BASES REGULADORAS DA SELECCIÓN DE CATRO PRAZAS DE AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL DO CONCELLO DO CARBALLIÑO

Documentos relacionados
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx

Convocatoria ordinaria de 2014

Probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PRIMEIRA. OBXETO DA CONVOCATORIA E CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS.

DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx

Proba de acceso á Universidade (Selectividade)

NORMATIVA DE XESTIÓN ACADÉMICA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA PARA O CURSO ACADÉMICO 2014/2015

ORDENANZA REGULADORA DA INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICIOS DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO

DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx

PLAN DE ESTUDOS DO 1 Ђы CURSO DO BACHAREL ATO LO E CURSO ACAD ЊБMICO

NORMATIVA DE XESTIÓN ACADÉMICA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA PARA O CURSO ACADÉMICO 2013/2014

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

O Software Libre naspequenase Medianas Empresas de Galicia

N o 181 L Martes, 19 de setembro de 2006 DIARIO OFICIAL DE GALICIA CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

Guía informativa CURSOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO. Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas

CIRCULAR 14/2016 (modificada a 25/02/2016)

2ª COPA SEGURO X DÍAS 2016

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 632 VII lexislatura 23 de outubro de 2008

Decreto 105/2011 Técnico superior en desenvolvemento de aplicacións

Д1Х3BOLETБ0И1N OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Guía UDC twitter.com/udc_gal facebook.com/udc.gal

DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2016 Páx. 1768

Prospeto a publicar nas ofertas públicas de valores mobiliários

ORDENANZA DE INSPECCION TECNICA FERROL INDICE

REGULAMENTO DO XVIII MEDIO MARATÓN

ORDENANZA REGULADORA DAS TERRAZAS E QUIOSCOS DE HOSTALERÍA

Federaci «Ρn Galega de Atletismo CIRCULAR

Despacho n.º /2015. Regulamento Académico dos Cursos de Pós-Graduação não Conferentes de Grau Académico do Instituto Politécnico de Leiria (IPLeiria)

1 3Cartilla de sa de infantil.

Concello de Ames Anuncio

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx

ESTÁGIO SUPERVISIONADO

ESTADO DE SERGIPE PREFEITURA MUNICIPAL DE GARARU LEI N DE 05 DE MAIO DE 2016

PROBA DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL AVANZADO. Portugués. Comprensión oral TOTAL 25 PUNTOS

CONSELHO SUPERIOR DA MAGISTRATURA

Procedemento para a elaboración do Plan. de Organización Docente 2013/2014. (Aprobado en Consello de Goberno do 28 de febreiro de 2013)

O Software Libre nas empresas informáticas de Galicia. Edición 2013

De recompensas e cazatesouros

HASTA PÚBLICA PROGRAMA DO CONCURSO

A circunferencia e o círculo

D-Francoforte no Meno: Aluguer de salas de reuniões e conferências 2013/S Anúncio de concurso. Serviços


FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA. A Literatura Infantil e Xuvenil galega. Blanca-Ana Roig Rechou

O presente anúncio no sítio web do TED:

DECRETO LEXISLATIVO 1/1999, DO 7 DE OUTUBRO, POLO QUE SE APROBA O TEXTO REFUNDIDO DA LEI DE RÉXIME FINANCEIRO E ORZAMENTARIO DE GALICIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CENTRO DE CIÊNCIAS SOCIAIS DEPARTAMENTO DE SERVIÇO SOCIAL

Circulação. Automóveis ligeiros, motociclos. Contra-Ordenação. Até 20 km/h 60 a 300 euros Leve. 20 a 40 km/h 120 a 600 euros Grave

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

RESOLUÇÃO Nº Dispõe sobre o Adicional de Qualificação no âmbito da Justiça Eleitoral.

FACITEC - Faculdade de Ciências Sociais e Tecnológicas IESST Instituto de Ensino Superior Social e Tecnológico

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

a) Primeira Fase, com duas provas escritas, de caráter eliminatório e classificatório:

Escrita Didática Títulos Entrevista

EMBAIXADA DO BRASIL EM DUBLIN EDITAL Nº 01/2015

Regulação e Contratualização

Condições de Filiação 2016 (Anexo ao Regulamento Administrativo)

NORMATIZAÇÃO DE ESTÁGIO DOS CURSOS DE LICENCIATURA

O Processo de Recrutamento e Selecção de Pessoal.

