Borrador do proxecto de Decreto.../2012, do...de..., polo que se modifica o

Documentos relacionados
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

V I C E P R E S I D E N C I A

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

O CONTRATO DE TRABALLO

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

DOG Núm. 193 Venres, 7 de outubro de 2011 Páx DECRETO 189/2011, do 22 de setembro, de homologación sanitaria dos tratamentos

ANEXO I SOLICITUDE DATOS DA ENTIDADE/DENOMINACIÓN DO GRUPO INFORMAL: CP Tfno./Tfno. móbil Fax Correo electrónico

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

Convocatoria ordinaria de 2012

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2016 (2º semestre e total 2016) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25801

Os horarios serán de cómputo semanal cos descansos que a lei establece e segundo as necesidades do servicio.

ORDENANZA Nº 40: ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

REDE EUSUMO. información e comunicación

DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do...de...de 2018 pola que se establece o procedemento de expedición de. certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables

TR341 D-FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

Guía de procedementos e servizos

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

Ordenanzas fiscais Páxina 1

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

TR348 A/B- CONTRATACION INDEFINIDA INICIAL E CONVERSION TEMPORAL A INDEFINIDO (FSE)

EXPÓN: Que en calidade de do sito/os na rúa

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS

INSTRUCIÓNS PARA A XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA CONECTA PEME 2018 COMO PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA?

En, de de. Firma O/a Secretario/a VºBº

ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS Módulo de gastos e coidado de menores 2012

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO: de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

NADAL Obxecto

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables TEXTO:

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE XUSTIZA

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2011 Páx

INFORMACIÓN SOBRE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA PODER CELEBRAR FESTAS OU VERBENAS POPULARES

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

ORDENANZA REGULADORA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO XANTAR SOBRE RODAS E ESTABLECEMENTO DO CORRESPONDENTE PREZO PÚBLICO P2

Borrador de DECRETO POLO QUE SE REGULA O SISTEMA DE CARREIRA PROFESIONAL NO SISTEMA PÚBLICO DE SAÚDE DE GALICIA.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA.

DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

MODELO DE ESTATUTOS DUN CONSORCIO LOCAL. Capítulo I. Disposicións Xerais

2.008 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 25 L Luns, 7 de febreiro de 2005

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

CÓDIGO ASPIRANTE/OPOSITOR:

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Febreiro Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do. Maio Agosto Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do 1. Novembro Lu Ma 1 7 8

BASES E CONVOCATORIA QUE REXERÁN OS PREMIOS DO CONCURSO DE MAIOS OBXECTO:

Índice. Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. PROCEDEMENTO Matrícula. AC: xestión académica. AC- 02: xestión de alumnado

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BASES PARA A CONTRATACIÓN CON CARÁCTER LABORAL TEMPORAL DUN TÉCNICO DE TURISMO:

Planificación do curso escolar

CONCELLO DE POL (LUGO) C.I.F. P B R.E.L

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 153 L Venres, 9 de agosto de 2002 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Transcrição:

Borrador do proxecto de Decreto.../2012, do...de..., polo que se modifica o Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e o Decreto 148/2010, do 7 de xullo, polo que se modifica o Decreto 15/2010, do 4 de febreiro. TEXTO: Preámbulo O 14 de xullo de 2012 publícase no BOE o Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade que recolle, entre outras, as medidas adoptadas no acordo do 10 de xullo de 2012 do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, agora Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, para a mellora do sistema para a autonomía e atención á dependencia, publicado mediante a Resolución do 13 de xullo de 2012, da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade. Así no artigo 22, nas disposicións adicional sétima, oitava, novena, décima, nas disposicións transitoria oitava, novena, décima, undécima, duodécima, decimoterceira e na disposición final primeira do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, se modifican certas disposicións da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención as persoas en situación de dependencia, e posterior normativa de desenvolvemento desta. En consecuencia tendo en conta a modificación sinalada da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención as persoas en situación de dependencia, compre modificar as disposicións normativas ditadas no seu desenvolvemento. Debido a elo o Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula na Comunidade Autónoma o procedemento para o recoñecemento da

situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, vese afectado nalgunha das súas disposicións. En concreto, trala entrada en vigor Real Decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, no relativo á revisión do grao de dependencia, á efectividade do dereito ás prestacións do sistema en relación ás libranzas de coidados no contorno familiar, ao aprazamento e periodificación do abono dos efectos retroactivos das libranzas de coidados no contorno familiar, tras a modificación a este respecto da disposición adicional sexta do Real Decreto lei 8/2010, do 20 de maio, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público polo Real Decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, ao establecemento de criterios comúns na asignación de prestacións nos casos de falecemento do dependente segundo a Resolución do 13 de xullo de 2012, da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, pola que se publica o Acordo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia para a mellora do sistema para a autonomía e atención á dependencia, así como á efectividade do recoñecemento das situacións vixentes de gran invalidez e de necesidade de axuda de terceira persoa, trala modificación, mediante o Real Decreto 1364/2012, do 27 de setembro, do Real Decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade. Asemade, realízase a adaptación dalgunhas outras disposicións co obxecto de adaptar a normativa autonómica en materia de dependencia aos últimos cambios normativos, así en relación ao catálogo de servizos e libranzas do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia e os criterios de ordenación do Programa de Asignación de Recursos. Ao mesmo tempo modifícanse disposicións co obxecto de mellorar a eficiencia na xestión do procedemento de acordo a unha Administración moderna, que afectan ás funcións do órgano de valoración e asesoramento da dependencia, a utilización de medios electrónicos na tramitación do procedemento e ao pagamento e xustificación das libranzas.

Na virtude do exposto anteriormente, e facendo uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia, a proposta da Conselleira de Traballo e Benestar, de acordo co //oído o ditame do Consello Consultivo de Galicia, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día... de... de..., DISPOÑO Artigo 1. Modificación do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes. O Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, queda modificado como segue: Un. O punto 1 do artigo 3, Catálogo de servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, queda redactado do seguinte modo: 1. De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, o Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia está configurado na Comunidade Autónoma de Galicia polo seguinte catálogo de servizos, segundo a prioridade e intensidades que se fixen no Programa Individual de Atención en función do disposto nos artigos 37 e seguintes deste Decreto e na posterior normativa de desenvolvemento: a) Servizos de prevención das situacións de dependencia. b) Servizos de promoción da autonomía persoal.

1. Servizo de habilitación e terapia ocupacional. 2.Servizo de atención temperá. 3. Servizo de estimulación cognitiva. 4. Servizo de promoción, mantemento e recuperación da autonomía funcional. 5. Servizo de habilitación psicosocial para persoas con enfermidade mental ou discapacidade intelectual. 6. Servizo de apoios persoais e coidados en equipamentos especiais. c) Servizo de Teleasistencia. d) Servizo de Axuda no Fogar. e) Servizo de atención diúrna e de atención de noite para persoas en situación de dependencia: 1. Servizo de atención diúrna para persoas maiores. 2. Servizo de atención diúrna para persoas menores de 65 anos. 3. Servizo de atención diúrna especializada. 4. Servizo de atención de noite. f) Servizo de Atención Residencial para persoas en situación de dependencia: 1. Servizo residencial de persoas en situación de dependencia. 2. Estadías temporais en residencia. 3. Servizo de atención residencial a persoas en situación de dependencia, en razón dos distintos tipos de discapacidade. g) Outros servizos de atención a persoas en situación de dependencia, en razón dos distintos tipos de discapacidade. Dous. O punto b) e c) do artigo 4, Libranzas do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, quedan redactados do seguinte modo: b) A Libranza para coidados no contorno familiar, cuxa finalidade é que, con carácter excepcional, a persoa en situación de dependencia reciba no seu contorno familiar os coidados non profesionais que

