A Terra no Universo CONTIDOS. 12 Intelixencias múltiples. O Universo O sistema solar A Terra A Lúa Eclipses e mareas Un planeta con vida

Documentos relacionados
Nome e apelidos:... materiais sólidos (ou no interior fundidos a altas temperaturas)

Introdução à astronomia O Sistema Solar

CAPÍTULO 03 O Universo..

I. Espaço. 2.1 Astros do Sistema Solar. Novo. Físico-Química - 7º ano. M. Neli G. C. Cavaleiro M. Domingas Beleza

O Sistema Solar é um conjunto de planetas, asteroides. e cometas que giram ao redor do Sol.

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA. 1º ESO

das primeiras galáxias estrelas Idade das trevas Galáxias modernas 380 mil anos 300 milhões de anos 1 bilhão de anos Hoje

Ciencias da Natureza Ciencias Sociais

Manual Espaço (62-63) Manual Terra no Espaço (56-57)

I. Espaço. 2.2 Os planetas e as características que os distinguem. Novo. Físico-Química - 7º ano. M. Neli G. C. Cavaleiro M.

Matheus e Ana Clara 2º ano Estrela

Modelo geocêntrico: Terra no centro do Universo. Corpos celestes giravam ao seu redor. Defensores: Aristóteles e Cláudio Ptolomeu.

4º ano 1- ESCREVA entre os parênteses SIM ou NÃO. ( ) Os planetas, satélites, cometas e estrelas giram ao redor do Sol.

Quais são os planetas do Sistema Solar? O que são asteroides, cometas e meteoritos? Quais as diferenças entre estrelas e planetas?

2.2 Os planetas e as características que os distinguem

Sistema Solar: a sua origem e os seus astros

O movimento dos planetas, visto da Terra

Ficha de Avaliação Sumativa 2

PREPARAÇÃO PARA A PROVA DE AFERIÇÃO

1. A teoria do Big Bang é a teoria científica hoje mais aceite acerca da origem do Universo Quando terá ocorrido o Big Bang?

O Sistema Solar. 1. Astros do Sistema Solar 2. Os planetas do Sistema Solar Unidade 2 O SISTEMA SOLAR

Sistema Solar e nossa Galáxia

CURSO PREPARATÓRIO OLIMPÍADA BRASILEIRA DE ASTRONOMIA E ASTRONÁUTICA

AGRUPAMENTO VERTICAL DE ESCOLAS DE FRAZÃO ESCOLA E.B. 2,3 DE FRAZÃO CIÊNCIAS FÍSICO-QUÍMICAS 9º ANO DE ESCOLARIDADE ANO LETIVO 2011/2012

Unidade 3 PLANETA TERRA

O Sistema Solar. Os Astros do Sistema Solar. 1. Astros do Sistema Solar 2. Os planetas do Sistema Solar Unidade 2 O SISTEMA SOLAR

O Nosso sistema solar faz parte de uma galáxia. A Via Láctea

ROTEIRO DA RECUPERAÇÃO 1º TRIMESTRE 1º ANO E.M. GEOGRAFIA PROF. HÉLITON DUARTE. 3) Responder à questão com base nos mapas e afirmativas a seguir.

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

Sistema Solar. Enzo Penteado

Astronomia. O nosso Universo

Planetas são:

ESCOLA SALESIANA DE MANIQUE TESTE DE AVALIAÇÃO DE CIÊNCIAS FÍSICO-QUÍMICAS ANO LECTIVO 2010/2011

Considera-se que o Sistema Solar teve origem há cerca de 5 mil milhões de anos.

Você acha que só no nosso planeta há vida? Como você acha que a vida surgiu? Quando e como?