PACTO INTERNACIONAL SOBRE OS DIREITOS CIVIS E POLÍTICOS

EDITAL DE SELEÇÃO PARA CONTRATAÇÃO EM CARÁTER TEMPORÁRIO ACT Nº DE 02 DE JANEIRO DE 2014.

PREFEITURA MUNICIPAL DE PORTO ALEGRE DEPARTAMENTO MUNICIPAL DE ÁGUA E ESGOTOS

SENADO FEDERAL PROJETO DE LEI DO SENADO Nº 732, DE 2011

EDITAL 01/ PROCESSO SELETIVO PARA FUNÇÃO DE TÉCNICO EM LABORATÓRIOS DE QUÍMICA

DIREITOS POLITICOS DIREITOS FUNDAMENTAIS DIREITOS FUNDAMENTAIS DIREITOS FUNDAMENTAIS DIREITOS FUNDAMENTAIS DIREITOS FUNDAMENTAIS DIREITOS FUNDAMENTAIS

1 3BOLET 0 1N OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE EDUCACI 0 7N

Estudo sobre a situación actual do Software Libre nas entidades de Galiza: PEME, Empresas informáticas, Concellos e Centros de ensino

ÁGUAS DO CENTRO ALENTEJO, S.A. PROGRAMA DE PROCEDIMENTO

FINALIDADE CAMPAMENTOS E ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE A QUEN VAI DIRIXIDO? PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

2.2 - São condições para nomeação:

Bélgica-Geel: Fornecimento, instalação e manutenção de um sistema de digestão por micro-ondas de alta pressão e alta temperatura 2013/S

1 Circuitos Pneumáticos

IVA As recentes alterações legislativas

ESTADO DO RIO GRANDE DO SUL ASSEMBLEIA LEGISLATIVA Gabinete de Consultoria Legislativa

Bélgica-Bruxelas: Programa de informação e empresarial da UE em Hong Kong e Macau 2014/S Anúncio de concurso. Serviços

Alemanha-Francoforte no Meno: BCE - T141 Plataformas de elevação 2014/S Anúncio de concurso. Fornecimentos

RELATÓRIO DO CONSELHO DE ADMINISTRAÇÃO DA TELEFONICA, S.A. (ITEM V DA ORDEM DO DIA)

UNIVERSIDADE DO SAGRADO CORAÇÃO REGULAMENTO DOS CURSOS DE PÓS-GRADUAÇÃO LATO SENSU

FREGUESIA DE QUIAIOS NIPC

CONTROLE DE CONTEÚDO EXAME DE ORDEM OAB 1ª FASE

REFERENCIA DO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA QUE TIVO LUGAR EN SAN CAETANO O 4 DE SETEMBRO DE 2014, BAIXO A PRESIDENCIA DO SR. D. ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

EDITAL DE SELEÇÃO PÚBLICA SIMPLIFICADA Nº 001/ FACHUCA

MBA em Gestão Financeira e Tributária da Empresa - Ingresso Contínuo

ESTADO DO MARANHÃO PREFEITURA MUNICIPAL DE SÃO FRANCISCO DO BREJÃO CNPJ: / SETOR DE CONTRATOS ADMINISTRATIVOS

ANEXO I. TERMO DE REFERÊNCIA AQUISIÇÃO (Registro de Preços Pregão Eletrônico)

Regulamento do Curso de Treinadores de Grau I/ Monitores de Natação. O curso de Treinadores de Grau I/ Monitor de Natação integrará duas fases:

EDITAL UFU/DRII /18/2011 PROCESSO SELETIVO PARA ESTAGIÁRIO (A)

Transcrição:

SECRETARIA ANEXO I BASES REGULADORAS DA SELECCIÓN DE CATRO PRAZAS DE AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL DO CONCELLO DO CARBALLIÑO A selección e contratación desenvolverase de acordo co establecido no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e da Lei 4/2007, de 20 de abril de Coordinación de Policías Locais, así como o Decreto 243/2008 do 16 de outubro que desenvolve a Lei 4/2007 do 20 de abril de coordinación de Policías Locais; e a Orde do 28 de xaneiro do 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para a contratación de auxiliares de policía de tempada, (corrección de erros de dita Orde publicada no DOG do 12 de febreiro do 2009), e a Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia Primeira.- Obxecto e ámbito de aplicación. O obxecto das presentes bases é a convocatoria e regulación do procedemento de selección de CATRO (4) prazas de Auxiliar de Policía Local do Concello do Carballiño, que terá a consideración de persoal laboral temporal conforme ó artigo 47 do Decreto 243/2008, de 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, de 20 de abril, de coordinación de policías locais Segunda.- Comisión de Selección. A Comisión estará formada polos membros nomeados polo alcalde conforme os artigos 60 e 61 Real Decreto Legislativo 5/2015, de 30 de octubre, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público Terceira.- Procedemento de selección. O sistema de selección para as prazas convocadas será o de oposición. A contratación recaerá nas persoas que obteñan maior puntuación no procedemento selectivo en relación coa praza convocada. Cuarta.- CONDICIÓNS XERAIS DOS E DAS ASPIRANTES. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, de conformidade co establecido no artigo 56 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público así como nos 95 da Lei 4 /2007 de Coordinación de Policías Locais e no artigo 47 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a) Ter nacionalidade española ou atoparse comprendido no eido de aplicación do artigo 57 do Real Decreto Legislativo 5/2015, de 30 de octubre b) Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas. c) Ter cumpridos 18 anos

d) Non ter sido condenado por delito doloso, nin estar inhabillitado para o exercicio das funcións públicas, nin separado do servizo das administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial. Será aplicable, non obstante, o beneficio de rehabilitación, segundo as normas penais e administrativas, que o aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial. e) Posuir a titulación que lles sexa exixible para o acceso ós funcionarios do grupo C2 f) Presentación dun certificado médico no que se faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias para a realización dos exercicios físicos que se especifican para a fase de oposición nas presentes bases,e que non se padece enfermidade, nin se está afectado/a por limitación física ou psíquica que impida ou sexa incompatible co desenvolvemento das funcións do posto de traballo-.o anterior non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflecte no no certificado médico. g) Ter ingresado na recaudación do Concello do Carballiño, sita na Rúa Santalices, s/n, en concepto de dereitos de exame as taxas correspondentes ós procesos selectivos do Grupo C2 (salvo que o proceso estivera exento das mesmas) Todos os requisitos anteriores deberán posuirse no momento de rematar o prazo da presentación das instancias e gozar dos mesmos durante o procedemento de selección, así como en cada suposto nos que os/as seleccionados sexan requeridos para prestar os seus servizos neste Concello. Quinta.- FORMA DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN Os/as aspirantes deberán presentar, xunto coa solicitude e, en todo caso antes da finalización do prazo de presentación de instancias, a documentación acreditativa dos requisitos necesarios para presentarse á oposición, a través de orixinal ou copia compulsada. Sexta.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES. As instancias dirixiranse ó Sr Alcalde do Concello do Carballiño e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello do Carballiño no prazo de 5 días, que se contarán a partir do día seguinte a aquél no que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Á instancia uniranse inescusablemente: a) Fotocopia do DNI ou, se é o caso, documento equivalente expedido pola autoridade competente do país de orixe. b) Fotocopia compulsada da titulación esixida. c) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida exerce-la función propia a desenrolar. d) Xustificante acreditativo de ter aboado os dereitos de exame, na contía fixada. (salvo que o proceso estivera exento de taxas) Outros documentos a aportar non obrigatorios: a) Xustificación de coñecemento da lingua Galega: Celga 3 ou similar