precise e así se determinen no correspondente Programa Individual de Atención. A contía económica ten por finalidade contribuír á cobertura dos gastos, tales como a adquisición de produtos necesarios para o coidado, produtos e servizos de apoio necesarios para a atención persoal, mellora da accesibilidade, etc., derivados da atención prestada no seu domicilio á persoa en situación de dependencia. c) A Libranza de asistencia persoal, que terá por obxecto a promoción da autonomía das persoas en situación de dependencia en calquera dos seus graos. O seu obxectivo é contribuír á contratación dun asistente persoal, durante un número de horas, que facilite á persoa beneficiaria o acceso á educación e ao traballo, así como unha vida máis autónoma no exercicio das actividades básicas da vida diaria. Tres. O punto 4 do artigo 8, Órganos de valoración e asesoramento da dependencia. Distribución territorial e composición, queda redactado do seguinte modo: 4. En canto á organización e réxime de funcionamento seguirase o disposto na sección III, capítulo I, do Título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración Xeral e do sector público autonómico de Galicia. Catro. O artigo 9, Funcións dos órganos de valoración e asesoramento da dependencia, queda redactado do seguinte modo: Serán funcións dos órganos de valoración e asesoramento da dependencia: a) Revisar os informes de condicións de saúde, o informe social e a restante documentación que obre no expediente ou, calquera outra información complementaria ou necesaria aos efectos de desenvolver a valoración. b) Solicitar a documentación, informes ou probas complementarias, necesarias para a valoración da situación de dependencia e o establecemento do Programa Individual de Atención.

c) Revisar e aplicar un control de calidade ás valoracións realizadas polos profesionais técnicos de valoración da dependencia. d) Codificar os diagnósticos que se detallen no ditame técnico de valoración. e) Propor ditame sobre o grao de dependencia e proposta do Programa individual de Atención, á persoa titular da xefatura territorial da Consellería competente en materia de servizos sociais. f) Emitir proposta técnica que motive a necesidade de proceder nos casos de emerxencia. g) Emitir ditame técnico motivado que permita determinar a estimación ou non, da revisión do grao de dependencia e/ou do Programa Individual de Atención. h) Visar aqueles informes, emitidos polo técnico que corresponda, que lles sexan solicitados á Xefatura Territorial da Consellería con competencias en materia de servizos sociais dentro do seu ámbito competencial, en materia de valoración da situación de dependencia e/ou Programa Individual de Atención. i) Aquelas outras funcións que lle sexan atribuídas no ámbito das súas competencias. Cinco. O apartado 1 do artigo 10, Técnicos de valoración da situación de dependencia, queda redactado do seguinte modo: 1. Os profesionais técnicos de valoración da dependencia dependerán funcionalmente e organicamente da xefatura territorial da Consellería con competencias en materia de servizos sociais. Seis. O punto 1 do artigo 12, Unidade de Coordinación da Dependencia, queda redactado do seguinte modo: 1. A Unidade de Coordinación da Dependencia, órgano de carácter técnico, estará adscrita ao órgano de dirección competente en materia de dependencia.

Sete. O apartado g) do artigo 13, Funcións da Unidade de Coordinación da Dependencia, queda redactado do seguinte modo: g) Aqueloutras cuestións que lle atribúa o órgano de dirección competente en materia de dependencia ou aqueloutras que se lle sexan atribuídas en aplicación da normativa vixente. Oito. O artigo 19, Utilización de medios telemáticos, informáticos e electrónicos, queda redactado do seguinte modo: Nos procedementos que se regulan no presente Decreto habilitarase a tramitación electrónica de acordo co Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, e do Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración Xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia. Nove. O artigo 20, Iniciación do procedemento e presentación da solicitude, queda redactado do seguinte modo: 1. O procedemento iniciarase por instancia da persoa que poida estar afectada por algún grao de dependencia ou de quen desempeñe a súa representación. 2. A solicitude formalizarase no modelo normalizado do Anexo VIII-I da Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento deste Decreto, e presentarase, xunto coa documentación preceptiva, no Rexistro que corresponda aos servizos sociais comunitarios do domicilio do solicitante. Asemade poderase presentar no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou en calquera dos lugares contemplados no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como por medios electrónicos a través do rexistro electrónico da Xunta de Galicia segundo o disposto no Decreto