AS COISAS DO UNIVERSO

I Curso Introdução à Astronomia Jan A Terra e a Lua. Daniel R. C. Mello. Observatório do Valongo - UFRJ

Biologia e Geologia 10º ano de escolaridade

Giulia e Sofia Maeda 2º ano Gentil

A Terra no Sistema Solar

1 A partir da análise das duas figuras a seguir, responda ao que se pede.

A Terra, um planeta muito especial

7º Ano Turma C Data: Novembro/16 Professor: João Perdigão

20/09/2017. # GEO = terra; LOGOS = estudo.

CORPOS CELESTES. Escola Monteiro Lobato Professora: Sharlene 6º anos manhã

Observe como a Lua muda de aspecto durante o mês: ora ela parece maior, ora menor.

O texto e a imagem trazem representações da teoria do Big-Bang. Descreva, de maneira simplificada, como a teoria explica o surgimento do universo:

* Maria Julia e Helena

FORMAÇÃO DO UNIVERSO FORMAÇÃO DA TERRA MOVIMENTOS TERRESTRES

Espaço A Terra, a Lua e forças gravíticas

2º ano E ESTUDO PARA OBA OLIMPÍADA BRASILEIRA DE ASTRONOMIA

Planetas: algumas características

Laura e Giovanna 2º ano Carinhoso

Sistema Solar 2º ano Foco

tem 4 Pontos Cardeais todo Planeta é um OCIDENTAL (OESTE) gira em torno do SOL LUA

Potencias e radicais

ESCOLA SALESIANA DE MANIQUE TESTE DE AVALIAÇÃO DE CIÊNCIAS FÍSICO-QUÍMICAS ANO LECTIVO 2010/2011

A TERRA, UM PLANETA MUITO ESPECIAL

Aimi, Dante e Maria Letícia 2º ano B

Lua: fases da Lua, marés e eclipses

TUENNY NUNES AMARAL ANA BEATRIZ MAGNANELLI 2º ano B

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

Espaço. 1. Universo. Ciências Físico-Químicas 7º Ano Nelson Alves Correia Escola Básica Manuel Figueiredo Agrupamento de Escolas Gil Paes

OS INDICADORES DEMOGRÁFICOS

SBN: O TEMPO NO XORNAL

Os Planetas do Sistema Solar (observação: para ir junto da maquete)

1. A figura seguinte mostra um esquema da estrutura do Sol. Estabelece as associações corretas entre

Sistema Solar. Origem do Sistema Solar

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: XEOMETRÍA MÉTRICA DO ESPAZO

Feito pela Professora Elizabete Soares. Disponibilizado especialmente a Resumos.tk

3 Unidade I O Universo. 3 Galáxias 7 O Sistema Solar 11 Os Satélites 12 O Ar. Kiselev Andrey Valerevich / Shutterstock.com

Astrofísica Geral. Tema 07: O Sistema Solar, parte 1

Universidade Federal Fluminense

Material de Aperfeiçoamento de Estudos MAE 5ª série 1º Bimestre Professora MaristelA Borges

Física Legal.NET - O seu site de Física na Internet

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

Alguns Equipamentos de Exploração Espacial

Ciências Físico-Químicas 7.º ano. Ficha de avaliação diagnóstica

Movimento Anual do Sol, Fases da Lua e Eclipses

Nível 1. 2º ano Incrível

SISTEMA SOLAR. Escola Estadual de Ensino Médio Dr. Bozano

Fases da Lua e eclipses (Pp. 102 a 107) Movimento relativo da Lua, da Terra e do Sol. Manual

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

ESTUDOS PARA A OBA OLIMPÍADA BRASILEIRA DE ASTRONOMIA 2º ESFORÇADO

Os Movimentos da Terra

Movimentos Aparentes

Novas Descobertas sobre o Sistema Solar

Departamento de Ciências Físicas e Naturais Direção de Serviços Região Algarve. Grupo I

Nome: Ano: Turma: Nº.: Grupo I. 1 Big Bang Defendia a terra como o centro do Universo.

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

Nome: Nº Turma: 3.1. O modelo heliocêntrico mantêm-se até aos nossos dias tal como foi elaborado pelos seus autores no sec. XVI.