No Rexistro facilitaranse modelos normalizados das devanditas solicitudes. Así mesmo, tamén poderán presentarse nas demáis formas que determina o artigo 16 da Lei 39/2015, do procedimento administrativo común das administracións públicas. Os aspirantes quedan vencellados aos datos que fagan constar na súa solicutude, se ben os erros de feito que poidan advertirse poderán corrixirse ou repararse en calquera momento ben de oficio ben a instancia de parte. A non presentación da solicitude en tempo e forma suporá a exclusión do aspirante. Sétima.- ADMISIÓN DOS ASPIRANTES Rematado o prazo de presentación de instancias, o Sr Alcalde adoptará acordo aprobando a lista de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, cos motivos da exclusión, así como o lugar e data da realización das probas e a designación do tribunal cualificador. A resolución publicarase no Taboleiro de Edictos do Concello do Carballiño e/ou una páxina web do Concello (www.carballino.gal), concedéndose un prazo de 2 días contados a partir do seguinte ó da publicación, para a corrección, por parte de quen fose excluído/a, dos defectos que sexan subsanables. A lista provisional elevarase a definitiva polo transcurso do prazo de reclamacións, se non as houbese; no caso contrario, exporase de novo a lista definitiva, no mesmo lugar que a provisional, así como a resolución das solicitudes de abstención ou recusación, sen necesidade de novo anuncio nos diarios oficiais, nun prazo máximo dun mes a partir da finalización do prazo de reclamacións. Oitava.- PROCESO SELECTIVO: De acordo co previsto no art.47 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, as probas de selección de auxiliares contratados polos concellos serán as que se enmarcan dentro do anexo VII da Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temario e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixiantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixiantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada, e que consistirán en: A.1. Comprobación de estatura e probas de aptitude física. - Comprobación de estatura Ó comezo realizarase o control da estatura dos aspirantes. Os mínimos son os que rexen para o ingreso nos corpos de policía local: 1,65 metros para os homes e 1,60 metros para as mulleres. -Probas físcas: As probas físicas cualificaranse como apto ou non apto. Para obter a cualificación de apto os aspirantes deberán acadar as marcas mínimas ou non superar as máximas que se establecen para cada proba. A.1.1.- Potencia tren inferior: Salto vertical Realizarase nun ximnasio ou lugar semellante con chan horizontal e cunha parede vertical e lisa. O aspirante colocarase en posición de partida, en pé, de lado xunto a unha parede vertical, cun brazo totalmente extendido cara a arriba e sen levantar os calcañares do chan, e

marcará coas dedas a altura que alcanza nesa posición. O exercicio executarase, separándose 20 cms da parede e saltando tan alto como poida, marcando novamente coas dedas o nivel alcanzado. Para a correcta realización da proba deberanse observar as seguintes regras: -Pódense mover os brazos e flexionar o tronco e os xeonllos, pero non se pode separar do chan ningunha parte dos pés antes de saltar. -Hai que realizar o salto cos dous pés ó mesmo tempo. -Permítense dous intentos, só ós aspirantes que fagan nulo no primeiro. A distancia entre a marca feita desde a posición de partida e a acadada co salto deberá ser superior á mínima (en centímetros) establecida no seguinte cadro para cada sexo e grupo de idade. 18-36 anos 37-48 anos 49 anos ou máis anos Homes 41 cms 33 cms 29 cms Mulleres 32 cms 28 cms 25 cms A.1.2.- Resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos. Realizarase en pista de atletismo ou en calquera zona totalmente chaira de terreo O aspirante colocarase na pista no lugar indicado. A posición de saída realizarase en pé. Só se permite un intento. O aspirante que abandone a carreira quedará excluído. A proba consistirá en correr a distancia de 1.000 metros no tempo máximo (en minutos e segundos) que se recolle na seguinte táboa para cada sexo e grupo de idade: 18-36 anos 37-45 anos 46 anos ou máis anos Homes 4,30 5,00 5,15 Mulleres 5,00 5,30 5,45 A.2. Proba de coñecementos. A proba de avaliación dos coñecementos dos/as aspirantes deberá amosar o dominio dos contidos do temario que se inclúe no anexo. Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 50 preguntas tipo test, con 4 alternativas de desposta para cada unha delas, que serán propostas polo Tribunal. Os/as aspirantes disporán dun tempo máximo dunha hora para a súa realización. A proba cualificarase polo tribunal de cero a dez puntos, sendo preciso acadar cinco puntos como mínimo, para non quedar eliminado/a. A cualificación farase atendendo á seguinte fórmula: N= (A-F/3)/5. Sendo N= Nota final: A= preguntas acertadas: F= preguntas erradas ou non respostadas. A.3. Proba específica sobre coñecemento do termo municipal e da toponimia local.