198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, e polo Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia. 3. As solicitudes dirixiranse ao departamento territorial da consellería con competencia en materia de servizos sociais correspondente á provincia na que a persoa en situación de dependencia teña a súa residencia habitual. 4. As persoas que tiveran recoñecida a pensión de gran invalidez ou a necesidade de axuda de terceira persoa, de conformidade co Real Decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao e discapacidade, modificado polo Real Decreto 1364/2012, do 27 de setembro, terán recoñecido o requisito de atoparse en situación de dependencia no grao que se dispoña no desenvolvemento regulamentario da Lei 39/2006, do 14 de decembro. A estes efectos deberán de presentar a solicitude de homologación á dependencia de conformidade co Anexo VIII-I da da Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento deste Decreto. 5. As persoas que tiveran recoñecido o grao e nivel de dependencia noutra comunidade autónoma presentarán o anexo VIII-I. Dez. Engádese un novo apartado 4 e 5 ao artigo 39, Efectividade do dereito aos servizos e/ou libranzas, que quedan redactados do seguinte modo: 4. Dende o 16 de xullo de 2012 as libranzas de coidados no contorno familiar, deixarán de producir efectos retroactivos para aquelas persoas solicitantes que a dita data non comezaran a percibir aínda esta prestación, quenes conservarán, en todo caso, o dereito a percibir as contías que, en concepto de efectos retroactivos fosen devengadas ata dito momento. 5. A partir do 16 de xullo de 2012 as libranzas de coidados no contorno familiar, en relación coas persoas solicitantes mencionadas no apartado anterior, quedarán suxeitos a un prazo suspensivo

máximo de dous anos a contar dende o transcurso do prazo de seis meses dende a presentación da solicitude sen terse ditado e notificado resolución expresa de recoñecemento da prestación, prazo que se interromperá no momento no que o interesado empece a percibir dita prestación. Once. O apartado 1 do artigo 42, Revisión do grao de dependencia, queda redactado do seguinte modo: Revisión do grao de dependencia. 1. O grao de dependencia será revisable, a instancia do interesado, do seu representante ou de oficio polo órgano da xefatura territorial da consellería con competencias en materia de servizos sociais, por algunha das seguintes causas: a. Melloría ou empeoramento da situación de dependencia. b. Erro de diagnóstico ou na aplicación do correspondente baremo. Doce. O apartado 4 do artigo 44, O programa de asignación de recursos, queda redactado do seguinte modo: 4. No caso de que a aplicación do previsto nos artigos 37 e 38 do presente Decreto non permitise determinar a prioridade no acceso a un recurso, o programa de asignación de recursos establecerá a prelación de acceso mediante a aplicación sucesiva dos seguintes criterios: a. O maior grao de dependencia. b. No suposto de igualdade en relación co criterio anterior, terase en conta a menor capacidade económica. c. No caso de igualdade en relación cos criterios anteriores, valorará a posible inexistencia de rede social de apoio. d. Se persistise a igualdade, valorarase a idade do beneficiario. e. Por último terá en conta a data de presentación da solicitude de valoración da dependencia.

Trece. O apartado 4, punto c) do artigo 47, Pagamento e xustificación do mantemento do dereito á libranza vinculada ao servizo, queda redactado do seguinte modo: c) Duplicado orixinal das facturas que se emitiron pola entidade prestadora do servizo nos últimos 4 meses, así coma do pagamento efectivo destas. A estes efectos, considerarase efectivamente pagado o gasto cando se xustifique o pagamento mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados, e asinados polo beneficiario ou o seu representante. Catorce. O apartado 1 e 3 do artigo 48, Pagamento e xustificación do mantemento do dereito á libranza de coidados no contorno, queda redactado do seguinte modo: 1. As condicións de acceso á libranza de coidados no contorno familiar regularanse na normativa de desenvolvemento a este Decreto. En todo caso a acreditación destes requisitos, polo órgano de valoración e asesoramento da dependencia, deberá de quedar documentada no expediente de referencia, en base aos informes e documentos que se consideren necesarios a este respecto. No prazo dun mes dende a notificación da resolución do procedemento referido no artigo 38, deberá de aportarse un documento de compromiso da persoa coidadora non profesional en relación cos requisitos vinculados á libranza de coidados no contorno familiar, segundo o modelo do Anexo VI-II, así como, de ser o caso e con carácter voluntario, a afiliación, alta e cotización á Seguridade Social establecidas na normativa vixente, pola que se regula a Seguridade Social dos coidadores das persoas en situación de dependencia. 3. O beneficiario deberá de xustificar semestralmente que durante este período cumpriu os requisitos que motivaron a concesión da libranza, sen perxuízo das xustificacións complementarias que se poidan esixir cando se dean circunstancias obxectivas que así o demanden. Esta xustificación

