aplicación directa á terra. 7. Rexistros. a) As explotacións autorizadas para a hidrólise manterán rexistros actualizados para cada colector de: 1.º Calquera introdución de material, con indicación da data, o tipo de material, o peso estimado e, de ser o caso, o número e tipo de animais; 2.º A data de inicio da enchedura e a data de peche permanente; 3.º O baleiramento do colector ou, de ser o caso, a retirada, con indicación da data e o peso estimado do material retirado; 4.º Os operadores que retiran o material; 5.º Os transportistas que retiran o material.

Suplemento en lingua galega ao núm. 281 Sábado 23 de novembro de 2013 Sec. I. Páx. 6 b) As plantas autorizadas e transportistas rexistrados que recollan e/ou xestionen os materiais hidrolizados manterán rexistros que lle permitan á autoridade competente coñecer: 1.º As explotacións gandeiras das cales retiraron materiais hidrolizados; 2.º A data de cada retirada e a cantidade recollida de cada colector; 3.º Adicionalmente, cando os colectores son baleirados na propia planta, rexistrarase a súa limpeza e desinfección e o resultado do control de estado do colector (presenza ou ausencia de indicios de corrosión ou de fugas e estado do dispositivo de peche).» Disposición derradeira única. Entrada en vigor. Este real decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado». Dado en Madrid o 15 de novembro de 2013. JUAN CARLOS R. A vicepresidenta do Goberno e ministra da Presidencia, SORAYA SÁENZ DE SANTAMARÍA ANTÓN http://www.boe.es BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO D. L.: M-1/1958 - ISSN: 0212-033X