O órgano de selección someterá ós/as aspirantes a unha proba escrita, para determinar o seu nivel de coñecementos sobre as características propias do concello e a toponimia local. Cualificarase de cero a tres puntos, sendo necesario acadar 1,5 puntos para superala. A.4. Coñecemento da lingua galega. O Tribunal valorará o nivel de coñecemento da lengua galega dos/as aspirantes, mediante unha proba que se cualificará como apto ou non apto,. Non obstante, os/as aspirantes que acrediten con carácter previo dito coñecemento a través da presentación do Certificado de lingua galega 3 (CELGA 3) ou equivalente, daráselles por superada eta proba coa cualificación de apto. Novena.- RELACIÓN DE APROBADOS Establecida a puntuación final de cada aspirante, elaborarase unha listaxe baseándose na súa puntuación e por orde decrecente, resultando aprobados/as os que, tendo en conta o número de prazas, obtivesen as notas máis altas, sen prexuízo de que o resto de persoas aprobadas ponderan incluírse nunha listaxe de reserva para o caso de renuncia, enfermidade ou calquera outra causa que impedise a contratación dos aprobados segundo a orde de puntuación. Décima.- CURSO DE FORMACIÓN Os/as aspirantes que superasen o proceso de selección deberán participar e superar o curso obligatorio de formación na Academia Galega de Seguridade Pública. Por ser este un requisito obrigado, no caso de non poder participar neste curso, e non contar co diploma de superación do mesmo, ou, aínda participando no curso, non superalo serían excluídos e se contrataría á seguinte persoa na listaxe de aprobados de reserva que cumprise este requisito. Aquelas persoas que xa tiñesen participado e obtivesen certificado de asistencia ó curso, estarán exentos/as desta obriga por un periodo de catro anos, de conformidade co previsto no artigo 48.2º do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, de coordinación de policías locais. Os gastos derivados deste curso serán por conta dos propios seleccionados. Undécima. INCIDENCIAS O tribunal queda autorizado para resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o previsto nestas Bases. As presentes bases e cantos actos administrativos deriven das mesmas e das actualizacións do tribunal de selección, poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e polo disposto nas presentes bases. No Carballiño, a 25 de maio do 2017 O Concelleiro de Persoal Adolfo Nogueira Campo

ANEXO TEMARIO 1.- O Municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A organización e funcionamento do municipio. O Pleno. O alcalde. A Xunta de Goberno Local. Outros órganos municipais. 2.- Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación. 3.- A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación. 4.- A Lei de coordinación das policías locais de Galicia e normas de desenvolvemento. Réxime disciplinario: disposicións xerais e faltas disciplinarias. 5.- A actividade da policía local como policía administrativai: consumo. Abastos. Mercados. Venda ambulante. Espectáculos e establecementos públicos. 6.- A actividade da policía local como policía administrativa II: urbanismo. Infraccións e sancións. A protección ambiental: prevención e calidade ambiental, residuos e disciplina ambiental. 7.- Delitos e faltas. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Persoas responsables: autores e cómplices. 8.- Delitos contra a seguranza viaria. Faltas cometidas con ocasión da circulación de vehículos de motor. Lesións e danos imprudentes. 9.- Lei de seguranza viaria. Regulamentos de desenvolvemento. Estructura e conceptos xerais. 10.- Normas xerais de circulación: lugar na vía, velocidade, prioridade de paso, cambios de dirección e sentido. Adiantamentos. Parada e estacionamento. Vehículos e transportes especiais. Cinto e casco de seguranza. 11.- Circulación por zonas peonís. Comportamento en caso de emergencia. Sinais de circulación. Clasificación e orde de prioridade. Carencia do seguro obligatorio. 12.- A policía como servizo público. A policía local como policía de proximidades e de servizo. O auxiliar de policía e as súas funcións. Responsabilidades do auxiliar de policía.