presentarase inicialmente dentro do mes seguinte a aquel ao que remate o semestre natural ao que corresponda o primeiro pago, aínda que este período inicial de xustificación corresponda a un período inferior a un semestre. As sucesivas xustificacións realizaranse no mes seguinte ao remate dos vindeiros semestres. Así mesmo a Xefatura Territorial da consellería con competencias en materia de servizos sociais poderá solicitar calquera outra documentación que se considere necesaria para verificar o cumprimento dos requisitos esixidos, así como, no seu caso, a xustificación dos gastos derivados da atención prestada no domicilio da persoa que se atopa en situación de dependencia á que se vincule a libranza. Quince. O apartado 3, 4, punto c) do artigo 49, Pagamento e xustificación do mantemento do dereito á libranza de asistente persoal, queda redactado do seguinte modo: 3. O beneficiario deberá xustificar semestralmente que durante este período mantivo os requisitos para o desfrute da libranza concedida e que utilizou o servizo ao que está vinculada, sen prexuízo das xustificacións complementarias que se poidan esixir cando se dean circunstancias obxectivas que así o demanden. Esta xustificación presentarase inicialmente, dentro do mes seguinte a aquel no que remate o semestre en curso ao que corresponda o primeiro pago, aínda que este período inicial de xustificación corresponda a un período inferior a seis meses. As sucesivas xustificacións realizaranse no mes seguinte ao remate dos vindeiros semestres. Para o cómputo, no relativo á xustificación, da dedicación horaria dos coidados á que se vincula a percepción íntegra da prestación, cando a xustificación se presente semestralmente, se terá en conta o período de referencia (semestre), sendo que se entenderá por debidamente xustificada a dedicación horaria en cómputo global independentemente da súa distribución mensual. 4.c) A xustificación realizarase mediante os seguintes documentos:

c) Duplicado do orixinal das facturas emitidas, cando o asistente persoal sexa autónomo ou estea contratado a través dunha empresa dedicada a este obxecto, así coma o xustificante do pagamento das nóminas correspondentes no suposto da existencia dun contrato directo entre a persoa beneficiaria e a persoa que preste o servizo de asistencia persoal, así coma do pagamento efectivo destas. A estes efectos, considerarase efectivamente pagado o gasto cando se xustifique o pagamento mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados, e asinados polo beneficiario ou o seu representante. Dezaseis. Os apartados 1 e 3.a da disposición adicional quinta, Pagamento fraccionado dos atrasos devengados aos beneficiarios de libranza vinculada a coidados no contorno familiar, quedan redactados do seguinte modo: 1. Mediante resolución motivada da persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencia en materia de servizos sociais onde se especifique a contía devengada, o réxime de pago e periodicidade dos mesmos, poderase fraccionar o pagamento dos atrasos devengados correspondentes ao dereito recoñecido en relación coas libranzas de coidados no contorno familiar, nos supostos no que estes se xeraran dende a data da solicitude. 3. Será obxecto de aprazamento a totalidade da contía a que se refire o apartado anterior segundo o seguinte: a. O pago da contía obxecto de aprazamento periodificarase dentro dos oito anos seguintes a aquel no que se ditara a resolución que recoñece a libranza de coidados no contorno familiar. Dezasete. A disposición transitoria terceira, Participación no custo dos servizos, queda redactada do seguinte modo:

1. Aos efectos de determinar a participación dos usuarios no custo dos servizos continuarase aplicando o réxime vixente establecido para cada un deles de acordo coa normativa que resulte de aplicación, mentres non se aproben pola Comunidade Autónoma os novos criterios aplicables de acordo cos criterios fixados na Resolución do 13 de xullo de 2012, da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, pola que se publica o Acordo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, para a mellora do sistema para a autonomía e atención á dependencia. 2. Naqueles supostos en que á data da entrada en vigor deste Decreto xa estivera aprobado o novo réxime de participación dos usuarios no custo dos servizos ou se aproben posteriormente os novos criterios aplicables, segundo os criterios fixados na Resolución do 13 de xullo de 2012, estes novos criterios serán os de aplicación en relación co servizo ao que afecten. Dezaoito. Os puntos c) e d) do apartado 4 da disposición transitoria sétima, Incompatibilidade dos servizos e das prestacións periódicas co programa de atención ás persoas maiores dependentes a través do cheque asistencial, regulado no Decreto 176/2000, do 22 de xuño, e réxime transitorio para os beneficiarios actuais do programa, queda redactada do seguinte modo: c)no suposto anterior, se o importe da prestación do programa do Cheque Asistencial está por encima do importe da prestación do SAAD complementarase a diferenza na contía da prestación como nivel adicional da Comunidade Autónoma, vinculando neste caso a contía resultante á intensidade do servizo mantida no programa do cheque asistencial. d)se tras ser informada, a persoa solicitante non acepta a conversión proposta e o manifesta por escrito, o órgano competente suspenderá o procedemento de elaboración do PIA. Neste suposto o procedemento de integración no SAAD para estas persoas beneficiarias regularase a través da orde que desenvolva a