3.1. Terra e Sistema Solar (2)

Tópicos Especiais em Física. Vídeo-aula 3: astronomia esférica 25/06/2011

ESCOLA BÁSICA E SECUNDÁRIA DA CALHETA. Departamento de Ciências Naturais e Exatas. Físico-química 7.º ano

Lista Extra 2. Lua e Sistema Solar

TEMA 2. O RELEVO. World Ocean Floor Map by Bruce C. Heezen and Marie Tharp

e diferente ter un bo a camiñar.

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

Forças Gravitacionais Diferenciais e Sistema Solar

Transcrição:

1 A Terra no Universo CONTIDOS O Universo O sistema solar A Terra A Lúa Eclipses e mareas Un planeta con vida 12 Intelixencias múltiples

TAREFA INTEGRADA Ata o infinito e máis aló! INVESTIGACIÓN Apollo, Gemini, Mercury, Skylab, Shuttle etc. son os nomes que recibiron algunhas das misións espaciais da NASA (National Aeronautics and Space Administration), a axencia espacial de Estados Unidos. Pero, sabes ata onde chegaron estas misións? Algunha delas chegou á Lúa? PREPARACIÓN Por grupos, pescudade as principais misións espaciais levadas a cabo pola NASA e ordenádeas cronoloxicamente. http://links.edebe.com/cuyj http://www.lanasa.net Cales foron tripuladas e cales non? En 1969, o ser humano pisou por primeira vez a Lúa. Que país o conseguiu e que nome recibiu a misión espacial encargada diso? As misións espaciais permitiron coñecer e fotografar por primeira vez a cara oculta da Lúa. A que se refire esta expresión? links.edebe.com/mfh Que misións espaciais excederon o sistema solar? PRESENTACIÓN Elaborade un mural que amose as principais expedicións espaciais; especificade ata onde chegaron cada unha delas. Podedes acompañalo con fotografía. Finalmente, expoñede a vosa presentación na aula. 13

1. O UNIVERSO orixe e composición do universo Os científicos cren que o universo orixinouse debido a unha gran explosión, o big bang, hai uns 15.000 millóns de anos. Despois da explosión, a materia producida expandeuse en todas as direccións. Co tempo, a materia arrefriouse e compactouse, polo que orixinou as primeiras estrelas, que á súa vez foron agrupándose para crear as galaxias. O universo está formado por todos os corpos celestes ou astros, e o inmenso espazo que os contén. Os astros máis importantes son as galaxias, as estrelas, os planetas e os satélites, e os astros menores. GALAXIAS Son agrupacións de estrelas e outros astros. Calcúlase que existen máis de mil millóns de galaxias en todo o universo. Poden ter distintas formas: espiral, elíptica ou irregular. O planeta Terra forma parte dunha galaxia, a Vía Láctea, que ten forma espiral. ESTRELAS Son astros con forma esférica formados por gases incandescentes que liberan gran cantidade de luz e calor. O estudo científico do universo Os científicos contan con instrumentos que nos proporcionan información sobre como é o universo. Un destes instrumentos é o telescopio espacial, un telescopio que xira ao redor da Terra a gran altura, por enriba da atmosfera. Iso permite observar obxectos moi afastados con maior nitidez que desde a Terra. 14

PLANETAS E SATÉLITES Os planetas son astros sen luz propia que xiran ao redor dunha estrela. No seu xiro, describen dous movementos: rotación e translación. Existen planetas sólidos e planetas gasosos. Os satélites son astros sen luz propia que xiran ao redor dun planeta. A maioría de planetas teñen satélites, como Urano, Neptuno, Xúpiter... Outros non teñen ningún, como o caso de Venus. A Lúa vista desde a Terra. 1 ASTROS MENORES Existen outros astros de menor tamaño: Asteroides. Son pequenos corpos rochosos e irregulares. Xiran ao redor das estrelas formando cintos que conteñen miles de asteroides. Cometas. Son astros formados por xeo, po e gases. Xiran ao redor das estrelas e, ao pasar preto dunha delas, a calor desprendida dá lugar á característica cola do cometa. Meteoritos. Son fragmentos de asteroides ou cometas que colisionan con outros astros. Se son grandes, o impacto dos meteoritos provoca cráteres na superficie dos astros. Se son pequenos, ao entrar en contacto coa atmosfera, arden e vémolos en forma de estrelas fugaces. Meteorito. 1. Elabora unha táboa dos corpos celestes que compoñen o Universo. 2. Investiga sobre a nosa galaxia. http://links.edebe.com/c77 Como se chama? Que forma ten? De onde provén o nome da nosa galaxia e que significa? Con que outro nome se denomina en España á nosa galaxia? Por que? 3. Explica as similitudes entre planeta e satélite. 4. Define o termo astro menor. Pon exemplos. Que son as estrelas fugaces? 5. Por grupos, buscade información e imaxes sobre a teoría do big bang. Despois, creade unha presentación en soporte informático sobre iso. http://links.edebe.com/kxfw 15

2. O SISTEMA SOLAR Sol. É unha estrela de cor amarela e tamaño mediano. Sitúase nun dos brazos da Vía Láctea. Xúpiter é o maior planeta do sistema solar. Ten 63 satélites. 1 2 3 4 1. Mercurio. É o planeta máis próximo ao Sol e o máis pequeno. Non ten satélites. 2. Venus. É de tamaño similar á Terra. Presenta abundantes volcáns. Non ten satélites. 3. Terra. É o terceiro planeta máis próximo ao Sol. Ten gran cantidade de auga e un satélite: a Lúa. 4. Marte. O seu relevo é accidentado. É a metade de grande que a Terra. Ten dous satélites. O sistema solar está formado por unha estrela (o Sol) e un conxunto de astros que xiran ao seu redor: oito planetas cos seus satélites, numerosos asteroides e algúns cometas. A traxectoria que describen os astros ao redor do Sol chámase órbita. Na imaxe podes observar que existen uns planetas moi próximos ao Sol (os planetas interiores) e outros máis afastados (os exteriores). Planetas interiores. Son os máis próximos ao Sol: Mercurio, Venus, Terra e Marte. Son de pequeno tamaño, sólidos e de aspecto rochoso. Planetas exteriores. Son os máis afastados do Sol: Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. Son de maior tamaño, gasosos e están rodeados de aneis. 16

1 Saturno. Aprécianse vistosos aneis de po, asteroides e gas. Ten uns 40 satélites. Urano. A súa superficie está formada por xeo e rochas. Presenta aneis e ao redor de 30 satélites. Neptuno é o planeta máis externo de todos. Ten 13 satélites. Xeocentrismo e heliocentrismo Ao longo da historia existiron distintos modelos sobre a posición que ocupa a Terra no Universo. Vexamos os principais: Modelo xeocéntrico. A Terra ocupa o centro do Universo e os planetas e o Sol xiran ao seu redor. Modelo heliocéntrico. O Sol atópase inmóbil no centro do Universo. A Terra e os outros planetas xiran ao redor del. Tamén propón que a Terra xira sobre si mesma. 6. Observa a ilustración do sistema solar. Que planeta debe ter maior temperatura? E menor temperatura? Razóao. Como se chama a traxectoria que describen os planetas ao redor do Sol? 7. Debuxa o sistema solar ao completo (planetas, Sol, Lúa...) e anota os seus nomes. 8. Como se clasifican os planetas? Descríbeos. 17