este Decreto, onde se establecerán os requisitos para elo e o prazo máximo de tempo de permanencia no programa do cheque asistencial. Dezanove. O Anexo VI, Declaración de mantemento dos requisitos que deron lugar ao recoñecemento do dereito á libranza para coidados no contorno familiar, modifícase segundo o seguinte: ANEXO VI-I (ART. 48) DECLARACION DE MANTEMENTO DOS REQUISITOS QUE DERON LUGAR AO RECOÑECEMENTO DO DEREITO Á LIBRANZA PARA COIDADOS NO CONTORNO FAMILIAR No caso de que os coidados foran prestados no período por mais dun coidador, cumprimentaranse os datos por período e coidador, e acreditarase documentalmente que se cumpriron, respecto a cada un deles, as obrigas de coidados no contorno familiar, de parentesco, idade (DNI/NIE/PASAPORTE), capacidade e tempo de dedicación, residencia legal (certificado) se é o caso, e certificado de empadroamento, condicións de habitabilidade e convivencia, etc. BENEFICIARIO DA PRESTACIÓN: Nome e apelidos: DNI : PERIODO AO QUE SE REFIRE A DECLARACIÓN: MES DE DE AO MES DE. DE

DECLARACIÓN RESPONSABLE: Nome e apelidos: DNI : Actuando en calidade de: Beneficiario da prestación Representante Declara baixo a súa responsabilidade: Que durante o período á que fai referencia esta Declaración mantivéronse os requisitos que deron lugar no seu dia ao recoñecemento do dereito á libranza para coidados no entorno familiar. Que durante dito período, os coidados foron prestados polos coidadores que se indican a continuación: PERIODO NOME E APELIDOS DE QUEN PRESTARA OS COIDADOS DNI/NIE/PASAPORTE/OUTROS Desde / / hasta / / Desde / / hasta / / Desde / / hasta / / Que D/Dona, en calidade de, con DNI En concepto de gastos vinculados aos coidados no contorno familiar, durante o período a que se refire esta declaración, xustifica un gasto polos importes que seguidamente se detallan: MES ANO IMPORTE ( ) CONCEPTO EMPRESA/AUTONOMO CIF/NIF E para que así conste e surta os efectos oportunos ante a xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar de, asino a presente Declaración en

, a de de. Asinado: XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR DE ANEXO VI-II DOCUMENTO DE COMPROMISO DA/S PERSOAS COIDADORAS NON PROFESIONAIS D./Dna.., con DNI nº.., en calidade de persoa coidadora non profesional de D./Dna.., con DNI nº. e nº de expediente, Declara baixo a súa responsabilidade e comprométese a: 1. Exixencia de estar recibindo atención: previo a la solicitude posterior a la solicitude 2. Grado de parentesco: : cónxuxe parente por consaguinidade, afinidade ou adopción, ata o terceiro grao. 3. Convivencia: SI NON 4. Permitir el acceso á vivenda: SI NON 5. Condicións adecuadas de convivencia: SI NON 6. Condicións adecuadas de habitabilidade da vivenda: SI NON 7. Compromiso de dedicación aos coidados: Xornada completa Xornada parcial 8. Compromiso de permanencia nos coidados mínimo 1 ano: SI NON 9. Obriga de participar en accións formativas: SI NON 10. Obriga de comunicar os cambios de circunstancias: No dependente No coidador

11. Situación da persoa coidadora: Traballador en activo Desempregado con prestación Desempregado sen prestación Con convenio especial coa Seguridade Social Estudante pensionista de incapacidade Pensionista de xubilación Pensionista de PNC Situación de dependencia Perceptor de LISMI Outras 12. Subscrición, con carácter voluntario, do convenio especial coa seguridade social SI NON 13. No suposto de coidador non profesional non familiar (do contorno) a. Residir no mesmo municipio: : SI NON b. Residir nun municipio veciño: : SI NON c. Período previo de residencia dun ano á data da solicitude: SI NON E para que así conste e surta os efectos oportunos ante a xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar de, asino a presente Declaración en, a de de. Asinado: XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR DE Artigo 2. Modificación do Decreto 148/2011, do 7 de xullo, polo que se modifica o Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

O Decreto 148/2011, do 7 de xullo, polo que se modifica o Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, queda modificado como segue: Un. A disposición transitoria, Solicitudes de prestacións da Lei 39/2006, do 14 de decembro, presentadas con anterioridade ao 1 de xuño de 2010, queda redactado do seguinte modo: Ás persoas que solicitaran o recoñecemento da situación de dependencia con anterioridade á data de efectos do Real decreto lei 8/2010, do 20 de maio, o 1 de xuño de 2010, e se lles recoñeza un grado III ou un Grado II, seralles de aplicación a disposición derradeira primeira da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, así como no seu desenvolvemento o artigo 39 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, na redacción vixente no momento de presentación da solicitude, excepto en relación ao disposto no apartado dez do artigo 1 e na disposición transitoria deste Decreto, que modifican o réxime de efectividade do dereito aos servizos e ás libranzas engadindo os apartados 4 e 5 ao artigo artigo 39 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro. Disposición adicional. Modificacións na denominación de determinados referencias. 1. As referencias que no Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, e no Decreto 148/2011, do 7 de xullo, se realizan aos departamentos territoriais da Consellería con competencias en materia de servizos sociais e ao seu titular, entenderanse realizadas ás xefaturas territoriais da Consellería con competencias en materia de servizos sociais e ao seu titular. 2. As referencias que no Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, e no Decreto 148/2011, do 7 de xullo, se realizan ao Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia entenderanse realizadas ao Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a

Autonomía e Atención á Dependencia. 3. As referencias que no Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, e no Decreto 148/2011, do 7 de xullo, se realizan á clasificación en grao e nivel da situación de dependencia entenderanse realizada á clasificación no grao de dependencia. 4. As referencias que no Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, e no Decreto 148/2011, do 7 de xullo, se realizan ao Real Decreto 501/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o baremo de valoración da situación de dependencia entenderase realizada ao Real Decreto 174/2011, do 11 de febreiro, polo que se aproba o baremo de valoración da situación de dependencia. 5. As referencias que no Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, se realizan ao Anexo I, Solicitude, Anexo II, Informe de saúde, e Anexo III, Informe Social, entenderase realizada aos Anexos VIII-I, Solicitude, Anexo VIII-II, Informe de saúde e Anexo VIII-III, Informe Social, da Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento o Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes. Disposición transitoria. Solicitudes de recoñecemento da situación de dependencia pendentes á entrada en vigor deste Decreto. No suposto daquelas persoas solicitantes do recoñecemento da situación de dependencia con anterioridade ao 16 de xullo de 2012 e que nesta data se atopen pendente do recoñecemento da concreta prestación, o dereito de acceso ás libranzas de coidados no contorno familiar derivadas do recoñecemento de dita situación estarán suxeitas a un prazo suspensivo máximo de dous anos a contar dende o transcurso do prazo de seis meses dende a presentación da solicitude sen terse ditado e notificado a resolución expresa de recoñecemento da prestación, prazo que se interromperá no momento no que o interesado empece a percibir dita prestación.

Disposición derrogatoria Única. 1. Este Decreto derroga as seguintes disposicións con efectos do 13 de xullo de 2012: a) O artigo 40, Solicitantes falecidos, do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes. b) A disposición transitoria sexta, Solicitantes falecidos anteriormente á entrada en vigor deste Decreto, do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes. 2. Para as solicitudes de recoñecemento da situación de dependencia presentadas con anterioridade á data do 13 de xullo de 2012, seguirá vixente o réxime xurídico disposto nas disposicións sinaladas no apartado anterior. Disposición derradeira única. Este Decreto entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación,no Diario Oficial de Galicia, con efectos dende o 16 de xullo de 2012.