3. A TERRA O planeta no que vivimos, a Terra, é o terceiro planeta máis próximo ao Sol. Atópase aproximadamente a uns 150 millóns de quilómetros do Sol. É un planeta sólido coa maior parte da superficie cuberta por auga, por iso se lle chama planeta azul. A Terra ten forma de esfera achatada polos polos. Por esta razón, o diámetro no ecuador, de 12.756 km, é máis ancho que o diámetro entre os polos, de 12.714 km. Como todos os planetas, a Terra describe dous movementos: o de rotación e o de translación. Unha volta polo mundo Consigue un globo terráqueo e xoga a movelo simulando o movemento de rotación da Terra. Deduce en que continente sae primeiro o Sol. En que outro continente se fará de noite, simultaneamente? O MOVEMENTO DE ROTACIÓN O movemento de rotación é o xiro da Terra sobre si mesma. Este movemento realízase ao redor do eixe de rotación da Terra, que está lixeiramente inclinado. A Terra xira de oeste a leste e tarda 24 horas en efectuar unha volta completa. Como consecuencia deste movemento sucédese o día e a noite. Unha metade do planeta está iluminada; é de día. Na outra metade é de noite. Doce horas máis tarde, a Terra deu medio xiro sobre si mesma. Na metade da Terra na que era de día, agora é de noite e viceversa. S Eixe de rotación N 18

O MOVEMENTO DE TRANSLACIÓN O movemento de translación é o xiro da Terra ao redor do Sol. A Terra emprega en percorrer a súa órbita ao redor do Sol aproximadamente un ano, exactamente 365 días, 5 horas e 48 minutos. A medida que a Terra avanza na súa órbita, por mor da inclinación do eixe terrestre, os raios do Sol chegan ás distintas zonas da Terra con maior ou menor inclinación. Quentan de forma distinta e prodúcense as estacións do ano. Cando os raios chegan perpendicularmente á metade norte da Terra, fano inclinados na metade sur, e viceversa. Por iso, as estacións non se producen simultaneamente en todo o planeta. 1 1 4 2 3 1. Primavera. Empeza a partir do 21 de marzo. Ese día hai as mesmas horas de luz que de escuridade. Os raios do Sol inciden lixeiramente inclinados e quentan máis que no inverno, de forma que as temperaturas ascenden. 2. Verán. Comeza a partir do 21 de xuño. Ese día hai máis horas de luz que de escuridade. Os raios do Sol inciden perpendicularmente e quentan con gran intensidade, dando lugar a altas temperaturas. 3. Outono. Iníciase o 23 de setembro. Ese día iguálanse as horas de luz e de escuridade. Os raios do Sol inciden lixeiramente inclinados e quentan menos que no verán, polo que descenden as temperaturas. 4. Inverno. Empeza o 21 de decembro. No inverno hai máis horas de escuridade que de luz. Os raios do Sol inciden moi inclinados e quentan pouco, e as temperaturas son baixas. 9. Que consecuencias ten o movemento de rotación da Terra? E o de translación? 10. Explica como inflúe a inclinación da Terra para que se produzan as estacións. Por que cando na metade norte do planeta é inverno, na metade sur é verán? 11. A luz solar afecta de forma importante aos seres vivos. Cal é a estación na que medran as plantas con maior facilidade? Xustifícao. 12. Que ocorrería se a Terra só efectuase o movemento de translación, pero non o de rotación? Organizade unha choiva de ideas e razoade a resposta máis axeitada. 19

4. A LÚA A Lúa é o único satélite da Terra. Non emite luz pero vémola iluminada, porque reflicte a luz que recibe do Sol. A Lúa describe un movemento de rotación e outro de translación. O movemento de rotación da Lúa sobre o seu propio eixe dura 28 días. O movemento de translación da Lúa ao redor da Terra tamén dura 28 días. É o mes lunar. Debido a que a rotación e a translación da Lúa ao redor da Terra duran o mesmo tempo, desde a Terra sempre vemos a mesma metade da Lúa e a outra, sempre nos queda oculta. Ao longo do mes lunar, a Lúa cambia a súa posición con respecto ao Sol e, desde a Terra, vense iluminadas diferentes partes dela, con distintas formas. Son as fases da Lúa: A Lúa vista desde a Terra. Lúa chea. A Lúa sitúase no lado contrario ao Sol e a súa cara totalmente iluminada atópase en fronte da Terra. Cuarto crecente. A Lúa sitúase de forma que desde a Terra só se ve unha metade iluminada polo Sol. Cuarto minguante. Desde a Terra só vemos media cara da Lúa iluminada polo Sol. Lúa nova. A Lúa sitúase entre o Sol e a Terra. A cara non-iluminada queda en fronte da Terra e non vemos a Lúa. 20

5. ECLIPSES E MAREAS 1 As eclipses e as mareas son consecuencia dos movementos da Terra e da Lúa ao redor do Sol, así como da atracción que a Lúa e o Sol exercen sobre o noso planeta. Eclipses Os movementos da Terra e da Lúa ao redor do Sol dan lugar a que, en ocasións, un destes astros impide a visión do outro. Por isto, prodúcense as eclipses. Eclipse de Sol A Lúa interponse entre o Sol e a Terra impedindo que nos chegue a luz solar. Desde a Terra vese como a Lúa oculta o Sol. Eclipse de Sol Mareas Son movementos periódicos de ascenso e descenso do nivel do mar como resultado da atracción da Lúa sobre a Terra e, en menor medida, pola atracción do Sol. As variacións do nivel do mar percíbense máis na costa que en altamar. Chamamos preamar ao nivel máis alto ao que chega a marea; e baixamar ao nivel máis baixo da mesma. Preamar Eclipse de Lúa A Terra interponse entre a Lúa e o Sol impedindo que a luz solar chegue á Lúa. Desde a Terra vese como a sombra do noso planeta tapa a Lúa. Baixamar Eclipse de Lúa 13. Debuxa unha Lúa en fase de cuarto crecente e outra en fase de lúa chea. Por que se producen estas fases? 14. Explica a diferenza entre Lúa nova e un eclipse de Lúa. 15. Busca información sobre as mareas. A que son debidas? Que ocorre cando a lúa se atopa sobre a vertical dun océano? A que chamamos mareas vivas? http://links.edebe.com/29 21

6. UN PLANETA CON VIDA A Terra é o único planeta do sistema solar no que se dan as condicións favorables para a vida: A súa temperatura é moderada, debido á súa distancia adecuada respecto ao Sol. Está rodeada de atmosfera, que permite a respiración dos seres vivos e a filtración da radiación solar. Presenta auga en estado líquido. AS CAPAS DA TERRA A atmosfera é a capa de gases que envolve o planeta. A xeosfera é a parte sólida do planeta. Consta de tres capas concéntricas: A codia é a capa máis superficial e fina. Está formada por materiais sólidos. O manto é a capa intermedia. Está formada por materiais sólidos e outros fundidos. O núcleo é a capa máis interna. A súa temperatura é moi elevada e está formada por materiais sólidos e outros fundidos. A biosfera é o conxunto de seres vivos. A hidrosfera é a capa de auga que recubre parte da superficie terrestre. Está formada por océanos, mares, ríos, lagos, augas subterráneas... 16. Relaciona: 17. A que capa da xeosfera pertence cada unha das seguintes afirmacións? Atmosfera É a capa intermedia. Xeosfera É a capa máis interna e a súa temperatura é moi elevada. 22 Hidrosfera Biosfera Parte sólida da Terra. Capa de auga que recubre parte da Terra. Conxunto de seres vivos do planeta. Capa gasosa que envolve a Terra. É a capa máis superficial e delgada, e está formada por materiais sólidos.

MOVE O PENSAMENTO Rutina 1 Se algo nos interesa, investigamos para saber máis. Esta é a auténtica aprendizaxe. Esta rutina esperta o teu interese e axúdache a aprender. AS ECLIPSES Algunha vez, verías unha eclipse de Sol ou de Lúa. No caso contrario, quizais escoitarías falar sobre este fenómeno. Con todo, sabes por que ocorren e cando teñen lugar? Fases a. Fíxate nas imaxes atentamente e responde estas preguntas: Que sei sobre as eclipses? Que é o que máis me interesa? Que me gustaría investigar sobre este tema? b. Na aula, poñede en común as respostas. Que aprendestes? c. Seleccionade, entre todos, algunhas das investigacións que propuxestes e comentade como poderiades poñelas en práctica. 23

REPASAMOS 18. Copia e completa este esquema sobre o sistema solar e a Terra: O SISTEMA SOLAR O... Planetas Astros... Urano Neptuno Saturno Biosfera...... Marte nela distinguimos Hidrosfera... A Terra Xeosfera consta de tres capas Manto Venus Núcleo Mercurio o seu satélite A... 19. Completa este texto cos seguintes termos: 24 espazo - estrelas - galaxias - corpos celestes planetas - astros menores O Universo é o conxunto formado polos..., como as..., as..., os... e os...; e o... que os contén.

REPASAMOS 1 20. Que movementos describe un planeta? Explica en que consisten. Que consecuencias producen estes movementos na Terra? 21. Debuxa no teu caderno unha representación do sistema solar e escribe o nome de cada astro. Indica cales son os planetas interiores e exteriores. 22. Fíxate no movemento de translación da Terra. No inverno, en que metade da Terra é verán? Explica as diferenzas con respecto á inclinación dos raios do Sol. No outono, en que metade da Terra é primavera? Describe como son as temperaturas e o número de horas de luz durante aquela estación. 23. A que fase lunar corresponde cada unha destas imaxes? A:... B:... C:... D:... Explica cada unha destas fases. 25

PARA REMATAR PON EN PRÁCTICA 1. Identifica e nomea os seguintes elementos do Universo: Competencias Terra:... Vía Láctea:... Sol:... Lúa:... 2. Atopa os planetas do sistema solar. Despois, ordénaos segundo a súa proximidade ao Sol. M O L O N A M O X A N S A A S L T E R R A N E A R A R D Z R V Ñ M G P T T B N A I U U Q H S T E E Z V X F S R C R L U L S T R O U A I S R V N O O M V R O P C A X E O N P S A C S U I S U N M R A I Ñ U N R C T A E R U U P N E H N C O E C A T R E T A V O A C A R C A V O N U R A N O H I N S 1:... 2:... 3:... 4:... 5:... 6:... 7:... 8:... 3. Na nosa vida cotiá, utilizamos expresións como «Saíu o Sol» ou «Foise a Lúa». Razoa se podemos consideralas correctas desde un punto de vista científico. 26

4. Observa a información que proporciona esta táboa e analízaa: planeta mov. rotación mov. translación Mercurio 58 días 88 días Venus 243 días 224 días Terra 24 horas 365 días Marte 24 horas 779 días Xúpiter 9 horas 12 anos Saturno 10 horas 29 anos Urano 17 horas 84 anos Neptuno 16 horas 165 anos Que planeta ten o período de translación máis parecido ao da Terra? E o de rotación? En que planetas dura máis tempo o seu «día» que o seu «ano»? Unha persoa que ten 84 anos na Terra. Cantos anos terá en Xúpiter? E en Urano? Competencias 5. A que nos referimos ao pronunciar o termo ano? Tempo que tarda a Lúa en efectuar unha órbita ao redor da Terra. Tempo que tarda a Terra en describir unha órbita ao redor do Sol. Tempo que tarda un planeta ao xirar ao redor do seu eixe. E co termo día? EMPRENDE Na aula, hai que desenvolver unha exposición oral sobre un traballo realizado en grupo que leva por título O Universo. Chegou o momento de formularte unha serie de tarefas relacionadas coas exposicións en público: organizar a recollida de información; o tempo e a velocidade de exposición; a priorización dos contidos etc. Que outros aspectos teño que ter en conta á hora de desenvolver unha exposición oral dun traballo en grupo? REFLEXIONA A partir do aprendido, sei describir que é o sistema solar? Diario de aprendizaxe Que é o máis interesante que aprendín? E aquilo que me chamou máis a atención? 27